Que será de nós?

Debido á crise mundial, en España estanse a producir moitos recortes no presuposto do estado, incluíndo isto o investimento en relación ó ámbito científico.

Estes recortes están facendo que moitas xeracións de investigadores e investigadoras teñan que saír do país para atopar unha saída laboral digna nalgún lugar onde se valore o seu traballo e esforzo e se lles ofrezan unhas boas condicións. Esta situación é producida polos recortes do Goberno en I+D+i, xa que o deben considerar algo optativo e innecesario, cando realmente un país non pode avanzar se sempre vai por detrás en investigación e se limita a mirar o que fan os demais. Estes recortes provocan gran cantidade de despidos en moitos centros de investigación que estaban destinados a converterse en referentes europeos e fan que ao ter moi pouco presuposto teñan que financiarse ca axuda de donativos.

Hai pouco, sete asociacións de científicos suscribiron unha carta que explica a situación actual da ciencia en España, dicindo cousas como que o sistema español de I+D+i non soportará outro recorte máis, xa que se colapsará, o cal suporá o sacrificio dunha infraestructura de investigación que se tardou moitos anos en construír ou, que o investimento no campo da ciencia non é un desperdicio de cartos, senón unha inversión.

Eu persoalmente opino que estes recortes, tanto en I+D+i como en educación non farán outra cousa que empeorar a sittuación actual do país, xa que non se pode basear un modelo económico en solucións a curto prazo.

E vós, que opiñades? Credes que estes recortes poden beneficiar a alguén? Que outras solucións pode haber a parte da emigracion?


Autor: Mateo García

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Que será de nós?

  1. Mateo Fdez di:

    Recordo que, hai tempo, nunha noticia que trataba sobre unha pequena cidade alemana que, pese a súas dimensións, era un importante centro científico, e alí se sintetizaran varios elementos novos. Resumindo, o investimento alemán en ciencia en un 350% do español, sendo este do 1% do PIB e o alemán do 3,5%, sendo con Finlandia, Suecia, Dinamarca (ollo, que todos son países nórdicos) e Xapón os únicos que rebasan a barreira do 3%, e estando Finlandia case no 4%. España é o 17º país da UE que menos diñeiro dedica, só por enriba de Chipre, Bulgaria, Eslovaquia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Rumanía, Grecia e Italia (que non anda moi lonxe e tamén debería poñerse as pilas). Supérannos países como Estonia ou Portugal, sendo este un país no que está callendo, ca crisis, unha das gordas (agora mesmo pagan entre un 23% de IVA e os funcionarios non teñen pagas extras (coma sempre, pagan xustos por pecadores, e en Grecia aínda hai empresarios que non dudan en sinalarlles acusadoramente co dedo).
    Como sigan os recortes, esto pode irse de nai, creo que o mundo necesita un cambio: un cambio de mentalidade, de forma de ser, de sistema…axudaría que os gobernos non se acomplexaran fronte as grandes compañías, porque é o que pasa nesta noticia: o Estado non financia a investigación, con que son as empresas as que o fan, co que non sería extraño que no futuro vésemos casos como os das farmacéuticas (caso digno de noticia) que deixan morir todos os días a xente á que poderían curar porque o desenvolvemento do fármaco non resulta rentable para eles.
    E esto mismo se pode aplicar a tantas cosas que resultan innombrables pola súa cantidade. E é de esto do que temos que acordamos á hora dos nosos futuros votos: sí, o PP é extremo, pero probablemente o PSOE tampouco sea a solución, e nunha democracia parlamentaria, canto menos fragmentado esté o poder, peor.
    Dice la definición de República, sacada de Grecia, que en ella “cada ciudadano debe participar políticamente en la política”, y en Grecia a aquel trabajador que no trabajaba para ir a desempeñar ese derecho, se le pagaba el salario de aquel día.
    Y yo me pregunto: ¿realmente evolucionamos?

  2. Diana Fernández di:

    Esta noticia paréceme moi interesante. Aínda a vin o anterior venres no periódico. Nela decía que a ciencia estaba nun estado de colapso. Pero en realidade creo que senón inverten e porque non lles da a gana.
    Porque sin embargo na visita que fixo o Papa este verán a España invertíronse 60 millóns de euros na xornada da xuventude.
    O normal e se queren facer reduccións e que non o fagan nin en educación nin en medicina porque é a base da sociedade. E sin embargo e o que se fai en España.

  3. Alexandra Parceiro di:

    Alemania é un país con ideas. A educación e a I+D+i ocupan un lugar preponderante. Nunha Europa sen fronteiras e un mundo de mercados globalizados a educación brinda os recursos necesarios para aproveitar as oportunidades que ofrecen as fronteiras abertas e as redes mundiais do coñecemento. O sistema educativo e universitario alemán está inmerso nun profundo proceso de renovación, que xa deixa ver os primeiros resultados: Alemania é un dos países preferidos para cursar estudos superiores e ocupa unha posición de relieve como foco mundial da actividade investigadora de vanguardia e o desenrrolo de patentes.

  4. Ana Domínguez di:

    Penso que o Goberno se aproveita da ignorancia que existe na nosa sociedade no campo da ciencia, saben que se recortan neste campo só queixarase unha minoría xa que ao resto da poboación dalle igual porque desconocen as ventaxas e as grandes innovacións e avances que produce a ciencia.
    Nos, que somos conscientes disto deberiamos ser propulsores e facer eco do que sabemos e aprendemos cada día, falarlle aos nosos amigos e compañeiros do que sabemos da ciencia e as suas vantaxes e asi pouco a pouco salir da ignorancia na que vivimos.

  5. Vladislav Babenco di:

    Ademais da solución que propón Mateo, que está ben, hai outra. Como todos sabemos o crise é debida a que as empresas e os maiores business son de propiedade privada, iso fai que os beneficios que xeran as empresas sexa so para un ha persoa ou varias, o que pretendo chegar é a que se os beneficios fosen para o estado, todo o mundo saería beneficiado porque o deber do estado é protexer e pagar os habitantes dun pais. En resumo: digo que aquelas persoas que teñen propiedade privada sexan despedidas (como no caso de Islandia), así conseguiríamos que o estado se enriquecese mais e asi teriamos unha posibilidade de disminuir o número de recortes.

    • Adela di:

      Wladislav, cando dis: “que aquelas persoas que teñen propiedade privada sexan despedidas (como no caso de Islandia)”, que queres dicir?

      • Vladislav Babenco di:

        Quero dicir que non deberia de haber persoas ricas e pobres, senón que todo o mundo estea nunha situación económica igual, aquelas persoas que se benefician de propiedade privada teñen mais diñeiro, polo tanto se se despiden, a súa propiedade pasará a ser do estado, e como dixen anteriormente de que o estado debe protexer o pobo, o estado poñerá ao cargo a outra persoa que estea contratada polo estado directamente e haberá mais diñeiro para repartir entre os empleados.

    • Antía Navajas di:

      Vladislav, eu non estou deacordo co que dis, en primeiro lugar si, o estado debería protexer e pagar aos habitantes dun país, pero creo que iso en España non ocorre senón que, aquí os que realmente teñen o poder gardan todo ese diñeiro e poder para o seu propio beneficio. A onde quero chegar é que e nós, se aída lles damos máis diñeiro e como consecuencia máis poder estaríamos nunha situación moito máis desastrosa da que xa temos(que non é pouca). Tal vez o que pasou en Islandia lles funcionara, pero non creo que aquí funcionase.

      • Vladislav Babenco di:

        Agora que mencionas que o estado da moito diñeiro, acábaseme de ocurrir outro motivo polo cal non hai postos de traballo: España é un pais de moitos inmigrantes a xente para ter traballo mais facilmente,traballa de forma ilegal,é dicir, sen papeis. O que quero dicir é que se o estado se encargase de mandar fora do pais a todos aqueles que traballen de forma ilegal no mesmo, haberia mais postos de traballo disponibles.

  6. Iván Ramos di:

    Eu na miña opinión, no creo que estes recortes,tanto na ciencia e na tecnoloxía, que supostamente son o noso futuro, as persoas, que poden encontrar unha cura para o cáncro ou o SIDA, non benefician a ninguén. O feito é que a única solución que hai para evitar este fracaso, é que se recorte de outros departamentos.

    Como xa se viu, coa polémica dos coches oficiais, deberíanse retirar parte destes gastos inútiles, e invertir na ciencia xa que como dixen ao principio é o noso porvenir.

  7. Sabela Escourido di:

    O anterior ministro de educación, Ángel Gabilondo dixo o seguinte: “Estaba inquedo polas noticias anteriores que falaban dun recorte aínda máis duro e preocupado polo feito de que iso puidese poñer en perigo o Plan Nacional e outros proxectos. Parece que iso está garantido, pero todo o que teña que ver con centros de investigación nos parece inquietante”. Os primeiros borradores presupostarios falaban dunha redución de máis do 30%. Os organismos públicos de investigación, dependentes do Ministerio de Ciencia e Innovación, viron recortados os seus presupostos nun 15%, a pesar de que a I+D e o cambio de modelo produtivo foron as apostas do anterior presidente do Goberno. “O modelo de economía sostible no que cremos e o novo modelo produtivo esixe claramente un novo modelo baseado na ciencia, a innovación, investigación, o desenvolvemento e a educación. Así que eu defenderei iso onde me toque”, manifestou Gabilondo. “Cando era reitor dicía que as conviccións se expresan nos presupostos e agora que non son reitor, o digo tamén: as conviccións, aos presupostos,”.
    Eu penso que como Mateo,estes recortes ou unico que faran sera empeorar o país, xa que sen os avances científicos e sen a educación necesaria non habrá maneiras de mellorar a nosa vida.

  8. Nildes Abella di:

    España ten un problema e é que no ano 2011, gastou 91.344 millóns máis do que ingresou. Tendo así un dos déficits máis altos de toda a UE.
    http://www.cincodias.com/grafico/economia/deficit-comunidades-autonomas/20120227cdscdseco_1/

    A parte deste recorte no I+D+i o goberno de Rajoy tomou outras medidas como a subida do IRPF (Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas), do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) e o aumento dos impostos a pesar de dicir que non o faría na campaña electoral. Ademáis pretendese reducir o gasto da Admisitración e das autonomías.

    Ante este recorte no I+D+i cifrado en 743 millóns de euros para este ano 5.668 científicos firmaron unha carta “pola ciencia en España” promovida pola Confederación de Sociedades Científicas de España, a Federación de Xóvenes Investigadores, a Plataforma de Investigación Digna e CCOO co obxectivo de evitar esta redución e unha fuga de cerebros.
    Os científicos solicitan ós políticos coherencia porque non poden falar de cambio de modelo produtivo baseado no coñecemento, “mentras que todo-los pasos van en dirección oposta”.
    Ademáis aseveran “Se España non evita a fuga de investigadores o sistema tardará décadas en recuperarse”
    En España faltan científicos e centenares de investigadores que están no extranxeiro queren volver, tendo en conta que se recoñece a necesidade de incorporar mentes frescas ó sistema e o goberno non tomas medidas eu considero que é porque non lles interesa invertir e ter que esperar para ver os efectos en campos como a educación ou a ciencia , senon tomar medidas que lles garanticen o voto e manterse no pode outros catro anos.

  9. Alba Guzmán di:

    Eu realmente creo que estos recortes non nos benefician senon todo o contrario, perxudicanos a todos os cidadans que vivimos neste pais.

  10. Boris Lobón di:

    Para min hai moitas cousas que se poden facer pero eu a teoría que mais sigo é a do profe de antropoloxía,Tomé, que di que dentro de pouca acabara habendo unha guerra civil. Como di unha compañeira,Tomé o que leva dito pasa, así que non creo que se equivoque. (Pero esperemos que esta vez se equivoque).
    Todos estos recortes que fan o PP echanlle a culpa a Zapatero, pero en realidade é culpa da xente que votou o PP sabendo que non habia dito o programa do que iban facer,a pesar disto votárono. A xente ademais de saber que hai uns anos cando o PP presidiao X.M Aznar, meteunos na guerra de Iraq e por iso volaron os trenes en Madrid. Todo isto debia ser suficiente para non votar o PP pero aa promesas dos políticos poden mais ca mente humana. E asi poderia pasar todo o día despotricando sobre a política e xustiza de España.(Menos mal que xa non estamos na dictadura de Franco e hai librtade de expresión senón xa estaria morto ou nunha cuneta)

    • Adela di:

      Boris, le novamente o teu comentario. Trátase de argumentar e non de como dis, despotricar.

    • Antía Navajas di:

      Para comezar, Boris, o que di Tomé non é que dentro de pouco haberá unha guerra civil, senón que, o que di é que se as cousas van a peor pode acabar pasando iso, pero que non é moi probable, a menos que pase o que eu digo, que vaian a moito peor. En relación co que dis da xente que votou ao PP, penso que a votou por que lles conviña ou por que se creron todo o que prometían, como xa dis.

  11. Beatriz Castro di:

    Na miña opinión a investigación é o futuro dun país, pero tamén o é a educación, a sanidade, as infraestruturas, a agricultura… e tantas outras cousas. Como as arcas do estado están valeiras e non hai mais remedio que recortar para saír desta, habrá que recortar un pouco de todos os sitios. Non pode haber nichos inmunes aos recortes como se con eles non fora o problema. É moi lamentable, é verdade, porque a investigación é clave. E aínda enriba hai mais de 5 millóns de persoas sen emprego que necesitan da austeridade do goberno para que a economía se recupere. Así están as cousas, non parece que teñamos outras opcións.

  12. David Lamas di:

    Eu vou falar un poco do CISC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o que dixo respecto este tema.
    O CISC é a maior institución pública dedicada a investigación en España e a terceira de Europa. Ten carácter multidisciplinar e realiza investigacións avanzadas en todalas áreas científicas. Conta co 6% do personal dedicado a Investigación e el Desarrollo en España e xenera o 20% da producción científica nacional.
    A opinión do CISC sobre a reforma no campo da investigación foi que con esta reforma haberia un 20% de desempleo neste campo e que estaban comentendo un erro garrafal, xa que estarian deixando marchar a unha cantidade inmensa de mentes xóvenes no que respecta a este campo.

    Na miña opinión opino o mesmo xa que fai o goberno con estas reformas e deixarnos tal como estamos ou peor, xa que non deixa avanzar un campo tan importante coma o da ciencia.

  13. Karina Espiñeira di:

    Chámame moito a atención, que se está pensando en poñer unha casilla de apoio a ciencia no IRPF, e dicir, na declaración da renta existen duas casilliñas das cales só se pode marcar unha ou ningunha. Estas dúas casillas, unha é para beneficiar e aportar cartos a Igrexa Católica, e a outra para Bens Sociais. A Igrexa católica é a única non afectada polos recortes do PP, mentres que a ciencia e a tecnoloxía sufre un recorte de 600 millóns de euros. Pareceme incomprensible, retomando o tema, de que a apotación de cartos a ciencia, teña que ser “optativa” na declaración da renta. A ciencia e a educación son as principais bases do país e é o único que fai ver un bo futuro máis unha boa sociedade. Cambiar esto depende de nos, temos que preocuparnos por unha boa educación e por cuidar o avance da ciencia, posto que se non o facemos, o día de mañá terá graves consecuencias.

  14. Victoria Zherdeva di:

    A min esta noticia pareceme moi interesante xa que trata do noso futuro e a min gustarianme decir que ainda que todos os periodicos falen da crise non afecta a todo o mundo, porque se collemos aos politicos non parece moito que tengan crise aunque o digan, tamen quero añadir que o grado de crise non é o mesmo para todo o mundo, xa que hai xente unha mais pobre ca outra ou ao reves.
    E sobre os recortes, en algins ambitos se fan os recortes, pero despois se gasta en outro lugar, e que ao mellor non era necesario.
    Eu penso de que se nos nos preocupamos do noso futuro e se queremos facer algo para mellorar ten que ser algo realmente bo, porque tal como esta a España ahora, que é un 26 % do paro non vamos a chegar a ningun lugar, pero nos os ciudadanos podemos facer pouco, solo o que nos afecte a nos e a nosa familia, é decir, intentar non gastar en cousas que non son necesarias e facer só o imprescendible.

  15. Ishaka Osigbemhe di:

    Estes recortes demostran, unha vez máis, que os nosos políticos non só non teñen visión do futuro industrial para España, senón que, pola contra, están a provocar unha saída masiva de titulados superiores que, loxicamente, buscan acomodorse fóra das nosas fronteiras.
    Mellor iríanos a todos se ademais doutros recortes máis oportunos, como os que se deberían facer á Igrexa e ao Exército, perseguísese con seriedade aos defraudadores fiscais, evasores de bens, especuladores e corruptos varios

  16. Laura González di:

    Yo creo que antes de hacer recortes en la ciencia se pueden hacer en muchas más cosas menos necesarias para nosotros,es decir,caprichos que no son de total vitalidad en nuestras vidas.
    Con esto quiero decir que la ciencia es muy importante y necesitamos de ella para muchas cosas.

  17. Carlos García di:

    España prepara científicos moi competitivos a nivel internacional. Ademáis, hai grupos de investigación moi potentes en España. Pero o principal problema é que o estado non invirte o suficiente en ciencia. Desta maneira, todo o diñeio que lle costa ó país xenerar doctorados e envialos ó extranxeiro a que aprendan con becas do goberno pérdese porque despois non hai suficientes prazas para voltar. Outros países que valoran máis a ciencia como para invertir o necesario aproveitanse diso e atraen a moitos científicos españois sobresalintes.
    España arriesgase a perder un potencial que pode tardar décadas en recuperar. Outros gobernos que entenden que sin ciencia un país non progresa, como EEUU, garantizaron que non tocarán o diñeiro para investigación a pesar da crisis. Recortar en investigación é un error táctico importante.
    A investigación crea riqueza. Non sólo intelectual, senon económica. As patentes científicas non son unha solución inmediata á crisis, por iso parece que invertir en ciencia é prescindible cando hai que apretarse o cinto. Pero si decapitamos a unha xeneración de científicos limitándolles a financiación, vai a haber unha sequía importante de patentes a corto e medio prazo que impactarán no futuro económico do país. O Gobierno debería prever qué pasará máis alá dos anos que poida durar esta crisis.

  18. Cristina Frade di:

    A situación de crise económica que atravesa España está a ocasionar importantes repercusións no incremento da demanda asistencial e a redución dos medios dispoñibles nos servizos sociais. Por este motivo, desde INTRESS consideramos interesante lanzar á comunidade de responsables, profesionais e técnicos do sector un debate sobre ?Servizos Sociais e crise económica. Reflexións e propostas de actuación?.
    Neste sentido, durante o mes de xuño de 2010 o diario O PAÍS publicou unha reflexión titulada ?A SUSTENTABILIDADE DO ESTADO DE BENESTAR. 100 ideas para remontar?.
    Na súa introdución, sinala que ?España non alcanzara o soño dun Estado de benestar pleno e equiparable aos países máis avanzados de Europa cando a crise obriga a axustar o traxe e retomar as medidas dun corpo agora empobrecido polo paro e o fracaso do vello sistema produtivo?

    Nestes momentos enfrontámonos a unha crise multidimensional debido a dous factores primordiais: uns cambios estruturais demográficos que se resumen nun envellecemento progresivo da poboación por unha maior esperanza de vida e a chegada das xeracións nadas no baby-boom dos anos sesenta e setenta unida ás dificultades dos sistemas de protección social orixinados pola recesión económica que atravesa España desde hai dous anos.

    • Adela di:

      Crsitina, que é iso de: “desde INTRESS consideramos interesante lanzar á comunidade de responsables, profesionais e técnicos do sector un debate sobre ?Servizos Sociais e crise económica. Reflexións e propostas de actuación?.”

  19. Yolanda Bermúdez di:

    Eu opino que os politicos teñen que mirar un pouco ao tema da ciencia e tecnoloxia para avanzar,e non ser un pais atrasado, porque calquera gasto na ciencia e descubrir cousas novas que sempre poden axudarnos en calquera cousa e xa non iso se non que invertir diñeiro para atopar a cura dalgunha enfermidade, para axudar as persoas.

  20. Xisela Lema Díaz di:

    A polémica da ciencia española é o nome que recibe a polémica intelectual que tivo lugar en España dende o ano 1876, ao comezo da Restauración, á calor do escándalo que supuxo a privación das súas cátedras aos profesores (a maior parte deles republicanos ou identificados co recén rematado sexenio democrático) que se negaban ao xuramento obrigatorio de non ensinar doutrinas contrarias á católica, por entendelo contrario á liberdade de cátedra (1875). Interviñeron entre outros, polo lado modernizador intelectuais próximos ao krausismo e á recentemente creada Institución Libre de Ensino, como Gumersindo de Azcárate, que propoñía que a Inquisición, ao ter afogado por completo a liberdade, era a causa de que durante tres séculos España tivese virado as costas ao despregamento prodixioso da filosofía e as ciencias modernas, e polo lado casticista ou reaccionario, Gumersindo Laverde e Marcelino Menéndez e Pelayo (A ciencia española, versión definitiva de 1887 ), que exhibían unha ampla nómina de autores para demostrar que o mantemento da pureza da fe católica non impedira o desenvolvemento dunha ciencia autóctona.

    Foi estudada, entre outros, por José Ortega e Gasset (que glosa a obra de Menéndez Pelayo do seguinte xeito: Antes do seu libro entrevíase xa que en España non houbera ciencia; logo de publicado viuse paladinamente que xamais a había habido) e Pedro Laín Entralgo, que a considerou un dos fitos fundamentais do debate máis xeral sobre o Ser de España na súa obra España como problema.

  21. Amir Pose di:

    O primeiro que me gustaria dicir, é que se non actuamos con velocidade neste tema e comenzamos a financiar campos tan importantes coma a ciencia e a educacion, o barato sairá caro. Claro que a primeiras non parece rentable, pero simplemente hai que pensar como será España dentro duns anos se o facemos, simplemente con esta reflexion deberían darse conta do dano que poden facer con estes recortes por no falar claro do numero de persoas moi cualificadas que perdemos no noso pais, xa que de non encontrar aqui traballo nin unha motivacion para poder investigar emigraran para facelo noutro lugar como é normal.

    A investigación e a innovación ocupan un lugar prominente na axenda de crecemento e emprego da UE. Animouse aos países membros a que, para 2020, invertan un 3% do PIB en I+D (1% financiamento público e 2% investimento do sector privado). Calcúlase que con esta medida se poden crear en torno a 3,7 millóns de postos de traballo e aumentar o PIB anual en preto de 800.000 millóns de euros.

    A competencia no seno da UE por estes fondos fará que os mellores investigadores e innovadores europeos se unan para abordar os principais problemas do noso tempo, como a enerxía, a seguridade alimentaria, o cambio climático ou o envellecemento da poboación. A investigación e a innovación axudan a crear emprego e prosperidade e a mellorar a calidade de vida. A UE é líder mundial en moitas tecnoloxías, pero debe facer fronte aos crecentes retos que formulan non só os seus competidores tradicionais, senón tamén as economías emerxentes.

    A UE esfórzase por crear, para 2014, un Espazo Europeo de Investigación único, no que os investigadores poidan traballar dende calquera lugar da UE e no que estreite a cooperación transfronteiriza.

  22. Ayoub Elghotiss di:

    Na miña opinión un gran problema de España son os políticos, porque penso que non é normal que un político siga cobrando de por vida un soldo que para conseguilo unha persoa cun posto de traballo normal, ten que facer horas extra e aínda así non é seguro que cobre o que cobran estes tipos por haber sido presidentes ou ministros, tamén me parece unha barbaridade o soldo que teñen estes mentres desempeñan o cargo. Os recortes que hai sempre afectan o pobo, aos políticos non lles afecta nunca, eles cobran o seu soldo e os demais quítanllo, e a solución, tampouco e botar os inmigrantes.

  23. Diana Pérez di:

    Resulta incomprensible, con este panorama, que a solución proposta sea unha receta de recortes sociales rebaixas salariais que afectan as capas sociais máis baixas. Proba e consecuencia disto, ao mesmo tempo, é a brecha cada vez máis grande que existe entre diferentes sectores da ciudadanía. A desigualdade entre clases ricas e clases pobres está alcanzando as suas cotas máis altas coa crisis económica. Este efecto desigualitario, en ocasions enmascarado, tamén afecta ao diferente impacto ca crisis, as medidas e reformas aplicadas, están provocando entre os homes e as mulleres.
    Tamén é negativa a conxelación de plantillas no sector público. Son os ámbitos máis feminizados, sanidade e educación, os que están sufrindo recortes máis amplios.

  24. Sara Otero di:

    Facendo referencia a eso que di o meu compañeiro Amir no se comentario, de que a UE se esforza por crear un Espazo Europeo de Investigación. Eu pregúntome: onde construirán ese espazo? Non sei cal será a resposta, pero sei que en España non será. Con todos os recortes que fai o goberno por mor da crise (crise da que estou eu convencida de que ocasionaron os políticos que nos “representan”), redúcese o presuposto destinado ao I+D, e iso suporá un problema para nós, os españoles. O presidente de Zeltia (unha das potencias que invirten en I+D) declarou que un recorte máis ocasionaría un retraso de 10 a 15 anos. Cada ano invertimos menos, concretamente no 2010 un 4,2% en no 2011 un un 7,4% menos.
    Na miña opinión, este é o camiño que segue España, un país que pode dispoñer de fondos se racionaliza o presuposto como é debido, e con capacidade de destacar en Investigación e Innovación, vai a volverse un país rezagado e ademáis con deudas. España é recoñecida a nivel mundial polo noso avance, e non debera cesar o noso progreso. A Investigación é un proceso que transforma riqueza en coñecemento, mentras que a Innovación Empresarial é un proceso que transforma coñecemento en riqueza, é por iso que debemos apostar por elas.
    Penso que agora o noso futuro será a empresa privada, non estou de acordo con Vlad niso de que as empresas pasen a ser propiedade do goberno. Neste último caso, acabarán coma todo neste país: quebrado, a base de recortes. Volvendo ao da empresa privada, serán a nosa potencia, e explícovos por que. En España hai xente formada e capacitada suficiente para novas investigacións, e tamén hai proxectos innovadores, o que falta son empresas (xa sexan privadas ou públicas) que den traballo a esas persoas e financien eses proxectos. Dada a situación actual, o goberno non vai facer ese “sacrificio” (eles pódeno considerar así), e soamente cabe esperar que unha privada tome a iniciativa.
    Para entendernos mellor, quérovos propoñer un exemplo que vos axude a entender o meu razoamento, e poderavos resultar cómico (ou estúpido). A cousa funciona coma se tivésemos unha galiña que pon ovos de ouro, e venderamos a galiña en vez de os ovos. Obviamente teríamos máis beneficios se vendéramos os ovos porque así a galiña poderá poñer outros novos, e logo volvelos a vender. No I+D+I sucede o mesmo, se facemos recortes é coma se vendéramos a galiña. Que pensades vós? Estades de acordo?

  25. Nerea Pardo di:

    Un total de 9.119 científicos firmaron a carta aberta “pola ciencia en España”, consensuada pola Confederación de Sociedades Científicas de España (Cosce), CC.OO. (I+D+i), a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI) e a plataforma ‘Investigación Digna’, en contra dos recortes anunciados polo Goberno para o sector de I+D+i.
    Entre os asinantes hai investigadores, profesores, catedráticos ou doutores españois que traballan no país, pero tamén en Alemaña, Estados Unidos, Francia, Holanda, Dinamarca, Suecia, Israel, Reino Unido ou Australia, entre outros. Ademais, tamén apoiaron a misiva científicos estranxeiros que están realizando as súas investigacións en España.

    Pero, non so os investigadores poden firmar esta carta, que se entregará, xunto cos nomes dos asinantes, ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e aos membros do Congreso e ao Senado. Son máis de 4.000 as persoas non relacionadas coa ciencia quenes mostraron o seu apoio ao sector.
    Os científicos piden “evitar que se leve a cabo unha nova redución da inversión en I+D+i” e recordan que a finánciación recortouse en un 4,2 % en 2010, un 7,38 % en 2011 e baráxase unha redución do 8,65% este ano. Solicitan aos políticos coherencia porque non poden falar de cambio de modelo produtivo baseado no coñecemento mentres que tódolos pasos van na dirección oposta.

  26. Eduardo Cagide di:

    Dentro das empresas que máis invirten en I+D+i están empresas punteiras tecnoloxicamente como Google e Apple entre otras, pero a que máis lles chama a atención aos expertos é a empresa automovilística Toyota, xa que no seu sector non é moi común facer grandes inversións en I+D+i, sin embargo esta empresa chegou a colocarse no 2007 como a segunda empresa con maior inversión en I+D+i, e actualmente situase entre as dez primeiras. Isto o que provocará é que ainda que agora este a invertir parte dos seus beneficios, nun futuro moi cercano o máis probable é que se situe como a primeira empresa automovilística mundial. E non credes que é mellor invertir na actualidade parte dos teus beneficios para nun futuro poder ser o primeiro e poder ter máis beneficios? e ademáis de aunmentar os beneficios tamén estarás a axudar a humanidade a dar un paso a diante, xa que grazas as túas inversións descubriríanse ou melloraríanse apartados da ciencia que toda a humanidade podera empregar ou disfrutar delas.
    E non sei vos pero eu penso que a empresa Toyota esta a ser a máis lista, e á vez esta a axudar a moitos científicos e a ciencia en xeral, xa que por exemplo, a súa última inversión foi en Europa, concretamente en Bélxica, nunha nova pista de probas de vehiculos, na que Toyota invertiu 167 millóns de euros e creou 770 postos de traballo, dos cales 430 son científicos investigadores.

Deixa unha resposta