Seis grados que poderían cambiar o mundo

O volume da emanación de gases polo efecto invernadoiro é maior cada ano. Os científicos advirten que, como consecuencia, a temperatura global media pode aumentar 6 graos centígrados no próximo século. Por tanto o mundo experimentaría cambios radicais.

Aínda se as emanacións do efecto invernadoiro desaparecesen da noite para a mañá, as concentracións xa presentes na atmosfera equivalen a un aumento global de 0,5 a 1 grao centígrado. Que ocorrería se aumenta outro grao máis? Segundo Mark Lynas, os cambios deixarían de ser graduais. Os glaciares de Groenlandia e algunhas illas baixas comezarían a desaparecer. Cun aumento de tres graos centígrados, o Ártico estaría libre de xeo durante os veráns; a selva tropical do Amazonas empezaría a secarse e os índices de temperaturas extremas serían os normais. Un aumento de catro graos centígrados faría crecer o nivel do mar en forma considerable. Se sumamos outro grao máis, estariamos fronte ao ocaso dos cambios climáticos. Aquelas zonas que algunha vez foron rexións tépedas serían entón inhabitables. Os seres humanos entrarían en guerra polos recursos naturais restantes. Con seis graos de aumento chegaría o Día do Xuízo Final: os océanos serían vertedoiros mariños, os desertos apoderaríanse da face da terra e as catástrofes serían cousa de todos os días.

Que podemos facer en relación ao calentamiento global? Que lle ocorrerá á Terra se non facemos nada por evitar esta ameaza? Cal sería o punto de non retorno que indique que xa nada se pode facer por deter este problema?


Autora: Mila Mosquera

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Clima e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.