Un cambio social

O cambio climático é o maior problema ambiental ao que se enfronta a humanidade en toda a historia.
A causa deste problema débese ao aumento de CO2, que acontece desde a revolución industrial. As actividades humanas son a principal causa das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

Necesitamos un cambio urxente nas actividades humanas para reducir a emisión de gases invernadoiro. Reducindo as emisións podemos mitigar os efectos de cambio climático e así garantir o futuro do planeta.

Todos debemos realizar un esforzo: os gobernos, as empresas, os colectivos sociais e cada un dos cidadáns.

Nós, os cidadáns, podemos facer varias cousas para cooperar:
– Reducir o consumo de electricidade e auga nas nosas vivendas.
– Reducir o consumo de produtos contaminantes (por exemplo as bolsas de plástico).
– Reducir o uso do coche, compartindoo ou usando o transporte público.
– Reciclar.
– Reutilizar

Se diariamente utilizamos o autobus, en lugar do coche, poderiamos aforrar sobre 617 kg de emisións de CO2 ao ano.
Se todos duchámonos no canto de bañarnos, aforrariamos 270 kg de emisións de CO2.
E se sutituimos as lámpadas incandescentes por unhas de baixo consumo logaríamos aforrar 46 kg de emisións de CO2 ao ano.
Con isto do cambio climático non só corremos perigo nós, tamén moitos seres vivos, tanto animais como plantas.
Nós como “especie intelixente” deberiamos tomar consciencia do problema para deixar aos nosos descendentes un mundo no que vivir.

Autora: Rebeca Vila

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Clima e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.