Diminución das cuñas de redución do CO2?

Día a día, ciencia e tecnoloxía están a evolucionar, e con elas, a sociedade. Esta, a nosa sociedade, estase volvendo dependente da ciencia, ou no seu defecto da pseudociencia (como vimos no libro de Carl Sagan), pero isto non é del todo bo. Moitos dos nosos avances son contaminantes ou mesmo perigosos,  polo que un uso reiterado sería prexudial para nós mesmos.

Por contra, tamén temos a necesidade de crear novas tecnoloxías que rectifiquen e reparen os nosos malos feitos, e este fenómeno que xa está presente entre nós: o quecemento global.

Eu quérovos presentar ao primeiro coche 100% eléctrico, e ademáis creado por españois: Hiriko. Foi asesorado polo MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussets) e creado polo Parque de Innovación Social de Bilbao.

Pensades que a partir de agora España encamiñarase pola vía da investigación, desenrolo e innovación?

Hiriko é un protipo de citycar, está pensado para as cidades: reduciría considerablemente as emisións de CO2  e mesmo a contaminación acústica, porque ademáis é silencioso. Pero, cambiará o tráfico con menos accidentes? Ben, ten unha velocidade máxima de 90km/h, limitada a 50km/h na cidade. Os motores que leva en cada roda facilitan a súa condución, e as súas reducidas dimensións e a ampla rotación das rodas permiten que aparcar e atopar un sitio onde facelo non supoña un problema.

Vós estaríades dispostos a utilizalo? Que desventaxas atopades?  É o mesmo que un coche híbrido?

Credes que o éxito dos coches eléctricos pode levar á independencia dos países desenrolados  dos países productores de petróleo?

Autora: Sara Otero

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Diminución das cuñas de redución do CO2?

  1. Ana Domínguez di:

    Creo que é unha boa proposta pero vexo moi dificil o seu desenrolo, estes coches son bastante caros e a xente non ten o diñeiro suficiente para cambiar de coche nos tempos de crise nos que nos atopamos. Ademais encontro a desventaxe da velocidade máxima, xa que por exemplo 90km/h por autopista paréceme moi pouco. Sería un gran avance e moi positivo para erradicar a contaminación e cesarían moitos problemas entre países polo petróleo, pero sigo dicindo que é dificil que salga ben.

    • Ayoub Elghotiss di:

      Perdoa a corrección, pero está claro que este coche non esta feito para autopista, xa que a miña compañeira Sara Otero explica que serian coches para cidade.
      Pero de todos modos penso que é moi difícil facer que estes coches teñan éxito nestes momentos, polo feito de que os grandes Xeques teñen moita influencia en todos os gobernos facéndolles chantase con subir o prezo do petróleo, xa que si estes coches teñen éxito, estes personaxes perderían moitos cartos ou a totalidade das súas ganancias debido a que se dedican a explotación do petróleo.

  2. mateogarcia di:

    Estes coches non son híbridos, xa que os coches híbridos empregan paa o seu funcionamento un motor eléctrico e outro de combustión, o que fai que se reduzan as emisións de CO2 moito, pero non de todo. Sen embargo este vehículo, é totalmente eléctrico, ao igual que o Renault ZE e non contamina nada.
    Outros problemas que presentan estes vehículos ademais de non alcanzar moita velocidade é que teñen unha autonomía moi limitada, xa que non poden percorrer moita distancia sen recargarse e ademais para moita xente, dentro da que me inclúo, son coches moi feos, o cal fai que moita xente nin pense en mercalos. Pero isto non quita que sexan un gran avance e un método moi eficaz para reducir as emisións de gases nocivos á atmosfera.

  3. Naomí Mosquera di:

    Esta idea parte dun proyecto anterior, o MIT CityCar, que comezó a ser desenvolto polo equipo “Smart Cites” do MIT (Massachusetts Institute of Technology) fai seis anos, baixo a tutela do Profesor William J. Mitchell. De este proxecto surxiron importantes ideas como a de crear un vehículo electrónico, con un sistema de tarificación variable para garantizar a re ubicación dos coches despois de utilizalos nas zonas de parking na cidade, e a de que o coche se pliegue a hora de aparcar para ocupar o mínimo espazo posible, como ven sendo este coche.

    A producción do vehículo basase nun sistema modular que non require cadea de montaxe. Os distintos fabricantes realizan o seu módulo correspondente (ruedas e motores, chasis e carrocería, interiores e resto de elementos) que son ensamblados nos centros de distribución repartidos polo mundo debidamente autorizados.

  4. Thiago Echevarría di:

    Un vehículo híbrido é un vehículo de propulsión alternativa combinando un motor movido pola enerxía eléctrica provinente de baterías e un motor de combustión interna. A batería se utiliza para as cidades , e cando chegas a unha determinada velocidade, o coche cambia a combustión, para poder chegar a maiores velocidades. Un exemplo de coche híbrido, e o Toyota Prius (coche utilizado sobre todo para taxis)http://www.motordehidrogeno.net/wp-content/uploads/2008/04/3337.jpg, Polo contrario o coche eléctrico so se utliza a batería.
    E respondendo a pregunta si eu o utlizaría:
    A resposta sería claramente que si, pero so por cidade xa que a velocidade o moi xusta para percorrer grandes distancias ,e tendo en conta que os coches eléctricos teñen un carga lenta da batería.

  5. Alba Guzmán di:

    Automóbil ou vehículo chamase a un vehículo eléctrico híbrido no que a enerxía eléctrica que impulsa tratase de pilas e, alternativamente, dun motor de combustión interna que acciona un xerador. Normalmente, o motor tamén pode impulsar as rodas en forma directa. Normalmente, o motor pode conducir as rodas directamente.

    No diseño dun automóvil híbrido, o motor térmico e a fonte de enerxía que se utiliza como última opción, e disponse dun sistema electrónico para determinar qué motor usar e cando facelo. No deseño dun coche híbrido, o motor térmico é a fonte de enerxía utilizada como último recurso, e ten un sistema electrónico para determinar que motor usar e cando.

    No caso de híbridos gasolina-eléctricos, cando o motor de combustión interna funciona, faino coa sua máxima eficencia. No caso do gases eléctricos híbridos, ocorre cando os traballos de motores de combustión interna, faino coa máxima eficiencia.

  6. Daniel Patiño di:

    Eu o que vexo cas desvantaxes dun coche electrico son a seguintes:
    .Poseen poca autonomía, generalmente no más de 8 hrs.
    • Necesitan un tiempo de carga polo que e escoitado necesitan unhas 8 a 16 horas de carga, lo que conlleva a que el vehículo este detenido.
    • Su batería no puede ser cargada en cualquier lugar.
    • Son de baja potencia.
    • Son de tamaño pequeno.
    • En nuestro país no hay un mercado de repuestos.
    • Tiene un alto precio.
    Se esas desventaxas reduciranse nun futuro posto que din que vai a ser o futuro para as reducions do CO2 eu o usaria pero aínda habra que agardar a alguns avances neste campo do coche electrico 100% e almenos agrádame que unha empresa española traballe neste proxecto

  7. Mila Mosquera di:

    A proporción, actual, de CO2 na atmosfera terrestre é de 380 ppm (partes por millón). Stephen Pacala e Robert Socolow publicaron en “Science” un artigo no que detallaban 15 cuñas estabilizadoras, para controlar este nivel.

    Eficacia e Conservación:
    1.Mellorar o rendemento dos coches.
    2.Reducir o Km percorridos por cada coche.
    3.Aumentar a eficacia da calefacción, refrixeración e iluminación. As lámpadas que regalará o Ministro Miguel Sebastián.
    4.Mellorar a eficacia das centrais térmicas.

    Captura e Confinamento de Carbono:
    5.Adoptar sistemas para capturar o CO2 e o seu almacenamento.
    6.Utilizar sistemas de captura dean plantas de produción de hidróxeno.
    7.Utilizar sistemas de captura en plantas de produción de combustible sintético derivado do carbón.

    Combustibles baixos en Carbono:
    8.Substituír 1.400 grandes centrais eléctricas de carbón por centrais de gas natural.
    9.Reducir o uso do carbón triplicando a produción de centrais nucleares.

    Renovables e Bioalmacenamiento:
    10.Aumentar 25 veces a produción enerxética das instalacións eólicas.
    11.Aumentar 700 veces a produción das actuais instalacións solares.
    12.Aumentar 50 veces a capacidade actual das plantas eólicas produtoras de hidróxeno.
    13.Aumentar 50 veces a produción de etanol.
    14.Deter a deforestación no mundo.
    15.Estender a agricultura de conservación a todas as terras cultivables.

  8. David Lamas di:

    Este porxecto consta de tres fases de distribución.
    Na Primeira Fase: Durante o ano 2012 realízase una proba de lanzamento ao mercado en Vitoria e, posteriormente, ao resto de España. As pezas durante a primeira fase serán producidas pola planta principal no País Vasco e enviadas a Vitoria para o seu ensamblaxe.
    Na Segunda Fase: No 2013 comenza a creación de franquicias europeas, principalmente en Alemania, Holanda e Inglaterra. A fabricación das pezas para os vehículos seguirá estando na planta principal no País Vasco e, posteriormente, distribuiránse polo norte de Europa para o seu ensamblaxe.
    Na Tercera e última fase: Dende o ano 2014 en adiante, aa creación de franquicias extenderase por todo o mundo comezando por plantas de ensamblaxe en Estados Unidos, Australia e Brasil. A fabricación de pezas realizarase en plantas de todo el mundo para cubrir a demanda.

    Respondendo a algunha das preguntas:
    Eu na miña opinión no compraria o Hiriko xa que a súa capacidade para as persoas é escasa, xa que esta composto por duas prazas, e eu vexo como un inconveniente. Despois como ven di a miña compañeira Ana o seu prezo xa que non todo mundo vai a contar coa mesma capacidade abquisitiva.

  9. Yannick Afonso di:

    Está ben que fagan innovacións na nosa vida como os coches eléctricos para ahorrar e contaminar menos ó noso planeta.
    As emisiones de CO2 teñen dous oríxenes, naturais e antropoxénicas, tendo estas últimas un forte crecemento nas últimas décadas.

  10. Xisela Lema Díaz di:

    No ano 2009, o sector do transporte foi responsable do 39 por cento do consumo de enerxía final en España, cunha intensidade enerxética que supera en máis dun 40 por cento a media europea (EU-27). O sector do transporte segue sendo enormemente dependente dos produtos petrolíferos (nun 98 por cento). No caso do transporte por estrada, este representa máis da cuarta parte das emisións totais de CO2 en España -o 25,4 por cento-, correspondéndolle da orde do 80 por cento do consumo enerxético do sector transporte e o 90 por cento das súas emisións de CO2.

    A recarga masiva de vehículos eléctricos xerará unha demanda importante sobre o sistema eléctrico. Para que o balance ambiental da introdución do vehículo eléctrico sexa beneficioso, requírese certo grao de flexibilidade nos modos de recarga, así como unha xestión intelixente das cargas en función da dispoñibilidade de xeración renovable. Un paso máis alá sería a utilización das baterías dos vehículos eléctricos como medio de almacenamento remoto que poida inxectar enerxía á rede cando fose necesario e o grao de carga e plan de utilización do vehículo o permitisen.

  11. Boris Lobón di:

    Eu como Mateo,estou en contra do estilo do coche xa que son moi feos.Ademais ten algunhas cousas a favor como a diminución de emisiones de CO2,pero ó ser eléctrico teñe unha baixa autonomía de arredor de 185 quilometros e isto fai que haxa que recargalo.A duración da recarga é de 6-8 horas,este é o caso do renault ZE ou o proposto na noticia.De momento o coche eléctrico que mais autonomía ten é o Tesla roadster 70,ademais de ter unha velocidade mais comprensiva 200km/h a mellor de todos os coches eléctricos.Tamen ten un motor de 250 Cv,mentres que os outros coches so teñen entre 50 e 100 Cv de potencia.E para rematar queria dicir unha cousa mais acerca destes coches:mais do 60% dos coches eléctricos necesitan unha reparación cada dous meses pola recalentación dos motores.

  12. Santiago de la Iglesia di:

    Mateo dixo que non compraría un coche de este tipo, ao igual que moita xente, porque es feo. Podo decir que a mín e a moita xente tamén lle parecía antiestético o Toyota Prius, o híbrido que xa mencionou Thiago, pero agora é o coche que máis observo pola rúa e pouco a pouco foi parecéndome bastante aceptable en diseño. Soamente bastaría con que a empresa pagase unha millonada a algún famoso para que o levase, e a partir de ahí todo o mundo compraría un paulatinamente, e se non que o compre Al Gore se tan comprometido está co medio ambiente. Así que o problema de que a xente non o compre o descarto. O que sí me parece, en parte, difícil, é que consigan unha tecnoloxía e presuposto para construir algún tipo de infraestructura que se adecúe ben as nosas estradas, e sexa máis eficiente e asequible para cargar estos vehículos. Aínda así, mento, xa que fai pouco vin nas noticias que nun período de 20 anos máis ou menos haberán fontes de carga das baterías no que o proceso será en cuestión de minutos, cando se estimaba que terían que estar horas cargándose. O que sí vexo complicado é o problema que poden dar os intereses dalgúns países para que este proxecto non sexa moi próspero.
    Unha empresa que quero mencionar pola súa versatilidade e compromiso co medio ambiente é Tesla Motors, xa que confeccionou vehículos totalmente eléctricos que adquiren velocidades moi superiores as do Hiriko. E estou a falar de casi 400 Km/h, como os que alcanza o deportivo desta empresa: o Tesla Roadster (http://es.wikipedia.org/wiki/Tesla_Roadster). O seu precio de lanzamento alcanzou os 100.000 €, pero temos que admitir que si fose máis barato non sería un deportivo, ademáis de que o súa elaboración é costosa. Tamén hai outros modelos más utilitarios e máis baratos que poden considerarse coches normales en diseño e prestacións, aínda que non están en producción actualmente, polo que haberá que esperar: (http://www.motorpasionfuturo.com/coches-electricos/tesla-model-s-muy-bonito-pero-tardara-aun-un-poco)
    Ou ben:(http://www.motorpasionfuturo.com/coches-electricos/el-tesla-model-x-ya-es-el-coche-mas-vendido-de-la-historia-de-la-marca)

  13. Alexandra Parceiro di:

    Moitos dos meus compañeros protestan que estes coches tardan moito en cargar, eu pescudei sobre isto e atopei unha páxina onde nos fala dos coches eléctricos e pon exemplos, case todos os que pon a páxina tardan 3 horas e 30 minutos para unha carga completa do vehículo, tampouco é tanto, xa que estamos a a falar dun coche, non vai tardar 5 minutos en cargar por completo. Ademais un dos coches d exemplo e o Peugeot iOn, este coche en 30 minutos carga o 80%, en 15 minutos o 50% e en 5 minutos o 25%.
    E no resto dos coche nos puntos de «carga rápida» instalados na vía pública, con cargalos 10 minutos consegues 50 km de autonomía, e para unha repostaxe completo nestes puntos necesitas ½ hora.
    Tamen en alguns países estase a instalar estaciones automáticas de cambio de batería. Sen moverse do seu vehículo, o cliente podrá sustituir a sua batería vacía por outra batería chea en 3 minutos.
    Ademáis encher o teu deposito e por menos de 4 euros.

    Con respecto das medidas de seguridade destes coches:
    -Alguns teñen chamada de emerxencia automatica.
    -Case todos teñen sistema de freado.
    -E os que teñen seis asentos estan equipado con seis airbags (frontais, laterais e de teito) listos para protexer a todos os ocupantes en caso de choque.

    O que dixeron os meus compañeros con respecto o precio, xa se podes adquirir un a partir de 4.917€ IVA incluido, ademais de que o goberno da axudas para poder comprar estes cartos.

    Por último queria salientar que o Nissan LEAF está construido con materiais reciclados e podese reciclar.

    Deixovos a páxina onde atopei esta información onde pon exemplos dalguns coches eléctricos:
    http://www.coche-electrico.es/

  14. Sabela Escourido di:

    A min esta innovación paréceme moi boa,pero como dixeron os meus compañeiros ten moitos desvantaxes,pero se estes desvantaxes se poderán corrixir e a estética mellorase un pouco penso que este coche substituiría ao híbrido.
    Dende a perspectiva ambiental, non cabe dúbida da eficacia do vehículo eléctrico, tanto para reducir a emisión dos gases de efecto invernadoiro como para a redución da contaminación local tanto atmosférica coma sonora.
    A contaminación de todo vehículo (eléctrico ou non) debe contabilizarse sumando as emisións directas, que son as emisións que produce o propio motor do vehículo, e as emisións indirectas, que son as emisións producidas en sistemas externos ao vehículo pero fundamentais para este por proporcionarlle a enerxía necesaria para funcionar. Aínda que un vehículo eléctrico non produce emisións contaminantes durante o seu funcionamento, a xeración de enerxía eléctrica necesaria para mover o vehículo eléctrico dá lugar a emisións contaminantes e ao consumo de recursos non renovables en maior ou menor medida, dependendo de como se xerase esa enerxía eléctrica.

  15. Carlos García di:

    Os vehículos eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 nin dañan o medio ambiente, sempre que a electricidade proveña de enerxías renovables, como a eólica, a energía solar fotovoltaica e a termosolar.
    No 2030, nos países desarrollados, os vehículos con tecnoloxía eléctrica deberían haberse extendido ata supor o 15% do total do parque móbil. Desta forma, reducirán a demanda local de petróleo do 10 ó 15%. Aínda que a nivel mundial, a reducción sería do 5%, porque o coche eléctrico non chegará a todolos países e as estimacións so incluen, ademáis, o transporte lixeiro rodado. Si se cumpren todalas previsións, no 2050 os modelos eléctricos permitirán diminuir o consumo global de combustibles fósiles ata un 20%.
    Nobuo Tanaka, director executivo da Axencia Internacional da Enerxía (AIE), opina que “o desenrolo do mercado mundial de vehículos eléctricos será unha das claves para que a economía global poda acadar o obxetivo de reducir á mitade as emisións de CO2 no 2050. A combinación de vehículos eléctricos impulsados con electricidade limpa é unha solución ideal”.
    Tamén quería comentar que Hiriko foi pensado para grandes urbes con posibilidade de uso ocasional para traslados puntuais, para que poda alquilarse e deixalo aparcado para que poda volver a utilizalo outro conductor, non para utilizalo por autoestradas.

  16. Beatriz Castro di:

    Respecto á pregunta de se España encamiñarase pola vía de investigación, desenrolo e innovación eu penso que non:
    Unha das deficiencias do sistema científico español é a escaseza de patentes. A ciencia española ten unha característica peculiar que a diferenza dos países do noso entorno: A entidade que mais patenta é pública, O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC); o que está moi ben para o CSIC, pero é indicativo da escasa capacidade innovadora das empresas españolas. Se queremos que a economía española se sustente sobre a ciencia e a tecnoloxía, temos que tomarnos moi seriamente a xeración de patentes polas empresas e a facilitación da transferencia de tecnoloxía desde os organismos públicos (o CSIC, as universidades e outros OPIs). Nos últimos tempos, as autoridades científicas españolas destacaron que España ocupa o 9º posto mundial.
    Algunhas das razóns da nosa baixa influenza internacional son:
    1. Temos un problema estrutural serio.
    2. Esta situación provoca unha falta de perspectiva para os xoves científicos.
    3. Carecemos de suficiente masa crítica de científicos, o que , a súa vez, tradúcese en escaseza de científicos (que traballen en España) realmente relevantes a nivel mundial.
    4. Falta transferir coñecemento á sociedade; contribuíndo a aumentar a cultura científica da cidadanía ou transferindo tecnoloxía ao sector produtivo.

  17. Nildes Abella di:

    Respondendo á pregunta se tomaremos o camiño da ciencia e a investigación estou totalmente dacordo con Bea, non creo que nin na actualidade nin nun corto período a situación mellore. O que eu vexo tamén necesario aparte da axuda no financiamento por parte do estado é concienciar a poboación da importancia da tecnoloxía e a ciencia. Porque non cabe dúbida que da xente xove sairán os próximos gobernantes do pais, e deben ser conscientes da importancia que ten para un pais seguir este camiño.
    As desvantaxes que lle atopo son a estética, o elevado prezo, a pouco alcance de velocidade, o reducido tamaño que non permite levar máis de dous pasaxeiros e a obligación de cargalo cada oito horas. Nuns anos, sabendo o rápido que vai a tecnoloxía imaxino que haberá numerosas melloras. Respecto a súa utilización eu si estaría disposta a empregalo, ademáis que nun futuro os coches terán que ser así ou empregar outras fontes de enerxía que non sexan as non renovables posto que estas esgótanse.

    O que me parece aínda mellor que o Hiriko é un coche que funcione cunha enerxía renovable e que esta poida utilizarse directamente.
    Un vehículo de carga solar é un vehículo que utiliza electricidade renovable foraborda, que pode ser xerada nas instalacións do condutor e a bordo no propio vehículo. É dicir, pode empregar electricidade xerada por paneis solares situados fora do vehículo, a miúdo no tellado da casa ou negocio. Ou tamén incluir no vehículo paneis (xeralmente no teito). Os paneis solares a bordo poden ser utilizados para ampliar o rango eléctrico ou para proporcionar enerxía a certos dispositivos do vehículo, tales como o aire acondicionado.

    Tamén pode combinarse esta electricidade renovable con outros tipos de vehículos eléctricos ou híbridos. Outra ventaxa é que ofrecen unha ocupación para varios pasaxeiros e estéticamente tamén son mellores que o Hiriko. O seu prezo e moi variable buscando atopei que pode ir dende máis de 100.000 $ ata uns 5.500$, que era o prezo ó que se puxo a venta un coche de carga solar en China.
    Unha das desvantaxas que lein é que despois da absorción de enerxía o coche so pode transformar pequenas cantidades. Podendo chegar a perder un 80% da enerxía absorbida en según que modelos. Para que os fagades unha idea, deixo unha imaxe:
    http://www.google.es/imgres?hl=es&safe=strict&biw=1360&bih=667&gbv=2&tbm=isch&tbnid=Ku7KTpB0qQDY1M:&imgrefurl=http://www.tallervirtual.com/page/6/&docid=roq1fKFFJIafNM&imgurl=http://img.tallervirtual.com/wp-content/uploads/2012/02/Toyota-Prius-Solar.jpg&w=546&h=347&ei=k4VaT8iYEIK3hQe88emoBA&zoom=1&iact=hc&vpx=351&vpy=85&dur=128&hovh=179&hovw=282&tx=141&ty=47&sig=116882162515435479368&page=1&tbnh=110&tbnw=173&start=0&ndsp=18&ved=1t:429,r:13,s:0

  18. Eduardo Cagide di:

    Eu quería responder a unha das preguntas que fixo Sara, xa que me levantou moita curiosidade e quixen investigar.
    A pregunta era: Credes que o éxito dos coches eléctricos pode levar á independencia dos países desenrolados dos países productores de petróleo? E a miña resposta é que si, que si que creo que os países desenrolados vanse desentender ou olvidar dos países productores de petroleo. Pero o que pasa é que eu non son o único que pensa isto, tamén o pensan os propios países productores de petroleo. Polo que estes xa comezaron a por en marcha uns planes para o desenrrolo de tecnoloxías que lles permita manterse dentro do negocio nun futuro libre de petróleo.Aproveitando unha mínima parte dos seus incalculables recursos económicos, froito da nosa dependencia, os Emirates Árabes Unidos mediante a empresa Eternity Technologies, levantou unha instalación dedicada á fabricación e a investigación no sector das baterías para múltiples usos, entre os que se incluen os coches eléctricos, nunha operación que supuxo unha inversión de 54,6 millóns de dólares, e con previsións de obter unha cantidade de beneficios desorbitada.

  19. Rosalía García di:

    Eu penso que estes novos inventos son intentos positivos da empresa automovilística para unha mellora da saúde do planeta.
    As súas vantaxes son principalmente a diminución de contaminación tanto por non utilizar derivados do petróleo como por non xerar residuos de difícil eliminación (por exemplo, os aceites).
    Os inconvenientes, teñen moito que ver co noso xeito de vida… por qué nos parece pouco 90km/h? e por qué nos parecen deseños antiestéticos? (inclúome nesa opinión).
    Deixará o coche de ser un símbolo de posición social? Pero, realmente penso, que nun futuro moi cercano, tentarase mellorar a estétita destes coches, para facelos moito máis atractivos para os consumidores.

  20. Mateo Fdez di:

    A ver…sinceramente, creo que o argumento de “ummm…qué feos son, non os quero” non é válido, ou máis que non ser válido, e algo idiota (non é que me quera meter con ninguén que manteña esa postura, métome co enunciado en sí). Non hai nada máis bonito que o noso planeta, sexa donde sexa que o contemplas e en calquera tipo de situacións: pero iso non é compatible cos coches “bonitos” (por fóra, por dentro -véase tamén tubo de escape- están sucios e podridos como Camps ou calquera da mesma calaña). Pero que, somos corzos ou que somos? Por favor. Tamén son maís bonitas as centrais de enerxía eólica, sen esa fumaredas negras que se elevan en espiral cara ó ceo…
    Un principio estético coma este non apoia outra cousa que un maior consumismo, e a posibilidade de engaño: ou non nos teñen colado gato por lebre a calquera de nós por só fiarnos das apariencias, por fixarnos demasiado no envoltorio?
    Se queremos aportar algo que se poda mellorar do coche, e dos coches elétricos, podemos decir cousas que satisfagan unha determinada necesidade, e non que aplaquen un capricho calquera: por exemplo, hai xente (eu me inclúo) que necesita un coche grande, ou cun gran maletero, ben por ter que cargar normalmente con algo de grandes dimensións ou por ser unha familia numerosa: son factibles coches máis grandes? Duraría menos a súa batería? Canto menos?

  21. Christian Sandá di:

    Tras un tempo sen aparecer por este blog, hoxe entrei e atopeime con esta noticia tan interesante… Na miña opinión, sería perfecto que tódolos vehículos fosen eléctricos, xa que así non habería mais problemas co petróleo (motivo polo cal loitan moitísimos países), non habería tanto ruido nas cidades e, por último e seguramente mais importante, non se contaminaría a atmosfera polas emisións de CO2 dos vehículos actuais.
    Esto son todo vantaxes que as potencias mundiais non queren recoñocer porque quedaríanse sen o negocio do petróleo e, polo tanto, os paises ricos deixarían de ser tan ricos es os pobres deixarían de ser tan pobres, o cal, para alguén con un mínimo de cordura, sería o idílico.
    En canto a estética dos vehículos, imaxino que nun futuro cambiarán e os farán máis atractivos para a xente, incitándoos así a que os merquen e os empreguen.
    Eu persoalmente estou de acordo con empregalos, de feito levo uns meses diciendo que o meu primeiro coche será eléctrico.

  22. Nerea Pardo di:

    Os vehículos eléctricos de pila de combustible de hidróxeno son unha alternativa aos vehículos eléctricos de baterías. En lugar de equipar grandes e pesadas baterías , recorrese á enerxía almacenada polo hidróxeno. Este hidróxeno almacénase nun depósito (o tanque) e grazas á pila de combustible obtense enerxía eléctrica para facer funcionar o motor eléctrico que moverá as rodas.
    A pila de combustible (tamén chamada célula ou celda de combustible) recibe hidróxeno e aire (para aproveitar o osíxeno de este), e mediante un proceso electroquímico xera enerxía eléctrica, auga (que se evacúa en forma de vapor) e algo de nitróxeno. Estas emisións non son contaminantes e por iso fálase de vehículos de cero emisións locais.
    O rendemento é de entre o 50% e o 60%. En ocasións o vehículo pode levar tamén unha batería (normalmente de ións de litio) para a acumulación de electricidade (pero máis pequena que se fose un vehículo eléctrico “puro”).

  23. Roxana Cadena di:

    Cada vez existen máis tipos de coches ecolóxicos con sus ventaxas e desventaxas o bo e coñecerlas para elexir o vehiculo máis adecuado.
    Os vehiculos que non perxudican ao medio ambiente cuentan, con diferentes tipos de enerxías propulsoras, así como motores desenrolados para os combustibles alternativos. Pero aún teñen que avanzar pra equipararse a un coche de combustible fósil. As aportacións máis importantes no mundo do automovil ecolóxico son:
    -Coche eléctrico: se impulsa con una o varios motores eléctricos.Se alimenta de baterías , por o xeral de ión-litio.
    Ventaxa: non emite CO2 e utiliza unha enerxía que es inagotable.
    Desventaxa: Son demasiado caros.
    -Coche Híbrido: combina motores tradicionales de combustible fósil con el eléctrico.
    Ventaxa: xestinan máis eficazmente o consumo de combustible fósil.
    Desventaxas: as baterias que se utiliza son tóxicas e xunto con motos conviertesen nun coche ecolóxico con dificultades pra as revicións e reparións.
    -Coche de hidróxeno: teñe dous tipos de versións. O motor de hidróxeno por combustible e por pilas de combustible.
    Ventaxa: Non emite sustancias tóxicas, sólo vapor de auga.
    Desventaxa: O combustible primario supone un gasto, tanto su obtención como su almacenamiento.
    -Coches de combustible alternativo.
    Ventaxa: reducen moitisimo elementos contaminantes.
    Desventaxa: Obtienense do petróleo e alguno de estos vehiculos son máis contamienantes que outros coches.

  24. Lenny Mamani di:

    Eu indagando encontrei unha informacion.Trata sobre que a Union Europea aposta polos coches de hidróxeno e que dende o 2012 empezaran a conducilo os membros do Parlamento Europeo, os Comisionarios e Oficiales tendrán a oportunidade de conducirlo para comprobar as virtudes desta tecnoloxía ecolóxica.

    Tratase do coche chamado Hyundai ix35 FCEV . É un prototipo que se move grazas a sua pila de combustible de hidróxeno. Teñe unha potencia de 136 CV e unha autonomía de 560 km.
    El ix35 FCEV saldrá ao mercado como coche de serie en 2015.
    O seu obxetivo da Union Europea é a combatir as emisións de dióxido de carbono e reducir nuestra dependencia aos hidrocarburos e tamen contribuir ao crecemento económico.

  25. Victoria Zherdeva di:

    A min gustoume a noticia xa que o exceso da contaminación é un dos maiores problemas medioambientales aos que se debe facer frente actualmente.
    Ante esta situación, el RACC propone algunhas recomendacions para disminuir os nivelis da contaminación provenientes dos vehículos. Pero todos sabemos que non toda a xente vai cumplilas, non porque non lles preocu`pa o medio ambente e a sua contaminacion senos pola bagueza ou falta do tempo. Pero se cada un de nos pensao mellor ao final podremos conseguilo e o uso doa coches electricos sera unha opcion ata que non encontremos unha mellor.

  26. Evelin López di:

    Eu estou de acordo, cos meus compañeiros á hora de dicir que ao non ser atractivo non chama a atención para compralo, é verdade que ten ventaxas pero como todo ten inconvenintes. Quería engadir información que saíu fai pouco.
    Según un estudio da Confederación de Organizacions Empresariales indican que o coche eléctrico será o próximo avance tecnolóxico xenerador de empleo no noso país, do que destacan que non será unha moda pasaxeira, aínda que a sua chegada produciráse dunha forma paulatina. Este estudo tamén dí que a maior parte dos conductores decantaríanse por este tipo de vehículos se os precios fosen máis competitivos que o dos coches con motor de combustión.
    Onte en concreto, Sacristán (alcalde de Culleredo) probou un dos modelos que fabrica a empresa galega Little 4. Explica que o coste do seu funcionamiento é de dous euros a hora e que puede alcanzar os 130 kilómetros por hora. Di tamén que o poden utilizar para o reparto de comida a domicilio e a Policía Local aínda que para as persecucions necesitarían outros.
    Informou que o precio de cada un deles, gracias ás axudas públicas para o fomento dos vehículos sostenibles, rondaría os 10.000 euros.
    Engade que “aínda que a realidade económica actual está chea de dificultades, a aposta pola innovación debe manterse como o camiño a seguir pola parte dos sectores público e privado”.

  27. Cristina Frade di:

    Os nosos amigos de erenovable.com convídannos a reflexionar se a nós influiríanos a emisión de CO2 á hora de adquirir un coche segundo unha medida obrigatoria que adoptou o noso país veciño :

    Este maio pasado, o Goberno francés facía obrigatorio etiquetar cada coche segundo as súas emisións de CO2.

    Esta clasificación consta de 7 grupos distintos de coches (da A -> G), tendo soamente o Smart Fortwo na clase A, con emisións de CO2 menores de 100 gramos por quilómetro percorrido.
    http://www.youtube.com/results?search_query=toyota+prius&oq=toyota+prius&aq=f&aqi=g10&aql=&gs_sm=12&gs_upl=2678l5862l0l8411l12l12l0l3l3l0l20
    Neste enlace tedes un exemplo de coche hibrido

    O híbrido Toyota Prius, con motor eléctrico e de explosión, achégase con 104 gr/km.

    Despois atopámonos con coches como: Peugeot 107, Citroen C1, Toyota AYGO.

    O 92% dos diesel baratitos atópanse dentro das categorías A, B e C, consideradas ?limpas?, mentres que só o 40% da gasolina conségueno.

    Doutra banda temos o todoterreo e mono-volumes, que polo seu maior peso, emiten unha media de 30 gramos de CO2 máis que o resto .

    A proposta do Ministerio francés de Medio Ambiente é reducir de 152 gr/km de media no 2004 a 142gr/km para o 2008, obxectivo bastante complicado debido ao crecemento no número de todoterreos e mono-volumes usados en cidades.

    Influiría nos españois a cantidade de CO2 emitido á hora de adquirir un coche?

  28. Olalla Manteiga di:

    Vantaxes e problemas que presentan os vehículos eléctricos
    Vantaxes
    1.Respetan o medioambiente, produce menos cantidade de CO2 que un vehículo convencional.
    2.No fan apenas ruído, o seu motor evita a contaminación acústica.
    3.Según Francisco Laverón, Miguel Ángel Muñoz e Gonzalo Sáenz de Miera, dous economistas e un enxeñeiro da compañía Iberdrola, un coche consegue unha eficacia dun 77% se a electricidade procede de fontes renovables, mentres que 42% se procede de enerxía eléctrica baseada en gas natural. Ademais estes autores aseguran que un coche eléctrico podería percorrer case o dobre de quilómetros que un de gasolina.
    4.O seu uso permite prescindir de combustible e aforra así petróleo, unha materia prima ilimitada e pódese dedicar a outras materias tamén necesarias.
    Desvantaxes e problemas
    1.Duración das baterías, estas teñen para un máximo de 160 km.
    2.Seguirán contaminado, xa que nalgúns casos a electricidade utilizada para recargar as baterías produce que materias primas contaminantes como o carbón. En España, por exemplo, a electricidade utilizada para as baterías supón unhas emisións de dióxido de carbono de 0,276 kg/KWeh xerado.
    3.Menor autonomía que un coche convencional dado necesita recargas frecuentes.
    4. Velocidade menor que un coche tradicional.
    5. A diferenza nos prezos. Nalgúns casos o prezo dun coche eléctrico triplica ao dun coche convencional. Exemplo: Un Toyota Corolla, gama alta de Toyota, pode custar en torno a 17.000 euros co básico, un vehículo eléctrico como o THINK City alcanza no mercado os 30. 114 euros.

Deixa unha resposta