Cada vez máis común nos adolescentes

 

A escoliose idiopática do adolescente, é   un desvio da columna vertebral para a esquerda ou dereita, resultando cunha curvatura lateral (cara a un lado) que pode presentarse en nenos dende dez anos ata a madurez.

 

Xa que eu sufrín esta enfermidade, da cal estou operada, quería falarvos dela, xa que non lle damos a importancia que se merece.

 

Idiopática significa que a curva anormal formase por  razóns descoñecidas. Entre o 3 e o 5% dos adolescentes terán algunha forma de escoliosis, a meirande parte mozas. Os síntomas son dor de costas, discrepancia na lonxitude das pernas, marcha anormal e cadeiras desiguais. Os pacientes soen ter un ombreiro máis alto ca outro e unha curvatura visible da columna cara a  un lado.

 

É importante encontrar rápidamente un tratamento, xa que a escoliose pode ocasionar unha deformidade significativa, sufrimento psicolóxico e consecuencias físicas graves. Normalmente estas curvaturas trátanse cuns tipos de corpiños, pero cando a curvatura supera os 40º, ten que facerse unha interveción cirúrxica, non moi sinxela que digamos. Hai moitos tipos de escoliose e varios tipos de intervencións cirúrxicas e tamén moitos hábitos para previr esta enfermidade.

 

Autora:  Ana Domínguez

 

Xa que eu sufrín esta enfermidade, da cal estou operada, quería falaros de ela, xa que non lle damos a importancia que se merece.

A escoliosis idiopática del adolescente, é unha curvatura lateral (hacia un lado) da columna que pode presentarse en nenos dende 10 anos ata a madurez.

Idiopática significa que a curva anormal desarróllase por razóns desconocidas. Entre o 3 e o 5% dos adolescentes tendrán algunha forma de escoliosis, a meirande parte mozas.

Os síntomas son dolor de espalda, discrepancia na lonxitude das pernas, marcha anormal e cadeiras desiguais. Os pacientes solen ter un hombro máis alto ca outro e unha curvatura visible da columna hacia un lado.

É importante encontrar rápidamente un tratamento, xa que a escoliosis pode ocasionar unha deformidade significativa, sufrimiento psicolóxico e consecuencias físicas graves.

Normalmente estas curvaturas trátanse cuns tipos de corsés, pero cando a curvatura supera os 40º, ten que facerse unha interveción quirúrxica, non moi sinxela que digamos. Hai moitos tipos de escoliosis e varios tipos de intervencións quirúrxicas e tamén moitos hábitos para prever esta enfermidade.

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Cada vez máis común nos adolescentes

  1. Paula Manteiga di:

    Moitas escolas conducen regularmente estudios de detección de escoliosis nos estudiantes. Estos estudos de detección se fan polo xeneral durante os años de secundaria.

    O tratamento quirúrgico;
    Se aa curva é máis do 45°, e o neno aínda está medrando, o médico podría recomendar a ciruxía. Se o paciente chegou a la madurez esquelética, aínda podría recomendarse ciruxía para curvas escolióticas que superen os 50° a 55°.
    A ciruxía requiere un inxerto óseo das caderas, das costelas ou dun banco óseo. Úsase un implante feito de varillas, ganchos, tornillos e/ou alambres para enderezar a columna.

    O regreso alguns deportes é posible de 6 a 9 meses despois da ciruxía.

  2. Sabela Escourido di:

    Eu vou falar dá escoliose idiopática.
    É o tipo de escoliose máis frecuente que afecta a preto do 75% da poboación. Esta enfermidade á súa vez pode ser clasificada en dous tipos máis de escoliose dependendo da idade na que se presenta, as características máis frecuentes dela son o feito de que non exista dor senón que unha deformación do tórax e asimetría do talle.
    Tratamento ortopédico: neste caso débese iniciar coa observación xa que existen unha serie de casos nos que non é necesario o tratamento ortopédico, se é así ao paciente só fánselle unha serie de exercicios kinesicos para manter a columna flexible e mellorar a potencial muscular abdominal, etc., neste o paciente presenta unha curvatura flexible de menos de 15° de inclinación.
    O seguinte grao no tratamento é o de uso de corpiño este tratamento non é apto para pacientes en crecemento e que sexan menores de 15 anos. O obxectivo do tratamento con este corpiño é deter o crecemento da curva, a efectividade do tratamento é dun 20% de diminución da curva nun período que 23 horas diarias é dicir, mesmo se debe durmir co, iso se o que fai este tratamento é só deter o crecemento da curva, o retiro do corpiño é lento e progresivo ata que se demostre que a columna logrou estabilidade, e a estabilidade lógrase pola maduración ósea causada polo uso do corpiño.
    Tratamento cirúrxico destinado a aqueles pacientes que están fóra do alcance do tratamento ortopédico, isto quere dicir que é para persoas con curvaturas que superan os 45° de curvatura, maiores de 15 anos. O obxectivo do tratamento é estabilizar a columna e mellorar as deformacións estéticas, isto lógrase a través da fusión da zona de columna comprometida, logo da corrección das curvas con instrumental de distracción e derrotación dos corpos vertebrais (instrumental de Harrington, Cotrel Dubousset, Luque, Lea Plaza, etc.).A a corrección das curvas agrégase a artrodesis dela, con enxertos obtidos do propio paciente dende a crista ilíaca posterosuperior. A artrodesis, na súa gran maioría, realízase por vía posterior e, ocasionalmente, emprégase tamén a liberación e artrodesis anterior cando as curvas son moi ríxidas, ou hai un compoñente xifótico importante.
    Tamén se usa a abordaxe anterior en curvas únicas lumbares, para evitar a artrodesis lumbo-sacra, aquí úsase o instrumental de Dwyer.

  3. Laura González di:

    Os dejo algunos de los síntomas de esta enfermedad:

    Los síntomas de escoliosis incluyen dolor de espalda, discrepancia en la longitud de las piernas, marcha anormal, y caderas disparejas. Los pacientes con escoliosis pueden tener un hombro más alto que el otro, una “paleta” y tórax prominentes al flexionarse hacia adelante, y una curvatura visible de la columna hacia un lado. Muchas veces la primera indicación de AIS es cuando un adolescente o sus padres notan que la ropa ya no le queda bien (por ejemplo, las piernas de los pantalones pueden verse disparejas).

    Es importante buscar tratamiento para la escoliosis porque, de no tratarse,puede ocasionar una deformidad significativa. La deformidad puede causar un importante sufrimiento psicológico y discapacidad física, especialmente entre los pacientes adolescentes. Además, la deformidad puede tener consecuencias físicas graves.

    El hecho de que las vértebras (los huesos de la columna) roten afecta a la caja torácica, la cual, a su vez, puede ocasionar compromiso del corazón y los pulmones (por ejemplo, falta de aire). Cuando la escoliosis progresiva afecta la columna lumbar, el dolor puede ser debilitante.

  4. Nildes Abella di:

    Impactoume moito a fotografía da noticia e outras que estiven buscando.
    Algunhas medidas para evitar a sobrecarga da columna vertebral son:
    -Non estar sentados, de pé, acostados, etc. durante largos períodos.
    -Intercalar períodos de pequenos descansos entre tarefas.
    -Camiñar con boa postura.
    -Usar zapatos cómodos de tacón baixo (de 2 a 5 cm)
    -Cando nos sentamos manter a espalda erguida e alineada e as rodillas en ángulo recto coas cadeiras
    – Para levantar e transportar pesos facelo doblando as rodillas e non a espalda.
    – Para dormir as posturas ideais son aquelas que permiten apoiar toda a columna como a postura que adoptase ó estar de pé. Por exemplo: a “posición fetal”

    As causas da escoliosis aínda non están ben determinadas. Estimouse que aproximadamente un 65% dos casos son idiopáticos, un 15% son conxénitos (rasgo presente no nacemento adquirido durante a vida intrauterina) e outro 10% son secundarios a enfermedades neuromusculares. Aínda que ningunha das causas alcanzou o consenso científico, o papel dos factores xenéticos no desenvolvemento de esta é ampliamente aceptado.

    Almenos un xen o CHD7, foi asociado coa escoliosis.
    Investigadores da facultade de Mediciña de Washington, en San Luis (EEUU), detectaron un defecto no xen CHD7, que desempeña un papel clave en varias funcións celulares.
    Os afectados tiñan un defecto nunha rexión do xen que non interrumpe a produción da proteína CHD7, que participa na organización da cromatina*. Sen embargo, os científicos creen que esa variación xenética afecta á unión dunha molécula que controla se o xen está activado. En consecuencia, o xen é desactivado máis a míudo do que debería, o que reduce a cantidade de proteína que produce o organismo. De ese modo, acaba desenvolvéndose a escoliosis de forma gradual.

    *A cromatina é o conxunto de ADN, histonas e proteínas non histónicas que se atopa no núcleo das células eucariotas.

  5. Lenny Mamani di:

    Eu falarei sobre os tipos de escoliose que hai ,a verdade é un tema moi interesante xa que moitos adolencetes sofren desta enfermidade.

    A escoliose clasificase en tres grandes grupos dependendo da causa:

    Escoliose neuromuscular: é debido as alteracions primarias neurolóxicas ou musculares, que causan pérdida de control do tronco por debilidade ou parálisis.

    Escoliose conxénita: causada por malformacions vertebrais do nacemento.

    Escoliose idiopática: máis do 80% de toda a escoliose a súa causa é descoñecida .
    Según a idade cando é diagnosticada, dividese en tres tipos e pode ser:

    -Escoliose idiopática infantil: desde o nacemento ata os 3 anos de idade.
    -Escoliosis idiopática xuvenil: entre os 4 e os 9 anos.
    -Escoliose idiopática do adolescente: entre os 10 anos e a madurez esquelética.É mais frecuente nas nenas nunha proporción 7:1.

    • Victoria Zherdeva di:

      A min gustarianme falar un pouco mais en que consiste a Escoliose conxénita.
      A escoliosis congénita é unha curvatura da columna resultante de anomalías ou un desarrollo anormal das vértebras, os bloques constituientes da columna vertebral. Estas anomalías ocurren en utero a las 4-6 semanas de gestación. O número de vértebras anormales, su localización, e o potencial do crecemento alrededor de estas vértebras anormales, é lo que determina a futura severidad da curvatura congénita. No caso das anomalías moi leves dunha soa vértebra, a deformidad puede non ser moi evidente e puede ser detectada incidentalmente nunha radiografía ou en outros estudios realizados con outros fines.
      pero o peor de todo iso é que os pacientes con escoliosis congénita tamén tiñan unha elevada incidencia de anormalidades en outros sistemas de órganos.

  6. Naomí Mosquera di:

    As escolioses idiopáticas non solen dar ningún síntoma, non producen fortes dores, e en ocasions as deformidades son leves ou as curvas están compensadas, polo que a sua detección sole ser a raíz dun recoñecimento médico durante a idade escolar, ou ben polos pais que aprecian certa asimetría no neno como pode ser un hombro máis alto ca outro tal e como di na noticia.

    Nas formas secundarias dependendo da sua causa, ademáis da deformidade, poderemos atopar dor como nas fracturas ou os tumores, pérdida de masa muscular e forza como nas neurológicas, etc.

  7. Iván Ramos di:

    O tratamento médico tradicional de escoliose é complexo e é determinada pola gravidade da curvatura e madurez esquelética, que en conxunto axudar a prever a probabilidade de progresión.
    As opcións convencionais son, en orde:
    -Observación
    -Fisioterapia
    -Corsé dorsolumbar
    -Cirurxía

    Nos casos máis difíciles utilizase a ciruxía e nos casos, para evitar o crecemento de curvatura, utilizanse corsés.
    Deíxobos un enlace, a unha imaxe de dito corsé:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Scoliosis_brace.jpg

  8. Boris Lobón di:

    Eu vou falar dunha enfermidade relacionada coa escoliosis,chamada cifoescoliosis que é unha fusión da cifosis e a mencionada na noticia.Esta enfermidade consiste nunha curvatura anormal da columna vertebral,a cifoescoliosis é un trastorno musculoesquelético que provoca hipoventilación crónica dos pulmons e pode ser unha das principais causas da hipertensión pulmonar,tamen poder ser progresiva e ir aínda a mais.Esta enfermidade pode estar ligada a causa de moitas cousas,incluso,pola sobrecarga das mochilas xa que cos libros e as libetas pesa arredor de sete u oito quilos sen exaxerar.Iso día tras día pode conlevar a estas circunstancias.

  9. Carlos García di:

    A mín tamén diagnosticáronme escoliosis idiopática, a raiz dun recoñecemento médico cando tiña 13 anos polo pediatra. Eu non tiña ningún síntoma, nin dor, e as deformacións que tiña eran leves, polo que a detección é moi importante.
    Non existe forma de prevenir a escoliosis, polo que esta detección temprana na idade escolar evita chegar a usar o corsé ou a ciruxía. No meu caso, so fixo falta a gimnasia correctora e vixilancia. Tamén a escoliosis ten un factor hereditario, que no meu caso padece o meu avó.
    O tratamento da escoliosis moitas veces chega tarde debido a falta de detección.

  10. Vladislav Babenco di:

    Eu vou falar sobre o método de Klapp: un exercicio terapéutico para correxir calquera desviación vertebral como neste caso a escoliose.

    Este exercicio influe sobre os músculos espinales e os ligamentos da columna e se fundamenta na mobilidade da columna a partir das posicións de catro puntos ou tetrapodia, nisto destacan moitas ventaxas, como por exemplo eliminar a gravidade sobre a columna así como dar maior estabilidade.

  11. Alexandra Parceiro di:

    Os factores de resgo son:
    -A idade, entre 4-6 semanas de
    xestación aos 3 anos; Xuvenil,
    dende os 4 hata os 10 anos;
    adolescente dos 11 os 17 anos.
    -Membros da familia que tiveron
    escoliosis, xa que é unha
    enfermidade hereditaria.
    -Pubertad tardía e a primeira
    menstruación tardía
    nas nenas.
    Os pacientes con escoliosis examinanse para determinar se existe unha causa subllacente da deformidade. Durante o examen físico, evalúase o siguiente:
    -Pel, en busca de manchas, signo indicativo de neurofibromatosis*.
    -Pes, en caso de deformidad cavovarus.
    -Reflexos abdominais.
    -O ton muscular para medir a espasticidade**.

    *As neurofibromatosis son trastornos xenéticos do sistema nervioso que afectan principalmente o desarolo e crecemento dos texidos das células neurales (nerviosas).
    Estos trastornos ocasionan tumores que crecen nos nervios e producen outras anormalidades tales como cambios na pel e deformidades nos osos.
    **A espasticidade é unha enfermidade que reflexa un trastorno motor do sistema nervioso no que alguns músculos mantieñense permanentemente contraídos. Dita contracción provoca a rixidez e acortamiento dos músculos e interfere os seus distintos movimentos e funcions: deambulación, manipulación, equilibrio, habla, deglución, etc.

  12. Damián Rocha di:

    eu queria falar duns metodos para correxir a escoliosis se e nun grado baixo de desviacion, primeiro correxir os malos vicios posturais para que a situacion non empeore sin embargo non e suficiente ,habra que facer uns exercicios que teñen como obxectivo tonificar a musculatura da parte superior do corpo estos exercicios seran de natacion asi tamen compensase a distancia entre os ombros e na cadeira tamen e aconsellable a practica de deportes con raqueta naquelas que teñan a curvatura no lado oposto ao lado dominante

  13. Olalla Manteiga di:

    A escoliose pódese desenrolar moi gradualmente e, na maioría dos casos, non se diagnostica ata que o neno ten entre 10 e 14 anos. A maior parte dos casos de escoliose non require tratamento e, aínda cando éste sea necesario, os nenos soen retomar unha vida activa despois do tratamiento. Cando a curvatura é moi grave, pode desencadear outros problemas de saúde, que quizais afecten aos pulmóns, o corazón e as articulacións. Os traumatólogos utilizan un método de medición en grados da curvatura da columna chamado ángulo de Cobb. A cantidade de grados axuda ao médico a decidir sobre o tipo de tratamento que se necesita. Polo xeral, unha curvatura de 10 a 15 grados non require ningún tratamento, excepto chequeos regulares ata que o neno complete a maduración e o desenrolo propios da pubertade (en xeral, a curvatura da columna non empeora despois desta etapa). Se a curvatura ten entre 20 e 40 grados, recomendarase o uso dun corsé ortopédico. Un ángulo de 40 o 50 grados, ou máis, podería indicar a necesidade de practicar unha intervención quirúrxica. Alrededor dun 20% dos nenos con escoliosis ten que usar un corsé ortopédico, que actúa coma un aparato de suxección para previr máis desviacións. O corsé non enderezará a columna pero, se é eficaz, permitirá que a curvatura non aumente máis de 5 ou 10 grados, podendo así evitar a cirurxía. Existen varios tipos de corsés que se elixirán segundo a curvatura, a ubicación da curvatura e a súa gravidade. O corsé ortopédico que se usa con máis frecuencia é o TLSO (siglas en inglés de thoracic-lumbar-sacral-orthosis). Éste é un corsé que chega ata por debaixo dos brazos e pode usarse debaixo da roupa. Éstes son algúns exemplos de corsés TLSO:
    Chaleco Wilmington. Este corsé desenrolouse no hospital infantil Alfred I. duPont en Wilmington, Delaware. Fabricado en plástico liviano, pode usarse debaixo da roupa, polo que non se ve. Está diseñado para usarse o maior tempo posible, como mínimo entre 18 e 20 horas por día.
    Corsé Charleston. Éste tamén é un corsé que empuxa a columna co obxetivo de enderezar a curvatura o máis posible para evitar que o problema empeore. Como deixa ao neno nunha posición extraña, sólo se usa para durmir.
    Eu teño principios de escoliose e o máis recomendable son uns exercicios de columna e algúns deportes como a natación.

  14. Alba Guzmán di:

    Primeira intervención en España de escoliose cunha técnica pioneira.

    No Hospital Sanitas de La Moraleja.

    – A operación co Sistema Daytona, moito menos agresiva e cunha mellor rehabilitación que outro tipo de intervencións, aplicase por primeira vez en España.
    – Calculase que ó menos un 3% da poboación presenta certo grao de escoliose
    – A escoliose idiopatica, a máis frecuente, afecta a nenos e adolescentes, as nenas con unha maior predisposición.

    Madrid, marzo de 2011.- O Hospital Sanitas de La Moraleja acolleu o pasado 25 de febreiro a primeira intervención de escoliose en España co sistema Daytona, unha innovadora tecnica quirúrxica para a reducion “en-bloque”das escolioses mediante a corrección que resulta moito menos agresiva que outro tipo de ciruxias e polo tanto mellora a rehabilitacion do pacente. Esta innovadora tecnica presentou nunha Xornada de Escoliose, que reuniu a destacados especialistas e onde se fixo un breve repaso da historia dos sistemas de correción da escoliose.

  15. Mila Mosquera di:

    Vou falar do desenlace clínico que pode depender da causa, tipo e gravidade da curvatura. Canto maior sexa esta, maiores serán as probabilidades de que empeore a afección unha vez finalizado o crecemento.
    Ás persoas con escoliosis leve vailles moi ben cun corpiño e xeralmente non teñen problemas a longo prazo. Con todo, a escoliosis pode facelo a un máis propenso a ter dor de costas cando creza.
    O prognóstico para aquelas persoas con escoliosis neuromuscular ou congénita varía. Os pacientes con escoliosis neuromuscular teñen outro trastorno serio (como parálise cerebral ou distrofia muscular) de maneira que os seus obxectivos son moi diferentes. Con frecuencia, o obxectivo da cirurxía simplemente é permitir que un neno sexa capaz de sentar dereito nunha cadeira de rodas.
    A escoliosis conxénita é difícil de tratar e polo regular require moitas cirurxías.

  16. Yannick Afonso di:

    É interesante este tema xa que é verdade que cada vez é mais común pola nosa mala forma de sentarnos,de facer esforzos,etc
    Pódense distinguir dous tipos de escoliosis:

    .A escoliosis idiopática, que sobreviene durante a infancia e no que a orixe non está clara.

    .A escoliosis secundaria, debida a unha anomalía neuromuscular, un tumor, ou un traumatismo ou malformación da columna.

    -Consecuencias da escoliosis:

    . Xen respiratorio con disminución da capacidade vital.

    . Dolores de espalda.

    . Disminución da calidade de vida en períodos de dolores raquidianos agudos.

    . Modificación da imaxe corporal, anomalía morfolóxica constatada polo entorno, con influencias psicolóxicas.

  17. Sara Otero di:

    O termo escoliose deriva da palabra grega “Skoliosis”, que significa chepa. É un desvío da columna vertebral tridimensionalmente.
    Ademáis dos tipos dos que xa falaron os meus compañeiros, esta deformidade pode vir asociada a enfermidades como a neurofibromatose, a síndrome de Marfan, o duarfismo, a infecións, ou a trastornos metabólicos.
    As causas da escoliose ideopática nos adolescentes atribúense xeralmente a malas posturas. Os estudantes, por norma xeral, pasamos moitas horas sentados, normalmente cunha mala postura, xa sexa para dedicarllas ao traballo ou para pasalas diante do ordenador, e iso perxudica a nosa columna vertebral. Pero tamén debemos ter en conta que cargamos día a día cunha mochila chea de libros pesados (ou mesmo unha mochila que non é a máis adecuada para a nosa espalda, tipo bandolera por exemplo), que tamén favorece esta curvatura. Pero o certo é que pode ser hereditario. Descoñecendo isto, as nais preocupadas lévannos ao médico votando as culpas aos nosos malos hábitos, e el mándanos facer natación. Mais non hai ningún estudo que demostre que pode deter a enfermidade, así que non debería ser o único tratamento, probablemente deberíamos aplicar outros como os xa ditos polos meus compañeiros, como o corsé.

    • Eduardo Cagide di:

      Como moi ben xa dixo a nosa compañeira Sara, as causas da escoliose son basicamente as malas posturas, e o gran peso das mochilas. E moitos gobernos sabendo esto, o que intentan é buscar unha solución, e como a postura dos nenos é moi dificil de correxir… obtaron por intentar reducir o peso das mochilas.
      Un dos gobernos que máis traballou neste tema foi o goberno Valencián, e está a levar a cabo, no setenta por cento dos centros públicos, un proxecto de reducción de peso nas mochilas, através de varias opcións, a primeira e máis costosa é sustituir os libros por aplicacións en ordenadores, e a segunda, e a máis empregada, é sustituir os libros de “lomo” por libros de fichas, nos que poderiamos seleccionar a parte do libro que queremos levar a clase.

  18. Xisela Lema Díaz di:

    A escoliose está ás veces asociada con outras condicións como a síndrome de Ehlers-Danlos (hiperflexibilidad, síndrome do “bebé hipotónico”, e outras variantes da devandita condición), enfermidade de Charcot-Marie-Tooth, síndrome de Prader-Willi, cifse, parálise cerebral, atrofía muscular espiñal, distrofia muscular, disautonomía familiar, síndrome CHARGE, ataxia de Friedreich, síndrome X frágil,3 4 síndrome de Proteus, espiña bífida, síndrome de Marfan, neurofibromatosis, conectivopatías, hernia diafragmática conxénita, hemihipertrofia, e desordes do eixe craneoespinal (p. ex., siringomielía, prolapso mitral, malformación de Chiari), e síndrome da banda amniótica.
    A miúdo, a escoliose asociada cunha condición de base como as síndromes de Marfan ou Prader-Willi é clasificada como “escoliose sindrómica”

  19. Sergio González di:

    Polo que vexo todos coincidimos nos mesmos puntos pero polo que tamen vexo apenais dise que o sedentarismo é o mellor amigo da escoliosis e o deporte o seu maior enemigo.

    E importante facer exercicio fisico e a natacion e un dos mellores exercicios físicos que existen (a parte dos recomendados)
    Polo que vin, se tedes curiosidade buscade en youtube, pero aviso os que teñan un estomago sensible que algunhas imaxes son un tanto fortes..

    Deixovos un enlace onde temos o testimonio dunha persoa que chegou a ter mais de 45º grados na desviacion da columna.

    http://www.youtube.com/watch?v=VSntYsfP93M

    E xa sabedes , a moverse mais !

  20. Beatriz Castro di:

    A nosa columna vertebral é o soporte principal da parte superior do noso corpo. Permítenos manternos erectos, flexionar ou xirar noso tronco. Tamén cubre e protexe a medula espiñal. Os nervios da nosa columna ramifícanse ao resto do noso corpo.
    A columna vertebral está composta por vértebras. As vértebras están unidas coas articulacións facetarias. Entre cada unha das vértebras están os discos, os cales proveñen mobilidade e actúan como amortiguadores. A medula espiñal desprázase ao centro da columna, e en cada unha das vértebras os nervios ramifícanse a través de buratos de conxunción aperturas ao resto do corpo.
    A columna vertebral pode ter problemas como a estenoses, artrites, ciática/ hernia, enfermidades dexenerativas do disco, osteoporoses, escolioses…

  21. Mateo Fdez di:

    Normalmente a escoliose pode conlevar, ou senon conlevar, coincidir, con outros desaxustes corporais. Un deles é a “Malformación de Chiari“, un trastorno no cerebelo humano, na súa posición ou nun defecto de tamaño, e tamén pode conlevar hidrocefalia, ademais (unha acumulación excesiva de líquido na cavidade cerebral).
    O cerebelo encárgase, fundamentalmente, de manter o equilibrio, o cal pode verse perxudiciado pola súa malformación. Pódese dar que o cerebelo, ó sentir certa falta de espazo, avance cara abaixo, polo canal espinal, o cal pode provocar que o líquido cefalorraquídeo non chegue correctamente ó cerebro, e que as funcións nerviosas de esa zona gocen tamén se vean alteradas.
    Non se teñen espacialmente claras as súas causas, pero barállase que podan ser debidas a unha falta de nutrientes (ou trastornos varios) durante o embarazo, a infeccións ou que teñan un certo compoñente hereditario.
    Existen catro categorías I (de síntomas máis leves), II, III (a máis grave) e dúas de recente añadido: IV e 0.
    Por certo, e como curiosidade, se relaciona de algunha maneira ca raza céltica, así que se sodes de aquí de toda a vida, andade con ollo.

  22. Rebeca Vila di:

    O ángulo de Cobb é un método de medición en graos da curvatura da columna.
    A cantidade de graos axuda ao médico a decidir sobre o tipo de tratamento que se necesita. Polo xeral, unha curvatura de 10 a 15 graos non require ningún tratamento, excepto recoñecementos regulares ata que se complete a maduración e o desenvolvemento propios da puberdade (en xeral, a curvatura da columna non empeora despois desta etapa).
    Se a curvatura ten entre 20 e 40 graos, polo xeral, o traumatólogo recomendará o uso dun corpiño ortopédico. Un ángulo de 40 ou 50 graos, ou máis, podería indicar a necesidade de practicar unha intervención cirúrxica.

  23. Evelin López di:

    A escoliose desde o punto de vista do grado de rixidez e estructuración das curvas poden ser:
    Escoliose funcional, aquí os ligamentos e as estructuras óseas da columna están ausentes, conservando a anatomía e a función normal. A máis frecuente deste tipo é a que se produce por diferencia de lonxitude dos membros enfermos.
    Especialmente a elasticidade das partes blandas está conservada, o que se traduce en que as curvas poden ser correxidas en forma voluntaria polo paciente, cun esforzo muscular de inclinación lateral, hacia a convexidade en forma definitiva, correxindo a causa que a produce.
    Escoliose estructural, son aquelas nas que a columna ha sufrido alteracions anatómicas nalgun dos seus compoñentes, de carácter definitivo ou non correxible voluntariamente polo paciente.
    Así, á inclinación lateral agregase rotación axial dos corpos vertebrais, traducindose en gibas costales que poden ser leves ou avanzadas, de acordo ó grado de rotación das vértebras.
    Outra característica de esta escoliose estructurada é que é progresiva e aumenta a gran velocidade durante o período de crecemento, para diminuir, pero sen deixar de progresar, unha vez alcanzada a maduración ósea.

  24. Ishaka Osigbemhe di:

    Tratamento Non Cirúrxico
    Algúns casos de escoliosis idiopática do adolescente poden ser tratados sen cirurxía e outros requiren intervención cirúrxica.
    As curvas pequenas (menores de 15-20 graos) obsérvanse para ver a posible progresión durante un tempo. Nesta etapa non se require ningún tratamento específico. As curvas maiores (entre 20 e 40 graos) requiren órtesis para evitar que siga progresando a curva.
    Para algúns adolescentes é moi difícil usar a órtesis de 16 a 23 horas diarias. As órtesis poden ser incómodas, feas, xeran calor e poden facer que un neno senta avergoñado aínda que se oculte a órtesis baixo a roupa. Con todo, cando a órtesis funciona e evítase a cirurxía, o compromiso que implica usala vale a pena. Nesta etapa probablemente tamén se recomende un programa de exercicios coidadosamente deseñado.
    Desafortunadamente, algunhas curvas non responden o uso de órtesis. As curvas cervicotorácicas (da parte media das costas até o pescozo) e as curvas de máis de 40 graos tenden a non responder ben ás órtesis. Así mesmo, os pacientes que están máis preto da madurez esquelética poden non responder o uso de órtesis

    Tratamento Cirúrxico
    É posible que se recomende cirurxía para as curvas de máis de 40 graos. A cirurxía para escoliosis inclúe implantes cirúrxicos especiais, como barras, ganchos, parafusos e arames. O obxectivo é endereitar e equilibrar a columna e fixala (fusión) para que a progresión da curva detéñase mentres se alcanza a madurez esquelética. A cirurxía non cura a escoliosis; é simplemente unha maneira de corrixir a curva e controlar a progresión da enfermidade para evitar unha deformidade maior.

    Os cirurxiáns de columna utilizan diversos procedementos cirúrxicos para tratar a escoliosis idiopática do adolescente. As metas xerais son sempre as mesmas, pero as técnicas e a instrumentación usadas varían dun caso a outro. O Dr. Lonner pode realizar o procedemento desde a fronte (vía anterior) ou desde as costas (vía posterior). Pode mesmo usar amplamente as técnicas de invasión mínima.

    A abordaxe máis común para a escoliosis idiopática do adolescente é o posterior (nas costas). En anos recentes aplicáronse parafusos transpediculares á columna torácica e lumbar, o que permite unha mellor corrección e restauración do equilibrio da columna. O uso de parafusos transpediculares tamén proporciona unha fixación moi sólida que permite aos pacientes renovar as súas actividades dentro dos 2 a 3 meses seguintes á cirurxía. No pasado, o uso de ganchos para fins de fixación restrinxía as actividades do paciente durante un mínimo de 6 meses. Nalgúns pacientes requírese unha abordaxe combinada anterior (frontal) e posterior (nas costas) para operar curvas moi severas de máis de 75° ou 80°. A abordaxe anterior realízase cunha técnica toracoscópica ou, no caso das curvas lumbares, cunha técnica aberta cunha pequena incisión que permite que a columna se volva máis flexible. Isto faise extirpando os discos e colocando enxertos óseos dentro dos espazos dos discos; isto combínase cunha técnica posterior na que se fai instrumentación con parafusos. Tipicamente, unha curva de 90° convértese nunha de 15° cando se usa este tipo de abordaxe. Unha curvatura de 50° redúcese a unha de 10° con todas as técnicas descritas

  25. Cristina Frade di:

    O tratamento médico tradicional da escoliosis é complexo e está determinado pola gravidade da curvatura e a madurez esquelética, que en conxunto axudan a predicir a probabilidade de progresión.
    As opcións convencionais son, en orde:
    Observación
    Fisioterapia
    Corpiño dorsolumbar
    Cirurxía
    Un crecente corpo de investigación científica pon de manifesto a eficacia dos programas de tratamento especializado de terapia física, que pode incluír a retirada do corpiño.14 O debate na comunidade científica sobre se a terapia quiropráctica e físicos poden influír na curvatura escoliosis é complicado en parte pola variedade dos métodos propostos e empregados: algúns son compatibles con máis de investigación que outros.

    http://www.youtube.com/watch?v=AM7Gk7jVzA0
    Déixovos un enlace cun video dun dos tratamentos novidosos da escoliose.

Deixa unha resposta