Células nai

 Nas primeiras semáns de formación do feto, o embrión, de catro  ou cinco , dias contén  células nai. O que fai que estas células  sexan tan apreciadas é a súa cualidade para autorrenovarse ou para seguir formando células para os tecidos maduros e funcionais. A maioría dos tecidos dun individuo adulto posúen unha poboación específica propia de células nai que permite a  súa renovación periódica ou a súa rexeneración cando  prodúcese algún dano. Unha característica fundamental das células nai embrionarias é que poden manterse  de forma indefinida, formando ao dividirse unha célula idéntica a elas mesmas.

Existen catro tipos de células nai:

  1. As células nai totipotentes, poden crecer e formar un organismo completo, tanto os componentes embrionarios (como os tecidos que dan lugar ao saco vitelino) como os extraembrionarios (como la placenta). E dicir, poden formar todos os tipos celulares.
  2. As células nai pluripotentes non poden formar un organismo completo, pero sí calquera outro tipo de célula correspondente aos tres linaxes embrionarios (endodermo, ectodermo y mesodermo), así como o xerminal e o saco vitelino. Poden, por tanto, formar linaxes celulares.
  3. As células nai multipotentes son aquelas que soamente poden xerar células da súa mesma capa ou linaxe de orixen embrionario (por exemplo: una célula madre mesenquimal de medula ósea, ao ter naturaleza mesodérmica, dará orixen a células de esa capa como miocitos, adipocitos u osteocitos, entre outras).
  4. As células nai unipotentes poden formar únicamente un tipo de célula en particular.

Os científicos opinan que as células nai cultivadas a partir dun embrión na fase inicial do blastocisto, poderían reemplazar outras células danadas por enfermidades do corazón, diabetes, Parkinson, etc…

Dado que o embrión está morto ao extraer células nai, crea conflictos éticos. Os investigadores están a  buscar outras fontes de células nai . Un exemplo é o tecido hematopoyético  do cordón umbilical dos recén nados. Esta técnica  está utilizándose  como alternativa  para tratar enfermidades do sangue como a leucemia ou o linfoma.

Autora: Paula Franco

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular, 3. Saúde e calidade de vida, 9. Etica e ciencia e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.