Lobo ibérico vs lobo híbrido

O lobo ibérico que dende sempre viviu nos montes de Galicia está agora ameazado na serra de Barbanza. A aparición de exemplares híbridos froito do cruzamento entre exemplares puros e un lobo-can  pon en perigo a pureza da raza orixinal. Na actualidade, a manda que percorre eses espazos naturais está formada por unha poboación de 16 exemplares que, segundo as probas realizadas, atopase no segundo ou terceiro grao de cruzamento.

O mais sorprendente é que dende sempre o resultado do cruzamento entre un lobo e un can estaba predestinado a morrer ao entrar nas mandas formadas por lobos puros. O raro é que neste caso  o híbrido de Barbanza prevalece e mesmo  domina ao grupo.

Non podemos falar de raza nova, pero si de contaminación xenética. O seu ADN é froito da hibridación, igual que  o seu aspecto externo.

Cal é a situación xeral do lobo ibérico? Creedes que esta situación e favorable? Que medidas a tomar son as mais axeitadas? Cal é a opinión dos gandeiros?

Autora: Nerea Pardo

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Lobo ibérico vs lobo híbrido

  1. Xisela Lema Díaz di:

    Medidas urxentes
    Trátase dunha situación que inevitablemente require a adopción de medidas urxentes de xestión e conservación por parte do Goberno galego. As recomendacións existentes, aínda que limitadas ata a data (pois este tipo de situacións son moi anormais), ante posibles casos de hibridación entre lobos e cans son claras: a eliminación de exemplares contamiñados. Esta é a recomendación das organizacións que velan pola conservación dos grandes carnívoros en Europa, como o LCIE (Large Carnivore Initiative for Europe).

  2. Cristina Frade di:

    En resposta ao comentario de Xisela, seguindo estes consellos, o propio Plan de Xestión do Lobo, e en pro da conservación da especie, a consellería encabezada por Samuel Juárez tomou este ano a decisión urxente de abater exemplares na serra do Barbanza, mesmo no período sensible da especie. Fontes do mesmo departamento cualificaron como «caso excepcional» este escenario.

  3. Rosalía García di:

    O lobo ibérico (Canis lupus signatus) é unha subespecie do lobo (Canis lupus) endémica da Península Ibérica.
    Este animal está catalogado como vulnerable no “Libro rojo de los vertebrados de España” e como especie casi ameazada no “Atlas de los mamíferos terrestres de España”
    Quizá a continua persecución do lobo foi debida a que dende tempos ancestrais foi considerado un perigo para os homes xa que o lobo ataca a animais domésticos que son recursos de sustento para a poboación. Xa que unha economía inestable, como a dos gandeiros non pode permitirse os estragos que o lobo provoca.
    Pero é probable que non estemos a plantexarnos este problema dunha forma correcta… quizá non teñamos que preguntarnos cal é a causa de que o lobo sexa un animal tan feroz e tan enemigo do home, senon, porqué o lobo baixa do monte para alimentarse?
    O home, tamén é culpable deste cambio de comportamento pola súa explotación masiva dos recursos naturais, modificando os ecosistemas e obligándolle ao lobo a saír so seu hábitat para buscar alimento.
    Polo tanto, eu pensó que as intervencións dos gobernos deberían ir encamiñadas de formas diversas xa que non chega con permitir a caza do lobo en casos concretos ou compensar económicamente as perdas. O problema é máis xeral e deberíase abordar de un xeito máis amplo.

  4. Alexandra Parceiro di:

    Eu estou de acordo co que di Rosalía García:
    «Non temos que preguntar cal é a causa de que o lobo sexa un animal tan feroz e tan enemigo do home, senon, porqué o lobo baixa do monte para alimentarse?
    O home, tamén é culpable deste cambio de comportamento…»

    Pois unha simple infraestructura lineal non pode supoñer un obstáculo importante para o lobo, pero o conxunto das actuais e das futuras infraestructuras viarias (carreteras, autovías, trens de alta velocidade) sumando a outras construccions, poden ser barreiras impermeables para os lobos; de ahí que aparezcan problemas a maior escala: como fragmentación das poblacions ou aillamiento xenético.
    En poboacións pequenas ou ailladas, a reproducción entre individuos emparentados (cunha composición xenética similar), implica que as enfermidades e as deficiencias xenéticas podan ser máis frecuentes nos descendentes.
    Ademáis de que os incendios forestais, o urbanismo descontrolado ou as explotacions mineiras a ceo aberto en zonas ocupadas pola especie, son otras dificultades. En numerosas serras a instalación de parques eólicos está alterando o paisaxe.
    E o peor de todo é que está permitida a sua caza en dous grandes rexions españolas (Castilla e León e Galicia) que supoñen mais de tres cuartas partes da sua área de distribución.

    Ainda que o lobo ocupaba prácticamente todo o hemisferio norte fai 250 anos, na actualidade viven soamente nos bosques de Europa do Este, algunhas montañas mediterráneas, montañas semidesérticas de Oriente Medio e as áreas menos habitadas de Norteamérica e Asia.

    Deixovos unha páxina da Asociación para a conservación e estudo do lobo ibérico que ten información disto:
    http://www.loboiberico.com/index.php?option=com_content&view=article&id=18&Itemid=33

  5. Carlos García di:

    Vou a falar da coflictividade que existe entre o lobo e os gandeiros. Segundo a Asociación para a Conservación e estudio do Lobo Ibérico (ASCEL), desde o nacemento da gandería, o lobo compite con intensidade polos mesmos recursos que o home; surxe un conflicto de interese que desemboucou nunha persecución o lobo, que levou a decadencia do depredador en numerosas áreas. En todas as zonas onde coinciden lobos e ganados hai danos, que constituen o principal problema de conservación do lobo. En España estimase que os danos do lobo ascenden a 1,5 millóns de euros; en Portugal esos valores acércanse aos 700.000 euros.

    Para facer compatible o lobo ca gandería existen algunhas alternativas, as medidas preventivas e as compensatorias. A maioría dos ataques e os mais virulentos, desenvolvense cando o gando non está protexido, polo que se desenvolven alguns sistemas de prevención: pastoreo, cans gardiáns, protección nocturna en corrais, “fladrys” (cordas con banderolas colgando do rebaño) etc. As indemnizacións económicas, presentan limitacións, pois non evitan o problema de fondo (os danos) e non consiguen reabaixar a conflictividade.
    Ademais quero resaltar a importancia do lobo para a regulación dos ecosistemas e para a saude humana.

  6. Paula Franco di:

    O lobo ibérico estivo presente en case toda a península ibérica durante siglos.Estivo a piques de extinguirse nos 70, debibo a unha campaña de exterminio motivada polo franquismo porque según o goberno “había demasiados lobos”, matáronse lobos por toda España exceptuando no noroeste e nalgunhas zonas aisladas de Serra Morena. En Portugal pasou o mesmo sobrevivindo lobos nalgunhas comarcas como Sanabria e Sayago. Félix Rodriguez de la Fuente xunto con algúns naturalistas e outros dibulgadores conseguiu salvar un número reducido de lobos. Actualmente se encuentra en expansión por Castilla e León, Extremadura, Madrid,Aragón y Guadalajara. Actualmente non se sabe con exactitud cantos hai, estímase que entre uns 2.000 ou 2.500 quiza ata uns 3.000, que é unha gran diferenza dos 400 ou 300 lobos que quedaban no noso país nos anos 70.

  7. Naomí Mosquera di:

    O lobo ibérico ten unha apariencia similar a dun can, cun pelaxe que soe ser pardo, e conta cunha mandíbula moi forte, habita nas zonas montañosas alexadas do home, encontrándose nos extensos cultivos de cereal da meseta castellano-leonesa e nas áreas de arbolado e matorral denso do noroeste peninsular. É un animal bastante activo, que descansa durante o veran para mostrarse mais dinámico no inverno durante todo o día, vive en grupos xerarquizados, pero alguns tamen viven en solitario. Esta especie é atacada polo home en España por iso é un animal en perigo de extinción neste país, polo que seu estado de conservación é bastante vulnerable, por isto encontrase protexido por varias leis e convenios. Se alimenta de animais grandes, como poden ser o ganado doméstico, corzos, cans, xabalís ou zorros, debido a que alimentanse do ganado o home intenta cazalo para protexer os seus animais. Podese encontrar no noroeste da Península, Sierra Morena e nalgunas localidades fronterizas entre España e Portugal.

  8. Rebeca Vila di:

    En 2011, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, convocou con carácter de urxencia o Grupo de Traballo do Lobo para estudar a situación da especie, tomando en conta as últimas noticias de ataques a explotacións gandeiras.
    O lobo é un dos predadores máis emblemáticos da nosa fauna silvestre. Habendo co-evolucionado cos ungulados silvestres, resulta fundamental para manter o equilibrio nas cadeas tróficas (o lobo cómese ao coello, o coello come herba …).
    Facer compatible a presenza da especie cos aproveitamentos gandeiros tradicionais é un obxectivo prioritario de España, que conta coas poboacións de lobo máis importantes de Europa occidental. Hai contabilizados de 2.000 a 2.500 lobos en España, fundamentalmente no noroeste peninsular e nun núcleo no norte de Andalucía, distribuídos entre 250 e 300 grupos reprodutivos ou mandas. Castela e León é a comunidade autónoma con maior presencia deste cánido, con contorna de 1.000 a 1.500 exemplares nunhas 150 mandas.

  9. Sara Otero di:

    A día de hoxe, lobo ibérico está sendo unha especie ameazada na península. Estímase que aínda quedan 2000 lobos, pero no todos son puros; segundo o maior estudo xenético realizado ata o de agora sobre a especie, o 4% dos exemplares son híbridos de can e lobo.
    Esto non sería obxecto de preocupación, se non fora porque este cruzamento supón a desaparición dos lobos puros. Os gandeiros declaran que os híbridos non teñen medo ás persoas e incluso poden chegar a atacar a calquera. Soamente en uns meses, perderon 120 vacas por mor de estos ataques.
    Sobre as medidas que está tomando o goberno, non estou de acordo. En lugar de prevenir estas extincións a tempo, optan por tomar solucións drásticas cando xa é tarde, ou mesmo renegan outras alternativas. Juan Carlos Blanco, o coautor do estudio enunciou: “a única solución é eliminar aos cans asilvestrados e aos híbridos, xa que esterilizalos sería demasiado caro”.Esto que ocorre ahora no noso país, pode recordarnos ao que aconteceu co lobo etíope, cuxas caracerísticas xenéticas diluíronse polo cruce con cans asilvestrados. Déixovos un enlace para saberes máis:
    http://www.animalesextincion.es/articulo.php?id_noticia=216

  10. Damián Rocha di:

    non sempre e facil compaxinar os aspectos ecoloxicos e os economicos.os espazos destinados a liberdade animal cada vez so mais pequenos polo que se ven arrinconados en espazos menos amplos , o mesmo tempo moitos gandeiros ven ameazados os seus rebaños por estes animais que estan en procura de alimento a hibridaxe pode facer perder a pureza da raza do lobo pero penso que vai ser a medio prazo o destino desta puequena manada de lobos do barbanza

  11. Beatriz Castro di:

    Eu vou falar do que é un híbrido; é o organismo vivo animal ou vexetal procedente do cruce de dous organismos de razas, especies ou subespecies distintas, ou de algunha ou mais calidades diferentes.
    Moitos dos híbridos xerados entre especies diferentes nacen estériles. A utilidade, ao home, deste tipo de híbridos radica en que son mais fortes, produtivos, etc e, polo tanto, mais idóneos que estes en su explotación específica.
    Xenéticamente os híbridos son organismos heterocigotos por posuír xenes para trazos distintos, que poden ser tanto recesivos como dominantes, herdados dos seus pais. Cando hai falta de xenes dominantes entre os seus alelos, maniféstanse neles os carácteres recesivos.

  12. Paula Manteiga di:

    Neste comentario, vou falar das diferencias entre os lobos Ibéricos e os Híbridos.

    – O lobo ibérico é o canis lupus signatus e é unha subespecie de lobo pardo que vive na península ibérica.
    O seu color predominante é o marrón, aínda que existen exemplares de tonos vermellos ou incluso máis escuros. Os lobos ibéricos máis jóvenes se distinguen por ter un color más grisáceo, especialmente en invierno.

    – O lobo híbrido é un can lobo, surxe do apareamiento dun lobo e dun can.
    As características físicas do animal e moi similar a dos cans mestizos. Os híbridos mostran unha amplia variedade de aspectos, que van dende un gran parecido os cans sin sangre de lobo, os animales que se confunden a miudo chea de sangre lobos.

  13. Vladislav Babenco di:

    Vos deixo este enlace para máis información sobre a aprobación da matanza dos “lobos híbridos”

    http://www.lne.es/asturias/2011/12/09/galicia-aprueba-matanzas-lobos-hibridos-ataques-cabana-ganadera/1168463.html

  14. Daniel Patiño di:

    Eu vou falar dos conflictos que teñen os ganadeiros sobre este animal, os conflictos que teñen mais o desinterés das autoridades que en moitos casos deniegan o atrasan os pagos das indemnizacions don ganadeiros perjudicados por os asaltos dos lobos, os ganadeiros tamén se queixan de que non reciben as indemnizacións correspondentes que lles debe a administración por a dificultade de distinguir os ataques de lobo e os ataques produciodos por cans asilvestrados.Ademais un dato a parte e que moitos dos cazadores furtivos de lobos xamais a sido multado a pesar de que se calcula entre un 70 e 80% de lobos que morren cada ano o fan a mans dos cazadores furtivos.

  15. Alba Guzmán di:

    Se a supervivenza xa era complicada cos disparos dos cazadores furtivos, os cepos, atropelos, os velenos e a caza permitida en Castilla e León e en Galicia, para o lobo ibérico, agora suma esta nova ameaza para os 2000 lobos que só quedan na Península Ibérica.
    O maior estudo xenético realizado hasta agora sobre esta especia encontrouse que o 4% dos exemplares analizados son híbridos de can e lobo.Sendo isto unha futura desaparición de esta especie.Os científicos analizaron 208 lobos ibéricos, dos cales oito eran íbridos.

    Con este estudo, algunhas administracións públicas, coma a Xunta de Galicia, traballa xa en protocolos con patrullas que peinen os montes e eliminen ós híbridos de lobo con armas de fogueo.
    “Estamos ante un problema de xestión e conservación. Queremos conservar lobos que sexan o máis lobo posibles” explica o consultor Luis Llaneza, coautor do traballo.

    “Nas condicións actuales non se encontra un impacto da hibridación das súas características xenéticas”, indica Godinho, que pide as administracións españolas e portuguesas “tomar medidas de conservación para evitar que ocorra”. Como solución propón a esterilización ou erradicación”.

    Para Xoan Carlos Blanco, coautor do estudo “a única solución é eliminar ós cas asilvestrados e ós híbridos, xa que esterilixalos é demasiado caro”.

    De novo tiramos á solución máis fácil, liarnos a tiros en lugar de previr…

  16. Roxana Cadena di:

    Buscando información sobre Lobos Híbrido atopei en wikipedia, que tamén existe una mezcla aparte do del Lobo e can tamén de Lobo e coyote -Canis rufus-
    Aquí os deixo o enlace:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Canis_rufus

  17. Sabela Escourido di:

    Esta especie tan bonita non só esta sendo danada xeneticamente, tamén hai cazadores furtivos que estan rematando con ela.
    A Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico (ASCEL) denunciou a morte de polo menos tres lobos nunha cazaría ilegal nos termos de Villavieja del Cerro e Velilla, dúas pedanías de Tordesillas (Valladolid). Membros de ASCEL descubriron unha decena de cazadores abatendo os animais no medio dunha espesa néboa, algo que está prohibido.
    Ademais dos lobos -un macho, unha femia e unha cría-, os furtivos mataron a tiros tres raposos e tres xabarís. Os seus corpos foron achados entre uns milleirais.

  18. Yannick Afonso di:

    Este animal é un magnifico predador, que vive e morre condicionado por unha xenética determinada por miles de anos de evolución, que cumple cun papel necesario e ben definido nos ecosistemas ibéricos, onde asume a importante función de regular as poblacións dos grandes ungulados e de outras especies sobre as que preda.
    O malo de estos magníficos animais é que extínguense e van desaparezendo pouco a pouco, para que isto non ocorra aunque por natureza sempre ocorre, hai que coidar máis a éstos animais, creando lugares onde acoller e cuidar a cada especie e así sería mellor.

  19. Nildes Abella di:

    A biodiversidade é o término co cal se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra.
    Dende o século XX obsérvase a erosión cada vez máis acelerada da biodiversidade. Todo-los científicos recoñecen que a proporción de pérdida de especies é maior que en calquera época da historia humana. Tamén defenden que as pérdidas son causa mayormente das actividades humanas.
    Este ano un total de 17.000 especies atópanse en perigo de extinción. As especies xa extinguidas chegan a un número de 1.159, según a Lista Vermella de Especies Amenazadas que publica a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).

    Algunhas das medidas que podemos tomar para evitar que esto continúe sendo así son:
    -Non consumir artículos que proveñan de animais en estado salvaxe, non comprar: peles, partes do corpo de animais como cabezas trofeo, cornos etc.
    -Non adquirir produtos que na súa produción utilizaron animais para facer probas, como cosméticos.
    -Non mercar como mascotas animais exóticos xa que a maioría morre no proceso de caza e distribución.
    -Concienzar ós do aredor acerca do respeto á natureza e o importante que é cada organismo.

    O Fondo Mundial para a Naturaleza publicou o listado de especies que corren maior risco de extinguirse en 2012:http://www.taringa.net/posts/ciencia-educacion/13649804/Animales-en-peligro-de-extincion-2012.html

  20. Diana Pérez di:

    O lobo ibérico (Cannis lupus)é unha das especies de animais máis emblemáticas das montañas españolas. Se distribuía orixinalmente por prácticamente a totalidade da Península, sen embargo a persecución que sufriu por parte de cazadores levou ao lobo ao borde da extinción na Península Ibérica.
    Diversas campañas de sensibilización, control de caza e prohibición do uso de venenos permitiron frear a sua extinción e comezar a recuperación da especie. En estas campañas de sensibilización unha das figuras máis importantes e influintes foi o noso moi coñecido Félix Rodríguez de la Fuente,( como xa mencionou Paula) cuyo legado aún hoxe ten moita influencia nas conciencias das persoas.
    Agora, recoñecida a importancia do lobo nos ecosistemas, buscase solucionar os eternos problemas do lobo e o home.
    Pero soamente si aprendemos a convivir cos animais da Terra seremos capaces de conservar e disfrutar dos beneficios do planeta, de outra maneira viviremos condenados a unha loita perpetua con as forzas da ocidanaturaleza.

  21. Yolanda Bermúdez di:

    A presencia do lobo ibèrico nos ecosistemas a os que pertence se ha demostrado claramente necesaria para o mantenimiento do equilibrio dos ecosistemas ,constituindo o que se coñece como unha especie clave, cuxa desaparición pode conlevar muy serios desequilibrios ao seu entorno (na vexetación, nas densidades de herbívoros ou nas densidades de predadores menores carnívoros).Ainda que o lobo ocupaba prácticamente todo o hemisferio norte hace 250 anos, na actualidade vive soamente nos bosques de Europa del Este, algunhas montañas mediterráneas, montañas semidesérticas de Oriente Medio e as áreas menos habitadas de Norteamérica y Asia.

  22. Laura González di:

    Os quiero hablar de las subespecies del lobo:

    Los lobos son todavía, a pesar de la persecución de que han sido objeto, los cánidos con la distribución más amplia. Habitan en toda Eurasia y América del Norte, y han sido introducidos en Australia. Su hábitat varía desde los témpanos de hielo de Groenlandia a los desiertos de Arabia o las selvas de la India.

    Tan vasta distribución ha permitido la aparición de distintas subespecies, que se diferencian en el tamaño, color y longitud del pelaje o proporciones del morro o las orejas. Se han descrito más de 50 subespecies de lobo, pero no se ha encontrado un verdadero consenso al respecto, y la lista ha sido también condensada, reduciendo las subespecies entre 13 y 15. Modernas clasificaciones de ácido desoxirribonucleico, anatomía, distribución y migración de varias colonias de lobos indican que en 2005 había unas 37 subespecies descritas en las que se incluye al dingo y al perro (subespecie doméstica del lobo bajo el nombre de Canis lupus familiaris).

    • Mateo Fdez di:

      Laura di que o lobo se ten introducido en Australia. Sinceramente, veo esto como algo bastante perigoso, xa que, de igual forma que a pegada humana pode desestabilizar un ecosistema, o mesmo pode suceder se introducimos, á forza, especies en ecosistemas que lles sean alleos (ollo, de todas formas, se a través de diversos estudos sobre o ecosistema, chégase a conclusión de que a introducción non será perxudicial, ou que incluso pode fortalecer ó ecosistema, a comprensión de cara a este tipo de iniciativas pode ser maior). Esto xa dera problemas no pasado, incluso na mesma Australia, máis específicamente:
      Hai moito tempo, millóns de anos, antes de que os continentes se separaran, existía unha familia de animais chamada os marsupiais. Estes xogaron un importante papel durante o tempo que habitaron o mundo, habitándoo en moitos dos seus lugares, ata que foron exterminados por outro tipo de mamíferos (os marsupiais tamén o eran), os non-placentarios (os mamíferos que nós temos por “estándares”), mentres que os marsupiais eran placentarios (a cría pasaba máis tempo na nai, e só tiñan unha cría á vez), o cal reducía o seu nº e foron finalmente dominados polos non-placentarios, e exterminados.
      Sen embargo, Australia mantíñase separada do resto dos continentes, con que os non placentarios non chegaron a emigrar alí, e os marsupiais sobreviviron.
      Así foi ata o descubrimento e colonización de Australia, cando os colonos levaron con eles multitude de animais das súas terras, o cal desestabilizou os ecosistemas e acabou con algúns dos marsupiais xa existentes (o can xogou un papel principal e fundamental), extínguíndoos (como o equivalente marsupial do lobo), ou relegándoos a vivir únicamente na illa de Tasmania (como o Demonio de Tasmania).
      Conclusión: é intelixente sacar ás especies dos seus hábitats, en lugar de fomentar máis fortemente estos? É beneficioso? É ético? A historia recórdanos que non, pero xa sabemos que o homo sapiens é o único animal que tropeza dúas veces ca mesma pedra (e tres, e catro, e cinco…).

  23. David Lamas di:

    O lobo é un dos predadores máis emblemáticos da nosa fauna silvestre. A co-evolucionado cos ungulados silvestres,e resulta fundamental para manter o equilibrio nas cadenas tróficas dos espacios naturais, especialmente en áreas con escasa presión cinegética, donde as sobrepoblacións de caza mayor causan grandes perdas económicas en cultivos agrícolas e plantean moi serias ameazas ao estado sanitario da ganadería extensiva. Hacer compatible aa presenza da especie cos aproveitamentos ganadeiros tradicionais é prioritario xa que España conta coas poblacións de lobo máis importantes de Europa occidental.

    Como dato queria engadir que en todo o mundo existen 32 subespecies de lobo, que se poden englobar en catro grupos: lobos brancos, lobos vermellos, lobos grises e lobos pardos.

  24. Ishaka Osigbemhe di:

    Penso que o problema Non vén só polo cruzamento entre lobo e can ,senón que tambien desde tempo atrás o home por temer a este animal ,ha ido exterminandolos

    http://www.youtube.com/watch?v=_C2DfrrkmRs

  25. Victoria Zherdeva di:

    Xa que saliu o tema a min gustariame falar tamén un pouco do lince iberico, xa que é outro animal que esta no peligro.
    É unha especie en estado crítico de extinción, considerado o carnívoro máis amenazado de Europa e o felino máis amenazado do mundo. De todos os mamíferos da Península Ibérica é o que sufre un maior riesgo de extinción. Recientemente solo se demostró a presencia do Lince Ibérico na área de Sierra Morena e en Doñana.
    E tamén quero añadir que ainda que haxa moitos problemas deste tipo nos non podemos facer moito xa que tamén depende do habitat no que viven.

  26. Evelin López di:

    O lobo híbrido descuberto na serra de Barbanza pasará á historia pronto. Medio Ambiente iniciará este mes un plan encamiñado a eliminar os exemplares impuros que han surxido dos cruces entre lobos da especie canis lupus e perros asilvestrados.
    Na serra barbanzana ha constatado a existencia de exemplares contaminados, queren erradicar o cruce, imprescindible para garantizar a conservación da especie Canis lupus.
    A actuación farase a través de dous tipos de medidas: de control e de trampeo. Na primeira incluense batidas que buscan localizar e eliminar os exemplares híbridos. Estas accions estarán supervisadas por axentes de Conservación da Natureza.
    E na segunda terá como obxetivo capturar o maior número de individuos, tanto de lobos como de híbridos.

  27. Ana Domínguez di:

    Os trampeos terán como obxetivo capturar o maior número de individuos, tanto de lobos coma de híbridos. Os animais puros serán equipados de collares gps, para poder estudiar o seu comportamiento no medio. Isto permitirá tamén ampliar coñecementos sobre a ecoloxía da especie en mandas e axudará a localizar ao resto dos exemplares, para así poder efectuar os controis. O mecanismo permitirá asimismo a localización das zonas de cría, o que facilitará o control futuro da especie e a reducción dos exemplares impuros.

  28. Lúa Roldán di:

    Déixobos unha pouca información sobre o resto de especies que peligran en Galicia,sendo case 25 as que se atopan nesta situación.
    As malas prácticas no medio ambiente,a contaminación,o deterioro dos hábitats,os efectos do lume nos bosques e a caza son as principais ameazas.Na supervivencia de determinados animais influe tamén a introducción de especies foráneas,a intensificación agrícola ou o uso de pesticidas.
    As aves son as máis ameazadas.De feito,13 especies diferentes dispútanse a súa existencia ou a súa desaparición.
    O aguia real (Aquila chrysaetos),que unicamente se atopa nas serras surorientais galegas atópase nesta situación,sendo só 10 parellas reproductoras.A súa mortalidade débese ás liñas electricas e a parques eólicos así como a persecución directa que sofren.
    As tres especies máis ameazadas son,sen embargo,a pita do monte,o arao e o mazarico real.
    No grupo dos mamíferos,o oso (<strong>Ursus arctos),é o único que na actualidade atópase en verdadeiro perigo.
    Tamén se atopan en perigo tres especies.Trátanse do escáncer de patas ibérico (pérdida do seu hábitat debido á presión urbanística e ao turismo)e dúas especies de tartarugas.A ” “,habitual na costa galega (ameazada polas artes da pesca e a contaminación mariña) e o “sapoconcho común” (atópase en competencia con outras especies introducidas en Galicia.

  29. Olalla Manteiga di:

    No grupo dos mamíferos, o oso (Ursus arctos) é o único que na actualidade se encontra en perigo, se ben a súa presenza se reduce ás visitas que realizan ás serras orientais ourensanas.

    Entre os vertebrados, encóntranse tamén en perigo de extinción tres especies de réptiles. Trátase do escáncer de patas ibérico, cuxa existencia se ve prexudicada pola perda do seu hábitat a causa da presión urbanística e o turismo; e de dous tipos de tartarugas: a “tartaruga de coiro”, habitual na costa galega, está ameazada polas capturas accidentais en artes de pesca e pola contaminación mariña, mentres que o “sapoconcho común” encontra tamén a competencia doutras especies introducidas en Galicia dificultades para a súa supervivencia.

    Respecto aos invertebrados, a ameaza de desaparición afecta a catro especies de moluscos e a outros tantos artrópodos.

Deixa unha resposta