Un fráxil escudo

A vida na Terra foi protexida durante milleiros de anos por unha capa de veleno vital na atmosfera. Esta capa, composta de ozono, serve de escudo para protexer a Terra das radiacions do Sol. Ata onde sabemos, é exclusiva do noso planeta.

A destrución da capa de ozono é un dos problemas ambientais máis graves que debemos enfrontar hoxe en día. Foi descuberta no 1913 polos físicos franceses Charles Fabry e Henri Buisson. As suas propiedades foron examinadas en detalle polo meteorólogo británico G.M.B. Dobson.

O ozono actúa como filtro das radiacions nocivas, e de alta enerxía, que chegan a Terra permitindo que pasen outras como a ultravioleta de onda longa, que desta forma chegan a superficie. Esta radiación ultravioleta é fundamental na vida no planeta, xa que é a que permite a realización da fotosíntese das plantas, algas e bacterias.

O seguimento da capa de ozono, levado a cabo nos últimos anos, chegou a conclusión de que a capa pode considerarse seriamente ameazada.

Como se producen os buratos na capa de ozono?  Como dana o home a capa de ozono? Como podemos evitalo seu deterio?

Autora: Naomi Mosquera

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Clima, 4. Contaminación e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to Un fráxil escudo

  1. Xisela Lema Díaz di:

    Denomínase burato da capa de ozono a zona da atmósfera terrestre onde prodúcense anomalías na capa de ozono, observadas en primaveira nos polos.

    O contido en ozono mídese en Unidades Dobson (sendo UD= 2.69 × 1016 moléculas/cm² ou 2.69 × 1020 moléculas/m²).

    Descubriron importantes reduccións das concentracións de ozono en dita capa, con especiais incidencias na zona da Antártida.

    Atribuiuse este fenómeno ao aumento da concentración de cloro e bromo na estratosfera debido tanto ás emisións antropoxénicas de compostos químicos, entre os que destacan os compostos clorofluorocarbonados (CFC) utilizados como fluido refrixerante.

    EN 1987 varios países firmaron o Protocolo de Montreal, no que se comprometían a reducir á metade a producción de CFC nun periodo de 10 anos.

    • Mateo Fdez di:

      No Protocolo de Montreal do que falas, Xisela, os países firmantes prometían reducir as súas emisións de CFCs, como ben dices, pero para ello utilizáronse fortemente os HCFCs, outro tipo de clorofluorocarburos, que resultan menos dañinos para a capa de ozono e tamén no efecto invernadero (unhas 20 veces no primeiro caso, a diferencia é leve no segundo), pero unha ratificación do Tratado sostén o compromiso de, primeiro nivelar, e logo dismuníur as emisións tamén destes a partir de 2013. O maior problema que derivan ambos compostos é a nula capacidade que temos de cambialos por outros, e que estes fagan o mesmo. O Tratado considérase como un dos máis exitosos levados a cabo, e todo un exemplo, aínda que, bueno, eso é que dicen os políticos, que moitos non son máis que actores. Kioto, por exemplo, sería a outra cara da moeda: países que non cumpren o prometido, países que son amonestados por non facelo e deciden abandoar o proxecto para non ter que pagar multas e seguir actuando ó seu libre albedrío (Canadá), países que nen sequera prometen (EEUU non ratificou o Tratado, aínda que consume o 25% dos combustibles fósiles e é o maior emisor de gases contaminantes -ou o era-)…

  2. Nildes Abella di:

    O ozono é a forma alotrópica* do osíxeno, que sólo é estable en determinadas condicións de presión e temperatura. É un gas composto por tres átomos de osíxeno (O3).
    Sábese que existe un burato na capa de ozono da Antártida, foi observado por vez primeira durante os anos 80. No Polo Sur está comprobado que cada primaveira antártica se produce unha gran destrución de ozono, dun 50% ou máis do existente na zona, formándose un burato. Dende o 2006 parecía que estaba disminuíndo pero no 2011 volveu a aumentar:http://www.antena3.com/especiales/noticias/ciencia/hazte-eco/crece-agujero-capa-ozono-polo-sur_2011100600073.html

    A forma pola cal se destrúe o ozono é bastante sinxela. A radiación UV arranca o cloro dunha molécula de clorofluorocarbono (CFC), que se atopa en produtos como aerosoles ou pinturas. Este átomo de cloro, ó combinarse cunha molécula de ozono a destrúe, para logo combinarse con outras moléculas de ozono e eliminalas. O proceso é altamente dañino, xa que en promedio un átomo de cloro é capaz de destruir ata 100.000 moléculas de ozono.

    Para evitar que a capa de ozono continúe sendo deteriorada tomáronse medidas como: a Asamblea Xeral das Nacións Unidas firmou o Protocolo de Montreal o 16 de septembro de 1987. En 1994, a mesma Asamblea proclamou o día 16 de septembro como O Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono.

    *propiedade que poseen determinados elementos químicos de presentarse baixo estruturas químicas diferentes ou con características físicas distintas.

  3. Lenny Mamani di:

    Eu responderei a segunda pregunta que fai miña compañeira Naomi.

    Como dana o home a capa de ozono?

    Durante os últimos anos, a capa de ozono,foise debilitando formando un verdadeiro burato, que nalgunhas áreas diminuíron ata o 60% da cantidade de ozono estratosférico.
    Este desgaste é debido ao uso de substancias químicas producido polo home: os clorofluorocarburos (CFC) de productos, como os aerosois, disolventes, propulsores e refrixerantes.A acción destes gases na Estratosfera libera átomos de Cl(cloro) a través da radiación Ultra Violeta sobre sus enlaces moleculares; cada átomo de Cl elemina miles de moléculas de Ozono transformándoas oxíxeno molecular. Otras substancias que afectan a capa de ozono por conteñer cloro (Cl) é o metilcloroformo (solvente), o tetracloruro de carbono (un químico industrial) e substancias que conteñan bromo (Br), como os halons, usados para extinguir o fume.

  4. Vladislav Babenco di:

    Eu vou contestar a pregunta: Como podemos evitalo seu deterio?

    Evite o uso de extintores que conteñan halóns, unha sustancia moi agresiva para a capa de ozono.

    – Asegúrese de que o illamento de mercar non contéña (CFC).

    – Realizar o mantemento adecuada dos equipos de aire acondicionado, como un mal funcionamento causando baleirado de CFCs á atmosfera.

    – Se tes coñecemento nalgunhas áreas e culturas na que produzan produtos de bromuro de metilo, tes a obriga de informar e denunciar, porque son contaminantes.

  5. Paula Franco di:

    Eu vou deixar información sobre os principais elementos que contaminan mais e por tanto danan a capa de ozono:
    1.A primeira xa nos soa bastante e é o CO2, Dióxido de carbono.
    2.CFC,Cloroflurocarburo,usado na refrigeración de alimentos ou aires acondicionados.
    3.Bromo
    4.Queima de basura.
    5.Queima de petróleo
    6.Gases producidos por coches, fábricas ou avións.
    7.Utensilios del hogar como aerosoles ou sprays.

  6. Olalla Manteiga di:

    En 1781 Van Marum predeciu a existencia do ozono cando observou o olor do aire atravesado por descargas eléctricas, pero non foi descuberto ata 1839 por Christian Schönbein que lle deu o nome de ozono. O seu nome deriva do grego ozein = ulir. Atópase de forma natural na estratosfera. Durante máis de cincuenta anos, o número de CFC presentes na parte alta da atmosfera aumentou a un ritmo constante ata o ano 2000. Ademais dos CFC, tamén podemos atopar ozono na zona máis baixa da atmosfera, convertíndose nun problema, posto que o ozono, en concentración suficiente pode provocar danos na vexetación. O mecanismo mediante o cal se xenera o ozono na troposfera é completamente distinto, xa que a esta altura non chegan as radiacións ultravioletas. O conxunto do ozono forma unha neblina visible en zonas moi contaminadas denominada smog fotoquímico. Denomínase smog fotoquímico á contaminación do aire, principalmente en áreas urbanas, por ozono orixinado por reaccións fotoquímicas e outros compostos. Este tipo de smog describiuse por primeira vez nos Ánxeles nos anos 40, e sólese dar en cidades con bastante tráfico, cálidas e soleadas, con pouco movemento de masas de aire. Para reducir a súa formación é necesario diminuir a emisión de NOx e COVs. Unha das maiores fontes de NOx constitúena os vehículos. A diminución das emisións de óxidos de nitróxeno faise empleando catalizadores de tres vías que os reducen a nitróxeno e osíxeno moleculares. Estes catalizadores, no caso dos motores de gasolina, teñen unha efectividade de entre un 80% a un 90%, pero sólo cando están quentes. No caso dos motores diésel, a efectividade é menor. Outra das principais fontes de NOx é a emisión das centrais eléctricas. Pódese disminuir por exemplo levando a cabo a combustión en varias etapas ou diminuíndo a temperatura da chama.

  7. Rebeca Vila di:

    En Australia, un grupo de científicos buscan a ovella máis apta para as pasturas do seu país. A ovella Australiana é unha das maiores causantes da destrución da capa de ozono. Segundo o equipo de científicos, o prioritario é atopar ovellas que eructen menos para combater o cambio climático, devandito estudo atribúe contaminación ao eructo do gando e aos gases anais. O 10% dos gases de invernadoiro que emite Australia provén do seu gando.
    Australia conta cuns 80 millóns de ovellas e os científicos cren que se poden reducir a cantidade de emisións de metano que liberan cada vez que eructan, isto tería un impacto significativo no quecemento global.
    Xa durante o 2008 científicos arxentinos do INTA realizaron varias análises e probas para determinar canto afectaban o medio ambiente as emanaciones dos bovinos e se era posible a utilización hogareña destes gases. Para isto deseñaron unha especie de mochila que recolle a traves dun tubo conectado ao estomago do animal, todos os gases que produce. Estes experimentos demostraron que cada vaca por día produce entre 900 e 1000 litros por día de gas metano.

  8. Sara Otero di:

    O ozono é esa capa de gases situada a 25 ó 30 km de altitud que envolve a Terra e que nos protexe da radiación dos raios ultravioleta que emite o Sol. Así mesmo, tamén fai posible que exista a vida, porque sen os factores que orixinan o efecto invernadoiro, a temperatura media sería de -18ºC.Principalmente é a actividade do home a que produce o seu deterioro, aunque tamén contribúen es emisións volcánicas de gases sulfurosos. Grazas a estes axentes, o burato da capa de ozono sobre a zona antártica alcanzou este ano os 30 millóns km2 (segundo os datos recollidos polo Instituto da Auga e Investigación Atmosférica de Nova Zelanda).
    As consecuencias favorecidas por este fenómeno que causa no ser humano son o cancro de pel, enfermidades oculares ou incluso mutacións; no ecosistema poden producirse graves cambios medioambientales en Chile e Arxentina (en menos medida en Tasmania e Nova Zelanda).

  9. Alexandra Parceiro di:

    No 1987, representantes de 43 nacions firmaron o Protocolo de Montreal.O Protocolo de Montreal é un tratado internacional diseñado para protexer a capa de ozono reducindo a producción e o consumo de numerosas sustancias que estudaron que reaccionan co ozono.
    Crese que si todos os países cumpren cos obxectivos propostos dentro do tratado, a capa de ozono poderia terse recuperado para o ano 2050.
    Este protocolo foi modificado e tratado durante anos despois do 1987.

    Como proposta curiosa, en 1989 o físico italiano Antonino Zichichi chegou a propoñer lanzar misiles repletos de ozono para tapar o burato da Antártida.

    Deixovos unha páxina onde explica un pouco máis sobre isto dunha forma máis entretida, ainda que é un poco infantil, pero vale a pena:
    http://conteni2.educarex.es/mats/14401/contenido/

  10. Cristina Frade di:

    Comprobouse que os océanos do mundo absorben aproximadamente un terzo dos incrementos de CO2 atmosférico (Siegenthaler e Vide, 1993), o que fai que constitúan o sumidoiro de carbono máis importante. O gas incorpórase ben como gas disolto ou ben nos restos de diminutas criaturas mariñas que caen ao fondo para converterse en creta ou pedra calcaria. A escala temporal de ambos os dous procesos é diferente, e ten a súa orixe no ciclo do carbono. A incorporación do devandito gas ao océano formula problemas ecolóxicos pola acidificación deste.

    A orixe do mecanismo é que a auga de mar e o aire están en constante equilibrio en canto á concentración de CO2. O gas incorpórase á auga en forma de anión carbonato, segundo a seguinte reacción.

    CO2 + H2O ⇌ H2CO3 ⇌ HCO3− + H+ ⇌ CO32− + 2H+

  11. Yaritza Castillo di:

    la capa de ozono:la vida en la tierra ha sido protegida durante millones de años por una capa de veneno vital en la atmosfera.esta capa, compuesta de ozono sirve de escudo para proteger la tierra contra las dañinas radiaciones ultravioletas del sol.

  12. Carlos García di:

    Os principais axentes de destrucción da capa de ozono son o cloro e o bromo, como xa se dixo antes; éstos permiten o ingreso dos raios ultravioletas, provocando moitas enfermedades no home.
    O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) pronostica que a unha taxa anual do 10% de pérdida de ozono durante varias décadas, o aumento de cáncer de pel rondará os 250.000 por ano. Incluso tendo en conta os acordos actuais para a eliminación de sustancias que agotan a capa de ozono (SAO),o cáncer de pel aumentaría a un 25% por enriba do nivel de 1980 para o ano 2050, ó largo dos 50º latitude Norte. O cáncer de pel mais letal, o melanoma, tamén podería incrementar a súa frecuencia.
    Tamén se sabe que a exposición á radiación UV-B reduce a efectividade do sistema de defensas, non solo coas infeccións á pel enon tamén con aquelas verificable noutras partes do organismo.

  13. Karina Espiñeira di:

    a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), é una organización internacional creada en 1946 no seno da ONU cuyo obxetivo é asegurar é facilitar a cooperación entre os servizos meteorolóxicos nacionais, promover e unificar os instrumentos de medida e os métodos de observación.Na actualidade conta con 188 Estados Miembros. A OMM era antes coñecida como Organización Meteorolóxica Internacional ou IMO (en inglés). Ten a sua sede central en Ginebra, Suiza.
    Entre os obxetivos desta organización encontrase o estudo da capa de ozono,por eso pareceume importante comentalo.

  14. Beatriz Castro di:

    A existencia da Capa de Ozono é vital para a preservación da vida no noso planeta. Así, o O3 forma un escudo protector que impide que os raios ultravioletas (UV) prexudiciais do Sol alcancen a faz da Terra, deixando, polo contrario, continuar o seu camiño cara á superficie dos raios ultravioletas benéficos (luz solar para o principio do proceso fotosintético nos vexetais da terra e do mar).
    Se a capa de ozono diminúe considerablemente ou se destrúe o aumento da radiación UV desencadearía unha serie de consecuencias para os seres humanos, tales como: cáncer de pel, cataratas nos ollos e outras afecciones oculares e diminucións no sistema inmunolóxico.
    No que respecta ás plantas os UV alteran os procesos fisiolóxicos e desenvolvemento o que é prexudicial para a súa supervivencia . Se consideramos que todos os ecosistemas dependen das plantas darémonos conta da gravidade deste dano. Pero se pensamos na gran cantidade de persoas que dependen das colleitas para ter alimento non temos outro remedio que poñernos a traballar para reverter a situación.
    Os UV traen ademais serias consecuencias sobre os ecosistemas mariños. O fitoplancto é a base de todas as cadeas alimentarias dos nosos mares e océanos. Está demostrado que estes raios afectan a súa mobilidade e causan moitas veces a súa morte.
    E ademais o quecemento global producido polo efecto invernadoiro dará lugar a cambios na temperatura o que producirá unha elevación do nivel do mar por, entre outros factores, o derretemento das grandes masas de xeo polar.

  15. Damián Rocha di:

    ainda que os aspectos relacionados coa quimica son importantes hoxe en dia non podemos olvidar a importancia dos factores politicos nos aspectos climaticos .por exemplo o protocolo de kioto sobre o cambio climatico non foi asinado por EE.UU que e o maior emisor de gases invernadoiro mundial probablemente por razons economicas .mentres os cartos teñan mais poder que a vida pouco se pode facer

  16. Roxana Cadena di:

    A terra formouse fai 4.500+-70 millóns de anos. Noso planeta, según afirman os xeólogos, habría sido, inicialmente un globo incandescente que tras un proceso de acreción (crecimiento) de meteoritos, aumento a seu tamaño e, co paso do tempo, acabou enfriándose e solidificándose.
    A influencia da gravedade provocou que os materiais pesados se fueran depositando no interior do globo,mentras que os máis lixeiros permaneceron na superficie. Así formouse a corteza terrestre. A o mesmo tempo, as erupcións volcánicas xeneraron a salida de vapores e gases, e por consiguiente a aparición da atmósfera PRIMITIVA, compuesta de Hidróxeno (H),Helio (He),Anhídrido carbónico(Co2),e vapor de auga(H2O).
    Cuando a temperatura da superficie foi inferior a da ebullición de auga, o vapor se condensó en grandes cantidades e provocó fortes precipitacións que ademais de erocionar as rochas da corteza terrestre , determinaron a aparición dos oceanos, e a base disto hace 3.500 millóns de anos, apareceron as bacterias primiticas (os primeros organismos vivos).

  17. Alba Guzmán di:

    Eu quería explicar algúns efectos da diminución da capa de ozono na nosa saúde:

    1. Cancro de pel: Hoxe estímase que os índices de cancro de pel aumentaron debido á diminución do ozono estratosférico (Capa de Ozono). O tipo máis común de cancro de pel, o denominado no-melanoma, é causa das exposiciones á radiación UV-B durante varios anos. Existen xa persoas que recibiron dosis de UV-B que pode provocar este tipo de cáncer.
    O programa de Nacions Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) pronostica que a unha tasa anual do 10% de pérdida de ozono durante varias décadas, o aumento en casos de cáncer de pel rondará os 250.000 por ano. Incluso tendo en conta os acordos actuales para a eliminacion de sustancias que agotan a capa de ozono, un modelo realista indicaría que o cáncer de pel aumentaría a un 25% por encima do nivel de 1980 para o ano 2050, ó longo dos 50º latitude Norte. O cáncer de pel mais letal, denominado melanoma, tamén podería incrementar a súa frecuencia.

    2. O Sistema Inmunolóxico: As defensas dunha persoa para combatir as infeccións depende da fortaleza do seu sistema inmunolóxico. Sábese que a exposición á luz ultravioleta reduce a efectividade do sistema inmunolóxico, non só relacionándose coas infeccions á pel senon tamén con aquelas verificables en outras partes do organismo.
    A exposición á radiación UV-B ben pode facer que o sistema inmunolóxico tolere a enfermidade en lugar de combatila. Isto podería significar a inutilidade dos programas de vacinación tanto en países industrializados como en vías de desenrolo.

  18. Sabela Escourido di:

    A estratósfera é unha zona moi rica en osíxeno, alí danse procesos químicos provocados pola acción dos raios ultravioleta, que destrúen as moléculas de osíxeno (O2), as cales ao recombinarse forman o ozono (O3).
    Nos anos 70 ´ s descubriuse que esta capa protectora se estaba a deteriorar. Harold Johnson fixo públicas as repercusións na estratósfera dos avións supersónicos coas súas emisións de óxidos de nitróxeno. En 1974 Sherwood Roland e Mario Molina emitiron a teoría de que os clorofluorocarbonos (CFC) estaban a baixar a concentración de ozono na estratósfera. Formulando que os CFC afectan a capa de ozono cando ao chegar á atmosfera e por algunha reacción química producen monóxido de cloro (CIO) o cal ao reaccionar co ozono (O3) perde un átomo de osíxeno e xa non pode filtrar os raios ultravioletas (UV) do sol.
    En 1930 a industria dos refrixeradores, viuse na necesidade de inventar un novo composto, polos danos á saúde que xeraba o amoníaco. Así naceron os clorofluorocarbonos (CFC) que comezaron a utilizarse masivamente en diversas aplicacións como os aerosois, refrixeradores e aire acondicionado.
    Na década dos 80’s descóbrese que algúns contaminantes atmosféricos como os clorofluorocarbonos (CFC) diminúen a capa de ozono protectora do planeta. En 1990 no Protocolo de Montreal solicítase a eliminación progresiva de certos clorocarbonos e fluorocarbonos antes do ano 2000 e ofrécese axuda aos países en vías de desenvolvemento para o cambio tecnolóxico.

    • Mateo Fdez di:

      Sherwood e Molina gañaron o Nobel polas súas investigacións sobre o ozono no ano 1995, aínda que, como ben dis, o levaban estudando desde os 70s (a mediados da década recibiron un forte investimento monetario do Goberno Estadounidense, o que rematou por lanzar a súa investigación). É curioso que durante moito tempo se creu que os CFCs non causarían ningún mal á atmosfera, debido a que son máis densos ca o aire (co que pesarían máis e quedarían abaixo), pero non se contou con que os CFCs poden vivir entre 75 e 120 anos, unhas idade tremendamente lonxevas, e que durante a súa vida é tremendamente probable que, aínda sen poder ascender por si mesmos, unha corrente os impulse ata as alturas, ata o ozono, co que os CFCs vólvense moito máis perigosos canto máis movemento rexistre a atmosfera na que se encontren (nun planeta cunha atmosfera máis “morta”, o impacto dos CFCs en capas tan altas coma o ozono non serían tan perxudicial, xa que non lograría chegar arriba).

  19. Yannick Afonso di:

    A resposta científica de como se destrúe a capa de ozono é que a radiación UV arranca o cloro dunha molécula de clorofluorocarbono (CFC). Este átomo de cloro,ó combinarse cunha molécula de ozono a destrúe, para logo combinarse con outras moléculas de ozono e eliminarlas.O proceso é altamente dañino,xa que en promedio un átomo de cloro é capaz de destruir ata 100.000 moléculas de ozono. Este proceso párase finalmente cando este átomo de cloro mezclase con algún composto químico que o neutraliza.
    Para que a capa de ozono non se destrúa, hai que coidar o medioambente,como non tirar basura á natureza e utilizar materiales biodegradables, non talar árbores, utilizar automóviles que non contaminen tanto como algo eléctrico,non quemar tantas cousas nas industrias..etc

  20. Ayoub Elghotiss di:

    Eu non sei que mais comentar xa que os meus compañeiros dixeron todo. Pero se a vida na terra esta cambiando e o clima esta a revolucionarse é que algo fixemos mal e seguemos a facer os humanos. As maneiras das que podemos axudar son moitas, como coller o bus urbano, reciclar, apagar as luces, non estragar a auga que non utilizamos e moitas outras cousas, pero é que non se pode compitir coas grandes fabricas que contaminan e teñen a vergoña de dicir que non é así. E os que poden facer algo non o fan, xa que grandes fabricas + moitos cartos = corrupción.

  21. Thiago Echevarría di:

    Os vou falar un pouco do CO2, e de como afecta no planeta terra:

    As investigacións científicas indican que, aparentemente, a cantidad de CO2 atmosférico permaneceu estable durante siglos, nunhas 260 ppm (partes por millón). Nos últimos 100 anos o CO2 na atmósfera ascendeu a 350 ppm a causa do uso indiscriminado dos combustibles fósiles (carbón, petróleo e os seus derivados). O significativo deste cambio e que poidese provocar un aumento da temperatura da superficie da Terra a través do proceso coñecido como efecto invernadoiro.

    O CO2 atmosférico tende a impedir o enfriamiento normal da Terra, absorbendo as radiacións que usualmente ésta emite e que escapan ao espacio exterior. Como o calor que escapa é menor, a temperatura global da superficie da Terra, aumenta. Un calentamento global da atmósfera tendría graves efectos sobre o medio ambiente.

    Aceleraría a fusión dos casquetes polares, faría subir o nivel dos mares, cambiaría o clima, alteraría a vexetación natural e afectaría as cosechas. Estos cambios, a sua vez, tendrían un enorme impacto sobre a civilización humana.

    Dende 1850 ata o presente produciuse un aumento na temperatura global de cerca de 1 oC. Algúns científicos rechazan as teorías do calentamento, e atribuien a subida da temperatura a fluctuaciones normais do clima global. Sen embargo, outros predicen que o aumento da concentración na atmósfera de CO2 e outros “gases invernadero” dará orixen a que as temperaturas continúen subindo. As estimacións van de 2 a 6 oC para mediados do siglo xxi.

  22. Diana Pérez di:

    O burato non é en realidade un burato. Tratase máis ben dun adelgazamento da capa de ozono que envolve todo o noso planeta e ten a virtude de filtrar as radiacions ultravioleta. Ese adelgazamento producese con maior insistencia sobre o extremo sur da Terra.
    Cando o filtro está en mal estado, as radiacions chegan con máis poder ata a superficie terrestre e podrían causar alteracions biolóxicas que aún están baixo estudo. No caso dos seres humanos e algunhas especies de fauna fálase de problemas a vista e quemaduras excesivas.
    O burato de ozono ten forma ovalada e o seu centro está ubicado a uns 900 kilómetros do polo sur.
    Aseguran que sus dimensiones máximas rondan os 24 millons de kilómetros cadrados, pero chegado a 27 millons.
    A existencia diste burato foi insinuada por investigacions dende os anos 70.

  23. Santiago de la Iglesia di:

    Como xa mencionou Damián e Ayoub consecutivamente, os intereses económicos superan aos ecolóxicos nos maiores países e empresas contaminantes do mundo. Pero isto é un concepto que xa conocemos e que, dende a miña perspectiva, non ten unha posible solución pacífica, xa que para esta xente isto é un proceso normalizado do propio fluxo da Terra e que non nos vai a afectar. Recordame as persoas de moita idade, que teñen metido algo na cabeza e son tan testarudos que non podes facer cambialos de opinión por moito que o intentes. Pois dista maneira hay que ver a estes corruptos. Están tan anticuados que non poden asumir cargos nin influir na sociedade, e aínda menos no medio ambiente, xa que non evolucionan á medida que o fan os problemas.
    A única solución é cultivar nos máis xóvenes un sentimento de “salvar ao planeta”, e isto cunha serie de información que lles impoña certo respeto e autoridade e, claro está, acompañado dunha solución.
    Tamén hai que pensar que priman moito máis os intereses individuais que os colectivos, xa que pódense ter moitas intencións, pero a hora da acción a xente ten medo e prefire salvagardarse no seu pequeno mundo por agora protexido. Cousa que non a podo xuzgar, xa que eu tamén o teño, e na ignorancia se espera moita “felicidade”.

  24. Yolanda Bermúdez di:

    A capa de ozono ten moita importancia xa queo oxígeno e o ozono estratosféricos absorben entre o 97% e o 99% das radiacions UV de entre 150 y 300 nm, procedentes do sol.A cantidade de radiación UV-B recibida na superficie depende moito da latitude e da altura sobre o nivel do mar.Cerca das zoas polares, o sol, está sempre baixo no horizonte e os rayos solares atraviesan capas máis espesas da atmósfera polo que a exposición a UV-B è de media, unhas mil veces menor nas zoas polares que no ecuador.

  25. Nerea Pardo di:

    O efecto da diminución do ozono sobre a superficie terrestre é o aumento dos niveis de radiación ultravioleta-B. Este tipo de radiación UV-B dana aos seres humanos, animais e plantas. Os incrementos na radiación UV-B foron observados non só baixo o burato de ozono na Antártida senón en outros sitios coma os Alpes (Europa) e Canadá (América do Norte).
    Para algunhas especies, un aumento de radiación UV-B implica a formación de cancro de pel. Isto estudouse en cabras, vacas, gatos, cans ,ovellas e animais de laboratorio e probablemente trátase dunha característica común a varias especies.
    En moitas plantas a radiación UV-B pode ter os seguintes efectos adversos: alterar a súa forma e danar o crecemento das plantas; reducir o crecemento das árbores; cambiar os tempos de florecemento; facer que as plantas sexan máis vulnerables ás enfermidades e que produzan sustancias tóxicas. Incluso podería haber perdidas de biodiversidade e especies. Entre os cultivos nos que se rexistraron efectos negativos debido á incidencia da radiación UV-B figuran a soja e o arroz.

  26. Ana Domínguez di:

    Aínda que mais ou menos a situación vaise controlando é certo que se producen gran cantidade de substancias nocivas para á atmosfera, un tipo de substancias radioactivas son os isótopos.
    Os isótopos radiactivos como o radón 222, iodo 131, cesio 137 y cesio 134, estroncio 90, plutonio 239, etc. son emitidos á atmosfera como gases o partículas en suspensión. Normalmente encóntranse en concentracions baixas que non supoñen perigo, salvo que nalgunhas zonas concéntrense de forma especial.
    A sua presencia na atmosfera pode ser debida a fenómenos naturais. Por exemplo, algunhas rocas, especialmente os granitos e outras rocas magmáticas, desprenden isótopos radiactivos. Por este motivo nalgunhas zonas hai unha radiactividade natural moito máis alta que noutras. Así, por exemplo, a finais do século pasado puxéronse de moda algunhas praias de Brasil nas que a radiactividade era máis alta do normal, porque pensábase que por ese motivo tiñan propiedades curativas.

  27. Laura González di:

    Os dejo las esperanzas de solución:

    “Los niveles atmosféricos de clorofluorocarbonos(CFC) por fin han comenzado a descender”, informa la revista ECOS, publicada por la institución australiana Commonwealth Scientific and Industrial Research Organization (CSIRO). Esos compuestos químicos de la atmósfera dañan la capa de ozono que protege nuestro planeta. Durante más de cincuenta años, el número de CFC presentes en la parte alta de la atmósfera ha aumentado a un ritmo constante hasta el año 2000. Desde entonces, la concentración de CFC se ha “reducido a razón de casi un 1% anual”, afirma la revista. Según el informe, el descenso “permite esperar que el agujero de la capa de ozono pueda cerrarse a mediados de siglo”. No obstante, estos productos todavía causan daño. “A pesar del descenso, el agujero de la Antártida ha alcanzado este año [2005] una extensión de casi 29.000.000 de kilómetros cuadrados, más de tres veces el tamaño de Australia”, dice el mismo informe.

      • Evelin López di:

        O xefe da unidad de meteoroloxía e monitorización do ozono no British Antarctic Survey, dixo que as futuras predicions son, incertas e tamén é prematuro dicir que o burato de ozono antártico estase recuperando.Aún poderíamos ver o máis profundo xamáis observado, a pesar de que a cantidade de sustancias que acaban có ozono están en claro declive.
        No 2011 o burato de ozono antártico estaba por enriba do tamaño medio en comparación con a década pasada, aunque non é o máis grande. O agotamento mantense e é demasiado pronto para dicir cál sería o nivel mínimo.
        O British Antarctic Survey, dixo que o burato de ozono sobre o Polo Sur comenzou a formarse a mediados de agosto, alcanzando una superficie de arredor de 24 millons de kilómetros cadrados a mediados de septembro. Nos últimos años,o burato de ozono antártico extendeuse a partes de Arxentina, Chile e as Islas Malvinas. Cun burato de ozono no Ártico, poderíamos ter en riesgo una lista nova de países no hemisferio norte.

  28. Ishaka Osigbemhe di:

    SOLUCIÓNS:
    Para a protección da capa de ozono, asináronse co paso do tempo varios acordos que controlan e tratan de eliminar o uso de sustancias nocivas á capa de ozono. Estes tratados van da man con adiantos científicos que desenvolven novas sustancias e materiais que non poñan en perigo os niveis de ozono na atmosfera.

    Convenio de Viena:

    En 1981, crer un grupo de traballo con expertos legais e técnicos para elaborar un marco xeral do Convenio para a protección da capa de ozono.

    O propósito principal do Convenio de Viena é estimular a investigación e observacións científicas e a cooperación entre as nacións a fin de ter un mellor entendemento dos procesos atmosféricos a nivel mundial. Acordouse o control de numerosas sustancias e tamén unha investigación máis detallada. O Convenio estableceu os protocolos para o futuro e especificou os procedementos para as emendas e resolución de disputas.

    Protocolo de Montreal:

    É relativo ás sustancias que esgotan a capa de ozono, asinado en 1987 por varias nacións, inclúe o control comercial sobre as sustancias controladas a países non subscritos ao convenio.

    En Helsinqui, 1989, fíxose a primeira reunión das partes onde se estableceu como se daría a axuda financeira e tecnolóxica aos países en desenvolvemento subscritos.

    Cento vinte nacións xa asinaron o Protocolo, 80 das cales son países en desenvolvemento. Moitos países en desenvolvemento teñen proxectado eliminar as sustancias controladas con máis rapidez que o estipulado polo Protocolo. Posto que todos os produtores de sustancias controladas e practicamente todos os países consumidores importantes subscribíronse ao tratado, o final das sustancias químicas destrutoras do ozono está preto.

  29. Mila Mosquera di:

    Aínda así, temos que agradecer as organizacións ecologistas, que dende o 2008 están a contribuir en gran medida a parar este efecto. Algunhas das máis salientadas en España son: “Greenpeace, Ecologistas en Acción, Jóvenes Verdes, WWF Adena, Amigos de la Tierra y Seo Birdlife“. Fixeron manifestacións en Madrid reclamando un incremento de axudas aos países empobrecidos para moderar e prever os efectos do cambio climático e introducir leis na xurisdicción do país. Tamén destacaron as protestas contra o uso excesivo do petróleo, enerxía nuclear… para frear con novas infraestructuras. El sector agrícola ten bastante importancia no gasto de auga, polo que advertiuse unha menor utilización dela para os campos de cultivo. Por último, tamén hai que destacar a emisión de gases polo que as organizacións piden uns planes que reduzcan este fenómeno.

  30. Lúa Roldán di:

    Charles Fabry naceu en Marsella o 11 de Xuño de 1867 e morre o 1 de Decembro de 1945 en París.Foi un físico francés que se dedicou a docencia obtendo postos de profesor en Burdeos e Marsella por exemplo mentres preparaba o doctorado de Ciencias simultáneamente.En 1894 concédeselle un posto na Universidade de Marsella como sucesor de Alfred Perot,incorporándose ao laboratorio de Jules Macé de Lepinay,a quen sucede na súa morte,en 1904,como profesor na cátedra de Física Industrial.En colaboración con Henri Buisson e Alfred Perot, toma parte na posta a punto do interferómetro de Fabry-Perot que serviu,principalmente,en 1913,para demostrar a existencia da capa de ozono,que ata este momento só era sospeitada.En 1921 desplazouse a París como como titular da cátedra  de Física na Facultade de Ciencias de París, anteriormente ocupada por Edmond Bouty e foi o primeiro Director Xeral da École Superieure d’optique (Instituto da óptica teórica e aplicada)Tamén determinaba a proporción en función das capas atmosféricas.Noutro ámbito,demostrou tamén,o efecto Doppler-Fizeau aplicado ao campo da óptica.En 1927 foi nombrado cargo electo na Academia das ciencias e presidiu a Sociedade francesa de Física en 1924.

Deixa unha resposta