Máis vida?

Dise que un planeta é habitable se pode albergar algún tipo de vida e, por tanto, se existe a auga líquida e a posibilidade de construción de cadeas de carbonos.

Observacións astronómicas realizadas durante seis anos a milleiros de estrelas de nosa galaxia  demostraronnos que é moi común que estas teñan planetas orbitando ao seu arredor.

Esta é unha das conclusións alcanzadas por un equipo de astrónomos, entre os que se contan membros do Instituto Niels Bohr da Universidade de Copenhaque, que aplicaron métodos altamente sensitivos á busca de planetas existentes en zoas habitables, situadas arredor de estrelas hóspedes da Vía Láctea.

As súas investigacións han permitido constatar, ademais, que a maioría dos 100 mil milleiros de estrelas da nosa galaxia contan con planetas similares á Terra, como os existentes no noso propio sistema solar (Venus ou Marte), mentres que os planetas como Xúpiter e Saturno son unha rareza.

Consecuencia; podería haber miles de milleiros de planetas habitables na Vía Láctea pero  unha cousa é que os planetas teñan a temperatura adecuada para ser habitables (a temperatura que permite que haxa líquido na superficie), e outra que conteñan vida, e incluso vida intelixente.

Autora: Beatriz Castro

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Sistema Solar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Máis vida?

  1. Mila Mosquera di:

    Nas últimas dúas décadas, os astrónomos identificaron uns 500 planetas que orbitan outras estrelas, e este ano os científicos, utilizando o satélite Kepler da NASA, anunciou 1.235 candidatos máis. Con todo, estes atopáronse con métodos que favorecen a detección de planetas preto das súas estrelas. O novo traballo realizouse mediante un método coñecido como microlente gravitacional, que é máis sensible aos planetas máis afastados. Baséase na capacidade do campo gravitatorio dun obxecto masivo – neste caso un planeta e su estrela – para curvar a luz e actuar como unha lente de aumento, segundo o predito pola teoría xeral de Einstein da relatividade.

  2. Olalla Manteiga di:

    Entre un dos primeiros casos que lin está o planeta Kepler-22b. É o máis pequeno atopado ata agora orbitando no centro da zona habitable dunha estrela similar ao noso Sol. Este planeta cumpre a condición para poder ter auga en estado líquido na súa superficie. Atópase a 600 anos luz de distancia da Terra, o seu radio é 2,4 veces maior ao do noso planeta e o astro arredor do que orbita é lixeiramente máis pequeno e máis frío que o noso Sol. Pero hai datos que aínda se descoñecen, coma se a súa composición é maioritariamente líquida, gaseosa ou rochosa. É o primeiro no que se completa o estudo para ratificar a súa clasificación como planeta nunha zona habitable. Kepler-22b tamén encabeza a lista dos exoplanetas que podería ser un planeta con vida xa que pode que presente todas as condicións para iso, como auga, temperatura e atmosfera adecuadas. Todos estes datos combinados fan supoñer que, ata esta data, este planeta é o mellor candidato para poder albergar vida. Se á súa masa e temperatura lle sumamos a existencia de agua, daríanse todas as premisas para que os elementos biolóxicos fixeran a súa aparición aínda que, de momento e ata ter novas probas, únicamente falamos de suposicións.

  3. Alexandra Parceiro di:

    No 1986 comenzpu a busqueda de planetas, e durante 9 anos non atoparon nada. Ata o1995, que foi o ano no que se atopou o primero planeta. Na actualidade cada mes atopanse de dous a tres planetas.

    Unha flota de telescopios que voaran en orbita guiada por laser serán lanzados no 2050, estes telescopios non buscaran a leve oscilación dunha estrela senon que miraran directamente o planeta.

    As ondas de radio non só chegan as nosas casas, senon que tamén poden escoitarse polo universo adiante, ainda que para chegar o resto das estrelas tardarían miles de anos, pero xa dende os anos 50 levamos emitindo as suficientes ondas para que xa chegasen a algunha estrela.

    Atopei un video en youtube onde trata dun documental de Discovery que fala da vida no universo, esta dividido en duas partes. Ainda que na primera parte, no medio do video, quen o subiu fai un comentario que non ven a conto, pero ainda así vale a pena velo, xa que é de fácil comprension e informa moito. Deixovos o enlace das páxinas en que aparecen:
    http://www.youtube.com/watch?v=n07d8brfA-I
    http://www.youtube.com/watch?v=d3LO4ONbKNA&feature=watch_response

  4. Laura González di:

    Existen 100 mil millones de estrellas en la Vía Láctea. Las observaciones muestran que lo normal es que existan planetas que orbiten estas estrellas. Aproximadamente una de cada diez estrellas poseen un planeta del tamaño de la Tierra con una órbita que, si existiera agua y atmósfera, podría crear una temperatura y un clima parecido al nuestro, lo que implicaría que podríamos vivir allí.

    Un equipo internacional ha utilizado una técnica conocida como microlente gravitacional para medir cómo de comunes son los planetas de la Vía Láctea. Tras seis años observando millones de estrellas coinciden en que lo común es que existan estrellas con planetas orbitando a su alrededor.

    Más de 1.000 exoplanetas —planeta que orbita una estrella diferente al Sol, es decir, fuera de nuestro Sistema Solar— han sido encontrados en nuestra galaxia, y la mayoría se han encontrado utilizando el método de velocidad radial o el método del tránsito. Con el primero se miden los movimientos circulares de un conjunto de rocas debido a la fuerza gravitacional de un planeta. Con el segundo se miden los cambios periódicos en el brillo de una estrella. Estos métodos son los más utilizados a la hora de encontrar planetas en órbitas pequeñas alrededor de una estrella.

  5. Alba Guzmán di:

    Eu queria ensinarvos este video donde explica que pode haber vida fora do noso sistema solar. Este video trata dun planeta chamado Gliese 581g:
    http://www.youtube.com/watch?v=3PPebIlh2BY&feature=fvsr

  6. Amir Pose di:

    As teorías actuais que predín as condicións nas que se pode encontrar vida, requiren a dispoñibilidade de auga en estado líquido. É por iso tan importante a súa busca, aínda non achada neste planeta. Tan só púidose encontrar auga en estado sólido (xeo) e especúlase que baixo terra poden darse as condicións ambientais para que a auga se manteña en estado líquido.

    Trazas de gas metano foron detectadas na atmosfera de Marte en 2003 o cal é considerado un misterio, xa que baixo as condicións atmosféricas de Marte e a radiación solar, o metano é inestable e desaparece despois de varios anos, o que indica que debe de existir en Marte unha fonte produtora de metano que mantén esa concentración na súa atmosfera, e que produce un mínimo de 150 toneladas de metano cada año. Se planea que a futura sonda Mars Science Laboratory, inclúa un espectrómetro de masas capaz de medir a diferenza entre 14 CULOMBIOS e 12 CULOMBIOS para determinar se o metano é de orixe biolóxica ou geológico.

    Non obstante, no pasado existiu auga líquida en abundancia e unha atmosfera máis densa e protectora; estas son as condicións que cren máis favorables que houbo de desenvolverse a vida en Marte. O meteorito ALH84001 que se considera orixinario de Marte, foi encontrado na Antártida en decembro de 1984 por un grupo de investigadores do proxecto ANSMET e algúns investigadores consideran que as formas regulares poderían ser microorganismos fosilizados.

    • Mateo Fdez di:

      A presenza de auga en Marte é un tema peliagudo, que tense explotado en diversos medios, incluido no cine. Digo esto porque existe unha película de ciencia ficción (basada nun relato de Philip K. Dick, uno de los grandes escritores en ciencia ficción, y cuando digo que es uno de los grandes es que lo es, junto con Asimov y, por ejemplo, Orson Scott Card), titulada Desafío Total, protagonizada por Schwarzenegger, na cal trátase como marco ó planeta vermello, no medio de conspiracións empresariais de dimensións épicas que xogan ca vida de miles de persoas, xa que estas empresas controlan un mecanismo extraterrestre no interior de Marte que podería sintetizar osíxeno a partir de grandes cantidades de auga almaceadas nas entrañas do planeta, pero que non se usa debido a que o aire é un preciado e caro ben en Marte, xa que impórtase da Terra, ademais dun importante elemento disuasorio, xa que permite ter controlada á xente: se cortas o fluxo de aire, morren.
      A película tamén é interesante debido a que plantea o problema racionalista de qué estamos vivindo, se o que vemos é real, se podemos confundir qué é soño e qué vixilia, debido a xiros narrativos salientables e atractivos (que non desvelarei aquí – non vaiades á Wikipedia que o explican basatante mal).

  7. Naomí Mosquera di:

    É importante considerar tamén que falar de vida en xeral pode significar referirse desde bacterias ou microorganismos unicelulares moi rudimentarios. Falar dunha especie tan complexa como o ser humano implica referirse en certa forma a vida intelixente. Está como mostra o ainda discutido descubrimento en 1996 de fósiles de bacterias nun meteorito marciano localizado na Antártida.
    O satélite natural de Xúpiter poderia contar cun océano baixo o chan conxelado no cal presentanse temperaturas e condicions de vida rudimentaria. Por outra parte, o reciente descubrimiento de posibles mantos acuíferos no planeta Marte tamén alienta a existencia de vida rudimentaria nese planeta.

    Teríamos que considerar un aspecto ante esto: unha cousa é encontrar vida en cualquiera forma e a outra é localizar vida intelixente. Encontrar vida intelixente é algo moito máis difícil. Hai programas serios como o SETI que estan escoitando o espazo en espera de captar nalgún momento unha señal de vida intelixente. Se esto ocurrira, sería un dos descubrimetos mais importantes da historia e indudablemente implicaría un choque cultural moi interesante.
    Un dato interesante é que as naves Pioneer e Voyager sairon do Sistema Solar e levan mensaxes do nosoo planeta por se no hipotético caso de que foran encontradas por alguna civilización intelixente. As Pioneer portan unas placas e os Voyager levan uns discos.

  8. Victoria Zherdeva di:

    É un bueno artículo segun o meu punto de vista.
    Eu queria falar das temperaturas tanto reais coma teoricas dos planetas:

    teorica real Gravedad
    mercurio 175ºC 450ºC 3.73
    Venus 54ºC 475ºC 8.92
    Tierra 5ºC 15ºC 9.81
    Marte -47ºC -50ºC 3.69
    Jupiter -151ºC -180ºC 24.8
    Saturno -183ºC -200ºC 10.4
    Urano -209ºC -220ºC 8.88
    Neptuno -222ºC -230ºC 10.8
    Pluton -229ºC -240ºC 0.6

    A variación que existe entre os datos reis e teoricas dependen da atmosfera de cada un dos planetas, é decir, se ten máis atmósfera máis é a súa temperatura.
    Ademais a temperatura da Tierra aumentará entre 1,8 y 4 grados centígrados durante os próximos 100 anos e o nivel dos océanos subirá entre 19 e 59 centímetros de aquí ao final do século XXI, según anunció o Grupo de Expertos Intergubernamental (IPCC).

  9. Thiago Echevarría di:

    Eu persoalmente creo que si hay vida en outros planetas, dado que o universo é enorme , nalgún dos millóns de planetas que ten, algun deles deberá haber vida.
    Os vou falar un pouco sobre unha curiosidade da NASA que encontrei:

    Un ex traballador da NASA na área de datos e administración de fotos do departamento de Control, Ken Johnston, quen traballaba para a Lunar Receiving Laboratory da axencia espacial durante as misións Apolo foi despedido por decir a verdade.

    Johnston afirma que a NASA sabe que os astronautas descubriron antigas cidades extraterrestres e restos de maquinaria increíblemente avanzada na Lúa. Alguñas de estas tecnoloxías pode manipular a gravidade.

    Dice que a Axencia ordenóu un encubrimento e o obligaron a participar nél.

    Nos últimos 40 anos outros científicos, inxenieiros e técnicos acusaron a NASA de encubrimentos e ocultacións de datos.

    O creceente número de acusadores acusan a axencia de ocultar información sobre obxetos espaciais anómalos e mentir sobre o descubrimento de artefactos na superficie da Lúa e Marte, negar a evidencia de vida informado pola sonda Viking a mediados da década de 1970.

  10. Ana Domínguez di:

    Oxalá tivésemos outros planetas no que no futuro poideramos habitar, xa que á nosa Terra so nos dedicamos a destruíla, ainda que eu penso que isto nunca será posible. Deixovos un enlace que pareceume moi interesante, e explica que Marte é mais habitable ca Terra pero.. baixo a superficie. http://actualidad.rt.com/ciencia_y_tecnica/cosmos/issue_33685.html

  11. Xisela Lema Díaz di:

    Afinando os instrumentos e baseándose na experiencia, os astrónomos estanse a achegar ao seu obxectivo, encontrar planetas similares á Terra arredor doutras estrelas. O último chegado ao xa poboado catálogo de planetas extrasolares é un corpo só un pouco maior que a Terra, que orbita unha estrela máis pequena que o Sol a unha distancia que permite pensar que na súa superficie é posible a auga líquida. O anuncio da súa detección, que non observación, o fai hoxe o mesmo equipo europeo que detectou o primeiro planeta extrasolar da historia da humanidade, hai case 12 anos.

    A gran sensibilidade de HARPS permite buscar planetas semellantes á Terra -pequenos e rochosos- e non demasiado próximos á súa estrela, os que máis interesan á humanidade pola posibilidade de que alberguen vida. A maior parte dos corpos detectados ata agora son, polas técnicas utilizadas, xigantes gasosos como Júpiter, pero que están tan preto da súa estrela e, polo tanto, tan quentes, que perden continuamente masa.

    O planeta recén descuberto é o de menor tamaño dos detectados ata agora, aseguran os seus descubridores, que deduciron que é polo menos cinco veces máis masivo que a Terra. Estímase que o seu raio é 1,5 veces o do noso planeta e que dá a volta á estrela Gliese 581 unha vez cada 13 días. Gliese 581 está a 20,5 anos luz de distancia e é un dos 100 astros máis próximos á Terra. É unha anana vermella, un tipo de estrela moi común, máis pequena e máis fría que o Sol (polo tanto, menos luminosa).

  12. Nildes Abella di:

    Un planeta é un corpo celeste que:
    1 Orbita arredor dunha estrela.
    2.Ten suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido, de maneira que asuma unha forma en equilibrio hidrostático (prácticamente esférica).
    3. Limpou a vecindade da súa órbita de planetesimales*, ou o que é o mesmo ten dominancia orbital.

    As estrelas teñen planetas orbitando o seu arredor, e a mayoría á vez teñen satélites xirando o seu arredor. Casos curiosos son o de Xúpiter ou Saturno con máis de 60 satélites cada un. A min chamoume a atención Saturno que ten un gran número de satélites (uns 200, 61 con órbitas seguras), o mayor deles , Titán, é o único satélite do Sistema Solar cunha atmósfera importante.
    A continuación pásovos un vídeo donde compara a escala o tamaño dos planetas do Sistema Solar e dalgunhas grandes estrelas:
    http://www.youtube.com/watch?v=sUqmamlW9cc&feature=related

    *Os planetesimales son obxectos sólidos que se estima que existen nos discos planetarios.

  13. Yaritza Castillo di:

    el agua en el mundo
    la mayor parte de la tierra esta cubierta por el agua y casi toda ella es parte de los oceanos salados. en la tierra solo una pequeña porcion es dulce.
    la atmosfera terrestre
    es la que rodea el planeta tierra y nos protege impidiendo la entrada de radiaciones peligrosas del sol. la atmosfera es una mecla de gases que se vuelve cada vez mas tenues asta alcansar el espacio.

  14. Carlos García di:

    Observacións astronómicas realizadas durante seis anos a millóns de estrelas da nosa galaxia demostraron que é moi común que éstas teñan planetas orbitando o seu redor dentro da chamada “zona de habitabilidade” , rexión aredor das estrelas nas que temperatura é a adecuada para que os planetas teñan liquido na súa superficie. Os científicos aseguran que, polo tanto, habería miles de millóns de planetas habitables na Vía Láctea. Nalgúns deles podería haberse desarrollado formas de vida completamente distintas ás que coñecemos.

  15. Yannick Afonso di:

    A Terra é un planeta, e a principal diferenza entre os planetas, incluíndo a Terra, e as estrelas, é que as estrelas brillan cunha luz propia, xenerada no seu interior por fusión dos elementos, mentras que os planetas brillan pola luz reflexada da estrela alrededor da cal orbitan.
    Os astrónomos intentaron moi seriamente encontrar planetas ó redor de outras estrelas. A evidencia encontrada hasta agora sobre planetas en algo parecidos á Terra non é moi convincente, pero os astrónomos pensan que é moi probable que moitas estrelas tengan sistemas planetarios. Antes de pensar en outras estrelas, consideremos noso Sistema Solar.

  16. Vladislav Babenco di:

    Un planeta máis no que podería haber vida xa que hai auga ( gaseosa ) é o planeta HD189733b, localizado na constelación de Vulpecula, a 63 anos luz do planeta Terra.
    Este planeta, un pouco maior que Xúpiter e tan preto da súa estrela que os seus anos soamente duran 2,2 días terrestres, é un dos chamados (hot jupiters), unha clase de planetas que non se encontran no noso Sistema Solar.
    A temperatura alí ascende a 700ºC, estando presente soamente auga en foma de vapor.

  17. David Lamas di:

    Un novo estudo mostrou que Plutón podería albergar seres vivos, a superficie do obxeto astronómico probablemente máis grande do cinturón de Kuiper (anteriormente considerado un planeta do Sistema Solar), Plutón, está formada por unha fina capa de xeo e nitróxeno, baixo a cal encóntrase unha capa de xeo hídrico.
    Os científicos sospeitan que baixo esta corteza poderia encontrarse un océano hídrico (a agua líquida é unha da principais condicións de habitabilidada a que apunta o rastreo do espacio exterior) e que a calor para derretir o xeo poderia chegar dende dentro e proceder da desintegración radiactiva do isótopos de potasio que se encontran no núcleo do corpo celeste.
    Esta suposición requiere futuras investigacións. Pero se a hipótese demóstrase pódese falar da existencia dun océano en Plutón, esto significaría que incluso os obxetos atronómicos do cinturón de Kuiper (ubicados a unha distancia unhas 20 veces maior ca distancia entre a Terra e o Sol), son máis aptos para a vida do que se creía anteriormente.

  18. Sara Otero di:

    Eu persoalmente penso que sí pode existir vida intelixente nalgún outro planeta, pois sendo tan grande como é o universo, extráñame que esteamos sós.
    Moitos dos meus compañeiros falaban de Marte como un exemplo de posibles condicións favorables para existir vida, e eu querería falarvos dun proxecto que está a realizar a NASA nestes días. Trátase do robot Mars Science Laboratory, coñecido co alcume de Curiosity, que despegou nun cohete Atlas 5 rumbo a Marte. Pesa casi unha tonelada e ten o tamaño dun coche pequeno, máis é o maior vehículo enviado ata o de agora.
    Está programado para que funcione durante un ano marciano (686 días). Califícano como un laboratorio bioloxico pero sobre rodas, e a súa instrumentación científica é da máis sofisticada. Ten o obxectivo de monitorizar as condicións ambientais da superficie do planeta vermello, e sobre todo responder a pregunta: “Houbo algunha vez vida en Marte?”. Os datos que recolla permitirán preparar a futura exploración marciana con presenza humana.
    O malo é que tardará 8 meses e medio en chegar a Marte, polo que calculan que Curiosity posarase en Marte nalgún momento do 6 de agosto do 2012.

    • Cristina González di:

      Busquei máis información acerca das estacións marcianas.

      Marte experimenta diferentes estacións marcianas durante todo o ano equivalentes ás do planeta Terra.
      Este fenómeno débese, ao igual que na Terra, á inclinación do ecuador marciano respecto ao plano da súa órbita.
      Debido a que a órbita de Marte é moito máis excéntrica que a da Terra, as estacións de Marte teñen unha duración diferente nos hemisferios norte e sur.
      No hemisferio norte as estacións cálidas son de 51 días marcianos máis largas, polo que disfruta dun clima máis caluroso.

  19. Sabela Escourido di:

    Planetas, como a Terra, están situados nunha zona con condicións climáticas e temperaturas moi similares ao noso mundo, polo que é máis que probable que exista a vida. A información foi botada polo buscador de planetas Kepler, construído pola NASA (axencia espacial estadounidense).
    O xefe da misión de busca, Kepler William Borucki, explicou que ata agora o telescopio encontrou 1 235 candidatos a planetas onde podería existir vida e aínda que a misión principal non é estudar cada corpo celeste que encontre, si o é dar unha idea de cantos planetas pode haber na galaxia, en especial aqueles que se parecen á Terra.
    Segundo se explicou, unha de cada dous estrelas ten planetas e unha de cada 200 ten planetas en zona habitable. Non esquezamos por exemplo, que no caso do Sol, hai moitos corpos celestes rodeando o seu espazo, formando o sistema solar que nos mantén vivos.
    Con este descubrimento ampliáronse os horizontes de xeito magnánimo. Ata hai pouco sabíase que había polo menos 100 mil millóns de estrelas na nosa Vía Láctea, e hoxe este número triplicouse. Isto sen considerar que falamos só da nosa galaxia, cando os científicos estiman que hai 100 millóns similares.

  20. Nerea Pardo di:

    O satélite mais grande de Saturno, Titán, foi descuberto en 1665 polo físico Christiaan Huygens. Actualmente grazas ás ondas Voyager 1 e 2 temos fotos da capa gasosa azul e laranxa. Tamén pódense ver unhas manchas na superficie que podería ser ou un océano ou un continente. É xeoloxicamente activo e ademais é sorprendente que o metano conservárase durante 4500 millóns de anos, algo que non debería haber ocurrido. Este metano xunto ao etano forman nubes que se precipitan en forma de chuvias deixando cursos fluviais e enormes lagos. Estas características son similares ás do noso planeta antes de surxir a vida. Tamén existen formacións que expulsan unha mestura de hidrocarburo, amoníaco e auga en forma de xeo líquido que serían os principais candidatos a albergar formas biolóxicas similares ás da terra.
    Por estes motivos a NASA xa está pensando en novos proxectos como o proxecto Titan Mare Explorer (TiME), cuxa chegada está prevista en 2030. O plan consiste en lanzar unha especie de balsa con cámaras, radares e demais instrumentos sobre un gran lago do polo norte, onde o “espía” deixarase levar polos ventos do satélite.

  21. Evelin López di:

    Ganímedes é o satélite máis grande de Xúpiter e tamén do Sistema Solar, con 5.262 Km. de diámetro, maior que Plutón e que Mercurio, aunque só ten a metade da sua masa. Xira a uns 1.070.000 Km. do planeta en pouco máis de sete días.
    Tamén ten un campo magnético propio, polo que se cree que o seu núcleo pode conter metais. Foi descuberto por Galileo Galilei en 1610. Galileo deulle o nome de Xúpiter III por ser o tercer satélite a partir do planeta que podía observarse co seu telescopio.
    Está composto de silicatos e xeo, cunha corteza de xeo que flota encima dun fangoso manto que pode conter unha capa de auga líquida.
    A corteza de Ganímedes parece estar dividida en placas tectónicas, como a Terra. As placas tectónicas poden moverse independentemente e actuar ao largo de zoas da fractura que producen as cordilleiras. Tamén han observado fluxos de lava (xa solidificada). Neste aspecto, pode ser máis similar á Terra que calquera dos planetas Venus ou Marte (aunque non hai ningunha evidencia de actividade tectónica recente). Se observan terreos con ranuras e aneis similares a os que se ven nos satélites Encélado, Miranda e Ariel.

  22. Damián Rocha di:

    Realmente é dificil saber se hai vida intelixente noutros planetas pero o que esta claro é que algún tipo de vida hai dado que cientificos probaron que en venus, marte ou mesmo saturno houbo indicios de organismos dado que encontraron microbios que viven no xeo desde fai 1 millon de anos ,un equipo de científicos noruegos tamen descubriu microbios no artico, producto dun meteorito de marte, asi que hai unha evidencia nova de que pode haber vida ,tamen tomaron mostras de xeo no volcan extinguido sverrefjell o unico lugar do mundo onde hai cristales de magnetita o mesmo mineral hallado do meteorito descuberto na antartida. por iso o que creo que hai que seguir facendo e investigar supoño que co avance da ciencia iran mellorando as tecnicas e poderase aclarar estacuestion

  23. Ayoub Elghotiss di:

    Eu quería situar o Instituto Niels Bohr e dicir quen foi este home.
    O Instituto Niels Bohr pertence a Universidade de Copenhague. Dito instituto foi fundado no 1921, cando o famoso físico teórico Niels Bohr cumpriu o seu octoxésimo aniversario o Instituto mudou de nome para chamarse Instituto Niels Bohr en honor o físico.

    Niels Bohr, físico danés que realizou moi boas contribucións pra comprender a estrutura do átomo e a mecánica cuántica. No ano 1916 comezou de profesor na Universidade de Copenhague, e no 1943 coa 2º guerra mundial comezada, Bohr escapou a Suecia para evitar ser aprestado pola policía alemana, despois de todo o follon da guerra, regresou a Copenhague, cidade na cal viviu ata o dia da súa morte.
    Das súas investigacións teño que dicir que :
    A partir das teorías de Rutherford, publicou o seu modelo atómico no 1913 e no ano 1922 recibiu o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a estrutura atómica e a radiación. Tamén no 1933 este xéneo propuxo a hipóteses da gota liquida que permitía explicar as desintegracións nucleares e en concreto a gran capacidade de fisión do isótopo do uranio 235.

  24. Cristina González di:

    Considerando a oríxe da vida, os elementos químicos esenciais para a vida, C, H, O, N, P, e S, parecen ser moi poucos para poder combinalos con facilidade, pero o importante non é xuntalos, senon xenerar moléculas con formacións moi precisas, xa que non calquera forma de mólecula destos elementos pode ter vida.
    A forma de vida máis antiga sobre a Terra registrouse fai 3,860 millóns de anos, cando a Terra era moi xoven, polas condicións atmosféricas, creese que a disponibilidad de recursos para que as sustancias básicas para a vida se mesturasen tivo unha duración de unhos 200 millóns de anos.
    Os expertos en bioquímica din que a composición química da materia viva é moi sencilla, pero a forma en que se compoñen as moléculas do ADN, os aminoácidos e as sustancias vitais, son extremadamente complexas e precisas.

    O hombre xamais pudo crear unha molécula de ADN, moito menos unha célula, nin se pudo demostrar se a vida orixinouse aquí na Terra.
    A probabilidade de que a vida se orixinase na Terra pode inferir a millóns de planetas con supostas condicións adecuadas agora ou en outros tempos.
    Existen formas de vida unicelulares capaces de sobrevivir baixo as condicións máis extremas nun estado como o de ivernación (Extremofilias),os extreptococos sobreviviron ao vacío da Luna, e as baixísimas temperaturas e radiacións solares dentro dunha cámara da NASA; que colocou o Apolo 11, e que 3 anos máis tarde foi recuperada e examinada.

  25. Rebeca Vila di:

    Gliese 581g, está a uns 20 anos luz, é o primeiro planeta habitable descuberto por un equipo de astrónomos da Institución Carnegie e a Universidade de California. É un planeta similar á terra e atópase nunha desas zonas habitables.
    Gliese 581g atópase á distancia adecuada da súa estrela e por iso ten unha temperatura adecuada para que haxa líquido é a superficie.
    A súa temperatura está entre os 12º e 31º centígrados e tamén ten gravidade.
    Este é o sexto planeta descuberto que vira contorna á súa estrela e que poderían ser habitable.

  26. Santiago de la Iglesia di:

    Vida noutros planetas… Son tantas as casualidades que axudaron a que se crease que nos entra a gran dúbida. A verdade é que non temos nin idea de como é o Universo. Deste, puidemos observar case un 15%, pero aínda así, non coñecemos nin un 5%, cousa que deixa moito que desear. Dise, que o 73% é energía oscura, outro 23% materia oscura e soamente un 4% está composta por átomos, parte da que estamos a falar. E eu plantexo unha pregunta: por qué tanto interese por encontrar vida?, é que o ser humano quere tamén sacar beneficios doutros planetas de seres inocentes como o está facendo na Terra?. Discrepo en que únicamente sexa a naturaleza curiosa que temos.

    A carreira pola conquista segue a estar presente, pero unha vez que saímos da noso fogar plantexanos moitas máis dificultades, pero pola velocidade a que imos, esto está sendo xa un obxeto de investigación profundo. Na miña opinión, as persoas están totalmente condicionadas á Terra, e posiblemente só podemos adaptarnos ás condicións dela. Por outra parte, a probabilidade de que haxa vida intelixente no universo, segundo as nosas perspectivas, é bastante excasa, e de ser así, a posibilidade de podernos comunicar con ela é case imposible, xa que non estamos preparados para viaxar desa maneira polo universo, e para cando podamos seguramente teremos acabado con todo o que nos proporciona a nosa existencia e estaremos en condicións estrictamente de extinción.

    Non formamos un mundo nin unha sociedade adaptada a este tipo de investigacións: somos destructivos, envidiosos, cobardes, egoístas, pero todo isto en xeral, polo que non quero dicir que vos o sexades. E máis, creo que a maioría da xente da Terra está dacordo con que un cambio veríanos moi ben, tanto no método económico, como ético e social, volvendo aos principios da existencia humana onde ben se mostraba o que de verdade dotábanos de interese e satisfacción.

  27. Eduardo Cagide di:

    Unha das hipoteses do porque a terra é habitable, é que fai millóns de anos atrás a Terra estaba conxelada por completo e non había esperanza de vida, entón interviron… os volcáns.
    Estes erupcionaron e emitiron dióxido de carbono, que é un gas que recolle calor.
    Tiveron que pasar millóns de anos ata que se desconxelou o planeta case por completo e ao derretirse o xeo aumentou moito o nivel de auga, e nela empezaron a surxir os primeiros organismos unicelulares.

  28. Cristina Frade di:

    O ano 1781 Herschel descubriu Urano, e en 1846 Johann Gottfried Galle e Urbain Le Verrier descubriron Neptuno baseándose nas perturbacións gravitacionais exercidas sobre Urano. Finalmente, no ano 1930 Clyde Tombaugh descubriu Plutón, clasificado a partir de agosto de 2006 como planeta anano. Nos anos 1970 púidose descubrir un satélite orbitando Plutón, de nome Caronte.

    Anteriormente considerábase planeta calquera corpo que tivese unha masa entre 13 masas de Júpiter e a masa de Plutón, aínda que esta definición era moi vaga. Co descubrimento de corpos cada vez maiores no cinto de Kuiper púxose en interdito a catalogación de Plutón como planeta. Despois de descubrirse varios candidatos a planeta máis alá da órbita de Neptuno, a Unión Astronómica Internacional tivo que decidir se os incluía no listado oficial de planetas. Posto que se estima que aínda faltan centos de obxectos novos por descubrir, e a UAI non desexaba que o listado se fixese inacabable, tomouse a decisión de incluílos nunha categoría nova, a de planeta anano. A UAI ademais tomou unha postura oficial respecto á definición de planeta, que ha de permitir a correcta clasificación de futuros descubrimentos.

  29. Mateo Fdez di:

    Resúltame curiosa a maneira da NASA de nomear planetas, moitas veces co nome do telescopio que o descubriu, o cal descoñecía pero grazas a esta noticia descubrín: cando vin a mención por parte de algúns de vós, vin o nome Kepler-22b, e confundinno con outro que xa coñecía, que intento e polo que estou bastante interesado: o Kepler-16b.
    A particularidade, que comparte co planeta Tatooine, da Guerra das Galaxias, do que é orixinario Luke Skywalker (o prota fillo de Darth Vader que consegue erradicar o mal e o terror dos Sith -os malos- da galaxia, para os non iniciados), e fai este planeta digno de curiosidade é a seguinte: xira en torno a dous estrelas distintas! Estas son máis pequenas que o Sol, a órbita do planeta tarda 229 días en estar completa, e está a 200 anos luz do noso planeta.
    Sen dúbida, este é un claro exemplo da incrible “paleta de cores” que a natureza posee, e do variado que son as súas creacións.

Deixa unha resposta