Quen non soñou nunca con isto?

Imaxe da película "O home invisible", baseada na novela de H.G. Wells

A finais do século XIX, H.G. Wells escribía a novela “O home invisible” como un relato de ciencia ficción, pero o que ata fai pouco semellaba imposible, está cada día máis preto, debido ós avances que se están producindo na Universidade de Texas. Científicos de dita Universidade, lograron facer invisible un tubo cilíndrico de 18 centímetros empregando un método chamado “ocultamento plasmónico”.

Este método emprega metamateriais plasmónicos, que son materiais capaces de curvar a luz arredor dos obxectos e dispersala, de modo que se produce un efecto de invibisibilidade desde calquera ángulo. Neste experimento, o obxecto de estudo foi cuberto por unha capa de metamateriais plasmónicos e o sistema foi probado dirixindo microondas cara o cilindro envolto e calculandodispersión resultante tanto arredor do obxecto coma no seu campo máis alonxado. O sistema tivo absoluto éxito cando as microondas se atopaban nunha frecuencia de 3.1Ghz, conseguindo o efecto total de invisibilidade. O problema é que este efecto non se pode ver a simple vista,  aínda que nun futuro inmediato lograrán ocultar un obxecto tridimensional empregando a luz visible.

Que credes que podería supoñer para o mundo un avance como este?

Debería poder estar en mans de calquera?

Autor: Mateo García

Esta entrada foi publicada en 5. Novos materiais, 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.