Adictos ó móbil

Por primeira vez, comézase a falar de que as novas tecnoloxías pasaron a formar parte das denominadas adicións psicolóxicas ou adicións sen drogas.

O móbil instalouse na nosa vida cotidiana, converténdose nun dos obxectos practicamente indispensables.  O problema chega cando unha persoa sente a necesidade de usar o móbil a calquer hora do día.  Según os expertos, a adición ó móvil a sofren 1 de cada 1.000 persoas que utilizan este aparello, afecta principalmente a xóvenes e adolescentes.

Algúns dos síntomas que xa detectáronse son agresividade, mal humor, aislamento, abandono dos estudos e do entorno social. Un estudo estadounidense levado a cabo pola Case Western Reserve University revela que os adolescentes que pasan moito tempo na Internet conectados ás redes sociais como Facebook ou Twitter, ou que mandan grandes cantidades de SMS cos seus teléfonos, en comparación con quenes fan un uso non tan intensivo, son máis propicios a presentar condutas de risco como o abuso de drogas ou alcohol  e de trastornos tales como a depresión ou a anorexia.

-Que efectos sobre a saúde provcoca a utilización do móbil?

-Que outras tecnoloxías crean tamén dependencia nas persoas?

Autora: Nildes Abella

Esta entrada foi publicada en 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade, 7. A era dixital. Garda o enlace permanente.

38 Responses to Adictos ó móbil

  1. Xisela Lema Díaz di:

    Fronte ás persoas que utilizan dunha forma axeitada o móbil, nas persoas con adicción podemos ver como están de forma continuada “vixiando” o aparatito, esperando sempre calquera sinal que veña do seu aparato; cada moi pouco tempo, de forma compulsiva e incontrolada, consultando o móbil, aínda que estea a facer outra cousa.

    E, Que é todo isto? Efectivamente, un uso compulsivo e repetitivo do móbil, que en moitos momentos non ten nin sentido.
    Se vas ver un amigo á volta de cinco minutos, Tería sentido chamalo para dicirlle “Oe, Manolo, que me faltan 4 minutos e medio para verte?

    E despois, está o tema económico. Moitos rapaces e rapazas gástanse mensualmente unha importante suma de diñeiro no uso do móbil, e as grandes empresas de telecomunicacións, que o saben, aprovéitanse…

    Efectos da Adicción ao móbil
    Hai moitos efectos da adicción, e os que son máis evidentes son:

    . Illamento dos demais e soidade
    . Comportamento alterado
    . Alteracións do estado de ánimo
    . Comportamento compulsivo
    . Problemas de comunicación. Problemas coa linguaxe, pois xa non nos detemos a escribir ben, senón que o importante é a rapidez. Perigo de facer contactos non demasiado bos como quedar con descoñecidos, que poden traer consecuencias negativas.
    . O comportamento aditivo fai ser moi sensible aos xuízos e valoracións dos demais e acrecienta os sentimentos de inseguridade
    . Pódese chegar ao fracaso escolar ou a agresividade.
    . Nos casos máis graves, pódese chegar a roubar e a mentir con tal de ter un móbil porque a adicción é capaz de anular todo o noso control como persoas.

  2. alberto amor di:

    os e persoas pode provocar dores de cabeza debido a súas radiacións e producir cancro que grazas as ondas de radio e FM fai que as absorvamos 5veces máis do que colleriamos se non a houbera

    • Nerea Pardo di:

      Gustaríame aclarar que aínda que fai un tempo a ONU dixo que os móbiles son posiblemente canceríxenos, actualmente un estudo danés (o máis amplo realizado ata agora), monotorizou a máis de 400.000 usuarios de teléfonos móbiles durante un período de 18 anos e non encontraron evidencia algunha que vincule o uso a largo prazo dos móbiles co cancro.E tamén quero dicir que este comentario non é para desfacer o traballo do meu compañeiro senón simplemente actualizalo, xa que todos sabemos que en ciencia unha cousa é así ata que se demostre o contrario, así que Alberto espero que non o tomes a mal porque esa non é a miña intención.

  3. Mateo Fdez di:

    Bueno, na actualidade mundial dase, dentro do ámbito da adicción á tecnoloxía que estamos a tratar, un fenómeno que moitos de nós recoñecemos a simple vista: a adicción ás Blackberrys.
    Diariamente, vemos a moita xente que posúe este tipo de teléfono, e que case non pode deixar de teclear e teclear, mesmo ás veces abstráense e prefiren hablar con alguén sentado a un par de metros en lugar de levantarse e ir verle (e facer algo de exercicio). Entre clase e clase, rematouse a persoa que levántase e sae a tomar el aire, para digievolucionar na persoa que prefire quedarse sentada para seguir falando con outro adicto. Ou a típica persoa que avanza andando pola calle sen mirar ó frente e ca mirada fixa no móbil, para non perder detalle de calquera conversa inocua e banal, o cal podo dar lugar a atropelos ou morte.
    Un estudo do MIT mantén que 9 de cada 10 persoas que teñen unha BlackBerry non pode vivir sen ela, chegando a casos nos cales a persoa compra varias en espazos cortos de tempo debido á dependancia masiva que sofre. Xente que dorme con ela na man. Que soña que suena e se desperta. Nalgúns casos, máis de 24 horas sen Black Berry producen efectos como ansiedade, preocupación ou alteracións no ánimo, síntomas parecidos ós de algún drogadicto.
    Ademais, un uso non tan prolongado causa artritis, dor de cabeza, trastornos ou problemas de vista, debido ó pequeno tamaño das súas letras.

    • Victoria Zherdeva di:

      Estou completamente deacordo con Mateo con lo das blackberrys, xa que eu misma puden comprobalo, non é que sexa adicta aos mobiles nin nada, pero cando tes en mans unha blckberry é como si te secuestrara. Ademais eu coñezo persoas que segun a miña opinion necesitan axuda xa que non poden controlarse cando se ven sen mobil. E se estuvesen nos tempos nos que non hubo nin televisores nin outras tecnoloxias que temos agora? Eu penso que alguns necesitarian unha axuda medica.

  4. Naomí Mosquera di:

    Outras cousas das que tamén as persoas soen estar enganchadas son a televisión e o ordenador. O ordenador polo simple feito de estar comunicados con outras persoas mediante redes sociais ou para buscar información ou simplemente para enterarte de noticias ou cotilleos, por dicilo dalgunha maneira. A televisión engancha polas series que hai que nos deixan con suspense e fanos adictos, polo que non podemos deixar de velas. Estas son algunhas das cousas que as persoas soen estar enganchadas.

  5. Iván Ramos di:

    A adicción ao mobil pode desencadenar problemas coma:

    -Ansiedade
    -Palpitacións
    -Sudores

    Todas a ventaxes qe ten utilizar o teléfono móvil soy infinitas, pero o problema e qe nos convirten en “mobil-dependentes”.
    Para que se xenere esta adicción solo fai falta ter problmas afectivos, ou tamén ter problemas para relacionarse con outras persoas.

    A adicción pode desenvolverse con mas forza nunha época, no que a persoa este afectada ou con problemas socias e persoais.

    Que outros problemas pode ocasionar a adicción ao teléfono mobil?

  6. Diana Fernández di:

    Esta noticia paréceme moi interesante, xa que me parece que moita xente ten problemas de adicción coas novas tecnoloxías.
    Aquí vos deixo un enlace no que aparece reflexado cales son os sintomas e as tecnoloxías que crean adicción:
    http://www.tupsicologoenvalencia.es/adiccion-nuevas-tecnologias/3-55-24-55.htm

  7. Olalla Manteiga di:

    Unha adicción, no sentido tradicional, é unha dependencia cara unha sustancia, actividade ou relación. Dase cando unha persoa necesita un estímulo concreto para lograr unha sensación de benestar e polo tanto, supón unha dependencia mental e física frente a ese estímulo. A adicción aos videoxogos por exemplo significa unha forte dependencia que se caracteriza por ser unha actividade que ocupa demasiado tempo na vida da persoa e continúase practicando a pesar de conlevar consecuencias negativas.
    Algúns aspectos da adicción aos videoxogos son:
    -O xoven parece estar absorto ao xogar, sen atender cando o chaman.
    -Sinte demasiada tensión e incluso apreta as mandíbulas cando está xogando.
    -Non aparta a vista da televisión ou pantalla.
    -Empeza a perder interés por outras actividades que antes practicaba.
    -Trastornos do sono.
    -Maior distanciamiento da familia e amigos.
    -Problemas cos estudos.
    -Non respeta de ningunha maneira os horarios estipulados.

  8. Roxana Cadena di:

    Os aparellos tecnolóxicos son bos se sabes utilizarlos, moitas persoas sufren problemas de ansiedade , sudores o palpitacions como dixo Ivan,todo isto sucede porque os xovenes de hoxe non saben ponerse limites , esta ben que o utilicen , pero tamén deben teñer en conta a salud propia.
    Os aparellos tecnoloxicos agora forman unha parte moi importante na vida das persoas xa que coa chegada da tecnoloxia a sociedade a cambiado moito , e a mellorado o nivel de vida mediante un mellor coñecemento do mundo é un dominio máis eficaz del mismo.
    Aquí os deixo un enlace con máis información sobre a tecnoloxía , as ventaxas e os inconvenientes que provoca :
    http://www.monografias.com/trabajos11/prodi/prodi.shtml

  9. Alexandra Parceiro di:

    Xa no 2008 habia casos de adolescentes de adicción o movil. Nese ano dous adolescentes, un de 12 e o outro de 14 anos, foron tratados pola sua adición. O primeiro que se pensaba e que eran adictos o messenger, pero logo descubriron que tamén o eran do movil. Isto sucedeu en Lleida.
    Deixovos o enlace dunha noticia dese ano que fala deste caso:
    http://www.elmundo.es/elmundosalud/2008/06/13/medicina/1213369184.html

    Nalguns casos o único problema non é que o adicto estease facendo “daño” así mesmo, hay casos onde roubanlle o diñeiro das tarjetas de crédito os pais para comprar ou pagar cousas por internet. (algo parecido a adicción o alcohol ou a droga, lle roubas a os teus pais para consumir a tua adicción).
    En estudos demostrase que un 33 por cento usan a tarxeta de papá e, en alguns casos, sin o seu consentimento. Un de cada tres xóvenes asegura que utilizou as tarxetas de débito ou crédito dos pais sen contar coa autorización deles .

  10. Ana Domínguez di:

    Pois eu creo que se usas de forma correcta as novas tecnoloxías non teñen por qué ser perxudiciais, eu vivo perfectamente sen o meu móvil, mentras fagas un bo uso.. Tampouco podemos dicir agora que todo é malo. Eso sí, moita xente pásase do normal e necesita por exemplo o móvil para vivir, o que tamén crea dependencia é o Internet en sí, sobre todo redes sociais; Twiter,Tuenti,Facebook, eu tamen penso que isto se debe ao continuo desarrollo de Internet, xa que por exemplo gracias a redes sociais entéraste de moitas noticias, moitos cantantes fanse famosos gracias a redes sociais e páxinas web.. etc. Un dos maiores fallos que encontro nas novas tecnoloxías é que as sustituímos moi rápido por outras aínda mais novas.. e isto crea problemas de recollida,destrucción e reciclaxe.

  11. Yannick Afonso di:

    A verdade é que a tecnoloxia avanzou moito en estos tempos e nacimos xa con ela,por eso estamos acostumados a utilizala e que estea na nosa vida cotidiá. Os móviles están feitos para satisfacer a nosa necesidade e cada vez teñen mais aplicacións sofisticadas que fai xa que nin necesitemos o ordenador,como é o Iphone que ten todo o que te poidas imaxinar. O malo é que estos aparatos lanzan ondas malignas para a cabeza, radiaciones electromagnéticas que son malas para nosa salud, por eso recomiendan apagar os moviles al menos denoite.

  12. Victoria Rodríguez di:

    Estou completamente de acordo con Mateo e Victoria. Eu por sorte (ou por desgraza, non o sei) non teño unha Black Berry, pero moitos rapaces e rapazas do meu arredor téñena, e salta á vista que non a soltan en todo o día. Estan sempre a falar no chat e similares. Eu mesma acepto que son algo adicta ao móbil e o ordenador, pero tamén sei prescindir deles.

    Estas adiccións crean moito contacto entre a xente, pero non crean unha relación. E dicir, eu podo falar moito con moitas persoas, pero a hora da verdade, cando precise de axuda para algo, non hai amigos. O único que hai e un longo historial de conversa. Polo tanto, a medida que as telecomunicacións avanzan, penso que as ligazóns entre a xente disminuen. As relacións entre as persoas arrefrían, xa que hai xente coa que se fala por internet, chat, etc, peo logo o vela na rúa non se saúda… a parte das expresións, que por escrito non soa todo como se quere dicir na realidade, e da lugar a moitos malentendidos.

    Todo isto da evolución tecnolóxica está moi ben, pero tamén penso que é algo perigoso para as relacións humanas.

  13. Ayoub Elghotiss di:

    Na miña opinión, non son as tecnoloxías o problema, o problema é o mal uso destas, non entendo como é posíbel que unha persoa prefira estar mandando SMS podendo falar coa persoa porqué están na mesma clase ou ó que me parece aínda peor, estar cunha panda de amigos tomando algo e que non se este falando de nada, porque todos están enchuflados (como digo eu) os malditos móbiles.

    O que eu vexo como problemas son as modas, porque eu non lles vexo máis de dous anos as blackberrys, xa que neste tempo sairá calquera outra novidade e a xente toleara por ter unha ou máis como comentou antes ou meu compañeiro Mateo Fdez.
    Espero que por estes motivos non se comece a pensar que as novas tecnoloxías son nocivas.

  14. Evelin López di:

    Opino o mesmo que moitos compañeiros, cando dicen que o noso entorno esta cheo de xente que ignora o de alrededor por estar cos móviles (incluíndome, xa que estou todo o día con el). O malo é que sen querer non nos damos conta que estamos creando unha adición , da que o mais probable non saíamos facilmente, e que nos leve a comportarnos de maneira distinta.
    A primeira vista parece complicado falar dun ’adicto ó móvil’ como se fala de aditos as drogas, pero se nos detemos a analizar esta situación non é difícil establecer características comuns a ambos fenómenos. Cando falamos de adición, nos refirimos á existencia de conductas persistentes e reiteradas que afastan á persoa dos seus comportamentos habituais.A ’adición ó móvil’ podería enmarcarse no tipo coñecido como ’adicions sen substancia’ ou ’adicions psicolóxicas’, entre as que se atopan tamén o xogo patolóxico, os videoxogos ou Internet. Pero, a diferencia de estas, o teléfono móvil emite microondas, radiacions electromagnéticas moduladas de alta frecuencia, que interfiren en procesos e estructuras característicos dos seres vivos: sistema nervioso, sistema reproductor, sistema endocrino, ondas cerebrais, barrera hematoencefálica …
    Os adolescentes e xóvenes son unha vez máis o sector de poboación máis vulnerable. Por unha parte son grandes consumidores de móviles e por outra seu cerebro e seu organismo en vías de desenrolar e maduración acusa especialmente os riscos derivados dun uso indebido.

  15. Lenny Mamani di:

    A noticia pareceume moi interesante.
    Eu comparto a mesma opinión que a miña compañeira Roxana.
    Cada persoa debe poñerse limites ao utilizar a tecnoloxía xa que pode utiizala de boa o mala maneira .O que é bo da tecnoloxia , é que nos aporta moita imformación sobre calquera cousa ,con solo teclear unhas teclas.

    Os mobiles , usados hoxe en día pola gran sociedad, poden traer problemas a salud, según un informe da revista médica Journal of the American Medical Association,onde publicouse un artículo sobre un estudio realizado entre usuarios de moviles no que informábase dun incremento de porcentaxe de desarrollo de cáncer cerebral, situación que se relacionou co uso dos moviles.
    Sen embargo, o aumento da incidencia encontrado é insinnificante e non está moi seguro que a causa sea o uso dos moviles .

  16. Claudia Caramelo di:

    Eu vouvos falar da Tecnofilia e a Tecnofobia.

    -A tecnofilia: é a tendencia a depender exclusivamente dos avances tecnolóxicos para levar unha vida “satisfactoria”.
    Cando o interés pola tecnoloxía levao aislamiento social e a problemas psicolóxicos (depresión e ansiedade) falamos dun caso de tecnofilia.

    Os tecnófilos mais xovenes mostran unha maior tendencia a introversión,sensacion de inseguridade e fracaso escolar.Tamen poden mostrar agresividade e falta de empatía.

    Actualmente a gran maioría das personas teñen algún grado de tecnofilia pola gran dependencia que a sociedade ha xerado hacia a tecnoloxía.

    – A tecnofobia: definese como un persistente e anormal medo a tecnolxía.En resumen é o rechazo as novas tecnoloxías.
    Xustificano dicindo que a dependencia das tecnoloxías modernas pode ser perxudicial para as personas, tanto desde o punto de vista emocional coma tamén o físico.

    Na actualidade existen sociedades tecnofóbicas, como por exemplo os amish en EEUU, quenes intentan vivir con tecnoloxías antigas e rechazando os cambios.

    A tecnofobia soe ser uno dos factores para a existencia de analfabetos tecnolóxicos.

    Eu apoio a opinion dos meus compañeiros, como di o meu pai: “nada é malo mentras non se abuse del”

  17. Damián Rocha di:

    eu creo que o principal problema dos mobiles é a idade cada vez mais temprana,coa que os xovenes empezan a utilizalo.agora falando da blackberry, tamen hai moitos pais que non saben de todo ben o que é unha blackberry ou cantas e cales son as suas aplicacions e ao non estar ben informados non saben os perigos que pode ter para os seus fillos. viuse algun caso en nenos de entre nenos de 12 e 13 anos que chegan a aislarse hata tal punto que no recreo en vez de falar cos amigos ou xogar ao fútbol sentábanse solos nun banco a utilizar a blackberry

  18. Mila Mosquera di:

    Gustaríame mencionar un tema moi serio que ten relación coas novas tecnoloxías: o ciberacoso.
    Os adolescentes hoxe en día, utilizan medios tecnolóxicos como é o caso do móvil, para facer actos de acoso a un individuo ou grupo mediante ataques persoais, isto está constituído como delito penal. A súa finalidade e acusar angustia emocional e preocupación a través de amenazas ou connotación sexuais.
    A través das propias redes sociais como Facebook, Tuenti, Myspace, etc. pódese denunciar unha páxina, grupo, perfil, o mensaxe de forma anónima. Tamén proporcionan un correo ou formulario de contacto para informar abusos.
    Os servizos de correo electrónico como Windows Live Hotmail, Gmail, Yahoo, etc. suelen proporcionar un correo o formulario de contacto para reportar abusos.

  19. Mila Mosquera di:

    Aquí déixovos unha ligazón se queredes saber máis deste tema:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Ciberacoso#Espa.C3.B1a

  20. Paula Manteiga di:

    Eu debo decir que sofro está gran adicción.
    O que máis sofro é o chamado insomnio, podo pasarme ata ás dúas da mañá falando eu xogando o calquera cousa, tamén decir que moitas veces sento que me vibra e incluso sentir que me a levo encima cando non é asi.
    Parecerá broma, pero esto ten un nome, o “síndrome da vibración fantasma”. Outros prefiren “vibranxiety“. Este síndrome pode afectar no desarrollo de trastornos de tipo muscular, auditivos, visuales e, incluso, psicológicos, ´enfermmidades tecnolóxicas´ que poden levar a ver dobre, revisala pantalla do móbil centos de veces ó longo do día a quienes as padecen.

  21. Nerea Pardo di:

    O tratamento da adicción ao móbil, ao igual que outras adiccións tecnolóxicas, estrutúrase nunha serie de fases nas que se poñen en marcha diferentes estratexias terapéuticas.O tratamento psicolóxico, neste caso, está dirixido a modificar os hábitos compulsivos relacionados co uso do móbil. Ao tratarse de comportamentos que resultan necesarios en algún momento da vida diaria, a finalidade da terapia, mais que lograr a abstinencia, consiste en aprender a controlar o uso do móbil e poñer en marcha unha estratexia que axude a afrontar con éxito as situacións de risco.
    O obxectivo principal da primeira fase do tratamento é a toma de conciencia da adicción. Obviamente se non somos conscientes de que hai algo que nos está a facer mal, dificilmente podemos cambialo. Na segunda fase do tratamento, trátase de levar a cabo unha exposición gradual e controlada dos estímulos e situacións relacionadas cos teléfonos móbiles.
    É importante estar atentos aos primeiros indicios de comportamento abusivo xa que entre os riscos destacan o acceso a contidos inapropiados, ao establecemento de relacións indeseadas con descoñecidos ( cyberbulling ), así como o feito de que a adicción ao móbil pode desencadear en outras adiccións relacionadas como aos xogos on-line,adicción ao cibersexo e a adicción a internet.

  22. Nahir Roig di:

    É das mellores noticias, pero hai que darlle toda a razon a Nildes, hoxe en dia 8 de 10 adolescentes son aditos a estas tecnologias.
    Só hai uns anos que isto non era asi, xa que só podias facer o basico cun telefono (chamar e sms) pero agora coa aparicion das BB, Iphone e moviles varios esta adicion é moito maior, xa que temos un chat constante cos nosos amigos, internet en todo momento e polo tanto conectados a nuesra vida tecnologica as 24 horas do dia.
    Se hoxe en dia xa non se baixa cos amigos porque estamos todo o dia falando con eles, ou estas cos teus amigos e todos estan pendentes dos telefonos xa nomeados.
    Non me quero imaxinar que sera dos chic@s que sigan esta moda, porque se en 2012 xa é asi, nun par de anos xa non habra xente que quede en grupos de amigos senón que quedasen en internet (como xa esta empezando a pasar)

  23. Thiago Echevarría di:

    Vou falar dunha enfermidade chamada “nomofobia” que provoca o móvil.

    O término corresponde a unha abreviatura de no-mobile-phone-phobia, que surxiu de maneira casual tras unha investigación realizada en Gran Bretaña, na que varios psicólogos informaron dun aumento espectacular de casos de angustia en pacientes que sufriron o robo do seu teléfono móvil ou a pérdida do mesmo.
    Tamén se pode definir como “o medo irracional de sair de casa sen o teléfono móvil”
    A investigación tamén demostrou que os niveis de estrés dunha persoa con mobilfobia son equiparables con os nervios que se teñen o día antes da boda ou da visita ó dentista. Respecto das razóns para que a ansiedade se manifeste, o 55 por cento afirmou que era polo feito de estar “aislado” das posibles chamadas ou mensaxes de familiares e amigos, mentres que un escaso 10 por cento afirmou que a causa era o seu traballo, xa que lle esixía estar conectado permanentemente.

  24. Sabela Escourido di:

    Unha nova investigación realizada en Gran Bretaña causou moito máis balbordo e afirma que os teléfonos móbiles poden danar seriamente os riles e o corazón, debido a que pequenas radiacións obrigan aos glóbulos vermellos a liberar hemoglobina. Un aumento da hemoglobina, a cal está encargada de transportar o osíxeno no noso corpo, pode ter como resultado un ataque cardíaco e os dolorosos cálculos do ril.
    Na investigación, variadas mostras de sangue foron expostas a diferentes niveis de radiación en períodos que variaban de 10 a 60 horas, concluíndose que mesmo aquelas que foron sometidas a radiacións menores ás que emite un teléfono móbil convencional liberaron hemoglobina.
    Isto é por suposto preocupante, moito máis cando hai pouco tempo un estudo realizado nunha universidade de Suecia descubriu que só dous minutos de exposición á radiación media dun celular, pode eliminar a barreira natural do noso sangue que está encargado de evitar que toxinas e proteínas cheguen ao noso cerebro. Por suposto, isto axudaría en boa medida ao desenvolvemento de enfermidades como o Parkinson ou o Alzheimer.

  25. Carlos García di:

    Da mesma forma que se produce noutro tipo de adiccións, o uso do móbil convértese en adicción cando pasa a ser unha conducta repetitiva e que nos produce pracer. A diferenza doutras adiccións como o alcoholismo ou a adicción ao xogo (ludopatía) etc., a idade na que comeza é moi baixa, desde os once ou doce anos, xa existen móbiles especialmente para nenos con debuxos para eles, e ademais os pais séntense seguros de que o seu neno teña móbil para poder chamar ante calquera urxencia. É isto non está mal. O problema empeza cando se abusa. Polo tanto, non se trata dun problema de tomar unha sustancia, como pode ser a droga, senon que o problema é a conducta.Unha conducta irrepimible, incontrolable e exaserada que fai que deixemos outras actividades como poden ser a conversación cos nosos amigos, familia, etc.. Os adictos ao móbil solen presentar algunhas características de personalidade comúns, como a baixa autoestima, problemas coa aceptación do propio corpo e déficit nas habilidades sociais e en resolucións de conflictos.

  26. Sara Otero di:

    Eu quero dicirvos que son usuario de BlackBerry, e posiblemente moitos pensades que son unha desas persoas extremadamente adictas que parecen unha persoa a un móbil pegado, pero realmente o que penso e que eu non presento tal adicción. Admito que sí que paso bastante tempo con ela, así e todo eu podo aguantar perfectamente un día sen ela. Agora ben, cabe a posibilidade de que sexa un dos primeiros síntomas de este problema.
    Máis concretamente, gustaríame afondar sobre o tema de ir andando pola rúa coa mirada fixa no teléfono. Desde o meu punto de vista, iso non é unha das fatídicas consecuencias que este vicio pode causar. A mín cando vou sola pola rúa, non me gusta ir andando sen nada ao que atender, teño a necesidade ir facendo algo que faga máis amena a miña solitaria ruta. Acaso cando vades camiñando sen compañía non conectades o voso reproductor de música? Non vexo claramente cal é a diferenza, en ambos casos os teus sentidos non están alerta. Coa música podes tamén correr o risco de non escoitar un coche ao cruzar a rúa por exemplo, e entón tamén o consideraríamos coma un risco ou un mal vicio?

    • Santiago de la Iglesia di:

      Eu, persoalmente, sempre levo música para correr, sempre e cando a miña “detestable” batería do móvil se encargue do contrario. Pero, como todo na vida, a cuestión é a de eliminar os excesos e sentir que en calquera momento podes estar en perigo, e máis aún na rúa, fagas o que fagas (tampoco intento emparanoiar, pódes vivir tranquilo se queres).
      A necesidade das persoas de comunicarse ten unha importancia dende o inicio da vida. O significado que damos a información e como a utilizamos provoca en nós un estímulo importante, que ao respondelo conseguese unha intervención exitosa e gratificante. Tanto, como o pode ser, no caso dos fumadores coa nicotina, a liberación da dopamina, que é unha substancia moi relacionada cos sentimientos do pracer. É dicir, unha droga como outra calquera. O problema, é que non se advirte con tanto ímpetu como o tabaco, alochol, etc. e este é un claro exemplo do anticuada que está a nosa sociedade, a pesar de ser a máis avanzada que se coñece. Penso que en pouco tempo remataremos cos nosos “sentidos” por non ser precavidos e deixarnos levar polas satisfaccións.

  27. Vladislav Babenco di:

    Realmente a cada ano que pasa os móviles son un problema para a saude, ainda que estea ben que evolucionen teléfonos móviles cada vez mais modernos, o efecto sobre a saude non cambia. Aparte de vicio, enfado frecuente, radiacción… dentro de uns anos está moi claro que ata os nenos de 4º de primaria van ter unha blackberry porque por como avanza a tecnoloxía iso vai ser inevitable.

  28. David Lamas di:

    Eu penso que realmente unha gran parte das persoas non poderian vivir sen as novas tecnoloxias, parece unha tonteria pero día a día as novas tecnoloxias están causando unha gran dependencia nas persoas ata o extremo de que algunhas non poidan ir a ningures sen o seu mobil ou non ten vida social.
    Estou dacordo con moitos dos meus compañeiros en que o problema esta no que non sabe usalo, pero eu tamén engado a culpa aos familiares xa que de certo modo na miña humilde opinión tiñan que ter un pouco máis de control para que non suceda isto.

    Chamoume moito a atención unha noticia que vin, que trata de que dous nenos de Lleida recibiron un tratamento nun centro de saude pola súa adición ao móbil, é realmente preocupante como as nova tecnoloxias cada vez nos invanden máis.

  29. Eduardo Cagide di:

    Eu atopei os dez consellos, que nos dan os propios creadores dos moviles de ultima xeración da marca Blackberry, para non combertirse nun adicto:
    1.Desconecta o led. O led é unha luz que teñen as blackberrys para avisarte de que tes unha nova mensaxe, se a tes activada, tan pronto como che chega unha mensaxe tes a necesidade de mirala.
    2.Configura un modo racional de consulta. Isto quere dicir que nos estes continuamente mirando se tes unha nova mensaxe.
    3.Apagaa en tres momentos claves. Unha hora antes de dormir(mínimo), nas reunións de traballo (ou en horario escolar), durante a comida e a cena, e un momento antes de comezar o teu tempo libre.
    4.Intenta distinguir entre o urxente, o importante e o informativo.
    5.Deixa en paz os teus compañeiros, xefes ou subordinados. Xa que as veces os adictos bombardean a mensaxes a xente que non ten esta adicción, e poden chegar a ser muy pesados.
    6.As tarefas de unha en unha. Xa que os adictos, intentan facer as súas tarefas mentras manexan as súas blackberrys, e isto o unico que fai é que leve máis tempo facer as cousas e non facelas ben (por falta de concentración).
    7.Non deixes de socializarte. Moitos adictos deixan de facelo xa que pensan que falando, polas súas blackberrys, cos seus amigos xa o estan a facer, pero é evidente que non.
    8.Comproba se eres adicto. Hai un programa gratuito que mide a túa dependencia, o programa chamase “I love blackberry” de EarlySail.
    9.Fai copias de seguridade. Xa que normalmente as persoas con adición teñen datos de gran importancia no teléfono.
    10.Párate a pensar: ¿Necesitala realmente?

  30. Alba Guzmán di:

    Eu penso que a adicción dos móviles modernos (smartphones) ten coma maior prioridade o uso das novas redes sociais.
    A facultade de Filosofía da Universidade de Asunción di:
    “A adicción ás redes sociais soe afectar principalmente ás persoas que psicolóxicamente ou pola idade son máis vulnerables. Un grupo ó que hai que prestar especial atención é o dos xoves ou adolescentes, porque reunen características de risco: impulsividade externa, necesidade de relacións novas e sobre todo a falta de autoestima. Un dos indicadores máis claros de que está caendo nunha dependencia é a imposibilidade de controlar o tempo que se quere estar conectado. “

  31. Laura González di:

    Yo quería hablaros sobre los riesgos mortales que tiene la adicción del móvil:

    El uso indiscriminado del teléfono celular está produciendo innumerables casos de ACV ( accidentes cerebro vascular ). Muchas veces a estos no se les puede encontrar su causa pero si padecer su efecto. Este es hoy por hoy un enemigo evitable si nuestras conductas son responsables.
    A nosotros nos tocó de cerca, y hasta el día de hoy no se encontró el motivo del porque del cuadro, pero este podría ser uno de los desencadenantes.
    Amigos es aconsejable no hablar cerca de los bebés y niños, el teléfono debe estar a mas de dos metros de ellos y apagado a mas de cincuenta centímetros.
    Sembremos conciencia, tengamos respeto por nuestra salud y la de los nuestros.

  32. Diana Pérez di:

    Os xóvenes que usan con frecuencia o teléfono móvil, teñen máis probabilidade de sofrir alteracions do sono, estrés, fatiga e padecer problemas cognitivos e de atención. Esta é a conclusión de un estudo que presentouse no XXII Congreso Anual do Sono (Sleepmeeting) en Baltimore (EE UU.
    ¨A adición ao móvil resulta bastante común, actualmente. Os adolescentes sinten a presión de permanecer interconectados e retrasan a hora de acostarse. Os móviles empiezanse a usar a edades moi tempranas”.Outras tecnoloxías que crean dependencia nas persoas son as consolas, internet e a televión.

  33. Amir Pose di:

    Aunque pueda parecer exagerado, numerosos investigadores ya están alertando de que hay muchas personas con teléfono móvil que están sufriendo problemas físicos y psicológicos como ansiedad, palpitaciones y sudores cuando olvidan el móvil en casa, su tarjeta de prepago se queda a cero, se quedan sin cobertura o sin batería.
    Está claro que hay muchísimas ventajas en la utilización del teléfono móvil, como por ejemplo, para llamar a casa cuando voy a llegar tarde, cuando aviso para decir que me quedo a estudiar en casa de Lucía- pero muchos usuarios tiene que empezar a plantearse si no se estarán convirtiendo en auténticos “móvil-dependientes”, al no poder estar ni un minuto sin su teléfono.
    Además, la publicidad está especialmente dirigida a chicos y chicas como nosotros, y enseñan el móvil como un instrumento que da independencia, libertad, que permite integrarse en un grupo, estrechar lazos con los amigos.
    A diario, se envían millones de SMS en el mundo entero, por todos los lugares oímos sonidos de timbres y melodías de forma constante y, casi en cualquier lugar: restaurantes, la cola del supermercado, el instituto, el parque, etc. y vemos muchas personas enganchadas a su fiel móvil para poder estar continuamente comunicado. Se puede llevar hasta colgado del cuello.
    Por primera vez, se empieza hablar de que las nuevas tecnologías han pasado a formar parte de las denominadas adicciones psicológicas o adicciones sin drogas.
    Según los expertos, la adicción al móvil la sufren 1 de cada 1.000 personas que utilizan el móvil, y dicen que está afectando principalmente a jóvenes y adolescentes.
    Por tanto, no se trata de un problema de tomar una sustancia, como puede ser la droga, sino que el problema es la CONDUCTA.
    Una conducta irreprimible, incontrolable y exagerada que hace que dejemos otras actividades, como pueden ser la lectura, la conversación de tú a tú con nuestra familia, nuestros amigos, vecinos, etc.

  34. Yaritza Castillo di:

    los psiquiatras dicen que la adiccion al telefono movil es un desorden obsesivo compulsivo que tiene muchas probabilidades de comvertirse en unas de las adiciones no relacionadas con drogas mas importante del siglo XXI. las personas adictas al movil tienden a padecer deprecion o anorexia.

  35. Rebeca Vila di:

    Penso, que non é a aparición dos teléfonos o que crea adicción, se non o feito de estar as 24 horas do día chateando con outras persoas. Os xovenes pasan a maioría do tempo conectados dende os seus teléfonos mobiles ou enviando sms, iso é o que realmente crea adicción, non ter un teléfono co que poder facer chamadas e manter o contacto con outras persoas.
    A solución a isto é recuperar o contacto físico con esas persoas, por que moitas veces os xestos tamén nos indican cousas que chateando non podemos ver.

Deixa unha resposta