Suicidio inverso

Na antigua Grecia, unha mala vida non era digna de ser vivida. A eutanasia non é algo novo. Procede, precisamente, do  grego  eu (bo) e thanatos (morte). Tiñan unha concepción da vida distinta e, polo tanto, a eutanasia non creaba, en xeral, un problema moral.  Había tamén voces en contra, como era o caso de Hipócrates (do que se deriva o xuramento hipocrático).

Sen embargo,  como consecuencia das crenzas cristiás, xa na Idade Media conceptos como eutanasia ou suicidio son considerados como “pecado”, xa que o home non dispón de liberdade sobre a vida que lle foi otorgada por Deus.

Xeralmente, cada vez que se da un caso de solicitude de morte asistida, provoca un debate social e ten unha ampla repercusión nos medios. A lexislación vixente en España non permite a eutanasia, pero non é así en todos os países, saberíades decir en cales está permitida? e dende cando?

Un destes casos foi o da xoven italiana Eluana (na imaxe) que estivo 17 anos en estado vexetativo a causa dun accidente de tráfico. O seu pai solicitou poder desconectala dos aparatos que a mantiñan con vida. Tras a sentencia dun xuíz que lle concedeu a súa petición, o goberno de Berlusconi, intentou impedilo. Eluana morre o 9 de febreiro do 2009 despóis dunha desconexión progresiva dos sistemas artificiais a os que estaba conectada.

O cardenal Ennio Antonelli, presidente do Consello Pontificio para a Familia, citou: “Eluana está en estado vexetativo, pero non é un vexetal. É unha persoa que está durmindo. Mantén toda a súa dignidade. A persoa é valiosa en si mesma, non por canto consume ou produce ou polo pracer ou satisfación que pode dar a outros”.  

Que pensades destas palabras dun representante da igrexa?  Estaríades a favor ou en contra da eutanasia?

Autora: Rosalía García

Esta entrada foi publicada en 9. Etica e ciencia e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to Suicidio inverso

  1. Yolanda Bermúdez di:

    A eutanasia esta permitida en Europa so en 4 paises, Holanda, Belxica, Luxemburgo e Suiza, dende o 2000 e 2002, en España esta prohibida a eutanasia, na miña opinion parece horrible que nalguns paises este perimitida, porque son persoas que estan vivas e ainda que esten en estado vexetativo como nese caso, teñen setimientos e seguen sendo persoas , para min è matalas, pero si que estaria un pouco de acordo pero so un pouco se esa persoa esta sufrindo moito e non ten cura a sua enfermidade enton eu creo que seria mellor a eutanasia so en ese caso… e por unha vez alguèn por parte da igrexa di algo con sentido e coerencia.

    • Rosalía García di:

      Yolanda, con estes casos, estamos sempre a referirnos a pacientes con enfermidades terminais ou incurables.
      Sempre, co consentimento dos familiares ou do paciente mismo (que non queren por ningún medio quedar nese estado o resto da súa vida). Non é algo imposto polo colectivo médico.
      Xa que eles, sempre tratarán de atopar curas ou remedios, pero cando non poden facer nada nin sequera para alivar a dor, o enfermo ou a familia, podería pedir a eutanasia.

  2. joeltaibo di:

    Durante a primeira guerra mundial, pensábese que o mellor era a parctica da eutanasia en lisiados e enfermos mentaís, a causa da fraxilidade económica do momento. Os nazis repartían propaganda a favor da eutanasia dando razóns como a indignidade de algunhas vidas.
    Eu penso que isto e un dilema moral, pois no caso de practicar a eutanasia, estas xogando coa vida de unha persoa, iso é algo moi importante pois un obxecto recuperase pero a vida dunha persoa non, por outro lado se a persoa esta sufrindo nun hospital cunha enfermidade terminal poderíase pensar pero creo que seria un duro golpe moral para as persoas que o fagan.

  3. Evelin López di:

    En 2000 Holanda aprobouse como primer país a ley de eutanasia. Tamén isto chamou a atención de todo o mundo. Despois de Holanda otros duos países atreveronse a seguir o exemplo: Bélxica en 2002 e Luxemburgo en 2009.
    Hoxe en día, o aumento da esperanza de vida e os avances da medicina conlevan igualmente un incremento da importancia da decisión médica dentro do falecemento dunha persoa. A morte pode deberse a decisions médicas que van desde a interrupción do tratamento médico ata a inxección de sustancias letais, pasando pola suspensión da nutrición e da hidratación ou a administración de dosis importantes de sedativos que ademais de aliviar ó enfermo aceleran a sua morte. Estos distintos escenarios dan lugar a diversas clasificacions da eutanasia en función de distintos criterios.
    -Eutanasia directa: cando as accions que se realizan sobre o enfermo ten a intención de provocar a sua morte.
    -Eutanasia indirecta: cando non se ten como intención acortar a vida do paciente senon aliviar o seu sufrimento.
    -Eutanasia voluntaria: cando un individuo que ten as capacidades físicas e mentais para pedir que o axuden a morir, o pediu.
    -Eutanasia non voluntaria: isto pode darse en dous casos:
    1-cando o individuo xa non posee as capacidades físicas e mentais para pedir que o axuden a morir pero expresou previamente que esa era a sua voluntade.
    2-cando un individuo que non posee as capacidades físicas e mentais para pedir que o axuden a morir ou para oponerse, é sometido á eutanasia sen saber cal sería a sua voluntade.
    Outro pode ser o do suicidio asistido.

  4. mateogarcia di:

    Un coñecido e polémico caso é o de Ramón Sampedro, un mariñeiro e escritor galego, que naceu na localidade de Porto do Son. Este home quedou tetrapléxico ós 25 anos tras tirarse de cabeza ó mar dende unha rocha un día de resaca marítima. Foi o primeiro español en pedir a eutanasia, xa que el non quería vivir deste xeito, pero non lle foi concedidia porque a lei non llo permitía. Finalmente morreu en Boiro por inxerir cianuro potásico, sendo axudado pola súa amiga Ramona Maneiro, quen non foi xulgada por falta de probas, aínda que tras prescribir o caso, recoñeceu que ela o axudou e que foi quen gravou o vídeo coas súas últimas palabras.

    • Mateo Fdez di:

      O caso de Ramón Sampedro, é coñecido, básicamente, pola película «Mar Adentro», de Almenábar. Esta película conta a súa historia, de maneira máis ou menos fiel, pero, desde a miña humilde opinión, non acabou de convencerme cando a vin. É certo que é unha historia triste e dramática, pero creo que se abusa excesivamente desa vertente, a cal os actores, aínda así, explotan concienzudamente, logrando un rexistro e interpretacións excelentes en algúns casos (como a dupla Bardem – Dueñas, esta última traballou largo e tendido para lograr recrear o acento galego do seu personaxe, cun resultado excepcional). A película gañou 14 dos 15 Goyas ós que era candidata, ademais de numerosos outros premios a nivel internacional (xeralmente, para a película no seu conxunto e Bardem no seu rola protagonista).
      Sen embargo, creo que esta visión que ten o mundo non é do todo correcta. Unha película pode ter afán divulgativo, certo, e marcarse o obxectivo de concienciar ó espectador respecto dun tema, pero cando a vemos, e sentimos esas emocións que se nos transmiten, nunca debemos esquecer que é só un caso o que nos presentan, e que detrás desa persoa que da a cara hai moitas: centos, miles, ou millóns de persoas que sofren cada día pola terquedad e principios dos que lles rodean, sen ter en conta a súa propia. Non debemos limitarnos a unha persoa, debemos intentar comprender a todo un grupo de xente, que están aí fóra, pode que incluso máis cerca do que nós cremos.

      • Mateo Fdez di:

        Agora que falo de “Mar Adentro”, paréceme interesante falar dunha enfermidade que presenta unha das protagonistas, e que é mortal, ademais de moi, se se me permite a expresión, “puñetera” ou “fodida”.
        Esta enfermidade da que falo é o CADASIL, unha enfermidade que dase nas arterias menores do cerebro e que produce varios infartos nas partes máis escondidas da voz (imaxinádevos se xa é un grave problema sufrir un infarto cerebral, cómo debe ser ter que vivir ca angustia de que en calquera momento pode darte un sen previo aviso, e que é moi probable que pase, en canto baixas a garda).
        A parte do cerebro afectada tórnase branca, e, ademais, é unha enfermidade hereditaria dominante: o 50% dos fillos de alguén que a sufra tamén a sufrirán. Os primeiros síntomas pueden aparecer en torno ós 20 años, e logo de algún tempo, debido ó carácter especialmente lento da enfermidade, experiméntanse migrañas ou incluso demencia. Empeza a provocar accidentes cerebrovasculares entre os 40 e os 50 anos, e posteriormente pódese chegar á pérdida de memoria ou a parálisis de algunhas partes do corpo.
        O enfermo soe morir 20 anos despois da aparición dos síntomas. Na actulidade non existe nin unha medicación nin cura final, pero inténtase retrasar o desarrollo da enfermidade mediante coagulantes, que tamén intentan reducir a probabilidade de sufrir infartos, con máis ou menos éxito.
        A min, sinceramente, paréceme millor a historia do personaxe que sufre CADASIL, cómo nárrase o seu sufrimento, que a do propio protagonista, Ramón Sampedro.

  5. Diana Fernández di:

    Aquí vos deixo un enlace no que aparece explicado o que é a eutanasia :
    http://es.wikipedia.org/wiki/Eutanasia

    Eu estou a favor da eutanasia. E aquí vos deixo un enlace no que hai distintos puntos de vista, tanto a favor como en contra:

    http://www.publico.es/120887/voces-a-favor-y-en-contra-de-la-eutanasia-pasiva

  6. David Lamas di:

    Un dos países onde se permite e Holanda dende o 28 de novembro do 2000 , pero para que a eutanasia pode ser autorizada ten que cumplir unha serie de requisitos:

    1º O paciente ten que pedir a eutanasia de forma voluntaria.
    2º O médico ten que estar seguro do que sufrimento é insoportable, e que no poda recuperarse.
    3º Débese contar cunha segunda opinión médica no que se confirme que se cumpriron os requisitos
    4º A terminación a vida debe ser levada a cabo da forma médica apropiada.

    Outros países no que se permite a eutanasia son Bélxica, Luxemburgo e o estado de Oregon (EE.UU)

    Coma opinión persoal penso que cada un ten o dereito de facer coa súa vida o que quere, xa que un ten que ser feliz consigo mesmo e se estando nun estado vexetativo ou sen poder moverse e o que é peor sufrindo todos os días da sua vida opino que autanasia tiña que ser legal.

    • Cristina Frade di:

      Eu estou dacordo con David, por que nós, no noso estado de saúde mental suponse que estable temos o privilexio de decidir como, cando e onde morrer e a xente que en realidade está sufrindo non? Eu estou a favor, pero por outro lado tamén penso que non sempre a xente con enfermedades vexetativas dexenerativas plantéxanse a simple idea de morrer, como ben di Nildes.
      A enfermidade que padece Stephen Hawking é a ELA, unha das enfermidades dexenerativas.
      Outra das víctimas destas enfermidades foi o famoso e coñecido por todos nós profesor Carl Sagan, que padeció meliodisplasia, que lle derivou en leucemia e finalmente morreu por unha neumonía.
      A meliodisplasia é unha enfermmidade na que a médula ósea non funciona con normalidade e non se produce a cantidade de glóbulos vermellos normais.

  7. Alba Guzmán di:

    A eutanasia podese presentar esencialmente de dúas maneiras, como métodos de aplicación:
    Activa: proceso de exución de efecto directo e inmediato, que ten como consecuencia a morte do afectado. Hai montós de levala a cabo. Inicialmente o paciente non ten padecemento ou sufrimento físico durante a súa administración, xa sexa por estado de inconsciencia ou porque a aplicación, carece por completo de ditos efectos. En xeral, este metodo de aplicación é o conocido como “facer morrer”.
    Pasiva: Opción de suicidio asistido, basado na aplicación de sustancias tóxicas; ou ben participar no suicido asistido, retirando ou deixando de aplicar unha axuda esencial para o afectado. Este medio para a suministración da eutanasia, é mais lento e agonizante, aínda que na maioria destes casos, o pacente, pola súa situación patolóxica non sexa consciente de sufrimento algún. Este método é mais coñecido coma “deixar morrer”.

  8. Alexandra Parceiro di:

    Eu vou mencionar un caso moi famoso que todos coñecedes, o caso de Ramon Sampedro.
    Ramon Sampedro era un galego que os seus 25 anos sufriu un tráxico accidente o tirarse o mar de cabeza dende unha rocha, co que quedou tetrapléxico e postrado nunha cama para o resto da sua vida.
    A partir de aquí empezou a pedir o seu suicidio asistido, convertindose no primeiro ciudadan español que o pediu.
    Finalmente coa axuda dunha amiga sua, Ramona Maneiro, morreou envelenado por cianuro potasio. Días despois Ramona foi detida pola policia, pero non foi xuzgada, pola falta de probas. Sete anos despois Ramona admitiu en televisión haber facilitado a Ramón o acceso ao veleno que lle causou a morte e haber grabado o vídeo onde éste pronunciou as suas últimas palabras.
    Para algo máis de información deixovos un enlace de Wikipedia onde fala de Ramon Sampedro:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Sampedro

    Os países que permiten a eutanasia son:
    Bélxica: Dende o ano 2002 permitese a eutanasia, pero nela deben estar comprometidos dous médicos.
    Suecia: Non existe unha ley que castigue o suicidio asistido, pero os que axudaron a outro fron condenados por asesinato sin premeditación.
    Holanda: Dende 1970 toleran o suicidio asistido e a eutanasia.
    Estados Unidos: Na maior parte dos Estados a axuda a morte é ilegal. Sen embargo recentemente estiveron tratando de cambiar a situación en California, Washington, Michigan, Maine, Hawaii e Vermont, pero sen éxito. Só en Oregon fixose legal o suicidio asistido por médicos dende o ano 1997. Para ello deben estar comprometidos dous médicos e non se pode usar un método de inxección letal.
    Xapón: A Eutanasia médica voluntaria é teóricamente legal, pero sucedeu en casos moi raros.

    Eu por unha parte estou a favor, porque estas persoas non estan a disfrutar da vida, pero por esa teoria a xente pobre tampouco esta a disfrutar da vida e mais non anda a suicidarse. Así que se seguimos esa teoria estou en contra porque se estes queren morrer con máis razon querrian morrer as persoas por exemplo de Africa, xa que estan destinadas a vivir pouco e moi mal, incluso a maioria dos nenos non dan chegada aos 4 anos, morren antes.

  9. Olalla Manteiga di:

    Un concepto relacionado coa eutanasia é o suicidio asistido, que consiste en proporcionar, intencionadamente e co coñecemento da persoa, os medios ou procedementos necesarios para suicidarse, incluidos o asesoramento sobre dosis letais de medicamentos e todo o relacionado. Cabe destacar, que neste caso é o pacente o que voluntariamente remata coa súa vida. Na miña opinión todos temos dereito a decidir sobre o noso corpo. E se non é así, ¿a quen lle pertence ese dereito? Porque alguén debe poder decidir sobre o noso corpo se nós non podemos. Eu estou a favor da eutanasia porque se eu estivera incapacitada ou en coma moito tempo gustaríame que tomasen esa decisión por min. Para min non é factible estar deitada nunha cama anos e anos con moi poucas posibilidades de recobrar o sentido, e prefiro que me desconecten a seguir así.

    • Xisela Lema Díaz di:

      Outro concepto serían tamén:
      Cacotanasia: É a eutanasia que se impón sen o consentimento do afectado. A palabra apunta hacia unha mala morte.

      Ortotanasia: Consiste en deixar morrer a tempo sen emplear medios desproporcionados e extraordinarios. Se sustituiu na terminoloxía práctica por morte digna, para centrar o concepto na condición (dignidade) do enfermo terminal e non na voluntade de morrer.

      Distanasia: Consiste no «encarnizamento ou ensañamento terapéutico», mediante o cal se procura pospoñer o momento da morte recurrindo a cualqueira medio artificial, pese a que haxa seguridade de que non hai opción algunha de recuperar a salude, có fin de prolongar a vida do enfermo a toda costa, chegando á morte en condicións inhumanas. Normalmente fiase según os desexos de outros (familiares, médicos) e non según o verdadeiro ben e interese do pacente.

      Eu, a dicir verdade, estou a favor da eutanasia, fora das espectativas por moitas persoas de parte da igrexa. É algo que calquera persoa pode ver por si mesmo, no sentido de que non estemos falando de 3, ou 4 anos en estado vexetativo, se non de anos nos que os familiares non queren desfacerse dun ser querido, ou o revés, pero non se llo permiten, sen decatarse que o que está sufrindo, aínda que non se den conta o pacente nun estado inhumano entre a vida o a morte. Estando morto, xa que non pode vivir a vida, pero non consíguea de todo.

  10. Thiago Echevarría di:

    Os vou falar da “euthanasia roller coaster”, unha divertida forma de morrer.

    A ‘Euthanasia Coaster’ é concepto para unha montaña rusa de acero diseñada para matar a os sus pasaxeiros. En 2010 foi diseñada e feita nun modelo a escala por Julijonas Urbonas, un candidato a Doctor en Filosofía no Royal College of Art en Londres. Urbonas, quen traballóu nun parque de entretenemento, dixo que o obxetivo da sua montaña rusa conceptual é tomar vidas “con elegancia e euforia”. John Allen, quen traballóu como presidente da Philadelphia Toboggan Company, inspiróu a Urbonas con a sua descripción da montaña ideal: “enviar 24 persoas ao recorrido e que todos regresen mortos”.

    La Euthanasia Coaster mataría ao seus pasaxeiros mediante prolongadas hipoxias cerebrais, ou insuficiencia de osíxeno no cerebro. As 7 inversións ou bucles do percorrido inflixiría 10 gravidades nos pasaxeros por 60 segundos, causando síntomas relacionados a forza de gravidade, comenzando con oscurecimento da visión atá desmaios e a eventual pérdida da conciencia. Dependendo da la tolerancia de cada pasaxeiro as forzas de gravidade, a primera ou segunda volta en espiral causaría anoxia cerebral, deixando o cerebro morto. As inversións subsecuentes servirían de “seguro” contra a supervivencia “non intencional” dos pasaxeiros.

  11. Mila Mosquera di:

    Eu vou mencionar un concepto que ten relación coa eutanasia, chámase ortotanasia ou morte digna, e é a que designa a actuación correcta ante a morte por parte de quen atende ao que sofre unha enfermidade incurable ou en fase terminal.
    Por extensión enténdese como o dereito do paciente a morrer dignamente, sen o emprego de medios desproporcionados e extraordinarios para o mantemento da vida. Neste sentido deberase procurar que ante enfermidades incurables e terminais actúese con tratamentos paliativos para evitar sufrimentos, recorrendo a medidas razoables ata que a morte chegue.
    A ortotanasia distínguese da eutanasia en que a primeira nunca pretende deliberadamente o adianto da morte do paciente. A ortotanasia é a actitude defendida pola maioría das relixións.

    En España, o 13 de maio de 2011 o Consello de Ministros presidido por José Luís Rodríguez Zapatero, aprobou o anteproxecto de Lei de Coidados Paliativos e Morte Digna. A norma expón os dereitos dos pacientes en situación terminal e tamén as obrigacións do persoal sanitario que os atende. O proxecto de lei recolle os dereitos a renunciar a un tratamento médico e ao uso de sedaciones terminais -aínda que se acurte a agonía e acelere a morte-. O texto recoñece o dereito do paciente a que se preserve a súa intimidade e a da súa familia, que poida estar acompañado e recibir o auxilio espiritual que solicite. A lei establece que, polo menos na fase de agonía, o enfermo poderá pasala nunha habitación individual.

  12. Laura González di:

    Me parece un tema muy interesante, el año pasado en mi clase de ética hicimos un debate sobre la eutanasia, yo estaba a favor porque creo que toda persona tiene derecho a decidir lo que quiere hacer con su vida…esta es mi opinión.
    Quería hablaros sobre un caso concreto:

    El 5 de mayo pasado, Jorge León Escudero (53), totalmente paralizado, murió ayudado por un fuerte sedante después que alguien lo desconectara del respirador que lo mantenía vivo. Jorge pedía hacía tiempo que se lo ayudara a morir porque no soportaba más su situación que arrastraba hacía seis años.

    Después de un accidente, quedó paralítico y apenas podía mover los labios. Desesperado, abrió un blog en Internet donde contó su caso y pidió que alguien lo ayudara a morir.

    Un juzgado de Valladolid investigó la identidad del que había ayudado a Jorge sedándolo y retirándole el respirador. El juez resolvió finalmente cerrar las diligencias.

  13. Victoria Rodríguez di:

    Como xa fai mención a miña compañeira Rosalía, na Antiga Grecia, Hipócrates de Cos, un médico que exerciu durante o século de Pericles como medico. É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da menciña, fundador de unha escola que leva o seu nome, e que convertiu o oficio da menciña nunha autentica profesión.

    De isto derívase o Xuramento Hipocrático, é un xuramento crítico que fan os que se gradúan en menciña ante os demáis médicos e ante a comunidade. O seu contido é de caracter ético, para orientar a práctica do seu oficio.

  14. Nahir Roig di:

    Estou en contra totalmente da eutanasia, creo que todos temos dereito a unha vida sexa moi boa ou moi mala.
    Estou a afavor da eutanasia en caso de que o paciente este moi enfermo e enchufado a demasiadas maquinas que non lle permitan unha vida nada boa, entón creo que hai sera o paciente quen decida que llela poñan ou non, ou que o decidan os familiares pero co seu permiso.
    É un tema moi delicado pero sempre hai que mirar os casos!

  15. Carlos García di:

    Ezekiel J. Emanuel, oncólogo de Dana-Farber Cancer Institute, revela que a maioría dos pacientes que demandan a eutanasia están motivados por factores psicolóxicos –a menudo, por unha depresión–, e non por un insoportable sufrimento físico. Segundo este estudio sobre pacientes oncolóxicos, publicado en The Lancet, descubriu que os que experimentan dolor non son mais propensos a pedir a eutanasia que quienes non o sufren. Máis ben, os pacientes con dor se opoñian en maior número á legalización da eutanasia
    Outro estudio de médicos que asisten a ancianos nos asilos holandeses atopou que o dolor influía só no 29% das peticións de eutanasia e era o motivo principal en sólo o 11%. E un estudio no estado de Washington realizado por médicos que practicaban a eutanasia revelou que en só no 35% dos casos o dolor aparecía citado como causa na solicitude.
    Estos estudios mostran que son factores psicolóxicos os que solen alimentar o interés dos pacientes pola eutanasia. A depresión, o desamparo, a ansiedade e estados similares explican por qué os pacientes piden axuda para morrer.

  16. Adela di:

    Alba fala da diferencia entre eutanasia activa e pasiva. Olalla explica o concepto de suicidio asistido. Mila engade o termo ortotanasia.
    E quen pode explicar o significado do termo distanasia? E o de eugenesia?

    • Sara Otero di:

      A eugenesia como ciencia é a rama da manipulación xenética que estuda as melloras da especie humana. Busca favorecer as cualidades indesexables da raza humana. Este propósito non se puido levar a cabo porque aínda non se coñecen a totalidade dos xenes humanos.
      Moita xente seguindo este modelo de conducta e presionou ao goberno para que se esterilizaran ás persoas consideradas defectuosas. Máis de 35 estados secundaron a proposta e as leis mantivéronse vixentes ata a década de 1960. Esterilizáronse a máis de 60.000 persoas.
      Vós estríades de acordo en tomar este tipo de medidas? Eu, persoalmente, estou de acordo, sempre que sexa dentro duns límites. Por exemplo: se meus pais decidiran ter un fillo, sabendo que hai moitas probabilidades de que teña Síndrome de Down (por dicir algún), e puideran dispoñer dos medios necesarios para evitalo, a mín gustaríame que os utilizasen, porque seguramente nun futuro podereime integrar moito mellor na sociedade. O que si, non estaría de acordo en esterilizar ao meu pai sendo el o portador do xene que me poda afectar a min.

      • Santiago de la Iglesia di:

        Non sabía que esta rama da ciencia se chamase así. Na miña opinión é unha das máis interesantes e avanzadas no momento, porque si xa temos espectativas de modificarnos a nós mesmos antes de nacer, é que vamos muy adiantados en proporción a séculos pasados, xa que iso era impensable, o polo menos ficticio. Aínda así, este pensamento estivo xa presente desde o s.V a.C., promovido polo filósofo griego Platón, que dicía que para alcanzar unha especie superior, a reproducción debería ser controlada polo goberno. Para saber si unha persoa era digna en Esparta, facían permanecer a bebés fora das cidades e esperaban a que morresen. Os que sobrevivían eran elixidos como os máis “fortes”, mentras que os falecidos considerábanse os supostos “débiles”.
        No 1860, Sir Francis Galton sistematizou ideas de Darwin da súa obra “El origen de las especies”. Él interpretou que unha selección natural frustraba a unha civilización humana e á sociedade. Xa fomentaba as enfermidades disxenéticas, e dicía que os máis “tontos” se repoducían en maior medida que os “intelixentes”. O que quería era cambiar as costumes sociais de reproducción. Galton usou por primeira vez a palabra eugenesia no seu libro de 1883: “Investigaciones sobre las facultades humanas y su desarrollo”.

  17. Yolanda Bermúdez di:

    A distanasia è o empleo de todolos medios posibles para retrasala morte. O término tamen pode ser utilizado como sinónimo de tratamento inútil, cuxa consecuencia è unha morte médicamente lenta e prolongada, frecuentemente acompañada de sufrimento. Eu creo que para sufrir mais e mellor a eutanasia.

  18. Cristina González di:

    Como “remedio” cara á eutanasia existe a medicina paliativa, que é unha forma civilizada de entender e atender aos pacentes terminais, oposta principalmente aos dos conceptos extremos xa aludidos: obstinación terapéutica e eutanasia.

    Esta é unha nova especialidade da atención médica ao enfermo terminal e ao seu entorno, que contempla o problema da morte do home desde unha perspectiva profundamente humana, recoñecendo a súa dignidade como persoa no marco do grave sufrimento físico e psíquico que o fin da existencia humana leva xeralmente consigo.

    En definitiva, a Medicina paliativa é, nin máis nin menos, un cambio de mentalidade ante o paciente terminal.

  19. Ana Domínguez di:

    Eu estou a favor, se a persoa non pode valerse por sí mesma e sufre día a día e o que quere é descansar en paz, porque temos que ser nós quen decida sobre a sua propia vida? non o vexo xusto. Eu quería aclarar a diferencia entre suicido e eutanasia, a eutanasia debe de ser asistida senon polo tanto se convirte nun suicidio voluntario.

  20. Eduardo Cagide di:

    Eu quería aclarar un termo que aparece na noticia e nadie explicou, estou a falar de termo “estado vexetativo”. Unha persoa está en estado vexetativo cando se atopa nun estado clínico no que a persoa non da ningun signo evidente de consciencia de si mesmo ou do ambiente, e é incapapaz de interaccionar cos demais ou reaccionar a certos estímulos.
    Agora quero dar a miña opinión respecto deste tema. Eu estou totalmente de acordo ca DMD “Dereito a Morrer Dignamente”, que é unha asociación federal española que promove o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida, e elexir libre e legalmente o medio e o momento para finalizala, e defender o dereito dos enfermos terminais ou irreversibles, chegado o momento, de morrer pacificamente e sen sufrir se ese é o seu desexo. E eu comparto esta opinión xa que creo que cada un é dono da súa vida, e se non esta contento con ela e quere deixar de vivir, que o faga, e que a lei non permita isto pareceme unha vergoña, xa que non ten a suficiente autoridade como para obrigar a vivir a unha persoa, que non fijo nada,a vivir o resto da súa vida infelizmente.

  21. Sara Otero di:

    Na miña opninión, a eutanasia debera estar permitida en España, polo que estoy en desacordo coa miña compañeira Yolanda. Penso que cada quen é libre de pensar o que quere e por suposto ten o dereito de facer o que queira coa súa vida (sempre que non se dedique a perxudicar a vida dos demais). No caso por exemplo de que alguén entre nun estado de coma- eu estiven indagando sobre as condicións as que estás sometido e sobre diferentes casos, e non perdemos todas as funcións neuronais, polo que poderíamos percibir sinais externas pero non responder aos estímulos- existe a posibilidade de despertar ou non, pero tamén pode que pasen anos, incluso ata dúas décadas, ata que despertes. Nese período de tempo eu podería estar escoitando todo o que alguén me contase, e verdadeiramente sentiríame moi desgraciada ao non poder contestarlle por moito que quixera. Estaría sufrindo a outra persoa por non obter resposta pola miña parte, e sufriría eu pola impotencia que, seguramente, me apoderase. Por outra banda, poderíase dar o caso de que desperte do coma ou teña un grave accidente e sufra unha tetraplexía que ata me impida falar.
    Para iso, eu prefiriría morrer en paz, e así de paso comprobar por min mesma iso de “a luz ao final do túnel”. En conclusión, a min gustaríame ter o dereito de escoller pola miña vontade se quero continuar vivindo ou non, en casos extremos, para escoller a morte.

  22. Iván Ramos di:

    Recordadon o comentario feito por Thiago,
    pasobos este enlace no que hai información sobre a “euthanasia-coaster”, con un video incluido
    no que se ve en primeira persoa a montaña rusa.
    http://www.planetacurioso.com/2011/12/20/euthanasia-coaster-la-montana-rusa-del-suicidio/

  23. Yannick Afonso di:

    La eutanasia es un tema que da mucho debate,ya que hay muchas formas de pensar de la gente,yo no estoy ni en contra ni la defiendo,pienso que cada uno sabe que hacer y puede hacer lo que quiera con su vida. Un personaje muy importante en nuestra vida cotidiana,El papa Benedicto XVI ha aprovechado las primeras palabras que ha dirigido a los jóvenes de la Jornada Mundial de la Juventud (JMJ) en Madrid, para arremeter contra los que defienden la eutanasia “creyéndose dioses”. El pontífice ha criticado a aquellos que “desearían decidir por sí solos lo que es verdad o no, lo que es bueno o malo, lo justo o lo injusto; decidir quién es digno de vivir o puede ser sacrificado en aras de otras preferencias”.

  24. Nerea Pardo di:

    Eu estou totalmente de acordo coa eutanasia e creo que case todas as persoas que viron sufrir a un ser querido sabendo que ía a morrer pensan coma eu.
    Por unha parte hai que ter en conta tódolos tipos de eutanasia. A eutanasia directa activa paréceme unha boa morte, indolora,e á petición do afectado utilizando sustancias mortíferas.
    Tamén a eutanasia indirecta é unha boa forma xa que consiste en efectuar procedementos terapéuticos que teñen como efecto secundario a morte. Como é o caso da morfina para calmar as dores, cuxo efecto agregado é a diminución da conciencia e case sempre unha abreviación da vida.
    Pero por outra parte a idea da eutanasia directa pasiva non me acaba de convencer de todo. Suspéndese o uso de medicamentos para que se de unha morte completamente natural que non contraria en nada a lei natural. E aínda que a morte sexa totalmente natural paréceme bastante inhumano. Creo que calquera persoa que tivese poder para elixir se quere para si mesmo a eutanasia , toma esa decisión para evitar a dor. Ca suspensión do medicamento aínda que morras antes, o tempo antes da morte é máis doloroso que o tempo que estarías co tratamento normal por un tempo máis prolongado. É dicir, aínda que a dor sexa por menos tempo, coa ausencia de tratamento a dor é máis forte así que non me parece de todo favorable, pero ben, iso é decisión de cada un e aínda que a min non me parecería unha morte digna supoño que moitas persoas pareceralles unha boa idea ao tratarse dun xeito natural.
    Xa por último dicir que desde a miña opinión persoal se a eutanasia estivese permitida e eu necesitara tomar esa decisión, estou bastante segura que preferiría acabar coa miña dor e coa da miña familia canto antes mellor.

  25. Damián Rocha di:

    eu o que creo é que a eutanasia solo se debe facer en casos extremos ,non é unha decision que se poida tomar á lixeira.Tamen esta claro que mentras a lexislación vixente non cambie non vai haber moitos casos de eutanasia pese a que haxa xente que o esté desexando pola vida que leven (tetraplexia, esclerosis) ,creo que ninguén debería decidir sobre a vida dos demais. sólo un mesmo pode decidir sobre a sua vida e mais se está sufrindo. Por iso nese sentido as leis deberian cambiarse porque a verdade é que son moi inxustas en canto a este tema

  26. Beatriz Castro di:

    A palabra eutanasia ten unha forte carga emocional. Por iso, se o que se pretende es xerar entre os cidadáns un debate ético e crítico deber ser utilizada con precisión.
    Como podemos comprobar este termo creou un gran impacto na sociedade. Creáronse películas como “Mar adentro” ou “Million Dollar Baby” para informar máis acerca deste tema; incluso algunhas baseadas en feitos reais.
    O caso de Terri Schiavo é un caso do que denominamos “limitación do esforzo terapéutico”, é dicir, a suspensión progresiva de tratamentos nos enfermos irrecuperables.
    Outro caso foi o do Leganés. A sedación paliativa, que consiste en facilitar aos pacientes terminais en agonía que autoricen a posibilidade de recibir medicacións que os durman profundamente mentres esperan a morte.

  27. Sabela Escourido di:

    Eu estou a favor dá eutanasia polo mesmo motivo que dixo Ana antes.Vou a dicir ou que significa distanasia.
    A distanasia (tamén é coñecida como encarnizamento ou asañamento terapéutico, pois non ten en conta os sufrimentos do moribundo) é o emprego de todos os medios posibles, sexan proporcionados ou non, para atrasar a chegada da morte, a pesar de que non haxa esperanza ningunha de curación. É, polo tanto, o contrario á eutanasia.
    Déronse casos de distanasia en especial a persoas de gran relevancia política. Coñécese como antidistanasia á actitude de rexeitamento á distanasia, compartido pola maioría da sociedade, e que nuns casos se converte nun apoio á eutanasia e noutros en defensa da ortotanasia.
    Tanto os Estados coma os diversos colexios de médicos desenvolveron leis ou códigos que regulan cando unha acción médica pode ser considerada como asañamento.Os factores a tomar en conta son os seguintes:
    Desexo do enfermo e dos seus familiares
    A opinion dos médicos
    A proporcionalidade dos medios en relación co resultado.
    Pódese afirmar que é moral continuar os tratamentos normais para aliviar a dor pero pódese renunciar a tratamentos que procurarían só unha prolongación precaria da vida.

  28. Diana Pérez di:

    A eutanasia na nosa sociedade ten un caracter negativo, xa que no noso país está prohibida.
    Eu estou a favor da eutanasia nalgúns casos e penso que si debería estar permitida en todos os países.
    En Europa como xa dixeron outros compañeiros só en Suiza, Holanda, Luxenburgo e Bélxica esta permitida, en Suiza só en casos de eutanasia activa. Mentres que en Holanda está permitida abertamente en todos os casos.
    En outros países do mundo como Colombia e no estado de Oregón en EEUU, está permitida, e en China, India e Xapón van a legalizala.
    Desde el punto de la Iglesia pues nunca van a estar de acuerdo con nada que sea quitar la vida, a pesar de los motivos, ya que para la Iglesia solo Dios puede quitar la vida.

  29. Nildes Abella di:

    A eutanasia é un tema complicado, pero como a mayoría dos meus compañeiros opino que temos dereito a decidir o que facer coa nosa vida.
    Non todas as persoas que sofren enfermidades dexenerativas ou que xa non poden valerse por si mesmas van querer acabar coa súa vida.

    Poño como exemplo o caso de Stephen Hawking. É un físico, cosmólogo e divulgador científico do Reino Unido. Apesar de estar gravemente discapacitado a causa da súa enfermidade: esclerosis lateral amiotrófica (ELA) mantén a súa alta actividade científica e pública.
    Cando os médicos lle pronosticaron a enfermidade dixéronlle que non viviría máis de 2 ou 3 anos (tempo de supervivencia normal en esa enfermidade). Paulatinamente foi perdendo o uso das súas extremidades, así como o resto da musculatura voluntaria, incluíndo a forza do pescozo para manterse coa cabeza erguida; con todo isto a súa movilidade é prácticamente nula. Apesar diso chegou ós 70 anos, algo extraodinario considerando o tipo de esclerosis que ten.
    El é feliz coa vida que leva e non plantéxase por agora a opción da eutanasia.

    Pero unha cousa é clara, non todos están na mesma situación nin o soportan igual de ben, ademáis as propias familias tamén sofren cos enfermos que atópanse asi, por iso é necesario a legalización da eutanasia en máis países aparte dos poucos actuais nos que é legal. Na miña opinión e algo parecido ó aborto, co tempo os Estados iran reaccionando e acabaran dando o dereito ás persoas que se atopan en estas situacións a ter unha morte digna.

  30. Amir Pose di:

    Para a catedrática Mariña Gascón Abellán a eutanasia consiste en provocar a morte doutro polo seu ben, o cal conduce necesariamente a acoutar as circunstancias e supostos (maioritariamente ligados ao contexto médico-asistencial) que dan sentido a esta actuación humanitaria, piadosa e compasiva. Para Gascón o elemento central que define a eutanasia non é a concorrencia ou ausencia do consentimento do suxeito que morre, nin a modalidade activa ou omisiva da conduta que provoca a morte, senón os móbiles que a animan.

    Argumentos jurídicos a favor:

    ·A despenalización da eutanasia non significa obrigatoriedade absoluta. Non se pode impoñer o criterio dun conglomerado ao ordenamento xurídico de todo un territorio, polo que o dereito debese asegurar os mecanismos para regular o acceso á eutanasia dos pacientes interesados que cumpran uns requisitos especificados legalmente; así como da legalidade e transparencia dos procedementos.

    ·A sociedade moderna basea o seu ordenamento xurídico na protección dos dereitos humanos. Neste sentido, cada enfermo ten dereito a decidir, informadamente, sobre os asuntos que pertencen a unha esfera tan privada como o seu corpo; e en virtude disto, decidir como quere seguir -ou non seguir- vivindo.

Deixa unha resposta