O Sol estanos a “atacar”

O Sol está bombardeando a Terra con radiación proveninte da erupción solar máis grande dende fai seis anos, clasificada como M9, e estimase que o proceso durara ata mediados desta seman.
A erupción solar ocorreu aproximadamente as 03:59 do luns.
A radiación que emite o Sol incide sobre todo nos satélites e nos astronautas no espazo. Pode causar problemas de comunicación ós avións en voos transpolares, dixo un físico do Centro de Predición de Meteoroloxía Espacial da Administración Nacional do Océano e a Atmosfera (NOAA).
A radiación, en forma de protóns, chega dende o Sol a 150 millóns de kilómetros (93 millóns de millas) por hora.
Segundo os datos recollidos polo Centro de Clima Espacial Goddard, da NASA, a exección de masa coronal, provocada pola mancha solar 1402, movíase o luns o menos a 2.253 km por segundo en dirección a Terra. Non supón un peligro para os  humanos na superficie da Terra, xa que o campo magnético do planeta (a magnetosfera) e a súa atmosfera desvían e absorben a enerxía solar e as partículas.

Autora: Alexandra Parceiro

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Sistema Solar e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to O Sol estanos a “atacar”

  1. Olalla Manteiga di:

    Expertos solares da NASA estudaron os posibles efectos e determinaron que os seis astronautas que están na Estación Internacional Espacial en órbita non necesitan realizar ningunha acción para protexerse. A magnetosfera ten como función principal protexer a vida na Terra actuando coma un escudo frente ás letais partículas provintes do Sol. Algúns científicos cren que sen ela o planeta perdería a maioría da auga dos océanos, porque as partículas solares disociarían os átomos de hidróxeno e osíxeno. Crese que este fenómeno puido ser importante na pérdida de auga en Marte. A magnetosfera afecta á temperatura e ao movemento da parte externa da atmosfera.

  2. Vladislav Babenco di:

    As erupcións solares influen moito na meteoroloxía solar producindo particulas moi enerxéticas na magnetosfera terrestre presentando peligros para as naves ou astronautas. O fluxo de raios X incrementan a ionización da capa superior terrestre, o cal pode interferir en ondas electromagnéticas como por exemplo de radio. A presenza destas partículas contribuen a que se produzan as auroras boreais.

  3. Ayoub Elghotiss di:

    Fai uns días lin esta noticia nunha paxina que esta moi ben. A noticia dicía que isto non pasaba dende o 2005, este fenómeno vai afectar maioritariamente as zonas dos polos e os satélites que orbitan arredor da terra, dicían os experto da NOAA. Estas llamaradas comezaron o 22 de Xaneiro cunha erupción no centro do sol.

  4. Sabela Escourido di:

    A erupción solar é seguida de tres movementos, explicou Antti Pulkkinen, físico da NASA en Maryland e na Universidade Católica. Primeiro prodúcese a radiación electromagnética. Despois emítense os protóns. Finalmente despréndese o plasma da superficie solar, que adoita viaxar de 1,6 a 3,2 millóns de quilómetros (1 a 2 millóns de millas) por hora, pero esta tormenta é particularmente veloz e despide a 6,4 millóns de quilómetros (4 millóns de millas) por hora, dixo Biesecker.
    É o plasma o que causa boa parte dos problemas en Terra, como apagamentos. En 1989, unha tormenta solar causou un apagamento masivo en Quebec. Este desprendemento probablemente será moderado, aínda que existe a posibilidade de que se intensifique, agregou.

  5. Rosalía García di:

    As llamaradas solares teñen lugar cando a enerxía almacenada en campos magnéticos é liberada en forma de ondas electromagnéticas que abarcan dende as ondas de radio (de moi pouca enerxía) ata os raios X ou os raios ganma (moi enerxéticos).
    As erupcións solares clasifícanse como A,B,C,M ou X dependendo do pico de fluxo de raios X (medidos en vatios por metro cadrado)e cada capa, ten un pico de fluxo dez veces maior ca anterior. Dentro de cada clase, existe una escala lineal do 1 ao 9. Neste caso, como nos di Alexandra, trátase dunha erupción de clase M9, é dicir, que é case coma unha de tipo X (que son as máis potentes).
    A magnetosfera frea este tipo de radiaccións pero non por completo.
    ¿Qué efecto tería sobre os seres vivos que as ondas máis enerxéticas (X ou ganma) chegaran a superficie terrestre? Pois ben, cando os raios X interaccionan co noso corpo, poden provocar mutacións no DNA e a descomposición das moléculas de auga (hidrólise).
    Por esta razón, en presenza de tormentas solares, pode ser necesario que os avións cambien de ruta, evitando as zonas polares.

  6. Yolanda Bermúdez di:

    Este fenomeno non causou os danos que habian previsto pero si provocou unha alteracion nas redes telefonicas e redes electricas ,pero deixou unhas maravillosas escenas de Auroras Boreales en Noruega, e è a corriente de protons mais potente vista dende o 2005.

  7. Nildes Abella di:

    Un informe publicado fai anos pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos (NAS) e pola NASA adviertía de que enormes chorros de plasma procedentes do Sol poden alcanzar o noso planeta en 2012 ou 2013, cando a actividade do astro alcance o seu máximo pico como parte do ciclo solar de once anos.
    A actual dependencia da electrónica e das comunicacións por satélite supoñen que unha forte tormenta solar podería causar vinte veces máis dano que o furacán Katrina.
    Algúns “pronosticadores” sosteñen que existe relación entre unha hipotética tormenta solar a finaís de 2012 e as profecías mayas que sinalan a fin do mundo neste ano.
    Pero os científicos, sen embargo, afirman que nin tan sequera é posible predecir a 10 meses unha actividade tan elevada do Sol.

    A continuación déixovos un vídeo sumamente realista do que sucedería na Terra se producírase unha tormenta solar:
    http://www.dailymotion.com/video/x6r08m_alerta-tormentas-solares-2008-2012_news?start=573#from=embed

  8. Mila Mosquera di:

    O Sol non só é luz; tamén é un xigantesco campo magnético, con liñas magnéticas percorrendo de polo a polo. A súa forza rotatoria vai torcendo estas liñas imaxinarias nun ciclo que dura uns 11 anos. No clímax do seu torcimiento créanse as manchas solares na zona ecuatorial da estrela. En ocasións, como esta semana, enormes burbullas de gas e magnetismo libéranse e conseguen superar a barreira magnética (coroa) que rodea o Sol, provocando unha eyección de masa coronal que sae disparada cara ao espazo. Se a Terra atópase na súa traxectoria pode pasar o peor.

  9. Yannick Afonso di:

    Hai unha película que reflexa todo isto.Por primeira vez, unha nave espacial ubicada lonxe da Terra apuntou os seus sensores hacia atrás e observou unha tormenta solar no momento no cal envolve o noso planeta. A película mostra unha expulsión de masa coronal crecendo hasta convertirse nunha enorme pared de plasma e logo arrollar á diminuta mota azul na que vivimos, o sea, a Terra. Esta película foi publicada durante unha conferencia de prensa da NASA, emocionou aos físicos solares, quenes afirman que isto podría conducir a importantes avances na predicción das condicións do tempo no espazo.

  10. Roxana Cadena di:

    Grazas por a túa entrada, gustoume moito e me chamoume moito a atencion.
    Bueno a mim gustariame dar uns datos sobre o Sol.
    O Sol como toda estrela teñe forma esférica, é a causa de teñer un movemento lento de rotación, tamén ten un pequeno achatamiento polar.
    O núcleo ocupa uns 139.000 Km de radio solar, 1/5 del mismo, é nesta zona donde se verifican as reaccións termonucleares que proporciona toda enerxía que o sol ocúpa.
    A coroa solar esta fórmada por capas máis tenues da atmósfera superios solar. A súa temperatura alcanza os millones de kelvin.
    E por último a NASA (Administracion Nacional de Aeronáutica y del Espacio) e a Axencia Espacial Europea lanzaron cooperativamente o Satélite SOHO.
    Se queredes saber máis sobre o Satélite SOHO os deixo un enlace:
    http://es.wikipedia.org/wiki/SOHO

  11. Carlos García di:

    Esta erupción solar que provocou preciosas auroras nos extremos da Terra, foi a mais intensa dos últimos sete anos pero apenas unha suave brisa se se compara coa tormenta solar de agosto e setembro de 1859, que provocou que en latitudes tan baixas como Cuba ou España a aurora iluminara a noite, as brúxulas dos barcos volveronse tolas e ata as estacións de telégrafo arderan. Só o escaso desenrolo tecnolóxico de entón evitou o desastre. Hoxe, a civilización humana é moito más dependente dos caprichos do Sol.
    Segundo un estudio da National Academies de EEUU de 2008, unha erupción solar como a do 1859 desencadenaría hoxe unha tormenta xeomagnética que afectaría críticamente ás infraestructuras modernas. Entón, a chamarada provocou tal nube de partículas que aplastou a magnetosfera. Este círculo invisible de magnetismo protexe á Terra dos ventos solares e a maior parte da radiación cósmica. O seu alcance é de 60.000 kilómetros pero no 1859 contraxose ata os 7.000 kilómetros pola presión invisible que procedía do Sol. O primeiro que sucedería cunha erupción solar de clase X sería que a ionosfera terrestre calentariase, cambiando a súa densidade e composición, o que afectaría ás comunicacións por radio e á sinal do GPS. Peor ainda, pode crear intensas correntes eléctricas na ionosfera chamadas electrojets. Estas correntes provocan un fenómeno eléctrico chamado “centelleo” que cambia a amplitude, fase, polarización e o ángulo de chegada das sinais. Segundo un informe do Departamento de Seguridade Interior de EEUU, a sinal do GPS non sóo chegaría degradada senon que a tormenta xeomagnética podería impedir que a Terra recibira a sinal emitida polos 30 satélites da constelación GPS.

    Na terra, as cousas non serían mellores. A troposfera cargaríase de electricidade de tal maneira que ata a auga dos océanos botarían chispas. Tal cantidad de enerxía buscaría un camiño por donde moverse: dos cables eléctricos aos transformadores, recalentándoos ata quemalos. Durante a tormenta de marzo de 1989, a zona occidental de Canadá quedouse a escuras.
    Decenas de expertos e responsables do Goberno americano responderon á pregunta de si estamos preparados para a próxima gran tormenta solar. “A sociedade moderna depende de sistemas de alta tecnoloxía, e todas son vulnerables”.
    O gran problema é que non se sabe cando será a seguinte tormenta nin a sua intensidade. Se coñece ben o ciclo solar, sábese que está a punto de acadar o seu climax, pero nada mais. A NASA e a axencia espacial europea sembraron os alrededores do Sol dunha rede de sensores. A maioría están diseñados para labores de investigación, pero os mais recentes, como o Solar Dynamics Observatory, teñen entre as suas misións vixilar a aparición de novas erupcións. Son eles os que poden avisar con entre 15 ou 30 minutos de antelación. Ca información recibida, o Centro de Predicción do Tempo Espacial da NOAA (axencia de EEUU) elabora partes diarios para un millar de empresas e institucións de todo o mundo.

    Ainda se está traballando en modelos informáticos para anticiparse ao Sol, o mais realista hoxe é prepararse para minimizar o seu impacto. A finais do 2010, EEUU puxo en marcha o programa Escudo Solar. O seu primer obxetivo é modelar en tres dimensións a eyección de masa coronal camino da Terra. Esta tercera oleada tarda varias horas e ataa un día en chegar. Co modelo pódese anticipar dónde e con qué intensidade golpeará.

  12. Evelin López di:

    Unha tormenta geomagnética é unha interrupción temporal da magnetosfera terrestre. Asociado a unha exección de masa coronal (CME), un buraco na coroa ou unha chama solar é unha onda de choque do vento solar recibida entre 24 e 36 horas despois do evento. Isto só acontece se a onda de choque viaxa cara á Terra. A presión do vento solar na magnetosfera pode aumentar ou diminuír dependendo da actividade solar. A presión do vento solar cambia as correntes eléctricas na ionosfera. As tormentas magnéticas duran de 24 a 48 horas, pero pode durar varios días.
    As fases dunha tormenta solar son tres: Erupción solar, Tormenta de radiación e CME (exección de masa coronal).
    – Erupción solar:A primeira etapa, que pode romper as comunicacions. Tarda 8 minutos en chegar. Ademais, hace ca atmosfera aumente o seu tamaño ata as órbitas dos satélites, alterando as suas orbitas e fai que istos caigan a terra.
    – Tormenta de Radiación: Consiste nun “bombardeo” de radiación contra a Terra. Esta pode freir os circuitos eléctricos e atacar as persoas. Na Terra estamos protexidos grazas os efectos combinados da Atmósfera e a Magnetosfera. Debido a isto, só afecta aos astronautas que non estean a salvo.
    – CME: A onda mais peligrosa, xa que daña aos satélites e aos transformadores eléctricos do planeta polos que pase electricidade. Daña as comunicacions en todo o planeta. Ten campo magnético: se está orientada ó norte, rebotará inofensivamente na magnetosfera; se está orientada hacia o sur, causaría unha catástrofe global, polos daños que ocasionaría.

  13. Mateo Fdez di:

    O Sol é unha estrela, un astro, que se encontra en constante cambio, ó igual que a Terra. Carece dunha superficie sólida, o que da lugar as mencionadas erupcións solares, pero sen embargo danse outras moitas reaccións tamén importantes, e todos teñen como causa aqueles cambios que se dan no magnetismo do Sol.
    Algunhas destas reaccións son: as manchas solares, lagunas de cor oscura e do tamaño de dúas Terras (máis de 12000 km de diámetro) no caso das máis grandes. En estas dase un arrefriamento desa zona da superficie do Sol, aínda que con matices: a medida que nos acercamos ó centro da mancha, máis se terá arrefriado esa zona; os bucle da coroa, chorros de gas que saen despedidos da superficie solar para logo volver a ela, tomando unha forma de arco. Estes chorros chegan a ser varios centos de veces máis quentes que a superficie. As espículas son aqueles sitios desde onde salen os chorros, que chegan a elevarse ata 9000 km (máis de 10 Everests) a unha velocidade de 30 km/s (sobre 360 veces a rapidez dun Fórmula 1), e desaparecen 15 minutos despois. Por último, temos os gránulos, pequenas (1000 km de diámetro) manchas de cor dorada, tamén de baixa teperatura, que desaparecen en 20 minutos; e as fáculas, pequenos puntos presentes nas manchas pero de maior temperatura, que duran ata que a mancha á que pertencen desaparezca.

  14. Alba Guzmán di:

    A institucion Solar da NASA subrayou que esta situación entra “dentro do que pode suceder con normalidade” dado o actual momento activo do sol, e que “non se pode concluir que teña perigosidade”.Sen embargo, resaltou que dado a que se semella a unha llamarada asimilible a X, trátase dun fenómeno coa capacidade potencial de causar novas tormentas solares maiores cas desta fin de semana polo que deben ser seguidas de cerca.
    Os satélites de observación captaron coma unha eyección da masa 1402 en dirección á Terra. Ahora estudian os tipos de impacto podría ter esta eyección cando chegue a destino, se poidera ser de manera directa ou parcial.

  15. Laura González di:

    yo quería hablaros de algunos de los peligros de la erupción solar:

    Las erupciones solares liberan una cascada de partículas de alta energía conocida como tormenta de protones. Los protones pueden atravesar el cuerpo humano, provocando daño bioquímico. La mayoría de estas tormentas tardan dos o más horas en llegar a la Tierra tras su detección visual. Una erupción ocurrida el 20 de enero de 2005 liberó la concentración de protones más alta medida directamente, que tardó sólo 15 minutos en llegar a la Tierra tras su observación.

  16. David Lamas di:

    Eu quería falar dunha serie de exploradores para a investigación do sol.
    ‘SOHO’: 1995
    O ‘SOHO’ é a mais antiga das sondas enviadas para investigar o Sol. É un proxecto conxunto da ESA (European Espace Agency) e a NASA (Agencia Estadounidense del Espacio y la Aeronáutica), de cullos datos todavía síguense nutriéndo o grupo de alertas de tormentas solares da Universidade de Barcelona.
    ‘ACE’: 1997
    O satélite ‘ACE’ tamén surge da colaboración conxunta entre a ESA e a NASA, e no seu caso proporciona información a outro grupo español de alertas, o da Universidade de Alcalá de Henares. A súa misión seguirá en marcha ata 2024.
    ‘STEREO’: 2006
    O nome do proxecto debese a que consta de dous satélites idénticos, lanzados ao espacio pola NASA fai un lustro. O uso destas duass sondas permite obter imaxes tridimensionais do comportamento do Sol.
    ‘SDO’: 2010
    Lanzada pola NASA o ano pasado, a sonda encóntrase na actualidade na fase orbital. Estudiará os campos magnéticos solares e a súa influencia sobre a Terra durante dez anos.
    Solar Orbiter’: 2017
    Este proxecto da ESA centrará o seu estudo na cara do Sol que non e visible desde a Terra e nos seus polos. En 2018, a NASA lanzará a ‘Solar Probe Plus’, coa que coordinará os seus traballos.

    Aquí vos deixo unha pequena secuencia moi espectacular do sol.

    http://www.nasa.gov/images/content/516921main_x2flare.gif

  17. Sara Otero di:

    En diversos foros sobre esta noticia puiden atoparme con xente que creía este feito como “a fin do mundo”. Realmente, só afectaría a un 1% da humanidade no peor dos casos, onde maís nos veríamos afectados sería na electricidade, que prescindiríamos dela ata que puideran arranxar todolos obxectos eléctricos. Se o que queren dicir é que non poderían sobrevivir sen o seu teléfono móbil, a televisión ou calquera destas novas tecnoloxías durante dúas semanas por exemplo, despois das catástrofes e fenómenos naturais que levamos vivido na Terra ao longo da súa vida, eu pregúntome: “pero que tipo de sociedade creamos?”. Penso que algunha xente dalle demasiada importancia, e seguramente porque non está debidamente informada. É certo (segundo informan) que foi a explosión máis forte nos últimos 5 anos, pero trátase de un “pico dos ciclos solares” máis débil en un siglo. Contrariamente, xa levamos 9 explosiones do rango X neste ciclo, incluíndo a X6.9 do pasado agosto (casi 8 veces máis potente), e non derivaron danos notables. Agora poderemos preguntarnos: e se este ciclo solar é o último en moito tempo? Os modelos actuais de comportamento do Sol din que algo cambiou e os heliosismólogos todavía non detectaron a actividad do futuro ciclo 25. Pensando ademáis na calma do inicio do ciclo 24, leva a pensar a moitos que poden desaparecer as manchas solares ata fins do 2015.
    Por último quero aclarar que o meu comentario non iba con ningunha intención de menospreciar a información aportada polos meus compañeiros, simplemente criticar a postura que pode adoptar a xente sen coñecementos dunha materia científica.

    • Santiago de la Iglesia di:

      Estoy dacordo en que, a sociedade, asustase por cualquer suceso que se expande con moita facilidade grazas aos medios de telecomunicación, que teñen que estar á última e levar toda a atención posible sempre co mesmo obxetivo: gañar beneficios. De todas maneiras, este tipo de sucesos esquécense pronto, xa que perden interese, como está a suceder co cambio climático, coa diferenza de que este sí é un suceso que marcaranos en gran medida.
      Volvendo co tema, o Observatorio Solar Nacional (NSO) en Tucson (Arizona) predice que para o ano 2016 pode que non haxa manchas solares e que o sol non teña máis ata moitas décadas adiante. Un científico do NSO, co nome de Livingston, explica que as razóns da diminución son desconocidas ata agora, e que si a forza segue disminuíndo na mesma proporción, chegará a reducirse ata 1500 gauss para o ano 2016. Se cadra, nos séculos XVII e XVIII, desapareceron, e isto, cando se desenrolaba unha longa etapa de frío na Terra nombrada “Pequena Idade de Xeo”.Eu pregunto, estará afectando este cambio climático a incidentes que lle afecten a Terra? e non pregunto dentro dela, porque supoño que xa vimos imnumerables veces este tipo de catástrofes provocadas por él; refírome tamén ao Universo.

  18. Xisela Lema Díaz di:

    Richard Christopher Carrington foi un astrónomo aficionado inglés que descubriu a rotación diferencial do Sol mediante observacións das manchas solares en 1863. En 1859 el e Richard Hodgson, outro aficionado británico, observaron de forma independente e por primeira vez unha erupción solar. Debido a un “ganchillo” simultáneo observado no magnetómetro do Xardín de Kew e a unha tormenta xeomagnética observada o día siguinte, sospechou de unha conexión solar-terrestre. Incluso ainda que Carrington non descubrira o ciclo de actividade de manchas solares de 11 anos, as observacións da actividade das manchas que realizou tras saber das conducidas por Heinrich Schwabe levaron a que a numeración dos ciclos fágase con seu nome. Por tanto o máximo de manchas de 2002 foi o Ciclo de Carrington. Determinou tamén os elementos do eixe de rotación do Sol, basándose nos movimientos das manchas solares, e seus resultados seguen en uso no siglo XXI. En 1990, a sonda Ulysses foi lanzada para estudar o vento solar dende as altas latitudes solares a diferenza de tódalas as observacións anteriores que se habían realizado en, ou cerca do plano da eclíptica do Sistema Solar.

    George Fitzgerald suxiriu máis tarde que a tormenta estaba regularmente acelerada dende o Sol e chega á Tierra despóis de varios días.

    Carrington realizou as observacións iniciais que levaron a establecimento da lei de Spörer. Tamén suxiriu o fluxo continuo de partículas que fluen hacia o exterior do Sol. É o que logo denominouse vento solar.
    Gañou medaia de ouro da Real Sociedade Astronómica en 1859.

  19. Cristina González di:

    Outro astrónomo importante foi o francés Pierre Jules César Janssen, descubridor do elemento químico Helio, que en 1868 descubriu cómo observar prominencias solares sen un eclipse.
    En 18 de agosto dese mesmo ano, mentres que observaba un eclipse de sol na India, notou unha línea amarela briante cunha lonxitude de onda de 587.49 nanómetros no espectro da cromosfera do sol o que indicaba a existencia dun elemento descoñecido.
    Cando deu a coñecer esto o puseron en ridículo posto que non se había detectado ningún elemento no espacio antes de ser encontrado na Terra.
    O 20 de octubre do mesmo ano, o astrónomo inglés Lockyer tamén observou a mesma línea amarela no espectro solar e concluiu que foi causado por un elemento descoñecido, después de que sen éxito intento probar que era un certo tipo hidrógeno, máis tarde demostrou que tratabase dun elemento novo ata a data: Helio. Un cráter lunar leva o seu nome localizado en 45,4°S, 40,3°E.

  20. Ana Domínguez di:

    As erupcións solares clasifícanse como A,B,C,M ou X dependendo do pico de fluxo de raios X. Cada clase ten un pico de fluxo dez veces maior ca anterior, tendo as erupcións de clase X un pico de orde de 10-4 W/m2. Dentro dunha clase hay unha escala lineal do 1 ao 9, asique unha erupción X2 ten duas veces a potencia dunha X1, e é catro veces mais potente que unha M5. As clases mais potentes, M e X, están asociadas a menudo con varios efectos do entorno espacial cercano á Terra. Ainda que soe usarse a clasificación GOES para indicar o tamaño dunha erupción, é solo unha medición.

  21. Nerea Pardo di:

    Dende fai moito tempo atrás producíronse multitude de tormentas solares das que a mala prensa aproveitouse, atormentando a todos anunciando que se aproximaba o fin do mundo. De sempre existiron estas tormentas pero ¿que perigo poden ter? ¿Acaso é posible que algunha de estas alcance a Terra carbonizando todo ao seu paso?
    As erupcións solares, coñecidas tamén como llamaradas, prodúcense con regulariade pero o seu impacto na Terra é moito menos dramático que nas películas.
    Non hai evidencias para suxerir que algunha vez tiveran un impacto destrutivo sobre a vida na Terra.
    En xeral, non hai moito polo que preocuparse. O Sol é moi estable, unha estrela “aburrida” na metade da súa vida, unha das razóns polas que a vida sobreviviu durante tanto tempo.
    O único efecto devastador que nos pode provocar o sol é unicamente a súa desaparición pero para iso aínda falta uns 5 mil millóns de anos polo que todos podemos quedarnos tranquilos polo momento.

  22. Beatriz Castro di:

    A pasada semana produciuse unha das erupcións solares mais grandes dos últimos ano e, claro está, cando unha exección de masa solar chega á Terra e choca cos polos norte ou sur da magnetosfera terrestre prodúcense os fenómenos das auroras (boreal ou austral, dependendo se é no hemisferio norte ou sur), é dicir, a aparición dunha luz que se proxecta sobre a ionosfera e que, aos ollos dos habitantes da Terra, é un espectáculo de gran beleza. Esta erupción solar derivou nunha labarada catalogada como M8.9 e, como era de esperar, propiciou a aparición de auroras boreais e austrais o pasado día 24 de xaneiro que foron captadas por algúns afeccionados que as publicaron en forma de “timelapses” (técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas que despois son reproducidas a unha velocidade maior á que foron tomadas, creando entón unha ilusión de imaxes aceleradas) de gran beleza.

  23. Cristina Frade di:

    Lin nun comentario anterior que se facía alusión as auroras boreales, fenómeno espacial moi bonito e despampanante.
    “Aurora Boreal” é o nome con que se coñece as auroras polares do hemisferio norte; as do hemisferio sur coñecense coma “Aurora Austral”. O nome “Aurora Boreal” provén de Aurora, deusa romana do amencer, e da palabra grega Bóreas, que significa norte.
    Unha aurora polar prodúcese cando unha cantidade de masa solar impacta cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa proxectada na ionosfera terrestre.
    Tamén foron observadas auroras noutros planetas, como Xúpiter.
    A min esta dende logo deixoume atónita: http://www.google.es/imgres?q=auroras+polares&um=1&hl=es&sa=N&biw=1024&bih=537&tbm=isch&tbnid=Cz9fgisrSiw0uM:&imgrefurl=http://abdel-majluf.blogspot.com/2011/10/auroras-polares-una-danza-de-colores.html&docid=-QRDI56f6G_N1M&imgurl=http://1.bp.blogspot.com/-2ho1QtEYGfo/TqOAl0GMQUI/AAAAAAAAAq8/GJht5LoTVUY/s1600/aurora%25252B2.jpg&w=500&h=375&ei=Z9UuT_7qBsam0QWnq-j7Cg&zoom=1
    Déixovos tamén un enlace cun artigo que atopei sobre as capas externas da terra: http://www.astroyciencia.com/2007/10/30/las-capas-externas-de-la-tierra/

  24. Amir Pose di:

    A enerxia solar como motor do planeta:

    A enerxía recibida do sol, ao atravesar a atmosfera da Terra quenta o vapor de auga nunhas zonas da atmosfera máis que outras, provocando alteracións na densidade dos gases e, por conseguinte desequilibrios que causan a circulación atmosférica. Esta enerxía produce a temperatura na superficie terrestre e o efecto da atmosfera é aumentala por efecto invernadoiro e mitigar a diferenza de temperaturas entre o día e a noite e entre o polo e o ecuador.

    A maior parte da enerxía utilizada polos seres vivos procede do Sol, as plantas absórbena directamente e realizan a fotosíntese, os herbívoros absorben indirectamente unha pequena cantidade desta enerxía comendo as plantas, e os carnívoros absorben indirectamente unha cantidade máis pequena comendo os herbívoros.

    A maioría das fontes de enerxía usadas polo home derivan indirectamente do Sol, xa que o sol pode a través de toda a súa radiación lanzada ser aproveitada como enerxía para os humanos. Os combustibles fósiles preservan enerxía solar capturada hai millóns de anos mediante fotosíntese, a enerxía hidroeléctrica usa a enerxía potencial da auga que se condensou en altura despois de evaporarse pola calor do Sol. A enerxía eólica é outra forma de aproveitamento da radiación solar xa que esta, ao quentar con diferente intensidade distintas zonas da superficie terrestre, dá orixe aos ventos que poden ser utilizados para xerar electricidade, mover embarcacións, bombear as augas subterráneas e outros moitos usos.

  25. Mateo Fdez di:

    Aínda que sei que esta noticia está desfasada, acabo de encontrar unha serie de vídeos nos que móstranse as repercusións da erupción en forma, entre outras, de auroras boreais (e incluso nun vídeo aparece unha estrela fugaz). Moitos destes vídeos impresionáronme gratamente, e, aínda que sexa un pouco tarde, gustaríame compartilo convosco, xa que cando o vin recordei que fora un tema a tratar no blogue: nesta noticia, máis exactamente.

    http://alt1040.com/2012/01/erupciones-solares-y-auroras-la-combinacion-perfecta-para-un-timelapse

    (Nun enlace que aporta esta noticia tamén podemos ver o incrible ataque dun linfocito T a unha célula canceríxena).

  26. Rebeca Vila di:

    O sol envia diversos tipos de radiacións solares. Estas non só contribullen ao efecto invernadoiro, senón que tamén provoca lesións na pel.
    A radiación solar componse de radiación visible e invisible. A fracción invisible da luz, representada polos raios ultravioleta A (UVA) e ultravioleta B (UVB) é a causante da maioría dos problemas de pel.
    Tomar o sol considerouse un hábito saudable, pero un exceso de sol en determinados tipos de pel pode provocar certos problemas, como queimaduras solares, engurras… Os raios ultravioleta son máis intensos e perigosos no verán, en zonas próximas ao ecuador, e en grandes altitudes, pero tamén poden ter unha intensidade significativa nos días nubrados. Constantemente o sol nos envia radiacións.

Deixa unha resposta