Houston, temos un problema

Debido a certas actitudes escépticas (no mal sentido da palabra, se é que ésta pode ter un lado malo) que vimos durante a nosa clase de CMC o último día (se o ser humano chegara á lúa ou non), pareceume oportuno compartir con todos  un documental que os que pertencíamos a 4º ESO A xa vimos o ano pasado, pero que de todos modos nunca está mal repasar.

Este vídeo pertence ós do programa “Escépticos” da ETB (Televisión Vasca), pero que agora só se retransmite por Internet (outros compañeiros xa teñen falado de éste en entradas anteriores).

                         

http://www.docuciencia.es/2011/01/escepticos-%c2%bffuimos-a-la-luna/

Autor: Mateo Fdez

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Sistema Solar, 2. Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Houston, temos un problema

  1. joeltaibo di:

    A verdade que é moi interesante o documental, gústame como o presentador plantexa os problemas e caza as persoas nos seus razoamentos, ainda que non me parece tan raro que se pense algo asi dos americanos, xa que na miña opinión son un pobo que ten un gran poder de convicción e úsano muy ameudo, ademais no momento no que sucedeú o acontecemento, no 1969 os americanos encontrábanse en plena guerra fria (1945_1989), o que daba lugar a una rivalidade brutal por alcanzar metas antes que os rusos.
    Outra cousa que me abraiou e que un neno plantexe unha idea mais elaborada que un estudante de universidade

  2. Yannick Afonso di:

    Esta moi ben este documental,que o fan divertido e máis ameno.
    Como podemos ver hai moita duda e incultura sobre se chegou o home á lúa.
    Está ben que emitan pola televisión estos temas para que máis ou menos a xente se entere do que pasa na nosa vida cotidiá e que é de cultura mínima.

  3. Mila Mosquera di:

    Sinceramente, cando o ano pasado Adela púxonos este documental, cheguei a plantearme se de verdade o home había chegado a Lúa. Despóis de ver o documental de “Escépticos” non quedoume ningunha dúbida.
    Despóis tamén gustaríame engadir que a noticia paréceme moi interesante e entretida, de modo na que está exposta no vídeo.

    Ademáis diso quería centrarme no porqué de negación a que o home chegara a Lúa. Según argumentan, o fraude foi realizado debido a que existía a percepción de que se EE. UU. puña un home na lúa antes que a Unión Soviética, isto significaría a primeira gran vitoria na Guerra Fría -posto que os soviéticos xa foran os primeiros en pór un satélite artificial en órbita (Sputnik, 1957), o primeiro home no espazo, e o primeiro paseo espacial-, nunha década turbulenta para EE. UU. durante a cal só tiña para mostrar unha serie de fracasos, entre os que se destacaban o desastre da Invasión de Baía de Cochos, o asasinato de Martin Luther King, a guerra de Vietnam, o asasinato de John F. Kennedy, o surgimiento da Contracultura do sesenta, etc.

    Aqueles que negan as crenzas conspirativas afirman que leste mesmo argumento faría que fosen os soviéticos os primeiros interesados en detectar unha fraude e os únicos cos equipos necesarios para facelo. Ao non publicar tales probas habería que chegar á estraña conclusión de que eles foron cómplices en contra dos seus propios intereses.

  4. Eduardo Cagide di:

    Eu quero falar do tema de si a bandera ondeaba ou non, basicamente porque cando empecei a ver o video, o primeiro que me preguntei foi como explicarían o da bandeira,isto debeuse a que sen haber visto o video oficial supuxen que a bandeira ondeaba.
    Sorprendeume moito a explicación… bueno en realidade non hai explicación xa que a bandeira nunca ondeou, o que pasa é que a xente confunde os videos orixinais cun “documental” feito por Stanley Kubrick(autor de peliculas como La naranja mecánica, La chaqueta metálica…).
    O “documental” chamase O lado escuro da Lua, e nel intentase negar a veracidade do viaxe á Lua. Gracias ao sitema de EE.UU. de desclasificación de documentos, aos corenta anos de ser archivados como documentais foron desclasificados, facendo sair a luz moitas tramas e proxectos secretos que se tiñan para levantar dudas acerca da veracidade deste tema, por iso actualmente estanse a analizar todos os traballos que teñen algunha relación con este tema.

    • Mateo Fdez di:

      Agora que mencionas a Stanley Kubrick, Edu: tamén circulan estralafarias hipóteses que afirman que nunha das súas películas posteriores (O Resplandor, que tamén mencionas), deixou multitude de “pistas” ou guiños nos cales suponse que Kubrick intenta mandar unha mensaxe no que da a coñecer a verdade sobre a Luna: o número dunha habitación con especial relevancia na historia é igual á distancia da Terra á Lúa (en millas), por exemplo. Aínda que o número total de mentiras é moito maior, este só é un poco exemplo. E, se así xa teñen pouco sentido estas afirmacións, non fan máis que volverse incluso graciosas cando se xuntan cos guiños que ó parecer tamén contén a película sobre a afiliación de Kubrick ós Illuminati. Todo un exercicio de especulación, de novo.

  5. Ayoub Elghotiss di:

    Eu penso que é un documental que esta moi ben, explica a chegada do home a lúa e contrasta esta posición.
    Por outro lado penso que esta noticia non é nada relevante para nos, seguro que hai outras noticias que son moitos mais interesantes, porque esta noticia non vai facer a ninguén cambiar de opinión, xa que é como si fora algo relixioso, unha persoa que non crea que o home estivera na lúa, non vai comezar a crelo porque vexa un ou dous documentales.

    • Mateo Fdez di:

      Sí, é certo, é posible que alguén que mantenga unha idea non a cambie, por moitas probas ou argumentos que lle den, pero así o que sostén é unha actitude terca, sen máis amplitude de miras que a lle permite un terceiro. Poñen de exemplo á Igrexa, co creacionismo: se, por exemplo, contásemos as reliquias que a Igrexa di que ten, algúns santos terían cerca de 20 dedos, e Cristo, sobre seis prepucios. Incluso dentro da Igrexa, debido a que xa incluso eles ven que a súa postura vólvese insostible, e hoxe en día recoñecen incluso o evolucionismo. Pero é a xente, a sociedade, esa amplitude reducida de miras, a que fai que a relixión, como a pseudociencia, e a incapacidade de pensar por nós mesmos, triunfe, e queda tan fortemente arraigada que se chegue a niveles de tontería como en EEUU, un país de primer nivel no que álgúns políticos chegan a afirmar que non existe o cambio climático e rexeitan do evolucionismo (en algúns estados -como Texas- existe un estricto control sobre os libros de texto, e se castiga se van contra a Biblia).
      En fin, quería remarcar, en xeral, que non hai peor cego que o que non quere ver, pero que non por ello a ciencia deixa de ser ciencia e verdade. Hai fes ou creencias diferentes e moi distintas: pero só unha verdade, a científica.
      http://www.docuciencia.es/2011/12/escepticos-%c2%bfhijos-de-dios/

  6. Victoria Zherdeva di:

    A min gustóume o documental e parecenme moi intesante e entretenido, pero tamén estou deacordo con Ayoub, xa que por moito que lo pongamos en dubida non podremos demostrar o contrario, pero tampouco podremos afirmar con certeza o que di a xente. Son cousas da FE e das creenzas de cada un de nos.

  7. Olalla Manteiga di:

    Este documental foi moi interesante e ségueo sendo. Eu particularmente teño moi claro que o Apolo 11 despegou aquel 16 de xulio de 1969 rumbo a un satélite ata aquela descoñecido para rematar pisándoo por primeira vez. Paréceme inquietante que aínda hoxe haxa un bo número de persoas que manteñan que todo foi unha montaxe para facernos crer o que nunca pasou. Segundo os que cren que foi un fraude, ao parecer mostran imaxes “imposibles” ou “inexplicables”. Tamén pensan que isto estaba planeado e que as imaxes foron grabadas nun estudio. Cada un é libre de pensar o que queira, pero na miña opinión hai mellores argumentos a favor que en contra, e bastante claros.

  8. Alexandra Parceiro di:

    Este video xa foi subido nunha noticia do ano pasado, sobre este tempo, por Adela; así que se queredes máis puntos de vista da noticia deixovos o enlace:
    http://ies.fernandowirtz.ccmc.climantica.org/2011/01/19/fomos-a-lua/

    Eu estou de acordo con Ayoub Elghotiss e Victoria Zherdeva en que ainda que fagan millons de videos deste tipo habera xente que diga que non fomos a Lua, só por levar a contraria.

    O video esta moi ben feito, é sinxelo, pero explica as cousa dunha forma clara coa que calquera persoa poderia entendelo.

    As principais persoas que negaron a chegada do home a lua foron:
    -Bill Kaysing: antigo empregado do Departamento de Publicacions de Rocketdyne(empresa contratista da NASA). Ainda que era licenciado en literatura inglesa e non tiña formación técnica, publicou en 1974 o libro Nunca fomos a Lua, o que convertiuno no pai da hipótesis do fraude lunar.
    -David Percy: experto en fotografía e audiovisuais. Autor do documental ¿Qué sucedeu na Lua?, sosten que os erros nas fotografías lunares son tan obvios que el cree que foron feitos a propósito por personal interno da NASA para avisar ao público sobre o montaxe.
    -Bart Sibrel: periodista e director de cinematografía. Autor do documental “Algo extraño sucedeu na viaxe a Lua”. Afirma que todos os viaxes tripulados a Lua foron falsos.
    -Richard Hoagland: ufólogo e denunciante da conspiración. Sosten que os astronautas encontraron extraterrestres na Lua e a NASA decidiu ocultalo trucando as fotografías.
    -Jack White: fotógrafo profesional. Denunciante de aparentes irregularidades nas fotografías tomadas no satélite. Analiza detalladamente na sua publicación as moitas fotografías dos vos Apolo comparándoas entre elas e mostrando coincidencias que según el proban que aún sendo certos os vos a lua, as imáxenes mostradas non proceden da Lua.

    Defensores
    da chegada do home a lua:
    -Todos os astronautas das misions Apolo (que voaron) corroborado que estiveron na sua superficie cos seus testimonios, en múltiples entrevistas e conferencias, sendo o máis activo Edwin Aldrin.
    -A comunidade científica internacional en xeral respalda a veracidad dos vos.

    En conclusión, os que negan a chegada do home a Lua, ningun dos que mencionei, ten algun estudo cientifico, o que significa que apenas poden dar explicación sobre algo que apenas coñecen.
    Ademáis chamoume a atención destas persoas que mencionei Richard Hoagland, porque é un ufólogo (ciencia que cree nos extraterrestres e nos ovnis, en español tamén chamase Ovniloxía) e esto é unha pseudociencia, o que da a entender porque pode ser capaz de negar a chegada do home a Lua, pois se cree na existencia de ovnis porque non vai creer que a chegada do home a Lua é falsa.

  9. Yolanda Bermúdez di:

    A min a noticia non me parece moi interesante ainda que o documental non me aburriu, pero queria recalcar a parte onde esta na universidade e di o do segredo, eu creo que se de verdade non foron a la lua e os demais paises o sabian non dixeron nada por pura conveniencia nada mais, e que alomellor non volvemos a lua porque non compensa por x motivos.

  10. Evelin López di:

    Todo comezou cando o presidente Kennedy, en 1961 propuxo a idea de que o home tiña que ir a Lúa, e regresar a salvo á Terra.
    A continuación, comezan os programas espaciais Mercury e Gemini, e de ambos surxiría o proxecto Apolo.
    As naves espaciais Apolo constaban dun módulo de control, un servizo e un módulo lunar. Había varios voos non tripulados e doce misións tripuladas, dos cales seis chegaron a alunizar.
    O Apollo VII foi o primeiro voo tripulado, pero Apolo XI sería o primeiro en conseguir alunizar. A súa misión era andar na lúa e recoller mostras da superficie lunar.O programa tiña dúbidas sobre os efectos da gravidade lunar sobre o comportamento dos astronautas na súa mobilidade e da mente. Por outra banda, ninguén sabía se podería volver contaminado, polo que preparou unha corentena.
    O 20 de Xullo, a nave espacial Columbia estaba dentro da órbita lunar. Aldrin e Armstrong dirixeronse o Eagle, mentras Michael Collins que permaneceu na nave principal, lles cerraba a comporta as suas costas.
    O Apolo conseguiu finalemente a misión de aterrizaxe.
    As primeiras palabras que a televisión retransmitiu de Armstrong, foron:
    “Estou ó pé da escalerilla. As patas do Águila só han deprimido a superficie uns cantos centímetros. A superficie parece ser de gran moi fino, cando vese de cerca. É casi un po moi fino. Agora salgo da plataforma.”

  11. Carlos García di:

    A actitude de ”¡Se non o vexo nolo creo!” é propia dos partidarios das conspiracións. Sen embargo, cando unha nave tripulada como o Apolo 11 realiza unha viaxe polo espacio permanece en contacto radioeléctrico coas estacións de seguimiento na terra. Estas estacións medían a velocidade da nave, a súa posición e comprobaban que non se apartara da súa órbita. Non eran datos secretos, senon todo o contrario. Calquera particular equipado cun radiotelescopio podería “oír” ao Apolo. Incluso os rusos seguían ás naves americanas.

    Se todo houbera sido un fraude, houbesen sido precisamente os soviéticos os que denunciaran isto. A chegada do Apolo á Lúa foi unha gran derrota para o réxime soviético. Chegouse á lúa nunha acción propagandística mais que científica, pero se chegou. Asumindo uns costes e uns riscos que hoxe ninguén quere asumir. Non entendo este gusto de negar sistematicamente algo que ocurriu. Algo que foi moi bonito. Algo que no fondo so se debia á competencia entre USA y URSS.

  12. Ana Domínguez di:

    Sin duda a noticia máis interesante ata agora, o que mais me sorprendeu foi a ignorancia que hai no noso país, sobre todo de estudantes universitarios, creemos que todo o que vemos en Internet é certo,e iso non debería de ser así. A tripulación do Apolo 11, composta polo comandante da misión Neil A.Armstrong, de 38 anos, Edwin E.Aldrin Jr. De 39 e Michael Collins de 38 defenderon sempre a través dos medios de comunicación a sua chegada a Lua. Porque como ben dixo Adela hoxe en clase, coa rivalidade dese momento con Rusia, se isto fora un montaxe como é que nunca Rusia se pronunciou sobre el? E cos avances que hai hoxe en día, creedes que non nos houberamos enterado de que foi todo un montaxe? Creo que hai bastantes argumentos que confirman a chegada dos norteamericanos á Lua en 1969.

  13. Paula Manteiga di:

    Como xa di Alexandra, esta noticia xa a fixéramos o ano pasado.

    Neste comentario gustaríame falar dun libro feito por Bill Kaysing y Randy Reid en 1974, “Nunca fuimos a la Luna”.No seu libro We never went to the Moon (No fuimos a la Luna), Kaysing di sin probas que o incendio do Apolo I o 27 de xaneiro do 1967, no que morreron os tres astronautas que fixeran o primeiro voó tripulado dunha cápsula Apolo, non foi un accidente senon un triple asasinato. Tambén afirma e tambén sen probas a morte de Thomas Ronald Baron, inspector de Control de Calidad da North American Aviation, cando o seu automóvil foi embestido por un tren despois de dar testimonio frente o Congreso, en audiencias polo incendio do Apolo I, otro asasinato.
    Tambén presenta uns argumentos que formarían durante décadas un debate. Entre sus argumentos están:
    – A NASA carecía dos recursos técnicos para colocar un home na Luna e de facelo regresar sano e salvo á Tierra.
    – A ausencia dun cráter embaixo do motor do LEM tal como o mostraban os dibuxos artísticos publicados pola NASA un tempo antes do alunizaje.
    – A ausencia de polvo lunar levantado polo motor de descenso del LEM sobre as patas do mismo, o cual as fotos do Apolo I muestran inmaculado, a pesar que o vídeo del descenso de esa misión mostra unha gran cantidade de polvo levantado polo motor.
    – “Inexplicables” anomalías ópticas nas fotografías tomadas na Luna.
    – A ausencia das estrellas enas fotos dende a superficie lunar.

    Hoxe en día moitos destes argumentos xa están resoltos como vemos no vídeo.

    Na miña opinión persoal non sei se fomos ou non, pero se fomos debería decir que foi un gran paso na tecnoloxía debido a época na que se realizou o viaxe. E se non, pois que os realizadores de esta especie de “película” foros moi bós polo simple engaño que fixeron hacia miles e millóns de persoas.

  14. Sabela Escourido di:

    Durante o auxe da guerra frita os Estados Unidos e a ex Unión Soviética competían en moitos campos, xa sexa a espionaxe, as armas de destrución masiva e mesmo por chegar á última fronteira, o espazo exterior. O gañador desta “carreira” inmortalizaríase na historia tras demostrar o seu poderío e chegar primeiro á Lúa para cumprir os obxectivos da misión espacial.
    En primeiras instancias a U.R.S.S. gañara vantaxe cando puxeron en órbita o satélite artificial Sputnik, o 04 de outubro de 1957, similar a unha esfera de aluminio que medía pouco máis de medio metro de diámetro e pesaba 83 Kg. Este satélite contiña dous medidores de temperatura e un de electróns, non obstante cumpriu a súa misión: viaxar ao espazo, orbitar a terra e ferir o orgullo estadounidense.
    Como resposta ao avance da ex Unión Soviética, os norteamericanos lanzaron o Vanguard I, o cal foi un total fracaso filmado, debido a que o lanzador se desbaratou a poucos metros do chan. Mentres tanto os rusos conseguiron enviar o primeiro ser vivo ao espazo exterior, a perrita Laika, quen tamén se converteu na primeira vítima en morrer por falta de osíxeno.
    O 12 de abril de 1961 os rusos envían a Yuri Gagarin, o primeiro cosmonauta, quen estivo a orbitar entre os 181 e 327 quilómetros de altitude por 108 minutos. Despois de cinco anos máis, os científicos da ex Unión Soviética logran aterrar na Lúa coa Lunik 2, aparato que tras despregar as súas antenas retransmitiu as primeiras imaxes da superficie lunar.
    Os estadounidenses xa desmoralizados ante a inminente derrota fronte aos rusos, son motivados polo Presidente John F. Kennedy, quen a través dun comunicado televisivo promete concentrar o seu esforzo e recursos para enviar o primeiro home á Lúa.

  15. Nildes Abella di:

    Non me cabe ningunha dúbida, de que realmente pisamos a Lúa.
    A idea de que a chegada do Apollo a Lúa foi trucada xurdiu fai bastante tempo, aínda que inicialmente só eran dudas, rumores e especulacións, tomou unha forza impensada a partir dun documental emitido pola canle FOX en 2001, chamado “Teoría da Conspiración: ¿Aterrizamos na Lúa?”, presentado polo actor Mitch Pileggi. No programa recopilaron unha serie de probas que se desmontan no video, q supostamente, demostraban que o home non chegou a pisar nunca a Lúa.

    Houston, temos un problema é unha popular pero errónea cita dunha frase do astronauta Jack Swigert. Curiosamente foi dita durante a accidentada viaxe do Apolo 13.
    Ademáis a frase real de Swigert foi: Ben, Houston, tivemos un problema aquí (en inglés: “Ok, Houston, we’ve had a problem here”). Unha gran cantidade de luces de advertencia encendérase indicando a pérdida de dous das tres fontes xeradoras de enerxía.

    Tamén chamoume a atención mentras buscaba sobre o tema a forma de volver á Terra, porque sí chegaron a Lúa pero como regresou o Apolo 11?Estaba prevista unha amerizaxe pero Houston lles informa de que hai posibilidades de temporal na zona prevista e redirixen o Apolo 11 a unha zona con tempo estable, ó sudoeste das islas Hawái, donde serán recollidos no Océano Pacífico. Despois dalgunhas complicacións por fin conseguen amerizar ás 18:50 do 24 de xulio.

  16. Thiago Echevarría di:

    Eu creo plenamente que o home ha pisado a lúa. Pero tiña dúbidas, se en realidade a pisarou en 1969. Pensaba que podía ser mentira, xa que se decía que a bandeira de Estados Unidos moviase , sabendo que na lúa non hay vento ; e tamén pola foto que non aparecía ningunha estrela no ceo. Despois de ver ese magnífico video xa se me aclararon todas as dúbidas , e sorprendeume que estudiantes da universidade aínda tenha dúbidas sobre a pisada do home na lúa ; e tamén da asombrosa explicación que deu o neno sobre porque non aparecía ningunha estrela nas fotos.

  17. Beatriz Castro di:

    A chegada da nave Apolo 11 á Lúa, como xa citan varios dos meus compañeiros, realizouse o 21 de Xulio de 1969. As imaxes foron gravadas desde tres estacións terrestres: Goldstone, en California, as australianas Honeysuckle Creek e o observatorio Parkes, de onde proceden novas secuencias. De feito, foron os equipos australianos os que filmaron os primeiros minutos.

    O vídeo estreado en Sydney amosa algúns momentos do paseo espacial. Apréciase unha clara imaxe do momento en que Armstrong baixa as escaleiras do módulo lunar, que foi captada polo observatorio Parjes e Honeysuckle Creek.
    Atopar estas cintas non foi fácil, segundo Sarkissian. O astrónomo asegura que durante unha década buscou as cintas orixinais gravadas en 1969.

    O vídeo difundido agora é o resultado de seleccionar imaxes procedentes de numerosas cintas. Grazas as súas pescudas déronse conta de que nos anos oitenta alguén fixo unha copia en VHS da gravación realizada en Honeysuckle Creek. Un fan das misións Apolo conseguiu unha copia desta, que foi localizada polo equipo de Sarkissian. A pesar do seu estado, foi restaurada e lograron obter unha imaxe máis nítida e luminosa do comandante Armstrong descendendo á superficie lúa.

  18. Diana Pérez di:

    Centos de radio-operadores y astrónomos lograron rastrear as misions e seguir a sua fonte ata a Lua, de feito ata se observaron os restos dos módulos lunares na superficie do satélite e máis importante aun o xefe do Programa Espacial Soviético felicitou en privado ao xefe da NASA tras ca unha das Misions Lua da Unión Soviética captara os restos do Módulo Luar no Mar da Tranquilidade. Por outra parte grazas ao xefe de inxenieros da Axencia Espacial Soviética Vasali Mishin e o seu libro “The Moon Programme That Faltered” sabemos que la URSS utilizou a última tecnoloxía de intelixencia militar para rastrear ao Apolo 11 e interceptar as suas comunicacions, e que tras confirmar o éxito do alunizxe do Apolo 11 o Programa Luar Soviético se derrumbou por completo.

  19. Santiago de la Iglesia di:

    A importancia destas organizacións escépticas teñen tanta importancia que sin elas non se poderían crear leis que confirmasen teorías certas. Tanto no mundo da ciencia como no de calquer ámbito do saber, é dicir, das pseudociencias. Necesítase xente que ponga en dúbida ideas e conceptos que carecen de proba empírica ou que se dan por feito (dogmas). No caso das dogmas de fé, os escépticos, mellor é que non fagan nada se non queren marchar cun lategazo nas costas.
    Se recordades, na filosofía antiga estivemos a ver unhas escolas do periodo ético. Entre elas, unha con moita importancia foi a Escéptica, cuxo fundador foi Enedesimo I, e o seu primer filósofo considerado “escéptico”, Pirrón. Este último dedicábase, básicamente, a non afirman nin negar nada, especificando, unha costante indagación e análisis crítico de calquera rama.
    Hoxe en día, esta prática teñe moita tendencia na ciencia (escepticismo científico). Un científico escéptico evalúa cualquera afirmación basándose na verificabilidade, falsabilidade e repetitividade en lugar de aceptar afirmacións ou teorías basadas na fé (como xa mencionei antes).

  20. Sara Otero di:

    Persoalmente, nunca me plantexei a idea de se realmente chegamos a Lúa. Cando mo dixeron era unha nena pequena, e penso que, como todos os demáis, eramos moito máis inxenuos e creíamos todo o que nos dicían, así que non se me plantexou ningunha desconfianza. Ademáis, agora que xa teño máis razón de ser, si que puiden dudar, pero grazas a este vídeo, non cabe ningunha dúbida.
    Gustaríame compartir un video no que Luis Ruiz de Gopegui (máximo responsable da base que tiña a NASA na serra de Madrid) explica como viviron aquí en España esta viaxe histórica. A NASA escollera España como a antena que retransmitía todolos datos que chegaban desde o Apolo 11 ata o centro espacial de Houston (imaxes, sonidos e indicadores biomédicos como o pulso e a tensión arterial).
    Luis explícanos a maniobra que realizou a nave, que foi máis complicada do que se cre, pois desprendeuse do módulo de mando e comezou a descender. Outro problema chegou no momento da alunizaxe, pois equivocáranse en 6km dos cálculos que fixeran e estaban rodeado de rochas grandes que impedían o traballo. A tensión volveuse todavía máis forte cando o astronauta díxolle: “30 segundos”, o que singnificaban “30 segundos de combustible”. Se tedes ocasión, vede o vídeo. A mín pareceume do máis interesante e sorprendente.
    http://www.elmundo.es/especiales/2009/07/ciencia/llegada_hombre_luna_1969/testimonios/index.html

  21. Nerea Pardo di:

    A min pásame igual que Sara. Dende pequena sempre escoitei que o home fora á lúa e nunca o puxen en dúbida. De feito cando o ano pasado Adela nos puxo o vídeo non entendía como alguén pode poñer en dúbida un feito tan importante e constatado.Probablemente eu nunca o dubidei porque non escoitara o contrario e sobre todo non vira nada en Internet.Creo que ese é o maior problema de todos.Moita xente pensa que porque algo apareza en internet ou nun libro xa é certo e non se para a pensar por un mesmo,a buscar información, e sacar a súa propia conclusión. Simplemente aceptan as ideas que leen porque como eles non comprenden a tecnoloxía necesaria para ese viaxe simplemente din que non existe.
    O que me pareceu mais interesante e á vez preocupante foi o feito de que ningún dos universitarios que aparecen na reportaxe cree que o home chegou á lúa.Isto faime pensar que se estas son as xeracións futuras, vaia futuro nos agarda se non somos capaces de crer en ciencia e tecnoloxía pero si en conspiracións e pseudociencia.

  22. Cristina Frade di:

    Eu como a maioría dos meus compañeiros tamén estou completamente convencida de que chegamos á Lúa, por que? Polo simple feito de que igual que me creo que Nova York está ao outro lado do Atlántico e non o vexo, por que non ía crer na alunizaxe dos norteamericanos en 1969? Non temos que seguir á extendida regra que se menciona anteriormente de: “se non o vexo non o creo”.
    Ademáis creo que non queda máis que remitirnos aos feitos e probas para ratificar a chegada do home á superficie lunar, e máis coas aclaracións deste interesante documental.

Deixa unha resposta