O noso salvavidas!

Google é a ferramenta de navegación pola Internet máis utilizada  para facer calquera pescuda na web no noso planeta

Pero é que ademais disto, non para de facer marabillas para todos nos, o último que sacaron foi unha ferramenta, que penso que para o noso profesor de matemáticas Quique e todos os matemáticos non os deixara indiferentes, xa que en Google podemos poñer unha función e nola representa, podemos introducir calquera multiplicación, división, suma, o que sexa e temos o resultado.

Poderiamos decir que isto é maxia, pero mentiriamos porque isto é pura ciencia e innovación coa cal o noso mundo esta cambiando dunha maneira incrible.

Máis información aquí.

 

Autor: Ayoub Elghotiss

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to O noso salvavidas!

  1. mateogarcia di:

    Google é unha empresa creada por Larry Page e Sergey Brin como resultado da súa tese doctoral, cuxo fin era mellorar as búsquedas por internet. Google foi rexistrado en 1997, e pronto estrearon o motor de búsqueda, que superou ó outro máis popular da época, o AltaVista.
    Pero Google ofrece máis cousas aparte do xa coñecido buscador, tales como: o servizo de correo electónico Gmail, o navegador Google Chrome, o mapmundi Google Earth, e a recente rede social Google+.

  2. Olalla Manteiga di:

    Navengando por internet atopei esta curiosidade sobre google e as matemáticas. Aínda que pouca xente o saiba a empresa fundada por Larry Page e Sergey Brin non foi a que creou o termo Google, polo menos na pronunciación. A idea do nome veu dun termo: Googol. O termo gúgol (Do inglés googol) foi acuñado no 1938 por Milton Sirotta, un neno de 9 anos, sobriño do matemático estadounidense Edward Kasner. Kasner anunciou o concepto no seu libro “Las matemáticas y la imaginación”. Este termo equivale a dez elevado a cen. Un gúgol é maior que o número de átomos do Universo coñecido. O número máis grande que representan as calculadoras científicas equivale a 0.99999999 gúgols.

  3. Nerea Pardo di:

    Eu quero contarvos as orixes de Google e quen o creou.
    Todo comezou cando Larry Page e Sergey Brin coñecéronse en 1995, cando tiñan 24 e 23 anos respectivamente, en un acto organizado pola Universidade de Stanford. Ambos tiñan un obxetivo en común: conseguir información relevante a partir dunha importante cantidade de datos. En xaneiro de 1996 iniciaron a súa colaboración nun buscador chamado BackRub. Larry empezou a traballar na forma de conseguir un entorno para os servidores que funcionara con PCs de gama baixa e que non necesitara de potentes máquinas para funcionar.

    Un ano despois,a tecnoloxía utilizada por BackRub para analizar as ligazóns empezaba a ser coñecida en todo o campus, obtendo unha gran reputación. Era a base sobre a que se construiría Google.

    O nome provén dun xogo de palabras co término “googol”, acuñado por Milton Sirotta, sobriño do matemático norteamericano Edward Kasner, para referirse ao número representado por un 1 seguido de 100 ceros. O uso do término reflexa a misión da compañía de organizar a inmensa cantidade de información dispoñible na web e no mundo.

  4. joeltaibo di:

    O crecemento desta empresa paréceme abraiante xa que comprou unha serie de empresas como que fixeron que google sexa un dos buscadores mais importantes do mundo, DoubleClick, ou Motorola Mobility a mas recente adquisición de google, que fara que google controle a maioria do mercado de teléfonos android.
    Este crecemento ten lugar dende o 1997 e quen sabe como seguirá a crecer google

    • Naomí Mosquera di:

      Google comprou a división de móviles de Motorola por 12.500 millons de dólares. Os motivos da compra centranse en potenciar o desarrollo e adopción de Android como plataforma móvil, de esta forma Google deixa clara que unha das suas intencions é unha incursión forte e definitiva no mercado móvil.
      O adquirir unha empresa tan grande como Motorola pasan a controlar non solo o desarrollo do sistema operativo, senon dun segmento dos dispositivos onde se instala o sistema operativo. Ainda que Google pasará a competir con grandes empresas como LG, Samsung, HTC o Sony Ericsson en términos de hardware tamén serán axentes de innovación en ese campo, empuxando a todo o sector a adoptar cambios e melloras de forma máis veloz.

  5. Paula Manteiga di:

    Eu penso que a páxina de Google hoxe en día e moi importante no uso do internet.
    Na búsqueda de información ou para calquera uso, pero tamén tiña que ter restrinccións en páxinas seica Google tamén contén información negativa cara as persoas e máis cara os rapaces e rapazas.
    Hoxe en día o uso de internet é importantísimo para a xente nova, e iso pode traer moitos problemas.

    • Victoria Zherdeva di:

      Yo estoy de acuerdo con Paula, pero también hay cosas que no son lo que queremos encontar al realizar la busqueda. También hay casos en los que la información que hemos encontrado no es del todo cierta o válida, pero aun así no podemos vivir sin internet.

  6. Nildes Abella di:

    Ademais das útiles ferramentas que pon a nosa disposición google como os mapas de Google ou Google Earth , tamén colabora ca fomentación da ciencia nos xóvenes co seu concurso Google Science Fair.
    A compañía californiana acaba de convocar a segunda edición do dito concurso, o plazo de candidaturas acaba o 1 de abril. Teñen tamén como socios organizadores ó CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), a xugueteira Lego, National Geographic e a revista Scientific American.
    O esforzo pode merecer a pena xa que o primer premio é un viaxe ás Illas Galápagos, xunto os seus pais e unha beca para estudos por valor de 50.000 dólares otorgada por Google.
    Este certamen pretende que os adolescentes se interesen por temas como a ciencia, a tecnoloxía, a inxeniería e as matemáticas

    Por último destacar unha frase de TH Culhane, explorador de National Geographic:
    “Se os xóvenes perderon o interese pola ciencia é porque creo que asociárono a algo aburrido, irrelevante e complexo. Sin embargo, ciencia simplemente significa coñecemento, e todos nacemos querendo saber”

  7. Santiago de la Iglesia di:

    Antes de que Google incorporase esa ferramenta de representación de funciones e, claramente, multiplicar, dividir, sumar… xa existían dende fai tempo calculadoras de bolsillo que permitían estas operacións. Por exemplo: as calculadoras gráficas, que son capaces de representar gráficas, resolver sistemas de ecuacións e realizar moitas outras tareas con variables. Tamén había programas que precisaban a súa descarga que cumplían esta función no ordenador, por non decir as que se encontraban online.
    Por outra parte, sí, Google paréceme un increíble navegador da web que nos facilita millóns de resultados creados por persoas, moitas veces que se poñen dacordo para encontrar as respostas máis correctas posibles, como “Wikipedia”. A pesar das moitas posibilidades, a maioría delas non son exactas e outras están equivocadas, polo tanto paréceme unha mala fonte de buscar información se esta depende de vida o morte, ou de aprobar ou suspender un exame.

  8. Sabela Escourido di:

    Eu vou a falar dunha da empresas que compro Google, DoubleClick.
    DoubleClick é a base tecnolóxica de publicación e Xestión de anuncios para os compradores, creadores e vendedores de medios dixitais do mundo.
    Foi creada por Kevin O’Connor e Dwight Merriman en 1995. IAN e a división de DoubleClick de Poppe-Tyson (unha división de Bozell, Jacobs, Kenyon & Eckhardt advertising) fusionáronse nunha nova empresa chamada DoubleClick en 1996. DoubleClick foi unha das primeiras empresas en representar aos sitios web para que ofrezan espazos publicitarios aos vendedores. En 1997 comezou a ofrecer servizos de publicidade en liña e xestión da tecnoloxía que desenvolveran para outras editoriais, como os servizos de DART. Durante a crise das punto-com, DoubleClick abandonou o seu negocio de medios, e hoxe céntrase en subir os anuncios e presentar informes do seu rendemento. A principal liña de produtos da empresa é coñecido como DART, que está deseñado para os anunciantes e editores.
    Google impúxose a Microsoft e comprou DoubleClick por 3.100 millóns de dólares.

  9. Thiago Echevarría di:

    Os vou falar un pouco dun dos creadores de google, e as dúas aplicación sorprendentes de google :

    Sergey Mijaylovich Brin é un empresario ruso, de orixen xudío, coñecido por ser un dos creadores de Google e cun patrimonio estimado en máis de 17,5 mil millones de dólares.

    -Google Earth

    Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información xeográfica (SIG), creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imáxenes en 3D do planeta, combinando imáxenes de satélite, mapas e o motor de búsqueda de Google que permite ver imágenes a escala dun lugar específico do planeta.

    -Google Street View

    Google Street View é unha característica de Google Maps e de Google Earth que proporciona panorámicas a nivel da rúa(360 grados de movimento horizontal e 290 grados de movimento vertical), permitindo a os usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as suas áreas metropolitanas circundantes.

  10. Cristina Frade di:

    Outra das empresas que posúe Google é YouTube.
    YouTube como todos sabemos é unha páxina web na que se poden compartir e visualizar vídeos de todo o mundo.
    Foi creada por tres antigos empleados de PayPal en febreiro do ano 2005 e adquirida por Google Inc. en outubro de 2006 polo “módico” prezo de 1.650 millóns de dólares.
    Usa un reproductor en liña basado no Adobe Flash para servir o seu contido.
    Pese as normas de YouTube de non amosar vídeos con contenidos con dereitos de autor, atópamonos cunha inmensa cantidade deles.
    Nos blogues e outros sitios electrónicos similares a este pódense insertar vídeos de YouTube utilizando API ou un código HTML.

  11. Mila Mosquera di:

    Como curiosidade quero engadir que a orixe das cores que forman o nome de Google baseáse en que o ordenador orixinal que se utilizou para o proxecto Google estaba contruído con LEGO. Así e: bloques de Lego azuis, vermellos, amarelos e verdes.
    Tamén a palabra Google provén de “Googol” (pronunciado Gúgol), palabra creada polo matemático Edward Kasner e que significa dez elevado a cen.
    1 gúgol = 10 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000

  12. Vladislav Babenco di:

    Vou profundizar nunha variante moi utilizada: Google Earth. O Google Earth é un programa informático moi parecido ao SIG (Sistema de Información Geográfica ) creado pola empresa Keyhole que permite en 3D do planeta combinando entre o motor de búsqueda de Google e os satélites para ver imaxes a escala.

    Nun principio este programa pertenecía a Keyhole sendo un programa de pago ata que Google o comprou o 27 de outubro de 2004. O 21 de maio de 2005 pasou a chamarse Google Earth, aparte disto pasou a ser un software gratuito (sen pago). Neste programa tamén se incorporou Maps: unha aplicación que sirve para encontrar as rúas desexadas, así como avenidas, plazas, etc…

  13. Yannick Afonso di:

    A verdade é que Google foi un gran invento para todo o mundo xa que sen ela non poderíamos bucar todas as cousas que buscamos a xente todo o día.
    Google foi fundado en septembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin, dous estudantes de doctorado de Stanford.En Xaneiro de 1996 iniciaron unha colaboración nun buscador chamado BackRub. Larry empezou a traballar na forma de conseguir un entorno para os servidores que funcionaran con PCs de gama baixa e que non necesitará de potentes máquinas para funcionar. Un ano despois, a tecnoloxía utilizada por BackRub para analizar os links empezaba a ser coñecida en todo o campus, obteniendo unha gran reputación. Era la base sobre a que se construiría Google.
    O nome proviene dun xogo de palabras có término “googol”, acuñado por Milton Sirotta, sobrino do matemático norteamericano Edward Kasner, para referirse ó número representado por un 1 seguido de 100 ceros. O uso do término reflexa a misión da compañía de organizar a inmensa cantidade de información disponible nla web e no mundo.

  14. Xisela Lema Díaz di:

    Google, é un dos buscadores ao que máis recurre a xente. Axúdanos a encontrar páxinas, blogs etc, por desgraza, agora coa ley sopa ( Stop Online Piracy Act), presentada na cámara dos representantes o 26 de octubre do 2011 por Lamar S. Smith, non poderemos recurrir a google para a descarga ou vista de películas en internet, algo que nos afecta e afectará a todos. Xa se han dado casos, de persoas que subiron información a seus blogs ou páxinas dende megavídeo o outras páxinas que o goberno de USA ha cerrado.
    O proxecto de lei extende as competencias do Departamento de Xusticia dos Estados Unidos e amplía as capacidades dos propietarios de dereitos intelectuais para combatir o tráfico online de contenidos e productos protexidos, xa sea por dereitos de autor ou de propiedade intelectual. Entre estos pódense contar, por exemplo, música ou cancións, películas, libros, obras artísticas e productos copiados o falsificados que non tributan as correspondentes tasas aos propietarios de seus dereits de autoría ou invención.

    (xa han cerrado megavídeo, e varios reproductores online).

  15. alberto amor di:

    A dicir verdade,Google é moi importante para a nosa vida xa que agora,non poderiamos vivir sen el,tanto na búsqueda da información coma para calquera cousa que desexamos saber e temos ó alcance dun só click

  16. Victoria Rodríguez di:

    Eu vouvos falar de “Google Groups“, que é un servizo que almacena tódolos servizos publicados por ‘newsgroups’de Usenet dende 1981. Esta é a información que tiñan indexada a compañía ‘Deja News’ antes de que fose adquirida por Google no 2001.

    Os ‘newsgroups’ de Usenet eran grupos de discusión en Internet surxidos en 1979 nos cales os usuarios debatían sobre moitos asuntos, divididos en centenares de grupos. Aquí atopase unha gran colección dos feitos máis destacables ocurridos dende 1981, e que tiveron reflexo en Usenet. Por exemplo, a primeira mención a Microsoft ou a primera discusión sobre o SIDA.

    ‘Google Groups’ permite realizar búsquedas dentro de toda esta información almacenada, e ademáis ofrece a posibilidade de postear cuestións dentro dos grupos, sempre que se dispoña dunha conta de usuario en Google.

    Ademáis, dende maio de 2004, ‘Google Groups’ permite crear os nosos propios grupos personalizados referentes a calquer tema (diferentes aos xa existentes de Usenet), inscribirse noutros que creen outros usuarios, ou facer un seguimento (vía feeds) dos contidos dos grupos.

  17. Alexandra Parceiro di:

    Google tiña 21 805 empleados (16 de xulio de 2010)e Ingresos 23 651 millones de dolares(2009).
    Vou nombrar dous aplicacións de Google que nunca oira delas:

    -Google AdSense é un dos productos da Rede de publicidad online de Google. Basicamente, permite os editores obter ingresos mediante a colocación de anuncios nos seus sitios Web.

    -Google Latitude é un servizo basado na localización móvil desarolada por Google. Permite a un usuario celular que outras persoas da sua lista de contactos (Google) podan rastrear onde esta ubicado.
    Calquer persoa que desee utilizar o servizo debe autorizar ao sistema e aceptar ser localizados.

  18. Yolanda Bermúdez di:

    Google convirtiuse nun emblematico caso de complicidade pola censura ao haber pactado co goberno Chino os contenidos das suas paxinas,a actualmente e como parte da sua estratexia comercial de búsqueda de novos mercados,os resultados do buscador orientados ao usuario chino sufren un filtrado previo, que ainda informando de ello, os resultados que poden ser contrarios as políticas do Gobierno. Tamen outro navegador e o Google Chrome descarga graturita e o tercer navegador mais usado en internet cunha cuota no mercado con 7,16%.

  19. Sara Otero di:

    A variante que nos ofrece Google coñecida como Google Earth, da que xa falaron moitos dos meus compañeiros, é unha ferramenta que nos sirve de moita utilidade. De feito, tivo lugar unha desas casualidades das que coñecemos como serendipia grazas a este medio.
    Un membro dun grupo de 28 investigadores consultando estes mapas atopou unhas terras perdidas, nunca vistas, no Monte Mabu, en Mozambique. Nestas terras habitan especies descoñecidas como mariposas raiadas, insectos brancos e víboras xigantes, capaces de devorar a unha persona con so un mordisco. O territorio abrangue 7.000 hectáreas, onde hai árbores de 45 metros de altura, que espera ser convertido nun parque natural.
    Pero non rematan eiquí os descubrimentos, pois hai relativamente pouco, atoparon unhas imaxes no deserto de Gobi (China) que revelan uns posibles restos de culturas alieníxenas ou simplemente trátanse de experimentos militares.

  20. quiquepujales di:

    Grazas, Ayoub, pola túa entrada.

    E dicir aos que fixeron comentarios á túa noticia que son moi afortunados. Xa explicarei máis abaixo por que sodes afortunados, pero antes quero falar algo sobre o que nos informa Ayoub.

    Ayoub, a incorporación desta nova ferramenta de Google é interesante para todos os que traballamos con funcións. Moitos de nós estudamos co ordenador acendido. E se, por exemplo, queremos resolver unha ecuación (incluso trigonométrica), bastaría con poñer na barra de entrada de Google os dous termos da ecuación separados por unha coma para ter a súa representación gráfica. Poderíamos saber o número de solucións contando o número de puntos nos que se cortan e, movendo o cursor pola gráfica, veríamos un punto que se despraza por unha función e na parte superior dereita as súas coordenadas. Cando o punto está sobre as dúas gráficas ese valor será unha das súas solucións. Máis adiante, esta ferramenta será moi útil para realizar o estudo dunha función (crecente?, cóncava?, máximos?,…). Hai exercicios de selectividade, tanto de Matemáticas como de Matemáticas Aplicadas que se poderían resolver ou comprobar as nosas solucións con esta excelente ferramenta. Pero, como pasa cos neonatos, ten algunhas limitacións que estou seguro que van ser resoltas co tempo: non representa funcións implícitas, incorpora poucas funcións predefinidas,…).
    A vantaxe desta aplicación con respecto a outras é que moitos de nós temos a páxina de Google como páxina de inicio e é moi cómodo teclear a función sen máis para ter a súa gráfica. Outras aplicacións fan máis pero non son tan accesíbeis (cantos de vós coñecedes a existencia de Wolfram Alpha?).

    Rematado este asunto, Ayoub, permíteme que lles explique aos teus compañeiros por que son afortunados: dito sen rodeos, sodes afortunados porque eu non son o voso profesor de Ciencias para o Mundo Contemporáneo porque, de selo, vos poñería unha nota moi, moi negativa polos vosos comentarios. Só unha persoa – Santiago – fala algo relacionado coa noticia de Ayoub. O resto fala da empresa Google e de outras aplicacións. Algúns ata teñen a desvergonza de repetir o dito en comentarios anteriores por outros compañeiros, demostrando que non os leron. A vosa actitude é de auténticos mercenarios do teclado: intervides para que a vosa profesora vos contabilice un comentario, sen pretender unha mínima calidade, e indo contra o espírito científico: se non tedes nada que opinar sobre a noticia de Ayoub, CALADE (xa sei que poñer maiúsculas en Internet supón un berro). Un científico, ante unha nova ferramenta, próbaa, ve o que ofrece, búscalle as cóxegas, busca as súas utilidades e limitacións, vai ao enlace que lle propón Ayoub e le que hai outro programa (Wolfram Alpha) que fai o de Google e máis, compara os dous programas (que pasa se poño en Google 2x-y=4? E en WolframAlpha? Que información nos dá? É útil? Que pasa se escribo en Google x^2+y^2=9? E en WolframAlpha?. Neste último programa ten unha pestaniña que pon “Propieties”. Que pasa se pulsamos sobre ela?,…)
    Isto con respecto ao que nos proporciona Ayoub. Xa non pido que teñades algunha iniciativa propia, como investigar sobre algo que non aparece nese material: que fará Geogebra con esas funcións? Debuxaraas? Fará algo máis? Cales son as súas limitacións? Se tedes curiosidade (outra actitude científica) por coñecer a resposta a estas preguntas teriades que abrir Geogebra, ir a “Ayuda”, seleccionar a categoría “Herramientas” e dentro delas escoller “Herramientas especiales de Objetos/Inspección de Función”. Poderedes observar as posibilidades de Geogebra visualizando o vídeo cos “pantallazos”.
    En resumo, decepcionante a vosa actitude anticientífica e mercenaria. O dito, en hora boa, sodes uns afortunados.

    • Eduardo Cagide di:

      Vostede a min tamen me parece muy afortunado. Xa explicarei máis adiante, como vostede fixo no seu “comentario”, porque penso que vostede é moi afortunado.
      Para empezar, neste blog seremos mercenarios como vostede di, pero o que nunca, e baixo ningun concepto facemos, é faltar ao respeto aos compañeiros ou os seus comentarios, cousa que vostede acaba de facer abusando da súa autoridade de profesor, pero dentro do blog deberiase de considerar como un compañeiro máis.
      En segundo lugar, quería falar do seu comentario críticamente. (cousa que non se acostuma a facer neste blog, pero visto a falta de respeto que acaba de ter cos meus compañeiros, farei) A primeira vista parece un bo comentario pero si o analizamos ben decubrimos que, comeza aportando algo de intriga co de afortunados, e despois parece que emprega a súa intelixencia para falarnos dos seus coñecementos de matemáticas, pero xa dixen “parece” porque na seguinte parte parece que vostede mesmo deprestixía a súa propia intelixencia ao falar asi dos meus compañeiros e dos seus comentarios, xa que hainos que si que se esforzan en comentar e moitos dos seus comentarios parecenme interesantisimos.
      Despois de falar do teu “comentario”, quero aclararche porque me pareces afortunado. Parecesme moi afortunado porque se eu fora a profesora de Ciencias para o Mundo Contemporaneo, non subiria o teu “comentario”.
      PD: Adela, se tiñas pensado contarme este comentario, que non creo, prégoche que non mo contes, xa que senon, habería xente que pensaría que só respondo isto para ter un comentario máis.

    • Sara Otero di:

      Ante todo, grazas pola túa sinceridade Quique, pola túa opinión sobre o artigo e pola nova información aportada, malia que eu non califiquei como certamente apropiada a túa intervención.
      Se cadra ti e máis Adela pensades que esta é a mellor forma de facernos recoñecer os nosos erros (repito, pode ser, non o sei), pero eu penso que quen nos debera dar esta lección era Adela e na clase de Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Nós facemos os comentarios como mellor podemos e como sabemos (polo menos falo por min) e por moito que ela nos intente explicar como debe ser un comentario, non poderemos progresar se ninguén nos chama a atención cando algo está moi mal ou mellorable. Ademais, o medio do teu comunicado paréceme do peor: estamos na rede, unha rede que é libre de acceso para todo o mundo. Pasamos moito tempo no instituto, algún momento habería para dicírnolo se tan importante era. En cuanto ao iso de calar cando non teñamos nada que opinar sobre algunha noticia, se fixesemos caso do teu consello, probablemente habería moitos menos comentarios dos que hai, pois non creo que todos amosen interese polo mesmo tema. Esta asignatura xira entorno ao blogue e debemos ter un mínimo de comentarios para aprobar, polo que moita xente que non amosa interese pola noticia busca algo na rede para sair do paso. Contradicindo as túas palabras, nós NON (quero que sepas que esto non é un berro, é para recalcalo) somo científicos, somos persoas xoves que nos estamos formando e temos moito todavía por aprender, así que o que non podes pretender é que fagamos comentarios ao teu nivel máis técnico, porque eu por exemplo descoñezo bastante en ese campo da informática. Ademáis, teño máis asignaturas ás que atender e tampouco podo dedicarlle tanto tempo a facer un comentario, porque xa traballo abondo por facelo o mellor posible, así que sinto que non chegue aos teus niveis de esixencia.

      PD: Adela, súbeo se consideras que é xusto, no fai falla que mo contes, a miña intencion non era acumular comentarios, tanto este coma a resposta a Santi na noticia de Nacho.

    • Ayoub Elghotiss di:

      Permitídeme intervir nesta discusión, na miña opinión esta noticia non era para facer que ninguén suspenda a materia de matemáticas (Sara, porque a Eduardo, Quique non lle da clase). Mais penso que Quique fixo ben en aportar o que pensaba, eu non me sinto ofendido, pode que sexa porque non me mencionase a min nin a ningún outro compañeiro en especial. Dende un principio oíralle a Adela dicir que este é un blogue de discusión, e que era para que cada un de nos aportase algo. Pero eu en varias entradas comentei cousas irrelevantes, sen moito sentido. E é que é o que di Sara, penso que son noticia para facer como moito 15-20 comentarios, pero como o que temos que facer é comentar para poder aprobar, moitos despois de que comente un elevado número de compañeiros non sabe que poñer e un ten que repetir os comentarios, repito que é para poder aprobar. Penso que é a primeira vez que vexo que o blogue de CMC ten algo de morbo e de feito, nós deberiamos facelo mesmo (sen chamarnos mercenarios, xa que o único mercenario agora mesmo é Pepe o do Madrid), pero si que deberiamos poñer en cuestión as entradas e comentarios dos nosos compañeiros, xa que é iso o que fan os científicos. E deste xeito, penso que as entradas terán máis graza para comentar, esperando que che van dicir os demais compañeiros.

    • Mateo Fdez di:

      Creo que a verdadeira intención de Quique con este comentario é botarnos en cara que, tendo unha mención matemática, non se fale do tema. ¡O que quere é impoñer unha maneira de pensar racionalista! En fin, bromas aparte, creo que Quique, aínda que ten razón en varios puntos (non quero poñerme a malas con ninguén, para eso xa está Quique, pero os tres primeiros comentarios falan de por quen foi fundado Google: entendo que, se comentas de cuadraxésimo, non leas a totalidade dos comentarios anteriores -eu non sempre o fago- pero se eres o segundo, por favor, le o de enriba), non o expón calmadamente e de maneira sobria, senón que converte este blogue nun vulgar plató televisivo, nun “Sálvame”, con acusacións que, estén ou non ben fundamentadas, non se poden ir soltando maleducadamente polo mundo sen ton nin son.
      Quique tamén creo que esquece (ou máis ben, descoñece por completo) que este blogue, aínda que sexa científico, tamén céntrase (por iniciativa de Adela) en dotarnos de certa cultura xeral, cousa que, debido ó mundo en que vivimos e cómo somos moitos de nós, escasea en determinados ámbitos ou persoas.
      Critica tamén que os comentarios que estamos a facer non teñen que ver ca noticia: volvo a cando comenzaba a noticia, seguramente esto non pasaría se tivesen un componente máis centrado nas funcións que en Google. Estou case seguro (por non decir completamente) de que, se agora eu chegara falando do uso que fai Mozzart da proporción áurea nas súas Sonatas de Piano ou Beethoven na 5ª Sinfonía, ou incluso a escala Fibonacci, ideada por Bartók seguindo a sucesión do home do mesmo nome, Quique asentiría, levaríase a man á barbilla e empezaría a pensar: “Umm…realmente interesante e constructivo, nunca enfocara a música desde tan curioso punto de vista”.
      En fin, quero rematar con un simple adxectivo: nós seremos mercenarios, pero el será, como dixen antes: B-E-L-É-N E-S-T-E-B-A-N.
      P.D. Por último, dous cousas que parécenme propias: primeira, meus compañeiros dicen que non lles contes os comentarios, que non sería xusto. Estou de acordo con eles, da mesma manera que admiro o seu xesto, pero tamén hai que ter en conta que, aínda que nos poda parecer inxusto, todo comentario leva o seu tempo: o tempo que tardas en idear cómo vai ser (por exemplo, cómo Eduardo responde ca mesma moneda), o tempo que o escribes e o tempo que utilizas elixindo a expresión correcta e definitiva, que non deixe lugar a dudas e enténdase ben. Tendo esto en conta, é certo que os comentarios deberían aportar, e que os nosos presentan unha visión subxetiva das cousas (e eso non é ciencia). Pero tampouco deberían servir para os maquiavélicos fins que usa Quique. Manteño a mesma postura que os meus compañeiros: se non conta, que non conte.
      E a última cousa que paréceme propia: Quique, anda, invita un día destes a Adela a clase a que a desmonte completamente, a que desmoralice ós teus alumnos, a que se cuestionen os teus métodos, o que se critique un modelo que tanto costa implantar…en fin, a que demostre unha actitude demente e destructiva en parcela allea.
      E para rematar, dedícote a aplauso sarcástico do día.

      -Plas-

      • Santiago de la Iglesia di:

        Xa que estamos por facer unha crítica de todo en xeral, o primeiro que teño que dicir é o sorprendemento que levo cando encontro comentarios coma estes. Isto, máis que unha actividade didáctica, estase a converter nun foro social onde comentamos o que nos da a gana, comenzando por a xente que pon cousas nas noticias do tipo: mencionar o seu profesor (que non ten porqué ser o meu, es máis, neste caso Quique non o é), de que as lentes estarían ben para copiar nun exame (?)…; e moitos máis que non me acordo pero que non fai falla que os repita porque supoño que xa me entendestes. Con isto, quero dar a entender que o blog, aínda que escribamos nós en él, segue a ser unha actividade escolar que, naturalmente, ten importancia na hora de avaliar. Polo tanto creo que ten que ter un pouco máis de FORMALIDADE da que lle estamos a ofrecer.
        Referíndome a Quique Pujales, sí, o seu comentario crítico pode ser que ofrecese un pouco de tensión aos máis lanzados e con ganas de reivindicar. Digo esto porque eu rínme cando o lín, e non porque me salvase da súa crítica, se non porque por fin alguén intenta cambiar algunhas cousas que a min, persoalmente, sácame de quicio. Como os comentarios que se repiten ou son copiados doutras páxinas sen mostrar interese algún. A este profesor se lle pode responder dunha maneira más persoal se se quere facer o que fixo, por exemplo, Eduardo, xa que a realidade é que creou unha “burla” innecesaria que a min pareceume unha falta de respeto, por así decilo. Y agora responderedesme: “Pero si el nos faltou ó respeto a nós, por qué nós non podemos facelo?”, pois pola sinxela razón de que esta persoa é un PROFESOR, e non calqueira ao que podas xuzgar ou criticar públicamente, xa que para iso están eles. Quique o fixo voluntariamente cara nós, aínda que iso non o valorachedes. Con isto non estou defendendo a nadie, e menos criticando (vai por Eduardo), soamente procedín a xirar un pouco as tornas para a neutralidade, xa que penso que ninguén ten a culpa disto, e tamén para dicir que ese comentario non o debemos de tomar como un ataque, se non como unha recomendación, por moi bruta que sexa (por non decir que en parte ten razón).
        Impresióname tamén as comparacións que fan algúns, aínda que non vou mencionar nada esta vez, soamente vou dicir que a mín por lo menos parecéronme que tiñan motivo de ofender. É dicir, comentarios innecesarios…
        Esto é todo o que quero que saibades da miña opinión, e gustaríame concluir cun: QUE NON SE REPITA OUTRA VEZ POR FAVOR.

  21. Claudia Caramelo di:

    Eu vouvos falar dun dos servizos de google chamado Google Talk:
    É un cliente de mensaxería instantánea e VoIP de protocolo XMPP.Todavia e unha versión beta o qu quere dicir que aun estase a desarrollar sen prestar todas as caracteristicas e funciones da versión definitiva.
    O servicio está disponible para os usuarios de Gmail.
    Outra das alternativas ao Google Talk é o GMail Chat.

    Cales son as suas ventaxas? é a suas desventaxas?

  22. Maria Pinheiro di:

    Eu queria indagar sobre un novo programa de google que se chama google Docs, é un programa gratuíto baseado en Web para crear documentos en liña coa posibilidade de colaborar en grupo. Inclúe un Procesador de textos, unha Folla de cálculo, Programa de presentación básico e un editor de formularios destinados a enquisas.
    Google Docs orixinouse de dous produtos separados, Writely e Google Spreadsheets. Writely era un procesador de texto individual en rede creado pola compañía de software Upstartle, o cal foi lanzado en agosto de 2005. As súas características orixinais incluían un sitio para a edición de textos en colaboración, ademais de controis para o seu acceso. Os menús, atallos no teclado e cadros de diálogo eran presentados dun xeito moi similar ao que os usuarios adoitan esperar nun procesador de texto tradicional, como OpenOffice.org ou Microsoft Office.

  23. Rosalía García di:

    Gustaríame saber, Quique, que é o que queres conseguir co teu comentario.
    Hoxe, en clase, cando dixeches que deixaras un comentario no blogue , “aclaraches” que o fixeras para “enfadarnos”.
    Eu non quero que me enfades para ter un mellor rendemento (se é iso o que queres conseguir). Eu quero que estimules a miña curiosidade, quero APRENDER (e eu non berro xa que considero que non se lle debe berrar a ninguén) e, estes comentarios tan negativos por parte dos profesores que escoitamos a cotío, (ademáis de non aportarme nada) non me animan a aprender (que debería ser o noso obxectivo non é?)
    Porque cando facedes estas xeneralización estades a esquecervos de que a maior parte dos vosos alumnos (senón todos) teñen certos intereses e que, realmente se non vos fixarades tanto nos aspectos negativos, poderiades darvos de conta de que ¡SI QUE TEMOS INTERESE! e de que, témoslle certo medo a ciencia e aos científicos porque parécennos temas difíciles .
    Pode ser que teñas razón, en ocasións comentamos con certo desinterese e, moitas veces repetímonos, pero que pasa coas veces que facemos bos comentarios?
    Fai uns días, felicitáchesme polo meu comentario na noticia subida pola miña compañeira Karina. Gustoume que o fixeras, sentinme ben. Foi un gran estímulo.
    Pero agora, ao ler este comentario teu, sinto certo desacougo. É moito máis “contundente” que aquela felicitación que me fixeras. Aínda que falo por min, creo que case todos estamos a sentir agora o mesmo, certa tristeza.
    Penso que non estás a facer unha crítica constructiva, estás a facer o mesmo que criticas. Agradezo a túa información (do primeiro parágrafo) xa que non tiña ningún coñecemento ao respecto.
    Quero tamén disculparme co meu compañeiro Ayoub polos derroteiros que están a tomar os comentarios da súa noticia, que considero moi interesante, pero agora sinto que teño que calar senón dispoño de información o suficientemente interesante.
    Eu aínda teño moito que aprender, estou no camiño.

  24. Alba Guzmán di:

    O navegador Google Chrome pasou de ser unha novidade a ser un digno adversario de Internet Explorer, Safari e tamén Firefox.
    Nestes dous anos de vida, Chrome conseguiu ser o navegador mais seguro e fiable, e pouco a pouco vai ocupando a súa cuota de mercado.
    O que eu con isto quero dicir é que ninguén e perfecto, e os de Google pese a todo tamén cometen algúns fallos. Poden ser pequenos pero os que usamos Chrome notamos certos detalles que non deixan de escamarnos.
    Para todos os que usan Google Chrome, a continuación escribirei as principales deficiencias de este navegador:

    1. Non existe mensaxe de confirmación cando cerras varias pestañas. Navegadores como Firefox preguntan se queres cerrar neste caso, o cal axuda a non perder tempo na búsqueda.
    2. Ten un historial de navegación demasiado simple. Se por exemplo queres buscar unha páxina á que acudiches unha semana antes, tes que ir pasando todalas páxinas dia a dia.
    3. Non hay propiedades da imaxe. Para poder ver as propiedades dunha imaxe, ai que ir navegando polo inspector de elementos.
    4. Non soporta os feeds RSS. Non podes dirixirte a un feed RSS sen que che saia unha gran cantidade de carácteres extraños.
    5. Non podes enviar unha web por e-mail. Aínda que úsase menos, esta opción tamén é util.
    6. Non ten xestor de sesións. Non che da a opcion de recuperar a sesión aberta, o cal é un incordio se pechas sen querer o navegador.
    7. Non podes navegar entre pestañas dende a barra de navegación. A última versión de Firefox permite ir dunha pestaña simplemente tecleando a direccion do navegador, cousa que Google Chrome non permite.La última versión de Firefox permite ir de una pestaña simplemente tecleando la dirección en el navegador, cosa que Google Chrome no permite.

  25. Sergio González di:

    Leendo os comentarios , incluido o de quique, e tamen da pouca informacion que puiden encontrar, a calculadora de google ten errores moito mais simples que google ainda non solucionou dende 2008, e unha simple operacion.
    Se poñedes 399999999999999-399999999999998 , obviamente o resultado que nos da google e incorrecto, parece ser que google ten problemiñas coas operacions de moitas cifras.

    O parecer google calculadora usa precisión simple, e dicir, números en punto flotante en 32 bits. A verdade e que despois de miralo , a verdade e que non entendin o que é. Encontrei o problema pero o mellor Quique pode falarnos deste error. Deixo o link deste tipo de calculos.

    http://es.wikipedia.org/wiki/IEEE_coma_flotante#Precisi.C3.B3n_simple_32-bits

  26. Adela di:

    O comentario de Quique ademais de achegarnos información é provocador e crítico. Ten varias partes. Agradece, en primeiro lugar, a Ayoub pola súa entrada. A continuación achéganos datos útiles como por exemplo as aplicacións de Wolfram Alphae e Geogebra. Despois critica algunha cousas que, ben sabedes, son mellorables: non ler os comentarios anteriores, ou ás veces saírse do tema, ou entre todos non poder «expremer» a noticia ó máximo.
    Lémbravos ademais que a curiosidade e o «vou probar a ver que pasa» é a base da actitude científica. E polo medio, aproveita para meterse comigo, de broma. Esto é parte da gracia do blog e do traballo entre compañeiros.
    Por que non lle sorprendedes contestando as súas preguntas?

    Rosalía, en canto a que moitos tedes interés, diso non teño ningunha dúbida. Eduardo, Sara, Mateo os comentarios claro que contan todos, ainda que, como xa sabedes, non todos contan igual.

  27. David Lamas di:

    É verdade que hoxe en día dependemos moito de internet e aínda moito mais de google xa que nos facilita as cousas a ora de buscar e indagar sobre información.
    Eu vou falar un pouco sobre os cambios que sufriu google ao largo da súa evolución que polo que puiden ler nadie os dixo.
    Google levou a cabo moitos cambios, tanto internos coma externos,ao largo da súa evolución dende 1998. En maio de 2010 a páxina experimentou numerosas modificacións: logo máis coloreado, cambios no lateral das búsquedas para mellorala filtración, cambios na búsqueda instantánea, cambio xeral dun tono azul a un tono gris, e posibilidade de seleccionar unha imaxe de fondo para a homepage do buscador.

  28. Carlos García di:

    GOOGLE xa está ultimando detalles para o lanzamento de Google Music, un servicio que vai a dar que falar sen dubida, e que pretende competir con iTunes e Spotify.
    Ata agora, Google Music está sólo disponible para os empregados da compañía, debido a que houbo problemas legais para lanzalo oficialmente,principalmente co tema dos dereitos de autor cas discográficas.Este servicio funcionará mediante o streaming, polo que os usuarios gardarán a música que desexen nos servidores de Google, co fin de que cando cada un desexe escoitar a música gardada poida facelo en calquera lugar, isto sempre e cando exista unha conexión a Internet.
    Cando será o seu lanzamento é toda unha incógnita odavía, xa que non hai unha data pactada, ata que non se solucione o problema cas discográficas, ainda parece que o sitema que vai usar Google Music é o mesmo que utiliza con YouTube, para poder velos gratis con anuncios, a compra de música, e unha libraría musical online.

  29. Beatriz Castro di:

    Neste post concretamente fala de google, que é o buscador mais coñecido e utilizado, pero a parte deste hai moitos mais.

    Un buscador é un sistema informático que busca arquivos almacenados en servidores web.

    O primeiro buscador foi “Wandex” creado en 1993, pero agora desaparecido, é un índice realizado pola World Wide Web Wanderer. Outro dos primeiros buscadores foi “Aliweb tamén dese ano pero que aínda esta a funcionar. Un ano mais tarde apareceu o primeiro buscador de texto completo foi WebCrawler; a diferenza cos anteriores é que este permitía aos seus usuarios a búsquea por palabras en calquera páxina web, o que chegou a ser un estándar para a gran maioría dos buscadores.

  30. Evelin López di:

    Wolfram Alpha é máis que un buscador de información común é un motor intelixente que serve para representar e realizar cálculos complexos en varios ramas da ciencia, tecnoloxía e do coñecemento humano en xeral. Usa unha base de datos (que está seleccionando a información máis valiosa) e un código complexo para interpretar preguntas e dar respostas coherentes para varias cuestións que xorden.
    Ao contrario do Google, busca na web e xera enlaces como realiza un buscador (como Google) que indexa páxinas web e ofrece resultados en forma de enlace (nun esforzo para atopar o que buscamos nos primeiros resultados en externa páxinas web) e de acordo con palabras clave (keywords) que se empregaron. A gran diferenza entre os dous se tornaría “o código empregando”, que permite a Wolfram Alpa interpretar mellor as preguntas, intentando dar resposta optimas para os usuarios.

  31. Mateo Fdez di:

    Bueno, eu quería falar das funcións, xa que ninguén atrevérase a falar delas. Un pouco de historia: o concepto de ser algo que merece ser estudado per sí mismo, como obxecto matemático independente, non xorde ata inicios do século XVII, cando tres grandes como son Descartes, Newton e Leibniz (quizais non tan coñecido, pero igualmente importante, racionalista como Descartes), que finalmente a definiron como a dependencia que existe entre dúas unidades variables (comúnmente chamadas “x” e “y”). Sen embargo, as primeiras metodoloxías en funcións demostraron non ser do todo precisas, o que levou a que, como sucede na ciencia (e non en outros campos) a definición e usos das funcións cambiaran radicalmente a mellor. Xa ben entrado o século XIX, Dirichlet establecería os principales pilares do modelo que lévase usando ata os nosos días, no que a un valor nunha incógnita só lle correspondía un valor na outra, mentres antes non ocorría isto (como agora, a cada valor de x só lle corresponde un valor de y, mentres que y pode ter varios valores de x; e o conxunto dos valores de x recibe o nome de dominio).
    Tamén ese proceso levou a unha maior abstracción no concepto das funcións, xa que antes tiñan unha forte dependencia xeométrica, e as súas representacións gráficas se facían totalmente necesarias, pero ó volverse estas tremendamente complicadas, deuse máis liberdade nese aspecto, pasando a segundo plano. Por último, nos séculos XIX e XX, ca teoría dos conxuntos, daríanse os últimos retoques ó noso concepto final de función como una correspondencia entre dos conjuntos de objetos que pueden ser de cualquier tipo, no únicamente números.

  32. Ana Domínguez di:

    Como vemos, porfin se van creando aplicacións útiles para a matemática, isto é un gran paso sobre todo para os profesores e os alumnos que teñen matemáticas, aínda que eu sigo encontrando un fallo, se nos acostumbramos tanto as novas tecnoloxías e a que nos den todo feito logo ata nos olvidaremos de como se fai! E iso non pode ser, aínda que esta aplicación está bastante bien.

  33. Diana Pérez di:

    A patente máis famosa de Google é unha das principais ventaxas competitivas que permitiu a esta compañia aplastar aos seus competidores no campo das búsquedas en internet e facerse o xigante que é hoxe. O Page Rank, como todos a coñecemos, é unha idea xenial para atopar o valor a “importancia” que ten unha páxina web determinada. Esta “importancia” emplease despois para mostrar os resultados de maior calidade cando realizamos unha búsqueda en Google. A calidade dos resultados de Google empleando este método (combinado, por suposto, con otros algoritmos) é o que fíxonos a todos abandonar os nosos antigos buscadores.

    El término gúgol (Do inglés googol) foi acuñado en 1938 por Milton Sirotta, un neno de 9 anos, sobriño do matemático estadounidense Edward Kasner. Kasner anunciou eo concepto no seu libro As matemáticas e a imaxinación.

Deixa unha resposta