A síndrome dos sabios

A síndrome de Asperger é un trastorno xeralizado do desenvolvemento que forma parte  do espectro autista (variedade de discapacidades do desenvolvemento  que inclúe o autismo e outros trastornos con características similares).  Implica para quen o padece dificultades significativas na interacción social.

O termo utilizouno por  primeira vez Lorna Wing para honrar  ao pediatra e psiquiatra austríaco,  Hans Asperger. Afecta á vida social da persoa, as súas percepcións sensoriais e tamén á súa motricidade. Caracterizase pola dificultade de interacción social, a falta de empatía, a interpretación literal da linguaxe, a dificultade cos cambios e a repetición de comportamentos estereotipados. Pero a diferenza co o autismo clásico non comporta ningún atraso no desenvolvemento cognitivo ou da linguaxe do individuo.

Os síntomas que poden ter os que padecen esta síndrome entre outros son: sensibilidade ó tacto ou aos ruídos fortes, torpeza ao practicar deporte ou ao camiñar,  dificultades ó recoñecer expresións faciais e facer movementos  repititivos.

É difícil educarlles na casa ou fóra desta e as veces,  non comprenden como pensan outras persoas. Ademais teñen problemas de comunicación ao non poder  entender as expresións corporais e a ironia (se a expresión corporal e as palabras no din o mesmo poden quedar confundidos).

Sen embargo  teñen outros talentos coma:  unha memoria excelente tanto musical, coma fotográfica ou numérica, dánselles moi ben os xogos de lóxica, teñen unha exelente memoria matemático-lóxica e  son moi bos lembrando regras, leis y feitos importantes.

Na fotografía vemos ó Doctor Sheldon Cooper, protagonista da serie de TV “Big Bang Theory”.


Autor: Ignacio Pena

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to A síndrome dos sabios

  1. mateogarcia di:

    Hans Aperger foi un pediatra e psiquiatra nacido preto da cidade austriaca de Viena. O nome da enfermidade foi posto na súa honra, xa que foi el quen publicou a primeira definición de dito síndrome en 1944. Esta definición falaba de ausencia de relacións sociais, mostra especial de interes e unha mala coordinacion psicomotriz. Asperger faleceu antes de que a enfdermidade fose debidaemnte coñecida, xa que a maioría do documento estaba escrito en alemán. Tamén, a publicación da síndrome en 1981, desafiou o modelo de autismo previamnete aceptado e presentado por Leo Kanner.

  2. Eduardo Cagide di:

    Eu quero añadir outras habilidades especiais das persoas con síndrome de Asperger, que ainda non foron mencionados:
    – Son bos matematicos e programadores de ordenadores, xa que posuen unha moi boa intelixencia loxica-matemática.
    – Teñen unha facilidade nata para desenrrolar un talento musical por posuir un oido máis sensible (tamen poden chegar a ser virtuosos xa que soen dedicar moito tempo a practicar).
    – Teñen un interese especial por destacar dentro do su campo de traballo.
    – Soelles parecer moi entretido facer moitas veces o mesmo, e dicir, facer o que a maioría nos resultaría extremadamente aburrido.
    – Posuen unha ampla gama de valores desenrrolados como a fidelidade ou a sinceridade, valores que moita xente consideran importantisimos.

  3. Samuel Cebeira di:

    Sabieades que este trastorno é moi frecuente? (de 3 a 7 por cada 1000 nacidos vivos).
    E pouco conocido entre a poboación en xeral e incuso por moitos profesionais.
    Aqui en España temos a F.A.E (Federacion Asperger España) que representa a todalas familias e afectados polo Sindrome de Asperger a traves das diferentes asociacions sen ánimo de lucro que buscan informar, a temprana deteccion desta enfermidade, a inserción laboral dos adultos, en definitiva a integracion social das persoas que o padecen.
    A continuación deixovos o enlace da F.A.E:
    http://www.asperger.es/

  4. Naomí Mosquera di:

    O orixen de este sindrome foi cando Hans Asperger notou unha semexanza que existía entre os nenos afectados e os seus pais. Dende enton recoñeceuse o carácter xenético da condición, aunque descoñecense os mecanismos básicos. Facendo un análise dos datos recolectados ata o momento é moi probable que se trate dunha condición polixénica, na cal a posesión de os alelos menos favorecidos dun conxunto de xenes funcionalmente relacionados levaría a expresión do síndrome. O carácter polixénico explicaría tanto su variabilidad clínica (O que se chama “espectro Asperger”) como o trastorno por déficit de atención con hiperactividad.

  5. Olalla Manteiga di:

    Como ben di Naomi, existe un compoñente xenético con un dos pais. Con certa frecuencia é o pai o que presenta un cadro completo de Síndrome de Asperger. En ocasións hai unha clara historia de autismo en parientes próximos. O ano 2006 foi declarado o «Ano Internacional do Síndrome de Asperger», por cumplirse nese ano o centenario do nacemento de Hans Asperger e o vixesimoquinto aniversario de que a psiquiatra Lorna Wing dera a coñecer internacionalmente o trastorno. Algún personaxe famoso, sen fundamento sólido, por exemplo Albert Einstein ou Isaac Newton considéranse casos de síndrome de Asperger. En cada caso danse razonamentos controvertidos basados nas biografías destas persoas. No caso de Einstein, dise que non falou ata os 3 ou 4 anos, e non o fixo fluidamente ata os 9. Foi un neno con berrinches violentos, que repetía cada oración que decía e incluso os seus pais o consideraban retrasado. No caso de Newton, sábese que sufría de epilepsia e tartamudeaba.

  6. Mateo Fdez di:

    Un dos “verdaderos” portadores da síndrome de Asperger (que non actor) é Richard Matthew Stallman, un dos programadores e informáticos máis importantes/famosos do mundo.
    Stallman é coñecido por apadriñar, desde os seus comezos, o ideal do software libre, e é o fundador do proxecto GNU, un obxectivo que marcouse conseguir e desarrollar un sistema operativo totalmente libre e o software que o acompañaría (editores de texto, de audio, etc), en contraposición do software non-libre UNIX (aínda que despois surxirían Windows ou Mac OS).
    Ca creación de Linux, éste e GNU fusionáronse para traballar e lograr maiores obxectivos. O software libre é gratis, o usuario pode dispoñor del onde, cando e donde quera, e o pode modificar segundo as súas prioridades.
    Stallman estudou Física en Harvard, pero cambiouno para volverse hacker no Laboratorio de Intelixencia Artificial do MIT. Cando o software transformouse nun competitivo negocio (80s), os seus compañeiros formaron unha empresa, mentres él loitaba por impedir un posible monopolio no laboratio. Finalmente, pedíronlle que realizara diversas accións contrarias ós seus principios, ó que negouse e polo que abandonou o Laboratorio.
    Debido á súa maneira de ser e pensar, Stallman constitúe unha figura extremadamente polémica: incluso aqueles que comparten o obxectivo de lograr o software libre difiren ca súa moralidade e filosofía, e co linguaxe co que as transmite. Un exemplo da súa postura é a seguinte frase:
    “Que las empresas tengan especial influencia en la política significa que la democracia está enferma. El propósito de la democracia es asegurarse de que los ricos no tengan una influencia proporcional a su riqueza. Y si tienen más influencia que tú o que yo, eso significa que la democracia está fallando. Las leyes que obtienen de esta forma no tienen autoridad moral, sino la capacidad de hacer daño.”Tamén presenta un extraño comportamento: non utiliza teléfono móvil de ningun tipo, non durme en hoteles e luce certo aspecto ermitaño, o que elévao á calidade de profeta ou gurú por algúns colectivos. Outro dos seus maiores símbolos é que o seu ordenador persoal (que sempre leva consigo) é unha pequena máquina chinesa que destaca por ser dos poucos sistemas que non soporta Windows.

  7. Ana Domínguez di:

    Non hai un exame estandarizado empleado para diagnosticar o síndrome de Asperger..
    A maioría dos médicos buscan un grupo básico de comportamentos que os axude a diagnosticar o síndrome de Asperger. Estos comportamientos abarcan:
    – Contacto ocular normal
    – Retraimiento
    – Non voltearse ao ser chamado polo nome
    – Incapacidade para usar xestos para apuntar ou mostrar
    – Falta de xogo interactivo e de interés polos compañeiros
    Os problemas deben ser obvios aos 3 anos de idade. Fanse exámenes físicos, emocionais e cognitivos para destacar outras causas e buscar signos de este síndrome con maior coidado.

  8. David Lamas di:

    Vouvos a falar do tratamento.
    Non existe ningún tratamento único que sexa o mellor para todos os nenos ca síndrome de Asperger.
    Os programas para os nenos ca síndrome de Asperger ensinan habilidades baseándose nunha serie de pasos simples e empregando actividades altamente estructuradas. As tarefas ou puntos importantes repítense co tempo para axudar e reforzar certos comportamentos.

    Os tipos de programas poden abarcar:

    •Terapia cognitiva o psicoterapia para axudar aos nenos a manexar as suas emocións, comportamentos repetitivos e obsesións.
    •Capacitación para os pais co fin de enseñarlles técnicas que poidan empregarse en casa.
    •Fisioterapia e terapia ocupacional para axudar coas destrezas motoras e os problemas sensoriais.
    •Entrenamento en contactos sociais, que con frecuencia ensínanse nun grupo.
    •Logopedia e terapia do lenguaxe para axudar coa habilidade da conversación cotiá.

  9. Mila Mosquera di:

    Como dí a noticia, unha das variantes do Síndrome de Asperger é o autismo. Vou a mencionar algunhas das súas características para que as comparedes:

    – Acentuada falta de recoñecemento da existencia dos sentimentos dos demás.

    – Ausencia da búsqueda de consuelo en momentos de aflicción.

    – Ausencia de capacidade de imitación.

    – Ausencia de xogo social.

    – Ausencia de vías de comunicación adecuadas.

    – Marcada anormalidade na comunicación non verbal.

    – Ausencia de actividade imaxinativa, como xogar a ser adulto.

    – Marcada anomalía na emisión de lenguaxe con afectación.

    – Anomalía na forma e contido de lenguaxe.

    – Movemientos corporais estereotipados.

    – Preocupación persistente por parte de obxectos.

    – Intensa aflicción por cambios en aspectos insignificantes do entorno.

    – Insistencia irracional en seguir rutinas con todos os seus detalles.

    – Limitación marcada de intereses, con concentración nun interés particular.

    O único que se diferencia ao Síndrome de Asperger é na intelixencia, xa que as persoas autistas teñen a mesma capacidade, en xeral, ca as que non a padecen.

  10. Vladislav Babenco di:

    Moitos adultos non ven o Síndrome de Asperger como unha enfermidade, senón mais ben como unha maneira de ser. Esta afirmación apóiase en que as persoas que padecen esta enfermidade, teñen unha espectativa física, estructura física e cerebral iguais a dos demais pero coa excepción de que en algúns casos presentan unha intelixencia superior. Aínda que os pais de moitos fillos con síndrome de Asperger no apoian esta afirmación xa que teoricamente son personas con alta capacidaed intectual ainda que non expresan con claridade as súas ideas.

  11. Sara Otero di:

    Como xa dixo Olalla, Lorna Wing foi a psiquiatra quen deu a coñecer o Síndrome de Aperger internacionalmente. Ademáis, foi ela, xunto con Judith Gould, quen definiron o que era o autismo no espectro autista como “un continuo máis que como unha categoría diagnóstica, como un conxunto de síntomas que se poden asociar a distintos trastornos e niveis intelectuais (en un 75% acompáñase dun retraso mental); hai outros cadros con retraso do desarrollo, non autistas, que presentan sintomatología autista”. Desenrolou tamén a triada de Wing, unha serie de dimensións alteradas no continuo autista.
    Esta muller estivo impulsada a involucrarse nas investigacións de trastornos do comportamento porque tivo unha filla autista.
    Por último quería dicirvos algúns personaxes famosos dos que se pode sospeitar que estivesen caracterizados con este síndrome: Pippi Calzaslargas, Blas, Mr. Bean, Lisa Simpson, Mr. Spock, Eduardo Manostijeras ou Sherlock Holmes.

  12. Paula Franco di:

    Unha persoa que tamen sufre Sindrome de Asperger é Satashi Tajiri, aunque o nome non nos soa este home japones e un comediante, pero sobre todo é coñecido porque creou a popular serie Pokemon.
    Outra persoa coñecida ao que lle diagnosticaron Sindrome de Asperger (faleceu en 2006) e Syd Barrett o creador do grupo de rock psicodélico Pink Floyd.

  13. Karina Espiñeira di:

    Eu fago referencia ao Trastorno Obsesivo Compulsivo mencionado no video.
    O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é un tipo de trastorno de ansiedade.O TOC, caracterízase por ter pensamentos repetidos e angustiantes denominados obsesións. É posible que se faga o mesmo una e outra vez para intentar que os pensamentos desaparezcan. As accións repetidas chámanse compulsións.
    Alguns exemplos de obsesións son o medo a os xérmenes ou o medo a lastimarse. Entre as compulsións inclúense lavarse as mans, contar, revisar unha e outra vez as cousas ou limpar. Cando non se trata, o TOC pode dominar a vida dunha persoa.
    Os investigadores pensan que tal vez os circuitos cerebrais non funcionen adecuadamente nas personas con TOC. Teñen uhna tendencia familiar ou son experiencias reprimidas do pasado. Con frecuencia, os síntomas comenzan na infancia ou na adolescencia. Os tratamentos que combinan mediciñas e terapia soen ser eficaces.
    Deixovos este video, sobre dous irmáns, a historia e verdaderamente incrible
    http://www.youtube.com/watch?v=c68WVPp2cVU

  14. Alexandra Parceiro di:

    Dado que as persoas afectadas poden presentar patrons de comportamento e problemas que difiren moito dunha persoa a outra non hai un tratamento xenérico.
    Sen embargo, existen unhas pautas que axudan, sobre todo na idade temprana:
    -A formación e educación recibida polos pais ou tutores.
    -Educación especial para estas personas.
    -Entrenamento e desarrolo de habilidades sociais.
    -Terapia do lenguaxe.
    -Entrenamento en integración sensorial para os nenos máis pequenos, polo xeral realizado por un terapeuta ocupacional no que se desensibiliza os estímulos os que son demasiado sensibles.
    -Psicoterapia para os mais maiores.
    -E en ultima instancia, medicación.

    Diferencias entre Autismo e Síndrome de Asperger:

    Autismo:-Coeficiente Intelectual xeralmente por debaixo do normal
    -Normalmente o diagnóstico realizase antes dos 3 anos
    -Retraso na aparición do lenguaxe
    -Desarolo físico normal
    -Gramática e vocabulario limitados
    -Ningún interés obsesivo de “alto nivel”
    -Os pais detectan problemas alrededor dos 18 meses de idade
    -As queixas dos pais son os retardos do lenguaxe

    Síndrome de Asperger:-Coeficiente Intelectual xeralmente por enriba do normal.
    -Normalmente o diagnóstico realizase despois dos 3 anos
    -Aparición do lenguaxe en tempo normal
    -Torpeza xeral
    -Gramática e vocabulario por enriba do promedio
    -Intereses obsesivos de “alto nivel”
    -Os pais detectan problemas alrededor dos dous anos e medio
    -As queixas dos pais son os problemas do lenguaxe, ou en socialización e conducta

    A diferencia dos nenos con Autismo típico, teñen deseos de ter amigos e sintense frustrados polas suas dificultades sociais.

  15. Cristina González di:

    Outros síntomas que producen trastornos caracterizados por alteracións das interaccións sociais e modalidades de comunicación son:

    1-Síndrome autista (autismo de Kanner)

    2-Síndrome de Rett

    3-Trastorno desintegrativo da infancia

    4-Trastorno xeneralizado do desarrollo no especificado.

    • Ayoub Elghotiss di:

      Eu vou explicar en que consiste a síndrome de RettA síndrome de Rett é unha enfermidade conxénita que ten que ver coa neuroloxía e afecta maioritariamente as mulleres.
      Este termino procede do primeiro descubridor e estudoso o profesor/médico austríaco Andreas Rett.
      Esta anomalia xenética non é evidente nada máis nacer ao igual que a síndrome de Asperger detectase entre os 2 e 4 anos de vida, detectase por un grave retardo na aprendizaxe da lingua e da coordinación motriz. Asociase a un retardo mental severo.
      Esta enfermidade fai que a persoa que a padeza teña unha grave discapacidade, facendo que este dependa dos demais para o resto da vida.

    • Victoria Zherdeva di:

      Los trastornos generalizados del desarrollo (TGD) tienen en común una asociación de síntomas conocida con el nombre de “tríada de Wing“, del nombre de la investigadora inglesa que probó mediante un estudio clínico y estadístico que esta asociación de tres categorías de síntomas aparecía más a menudo de la simple casualidad porque se trataba, en efecto, de un síndrome (conjunto de síntomas que actúan en conjunto). Son:

      1-trastornos de la comunicación verbal y no verbal

      2-trastornos de las relaciones sociales

      3-centros de interés restringidos y/o conductas repetitivas

  16. Victoria Rodríguez di:

    Coma o noso querido e admirado Doctor Sheldon Cooper, tamén hai moitos outros personaxes (tanto imaxinarios coma reais) que se lles atribúe este síndrome. Un deles é Lisa Simpson, aínda que o seu creador non o deixe ver explicitamente, presuponse que o padece. As malas linguas tamén afirman (sen fundamento solido) que Isaac Newton tamén estaba afectado, e o facer mencion de este, tamen din que Albert Einstein pudo telo… todo isto sácano, supostamente, do estudo das súas biografías.

    Unha persoa que si foi diagnosticada, foi o premio Nobel Vernon Smith, un economista de nacionalidade estadounidense nado en 1927. O Nobel concedéronllo no 2002 conxuntamente con con Daniel Kahneman por establecer experimentos de laboratorio cunha ferramenta na análise económica empírica, especialmente no estudo de mecanismos alterativos do mercado.

  17. Yannick Afonso di:

    É un síndrome que lles ocurre a poucas persoas xa que no mundo existen preto de 100 persoas que tenñen habilidades asombrosas, case sobrenaturais. Éstas poseen o que se chama “síndrome do Sabio”.
    Os individuos que sofren de este síndrome presentan xeralmente discapacidades mentais, físicas ou motrices pero en contraposición teñen unha habilidade ou habilidades mentais específicas, propias de super dotados intelectuais, que brotan espontáneamente da nada, sen houbelas exercitado antes. O asombroso é que máis da metade de eles son autistas.
    Teñen unha memoria diferente ás normais, unha especie de memoria literal e non conceptual.
    O profesor e investigador de este tema, Allan Snyder defíneo da seguinte maneira: “Son individuos que ven as partes do cadro, sen ver o cadro no seu conxunto”.

  18. Evelin López di:

    Moitos nenos con síndrome de Asperger son moi activos e poden ser diagnosticados con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (THDA). Pode desenvolver ansiedade ou depresión durante a adolescencia e inicio da idade adulta. Ademais, podes ver síntomas de trastorno obsesivo-compulsivo e síndrome de tic Síndrome de Tourette.
    Síndrome de Tourette recibe o nome por Georges Gilles da Tourette, quen primeiro describiu este transtorno en 1885.É unha infección que leva a xente a facer movementos rápidos ou sons repetitivos que non pode controlar. Estes movementos ou sons son chamados tics.
    A síndrome pode ser asociada a problemas en certas áreas do cerebro. Pode que tenga que ver con produtos químicos (dopamina, serotonina e norepinefrina) que axudan as células nerviosas a comunicarse entre si.
    Pode ser grave ou leve. Alguns teñen un transtorno de tic leve, pero moito menos ten formas máis graves da síndrome de Tourette. Moitas persoas con tics moi leve pode non ser consciente delas e nunca buscan atención médica.
    A probabilidade de que esa síndrome ocorra é catro veces maior en nenos e nenas.

  19. Xisela Lema Díaz di:

    Persoas famosas diagnosticadas có síndrome de Asperger.

    Considéranse, sen fundamento sólido, a Albert Einstein e Isaac Newton como casos de síndrome de Asperger. En cada caso danse razoamentos controvertidos basados nas biografías de estas persoas. No caso de Einstein, por exemplo, dícese que non falou ata os 3 ou 4 anos, e non o fixo fluidamente ata os 9. Foi un neno con berrinches violentos, que repetía cada oración que dicía e incluso seus padres lle consideraban retrasado. No caso de Newton, sábese que sufría de epilepsia e tartamudeaba. A crítica principal a estos diagnósticos é que están basados só nas súas biografías.

    Tamén existen outras persoas que se sabe que foron diagnosticadas de Asperger. Tal é o caso do premio Nobel Vernon Smith, a Dra. Temple Grandin, e o actor-comediante Dan Aykroyd. O creador da franquicia Pokemon, Satoshi Tajiri tamén sufre de dito síndrome e o falecido creador de Pink Floyd Syd Barrett foi diagnosticado deste síndrome. Tambén no ámbito musical, o líder, vocalista e guitarrista da banda de garage rock australiana The Vines, Craig Nicholls, é afectado por esta patoloxía, así como o famoso pianista Glenn Gould, ao que se lle diagnosticou poco máis de veinte anos despois da súa morte mediante exámenes científicos. No ámbito deportivo, Rafer Alston, xogador da NBA e unha das máis grandes lendas do baloncesto callexeiro, conocido como “Skip To My Lou”. Foi diagnosticado de este síndrome o surfista estadounidense, Clay Marzo.

    Bram Cohen, creador do programa informático Bittorrent.

    Así mesmo podemos falar de Gary Numan, a quen lle foi diagnosticado pola súa propia muller, que é médico profesional.

    Igualmente dícese que o multimillonario e creador de Windows, Bill Gates, tiña este síndrome.
    Durante unha entrevista no 2007, Helena Bonham Carter, afirmou que seu compañeiro Tim Burton mostra signos del Síndrome de Asperger na quela, dixo, explicaría súa imaxinación e obsesión para có elegante e á vez terrorífico mundo de pesadelo que describe nalgunha das súas obras.

  20. Yolanda Bermúdez di:

    Eu queria mencionar o Sindome de Rett como xa di a miña compañeira Cristina,e un trastorno neurolóxico de base xenética a mayoria das veces afecta as mulleres e manifestase aos dous anos de vida. Foi descuberto en 1966 polo douctor Andreas Rett de Viena, Austria, este sindrome poden observarse un retraso grave na aprendizaxe da lengua e na coordinacion motriz. Esta asociado ao retraso mental, a perdida das capacidades e por lo xeral persistente e progresiva.

  21. Beatriz Castro di:

    Ser diferente non implica una patoloxía, simplemente pode considerarse como outra forma de intelixencia.
    Tódalas persoas somos diferentes. Sen embargo, vemos que hai quen se adapta mas e quen menos.
    Asperger, hoxe se denomina así ás persoas, nenos ou adultos, que soen ter inconvenientes para interactuar cos seus pais, para comprender as regras sociais. Dise que “viven no noso mundo a súa maneira”. Que non encaixan na sociedade.
    Exemplos sobran, fálase de Einstein, Newton, Bill Gates…
    Pero reflexionemos, non encaixar, pode ser visto como unha “anormalidade”, “discapacidade” ou simplemente é unha diferenza, simplemente hai xente distinta, se se quere con outro grado de intelixencia, ou tal vez, lles funciona mellor o outro lado do cerebro. Ven o mundo doutra forma, teñen outros intereses, outra forma de intelixencia. Por qué crer que a única maneira de ver a realidade é a que a mas impón? Por qué non cuestionala?
    Fai pouco o Síndorme de Asperger foi incorporado aos manuais médicos como parte dos chamados trastornos xeneralizados de desenrolo (TGD). No futuro, con esperanza, comprenderase que as diferenzas non son necesariamente patolóxicas e que os enfermos de hoxe son os xenios de mañán.

  22. Amir Pose di:

    Se diferencia del trastorno autista en que en el trastorno de Asperger no se observa retraso en el desarrollo del lenguaje, no existiendo una perturbación clínicamente significativa en su adquisición.
    –Las personas con síndrome de Asperger:
    –Son muy buenos para juegos de lógica, como el ajedrez.
    –Actúan de una forma que tenga sentido: son tremendamente racionales.
    –Ven y recuerdan detalles de cosas que las otras personas no ven.
    –A menudo tienen una memoria extraordinaria (visual, musical, numérica).
    –Son muy buenos recordando reglas (sin estar necesariamente de acuerdo con estas)
    –Son mejores escribiendo que hablando con la gente, porque son cuidadosos eligiendo las palabras que significan exactamente lo que quieren decir.
    Y otras muchas características positivas; pero tambien les caracteriza que:
    –Pueden tener dificultades para entender el sonido de las voces de otras personas.
    –Pueden quedarse confundidos si el lenguaje corporal y las palabras de una persona no -dicen lo mismo.
    –Intentan hacer exactamente lo que las palabras le dicen.
    –Pueden no darse cuenta de que otra persona está disgustada o enfadada hasta que otra persona se lo muestre claramente.
    –Pueden no saber si otra persona bromea. Tienen dificultades para entender la ironía, el sarcasmo o la jerga.
    –Lo realmente difícil para quienes padecen el síndrome es llevar una conversacion ligera (hablar estupideces) o hablar de temas triviales.

  23. Victoria Zherdeva di:

    Es un trastorno del desarrollo de base neurológica. Afecta de 3 a 7 por cada 1.000 personas, y se manifiesta con mayor frecuencia en los niños que en las niñas. La problemática adquiere mayor significación durante la niñez y la adolescencia por cuanto, con las diferentes estrategias de tratamiento, los adultos pueden encarar estudios superiores, formar una familia, e insertarse en el mundo laboral. La persona que lo padece tiene un aspecto externo normal, suele ser inteligente y adquiere el lenguaje con normalidad aunque en algunos casos se desarrolla más tarde, pero tiene problemas para relacionarse con los demás.
    Los padres suelen percibir esta diferencia hacia los 2 hasta los 7 años, buscando una ayuda que en muchas ocasiones no es la apropiada.

  24. Yaritza Castillo di:

    la mitad de las personas con el sindrome del savat son autistas, y la otra mitad tiene otra incapacidad relacinada con el desarrollo, retraso mental lesion cerebral o enfermedades mental.treffert asegura que esta situacion puede ser genetica o tambien puede ser adquirida. los savant tienen 4 categoria que son las siguientes: el arte, la pintura, la musica,estos se caracterizan por ser grandes interpretes musicales con el piano y con la pintores y la escultura.

  25. Nildes Abella di:

    Na maioría dos casos non hai unha causa única identificable. Pero crese que existe un compoñente xenético nun dos pais. Con certa frecuencia é o pai o que presenta un cadro completo de Síndrome de Asperger. Tamén en ocasións pode haber unha historia de autismo en parientes próximos.
    Un cálculo recente revela que 1 de 500 personas (0.2% da poboación xeral) ten Asperqer. Tamén parece que é máis frecuente entre o sexo masculino.Hai catro varóns con Asperger por cada muller diagnosticada.

    A miúdo no diagnóstico do síndrome adoita confundirse con trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH). Os aspectos comúns entre eles son:

    1 Dificultades para comezar e finalizar unha tarea e serias dificultades para tomar decisións.
    2. Dificultades para soster a atención, facilidade para distraerse.
    3.Ambos teñen dificultades coa coordinación motriz.

    Pola contra, as súas diferenzas son:
    •A característica distintiva do SA é o perfil de comportamento atípico a nivel social e emocional (perturbacións serias das habilidades sociaís).

    •Os TDAH saben como xogar pero non poden esperar o seu turno.

    •Os nenos con SA polo xeral interesanse só polas matemáticas ou a lóxica e os TDAH teñen unha gama diversa de habilidades lingüísticas e de intereses.

  26. Santiago de la Iglesia di:

    O outro día, estaba vendo una nova serie de televisión, a de “Sherlock”. Este é o típico detective Sherlock Holmes de sempre, pero esta vez sitúase na Londres do siglo XXI, e ten unha imaxen bastante rexuvenecida. Pero o que me chamou a atención, e que este personaxe ten rasgos que relaciono moito co Síndrome de Asperger. Por exemplo, é un excéntrico que fai siempre o que lle di a cabeza e soamente acepta aqueles casos que lle reportan algo de curiosidade intelectual. Aínda con iso, o máis increíble é a capacidade que ten de observación e o metículoso que é ao resolver os seus casos. Presenta unha brillante memoria e non repara con xente que non o entende ou non lle interesa no que está traballando. Intentade ver algún episodio na televisión ou na red e comunicádeme as vosas opinións, xa que igual non estou no certo.

    • Sara Otero di:

      Totalmente de acordo, eu tamén vin por casualidade o capítulo (que votan os xoves en antena 3). Resultoume un tanto gracioso, porque agora que coñezo ben o comportamento das persoas con este síndrome, reparas en detalles que probablemente non apreciara sen ter coñecemento. A min gústanme moito as series e novelas de misterio, por eso recoméndovola.

  27. Sabela Escourido di:

    O autor que interpreta ao Dr. Sheldon Lee Cooper na serie estadounidense The Big Bang Theory,Jim Parsons, é un claro exemplo de como actua unha persoa co sindrome de Asperger.
    Na serie, Sheldon ten dous doutorados e un máster, traballa como físico teórico na California Institute of Technology, xa dende a súa infancia era mais intelixente que os outros nenos.
    Unhas das cousas tipicas de Sheldon son: ser repetitivo, ter a necesidade dun porque para todo, todo o que lle din o toma ao pé da letra, cústalle sonrreir, coñece practicamente toda a teoria do que lle rodea e moitas outras cualidades que son similares, por non dicir a mesmas, que ten unha persoa ca síndrome de Asperger.

  28. Cristina Frade di:

    Ao igual que as persoas que padecen o Síndrome de Asperger, as persoas co Síndrome de Savant tamén desenvolven algunhas cualidades especiais.
    Entre estas cualidades atópanse por exemplo: descifrar complexos códigos, memorizar en segundos, multiplicar grandes cifras sen problemas, ser moi bos debuxantes…
    As persoas que padecen Savant compensan as súas disfuncionalidades mentaies desenvolvendo determinadas áreas do cerebro que as persoas que non padecen a enfermidade teñen moi pouco desesenvoltas.
    Déixovos un documental do canal Odisea por se vos interesa o tema e queredes saber máis.
    http://tu.tv/videos/mentes-privilegiadas-1
    http://tu.tv/videos/mentes-privilegiadas-2
    http://tu.tv/videos/mentes-privilegiadas-3

  29. Nerea Pardo di:

    Ainda que cada vez é mais frecuente a detención temprana dos casos da Síndrome de Asperger,
    en España hai moitos casos adultos con esas características que pasaron desapercibidos ou que foron tratados por psicologos,psiquiatras e educadores sen saber concretamente que é o que iba mal.Na idade adulta as persoas con SA solen presentar unha serie de problemas asociados,con depresión, ansiedade,trastornos obsesivos,etc. Consecuencias da ausencia de intervención temprana e que condicionan a súa felicidade. Son incapaces de planificar e organizar o seu futuro en base a proxectos realistas. Eleccións tan básicas como a roupa ou o restaurante onde van a xantar poden resultarlles moi difíciles.
    Teñen moitos problemas para atopar traballos onde hai que superar unha entrevista, xa que teñen grandes dificultades para captar que é o que o entrevistador necesita saber sen que llo diga de forma explícita.Tamén traballos onde teñan que traballar en equipo xa que teñen dificultades para entender o mundo mental dos demais.

  30. Diana Pérez di:

    Un neno que padece de Asperger ten un aspecto externo normal, soe ser intelixente e non ten retraso na adquisición da fala. Sen embargo, presenta problemas para relacionarse cos demáis e en ocasions presentan comportamentos inadecuados. A capacidade intelectual dos nenos con Síndrome de Asperger es normal e o seu lenguaxe normalmente so se ve alterada cando é utilizada con fins comunicativos. Soen fixar a sua atención facia un tema concreto, de maneira obsesiva moitas veces, polos que non é extraño que aprenden a leer por sí solos a unha edade moi precoz, se isa é a area da sua atención.
    Considerase que o Síndrome de Asperger afecta de 3 a 7 por cada 1000 nenos, entre 7 e 16 anos de idade. As cifras non son exactas, pero reconocese que é un trastorno que afecta máis frecuentemente aos nenos que a as nenas.

  31. Claudia Caramelo di:

    Alguns dos famosos que sofren este sindrome son
    -Gary Numan,cantante e compositor británico, que casouse con Gemma O’Neil unha membra do seu club de fans, de profesión médico, que lle diagnosticó co Síndrome de Asperger,a pesar disto,en 2003 tivieron a su primeira filla, Raven, y en 2005 naceu a sua segunda filla, Persia.
    -Tim Burton,director, productor, escritor e diseñador. Manten unha relación con Helena Bonham Carter y teñen dos fillos: Billy-Ray Burton e Nell.Bonham afirmou que o seu compañeiro Burton mostra signos do síndrome de Asperger o cual, dixo, explicaría a sua imaxinación e obsesión con o elegante e a vez terrorífico mundo de pesadilla que describe en algunhas das sus obras, axudando a sua creatividad,e definelo non como un defecto senon unha gran virtude.
    -Steven Spielberg,un director, guionista e productor de cine,e que incluso escribiu sobre seu síndrome.

  32. Carlos García di:

    Quería falar sobre o síndrome Asperger e os profesionais do testing softwareNun blog sobre software testing, pódese ler un post que relata como unha empresa de testing de Chicago só contrataba personal afectado polo síndrome de Asperger.
    Se se realiza unha búsqueda en Google sobre a relación sorprende a cantidade de entradas que falan sobre a relación entre dito síndrome e desenrolo software. Hai artigos que destacan a proliferación de dito síndrome por Sillicon Valley. Institutos que tratan este trastorno e recomendan aos afectados os traballos relacionados co software. E outras empresas que, con anterioridade a esta de Chicago, xa incorporaron personas con Asperger a puestos relacionados co desenrolo software basándose en estudios de Harvard Business School.
    Parece que hai numerosos estudios e experiencias que falan sobre como o síndrome de Asperger pode ser unha fortaleza á hora de realizar tareas relacionadas co desenrolo software, e especialmente co testing. Os afectados, a pesar dos problemas de interacción social e comunicación, solen destacar pola súa boa memoria, concentración, capacidade para a detección de detalles, intelixencia, etc.
    Só nos últimos 10 anos, os casos de autismo creceron un 400% en California. E ser un enxeneiro no afamado ‘Parque Tecnolóxico’ de Massachusetts ou no de ‘Silicon Valley’ de California e hoxe en día un verdadeiro ‘factor de risco’, á hora de tener descendencia.

  33. Lenny Mamani di:

    Eu quero enngadir que este sindrome foi descrito por primeira vez en 1978 nun artigo da revista Psychology Today.

    Tamen dicir que na actualidadde non existe ninguha teoría medica que poida explicar a razón desta curiosa condición humana.
    Aunque algunos savants sufrieron lesions cerebrais , noutros no é posible encontrar rastro alguno de “anormalidad”, non al menos mediante as ferramientas de diagnóstico actuales.
    De feito, certos neurólogos apoian a tesis de que , os savant tal vez “compartan” cos superdotados ciertos subprocesos mentais, pertenecentes a un nivel específico do cerebro. En cualquiera caso, dunha maneira u outra , este síndrome despertou a fascinación de moitas persoas o largo da súa existencia, e non é para menos, xa que mostra o enorme potencial que nuestro cerebro oculta no seu interior (aún a costa doutros efectos no deseados).
    Recientemente descubriuse que parte das asombrosas habilidades ,son gracias a que levan a cabo os procesos mentais con os hemisferios cerebrais distintos aos que unha persoa normal utiliza para procesar a información.

Deixa unha resposta