A Luz ao final do túnel

A o largo da vida, a mente pódenos xogar malas pasadas ou facer ver cousas que non están alí: dende a sensación da parálise que acompaña a alguns pesadelos ata a percepción de abandonalo corpo. É relativamente común lembrar experiencias que tradicionalmente foron consideradas como paranormais.

As experiencias próximas á morte, tal e como as refiren algunhas persoas que sufriron un paro cardíaco ou estiveron a piques de morrer, poderían definirse coma un compendio de tódalas anomalías.  Os pacientes perciben que a sua conciencia escapa do seu propio corpo, albiscan un túnel negro cunha luz ao outro lado, síntense rodeados de presenzas que identifican coma espíritos. Estes recordos, que observáronse e recolléronse en hospitaies de tódolo mundo, foron interpretados habitualmente dende un punto de vista místico, relixioso ou paranormal, pero varios grupos de expertos opinan que deberían incorporarse ao estudo académico. Os investigadores británicos da Universidade de Edimburgo, elaboraron un estudo que repasaba varios dos síntomas máis extendidos nas experiencias cercanas á morte e ofrecíanlle unha explicación biolóxica factible para cada un deles. A percepción de encontrarse nun tunel, por exemplo, pode deberse aos erros na visión periférica, ocasionados pola carencia de osíxeno no cerebro que se produce tras sufrir un paro cardíaco.

Autora: Xisela Lema Díaz

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade. Garda o enlace permanente.

29 Responses to A Luz ao final do túnel

  1. Naomí Mosquera di:

    Xa que nómbrase varias veces o paro cardiaco direi brevemente en que consiste isto. Un paro cardíaco é cando o corazón desarrolla unha arritmia (Durante unha arritmia, o corazón pode latir demasiado lento, demasiado rápido o deixar de latir). Cabe mencionar que isto é diferente ao ataque ao corazón, nel que o corazón soe continuar latindo pero o fluxo sanguíneo facia que o órgano encontrarase bloqueado. Hai moitas posibles de causas do paro cardíaco. Entre elas, a enfermidade cardíaca coronaria, infarto, electrocución, afogamento ou asfixia. É posible que non se coñeza a causa do paro cardíaco. Sin atención médica, a persoa morirá en poucos minutos. As persoas teñen máis posibilidades de sobrevivir se reciben resucitación cardiopulmonar (RCP) e desfibrilación (aplicar un choque eléctrico para restaurar o ritmo cardiaco normal)

  2. Cristina González di:

    Outra cousa curiosa é que dicen que todos perdemos 21 gramos no momento exacto da nosa morte, e que iso é o que pesaría a nosa alma.
    A orixe de esa afirmación ten lugar a principios do século XX:
    “En marzo de 1907, un doctor en medicina colocou a seis persoas moribundas en diferentes balanzas que tiñan unha precisión de 3,2 gramos. Catro de esas persoas experimentaron unha pérdida de entre 10 e 40 gramos nos 15 minutos ao redor da súa morte.”
    Esa afirmación é o que xenerou que tantos crean en que a continuidade da personalidade a través do alma, despois da morte, é una realidade científica.

  3. Carlos García di:

    Quero engadir algo mais que cita o estudio dos investigadores da Universidade de Edimburgo.
    Xunto coa percepción de atoparse nun túnel, falan doutros síntomas provocados pola cercanía da morte:
    a) as visións de espíritus o pantasmas, poderían estar relacionados coa escaseza de dopamina que causa alucinacións, delirios e outros síntomas psicóticos.
    b) a sensanción de benestar vería propiciada pola acción de endorfinas, que se liberan en situacións de estrés importante.
    c)a experiencia de revivir os momentos mais importantes da vida, podería ser el locus coeruleus, unha rexión anatómica do talo cerebral que libera noradrenalina, a hormona do estrés.
    Polo que, pese as crenzas populares, os investigadores suxiren que non hai nada paranormal sobre estas experiencias. Consideran que a neuroloxía e a psiquitría actuais, xa contan con ferramentas suficientes para explicar o fenómeno, que sería a suma dunha serie de experiencias cerebrais extremas provocadas pola morte.

  4. Sabela Escourido di:

    Déixovos un enlace no que dan algunhas explicacións de porque as persoas que están apiques de morrer pensan que ven un túnel cunha luz ao final ou outras anomalías. http://www.cooperativa.cl/estudio-determino-que-la-sensacion-que-se-percibe-antes-de-morir-es-un-truco-mental/prontus_nots/2011-11-06/122041.html
    Agora vou falar do proxecto AWARE, este proxecto supón a primeira investigación científica a gran escala sobre as ECMs (experiencias cércanas a morte). Entre as probas que se estána efectuar hai una sinxela e enxeñosa: tratase de colgar do teito das salas de urxencias e de coidados intensivos uns carteis cunhas imaxes dirixidas hacia o teito, de forma que solo pódanse ver desde o mesmo. A idea é que quenes protagonicen unha destas experiencias podan ver esa imaxe mentres flotan por encima de seu corpo.“Si ninguno de los cientos de pacientes que experimentarán este fenómeno es capaz de describir las imágenes colgadas del techo, habrá que pensar que en realidad se trata de una mera ilusión”, dixo Parnia.

  5. Carlos García di:

    Cristina comenta que se perden 21 gramos no momento da nosa morte, e que é a nosa alma.
    A nosa alma non pode ser porque é algo inmaterial, algo que non se ve, que no ten ubicación como outros órganos, ¿como vai pesar?
    Uns dicen que é o peso do aire que botamos por última vez e outros fluídos gaseosos que liberamos no momento da morte.

  6. Beatriz Castro di:

    O cine plasmou este tema en celuloide en numerosas ocasións e moitos coñecen a xente que di que experimentou ver cómo o alma se separaba do corpo, sentindo unha indescritible paz interior, vislumbrando unha intensa luz ao final dun túnel ou visto pasar en décimas de segundo toda a súa vida por diante.
    Seguindo explicou o neurcientífico Dean Mobbs, da Universidade de Cambridge a la revista Scientific American: “Moitos dos fenómenos asociados con experiencias próximas á morte poden ser explicadas biolóxicamente, xa proveñen dun mal funcionamento da dopamina e do fluxo sanguíneo, creando sensacións inexistentes durante un proceso traumático.”

  7. Alexandra Parceiro di:

    Sabela Escourido falanos do proxecto AWARE, eu investiguei un pouco sobre este proxecto, atopei que a investigación estará dirixida polo doutor Sam Parnia, un experto no campo da conciencia durante a morte clínica, ademais de autor do libro “What happens when we die?” (¿Que sucede cando morremos?).
    Parnia leva xa anos estudando este fenómeno. No 2001, por exemplo, a BBC publicaba que o investigador fixo un estudio piloto no hospital xeral de Southampton con 63 pacientes que foron reanimados tras estar clínicamente mortos.
    Parnia explica: “contrariamente a percepción popular, a morte non é un momento específico. En realidade é un proceso que comenza cando o corazón deixa de latir, os pulmons deixan de traballar e o cerebro deixa de funcionar. É o que en medicina denominase “parada cardiorrespiratoria”, que dende un punto de vista biolóxico é sinónimo da “morte clínica”.
    Ademáis atopei unha páxina onde estan os relatos individuais de Experiencias Cercanas a
    Morte (ECMs). Estan traducidas ao español, ainda que malamente, pero entendense.
    Deixovos o enlance http://www.nderf.org/Spanish/nderf_ndes_spanish.htm

    Eu creo que cando din que ven o que lles estan a facer os médicos mentres estan “morrendo”, ou de ver a familiares xa mortos, ou ver anxos e/ou a Deus, simplemente son delirios, que estan a confundir a realidade co que o seu cerebro imaxina.

  8. Roxana Cadena di:

    Estoy dacordo con Alexandra todo isto e producto do delirio que sobren mentras “morren”. Xa que como di a entrada todo isto ocurre pola carencia de osíxeno no cerebro que se produce tras sufrir un paro cardíaco.

  9. Nildes Abella di:

    Hai persoas que aseguran haber tido experiencias cercanas á morte e que despois delas sentiron extrañas sensacións como as que mencionaron os meus compañeiros, ou incluso, encontros con seres místicos. A xente tamén fala de luces centelleantes, sentimientos de paz e alegría profunda, experiencias de “saír do corpo” e mirarse a sí mesmo desde o teito. E para explicar estes acontecementos acúdese a razóns relixiosas ou farmacolóxicas.

    Pero a explicación deste fenómeno podería estar máis cerca da ciencia que do sobrenatural: débese, según un estudo, a un aumento nos niveis de dióxido de carbono no sangue causado polo paro da respiración.
    Os científicos da Universidade de Maribor, en Eslovenia, investigaron as experiencias cercanas á morte (ECM) en 52 pacientes. Os investigadores descubriron que os niveis de dióxido de carbono no sangue, nos pacientes que afirmaban haber tido unha ECM, eran máis altos que no resto.

    A anoxia (a morte neuronal causada pola redución total de oxíxeno no cerebro) era unha das teorías más aceptadas polos expertos para explicar as ECM, aínda que séguese investigando. Estudos no pasado habían demostrado tamén que a inhalación de dióxido de carbono pode provocar experiencias alucinantes similares ás ECM.

  10. Sara Otero di:

    Os autores dun artículo publicado en Trends in Cognitive Sciences, suxiren que as ECM (experiencias cercanas á morte) se tratan de experiencias normais que se producen ao sufrir un feito traumático.
    Moitas veces, as persoas que están en estas situacións, teñen conciencia da propia morte e, según os autores do artículo, é unha sensación similar ao síndrome de Cotard. As persoas que padecen esta enfermidade creen estar mortos, que estánselles a podrecer os órganos, o simplemente creen non existir. Incluso poden chegar a presentar algunhas alucinacións olfativas que confirman o seu delirio, pensar que foron levados ao ceo e ao inferno, ou mantener a idea da inmortalidade coma se fosen “almas en pena”.
    Aquí vos deixo o artículo do que falaba, pero está en inglés:
    http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S1364661311001550

  11. Olalla Manteiga di:

    Eu vou falar un pouco das ECM ou experiencias cercanas á morte. Son percepcións do entorno que afirman sentir as persoas que estiveron a punto de morrer ou que pasaron por unha morte clínica e sobreviviron. Segundo as estadísticas,poderían suceder aproximadamente a unha de cada cinco persoas que superan unha morte clínica. Para algúns, as ECM son unha proba de que a mente ou o espírito se separa do corpo físico que actúa coma un soporte material, para dirixirse a outro reino. Non obstante, nada disto puido ser confirmado científicamente como tal. En 1976 suxeriuse que a ECM era unha forma de respostar a un trauma físico ou emocional intolerable, que actúa como defensa ante a amenaza da morte en situacións de extremo peligro. Segundo explican algúns investigadores, a sensación de estar morto non se limita ás experiencias cercanas á morte. Os pacentes co síndrome de Cotard ou do «cadáver ambulante» teñen a ilusión de que faleceron despois dun trauma moi forte ou en etapas moi avanzadas dalgunhas enfermidades, debido a cambios na corteza parietal e prefrontal, a primeira relacionada con procesos de atención e a segunda con delirios observados en males psiquiátricos.
    Na miña opinión, non son máis que alucinacións nas que o noso cerebro nos xoga unha mala pasada.

  12. Vladislav Babenco di:

    Vou falar en que consiste o RCP.

    A reanimación cardiopulmonar (RCP) ou reanimación cardiorespiratoria (RCR)se define como un conxunto de maniobras temporais coñecidas a nivel global que garantizan a oxigenación dos órganos vitais cando alguén sufre unha parada da circulación sanguínea, independentemente da súa causa.
    Os principais compoñentes do RCP son o servicio médico de emerxencias e as compresións torácicas ou “masaxe cardíaco externo”. Outro compoñente relacionado é por exemplo a maniobra de Heimlich.

  13. Yannick Afonso di:

    Escóitase que antes de morrer, imaxinas ou se ve este túnel famoso cunha luz de fondo.Cóntase tamén que ó ver ese túnel se sinte unha paz inmensa. Os científicos afirman que é posible, xa que o corpo antes do seu deceso, libera unha certa cantidade de endorfina que fai sentir certos momentos de tranquilidade e placer.
    Se ben o Catolicismo non considera a existencia de este túnel, e ademáis, non implica que dicho túnel sea exactamente a morte, o que é coñecido, é que moitas personas o viron. He aquí entonces a pregunta que xorde de esta cuestión, o túnel da morte ¿é unha “mala pasada” de a nosa mente antes de morrer ó é o camiño que recorremos para trascender á eternidade? Os deixo con esas cuestións.

  14. Rosalía García di:

    Foron suxeridas diversas hipóteses psicolóxicas para dar unha explicación a estas visións e sensacións que sufrían aqueles que viviran unha experiencia cercana a morte.
    Unha delas, pareceume curiosa.
    Foi formulada por Carl Sagan, que mantiña que o sistema neurolóxico reiniciábase tras a experiencia traumática da morte, é decir, que a luz do túnel sería unha regresión ao momento do parto. Pasando da oscuridade a unha luminosidade inmensa e que as persoas coñecidas serían os pais, e, en canto a sensación de benestar, deberíase as endorfinas* do leite materna.
    Pero esta teoría, invalidouse polo feito de que no momento do parto o primeiro que asoma non son os ollos, se non, a parte alta do cráneo.
    (*)As endorfinas son unhas substancias (péptidos) que funcionan como neurotransmisores e son segregadas no organismo en determinadas situacións como o exercicio ou o estrés.

  15. David Lamas di:

    Vóuvos falar das fases das ECM.
    O doutor en mediciña e filosofía Raymond Moody,di que os pacientes que sufriron as ECM coinciden en nove fases:
    1ª- O paciente sintese flotar sobre seu corpo, , e incluso oe a declaración do seu propio falecemento.
    2ª- Despois, sinte que se eleva e que atraveza un escuro túnel mediante unha escaleira ou flotando no vacío, e con unha relativa rapidez.
    3ª- Ve aparecer unha figura ao final do túnel (casi sempre fermosa).
    4ª- O paciente non sinte nin dor nin molestias, só percibe unha paz interior.
    5ª- Algunhas persoas afirman ter experiencias terroríficas no mais ala.
    6ª- Familiares ou amigos difuntos van ao seu encontro.
    7ª- Aparece unha presencia que defínese en función das crenzas relixiosas do paciente (como Xesucristo)
    8ª- Preséntase unha visión global pero íntegra do vivido, como si se vise unha “película”.
    9ª- A persoa vese diante dun obstáculo: unha puerta e toma conciencia de que aínda non morreu, e aínda que sinte esa paz interior dase conta de que debe volver
    Tras este proceso as persoas perden o medo a morte, e desexan vivir.

  16. Thiago Echevarría di:

    O tunel da luz que supostamente vese na hora da morte, isto ocurre, dicen algúns científicos porque a retina rexistra a última imaxen de luz, e no cerebro permanece a imaxen atá que desvanecese, xa sabes que o cerebro morre ao final, por iso que no instante da tua morte tes certa lucidez que se vai apagando lentamente como cando empezas a quedar dormido, chamase vigilia, entre o sono e a lucidez, en este estado é fácil que teñas alucinacións que teñan que ver con as tuas creencias ou con o que che importe para ti, así que si crees en Deus dos Hebreos e tes formación cristiá pois te encontrarás con un ceo e ánxeles esperándote ou os teus familiares, etc, se cres no deus dos musulmáns igual, todo de acordo as tuas propias creencias.

    De feito este estado de vigilia pode ser inducido por varios medios, como a meditación trascendental apoiada con largos periodos de xaxún (como o que fai os yoguis e os monxes tibetanos), é algo que se chama un estado de conciencia distinto ao que habitualmente vivimos.

  17. Eduardo Cagide di:

    O que narran as persoas que tiveron experiencias cercanas á morte, é que en primeiro lugar escoitan un sonido aturdidor e senten a sensación de estar mortos. Seguidamente pasan a un estado de calma e serenidade, e sintense coma flotando pola zona onde tiveron por última vez vida.
    Algúns describen a experiencia como se estivesen flotando nun tunel azul, no can ao final ven unha luz forte. E outros din que ao seu encontro viñeron parientes, familiares cercanos, e incluso din que ánxeles e arcánxeles viñan ao seu encontro. Tamén din ver a un “Ser de Luz” que identifican con Dios, e que este lles mostra a súa vida como nun corto cinematográfico, e…
    A min, a vedade, é que este tema pareceme absurdo, non sei se é que son raro, pero este tema non me parece nada interesante nin me levanta nin un pouco de curiosidade, creo que non ten nin pes nin cabeza e… pareceme vergonzoso que existan, nos tempos nos que vivimos, cousas coma a AWARE, coas que na miña opinión perdese un valioso tempo que podería ser empregado en cousas moitisimo máis útiles.
    PD: Se alguen cre que estou equivocado e quere discrepar as miñas ideas, estarei disposto a escoitar as distintas opinións, de feito estaría moi agradecido de ver a vosa colaboración.

    • Sara Otero di:

      Eduardo, eu estou de acordo contigo en que este é un tema que non ten nin pés nin cabeza, pero a min despértame unha gran curiosidade. Nunca te planteaches a pregunta “como sería estar morto?” ou “que pasa pola túa cabeza cando agonizas?”, porque eu sí (e dende bastante pequena por certo). Sí que considero que a asociación AWARE é un pouco excesiva, penso que chegaría con simplemente aportar teorías que máis ou menos se axusten, como a que propuxo Carl Sagan como ben explicou Rosalía. Para mín esa teoría sería ben aceptada, pero non creo en iso de que vemos un túnel cunha luz branca ao final. E outra das cousas que non podo entender, é como a xente que sufriu ECM, son capaces de recordar aquelo que supostamente viron.

      • Eduardo Cagide di:

        A verdade é que nunca me pasaron esas preguntas pola cabeza, basicamente, porque non me parecen lóxicas. Eu creo que, o que se ve cando morres ou cando estas apiques de morrer, xa o veras cando che chegue a hora, e non perdendo o tempo que temos de vida, pensando que pasará cando morramos.
        E crer na xente que sufriu unha ECM pareceme un acto de fe, xa que non teño probas ningunhas de que me esten a dicir a verdade.

    • Sara Otero di:

      Unha cousa clara: non é que eu estea a darlle voltas todo o día pensando como sería esa situación e non poda vivir coa intriga, pero si alguna vez platexeime esa cuestión. Dende ese punto de visto, sí que tamén penso que é un sentimento de fé, porque careces de probas. Pero por exemplo, tamén hay xente que non sufríu unha ECM, pero sí perdeu un ser querido e afirman que se lles aparecen polas noites ou cando están sós. Eu, como é obvio, non creo que estea aí realmente, pero se o di é porque realmente o viu (non ten ningunha necesidade de enganarme), e desde o meu punto de vista (e seguramente de todos) se trata dunha imaxinación producto da súa apenada mente. O que quero dicir con esto, é que o que eu me plantexo é: que é o que co que a miña imaxinación me sorprenderá cando chegue o meu momento? Desde logo, non teño ningunha intención de comprobalo agora.

      • Santiago de la Iglesia di:

        Sara, ao final explicaches a conclusión que eu iba a deducir. Como ti dixeches, eu penso que ao momento de morrer, se se teñen visións de persoas, actos nos que se estiveron presentes e formas de pensar e creer (como a fé) é porque a nosa imaxinación nola produce para aliviar un pouco a dor ou porque o ser humano ten que ter, aínda que sea, algún agradecemento despois da vida. As nosas neuronas albergan innumerable información (polo momento), pero se os dades conta ao final soamente se teñen máis presentes o que te resultou máis beneficioso e te sorprendeu máis positivamente. O que quero dicir, é que o noso cerebro fai un esforzo involuntario para que a nosa saúde mental, que é moi delicada, teña a fortaleza necesaria. Penso que este acto involuntario tamén reflexarase no momento de deixar o mundo.

  18. Alba Guzmán di:

    Unha das vías para reformar a ciencia da mente mais popular nos ultimos anos foi a proposta polo prestixioso físico e matemático Roger Penrose, quen sosten que os fenomenos aparentemente inexplicables da mente humana debense á natureza cuántica da mesma.

    Alguns dos autores, como o psicólogo Bruce Greyson, da Universiadade de Virginia (EEUU), defenden que unha teoría cuántica do cerebro podría explicar as experiencias cercanas á morte desde una perspectiva “que desafíe un reduccionismo materialista”, aínda que non por iso paranormal. As experiencias cercanas á morte e outros fenómenos da mente requerirían, según Greyson, “de unha psicología revisada, que non esté anclada na física clásica do siglo XIX, senon mais ben na física cuántica do siglo XX, a cal incorpora a conciencia na súa formulación conceptual”

    O doctor Francisco José del Rio, intensivista no Hospital Clínico San Carlos de Madrid, explica que “O mais normal é que despois dun paro cardíaco, os pacientes non recorden nada; soamente din que teñen un espazo en branco”

    “Ás veces hay cadros estruturados de algo parecido ó que é o delirio, pero sin ter unha idea muy clara do que pasou”, comenta este especialista a ELMUNDO.es. “Eu levo moitos anos nisto e nunca escoitei falar dunha luz ó final do túnel. Alguns dicen recordar ver ó equipo que lles atendía: probablemente estiveran mezclando recordos de cousas que viron, con cousas que lles contan”. Hai que ter en conta, recorda o doutor, que non é un despertar fisiolóxico como o que temos pola mañá tódolos dias”, senon que os pacientes reciben fármacos que poden afectar ás suas percepcións: “Non se pode sentir con claridad qué está pasando” insiste o doutor.

  19. Ana Domínguez di:

    Vou a poñeros un exemplo real.
    Sueiro tivo unha experiencia o 20 de xullo de 1990, durante un paro cardíaco que o mantivo morto clínicamente 40 segundos. No seu libro “Más allá de la vida” relatou ese instante que cambiou a sua vida. Uns 25 millóns de adultos estadounidenses dixeron ter estas vivencias, un traballo publicado en 1997. E se cree, claro, que este número aumentou, especialmente cun desarrollo de modernas técnicas de resutización.
    En 2010, este polémico tema reavivase co estreo da película “Hereafter”, dirixida, dirixida por Clint Eastwood, na que Matt Damon interpreta a un home que ten unha especial conexión ca morte.

  20. Evelin López di:

    Eu estou de acordo no que din meus compañeiros que son alucinacións debido á falta de osíxeno no cebrebro despois dun paro.
    A mera coincidendia de moitas persoas en que ven a morte cerca ou tanto o ceo como o infierno son cousas producidas eu penso que polas experiencia que han vivido durante a su vida. Todo son imaxinacións que aparecen sen mais e pode haber persoas que nin recorden isto, nin sequera hai probas da existencia deses feitos.
    Eu queria aportar información sobre a comunicación tras a morte inducida que é unha técnica terapéutica baseada na EMDR que axuda os deudos para procesar e superar o sufrimento pola morte dun ser querido. A CDMI foi descuberta e desenvolvida en 1995 polo psicólogo norteamericano Allan Botkin, ao traballar con veteranos da guerra de Vietnam.
    O CDMI permite que os participantes teñan unha experiencia alegre de ver os seus mortos e mesmo dialogar con eles. Esta experiencia permite que probe unha “reconexión” entre os deudos eo seu ser querido, o que leva, en moitos casos, a conclusión do proceso de duelo.
    Os participantes afirman que a presenza dos mortos é visto como moi “real”, polo que moitos consideran que o CDMI ofrece acceso a unha dimensión verdadeiramente espiritual ou transcendente. Outros, con todo, cren que a experiencia é o resultado dalgunha función natural (pero aínda non determinado) da mente humana ou do cerebro, que serven para permitir a solución de duelo.

  21. Amir Pose di:

    O neurocientífico Dean MOBS explicou:
    “Moitos dos fenómenos asociados con experiencias próximas á morte poden ser explicadas bioloxicamente, xa proveñen dun mal funcionamento da dopamina e do fluxo sanguíneo, creando sensacións inexistentes durante un proceso traumático. “
    A sensación de estar morto non só vivírona aqueles que estiveron preto de morrer. Os pacientes coa síndrome de Cotard teñen a certeza de que faleceron despois dun trauma moi forte ou en etapas moi avanzadas dalgunhas enfermidades, como a febre tifoide e a esclerose múltiple, debido a cambios na codia parietal e prefrontal.

  22. Yaritza Castillo di:

    la vision espiritual o los fantasmas pueden estar relacionados. los pacientes de parkinson estan en un nivel muy bajo ya que sufren alucinaciones delirios y otros sintomas psicoticos que podrian asociarse ala referida sensacion de encontrarse rodeados de animales. la ketamina una anestesico que se emplea como droga de recreativa

  23. Mateo Fdez di:

    O tema da morte é un tema recurrente na nosa sociedade, e nas que a precederon. Numerosas teorías existen sobre ela e ó que lle segue, chegando moitas delas a convertirse en mentiras ou supersticións…pseudociencia en xeral, que válese de aqueles menos preparados e seguros, como afirmaba Carl Sagan no seu libro “O mundo e os seus demonios”.
    Sen embargo, tamén é un tema recurrente na nosa cultura, no arte, nos libros, nas películas…no arte, existen un famoso cadro, titulado “O triunfo da Morte” (http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/10/Thetriumphofdeath.jpg), que mostra cómo esta sempre triunfa (tamén hai que ter en conta que enmárcase no contexto da Peste Negra ->s.XIV), durante a cal o complicado precisamente era sobrevivir. Na literatura, ríos de tinta (e nunca mellor dito) tense escritos sobre este tema: por poñer un exemplo cercano a nós, estaría Harry Potter (non podo creer que esté a falar desto), no cal Harry chega un momento que, despois de habitar durante uns momentos nun limbo, “resucita” máxicamente, algo que, na realidade, sería ademais de imposible, pseudociencia, dos termos que soen avanzar da man. Por último, no campo do cine, podemos atopar películas como “Ghost”, que trata únicamente e exclusivamente de cómo un fantasma íntenta comunicarse ca súa noiva; ou a película “All That Jazz”, que trata sobre unha “suposta” vida de Bob Fosse (coreógrafo e director da película), na que, ó morrer este (o protagonista), preséntanse diversos números musicais, dun surrealismo case extremo, presentando o seu final.

Deixa unha resposta