O pó branco da desgraza

O outro día vin un documental moi interesante sobre o amianto. É un grupo de minerais metamórficos fibrosos. Están compostos de silicatos de cadea dobre. Os minerais de amianto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexibles como para entrelazarse. Tamén resisten altas temperaturas. Os antigos alquimistas, crían que as extraordinarias fibras do amianto, procedían dos cabelos de míticas e tóxicas píntegas resistentes ao lume e chamárono «lá de píntega». A mortífera sustancia que segregaba a píntega envelenaba árbores frutais e as augas dos ríos e pozos.

Máis tarde o explorador Marco Polo visitou minas de amianto en China describindo o proceso de extracción do mineral, e eliminando a antiga lenda da píntega. Este elemento aparece en productos cotiás: nos materiais de construción (as tellas dos tellados, baldosas, azulexos…), en productos de fricción (embragues, frenos…), materiais téxtiles, envases, paquetería, pinturas e incluso nalgúns alimentos. Determinouse polos organismos médicos internacionais que os productos relacionados co amianto provocan cáncer cunha elevada mortalidade e por iso, dende fai décadas, prohibiuse o seu uso en todos os países desenrrolados, pero a realidade é outra.

Dende Canadá, principal exportador hacia Europa, grandes cantidades deste producto séguense a vender nos comercios, baixo o nome de crisotilo, sendo os seus traballadores afectados polas enfermidades que provoca. O máis coñecido podería ser Ikea, no que se atoparon estas partículas en termos herméticos. Pero sobre todo expórtase a países que inician o seu desenrrolo e nos que non existe unha lexislación restrictiva. As empresas responsables non dan resposta, e aseguran que foi retirado do mercado hai anos.

 A verdade é que lles é rentable continuar frabicándoo, e incluso lles pagan aos científicos que traballan para eles para que mintan dicindo que non é perxudicial.

Autora: Olalla Manteiga

Esta entrada foi publicada en 2. Física de partículas. Garda o enlace permanente.

26 Responses to O pó branco da desgraza

  1. Mateo Fdez di:

    Outro axente moi perigoso que aínda se segue a utilizar, e que ten levantado moita polémica durante a súa vida, é o DDT. Éste non é un mineral, senón un composto químico usado maiormente en insecticidas. É incoloro, cristalino e soluble en disolventes apolares (graxas e outros disolventes orgánicos), sendo sen embargo insoluble en auga. A súa fórmula é (ClC6H4)2CH(CCl3).
    Durante o século pasado, o DDT foi utilizado intensamente como insecticida en campos e plantacións, pero unha gran campaña na súa contra, que alegaba que o DDT acumulábase nas cadeas tróficas (relacións/pirámides alimenticias que establécense entre os animais dun ecosistema, partindo dun vexetal ó depredador máis importante) e que contaminaba seriamente os alimentos dos campos que trataba, conseguiu que fora prohibido o seu uso (aínda que non se cumpre).
    O DDT é unha sustancia que se consegue sintetizando outras (é creado polo home) que poden obterse por baixos ou módicos precios, o que supón un importante alicente á súa producción.
    A historia do DDT comeza en 1962, coa publicación do libro de Rachel Carson no cal mostra unha larga lista dos seus efectos biolóxicos. A raíz de esto, a EPA (a Organización Medioambiental Estadounidense) o prohibiría en 1972, o que provoca un importante desaxuste no abastecemento de moitas nacións. A polémica proseguría, xa que sucederíanse diversas opinións e debates acerca do DDT.
    Entre os seus efectos encóntranse fallos na reproducción, no desarrollo, no sistema inmunitario e mortes de aves. Aínda así, ó que máis afecta o DDT é o sistema nervioso. Ademais, encontráronse grandes concentracións de DDT no Ártico, tanto no aire, como na agua, no xeo, nos ríos, na terra, na neve, como nalgúns sedimentos e, en gran cantidade, nas mesmas cadeas tróficas.

    Sen embargo, algúns grupos protexen ó DDT e o presentan como un bo erradicador da malaria, xa que afirman que anulouna en Europa (onde estaba presente en Italia e Grecia), e baixou incriblemente o número de enfermos en países asiáticos.

    http://es.wikipedia.org/wiki/DDT

  2. Rosalía García di:

    A elaboración de productos con amianto está prohibida en España dende o ano 2002.
    Sen embargo foi necesario lexislar como se eliminaban os materiais (fabricados anteriormente) que contiñan amiantos (como as uralitas) para garantir a saúde dos traballadores que levaban a cabo esta actividade.
    Esto queda regulado a través do Real Decreto 396/2006, do 31 de marzo que “establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballadores con risco a exposición ó amianto”Pero non sempre é suficiente con lexislar, se non que cómpre controlar que haxa cumprimento das leis.
    Tendo en conta os riscos do amianto, é debido as características aerodinámicas das súas fibras, que a principal via de entrada no organismo sexa a respiratoria, polo tanto, as patoloxías que o amianto provoca afectan o aparello respiratorio aparecendo enfermidades coma o cancro de pulmón ou a asbestosis.

  3. Ayoub Elghotiss di:

    Eu quería falar de Marco Polo. Nado o 15 de setembro do 1254 e finou o 8 de xaneiro do 1324, foi un explorador veneciano que xunto o seu pai mailo seu tío foron uns dos primeiros occidentais que viaxaron a China. disque introduxeron a pólvora en Europa, aínda que iso non é posible xa que a primeira ves que se utilizou, foi na batalla da Névoa (Huelva).

  4. Naomí Mosquera di:

    Gustariame esplicar o procedemento da extracción do amianto xa que mencionase na noticia.
    O amianto extraese xunto a sua roca madre. Logo clasificase previamente para enriquecer o mineral util. Despois machacase e desécase nun forno xiratorio para que a separación de fibras sexa moito mais facil,esta separación consiste en que o mineral pase por tamices vibratorios en pendiente. Ao ter as fibras unha menor velocidade de caída que as partículas máis compactadas, se eliminan estas pola parte inferior dos tamices, mentres a parte superior elevanse mediante succión aplicada a parte superior de eles. Logo o preoceso acaba co envasado das fibras sen abrir e clasificanse por tamaño. Tamén é certo que depende de para que se quera utilizar este mineral lévase un proceso ou outro, pódese mezclar con cemento, plasticos, con cauchos…

  5. Vladislav Babenco di:

    Existen tres tipos de variantes ou poliformos do crisolito.

    1.Clinocrisolito: É un mineral fibroso e flexible que se orixina por descomposición de outros silicatos de magnesio. Empléanse como rocas ornamentales. Antes era a principal fonte de amianto pero o seu uso quedou limitado polas súas propiedades canceríxenas.

    2.Ortocrisolito: É un poliformo do sistema ortorrómbico de fórmula Mg3Si2O5(OH)4

    3.Paracrisolito: É outro poliformo parecido ao ortocrisolito de fórmula (Mg,Fe)3Si2O5(OH)4

  6. David Lamas di:

    A colocación no mercado e o uso de fibras e productos do crisotilo que contiñan estas fibras agregadas intencionalmente quedaron prohibidos en moitos países dende o 1 de xaneiro de 2005.
    Aínda así hai uso ou usos que seguen autorizados: A colocación no mercado e o uso de crisotilo está permitido para os diafragmas das instalaciones existentes de electrólisis ata que alcancen o final do seu ciclo de vida, ou ata que se dispoña de convintes sustitutos libres de amianto, calquera sea o máis inmediato.
    Actualmente a empresa The Dow Chemical Company segueo utilizando nos seus productos.

    Quería engadir que os yacementos en España encóntranse en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña).

  7. Xisela Lema Díaz di:

    Enfermidades causadas polo asbesto industrial.

    O asbesto afecta principalmente aos pulmóns e á membrana que envolve ós pulmóns, a pleura. O amianto/asbesto provoca principalmente dous tipos de enfermidades: Cáncer e asbestosis.

    Asbestosis: Respirar altos niveis de fibras de asbesto por largo tiempo o ter exposición corta a altos niveis de asbesto, poden producir lesións que parecen cicatrices no pulmón e na pleura. Esta enfermidade chámase asbestosis; foi a primeira enfermidade pulmonar que se relacionou có amianto e puede producir incapacidade e morte.

    Cáncer: Sábese que respirar asbesto pode aumentar o risco de cáncer nos seres humanos. Hai dous tipos de cáncer producidos por exposición ao asbesto: cáncer de pulmón e o mesotelioma.

    Mesotelioma: A mesotelioma pulmonar é un tumor maligno primario das superficies mesoteliales, que sole afectar á pleura e, nun menor número de casos, ao texido que envolve a cavidade abdominal (o peritoneo).

  8. Victoria Rodríguez di:

    Como dixo a miña compañeira, o amianto está presente en moitos productos cotiás, polo que decidin procurar a forma de saber se algún material contén amianto. Co que atopei, indica que facendo un corte transversal, ou en lugares dañados do material, pódese saber se se trata de un material sospeitoso fixándonos en se dito material está composto por fibras. Logo disto, un debese de poñer en contacto cunha empresa especializada, aínda que a única forma de asegurar o cento por cento de que un material ou producto contén amianto é cunha análise nun laboratorio.

    Tamén atopei que o amianto está prohibido nas súas cinco formas anfibólicas: amosita, antofilita, actinolita, crocidolita e tremolita.

    • Adela di:

      Quen pode explicar que son as formas anfibólicas do asbesto?

      • Victoria Zherdeva di:

        El asbesto es un mineral conocido desde la antigüedad. Los asbestos constituyen una familia de silicatos hidratados cristalinos que forman fibras y se suelen conocer un conjunto como amianto. Existen dos formas distintas de los asbestos:
        – serpentina
        – anfibolica
        Las formas anfibólicas en concreto son fibras rectas, rigidas y fragiles; amosita o asbesto marrón, crocidolita o asbesto azul, antofilita o asbesto amarillo, tremolita y actinolita. Se encuentran en Sudáfrica y Australia.

  9. Paula Franco di:

    Eu quería comentar sobre un dos elementos con maior toxicidade do mundo, o Arsénico. O arsénico ten simbolo As, encontrase na corteza terrestre e úsase na industria química, industria farmacéutica e en actividades agrarias. Sóese inxerir de forma involuntaria na comida, auga e a través do aire;pero sobretodo o inxerimos ao comer pescados e mariscos xa que eles o absorben directamente da auga,tamen inxieren mais arsenico as persoas que soen beber grandes cantidades de viño.O arsénico inorgánico pode provocar a irritacioón do estómago e intestinos, disminución na producción de glóbulos vermellos e brancos, cambios na pel, irritación dos pulmóns; tomar grandes cantidades de arsénico aumentan as posibilidades de desarrollar un cancro ( sobretodo de pel, hígado, pulmón e linfa); en exposicións moi altas de arsénico pode causar
    infertilidad abortos en mulleres , perturbación da pel, pérdida da resistencia a infeccións, perturbacións no corazón e dano do cerebro tanto en hombres como en mulleres. Finalmente, o Arsénico inorgánico pode danar o ADN. O antídoto para o envenenamento do arsénico é o dimercaprol. Ao analizar a autopsia de Napoleón Bonaparte encontrouse grandes cantidades de arsénico, debido a unha absobción constante de este elemento, que lle ocasionaron un cancro de estomago a idade de 51 anos.

  10. Sara Otero di:

    Estiven indagando nova información, e atopei as actividades económicas nas que os traballadores son os máis afectados na contaminación do amianto, como o téxtil, os talleres, xuntas, bunques, fabricación de freos, fibrocemento, ou mantemento ferroviario.
    Pero eu non acababa de entender cómo se producía este tipo de contaminación, e tamén procurei a miña resposta. Prodúcese pola vía oral, as fibras penetran no organismo e as máis pequenas (< 3µ) chegan ás vías aéreas inferiores. As máis longas penetran nos bronquiolos, mentres que as máis curtas entremedian na zona periférica. A eliminación das fibras que quedaron retidas no manto mucoso é máis rapida, e ten unha efectividade do 98%.
    Os macrófagos, as células mesoteliales, os neumocitos e os fibroblastos son as células máis perxudicadas. As fibras capturadas polo macrófagos son transportadas aos ganglios linfáticos, namentres as maiores de 5µ son recubertas por uns corpos de asbesto (pode tardar meses ou anos). Esas fibras de asbesto teñen a función de permeabilidade da membrana celular, polo que se produce unha liberación de encimas que danan o parénquima pulmonar. A resposta que producen os macrófagos provoca a fibroxénese.
    As fibras máis finas e longas que penetraron nos bronqiolos (segundo un estudio probado en animais) son as responsables da aparición dos tumores; e as fibras de amianto e de calcio intracelular causan danos no ADN.

  11. Cristina González di:

    Outra sustancia tóxica é o Benceno.
    O benceno é un líquido incoloro que encontrase no humo do cigarrillo, pesticidas, medicamentos, deterxentes, pinturas, tintas, plásticos, pegamentos, tinturas e en outros productos industriais. O benceno pode causar leucemia e pode expandirse no medio ambiente a través do auga do chan, a choiva e a neve. As víctimas máis comunes son os traballadores que fabrican o traballan con materiais que conteñen benceno.

  12. Nildes Abella di:

    Cuba é un dos poucos países no mundo (incluíndo a China, Corea do Norte e a India) donde se segue utilizando o asbesto sen restrición alguna para a construción e tamén para a fabricación de diversos produtos. Noutros países séguese utilizando con algunas restricións, como son Irán, Bolivia, Zimbabwe, Nigeria, Ecuador, México e Indonesia.
    Sin embargo, o amianto nas súas cinco formas anfibólicas está prohibido polo Convenio de Rótterdam, firmado por máis de cen países, que entrou en vigor o 24 de febreiro de 2004. O Convenio representa un paso importante para garantizala proteción da poboación e o medio ambiente de todos os países.

    Sobre as formas anfibólicas atopei que son un tipo de ruta metabólica. En bioquímica, unha ruta metabólica é unha sucesión de reacións químicas que conducen dun sustrato inicial a un ou varios produtos finais.
    Hay tres tipos de vías metabólicas: son , anabólicas, catabólicas e anfibólicas . Estas últimas son rutas mixtas, catabólicas e anabólicas, como o ciclo de Krebs, que xera enerxía e poder redutor, e precursores para a biosíntese.

    • Adela di:

      Nildes o concepto de rutas anfibólicas que explicas é correcto aplicado á bioloxía celular. Pero neste caso estamos a falar de mineraloxía. Os minerais estan agrupados en clases. Unha destas clases é a dos Silicatos. O amianto, tamén chamado asbesto é un conxunto de silicatos complexos que se poden dividir en anfíboles e serpentinas.

  13. Alexandra Parceiro di:

    O amianto podemolo atopar nos tellados e interiores das casas, supostamente estanse a quitar todos os restos das casas que teñan amianto. Os traballadores que quitan estes obxectos con amianto das nosas casas teñen que levar traxes especias para evitar o contacto co amianto, pero na maioria dos casos estes traballadores non levan ningun tipo de protección.

    Mentres estanse a quitar todo os obxectos das casa que teñan amianto estase a comercializarse legalmente o amianto introducindo nos termos, xuntas… e se temos un destes termos con amianto e nos cae, o romperse saldria o amianto a atmosfera e seria un gran perigo para nos.

    A morte non se produce hata 30 anos despois do contacto co amianto. O cáncer relacionado co amianto é incurable.

    Deixovos un enlace de TVE, dun documental da noite temática que fala do amianto* e ademais fala doutras sustancias toxicas que se atopan na roupa :Unha das últimas tendencias en moda, son os vaqueiros con aspecto desgastado. Traballan con unhas pistolas que disparan a area aos vaqueiros, para deteriorar o material. A menudo a arena salpica aos ollos. En Turquía houbo centos de mortes a conta do proceso de chorreo da area a presión. O goberno turco o prohibiu por completo. Agora, os vaqueiros de aspecto desgastado proceden de Bangladesh.
    *http://www.rtve.es/television/20111121/noche-tematica-sustancias-toxicas/477087.shtml

  14. Thiago Echevarría di:

    Xa que que se mencionou os alquimistas e creo que ningún dos meus compañeiros falaron deles, eu os vou a dar unha pequeña explicación:

    A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte.
    Quen practicaba a alquimia eran os alquimistas.
    Na Edade Media, os alquimistas, os antecesores dos químicos, tiñan como meta fundamental modificar seu ser interior para alcanzar un estado espiritual máis elevado e pensaban que con a transmutación dos metais en ouro podían lograrlo. Esa transmutación, coñecida como a gran obra, debía realizarse en presenza da pedra filosofal, cuxa preparación foi a tarea que se impuxeron os alquimistas. No século XIII, o obxetivo da alquimia incorporou a búsqueda do elixir da larga vida, infusión da pedra filosofal, que debía eliminar a enfermidade e prolongar a vida.

  15. Evelin López di:

    O amianto causa enfermidades cando é inalado. A inxestión ou contacto coa pel non causan enfermidade. As fibras de amianto son de tamaño microscópicos, son facilmente eliminadas, non se disolven en auga ou se evaporan e mesmo viaxan a través do aire que entra nos pulmóns con cada respiración que se fai nun ambiente contaminado.
    As partículas de amianto poden permanecer no aire durante longos períodos e ser transportadas a longas distancias polo vento e pola auga antes de ser depositadas. As fibras e partículas maiores tenden a depositarse máis rapidamente. O auga potable tamén pode conter amianto.
    As fibras de amianto non poden moverse a través do solo. Xeralmente non son degradadas a outros compostos e permanecerán practicamente inalteradas por un longo tempo.
    Estas enfermidades teñen un “tempo de latencia” tempo que pode ser superior aos 30 anos.

  16. Sabela Escourido di:

    O descubrimento de toneladas de amianto detívose a construción das máis grande tenda IKEA en Tempe, Australia. E centos de persoas poderían ter estado expostas ás fibras perigosas.
    Os traballadores denunciaron que os procedementos de seguridade non se cumpriron, e dixo que era posible amianto solto fora levado ao sitio, que adoitaba ser un vertedoiro de lixo.
    “É unha das situacións máis desagradables que vin en 30 anos, esta empresa, a sabendas, poñe a xente nunha situación perigosa, nunha zona contaminada” , dixo o secretario de Estado da Construción, Forestales, Minaría e Enerxía da Unión, Malo Tulloch.”Estas persoas puxeron as ganancias antes da seguridade”.
    O asbesto encóntrase en fosas, foron cavadas no sitio como parte do edificio principal de 39.000 metros cadrados. As zonas contaminadas rodeáronse de cercas de arame ensartado con pano da cortina.
    O Departamento de NSW de Medio e Cambio Climático investigou as reclamacións, pero unha voceira dixo que o departamento non encontrara probas ao respecto.

  17. Beatriz Castro di:

    Os minerais son compostos químicos, nos que se atopan presentes todos os elementos naturais, e polo tanto a súa manipulación nun depósito o nunha colección presenta os riscos xenerais inherentes á manipulación de calquera produto químico.
    Afortunadamente o coleccionismo de minerais esténdese cada día mais, pero tamén son cada día mais as persoas, incluíndo nenos, que están en contacto con materiais potencialmente perigosos sen sabelo.
    Unha actitude sen temores exaxerados, pero tamén con algunhas precaucións, é sen dúbida a adecuada. O coñecemento da súa composición permitirá en xeral formarse unha idea acerca das súas propiedades.

  18. Nerea Pardo di:

    A toxicidade é unha medida usada para medir o grao tóxico ou velenoso de algúns elementos.Pode referirse ao efecto de esta sobre un organismo completo, como un ser humano, unha bacteria ou incluso unha planta.
    Hai tres tipos de entidades tóxicas: Sustancias químicas, biolóxicas, e físicas.

    O perigo de traballar manipulando sustancias tóxicas deriva principalmente do descoñecemento que podan ter os traballadores dos riscos para a saúde que teñen moitas sustancias químicas. As sustancias químicas máis nocivas que manipulan son de composición moi variada e de efectos moi diversos sobre a saúde.

    O Parlamento Europeo aprobou en 2006 un regramento que establece un sistema de rexistro, evaluación, autorización e restrición de sustancias químicas (REACH). Este regramento obriga aos fabricantes de produto químicos perigosos a demostrar que as sustancias que están comercializando son seguras para a saúde pública e o medio ambiente.

  19. Cristina Frade di:

    O amianto é un mineral filamentoso formado por fibras largas e delgadas, flexibles, facilmente separables e coñecido polas súas propiedades aislantes do calor, do sonido e da electricidade. É un mineral moi difundido e extendido no seu uso por ser de fácil acceso.
    Actualmente o amianto atópase presente nuns 3600 produtos da industria moderna, na área comercial e de consumo doméstico. Ademáis dos seus múltiples usos na industria siderometalúrxica, eléctrica, química, automobilística, naval, aeronáutica e téxtil.
    Como ben se dixo anteriormente o uso de amianto está prohibido polas autoridades sanitarias dende o ano 2002 en España, xa que produce cáncer de pulmón, mesotelioma (cáncer da envolotura do pulmón ou da cavidad abdominal), asbestosis (fibrosis pulmonar que crea insuficiencia respiratoria), lesións non cancerosas da pleura, cáncer de larinxe ou no aparato intestinal. Pero outras variedades, coma o amianto azul ou o marrón xa foran prohibidas en España en 1984 e 1993 respectivamente.

  20. Ana Domínguez di:

    O amianto afecta sobre todo aos pulmóns e á membrana que os elvolve, a pleura. O amianto/asbesto provoca principalmente dous tipos de enfermidades: cáncer e asbestosis. Déixovos un enlace que define a enfermidade de asbestosis: http://es.wikipedia.org/wiki/Asbestosis

  21. Yannick Afonso di:

    O Amianto ou Asbesto é o nome dun grupo de minerais de orixe natural que se utilizan en varios productos, como o material de construcción e os frenos de automóvil, có fin de resistir ó calor e a corrosión.
    Encontrei unha páxina onde nos falan moi detenidamente e qué nos pode causar o Amianto ou o Asbesto. http://www.osha.gov/OshDoc/data_AsbestosFacts/asbestos-factsheet-spanish.pdf

  22. Santiago de la Iglesia di:

    Outras empresas (aparte de Ikea) que comerciaron, ou seguen comerciando, consignando, vendendo ou fabricando, son as que o fan con material adicado ao sexo. Cousa que me parece bastante inconsciente, insensato e irresponsable, xa que son artículos que están en contacto coa pel e con moita probabilidade de inxestión. Diversas delas poden ser “Orfeo”, “Real Skin” ou “Sexto sentido”. En todas elas encontráronse substancias tóxicas como: resina de PVC, ftalato, aguarrás, kerosén, aceite de polo e biodiesel cadmio ou estaño. Tamén encontráronse etiquetas con información engañosa e outras sen datos do fabricante.

  23. Amir Pose di:

    O asbesto, tamén chamado amianto, é un grupo de minerais metamórficos fibrosos. Están compostos de silicatos de cadea dobre.

    Os minerais de asbesto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexibles como para ser entrelazadas e tamén resisten altas temperaturas.

    Debido a estas especiais características, o asbesto usouse para unha grande variedade de produtos manufacturados, principalmente en materiais de construción (tellas para recubrimento de tellados, baldosas e azulexos, produtos de papel e produtos de cemento con asbesto), produtos de fricción (embrague de automóbiles, freos, compoñentes da transmisión), materias téxtiles termo-resistentes, envases, paquetería e revestimentos, equipos de protección individual, pinturas, produtos de vermiculita ou de talco, etc. Tamén está presente como contaminante nalgúns alimentos.

    Determinouse polos organismos médicos internacionais que os produtos relacionados co asbesto/amianto provocan cancro cunha elevada mortalidade e por iso, dende hai décadas, se prohibiu o seu uso en todos os países desenvolvidos, aínda que se continúa utilizando nalgúns países en vías de desenvolvemento.

Deixa unha resposta