¡Sayonara Baby!

        

Científicos de EEUU e Finlandia han desarrollado unhas lentes de contacto nas que e posible proxectar imáxenes. De momento o dispositivo so conten un píxel y ha sido probado exclusivamente en animales, ainda que os seus creadores o consideran un primer paso no camiño para conseguir transmitir información en tempo real directamente o noso campo visual, sen necesidade de cables.

As características de estas lentillas, diseñadas por investigadores da Universidade de Washington (EEUU) e de Aalto (Finlandia), reconllense esta semana en ‘Journal Of Micromechanics and Microengineering‘.

O que os científicos pretenden con este invento é un sistema de visión parecido o do ciborg ‘Terminator’, o personaxe de ciencia ficción protagonizado por Arnold Schwarzenegger. Según aseguran, cando o sistema esté desenvolto, os usuarios destas lentillas poderán leer textos e ver imáxenes coma si tivesen unha pantalla de ordenador nos seus ollos, sen cables de por medio. Por exemplo, cando as lentillas conteñan centos de píxeles poderán ser utilizadas para leer correos electrónicos cortos ou breves textos, que serán proxectados directamente nos ollos.

Parecevos boa idea, ou lle vedes que poderia ser peligroso para a saude?
A min persoalmente encantariame ter unha destas lentes. (Nos exames) : D

Este foi un intento de creala pero tiveron moitos problemas co seu diseño .
                    Lentilla experimental

Autor: Sergio González

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 3. Saúde e calidade de vida, 7. A era dixital e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to ¡Sayonara Baby!

  1. Eduardo Cagide di:

    Pareceme un invento fascinante, pero busquei información, e os cientificos ainda non deron solucionado os principais problemas, que son, reducir a distancia focal para poder ler as mensaxes e, a máis importante e que non saben ainda moi ven como solucionala, alexar a fonte de enerxía do globo ocular. Estes son os problemas que se lles plantexaron por ahora aos investigadores, pero como eles din só son os primeiros problemas dunha gran lista que se lles vana presentar. Pero polo menos nos conexos xa funcionaron, e o máis importante non lles produciu ningun efecto adverso, que é o que querían comprobar.

  2. David Lamas di:

    Pareceme un invento fascinante, e día a día a ciencia sorprendenos cada vez máis.

    Este invento non me parece perigoso , e mais foi provado por primeira vez nun ser vivo, nun coello. Sometérono a moitas probas para ver se as lentillas podian ten efectos nocivos e chegaron a conclusión que as lentillas non lle causaron ningún problema na córnea nin ningunha parte do ollo. Ademáis engadiron un tinte fluorescente para ver si as lentillas causaran algún tipo de abrasión e non deteptaron ningunha anomalía. Aínda asi quedanlles moitas probas que realizar.

    En conclusión a min paréceme boa idea, e tamén as compraria.

  3. Alexandra Parceiro di:

    Eu creo que será un gran invento, xa que terá millons de utilidades, porque poderás conectarte a internet, ter un GPS, gardar toda a información que queiras: desde as “caras” das persoas ata os seus datos persoais, o que pode ter moitas utilidades como por exemplo os médicos poden gardar nas lentes os datos dos pacientes ou outro exemplo as persoas con alzheimer tendrian gardados todos os seus recordos nas lentes.

    O problema é que este invento é dificil de conseguir porque:

    -Para introducirlles o chip hay que sometelas a calor e estas poderianse desfacer.

    -As imaxes veriamolas con nitidez, xa que os nosos ollos para captar as imaxes teñen que ter algo lonxe a imaxen e estas imaxes estarian pegadas o ollo.

    Atopei unha páxina onde aparece un video falando deste invento, e eu creo que explicao ben. Deixovolo enlace:
    http://www.dailymotion.com/video/xeq3s2_lentillas-electronicas-visiones-del_school

  4. Sara Otero di:

    Ao principio cando estaba a ler a noticia e mailos comentarios plantexáronseme unha morea de dúbidas, pois a miña razón non era capaz de entender cousa semellante. Non podía entender como unha cousa pequena e traslúcida podía ter a funcion de GPS, de nevegador e incluso de “memoria”. Ademáis non encontraba utilidade a iso de ter internet no ollo, pero despois de ver o vídeo que compartíu a nosa compañeira Alexandra, entendino perfectamente e agora penso que eu tamén as compraría.
    É incrible como nos pode sorprender a ciencia día a día, de feito, cando intentaba buscar algunha información sobre este enxeñoso invento, tamén atopei unhas lentillas que están a diseñar Microsoft e a Universidade de Washington que son capaces de controlalo nivel de azúcar en sangre medíndoo a través das lágrimas. Realmente quedo asombrada.

  5. Diana Pérez di:

    Según aseguran, cando o sistema esté desenrrolado, os usuarios de estas lentillas podrán leer textos e ver imáxenes como si tuvieran unha pantalla de ordenador nos seus ollos, sen cables de por medio.
    Cando as lentillas contengan centos de píxeles podrán ser utilizadas para leer correos electrónicos cortos ou breves textos, que serán proxectados directamente nos ollos.

  6. Lenny Mamani di:

    Pareceme un artigo moi interesante , xa que ten moitas utilidades para o ser humano.
    Tamen dicir que as ideas de futuro que plantexa son moi interesantes.

    Un das ideas que me chamou a atencion é de mellorar a vista das persoas que teñen dificultade ao ver.

    Outro é que eles queren demostrar, que a tegnoloxia básica funciona e que no hai perigro.

    E por ultimo que a fonte de alimentacion para
    as lentillas sea a luz solar ,e o que podrian mostrar a inforamcion de outros aparatos ilanámbricos ,como el ritmo cardiaco detectando o pulso, mientras facemos deporte. O cando viaxamos en coche mostrando a distancia percorrida e o restante, funcionando como un GPS a verdade é facilitaría moito as coisas.

    En fin pareceme unha boa idea.

  7. Cristina González di:

    Eu estou impresionada igual ca Sara pero a idea de ter internet nos ollos directamente e poder ver informacion da xente que temos diante ou dos productos nunha tenda pareceme moi de película e non sei se me gustaría tanto a idea como din os compañeiros xa que estaría todo demasiado controlado. Aínda que podería ser útil nalgúns casos determinados xa que as lentes de contacto biónicas serían dunha gran axuda en aqueles pacentes que necesiten unha monitorización permanente de algúns dos seus valores vitais, como a glucosa o tensión arterial, conectándose a sensores colocados no corpo.

  8. Mateo Fdez di:

    Bueno, a verdade é que é un avance incrible no campo da ciencia, pero supoño que aún así seguirá a haber xente que prefira andar pola vida co ollo “desnudo” (¿cómo será eso? Debe ser impresionante).
    Outro avance que chamoume moito a atención é o seguinte: o desarrollo dun “sándwich” (bocata en países no anglófonos) que tarda en caducar…¡tres anos! Este “manxar” desarrolláronno científicos do exército estadounidense (non sei onde lin o outro día que cerca da metade dos científicos mundiais traballan para algún exército/ministerio de Defensa, o que reforza a crenza de que os maiores avances científicos primeiro danse no ámbito militar -debido ó gran desembolso en ciencia que fan os exércitos para ser millores que o de enfrente, por paradóxico que resulte-, como os explosivos plásticos, Internet e prácticamente toda a aeronáutica)
    para alimentar ós seus soldados: os mesmos científicos, especializados no campo alimenticio, tamén teñen desarrollado as MRE (Meal Ready to Eat), comidas que non necesitan refrigeración e que aguantan prácticamente todo (como, por exemplo, ser tiradas desde un helicóptero). Sen embargo, ten un problema. Non está rico. E o bocata sí (a maioría son de pollo á barbacoa, pero tamén hainos con sabor a nachos, pepperoni, carne barbacoa, bacon e queso cheddar, cerdo barbacoa o emparedados ó estilo italiano e mexicano). Ese é un dos problemas que cubre.
    O “truco” da inmortalidade destes sandwiches radica en controlar o PH, a actividade da agua, a humedade e o oxígeno.

  9. Ana Domínguez di:

    Eu sigo sin entender ben o que é isto, e o que pretenden, a min sinceramente, sí, paréceme innovador, pero eu non as pondría, xa chegan os inventos que temos e a min non me costa nada leer textos nun ordenador, non quero ter información nos meus ollos, a verdade, paréceme moi surrealista e innecesario.

  10. Sabela Escourido di:

    É un invento que cando este rematado vai ter moita demanda. Pero para iso,como xa dixeron os meus compañeiros, aínda teñen que pasar moitas probas e solucionar os problemas que se lles expoñan.
    Un destes problemas foi no ollo humano a distancia focal mínima é de varios centímetros, polo que os textos proxectados nas lentas veríanse borrosos.Para evitalo incorporaron un xogo de lentes Fresnel no dispositivo para enfocar a imaxe proxectada na retina. As lentes Fresnel,chamadas así polo seu creador,Augustin Fresnel,é un deseño de lentes que permite a construción de lentes de gran apertura e unha corta distancia focal sen o peso e volume de material que debería usar nunha lente de deseño convencional. Cando as lentes son grandes o seu grosor poder ser excesivo,isto fai a lente mais cara e pesada. Por iso pódense manter os raios da curvatura das lentes separándoas en aneis circulares. Estas lentes úsanse en lupas planas con formato de tarxeta de crédito,lanternas dos faros,faros dos automóbiles,indicadores de dirección,etc.

  11. Nerea Pardo di:

    Fai un tempo vin algo moi parecido nunha serie americana que estaba falando do 2030.Cando o vin ao momento pensei que era demasiado fantasioso pensar que se podería ir pola calle e ver información da xente,pero agora teño que recoñecer que tiñan razón,e é totalmente posible.Paréceme unha tecnoloxía sumamente complicada xa que é case impensable meter tantos circuítos nunha simple lente.
    Esta noticia despertou a miña curiosidade así que púxenme na procura de outros aparellos tan sorprendentes coma este e atopei tiritas que reproducen música utilizando como fonte de enerxía o calor humano ou un intento de capa de invisibilidade.
    Aquí vos deixo unha paxina con mais inventos por se queredes saber mais.
    http://www.taringa.net/posts/ciencia-educacion/8513779/Inventos-Futuristas_-_Te-gusta-la-tecnologia_.html

  12. Olalla Manteiga di:

    A min paréceme un invento moi innovador, pero eu particularmente non as utilizaría. As lentes capaces de monitorizar o nivel de glucosa no sangue funcionan porque os niveis de glucosa no líquido lagrimal correspóndense directamente coas que se atopan no sange, o que fai posible a medición continua sen necesidade de pinchazos no pulgar. Isto permite manexar a dieta e medicación dos diabéticos con maior precisión.

  13. Nildes Abella di:

    A verdade é que a posibilidade de que utilicemos estas lentes, paréceme de película. Pero pregúntome se é como un ordenador como se realizaría a acción de por exemplo cambiar dun correo a outro, ou pasar as páxinas se estamos lendo?

    Mentras lía os comentarios vin que mencionábades que as probas foran feitas con animais, eu vouvos falar de esta situación na actualidade.
    A experimentación con animais empezou a extenderse a partir do século XVII, sobre todo da man do filósofo René Descartes que consideraba que os animais carecían de alma polo que non sufrían. Na actualidade a experimentación con animais, o contrario do que a xente cre, non se fai con finalidades médicas, senon principalmente militares ou comerciales.
    Debido ó secreto do Estado sábese moi pouco da experimentación militar, pero ous seus fins serían básicamente probar gases tóxicos ou a capacidade de destrución de novas armas. Ós experimentos militares séguenlle os que teñen finalidades comercias tales como cosméticos, productos para a hixiene personal, tabaco ou protectores solares.

    Para que vexades a brutalidade á que se leva isto póñovos algún expemlo das probas que se lle fan a coellos:
    Espuma de afeitar: Se lle implanta a presión no estomago.
    -Bronceadores: Expoñen a conellos e cobaias coa pel afeitada a rayos ultravioletas.
    -Laca para o cabelo: Se lle bota esta substancia hasta conseguir que o animal chegue ó coma.
    -Rimel, colorete, sombras de ollos: Se lles introduce nos ollos ata conseguir unha cegueira.

    No 2010 a UE tomou medidas para garantir unha lexislación que promovera métodos alternativos e menos dolorosos para os animais. Tamén limita o uso de primates nos ensaios e introduce inspeciós.
    Os países tamén se asegurarán de que o número de animais utilizados en experimentos sexa o mínimo.
    Ademáis establece que o uso de animais en experimentos científicos estará permitido nos ámbitos da investigación fundamental; aplicada ás enfermidades dos seres humanos, animais ou las plantas; produtos farmacéuticos e alimentos.

  14. Ayoub Elghotiss di:

    Na miña opinión todo o que sexa novidoso e venificioso para as novas tecnoloxías paréceme estupendo, mais nesta ocasión penso que non é necesario algo como unhas lentes destas características , xa que a min nestes tempos, moléstame estar tomando algo cun amigo e que el este co maldito móbil, non me quero imaxinar estar con alguén con estas estupendas lentes e que el estea vendo un vídeo ou lendo un correo.

  15. Xisela Lema Díaz di:

    Innovador, parece futurista e está cerca de ser verdade, é incrible como o que antes nos parecería ciencia ficción agora vaise convertindo na nosa realidade.

    Para evitar os problemas de adaptación do cristalino a corta distancia coas lentes de contacto, os investigadores realizaron o prototipo con lentes de fresnel, as cales, debido ao poco peso e volume do seu material, permiten a construcción de lentes de gran apertura coa corta distancia focal.

    Ademáis, os lentes permitirían incorporar unhas conexións con biosensores en distintas partes de noso corpo, o que nos podería axudar para controlar nosa presión arterial ou noso nivel de azúcar. Ata agora, as lentes de contacto intelixentes foron probadas en coellos sin ninguna clase de efectos adversos.

  16. Vladislav Babenco di:

    Vou falar sobre o xornal sobre o “Journal of Micromechanics and Microengineering

    Journal of Micromechanics and Microengineering cobre todos os aspectos de sistemas microeletromecânicos, dispositivos e estruturas, así como micromecânica MicroEngineering, e microfabricación. A revista destacou a conexión entre as tecnoloxías de fabricación e a súa capacidade de crear novos dispositivos.
    O editor-xefe é Mark G. Allen no Xeorxia Institute of Technology, en Atlanta.

  17. Rosalía García di:

    É incríble o que a ciencia pode chegar a alcanzar. Pero, non credes que debería ter un límite? Cando vin o video que facilitou Alexandra sentín un certo desacougo. Para que queremos “entrar en internet en segredo” a través dos nosos ollos? Non consigo atopar ningún beneficio (máis que nas aplicacións na mediciña).
    Asústame pensar no risco que podemos correr nas mans de empresas preocupadas polos seus beneficios económicos. Moitas veces, supostos avances na calidade de vida acaban sendo perigosos para a saúde ou o medioambiente por non ter pasado as probas necesarias antes de ser utilizadas por nós.
    Un exemplo disto, é a utilización de implantes defectuosos de silicona que levan máis de 400 mil mulleres en todo o mundo. Francia lanzou a alarma recomendando que as mulleres que levan este tipo de implantes, que consulten con un especialista.

  18. Yolanda Bermúdez di:

    Eu estou de acordo cos comentarios dos meus compañeiros,todo o traballo que fan os cientificos esta moi ben e traballan moito pero a este paso imos parecer mais maquinas que humanos e que hai cousas que podemos facer nos solos, aparte eu xa teño bastante coas lentes normais

  19. Beatriz Castro di:

    Eu quería apoiar o comentario da miña compañeira Nildes e engadir mais información sobre este tema.
    Nun futuro próximo os laboratorios terán letreiros nas portas que digan Non se admiten coellos nin ratos”. As alternativas ás probas con animais son eficaces e seguras, son máis económicas, levan menos tempo e non teñen o problema de que moitas veces as diferenzas entres especias fan difícil ou imposible a súa aplicación.
    Os laboratorios Pharmagene, en Royston, Inglaterra, son a única compañía que usa exclusivamente tecidos humanos e modelos por ordenador no desenrolo de medicamentos e probas de produtos.
    Os científicos de Pharmagene creen que o proceso é moito mais eficiente usando tecidos humanos. “Se temos información sobre xenes humanos, ¿Cal é o sentido de recorrer aos animais?”, di o cofundador de Pharmagene, Gordon Baxter.
    Temos sorte de que vivimos nunha sociedade progresista e cada vez mais estudantes de medicina néganse a practicar experimentos con animais e moitos deles se gradúan sen habelos utilizado.

  20. Evelin López di:

    Paréceme soamente boa opción en caso de enfermidades pero non para uso diario e en persoas sen ningun problema, xa que me parece demasiado fácil as cousas con isto.
    Aínda que xa haxan experimentado con animais, quedan moitas probas por facer e saber se poden chegar a ser perxudiciais. Eu sinceramente non as utilizaría,non é bo ter todo o día as lentillas postas e mais dun sabemos que habería persoas que abusarían delas principalmente dende perxudicar a visión ata chegar a facer trampas ou non estar atento ao que debemos en tempos determinados.
    Tamén hai que ter en conta que o grosor pode facerse excesivo e iso fai a lente mais pesada e cara.

  21. Yannick Afonso di:

    Encantoume esta noticia xa que a parrte de que é un invento increíble e moi interesante,hai pouco vi a nova película de Misión Imposible e estas lentes que captan imáxenes salía,por eso me chocou esta noticia e sonábame da película.

  22. Victoria Rodríguez di:

    A min particularmente, asustame. Non vexo a necesidade de ir camiñando pola rúa mentres les o correo, eso só pode ser bo para tropezar e caer a o chan.

    Eu estiven a procura de maior informacion, pero os meus compañeiros xa comentaron case todo, asi que vou a deixar os nomes dos autores do estudo. Un deles é Babak Parviz, investigador na Universidade de Washington; e Desney Tan, investigador Sénior en Microsoft Research.

  23. Cristina Frade di:

    Paréceme incrible que a ciencia conseguira evolucionar tanto, ata o punto de chegar a formar estas lentes.
    Eu atopei que estas lentes están formadas por unha antena que suministra a enerxía enviada por unha fonte externa e un circuito extraplano integrado para almacenala e transferila a un chip transparente de zafiro que contém un LED azul.Aínda que comprobaron coas súas probas en coellos que non causaban danos e tampouco observaron ningún outro efecto secundario, os científicos sinalan que aínda se necesitan melloras para que os textos ou imaxes sexan vistas claramente.
    Existen cinco tipos de lentes de contacto:
    .- Lentes ríxidas: Foron as primeiras en saír ao mercado. O seu uso diminúe xa que non permiten o paso do osíxeno polo seu interior.
    .- Lentes semirríxidas ou permeables aos gases: Permiten o paso do osíxeno ao ollo dependo do material do que estén feitas. Actualmente existen algúns material que permiten que pase case absolutamente o mesmo osíxeno no ollo que se non houbera lentes.
    .- Lentes blandas convencionais: Son lentes hidratadas, é dicir que conteñen auga na súa composición e así facilitan o paso do osíxeno para a hidratación do ollo.
    .- Lentes desechables: Son un tipo de lentes que ao sacalas dos ollos se desechan e se tiran. Permiten dormir con elas postas, pero non durante un tempo moi prolongado.
    .- Lentes de reemplazo frecuente: A diferenza entre estas lentes e as anteriores está en que con estas non se pode durmir. Son as que causan menos problemas e as máis utilizadas.
    Por se alguén quere saber máis sobre as lentes de contacto deixo aquí un enlace: http://www.saludalia.com/Saludalia/web_saludalia/vivir_sano/doc/salud_ojos/doc/lentes_tipos.htm

  24. Santiago de la Iglesia di:

    O que máis me impresionou no video de Alexandra foi a maneira que teñen de colocar os circuítos nas lentes. É unha técnica que permite o automontaxe dos microcircuitos sobre as lentes de plástico, e cada peza diminuta encontra a súa posición correspondente.

    Por outra parte, esta noticia non me pareceu demasiado excitante e dúbido moito os seus beneficios tendo en conta os seus perxuízos. A cousa é que canto maior servizo ou comodidade se lle da á persona a través da tecnoloxía, máis sedentaria e inútil vólvese. E isto pódese comprobar hoxe en día, xa que aínda que temos internet con case incalculable información na que podemos procurar, as novas xeracións que nacen con estos avances están a ser as máis “vagas” en proporción ás anteriores que tiñan que buscarse a vida indo a bibliotecas, preguntando… De todas formas, iso sempre dependerá da actitude que debamos poñer frente aos feitos, pero non por iso ser remiso ao avance do beneficio humano.

  25. Lema Nuria di:

    Con sinceridade na miña opinión pareceme que é unha gran evolución para a humanidade pero por unha parte, creo que é algo excesivo. Que necesidade hai de ter unha lentes que che pemitan ter unha visualizacion que mesmo te permite unha pantalla xa sexa de ordenador ou de móbil que tamen che permite ter esa infomación en todas as partes do mundo? Aín estase a provar ese proxecto pero ter unha cercania tan ampla no ollo pareceme perigosa e innecesaria. Tamen e certo que cada quen ten a sua forma de ver esta clase de evolucións e tecnoloxias..

  26. Amir Pose di:

    Estou de acordo en que é unha gran evolucion e un avance enorme pero non pode ser tan facil, algunha contrapartida ten que ter, engadir tecnoloxia de este nivel ao noso corpo ten que ser algo perxudicil na miña opinion; a demais non estou de acordo con facilitar tanto as cousas, vai chegar un momento en que nos van convertir en robots e seremos todos iguais.

Deixa unha resposta