Félix Rodríguez de la Fuente

Félix Samuel Rodríguez de la Fuente foi un pioneiro  en España  na defensa da natureza. Tamen destacou na súa faceta de realizador de documentais, tanto para a radio como para a televisión , destacando El Hombre y la Tierra. Licenciado en medicina e autodidacta en bioloxía, foi un home muy polifacético, xa que ata chegou a abarcar campos como a cetrería e a etoloxía, destacando no estudo e convivenza cos lobos . Das súas aportacións destaca a súa contribución á conciencia ecolóxica de España nunha época na que o país ainda non contaba cun movemento de defensa da natureza.

Poderiádesme dicir que outros personaxes axudaron a concienciar á poboación no respeto e na defensa da vida natural?

Deixovos este video que é un dos máis coñecidos de Felix.

                   

Autor: Eduardo Cagide

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 4. Biodiversidade e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Félix Rodríguez de la Fuente

  1. Mateo Fdez di:

    Creo que ó igual que Félix foi un importante divulgador e estudioso da Terra e os animais que a poblan, non debemos esquecer o papel que desempeñou o francés Jacques Cousteau (http://es.wikipedia.org/wiki/Jacques-Yves_Cousteau) no ámbito mariño. Paradóxicamente, este último é máis recoñecido internacionalmente que De la Fuente, ó que quizais pesoulle demasiado o nacer en España, sen unha tradición científica clara e un escaparete de cara á sociedade mundial en materia de ciencia tamén reducido.
    Cousteau foi reconocido primixeniamente por revolucionar o mundo do buceo co desarrollo dos inventos que permitían bucear de forma autónoma, sen as aparatosas escafandras ou os cables desde a superficie. Esto lle permitiu adicarse ó estudo e observación dos fondos mariños, convertíndose nun dos principales divulgadores da bioloxía mariña e un importante activista en contra da contaminación nese medio. Durante a súa vida recibiu numerosos recoñecementos por parte de gran parte da comunidade mundial.

  2. Rosalía García di:

    Estiven na procura de máis información sobre Félix e atopei o chamado
    “Proyecto Felix” unha iniciativa que trata de difundir o traballo deste defensor da natureza a través da revista “Acción Naturaleza”. O seu obxectivo principal é evitar que a vida e a obra de Felix sexa olvidada e, transmitir a súa conciencia ecolóxica.

  3. Beatriz Castro di:

    A natureza é unha parte moi delicada do noso planeta que eu penso que temos que coidala moito mais do que o estamos a facer.
    Existen moitos ecoloxistas e moitas asociacións e fundacións que loitan pola natureza cada día, pero eu penso que iso só non chega, temos que apoiar nós tamén á natureza se non queremos perder un das cousas máis bonitas que posuímos na nosa Terra.

    Quería destacar a fundación chamada defensores da natureza. Aquí podedes encontrar información sobre as súas funcións e as axudas que nos prestan, porque nós somos a natureza.
    http://www.defensores.org.gt/

  4. Alexandra Parceiro di:

    Buscando a xente que axuda a concienciarnos a defender a naturaza atopei esta lista *, onde fala de 20 famosos que axudaron os animais, acto que esta relacionado co medio ambiente xa que os animais pertenecen a natureza. Pero non fala dos míticos famosos, actores, cantantes… , senon que tamén aparece na lista algun empleado dun zoo (Thomas Dörflein) ou mesmo unha zoologa (Dian Fossey); os cales se fixeron famosos por axudar os animais.

    A maioria dos famosos desta lista que contribuen na axuda dos animais colaboran coa organización PETA (é unha organización a favor dos dereitos dos animais).

    Queria mencionar desta lista a unha organización española onde fixeron un calendario no 2010 con famosos españois e galgos para axudar os galgos españois, a asociación é Baas Galgo lanzo.

    * http://listas.20minutos.es/lista/los-que-ayudaron-ayudan-y-defienden-los-derechos-de-los-animales-264094/ (esta é a lista da que vos falo)

    Tamén por se vos interesa deixovos a páxina da asociación española que loita en contra o maltrato dos galgos e outros animais: http://www.baasgalgo.com/

  5. Nahir Roig di:

    Rodriguez de la Fuente e a sua asociacion contan con diversos programas,como estes que nombrarei a continuacion:
    . proxecto ‘ConSuma naturalidade’ (www.consumanaturalidad.com) que promove a conservación da biodiversidade produtiva. Conta con apoio do Fondo Europeo para o Medio LIFE+.
    . Plataforma ‘MiTierraMaps‘ (en construción), unha plataforma social interactiva e multimedia que combina motores de animación 2D e 3D, con realidade aumentada para fomentar o coñecemento e promover a posta en valor da cultura, a economía e a biodiversidade do ámbito rural e natural.
    . Programa ‘Emprender para conservar’ (www.runaemprende.com) cuxo obxectivo é a promoción e o fomento do establecemento de novas actividades económicas sostibles no ámbito rural-natural do territorio español.

  6. Yolanda Bermúdez di:

    Eu queria falar de Dian Fossey, esta muller foi unha zoologa estadounidense que viaxou a África e alì observou e estudou aos gorilas das montañas na sua hábitat natural onde conocau a un británico arqueólogo Louis Leakey,do que estudou aos grandes simios para comprender a evolución humana. Despois publicou a sua obra chamada Gorilas na niebla, na que expone as suas observacions e a sua relacion cos gorilas en todos os seus anos de estudo.Nos seus 22 anos de estudo axudou a combater aos caza furtivos que estaban levando aos gorilas da maontaña a extincion, esta loita creou moitos enemigos e se cree que foi o motivo do seu asesinato.

  7. Sara Otero di:

    A contribución que fixo Felix na sociedade foi digna de admiración. As súas obras chegaron a ollos da sociedade en 5 continentes. El apreciaba a natureza coma ninguén, dicía: “o home é un poema tecido coa néboa do amencer, coa cor das flores, co canto dos paxaros, co uivo dos lobos e co ruxido do león”.
    Eu quero falarvos de Gary Francione, un especialista nos dereitos dos animais. Estudou Dereito e actualemnte é profesor na Universidade de Nova Jersey. Foi o fundador de Rutgers Animal Rights Law Centre e o defensor da abolición da explotación animal. A súa aportación influíu no movemento polos dereitos dos animais, o que levou a diversos activistas e organizacións a centrarse na defensa do veganismo e as críticas ao especismo dentro dunha línea abolicionista.

  8. David Lamas di:

    Eu quería falar de Carl Linné (tamen conocido como Carl von Linné o como Carolus Linnaeus) é considerado o pai da taxonomía, a ciencia biolóxica que se encarga de clasificar os seres vivos.

    Linné naceu no ano 1707 en Rashult (Suecia). despois de estudar medicina, foi profesor da universidade de Upsala e morriu en 1778.

    Linné clasificou as plantas utilizando como criterio os seus órganos sexuales (as flores), desarrollou a nomenclatura binomial, pola cal todavía nombramos a todos os seres vivos, e construiu o sistema jerárquico de clasificación, que agrupa especies en xéneros, xéneros en ordes, ordes en clases e clases en reinos. Tamen descubriu unha gran cantidade de novas especies e compilou no seu libro Systema Naturae todas aas especies conocidas na súa época.

  9. Sabela Escourido di:

    Eu vou a ampliar a información sobre a organización PETA. Esta organización fundouse en 1980, a súa sede esta en EEUU, o acrónimos PETA significa (People for the Ethical Treatment of Animals) traducido “Persoas polo Trato Ético dos Animais”. Ten mais de dous millóns de membros e é o maior grupo polos dereitos dos animas do mundo. Esta practicamente financiada polos seus 187 empleados.O seu slogan é :
    “Os animais non son nosos para comer,vestir, experimentar ou usar de entretemento”.Esta organización tivo moitas criticas,como a do 2005 polo senador de Oklahoma Jim Inhofe, que argumentou que PETA actuaba como portavoz para o Fronte de Liberación da Terra e o Fronte de Liberación Animal, despois que activistas asociados con isos grupos cometeran o que Inhofe chamou “actos de terrorismo”.

  10. Nildes Abella di:

    Gustaríame destacar a Chico Mendes que foi un sindicalista e activista ambiental brasileño. El loitou de maneira pacífica contra a extración de madeira e a progresiva destrución da selva amazónica. Chegou a recibir o premio Global 500 pola ONU en 1987, ese mismo ano gañou tamén a Medalla polo medio ambiente da organización Better World Society.
    Comezou a trabllar con tan só 9 anos e apredeu a leer ós 24 nunha incansable loita por alzala voz.
    A súa defensa do Medio Ambiente e os Dereitos Humanos, fixo que gañase a enemistade de aqueles que amasaban grandes fortunas a costa da deforestación da Amazonía. Deste xeito, Chico Mendes foi asesinado frente a súa casa o 22 de decembro de 1988. Tras a súa morte trinta entidades decidiron formar o Comité Chico Mendes, estas esixían nacional e internacionalmente que o crime no quedase impune.

    Por último comentar que o Día do Medio Ambiente é o 5 de xunio e foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

  11. Ayoub Elghotiss di:

    Felix Rodriguez de la Fuente foi un gran defensor de la natureza e ademais dos seus proxectos, protagonizou unha gran serie/documental televisivo na RTVE chamado el Hombre y la Tierra.
    Un dos proxectos que máis destacan no programa televisivo foi Emprender para Conservar.

  12. Yaritza Castillo di:

    felix rodrigues fue un dibulgador ambiental realizador de documentales para la radio y televicion destacando entre ellos la exitosa e incluyente serie ( el hmbre y la tierra ,entre el 1974al 1980) licenciado en medicinany auto didacta en biologia

  13. Santiago de la Iglesia di:

    Encaminándome na protección de animais, encontrei algúns datos sobre o abandono déstes en España. Mailos increíbles e didácticos documentais de Félix Rodríguez e as múltiples organizacións de defensa a estes seres vivos, salvaxes ou domésticos, a xente segue a non respetalos nin tomar conciencia de que debemos protexer a cada un deles, e isto aínda que sexa por intentar que os nosos fillos poidan ver un animal vivindo antes de ser extinguido, e non en fotos ou videos.

    Abándonáronse, só en España, un total de 109.000 perros e 24.000 gatos aproximadamente, e de todos eles, o 52% son cachorros.

    Hai que tomar conciencia de que os animais non son xoguetes, e si se quere conseguir un, non compralo senon adoptalo, así se faría un gran favor ás organizacións que os acogen.

  14. Nerea Pardo di:

    Gustaríame falar de PACMA, o partido político animalista que baséase na defensa dos animais. No seu programa electoral aparecen medidas como:
    -Sacrificio cero nas canceiras coa prohibición da venda de animais e programas de adopción
    e esterilización.
    -Fomento e promoción dunha educación baseada no respecto e consideración moral cara ós
    animais.

    Tamén gustaríame comentar o programa televisivo “El líder de la manada” emitido polo canal Cuatro que dedícanse a rescatar cans e concienciarnos, paréceme unha excelente idea xa que hai moitos cans esperando a ser adoptados aos que lles podemos ser de moita axuda xa que na Península Ibérica cada día abandónase a mais de 360 mascotas, e dicir cada cinco minutos un can é abandonado.

    Por último recordar que non só temos que protexer aos nosos animais de compañía,senón a todos os animais e prantas que habitan no noso planeta xa que teñen o mesmo dereito a vivir ca nós.

  15. Cristina González di:

    Estiven buscando empresas que sí experimentan con animais e estas son algunhas delas:
    Alimentos: patatas Pringles
    Desodorantes e perfumes: Giorgio, Hugo Boss, Old Spice
    Pañais e Productos para o bebé: Pampers
    Animais: Eukanuba, Iams
    Cuidados do Cabelo: Head & Shoulders, Pantene
    Hixiene sanitaria: Tampax
    Limpeza: Ariel, Ace, Rindex, Cierto,
    Medicinas: Metamucil, Vicks
    Productos de Beleza: Dove, Max Factor
    Nestlé S.A.

  16. Victoria Zherdeva di:

    Esta notica me gusta mucho ya que Felix Rodriguez de la Fuente siempre me ha interesado. Hizo varios documentales que fueron televisados en la 2. Entre ellos predominan los de lobos, que son los que mas me gustan ya que este animal me parece muy bonito y elegante. Felix Rodriguez de la Fuente a parte de observar los animales los dibuja en un cuaderno, el que siempre lleva con él.

  17. Amir Pose di:

    Queria mencionar a José Antonio Valverde biólogo que causou gran influenza sobre Félix Rodríguez de la Fuente.
    José Antonio (Ton) Valverde foi un biólogo, naturalista, ecólogo e activista ambiental español, nacido en 1926 en Valladolid. Faleceu en 2003 en Sevilla.
    Alcanzou unha enorme repercusión internacional a finais dos anos 1950 ao encabezar os movementos de defensa das marismas do Guadalquivir fronte a un plan do Ministerio de Agricultura para desecar esta zona.
    Como consecuencia da repercusión que causaron estes movementos paralizouse o desecamento e creouse o Parque Nacional de Doñana en 1969.
    Pero ademais, Valverde foi un brillante investigador, e desenvolveu espectaculares estudos ecolóxicos sobre o Sahara español e diversos ecosistemas mediterráneos localizados na Península. As súas conclusións foron plasmadas en diversos artigos que hoxe se converteron en clásicos da literatura científica española. Destaca o establecemento da relación predador-presa sobre unha base enerxética, algo que pasaran por alto os anteriores investigadores evolutivos.

  18. Ana Domínguez di:

    Eu teño unha dúbida, as empresas que experimentan con animais, non deberían de estar prohibidas ou sancionadas?.
    Volvendo á noticia, eu quería dicir que ainda que existen moitas organizacións e xente preocupandose polo medio ambiente, segue a haber moitos casos de deforestación, desertificación..un dos casos mais recoñecidos é o Amazonas, no que hai zonas que xa e case imposible que volva a crecer o bosque, isto sucede porque se perde a capa vexetal que permite a vida no lugar.

  19. Xisela Lema Díaz di:

    Hoxe en día, podemos encontrar nos dereitos humanos, que a natureza está presente e non pódese violar a lei, senon serán sancionados.

    Aínda así hai varias organizacións que tratan de facer de este, un mundo millor, debido a que a maioría das persoas, seguimos sen tomar conciencia do que pasa no mundo, animais en extinción, guerras, mortes por desnutrición ou enfermidades comúns en pasíses subdesarrollados.

    Por exemplo:

    Greenpeace : defensa e conservación da natureza.

    WWF/Adena : defensa dos animáis.

    -Ecologistas en Acción : confederación de ámbito estatal, fruto da unificación de máis de 300 grupos ecoloxistas.

    Acció Ecologista Agró : a maior asociación ecoloxista do País Valenciano (en catalán).

    Worldwatch Institute : defensa da natureza. Vixila as accións políticas e económicas mundiais de contido ecolóxico. (Inglés)

    Oceana.org : Organización internacional sen ánimo de lucro, dedicada á protección e recuperación dos océanos de todo o mundo mediante a realización de campañas que incorporan argumentos científicos, legais e de educación cidadana, dispón de colaboradores e ciberactivistas en 150 países, que están decididos a defender activamente o medio ambiente mariño.

    Fundación Oso Pardo : ONG constituida en 1992 có obxetivo de contribuir á conservación e estudo do oso pardo, da súa hábitat e seu entorno cultural. As actuacións da FOP se desarrollan básicamente na Cordillera Cantábrica, pero seu alcance vense ampliando a outras poblacións de oso amenazada.

    Unión Mundial para la Naturaleza : UICN é unha organización ecoloxista internacional que traballa por un desarrollo duradeiro, compatible coa conservación dos recursos naturais.

    Fundación Natura : ONG creada en España dedicada exclusivamente á conservación da diversidade biolóxica mediante a proteción, mellora e restauración dos ecosistemas naturais.

    Paisajes del Sur : Empresa que ofrece solucións para a restauración do paisaje, o control da erosión e a loita contra a desertificación.

    Tierramérica : Principal plataforma de comunicación sobre ambiente e desarrollo sustentable en América Latina. É un espacio de debate sobre medio ambiente e desarrollo entre os máis diversos actores sociais do sector público e da sociedade civil de América Latina e do mundo.

    Fundación Biodiversidad : Organización de natureza fundacional, sen ánimo de lucro, cuxa actividade se desarroia no ámbito da conservación, estudio y uso sostenible de la biodiversidad, así como a cooperación internacional ao desarrollo.

    Turismo sangriento : Algunhas empresas turísticas están ofrecendo paquetes por matar focas. Ofrecen uns bonus extra por focas bebé. O paquete inclue o entrenamiento específico para principiantes e fotos de recordo do “valente cazador” con su ensangrentada presa… (esta, é unha das razóns de que existan estas organizacións, estas persoas deverían recibir o mesmo castigo que as súas presas)

  20. Evelin López di:

    Felix o que quería era defender o que temos arredor de nós, e iso hoxe en día é o que queremos moitas persoas apoiando a defensa os animais e fauna, pero parece que non é suficiente, todo o mundo necesita concienciarse.
    Thomas Edison dixo: “A non violencia conduce á ética mais alta, o cal é a meta de toda evolución. Hasta que non deixemos de lastimar a outros seres vivos, seguiremos sendo salvaxes.”Quería mencioar a WWF/Adena que é unha das maiores organizacions mundiais dedicadas á conservación da natureza.
    A forma de traballar de Adena (Asociación para a Defensa da Natureza) se centra mais en proxectos de conservación, en contraste coas outras grandes organizacions ecoloxistas que actúan en España, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción, que traballan mais a denuncia a escala mundial e local, respectivamente. Seu logotipo, o Panda xigante, convertiuse nun icono que a opinión pública identifica coa conservación da natureza. Dende 2008 se denomina WWF/España.

  21. Yannick Afonso di:

    Paréceme moi bonito dedicarse como fixo este home que non o coñecía,como dedicarse á natureza,a facer documentais,etc.
    Busquei sobre asúa vida un pouco e encontrei bastante información nun blog que ten e máis ou menos conta moitas cousas sobre el e do que fixo.Os deixo o enlace: http://felixrodriguezdelafuente.lacoctelera.net/

Deixa unha resposta