Antes dos trinta?

“Unha persoa que non fixo a súa gran contribución á ciencia antes dos trinta nunca o fará”, dicía Albert Einstein.

 Pero o noso querido e gran ciéntifico equivocábase. Un estudo dos premios Nobel de Física, Química e Medicina dos últimos cen anos, levado a cabo pola Universidade de Ohio, revela que a maioría de investigadores realizan a súa gran contribución á ciencia pasados os 40 anos.

O estudo desminte así o mito da creatividade e a xenialidade científica asociada á xuventude. “A idade a que os científicos fan os seus logros más importantes varía ó longo do tempo e segundo o campo de estudio”, afirma a Axencia SINC ( Servicio de Información e Noticias Centíficas).

Esto danos a pensar, que ao mellor a madurez dos científicos, cada vez prodúcese cunha maior idade. Pode ser que isto teña que ver ca sociedade? Ou que otros factores poderían influir? Máis información

Autora: Karina Espiñeira

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico. Garda o enlace permanente.

22 Responses to Antes dos trinta?

  1. Evelin López di:

    Opinase que as razóns, para este cambio de idade, ten tanto que ver co tipo de avance teórico ou experimental e canto tempo lle leva os científicos formarse e iniciar a sua carreira profesional. As persoas tenden a alargar o seu periodo de formación o máximo posible.
    Quizais alguns deles poderian haber feito descubrimentos antes, se os doctorados non fosen tan complicados e tiveran que ser tan indagados.
    Xa non é como antes, xa non chega cunha mente brillante en física, química… pero en outras disciplinas si hai importantes avances por xente xóven como informática, electrónica,xenética..
    Penso que o problema está na educación de hoxe en día,que se basa e rixe nuns valores non muy acertados. Actualmente non te inculcan o espíritu apropiado, e isto sumado a una mala ensinanza en xeral provoca esta situación tan lamentable.

  2. David Lamas di:

    Sin ir a parar máis lexos Daniel Shechtman foi galardonado este ano co Premio Nobel de Química 2011, polos seus estudos sobre a materia e máis concretamente, “polo descubrimento dos cuasicristales”.
    ·Un cuasacristal e unha forma estructural ordenada pero non periódica. Fórmanse patróns que chean todo o espazo aunque teñen falta de simetría traslacional.
    O seu descubrimento relevou un novoo principio para o empaquetamento de átomos e moléculas, Esto levou a un cambio de paradigma dentro da química.

    Aquí vos deixo a noticia.
    http://www.antena3.com/noticias/ciencia/daniel-shechtman-premio-nobel-quimica-2011_2011100500058.html

  3. Eduardo Cagide di:

    Moitos investigadores dan como explicación a este aumento de idade nos decubrimentos dos científicos, a que a maneira de investigar sufriu un cambio, no que os xovenes destacan facendo traballos teóricos, e os ciéntíficos de maior idade destacan no traballo experimental xa que se require un maior grado de coñecemento.
    E a outra explicación que lles parece a maioría dos científicos que é a correcta, é que actualmente o coñecemento esta moito máis extendido ou ampliado que hai noventa anos, xa que continuamente se complementa con novas aportacións en todos os campos, e como este coñecemento necesario é mayor tamen se requerirá máis tempo para absorber ou asimilar todos estes coñecementos, e polo tanto os científicos tardarían máis en facer os seus traballos.

  4. Mateo Fdez di:

    Creo que este fenómeno débese máis que nada a que os científicos xoves non soen ter o mesmo recoñecemento, o mesmo lugar de traballo e as mesmas oportunidades (como o acceso ó ultimísimo modelo da nova máquina que revoluciona o seu campo, pero que costa millóns e millóns de euros/dólares), ademais de que os xefes das investigacións soen ser os de maior experiencia e edad, quedando os xoves nun segundo plano. Tamén mesmo entre os científicos supoño que existirá (aínda que non sempre) os celos profesionais ante alguén máis xove pero que che supera e é máis brillante ca ti, como na película “Amadeus”, sobre a vida de Mozart, pero fortemente concentrada neste sentimiento que sente Antonio Salieri (antiguo compositor que vese relegado por un imberbe e libertino Mozart) hacia el.

  5. Nildes Abella di:

    Paul Dirac foi un físico teórico británico, que ó igual que Einstein, consideraba que con trinta anos de idade un científico estaba acabado.
    Este físico contribui no desenvolvemento da mecánica cuántica e a electrodinámica cuántica. Entre outros descubrimentos están a ecuación de Dirac que describe o comportamento dos fermiones*, grazas a ela predixo a existencia da antimateria.
    Dirac recibiu o Nobel en 1933, con tan só 30 anos, xunto co físico austríaco Erwin Schrödinger, polo descubrimento de novas formas produtivas da teoría atómica.
    Por último unha cita deste home cando lle preguntaron sobre poesía: “en ciencia un intenta decir á xente, nunha maneira na que todos o poidan entender, algo que nunca ninguén soubo antes. A poesía é exactamente o contrario”.*Un fermión, que recibe ese nome en honor ó físico Enrico Fermi, é un dos dous tipos básicos de partículas que existen na natureza. O outro tipo é o bosón.

  6. Yannick Afonso di:

    A miña opinión é que estou de acordo co texto,que o gran Einstein se equivoca.Eu penso que non ten nada que ver a idade para levar a cabo ou facer descubrimentos científicos,xa que si unha persoa é intelixente de por sí,podrá e terá máis ou menos a capacidade como para traballar ou facer algo no mundo da ciencia.

  7. Antía Navajas di:

    Eu estou deacordo con Yannick, para min a idade dun cietífico non ten nada que ver cos descubrimentos que poida facer; ademaís Evelin tamén ten razón, e hoxe, en parte é culpa do longas que son as carreiras e o difícile que pode chegar a ser formarse.
    Tamén, como ben di Evelin, é certo que nalgúns campos están a destacar moita xente xoven; e ata é posible que a culpa sexa pola rivalidade entre os científicos como dixo Mateo Fdez., por exemplo como a que habia entre Isaac Newton e Robert Hooke pola Ley Gravitacional que Newton explicaba no seu libro, Hooke afirmaba que Newton lle robara a súa idea.

  8. Ayoub Elghotiss di:

    Na miña opinión, os novos científicos non fan grandes descubrimentos antes dos trinta debido a que como dicía a miña compañeira non obstante amiga, Evelin os doutorados e as carreiras profesionais levan moito tempo de facer, xa que teñen que aprender todo o que descubriron outros antes ca eles para intentar comprender o que se lles presenta diante.

  9. Rosalía García di:

    Efectivamente existen dúas variantes que inflúen no feito de que, cada vez, a idade dos galardonados co Nóbel é maior en certos campos como a mediciña, a química ou a fixioloxía.
    Por unha parte, como xa apuntaron algúns compañeiros, hoxe en día precísanse moitos máis anos de estudos para ter os coñecementos básicos necesarios de cada disciplina.
    Outro factor ven dado polo carácter da contribución, ben sexa teórico ou experimental.
    Segúns uns estudos recentes, os científicos que realizaban aportacións teóricas facíano, 4,3 anos antes (en promedio) que aqueles que aportaban investigacións con maior compoñente experimental.
    Isto podería explicar que os premiados en materias como as matemáticas son máis novos que aqueles premiados en química ou fisioloxía.
    Seguramente, tamén existen outros factores que expliquen esta tendencia. Na época de Plank xurde un novo campo de coñecemento (mecánica cuántica) no que todo está por descubrir, por isto, hai un número importante de científicos novos que se adicaron a el como Pauli, Heisenberg e Dirac.

  10. Beatriz Castro di:

    Eu quería explicar explicar as función da axencia SINC que se cita no texto:

    O Servizo de Información e Noticias Científicas (SINC) é a primeira axencia publica de información especializada na ciencia, tecnoloxía e innovación en España.

    O equipo de SINC produce noticias, reportaxes, entrevistas en materiais audiovisuais (vídeos, fotografías , ilustracións e infografias). Todos os contenidos producidos por SINC teñen unha licenza Cretive Commons 2.5, é dicir, calquera pode usalos, modificalos e distribuílos sempre e cando cite a fonte.

    SINC ofrece o seu servizo a xornaleiros, científicos e cidadáns para dar a coñecer os últimos desenrolos da ciencia mais relevante en todo o planeta, con especial énfases sobre os traballos españois.
    A produción informativa da axencia conta coa participación e revisión da comunidade investigadora: a actualidade, o rigor e a veracidade son as súas sinais de identidade.

  11. Santiago de la Iglesia di:

    A ciencia sempre cambia, ao igual que o seu estudo, as ideas.. e eso é un factor que axuda a non estar seguro de qué a realidade. Por isto, a xente prudente tarda moito tempo en dar a luz teorías que poderían cambiar o mundo.

    Por outra parte, eu creo que unha persoa evoluciona intentando encontrar o que verdadeiramente busca, e isto pode levar anos e anos. Incluso penso que hai xente que morre sen saber a súa paixón e con ganas de seguir investigando, neste caso, no ámbito da ciencia. E como dí o dito “a experiencia é a nai da ciencia”, penso que ten razón por moito que digan de que a xente xoven teñen ás mellores ideas porque están máis relacionados dende pequenos coas tecnoloxías, as máis interesantes sempre van ser de xente que xa aprendeu de errores, viu crear éstas tecnoloxías e viviu un certo tempo.

  12. Vladislav Babenco di:

    Einstein se equivoca pero ao mesmo tempo non, me explico, non se equivoca porque un científico desenvolve os seus logros ao acabar os estudos despois de ter todos os estudos acabados, así pode sair de calquera duda que teña coa súa experiencia adquirida,pero se equivoca tamén porque alguén que este o suficientemente motivado e que lle guste o que estude,se se esforza no seu traballo, pode chegar a facer algún descubrimento incluso antes dos 30.

  13. Olalla Manteiga di:

    Se botamos un vistazo ao longo da historia, podemos observar que os químicos, físicos e médicos, solían realizar os seus mellores descubrimentos cando non alcanzaron a idade de 40 anos. Sen embargo, a partir do ano 2000 os grandes descubrimentos en química, física ou medicina non aparecen ata que o investigador superara os 30 anos. Na miña opinión, a idade á que consigas os teus logros non importa nin está limitada. Os investigadores opinan que as razóns para este cambio de idade teñen que ver tanto co tipo de avance —teórico ou experimental— como co tempo que lles toma aos científicos formarse e iniciar a súa carreira profesional.

  14. Sara Otero di:

    Na miña opinión o feito de que os investigadores que superasen os 30 anos xa non ía facer ningunha contribución na ciencia varía segundo a época e as condicións de vida, ou mesmo froito dunha casualidade. Antigamente si que era iso o máis probable, pois o que máis influíu foi, como ben dixeron, a formación profesional (que non era tan larga coma agora). Pero creo que tamén podería haber outros factores como a esperanza de vida, que antes era moito menor.
    Actualmente a idade na que elaboran experimentos é maior debido (baixo a miña forma de pensar) debido a que a formación é moito máis longa, e sobre todo hai que ter en conta o factor que dende que elaboran unha teoría ata que é demostrada e aprobada transcorre moito tempo (por mor da experimentación xeralmente). Pódovos poñer un exemplo: Peter Higgs. A famosa partícula da que falamos foi planteada teoricamente en 1964, e a día de hoxe aínda non foi demostrado.

  15. Sabela Escourido di:

    Eu penso que para facer algunha contribución a ciencia a idade e sexo da persoa e o que menos debería importar, xa que hai científicos/as novos/as como Milica Radisic de 32 anos que e a creadora dun texido cardíaco artificial que late como si fora natural. Ou Luís Garcia Fernandez de 34 años,este foi premiado polo Congreso da Sociedade Ibérica de Bioquímica e biomateriais.
    Como din os meus compañeiros pode ser que a forma de pensar de Enstein e os científicos do seu tempo era pola época na que vivían.

  16. Nerea Pardo di:

    Os premios creáronse como última vontade de Alfred Nobel, inventor da dinamita e industrial sueco. Nobel firmou o seu testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895.Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria produtora de dinamita cuxo principal mercado era a minería, pero tamén a guerra.
    Esta pode que fora a motivación principal do seu afamado testamento, pero quizás tamén unida á costume da época de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

    Por unha parte o galardoado máis ancián foi o norteamericano nacido en Rusia,Leonid Hurwicz, que tiña 90 anos cando ganou o Premio Nobel de Economía, en 2007. Viviu algúns meses máis e morreu en xuño de 2008.
    Sen embargo o británico Lawrence Bragg, que gañou o premio de Física en 1915, tiña 25 anos cando foi nomeado e segue sendo o galardoado máis xoven na historia dos premios.
    Como podedes ver as idades son moi variadas e ainda que a física é unha ciencia experimental e a economía teórica(polo menos baixo o meu punto de vista),os datos móstrannos todo o contrario ao ser o máis xoven un premio en Física e o máis maior en Economía.

  17. Yaritza Castillo di:

    el 21 de mayo del 1946 slotin y siete amigos mas realizaron un nuevo experimento que incluia la creacion de unos de los primeros pasos de una reacion de ficion nuclear colocando dos medias esfera de belirio (un reflector de neutrones)rodeando un nucleo de plutonio.se utiliza el mismo nucleo que irradio a daghilan, despues llamado “corazon del demonio” stolin sostuvo la semiesfera superior con su mano izquierda mientras mantenia la separacion entre las dos semiesfera

  18. Ana Domínguez di:

    Eu creo que a razón pola que empezan máis tarde é que hoxe en día hai moitas cousas que estudiar, e moitos campos nos que traballar, e necesitan o seu tempo, noutra época quedaba todo por descubrir, asique non era tan difícil estudar ou descubrir algo, hoxe en día eu creo que é bastante máis complicado, e que as investigacións son mais complexas e elevadas.

  19. Xisela Lema Díaz di:

    Na miña opinión, creo que calquera que estea capacitado e teña tódala información necesaria, tanto como se ten 20 ou 40 anos. A diferencia radica en que o tempo que tes coas distintas idades é diferente, á excepción dalgunhas persoas, pero as persoas xoves prefiren pasar o tempo nun tipo de menesteres difeentes aos dun adulto, que albérgase máis dentro da familia e en pasalo tempo mais pausadamente, con pasatempos tranquilos.

  20. Victoria Rodríguez di:

    Nos primeiros anos do S.XX, o 66% dos gañadores fixeran os seus traballos “pioneiros” na materia antes de cumprir 40 anos. E incluso un 20 % fixoo antes de cumprir os 30 anos.

    Sen embargo a medida que pasaban as décadas a curva de “logros” relacionados coa idade cambiou significativamente e fíxose “maior”.

    A partir do ano 2000 practicamente ningún dos descubrementos claves que logo resultaron nun Nobel foi realizado antes de que os galardoados tiveran -o menos- 30 anos.

    Bruce Weinberg, Profesor da carreira de Economía da Universidade de Ohio, EE.UU e autor de este estudio afirma o seguinte: “a típica imaxen do científico mozo que realiza un avance clave en química, física ou medicina non se corresponde coa realidade de ningunha de estas disciplinas”.

    E agregou: “hoxe a idade promedia dos físicos que realizan un descubrimento cuxos logros lle significarán un premio Nobel, é de 48 anos. Son moi poucos os casos onde un científico de menos de 30 anos realiza un descubrimento que lle valera o máximo recoñecemento global”.

  21. Yaritza Castillo di:

    decia albert einstein que una persona que no ha echo su gran contribucion ala ciencia antes de los trenta no lo hara,sin embargo parece que la realidad esta bien distinta. la edad aque los cientificos hacen sus logros mas importantes varia alo largo del tiempo y segun su campo de estudio.

Deixa unha resposta