5 de decembro de 1945. 14:00 horas.
Os cinco avións TBM Avengers, con 14 homes a bordo, despegaron da Base de Fort Lauderlade (Florida) cun tempo moi bó. Tratábase dun rutinario voo de probas con fogo real sobre uns illotes cercanos as instalacións militares. Sen embargo, o xefe da misión, o teniente Charles C. Taylor, perdeu ao teniente Arthur A. Curtis, por razóns nunca aclaradas, ó participar na citada misión aérea. Quizáis presentía o fatal destino que lles agardaba?…
Quen si puido abandonar o seu posto foi o cabo Kosnar que por acumulación de horas de vuelo, desistiu, a última hora, embarcarse no fatídico Voo-19.
Unha hora e carenta e cinco minutos tras a partida, o teniente Taylor comunicaba por radio que se encontraba perdido, desorientado e que o compás do seu aparato xa deixara de funcionar. As comunicacións coa torre de control eran interrumpidas por frecuentes interferencias, ainda encontrándose os TBM Avengers, os bombardeiros monomotores mais potentes da historia, a curta distancia da base. O mais extraño deste feito, foi que aunque a conversación entre os pilotos do escuadrón escoitábase perfectamente, os operarios da torre de control tiñan serios problemas para facerse entender co teniente Taylor.
As 7,4 minutos da tarde, perderon todo contacto coa escuadrilla. Temendo pola vida dos militares, dende a base aeronaval do Río Banana, enviouse un avión de rescate, un bimotor anfibio Martin Mariner que tambén desapareceu a os 27 minutos de abandonala pista de despegue. Ao día seguinte da inexplicable desaparición, sen precedentes na recente historia da aviación norteamericana, o 6 de decembro de 1945, a cúpula militar ordena un impresionante despliegue de rescate que fai que, prácticamente, aquel rincón do Atlántico vésase desbordado pola presencia humana. Aproximadamente participaron 307 avións, 4 destructores, 18 navíos da Garda Costeira, o portaavións Solomons, varios submarinos e centos de avións, iates e embarcacions privadas.
Nin un rastro de aceite, nin un bote salvavidas… nada. Ningún vestixio o proba do destino final do V-19 fora localizado… parecía como si se os houbese tragado o ceo. Un portavoz oficial da Comisión Investigadora formada polo Pentágono para examinar este feito, recoñeceu nunha conferencia de prensa:
“Esta pérdida… preséntase como un misterio completo. É o misterio máis extraño que nunca investigou a Aviación Naval”. Un administrativo da Mariña, declarou ao respecto: “desapareceron tan completamente como si houberan fuxido a Marte…”
O enigma sobre o paradeiro e destino do V-19 comenzaba a forxarse…
Autor: Jesús López
Vou falar do que aconteceu despois. Durante a búsquea, 3 dias despois do suceso, afirmaron ver bengalas de salvamento en varias partes da illa, cando o piloto da “Eastern Airlines” o capitán J. D. Morrinson facía o seu voo rutinario. Mais persoas afirmaron ver as luces de cores que parecían ser bengalas. Cábenos preguntar…Quedarían superviventes? Non se atopou ningún xa que mais tarde un cidadán Sr. L. C. Smitch, habíase dedicado varias noites “con a axuda dunha potente lámpada de flash a cazar ranas”. Dado ao suceso acontecido hai algunhas preguntas como ¿E posible que existiran superviventes do V-19?, ¿Por que a Mariña deulles por mortos?, ¿De que foron testigos aquel día?, ¿Participaron en un proxecto secreto…?, ¿Que saliu mal?… ¿Quizais una teoría aventurada?…
Agora son preguntas que non terán resposta.
Pero ao marxe destas preguntas, moitos anos despois da desaparición, un grupo de buscadores de tesouros acuáticos supostamente atoparon os restos do voo-19 en perfecto estado.
Unha das hipoteses que se da para a desaparición dos avions e que ao desorientarse e co tempo un pouco nubrado ao concentrarse gas metano que é menos denso co aire, provocaba que os altimetros que guiabanse pola densidade do aire para saber a altitude (canto menos denso mais altura) indicaban que o avion estaba ascendendo e a maniobra para “equilibrar” o avion por parte do piloto era descender o que provocaba que o avion caese en picado.
A isto sumaselle que o tenente desorientouse e levou os avions a oceano aberto e ao caer ali non se atoparon ainda os restos.
Trátase dun misterio aínda sen resolver, polo que moitos esperan un tráxico final. Tendo en conta que nunca se soubo nada maís dos tripulantes, é o que cabe esperar. Lin nun artículo ademáis que as últimas palabras que se oíron procedentes do Voo-19 foron: “Non nos sigades!”, cando Martin Mariner con trece homes a bordo foi enviado para o seu rescate.
Un final no que moitas persoas creen, é que se adentrasen no “Triángulo das Bermudas”, unha zona no Oceáno Atlántico con forma máis ou menos triangular situada entre as islas Bermudas, Puerto Rico e Melbourne (Florida), que ocupa aproximadamente 3900000 km. Moitos casos de afundimentos ou desaparicións atribuíronse a este fenómeno, alegando que existen grandes campos de enerxía proviniente da Terra, o portal a outra dimensión, extraterrestres e OVNIs, ou mesmo a antiga Atlántida, que desapareceu misteriosamente.
A explicación científica que podemos dar a este feito é a formación de burbullas de gas metano formados no fondo do mar e que logo saen á superficie ocasionando maremotos e os afundimentos e desaparicións misteriosas. Isto tamén afecta ao Mar de Xapón e ao Mar no Norte.
O metano é un gas que se forma da descomposición das materias orgánicas e pódese encontrar en grandes cantidades no fondo do mar. Ao combinarse có agua, o metano quéntase, ferve e disólvese no océano. O problema está cando se forma unha burbulla que chega á superficie e reventa, se nese momento hai un barco cerca se afundirá ao non poder soportar as turbulencias. Este fenómeno podería ser a explicación de maremotos e desaparicións de barcos, xa que estas traxedias suceden en zonas donde dito gas é abundante.
Para verificar esta teoría, os matemáticos realizaron experimentos con un recipiente de auga, un barco de xoguete e burbullas de gas metano. A partir dos resultados creouse un modelo matemático cun ordenador, tendo en conta a dinámica, a velocidade, a densidade e a presión do gas e da auga. O modelo reproduxo as burbullas tal e como aparecen na vida real e puideron comprobar que o afundimento se da en certas condicións. Os investigadores recomendan que súas conclusiones sexan incluidas nas cartas de navegación para evitar as desaparicións de buques no Triángulo das Bermudas.
Aquel acontecemento provocou un gran revuelo xa que ninguén soubo nin saberá que pasou nin o que aconteceu
aparte do que di Sara,mtamén foise coñecendo co nome de Triangulo das Bermudas debido as desaparións inexplicables que acontecian e ninguén encontráballe ninguna resposta o día de hoxe non hai explicación alguna do que pasou aínda que lin noutro artigo de internet, que despois de varios anos un grupo de mergulladores descubriron a moitos metros no fondo do mar os restos en perfecto estado dos TBM Avengers
seria isto un…misterio resolto?
Outra explicación que dan os científicos para as desaparicións no Triángulo das Bermudas, é que esa zona, era e é, unha zoa de moito tráfico, sobretodo marítimo, e tamén é unha zoa moi coñecida polo seu tempo inestable (no que destacan os furacáns) Estes furacáns din que poideron sela causa das desaparicións, xa que antes non había nin os radares nin os dispositivos por satélite que temos hoxe en día.
Pero o Triángulo das Bermudas non é o unico no que se dan este tipo de desaparicións inexplicables, tamen hay otro, que está situado no Pacífico arredor da illa Miyake, máis ou menos a uns 100 kilómetros ao sur de Tokio. Esta zoa non é tan coñecida como o Triángulo das Bermudas, xa que as embarcacións que desaparecen nesta zoa son muito máis pequenas e sen radio, polo que non foron tan mediáticas as desaparicións ya que non hay grabacións nin testigos das desaparicións nesta zoa. Esta zona é coñecida como o Triángulo do Demo.
O escuadrón desaparecido estivo conectado á base durante máis de 4 horas cando o voo de entrenamiento debía haber durado aproximadamente 45 minutos.
O tenebroso audio entre a cabina e os pilotos inclúe mensaxes como:
“O único que vexo é auga”
“A miña brúxula non sirve”
“Deberíamos ver terra”
“¿Onde demonios estamos?”
O ultimo mensaxe foi: “Non nos busquen”
Un avión rescatista saíu na súa procura (o bimotor anfibio Martin Mariner) e á media hora de haber saído tamén desaparece.
Este suceso, como moitos outros estraños, non teñen unha explicación científica son feitos inexplicables .
Desde a antiguedade o mar foi fonte de lendas pola desaparición de barcos sen deixar rastro : O Mediterráneo está cheo de restos de barcos fenicios, gregos e romanos.
Ata que o home circunnavegou o planeta, os espacios non cartografiados dos mapas incluían figuras de monstruos devoradores de aquelas naves que nunca habían regresado.
A zona agora coñecida como o Triángulo das Bermudas foi unha zona frecuente de piratería, e cada ano escoitamos nos noticiarios como se forman alí os furacáns que máis tarde devastan as costas de Florida.
Mentres as desaparicións foron de barcos, as lendas sobre os monstruos perduraron, pero ¿Cómo podía desaparecer sen deixar rastro unha patruia de 5 avións?
Dous anos máis tarde nacería o mito de Rosswel (Área 51), e en plena febre OVNI non se dudou en afirmar que os avións habían sido abducidos.
O Triángulo das Bermudas sempre ha sido unha zoa peligrosa e de misterio, xa que as desaparicions de mariñeiros, pilotos e turistas nunca han sido resoltas.Todo o que algunha vez entrou alí, nunca volveuse a ver. Desde barcos e buques que navegaban por esa zoa; avions os cales se lles viu entrar a unha neblina para esfumarse sen deixar indicio. O fenómeno da desaparición que han pasado por eses lugares,atribúese a moitas causas; algunhos científicos dicen que nisos lugares hai grandes campos de enerxía provenintes da Terra e é por isto que as comunicacions se cortan.Unha teoría máis,é que por isos lugares encontraríase a antigua Atlántida, unha cidade que supuestamente existiu hace 5000 anos antes de Cristo que era moi avanzada científicamente e desapareceu misteriosamente; desde esa civilización no profundo do mar,estaríanse enviando raios e demais. Naide pode negar que este é un fenómeno extraño, xa que desde a metade do seculo XX han desaparecido un total de 50 barcos y 20 avions e algunhos de eles fixeronse moi coñecidos como a desaparición do voo 19 no ano 1945.
No ano 2003 realizouse unha nova exploración na costa de Florida, coa intención de despexar dunha vez por todas a incertidume sobre a auténtica identidade dos avións sumerxidos a tan so 12 millas de Fort Lauderlade, base da que partiron os 5 TBM Avengers capitaneados polo teniente Charles C. Taylor. Para esta ocasión Graham Hawkes (descubridor dos restos dos avións) diseñou e contruiu un sumerxible de última xeración, un autentico “caza subacuático”, equipado coa máis alta tecnoloxía, que era capaz de chegar aos 47 metros de profundidade en tan so 14 segundos e rastrear a gran velocidada os fondos mariños. Para a nova incursión no Triangulo das Bermudas contou co asesoramento do técnico do Sr. Harold L., piloto e experto en Avengers, que ademáis, dabase a circunstancia que perdeu un familiar no Vo 19. Nesta misión pretendían localizar o código numérico (BURU) dos avións , que eran exclusivos para cada modelo, para poder identificalos sin marxen de error. Os restos dos bombardeiros localizados no ano 1991, hachabanse a uns 230 metros de profundidade, e en apenas 50 minutos, Hawkes se topaba de novo frente a frente co que podería ser a clave para resolver o misterio. Uno dos avións, iluminado nas profundidades mariñas polos focos do submarino, presentabase ante os exploradores algo deteriorado e cuberto de vexetación mariña. No seu costado, apreciabase perfectamente o distintivo FT 23, que demostraba que partiu da Base de Fort Lauderlade, pero non puideron hachar a sua aleta traseira, onde se inscribía o código BURU. Mais adiante, localizaron en mellores condicións o FT 87 que mostraba a cabina aberta, o que facía supor que o piloto pudo abandoar a aeronave antes de fundirse. Coa axuda do veterano Harold L. encontraron ao lado do Avengers os fragmentos da aleta traseira, que contiña a siguinte inscripción: NAV 23990.
O código do FT 87 pertenecían a un Avengers perdido o 4 de outubro de 1943. A tripulación, composta polo teniente George Swin, Sam Treese y J. L. Lewullis puido ser rescatada con vida. Perdido durante 60 anos,o outro Avengers, o FT 23 non puido identificarse coa mesma precisión, pero pensan que puido tratarse dun bombardero pilotado polo oficial John Berry perdido, tras unha colisión no aire con outro aparello, en agosto de 1944. O máis sorprendente do asunto, foi descubrirnas páxinas amarelentas aquelos documentos, que non había constancia oficial de mais perdidas de Avengers pertencentes ao escuadrón de Fort Lauderlade. Sospeitosamente os 3 avións restantes, supostamente tamén achandos por Hawkes, nunca se mostraron públicamente,e n en sequera os dous localizados parecen que se encontren a corta distancia un do outro, por iso pensase que se manipulou a información.
Jim Sullivan coordinador na superficie desta nova exploración ao Triangulo das Bermudas, exclamaba sobre o increíble “hachazgo” dos avións nunha mesma zona, e pertencentes todos eles a feitos inconexos: “A posibilidade de que 5 avións estén todos xuntos, e a mesma posibilidade que dase no Golf de facer un hoyo nun solo golpe, ou que te mate un rayo cun billete de lotería premiado no bolsillo”.
http://www.taringa.net/posts/info/1075213/Vuelo-19.html
Déixovos unha páxina onde hai un video onde se recrea a desaparición.
A verdade é que despois de darme de conta de que falábamos do Triángulo das Bermudas pregunteime se o blogue seguía sendo de ciencia, e sí, parece que sí. Creo que a proba máis palpable de que a zona non ten nada “sobrenatural” nin especialmente reseñable é que as empresas de seguros non cobran máis a aqueles transportes que circulan habitualmente por alí, e se alguén desiste en cobrar no mundo actual, digo eu que será por algo, non? Que para gañar uns cartos nunca á mala ningunha excusa, por absurda que sexa.
Outra peligrosísima zona podería ser o Vórtice de Marysburgh, na zona do leste do lago Ontario, que acumula máis do 70% dos afundimentos dese lago. A posible explicación que se da neste caso é a de unha serie de perturbacións magnéticas.
Mateo estou deacordo contigo, e que este tipo de especulacións sobre OVNIs e o Triángulo das Bermudas parecenme todo patrañas, a teoría máis plausible para min é o que explicou antes Sara sobre a formación de burbullas de gas metano.
Ademáis non é so esa zona se non tamén zonas como o mar de Xapón ou mesmo sen ir tan lonxe aquí na Costa da Morte, fai uns vinte e pico de anos cerca das illas de Canarias un barco galego afondou sen deixar rastro e tamén desta se fixeron todo tipo de invencións, pero a verdade é que tamén puido ser debido, o seu afundimento, á uns barcos petroleiros que miden kilómetros de lonxitude, éstes van por controis que manexan os que manteñen estos barcos colocándolles as coordenadas ao panel de control para coller o petróleo; éstes barcos puideron chocar sen darse de conta contra o barco galego.
Esta historia é moi interesante e sorprendente. No texto se di que 4 avións dos 5 que había estaban intactos, eu penso que quizáis foi unhas fallas inesperadas que a cualquera lle pode pasar,talvez a falla foi do quinto avión xa que pola informació que teño foi o máis destrozado e os demáis avións foron afectados e solo caeron sen mostrar nada.
A ciencia, lenta pero implacablemente, chegou á resolución do misterio e golpea as ilusións de todos aqueles que gustan dos mitos, explicando a realidade destas desaparicións desde un punto de vista racional e físico.
Como xa mencionaron os meus compañeiros estas desaparicións serían debidas a existencia de grandes bolsas de hidratos de metano. Xéranse grandes burbullas que chegan á superficie facendo que calquera embarcación que pase por enriba perda completamente as súas propiedades de flotabilidad.En canto ós avións cando esa burbulla é grande é cunha densidade suficientemente alta alcanza tamén o espazo aéreo. Deixo o enlace dunha imaxe para que vos fagades unha idea:
http://www.google.es/imgres?q=burbuja+metano+mar&um=1&hl=es&safe=strict&sa=N&biw=1360&bih=643&tbm=isch&tbnid=D02PbTfK6wNd6M:&imgrefurl=http://despiertaalfuturo.blogspot.com/2010/06/el-gran-peligro-del-derrame-del-golfo.html&docid=Y8z6OZxJTIdIOM&imgurl=http://4.bp.blogspot.com/_F9uyqFDWxyg/TCiDF9S-r3I/AAAAAAAAC3Q/kxpG3opqnfg/s1600/volcan%252Bsubmarino.jpg&w=395&h=435&ei=krf9TrvGE4PChAfMwLyZDA&zoom=1&iact=hc&vpx=525&vpy=296&dur=202&hovh=236&hovw=214&tx=116&ty=140&sig=116882162515435479368&page=4&tbnh=132&tbnw=116&start=56&ndsp=19&ved=1t:429,r:8,s:56
Un profesor Joseph Monaghan investigou a hipótese con David May, da Universidade de Monash en Melbourne (Australia). O programa, baseado nos principios científicos da dinámica de fluidos, reproduxo todas as variables, entre elas a velocidade dunha burbuxa xigante de metano, a súa presión e a densidade do gas. Os resultados obtidos impresionaron pola súa capacidade de explicar o fenómeno.
Según opinan os científicos,as análises menos fantasiosas apuntan a que as fortes correntes e a profundidade das augas, poderían explicar a ausencia de restos, e cabe mencionar que varias das desaparicións atribuídas ao triángulo das Bermudas, en realidade, ocorreron a 600 quilómetros de distancia.Tamén creen que en canto se perfeccionen as técnicas de sumerxión en augas profundas, será probable que se recuperen a maioría dos barcos perdidos.
Ademais, contan os organismos de control aéreo da zona, que naves civís e militares atravesan a rexión todos os días sen contratempos.
En cambio a xente mais fantasiosa afirma , que sería un invento yanqui para ter unha escusa cando fagan desaparecer Cuba, que a Atlántida está somerxida baixo o Triángulo ou que incluso débese a un grupo de extraterrestres que secuestran naves e seres humanos, co propósito de estudarnos para logo dominarnos.
Aínda así, é probable que o misterio do Triángulo das Bermudas permaneza moito tempo mais na imaxinación popular.
Nerea, o de facer desaparecer Cuba é para min unha novedade.
Si, para min tamén foi unha sorpresa e realmente non entendo como alguén pode pensar eso realmente.
Non lles deben quedar máis cartuchos para tentar matar a Fidel.
Sorprendeume bastante o da desaparición de Cuba polos yanquis. Aínda así cabe na posibilidade que os EEUU estén planeando algo que facer con esas zonas tan concurridas por mitos e rodeadas de inimigos, e non custa moito creelo, xa que a fama de falta de cordura a teñen.
Co tema en cuestión, estou dacordo coas teorías xustificadas das bolsas de metano, pero si é así, porqué non é unha fonte para a formación de combustible?, xa que se existen estas burbullas que fan desaparecer avións, tamén debería ocasionar moita cantidade de metano como materia prima. E como dí Mateo, non se paga máis por visitar esas zoas marítimas, quizáis se quere que pase desapercibido. Moitas ideas e conspiracións ,igual non del todo erróneas, albergan este “Triángulo de las Bermudas”.
Triángulo das Bermudas foi acusado de moitas desaparicións que ocorreron en augas non oficiais.
Ata o momento, a maioría acepta que máis de 50 barcos e 20 avións foron perdidos sen deixar vestixios en determinada área do Océano Atlántico
Algúns dos desaparicións máis recentes son as seguintes:
1980: Poeta SS afunde nun furacán, cando transportando grans para o Exipto.
1995: O cargueiro afúndese Jamanic K (built 1943), despois de deixar Cap Haitien.
1997: afunde iate alemán.
1999: cargueiro afúndese Genesis tras a saída do porto de San Vicente, a súa carga incluía 465 toneladas de encoros de auga, mesas, formigón e ladrillos, informaron problemas coa bomba de soto pouco antes de perder contacto. Realizamos unha busca infrutífera nunha zona de 85 000 km2 (33.000 millas cadradas).
A maioria dos sucesos foron inventados pola prensa para aumentar o grado de misterio neste lugar, o Triangulo das Bermudas, e case todos os casos certos sucederon lonxe do triangulo. Conclusión: este lugar non ten nada de misterioso en comparación co resto dos lugares da nosa Terra.
Lawrence Kusche un bibliotecario da Universidad Estatal de Arizona, con motivo da constante xente que lle preguntaba a resposta de porque sucedeu o misterioso caso do incidente do voo 19, sucedido habia uns poucos dias, decidiu investigar os informes orixinais deste suceso e pouco despois publicou os seus haxazgos no 1975 en The Bermuda Triangle Mystery: Solved (O misterio do Triángulo das Bermudas solucionado).
A verdade, eu non sei que pensar. Unha zona do mundo con estas características, sería o mar do Diablo, en Xapón. O escritor estadounidense Charles Berlitz escribiu un libro con este nome. Afirma que entre 1952 y 1954, Xapón perdeu 5 buques militares con un total de tripulación desaparecida que supera as 700 persoas. O goberno xaponés quixo saber o motivo da pérdida e financiou un buque de investigación tripulado por máis de 100 científicos, para estudar o Mar do Diablo. Non obstante, o buque desapareceu con todos os científicos. Máis tarde descubriuse que o buque xaponés de investigación que mencionaba Berlitz, cunha tripulación de 31 persoas a bordo (non 100), foi destruido por unha erupción o 24 de setembro de 1952 nunha misión de investigación sobre a actividade dun volcán submarino.
desde la era de la vela,las naves que viajan a europa pasaban continuamente por esta zona para aprovechar los vientos dominantes y (la corriente de golfo).luego,luego con el desarrollo de la maquinas de vapor y los barcos con motores de combustion interna, gran parte del trafico del atlantico norte siguio cruzando (y a un lo hace)atravez del area del supuesto “triangulo de las bermudas”
el tiempo tenpestuoso hace que algunos barcos se pierdan sin dejar rastros. mas de 50 naves y 20 aviones se han perdido en esta area del oceano atlantico sin dejar rastros hay muchas desapariciones que tienen explicasion y otras no la tienen
Eu queria falarvos un pouco do TBM Avenger:
O TBM “Avenger” (vingador), avión monomotor, á baixa, de construción semi-monocoque e todo de metal. Deseñado como bombardeiro-torpedeiro para operacións en portaavións ou en terra asine.
A tripulación consiste de tres membros, piloto, metrallador de torre que é tamén o operador de raio, e o lanzador da bombas que é tamén o operador dá radar.
A á é “cantiléver” con tren de aterraxe retractable.
O motor Wright cyclone C-C-14BB (R-2600-20), 14 cilindros radiais, en dobre fila, refrixerado por aire, cunha hélice hidromática de tres pas Hamilton Estándar, o motor é está equipado cun supercargador de dúas velocidades e unha etapa, e un carburador de inxección Stromberg.
Pingback: Un post que «engancha» | Blog Guia
O famoso Triangulo das Bermudas, recopilando historias dende tempos inmemorables. Esta famosa zona está delimitada entre as islas Bermudas, Puerto Rico e Fort Lauderdale, onde se atopaba a base da que despegaron os pilotos.
Detrás deste area hai un lote de misterios, que deu para vender moitos libros. Con desaparicións de avións coma esta, de buques que se perdían na profundidade do océano sen explicación, a aparición de obxectos non identificados saíndo da superficie, mal funcionamento de compases (“brújulas”), comportamentos peculiares das olas que se visualizaban dende a costa… A década dos 60’ e 70’ foron os anos de auxe deste sitio tan enigmático e o bautismo desta zona co seu actual nome da man de Vincent Geddis, un periodista que formaba parte do equipo dunha revista sensacionalista estadounidense chamada Argosy .
Tamen se conta, que xa Cristóbal Colón, mencionou que nesa mesma zona, vira animais estraños, e que él máis a súa tripulación observaron “estrañas luces danzantes no horizonte” .