Dez lugares

É incrible como contaminamos o noso lugar de vivir.

1. Chernobyl (Ucrania): O maior desastre nuclear da histora, deixou tremendos resultados e mais de 80 mil víctimas directas e indirectas. As radiacións emitidas superaron en cen veces as de Hiroshima e Nagasaki. Chernobyl se convirtiu nun pobo fantasma…

   

2. Dzerzhinsk (Rusia): Esta cidade encontrase a uns 400km de Moscú, se instalou unha planta soviética destinada a fabricación de armamento nuclear. As emanacións químicas afectaron a toda a poboación ata despois do seu peche. A esperanza de vida de Dzerzhinsk é duns 42 anos para os homes e 47 para as mulleres

3. Haina (República Dominicana): Esta poboación esta contaminada por emanacións de chumbo.  Veñen da planta de reciclado de baterías de coches. As emanacións de chumbo son as máis altas do planeta. Estas emanacións provocaron malformacións, lesiones oculares, desorden neurolóxico…

4. Kabwe (Zambia): Forma parte dun cinturón mineiro que representa a maior riqueza deste país. Debido a continua explotación de metais aumentou moito a contaminación. Os habitantes de Kabwe teñen no seu sangue unha concentración de chumbo 10 veces máis alta da permitida.

5. La Oroya (Perú): Os nenos e adultos desta cidade estan expostos a unhas emisións nocivas dunha fundición de propiedade Estadounidense. As emisións do xofre son 10 veces maiores das permitidas.
6. Linfen (China)A provincia de esta cidade produce a terceira parte do carbón producido por China. Linfen é a mais afectada. Os seus habitantes literalmente asfixianse co fume do carbón.

7. Mailuu-Suu (Kirguistán): Nesta cidade funcionaba unha planta de procesamento de uranio. Entre 1946 e 1968 precesaronse máis de 10 mil toneladas métricas de uranio, e utilizouse para as primeiras bombas atómicas. A planta foi abandoada, deixando máis de 1.96 millóns de metros cúbicos de residuos radiactivos, provocando un aumento considerable de cancro.

8. Norilsk (Rusia): esta cidade foi creada para o traballo forzado. A continua explotación de metais a contaminaron. A neve e de cor negra e o aire cheira a xofre. A mortandade infantil é a máis alta de Rusia.

9. Ranipet (India): A neglixente actividade das curtiembres, provou unha gran cantidade de  desperdicios venenosos provacando ulceracións nas pieles dos nenos e ancianos.

10. Rudnaya Pristan (Rusia): A industria do chumbo é a principal causa da contaminación desta cidade. Hai un descontrol total sobres os lixos minerais.  A poboación ten un total descoñecemento e ignoran a contaminación.

E con isto quero decir , que o noso planeta é único e debemos cuidalo, xa que é o único lugar que temos para vivir.

Autor: Thiago Echevarría

Esta entrada foi publicada en 4. Contaminación e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Dez lugares

  1. alberto amor di:

    É incrible ver todo o que contamina o home, sacouse un informe da OMS sobre a contaminación mundial do planeta,no que por culpa disto hai 1,3 millóns de mortes o ano e se reduxeramos o nivel de particulas grandes (PM10) e de paticulas pequenas(PM2,5)poderíase evitar o 1,09 desas mortes.
    Tamén esta o primer mapa que se fixo sobre a containación do planeta,aquí volo deixo
    http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/09/26/noticias/1317036029.html

  2. Samuel Cebeira di:

    A central nuclear de Chernobyl foi administrada en 1986 polo Goberno da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). No medio dunha proba que simulaba un corte electrico, o reactor 4 da potencia Central aumentou inesperadamente de potencia, o que produxo o superaquecimento do núcleo que estoupou o hidróxeno acumulado no interior.
    A explosión matou directamente 31 persoas e forzou o goberno soviético a ordenar a evacuación de 135.000 persoas. A radioactividade emanada polo accidente chegou a varios países europeos.

  3. Santiago de la Iglesia di:

    A nosa Terra, xente egoísta a considera un lugar perdido, co que non se pode facer nada xa polas innumerables emisións de gases e residuos que o home creou. Según eles non hai volta atrás. Todos somos responsables do que os máis conscientes tememos, pero moito máis eses dirixentes do cotarro, a os que non lle importaría gañar un euriño máis por provocar o cangro a 1.000 persoas nun lugar.

    Pensade que é o único sitio no que seguramente poderemos vivir, como se fose a nosa nai e tivesemos 1 ano, imprescindibles del. Estamos a pegarlle con todas as nosas forzas posibles, e nadie con poder fai nada por informar nin impedilo. Pode que den algunha información, pero y qué, acaso non nos olvidamos tras oír o bum da capa de ozono? Xa non os lembrades?, pois esta está expandíndose cada día máis.

    Somos a nosa propia peste, os nosos netos morirán pola nosa culpa, e todo isto provocado nunha soa década. Se fósemos boas persoas, non deberíamos alagar a xente con recursos que non fan nada polo planeta. Non credes que se o mesmo rapeiro Eminem, fixese unha campaña contra a contaminación e substitución de maquinaria propicia a ela, axudaría en gran parte a salvación da Terra? Estou seguro que sí, pero ésta é a xente egoísta que a todos nos gusta e seguímos a darlles diñeirales.

    • Antía Navajas di:

      Na miña opinión Santiago, non é só culpa deses “dirixentes do cotarro” coma ti dis, ¿Acaso non é culpa tamén das persoas que compran en marcas de roupa recoñecidas que tamén se sabe que son moi contaminantes á hora de botarlle a man aos materiais utilizados e á hora de facer a roupa?
      Aínda que estas cousas se saben ninguén fai nada por impedirlles que utilicen materiais contaminantes, pero como utilizalos lles é máis barato dubido moito que o deixen.
      O teu comentario é apocalíptico demais, pero recoñezo que nalgunhas cousas tes razón e que se non coidamos máis da Terra botarase todo a perder. Pero independentemente de que nós agotemos todos os recursos da Terra, sempre poderá acabar ocorrendo o que moitos científicos temen, tema do que falo nunha das miñas noticias enviadas a Adela, o noso universo pode acabar expandíndose ata acabar fríos coma o xeo ou chocar a tanta velocidade facendo un novo Big Bang; asi que fagamos o que fagamos iríase todo á porra.

    • Sara Otero di:

      Eu comparto opinión con Santi, malia que fagamos o que fagamos todo irase a porra (como dixo Antía, e por certo, espero ansiosa a túa noticia), debemos facer algo por mellorar este planeta ou simplemente intentar que no vaia a peor, pois foi quen nos deu a vida. Pero non creo que sexa só culpa dos dirixentes, eu penso que nós tamén podemos facer a nosa pequena aportación, non a nivel destas ciudades tan sumamente contaminadas, pero sí a nivel das nosas cidades. Algunhas das medidas que poderíamos facer son:
      – Tirar os chicles nas papeleras, nunca no chan ou polo váter, tardan unha morea de anos en desaparecer.
      – Tirar as pilas e baterías nos contenedores especiais.
      – Separar a basura nos diferentes contenedores, incluindo papel e cartón.
      – Non utilizar sprays, pois contribuen ao burato da capa de ozono.
      – etc.

  4. Cristina González di:

    O problema da contaminacion tamén depende de cada un de nós, ao usar bolsas de plástico, que tardan tanto en descompoñerse, en tirar á basura pilas..etc

    Os sectores que máis contaminan dentro da Unión Europea seguen o seguinte orden de maior a menor:
    Producción de enerxía (28,7%), Transporte (23,5%), Combustión industrial (15,9%), Agricultura (10,7%), Outras combustións (9%), Procesos industriais (7,3%), Residuos (3,9%) Emisiones fuxitivas (1,1%).

    Dentro da Unión Europea, España ocupa o quinto lugar da lista dos paises máis contaminantes.

  5. Vladislav Babenco di:

    Ainda que realmente quixesemos evitar toda a contaminación producida polo ser humano dende o comezo da Revolución Industrial, penso que non sería posible, xa que para vivir necesitamos explotar o noso planeta para obter recursos óptimos de vida, ainda que hoxe en dia inténtase utilizar recursos cada vez mais limpos ( Enerxias Verdes ). Pero iso non basta, xa que se dependésemos soamente as enerxias renovables, non teriamos suficiente enerxía para todo o mundo. Penso que explotaremos o mundo do gas natural e do petróleo restante que queda e que nun futuro inventemos novas formas de enerxía que non provoquen ningún impacto ambiental.

    • Mateo Fdez di:

      Vlad, dis que o noso sistema de vida é insostible só coas enerxías renovables que temos agora, pero sabías que a enerxía eólica mariña (molinos no mar, nestes momentos) podería abastecer á totalidade dos países europeos de cara ó ano 2020? A gran ventaxa deste tipo de enerxía eólica frente á convencional é que no mar sempre soe haber vento, sen os paróns que danse en terra en verán maioritariamente. Na actualidade hai algúns no Mar do Norte, en Europa, a cal concentra o 75% da enerxía eólica mundial con menos do 15% da población do mundo.

  6. Ana Domínguez di:

    Sorpréndeme moito que moitas das imaxes e cidades con problemas sean en Rusia, xa que é un país desarrollado, con esto vemos que os desastres poden suceder en calquer lado sen poder remedialo logo, por iso máis que nunca debemos coidar e vixilar a nosa Terra, aínda que facemos o contrario, cada vez a destruímos máis..

  7. David Lamas di:

    Sinceramente dame vergoña como podemos chegar a contaminar o noso planeta, o único habitable en todo o universo.
    É realmente triste que erros como o que aconteceu en Chernobyl provocara un desastre tan grande, levándose tantas vidas por diante. Ademáis das consecuencias que houbo no momento, houbo efectos a largo prazo: como os cancros ou as malas formacións coas que nacian a maioría dos nenos nados.
    Co accidente de Chernobyl fixéronse varios informes.
    O informe de “AIMPGN“(Asociación Internacional de Médicos para a Prevención da Guerra Nuclear) realizado no 2006 di:Entre as súas afirmacións encóntrase que entre 50.000 e 100.000 liquidadores morreron hasta 2006. Que entre 540.000 e 900.000 liquidadores quedáronse inválidos. O estudo estima o número de víctimas mortais infantis en Europa, aproximadamente 5000. Según o estudo so en Baviera (Alemania), observáronse entre 1000 e 3000 defectos conxénitos adicionais desde Chernóbil. Só en Bielorrusia, máis de 10.000 persoas sufriron cancro de tiroides desde a catástrofe. O número de casos de cancro de tiroides debidos a Chernóbil previsto para Europa (excluida a antigua Unión Soviética) se sitúa entre 10.000 y 20.000, entre outras.

    Realmente é espeluznante.

  8. Nildes Abella di:

    É triste ver a situación na que se atopan as xentes destes lugares. E debemos ser conscientes e poñer da nosa parte , con mediadas que nos poidamos facer como non queimar basura, usar produtos biodegradables ou usar menos o coche, para que está masiva contaminación do planeta non se continúe estendendo.

    Hai diferentes tipos de contaminación a continuación vou citar as máis iomportantes:
    -Contaminación radiactiva: resultado das actividades na física atómica.
    -Contaminación atmosférica: consiste na liberación de sustancias químicas na atmosfera supoñendo un risco para a saúde dos seres vivos.
    -Contaminación hídrica: dase pola liberación de residuos contaminantes que son transportados cara ríos, auguas subterráneas, lagos ou mares.
    -Contaminación do chan: ocorre cando produtos químicos son liberados sobre e baixo terra.
    -Contaminación por basura: son grandes acumulacións de residuos que orixínanse polas grandes aglomeracións de poboación nas cidades industrializadas.
    -Contaminación acústica: comprende o ruido de avenidas producido por motores, ruido de avións, ruido industrial, etc.
    -Contaminación visual: que pode referirse á presenza de torres para o transporte de enerxía eléctrica, carteles publicitarios en carreteras…
    -Contaminación lumínica: inclúe a sobre iluminación e interferencia astronómica.

  9. Ayoub Elghotiss di:

    A causa desta noticia, teño que dicir que os científicos pensan que é posible a vida en Marte mais non o teñen moi claro, pero de todos xeitos os que poden cambiar isto son os políticos e personaxes de altos cargos, no vídeo que vos deixo abaixo unha nena deixa a estes grandes salvadores das súas campañas apampanados, pero aínda así non cambia nada. Ademais dos coches e moitas outras cousas, o que mais contamina son as multinacionais que subornan e buscan as mellores desculpas para salvarse pero saben que están a destruír o planeta.
    O vídeo esta subtitulado.
    http://www.youtube.com/watch?v=DLV6jaZFLro

    • Mateo Fdez di:

      Ayoub, dis que os que teñen poder para cambiar o mundo son os políticos, pero ¿quen elixe os políticos? Exactamente, nós, ¿e qué lles pedimos? Empleo. Nos últimos anos, con esta famosa crise, iso é o único que pedimos: empleo, non xubilarnos máis tarde, etc, etc…¿e qué son estas cousas? Son preocupacións persoais (avariciosas, egoístas): non importa de donde salgan, e moitas veces vólvese unha pelexa entre os mesmos habitantes dun lugar (como a crenza de que baixar o soldo ós funcionarios está ben total para o que fan -nótese o meu sarcasmo-). A crise liáronna precisamente eses poderosos coas súas concesións de diñeiro público (diñeiro noso) sen ton ni son ós demais poderosos, os que agora fan necesaria a creación de empleo porque preferiron botar ós seus traballadores a que os seus beneficios foran un 3% máis baixos.
      Básicamente o que quería decir, que voume polas pólas: o medio ambiente, agora mesmo, non é o meior obxectivo, en nestes 4 anos seguirá sen selo. Se realmente queremos ese cambio, deberemos dotar de poder ós que sabemos que levarían a cabo ese cambio de mentalidade, hai que votar ós verdes, que, ó fin e ó cabo, é o que presiguen con máis ansia, e cambiar a lei electoral, e que todos os votos valgan o mesmo (mirade este link e o entederedes: http://ciudadanoenblanco.blogspot.com/2011/12/asi-quedaria-el-parlamento-si-todos-los.html ).

      • Mateo Fdez di:

        Lin hai uns días un libro, no cal había un parágrafo que se correspondía total e poderosamente ó meu comentario anterior. O libro reflicte unha realidade pasada, con que os problemas que plantexa deberían buscar os seus homólogos actuales. Aquí está:

        Y, sin embargo, ni un solo adulto de los que yo conocía sentía la menor preocupación por los ovnis. No podía entender por qué. En lugar de eso, se preocupaban por la China comunista, las armas nucleares, el maccarthismo y el alquiler de su vivienda. Yo me preguntaba si tenían claras sus prioridades.-

        Sei que esta noticia está desfasada, pero pareceu unha oportunidade óptima de citar a Carl Sagan (e cunha postura similar á miña, o cal me enche de “orgullo e satisfacción”).

  10. Sara Otero di:

    Eu estiven buscando acerca das ciudades máis contaminadas do planeta, e encontreime con distintas clasificacións: na basada de abundancia de metais tóxicos e pesados forman parte as cidades citadas na entrada; basadas no deterioro do aire, están Pekín (China), O Cairo (Egipto), Yakarta (Indonesia) e Os Ánxeles (EEUU); e basadas no estado das augas, nas que lideran os países do terceiro mundo, están cidades como Bagdad (Irak), Bandar Seri Begawan (Brunei), Dhaka (Bangladesh), Karachi (Pakistán), Lagos (Nigeria), Cidade de México (México), Moscú (Rusia), Maputo (Mozambique), Bombay e Nova Delhi (India).
    Por desgracia topeime ademáis cunha fotografía que eu creo que debe servirlle a todo o mundo como motivación para facer do noso un mundo mellor. Aquí vos deixo o enlace:
    http://www.labrujulaverde.com/actualidad/las-diez-ciudades-mas-contaminadas-del-mundo/

  11. Eduardo Cagide di:

    A min chamoume moito a atención a cidade número seis, xa que pensaba que exaxeraba ao dicir que os seus habitantes morrían asfixiados co fume do carbón, pero ao buscar información dinme conta de que é verdade, e por iso quero ampliar un pouco a información acerca desa cidade.
    Linfen é unha cidade ao sur da provincia de Shanxi en China. Nos anos oitenta esta cidade era coñecida co nome de “Moderna Cidade dos Froitos e das Frores”, a poboación non superaba o millón, as áreas verdes abarcaban o vinte por cento da área total da cidade, miles de árbores froiteiras estaban alineadas nas súas calles. Pero aumentou a poboación dun xeito desmesurado devido a creación de centrais de enerxía que queiman carbón, isto converteuna nunha das cidades máis contaminadas do mundo. A esperanza de vida actual en Linfen é de sesenta anos, cando a esperanza en China é por media de setenta anos.
    Algunhas ONGs afirman que esta cidade supera e con creces a contaminación de Chernobyl, e un dato moi sorprendente é que nesta cidade só se ve aproximadamente vinte días anuales o Sol, e a cantidade de polvo é tan grande que non se pode ver un edificio a máis de cen metros de distancia.

  12. Amir Pose di:

    As zonas mais contaminantes de España:
    Huelva, La Bahía de Alxeciras e Flix son os tres lugares que presentan os maiores índices de contaminación en toda España.

    Huelva:
    Este lugar, ademais de ser o sitio máis contaminado de España, é o lugar de maior contaminación de toda Europa. Ten 120 millóns de toneladas de residuos tóxicos e radiactivos que ocupan 1.200 hectáreas de marismas.

    A Baía de Alxeciras:
    Bunkering, recargas perigosas
    Este lugar presenta a contaminación por hidrocarburos máis preocupantes de toda España. E é que o lugar é estratexicamente moi bo para o tráfico marítimo mundial, co cal as augas de alí están expostas a unha gran contaminación.

    Flix:
    Neste sitio vertéronse máis de 700.000 toneladas de residuos tóxicos e radiactivos a un encoro do cal se obtén auga para consumo humano.

    Santiago de Compostela é o lugar que menos contamina de España.

  13. Yaritza Castillo di:

    comtaminacion ambiental ha cido dividida en tres partes que son las siguientes:comtaminacion atmosferica, comtaminacion del agua, comtaminacion del suelo. la atmosferica: altera la propiedad fisica y quimica del aire. en el agua: los deshechos industriales,el uso de plaquisidas y fertilizantes y el uso domestico. el suelo: es el desequilibrio fisico, quimico, o biologo del suelo, debido principalmente al inadecuado manejo del residuo solido y liquido” la comtaminacion del suelo puede ser por sustancias quimicas y basuras las sustancia puede ser de tipos industrial o domestical,

  14. Damián Rocha di:

    Eu opino que os políticos deberían dunha vez darlle a importancia que merece, ó asunto do medio ambiente, terían que empezar educando dende pequenos a os nenos, do coidado que necesita o planeta, e por suposto, ainda que agora é difícil. tratar de investir algo mais de fondos en:reciclaxe,control de gases nocivos, limpeza das cidades, etc.. e cando ocorra isto realmente poderase decir que se preocupan polo medio ambiente

  15. Roxana Cadena di:

    É un tema do que temos falado moitisimas veces xa. Tamén poido dicir que nos estamos dañando o noso planeta pero os que nos estamos facendo daño somos nos mesmos xa que o planeta terra pode volver a rexenerarse a un longo prazo pero nos sufriríamos os cambios medioambientais e demáis.
    Gústariame falar sobre a OMS :
    A OMS é a autoridade directiva e coordinadora da acción sanitaria no sistema das naciones unidas.
    É a responsable de desempeñar unha función de:
    -Liderazgo nos asuntos sanitarios mundiales,
    -Configurar a axenda das investigacións da salud -Esatblecer as normas
    -Articular acciones da política basadas na evidencia
    -Prestar apoyo técnico a os países e vigilar as tendencias sanitarias mundiales.

  16. Beatriz Castro di:

    Como podemos ver estes desastres medio ambientais son devastadores para a nosa terra, sen embargo existen organizacións para evitar estes desastres.

    Un das organizacións mais coñecidas é a de Greenpeace:
    Greepeace é unha organización mundial que traballa para defender o medio ambiente, promover a paz e estimula á xente para que cambie actitudes e comportamentos que poñen en risco á natureza.
    Investigando,denunciando e confrontando aos delitos ambientais, desafían a quenes toman decisións a que reconsideren as súas posicións e adopten novas ideas. Tamén respaldan solucións economicamente viables e socialmente xustas, que ofrecen esperanza para as xeracións presentes e futuras.
    Conta con oficinas en 43 países de todos os continentes e recibe o apoxo de mais de 3 millóns de socios e 11 millóns de ciberactivistas en todo o mundo.

    http://www.greenpeace.org/international/en/

  17. Xisela Lema Díaz di:

    PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL
    • non quemar nin talar plantas
    • controlar o uso de fertilizantes e pesticidas
    • non botar basura en lugares inapropiados
    • regular o servizo de aseo urbano
    • crear conciencia ciudadana
    • crear vías de desagües para as industrias que non cheguen aos mares nin ríos utilizados para o servicio o consumo do hombre nin animais
    • controlar os derramamentos accidentais de petróleo
    • controlar os relaves mineros

    Estos son puntos que a maoría coñecemos, aínda que fai xa moito tempo que aprovaron as leis contra a contaminación co protocolo de Kyoto, a maoría non está por facer nada. Moitas fábricas non pasan controles anuais e seguen coas medidas antiguas contaminando por non gastar nin un só peso, grazas a que vivimos nunha sociedade capitalista, a maioría das persoas non moverán un dedo debido a que lles convén as ganancias que recibirán obtidas pola maioría de fábricas.

  18. Evelin López di:

    A contaminación é un dos problemas que afecta a nosa sociedade, o máis importante é que ten e terá graves repercusións.
    As actuacións negativas do ser humano sobre o medio ambiente son a sobreexplotación ou explotación do medio por enriba da súa capacidade de produción e rexeneración, a contaminación de materias nocivas, e a destrución ou desaparición total de elementos medioambientais.
    A poboación española non puxo interese por este tema ata o ano 1977, data na que deseñouse a primeira política ambiental.
    Ademais cómpre preocuparse polo fomento do desenvolvemento sostible entendido como un uso racional dos recursos que permita satisfacer as necesidades das xeracións presentes e futuras.
    Na miña opinión non podemos ser egoístas, e cargarlles o morto os nosos predecesores, temos que ser consecuentes cos nosos actos, recoñecer que estamos actuando mal neste ámbito e temos que intentar melloralo.
    Non basta coas políticas medioambientais ou coas leis, todos debemos colabrorar e concienciarnos de que debemos coidar o mundo.

  19. Diana Pérez di:

    Ata a revolución industrial, a pureza da atmosfera só era alterada por causas naturais, como as erupcións volcánicas. Na actualidade a actividade do home é para a atmosfera como un enorme volcán que non para de introducir novas sustancias no aire. Pero existe unha gran diferenza entre os gases das erupcións e os das chimeneas e tubos de escapes. Estes últimos son sustancias, en moitos casos extrañas, que reaccionan entre si cos compoñentes naturais da atmosfera.

  20. Nerea Pardo di:

    Por culpa da contaminación morre, unicamente en España 16.000 persoas cada ano.Se temos en conta que o ano pasado morreron en España 1.897 persoas en accidentes de tráfico,as cifras da contaminación parecen brutais.
    Pero se nunha cidade do tamaño de Madrid ou Barcelona reduxese o nivel de contaminación ao recomendado a nivel internacional (menos de 25 microgramos de partículas nocivas por metro cúbico), diminuiríase nus 3.500 o número de mortes.
    Isto fainos pensar que nos somos as vítima e que claro,como o goberno non fai nada por mellorar tampouco vamos a conseguir nós moito reciclando tres follas e unha botella.
    Na miña opinión estamos totalmente equivocados,xa que se todos reciclásemos poderían salvarse grandes cantidades de recursos naturais non renovables.
    Tamén hai que ter en conta que os políticos actúan así porque nós llo permitimos.Como cidadáns dunha democracia podemos elixir aos partidos según o seu programa electoral así que deberíamos estar todos concienciados e ter en conta que dentro de ese sobre vai metido tamén o futuro dos nosos fillos e netos.

  21. Yannick Afonso di:

    O tema,moi sorprendente porque non nos damos conta que a terra é o lugar onde vivimos,e sen ela non poderiamos vivir e hai que coidala.As guerras por exemplo destruiron moitos territorios e contaminaron o noso plantea por bombas químicas,armas,etc.E a parte da contaminación da Terra,provoca que nos afecte ás persoas e que se crean novas enfermidades malignas para nós,isto afecta a todos e a todo,por iso hai que pensar máis nas cousas antes de facelas e coidar onde vivimos.

  22. Victoria Zherdeva di:

    Es verdad, es muy triste que muerra gente inocente que hace todo lo posible para no contaminar a su país, pero como son muy poca no llega para prevenir. Pero los cientificos y las personas que trabajan en la centrales eléctricas y otras más, a la hora de hacer cualquiera prueba, tienen que tener mucho cuidado, porque no solo ponen en peligro sus vidas, sino también del todo el PLANETA.
    También quiero añadir una que no está nombrada que es la central nuclear de Fukushima:los que comprenden una serie de incidentes, tales como las explosiones en los edificios que albergan los reactores nucleares, fallos en los sistemas de refrigeración y liberación de radiación al exterior, registrados como consecuencia de los desperfectos ocasionados por el Terremoto y tsunami.

  23. Sabela Escourido di:

    E sorprendente ver como a medida que imos evolucionando hai mais contaminación no noso planeta.Pero aínda estamos a tempo de remedialo.
    Unha das maneiras para non contaminar tanto o noso planeta e usar enerxía renovable.Esta e a enerxía que se obtén por fontes naturais inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen ou porque son capaces de rexerarse por medios naturais.Entre as enerxías renovables atópanse: a eólica, a hidroeléctrica, a solar, a xeotérmica, a maremotriz, e a biomasa.
    A eólica.Atopase na enerxía cinética do vento
    A hidroeléctrica.Esta na enerxía cinética da auga.
    A solar.Obtense coa luz e o calor do sol
    A xeotérmica.E aquela que aproveita o calor da terra.
    A maremotriz.Obtense das mareas
    A biomasa.Provén das materias orgánicas.

  24. Victoria Rodríguez di:

    Vendo todo isto, lembro que o ano pasado un profesor meu falaranos dunhas lexislacións internacionais para frear a contaminación, ou para controlala. Como aínda gardo os apuntes, achégovos un pouco do que teño no caderno.
    A primeira xuntanza que fixeron foi o “Protocolo de Kyoto”, no ano 1997, onde a España permitíanlle aumentar un 15% de emisións. Logo, xa que os españois somos así de “chulos” aumentamos un 45%. A os EEUU, obrigáronlle a reducir un 15%, e a Xapón un 6%. Por último Noruega, tamén podía aumentar.
    Cada país tiña que ratificar o anterior para que entrase en vigor este Protocolo. A lo menos un 55% dos países presentes. Xa que USA, é o culpable do 30% de emisións de CO2, non puido entrar en vigor, e aínda hoxe en día segue sen ratificar. Rusia, é a culpable dos 20% de emisións, e ratificou o Protocolo no 2005.
    Na de Copenague, no 2009, non se conseguiu nada. Xa que o sindicato de prostitutas estaba en folga e ofrecía servizos gratis os asistentes.
    En Cancún, a finais do 2010, comprometéronse a salvar o proceso da ONU sobre o clima de 1992. Por unha banda, Suiza tivo un bo resultado, porque houbo un resultado. Por outra banda, México entrou nunha nova era na cooperación internacional sobre o cambio climático. Por último, Bolibia, que rexeitou porque consideraba insuficientes as reducións das emisións de CO2 dos países desenrolados. Un 200 países acordaron aprazar ata 2011 as negociacións sobre o futuro do Protocolo de Kyoto. E as novas medidas foron: o intercambio de tecnoloxías verdes, a creación dun fondo verde para o clima, axudar os países pobres a adaptarse, o cambio climático, e medidas para protexer os bosques tropicais.
    O protocolo de Montreal, no 1987, foi un dos grandes éxitos da política medioambiental. Aquí tratouse a redución gradual dos CFC, cloro fluor e carbono, xa que na terra non causan problemas, pero na estratosfera rompían, e os átomos de cloro quedaban soltos, impedindo que se rexenerase o ozono. E no caso de que o O3 chegara a desaparecer, a radiación do sol chegaría a terra e achicharraría todo.

Deixa unha resposta