O Guano, un negocio moi sucio.

         

Dos escrementos das aves que sobrevoan a veitena de illas ao carón de Perú extráese un dos fertilizantes máis demandados do mundo; o guano. Non só resulta máis barato que os abonos químicos, senon que, ademáis, é ecolóxico.

A crise fixo que o prezo das materias primas se poñan polas nubes. E de alí precisamente, do ceo, moitos agricultores esperan que veñan as solucións para amortecer o golpe dos costes que xa non poden pagar polos seus fertilizantes. O guano (as feces de aves mariñas como o pelícano o corvo mariño ou o piqueiro) é xa o abono máis buscado do planeta.

O guano é un abono eficaz na agricultura polos seus altos niveis de fósforo e nitróxeno, os elementos básicos para o metabolismo das plantas, polo que se trata dun abono ecolóxico de gran calidade para todos os cultivos do interior e do exterrior. Libre de químicos, mellora ademáis a estructura do solo, polo que é tamén cada vez máis demandado polos productores da agricultura orgánica.

Pero claro, coma en toda época de necesidade, a demanda é maior ca oferta. E non hai guano para todos. Sobre todo porque nun dos xacementos máis ricos do planeta (a veintena de illas do Perú) é xa un ben en extinción.

Algunhas das medidas que adoptou o goberno para poder intentar decelerar este proceso de extinción son por exemplo a ordenación a restrincción de recollida por ano ou  dispoñer de vixilantes armados nas illas para evitar que os pescadores se acerquen e espanten ás aves cos seus barcos.

A nota positiva é que a poboación aviar das illas pasou de 3,2 a os 4 millóns nos dous últimos anos, pero segue a ser  baixa en relación a os que había no século pasado. Os biólogos xa alertan: o se frena a sobreexplotación pesqueira, o as aves mariás poderían extinguirse para o ano 2030.

A canto está o “mercado do guano” nestes momentos? Que media de cantidades de guano se calcula que haxa agora? Que outras medidas aplicou o goberno para solucionar isto? Que medidas pensades vós que o goberno debería tomar a maiores das ditas anteriormente? Por que dícese que o século XIX foi “O século de ouro do guano”?

Autora: Laura García Rueda 2º Bach 2

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Contaminación e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.