É cousa de Fin de Semana

En química se denomina alcol a aqueles hidrocarburos saturados, ou alcanos que conteñen un grupo hidroxilo en sustitución dun átomo de hidróxeno enlazado de forma covalente. Se conteñen varios grupos hidroxilos se denominan polialcoles.

Pero non falamos de este tipo de alcol, senon deste outro:

O alcol é unha sustancia depresora do sistema nervioso central; ademais de ter efecto sobre o cerebro e variar algunhas das suas funcións (coordinación, atención, memoria…), o seu uso continuado tamén afecta a outros órganos como o ril, o fígado ou o sistema circulatorio. Inicialmente, os efectos do alcol son sutís, pero poden ser peligrosos porque unha persona baixo os seus efectos non é un bo xuíz da sua conducta.
O abuso do alcol é unha das principais causas dos problemas de saúde, de familia, de traballo e de relacións sociais.

A morbilidade asociada ó consumo das bebidas alcohólicas é moi elevada:
Accidentes de tráfico, accidentes laborais, mortes por cirrosis hepática, síndrome alcohólico fetal, …

Para algunhas persoas, o alcol vaise convirtendo pouco a pouco en algo cada vez máis importante na súa vida, que pode acabar dominando accións e pensamentos ou alterar negativamente a sua conducta. A partir deste momento, se a persona continúa bebendo, pódese falar de “dependencia”, de “adicción” ou de “alcoholismo”.

E vós que credes,  sodes menos por non beber? Prohibiríades o “botellón” nas ruas e xardíns? Se dependese de vos que medidas tomaríades co alcol?

Autora: Paula Manteiga

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.