Un César entre partículas

 Como estou a pillarlle o gusto a esto de falar de mortos e recordalos, hoxe temos a Enrico Fermi, físico ó que recordaremos de cando falabamos de Meitner e a fisión atómica, xa que foi un dos científicos europeos (era italiano) que tivo que fuxir debido ó antisemitismo fascista cara a EEUU, xa que a súa muller era xudía. Un vez alí, traballou no archicoñecido Proxecto Manhattan. Hoxe cúmprense 57 anos da súa morte.

Enrico Fermi naceu en Roma, no 1901, fillo de funcionarios, que empezou a interesarse pola Física desde temprana idade, que lle era facilitada por unha capacidade de asimilación e aprendizaxe innata, chegando a saberse de memoria a Divina Comedia. De todas formas tivo unha infancia difícil, xa que a repentina morte do seu irmán maior marcaríao de por vida. Se doctoró en 1922, con só 21 anos, e empezou xa a dar clases en algunhas universidades italianas, chegando a asentarse en 1927 na de Roma, o que propiciou un rápido ascenso e un maior recoñecemento internacional, sobre todo nos EEUU.

Pouco máis de 10 anos despois, en 1938, con só 37 anos, recibiría o Nobel, usando a obligada visita que fixo para recollelo como lazo de fuxida de Europa. Nada máis chegar a EEUU, entrou na Universidade de Columbia. A verdade é que se alguén é o padre da bomba atómica, Fermi tería numerosas papeletas, xa que foi o primeiro en controlar unha reacción nuclear en cadena. Este experimento serviu como claro antecedente ó Proxecto Manhattan, no que tamén traballou (despois se opondría á proliferación de armas nucleares por motivos éticos).

Morrería tal día coma hoxe, 28 de novembro do ano 1954.

Fermi pertenceu a grupos de científicos diversos, como o chamado “Grupo de Roma”. ¿Poderías nombrar o contexto deste grupo ou a algúns dos seus integrantes?

Fermi foi un activo docente: ¿poderías falar de algún dos seus alumnos?

¿Coñeces a Paradoxa de Fermi? ¿E os problemas de Fermi?

Autor: Mateo Fdez

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico, 2. Física de partículas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Un César entre partículas

  1. Naomí Mosquera di:

    A paradoxa de Fermi é a contradicción entre as estimacions que afirman que hai posivilidades de existencia de civilizacions intelixentes no universo, e a ausencia de evidencia de dichas civilizacions. Trata de responder a pregunta: ¿Somos os seres humanos a única civilización avanzada no Universo? A respuesta de Fermi a esta conclusión é que se hubiera varias civilizacions avanzadas na nosa galaxia enton ¿Onde estan? ¿Por qué non temos ningunha prova de existencia de vida extraterrestre intelixente? Aquilos que se suman as conclusions de Fermi soen refirirse a esta premisa como o Principio de Fermin.

    • Sara Otero di:

      Unha das citas máis famosas de Fermi é a xa respondida por Naomi: “Se os extraterrestres existen, onde están?”. A outra cita que atopei foi é a seguinte: “Se eu puidera recordar o nome de todas estas partíclas, sería botánico”. Non sei a vós, pero a min resultoume curiosa.

  2. Amir Pose di:

    Fermi é un dos poucos físicos que fixo aportes tanto a física teórica coma a experimental , e tivo a capacidade de formar un grupo de científicos buscando que Italia volvese a ter a importancia de épocas pasadas no desarrollo da física. Entre os seus integrantes podemos nomear a: Edoardo Amaldi, Oscar D’agostino, Franco Rassetti, Bruno Pontecorvo
    Comezou buscando estudandes de inxenieria convencendoos de que se dedicasen a investigación científica.

  3. Olalla Manteiga di:

    Eu falarei un pouco do “grupo de Roma”. Fermi formou este grupo de científicos co fin de que Italia volvera ter unha certa importancia no terreo da física. E así, apoiado económicamente polo Estado italiano, surxiu. Comezou buscando estudantes de enxeñaría convencéndoos para que se adicasen á investigación científica. Os temas tratados dentro do grupo estaban dirixidos sobre todo á física nuclear. Eu destacaría a Emilio Segrè, do cal Enrico foi profesor. Gañou o premio nobel de física no 1959 polo descubrimento do antiprotón. Un antiprotón é unha antipartícula coa mesma masa que un protón, pero o contrario na carga eléctrica. Ademais, este home foi o codescubridor do tecnecio, o elemento 43 da tabla periódica. Foi o primeiro elemento sintetizado artificialmente que non ocorre na natureza xa que todos os seus isótopos son inestables.

  4. Victoria Rodríguez di:

    A orixe do <> propiciouna o propio Fermi, buscando que Italia acadase a mesma importancia que tivera noutras épocas no desenrolo da física.

    Entre os seus integrantes, podemos atopar a Edoardo Amaldi, Oscar D’Agostino, Franco Rasetti, Bruno Pontecorvo, Emilio Segrè (posteriormente Premio Nobel), Ettore Majorana, G. C. Trabacchi, Orso Corbino e outros.

    Comezou buscando estudantes de enxeñería convencéndoos para que se adicasen a investigación científica, tales os casos de Segrè, Rasetti, Amaldi, Pérsico e Majorana.
    Por outra parte, Orso Corbino, ademais de físico, era un senador italiano que se encargara de lograr o apoio financeiro do grupo por parte do Estado Italiano.

    Buscaron na física nuclear un tema aberto á investigación.

  5. Alexandra Parceiro di:

    Sobre a paradoxa de Fermi atopei este enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Paradoja_de_Fermi
    Xa que o breve resumo da paradoxa o deixaron os meus compañeiros, poño o enlace para ampliar.

    En física denominase problema de Fermi, pregunta de Fermi ou estimación de Fermi, en homenaxe o físico Enrico Fermi, a problemas que involucran o cálculo de cantidades que parecen imposibles de estimar dada a limitada información dispoñible.
    Na ensinanza da física utilizase a denominación en problemas diseñados para ensinar análises dimensional e cálculo de estimacións, mostrando a importancia de identificar claramente as hipóteses utilizadas.

  6. Karina Espiñeira di:

    Eu quero facer referencia a os problemas de Fermi.En física denominanse problemas de Fermi, preguntas de Fermi ou estimacións de Fermi aos problemas que involucran o cálculo de cantidades que parecen imposibles de estimar dada a limitada información dispoñible. Vouvos poñer un exemplo destes para que vos fagades unha pequena idea: Fermi ten que calcular os afiadores de piano que hai en Chicago só con estos datos:
    -Hai 5 millons de persoas vivindo en Chicago.
    -En promedio, viven duas persoas en cada casa de Chicago.
    -Unha de cada vinte casas ten un piano que é afinado regularmente.
    -Ditos pianos son afiados unha vez por ano.
    -A un afiador de pianos levalle duas horas afiar un piano, incluindo o tempo de viaxe.
    -Cada afiador traballa 8 horas por día, 5 días á seman e 50 semanas nun ano.
    Con estos datos Fermi deduciu que en Chicago había 125 afiadores de piano,é non atinou exactamente pero aproximouse bastante. Puxen este exemplo por que é un dos que lle atribue máis merito a Fermi.

  7. Nerea Pardo di:

    Enrico Fermí tamén é coñecido por desenrolar o primeiro reactor nuclear. Enfrontouse a unha serie de problemas: ¿Cal era a masa de uranio necesaria para producir unha reacción en cadea? ¿Como aproveitar os neutróns e evitar que escaparan? ¿Como controlar a reacción?
    Fermi acabou resolvendo o problema ensartando varas de grafito no uranio natural, facendo así que os veloces neutróns frearan a súa velocidade e istos volveran a chocar contra os átomos de uranio. Así a reacción en cadea podía continuar de unha maneira controlada.
    O 2 de Decembro de 1942 o primeiro reactor nuclear do mundo produciu a primeira reacción nuclear controlada e autosostida e Fermi coñeceuse coloquialmente como o pai dá bomba atómica.

  8. Cristina Frade di:

    Bueno, eu vouvos aportar algunhas curiosidades que atopei sobre Fermi:
    Na súa honra nomeáronse os fermiones (un dos dous tipos básicos de partículas da natureza), o Fermi National Accelerator Laboratory, o Fermio (elemento químico co número atómico 100 e símbolo Fm). Tamén se estableceu un premio na súa honra, o Premio Presidencial Enrico Fermi, no ano 1956, ademáisde que o departamento da Universidade de Chicago, onde xa se mencionou antes que traballou, agora leva o seu nome e é coñecido coma o Instituto Enrico Fermi.
    Atopábase moi preocupado polas consecuencias que poderían ter nas civilizacións o uso e desenvolvemento das armas nucleares.
    Esto e outros moitos aportes pola súa parte fan que este personaxe pasara a formar parte da historia na ciencia, xa que non é un científico calquera.
    Respecto aos problemas de Fermi menciono brevemente que constitúen ilustracións claras da importancia do análisis dimensional e dos métodos de aproximación.

  9. Sara Otero di:

    Indudablemente este é un científico salientable e temos unha morea de cousas das que falar e dicir de él, pero eu non puiden evitar interesarme por un dato que dixo Mateo na entrada: “tivo unha infancia difícil, xa que a repentina morte do seu irmán maior marcaríao de por vida”. Giulio, o irmán, morreu a causa de un absceso* na garganta e, según o seu propio relato, todos os días pasaba diante do hospital onde falecera ata que se fixo insensible á pena. A pesar deste tráxico suceso, isto non debeu afectar moito a súa carreira entorno ao seu éxito (pois logrou o seu obxectivo),de feito, fixo que Enrico se centrara máis nos seus estudos en ciencia para distraerse. Máis tarde, compartiu unha amizade con outro estudiante interesado na ciencia chamado Enrico Persico, e xuntos colaboraron en proxectos científicos tales como a construción dun xiróscopo, e a medición do campo magnético da Tierra.
    absceso* é unha acumulación de pus nos tecidos da parte posterior da garganta e é unha afeción potencialmente mortal.

  10. Mila Mosquera di:

    Gustaríame responder a túa pregunta Mateo, falando dos mozos da rúa Panisperna, que é o nome co que se coñece un grupo de físicos italianos, case todos rapaces moi novos, liderados por Enrico Fermi na primeira metade do século XX.
    O grupo ten a súa orixe na vontade do físico e político Orso Maria Corbino, coñecedor do labor investigador de Fermi, decide propor para el a primeira cátedra de Física teórica en Italia. Así Fermi e Corbino dedicáronse a transformar o Instituto nun centro de investigación avanzado e moderno, co cal comezan a reunir a moi novas promesas da física italiana teórica e mais experimental.
    As súas pescudas traballaron a espectroscopia atómica e molecular, centrándose no estudo do núcleo atómico.
    Tamén desenvolveron os modelos do que se coñece como forzas de Majorana e a teoría da emisión beta, resultado das investigacións de Fermi.
    Co falecemento de Corbino en 1937 comeza o proceso de disgregación do grupo, empurrado fundamentalmente polo goberno de Mussolini e as súas políticas racistas. Así, nas vésperas da II Guerra Mundial, a maior parte dos investigadores se exiliaron a centros de investigación ao estranxeiro.
    Como curiosidade cómpre añadir que o edificio da rúa Panisperna pertence na actualidade ao complexo de instalacións do ministerio do Interior, ao pé do monte Viminale. Prevese que no futuro o edificio se convirta nun museo de física e que leve o nome de Enrico Fermi.

  11. Rebeca Vila di:

    Son moitas as cousas que reciben o nome deste importante químico; o fermión, un dos dous tipos básicos de partículas que existen na natureza.; o Laboratorio Nacional Fermi é un laboratorio de física de altas enerxías.; o elemento químico Fermio; a estatística de Fermi-Dirac é a forma de contar estados de ocupación de forma estatística nun sistema de fermiones.
    O Laboratorio Nacional Fermi atópase localizado 50 quilómetros ao oeste de Chicago e no Fermilab está instalado o segundo acelerador de partículas máis potente do mundo. Foi o 11 de maio de 1974 cando laboratorio recibiu o seu actual nome en homenaxe de Enrico Fermi, gañador do Premio Nobel en 1938 e un dos físicos pioneiros da era atómica.

  12. Yannick Afonso di:

    Enrico Fermi a verdade é que hizo bastantes cousas e investigacións dentro da física,Como por exemplo:
    -Levou a cabo a primeira reacción nuclear controlada.
    -Desarrollou un nuevo tipo de estadística para explicar o comportamento dos electróns (mecánica estadística).
    -Tamén desarrollou unha teoría sobre a desintegración radiactiva beta, e desde 1934 investigou sobre a radiactividade artificial bombardeando elementos con neutróns.
    Por este último traballo foi galardoado en 1938 có Premio Nobel de Física.
    Unha pena,pero fixo moitas cousas e tivo mérito e foi galardoado. Que descanse..

  13. Ana Domínguez di:

    Alguns aspectos curiosos polos que tamén se coñece a Fermi son “La Paradoja de Fermi” e os “Problemas de Fermi”. A paradoxa consiste na cuestión de si o Universo posee formas de vida intelixentes máis ala da Terra porque non temos ninguna evidencia observacional de ellas. ¿Onde están? Preguntaba él. A resposta de Fermi, obviamente preocupado polo seu papel no desarrollo das bombas atómicas, era que as civilizacións tecnolóxicamente avanzadas corrían un grave perigo de autodestruirse por medio de usos de armas nucleares.

  14. David Lamas di:

    Eu quero falarvos un pouco sobre a vida de Rasseti, un dos científicos que formou parte no grupo de Fermi.
    Franco Dino Rassetti foi un científico italiano. Xunto con Enrico Fermi, descubriu os procesos claves que conducen a fisión nuclear. Rasetti se negou a traballar no Proyecto Manhattan por razóns morais. O obituario(libro parroquial onde se anotan as mortes) da Natureza señalou que Rassetti foi un dos xeneralistas máis prolíficos cuya obra ea escritura se caracterizaba pola elegancia, a sencillez ea beleza.
    Rasetti foie tamén un experto nos fósiles de trilobites e de flores silvestres nos Alpes.

    Respecto a Fermi sempre se lle recordará como un dos grandes científicos polo seu laborioso e importante traballo.

  15. Santiago de la Iglesia di:

    Outro célebre científico estadounidense nomeado vulgarmente como “O pai da bomba atómica” é o físico J. Robert Oppenheimer. Principalmente, o proxecto foi dirixido por él, máis ao explotar o artefacto na cidade de Hirosima, recapacitou de maneira que se convertiu no defensor no control das armas nucleares (aínda que foi rehabilitado por John F. Kennedy).

  16. Sergio González di:

    Enrico Fermi coñecido como o pai da bomba atomica un dos seus grandes momentos foi cando recibiu o premio nobel, grazas os seus conocementos sobre a existencia de novos elementos radiactivos producidos por procesos de irradiacion con neutrons e polos seus descubrimentos sobre as reaccions nucleares debidas a os neutros lentos.

    Ademais os comento outro caso dos “problemas de fermi”

    En xullo de 1945 detonouse a primeira bomba atómica da historia, a unha distacia prudencial, encontrabanse os cientificos que habian axudado no desenvolvemento, entre outros estaba Enrico Fermi, a piques de ser testemuña da culminacion de dito proxecto, Fermi, rompeu en pedacitos unha folla de papel e o sentir que a onda de choque provocada pola bomba estaba a piques de chegar, lanzou todos ao aire. Observou onde habian caido e, despois de un breve calculo mental, anunciou que a explosion habia sido a equivalente a producida por 10.000 toneladas de TNT. No lugar do experimento tiña complicados instrumentos de medida, cos cuales, ao cabo dunhas semanas, confirmaron a estimacion inicial de Fermi.

    Impresionante , a verdade.

    Aproveito tamen para dicir que o titulo da noticia ningue a comentou e lin que Enrico tiña aparte do problema dos afiadores outro ainda mas famoso que ten o nome de “Teorema do último aliento del César”

    Segun o cual , cada vez que respiramos, inhalamos polo menos unha molecula do aire que axhaló Julio César ao morrer.

    O teorema solese poñer para explicar o pequeno que é un átomo e a cantidad que hai de eles, todo o mundo sabe que son pequenos, pero non teñen constancia de ata que punto.

  17. Laura González di:

    Yo quería profundizar un poco más en la bomba atómica.
    Una bomba atómica es un dispositivo que obtiene una gran cantidad de energía de reacciones nucleares. Su funcionamiento se basa en provocar una reacción nuclear en cadena descontrolada. Se encuentra entre las denominadas armas de destrucción masiva y su explosión produce una distintiva nube en forma de hongo. La bomba atómica fue desarrollada por Estados Unidos durante la II Guerra Mundial gracias al Proyecto Manhattan, y es el único país que ha hecho uso de ella en combate (en 1945, contra las ciudades japonesas de Hiroshima y Nagasaki).
    Su procedimiento se basa en la escisión de un núcleo pesado en elementos más ligeros mediante el bombardeo de neutrones que, al impactar en dicho material, provocan una reacción nuclear en cadena. Para que esto suceda hace falta usar núcleos fisibles o fisionables como el uranio-235 o el plutonio-239.

  18. Roxana Cadena di:

    A mín esta entrada chamaume moito a atención, xa que non sabía tanto sobre a bomba atómica e Enrico Ferrín, gústariame falar sobre o pais no que nació que foí Italia é un país de Europa que forma parte da UE (unión europea). O seu territorio lo forman principalmente a Península Itálica e dous grandes islas do mar Mediterraneo: Sicilicia e Cerdeña.No norte esta bordeado por os Alpes, donde limita con Francia,Suiza,Austria e Eslovenia.
    Tamés a sido o hogar de moitas culturas europeas como os Etrucos e os romanos tamén foi a cuna do Renacemento.

  19. Yolanda Bermúdez di:

    Eu queria falar doutro fisico moi importante, Ernest Rutherford, dedicouse ao estudo das particulas radioactivas e logrou clasificalas en Alfa,Gamma e Beta. Descrubriu que a radioactividade iva acompañada por unha desintegracion de elementos, con isto gañaou un premio Nobel de Quimica.Se le debe un modela atomicov no que reunese toda a carga positiva e casi todala masa do atomo.

  20. Xisela Lema Díaz di:

    Respondedo á pregunta se saberíamos dicir algúns dos seus alumnos estarían; Owen Chamberlain, Geoffrey Chew, Mildred Dresselhaus, Jerome I. Friedman, Marvin Leonard Goldberger, Tsung-Dao Lee, James Rainwater, Marshall Rosenbluth, Arthur Rosenfeld, Emilio Segrè, Jack Steinberger, Sam Treiman.

    Owen Chamberlain foi un prominente físico estadounidense. Compartiu o premio Nobel de Física do año 1959 con seu colaborador Emilio G. Segrè polo descubrimento dun antiprotón, unha partícula fundamental.

    Tsung-Dao Lee Encontrou incoherencias no principio de paridade e iniciou o desarrollo dunha teoría unificadora da natureza das partículas subatómicas.

    Leo James Rainwater foi un físico estadounidense galardonado có Premio Nobel de Física do año 1975.

    Emilio Gino Segrè foi un físico italo-americano que, xuntamente con Owen Chamberlain, gañou no 1959 o Premio Nobel de Física, polo descubrimento do antiprotón.

    Jack Steinberger é un físico. Codescubriu o muon neutrino. Gañou o Premio Nobel de Física en 1988.

  21. Adrián Miraz di:

    Está claro que os científicos establecen un papel moi importante no noso planeta:recuperámonos de enfermidades grazas aos seus medicamentos,viaxamos a lúa,temos unha lixeira idea de onde estamos e o que somos etc… pero aveces tamén contribuen a destruíla non é o único caso na que o poder da ciencia acaba con miles de persoas.
    Sen ir máis lonxe enfermidades coma a Viruela,o sarampión e incluso o sida foron creados en laboratorios e por desgraza saíronse de control.
    Non sei exactamente a donde queren chegar con isto, tal vez por diñeiro? o que si está claro e que sen darnos conta trafican contra a salud do ser humano.

  22. Thiago Echevarría di:

    Eu quería falar sobre o proxecto “manhattan”, xa que ningún dos meus compeñeiros profundizou neste apartado.

    O Proxecto Manhattan, é un proxecto científico que se creou na segunda guerra mundial polos Estados Unidos. A súa finalidade era o desarrollo da bomba atómica antes que a Alemania Nazi. Este proxecto foi dirixido por J. Robert Oppenheimer ( xa mencionado por un dos meus compañeiros). Niels Böhr, Ernest Lawrence e como non Enrico Fermi, foron uns dos participantes neste proxecto.
    O primeiro ensaio atómico foi en Alamogordo. A bomba que se utilizou foi a bomba-A de plutonio, mesma bomba que se utilizaría para destruir Nagasaki. Este test se chamou “Trinity”.

    A consecuencia desde proxecto foi a destrucción das cidades xaponesas de Nagasaki e Hiroshima, acto seguido Xapón se rinde é a Segunda Guerra Mundial remata.

  23. Vladislav Babenco di:

    Un personaxe desctacable mais foi H.S. Chamberlain ( Houston Stewart Chamberlain ), pensador británico que destacou polas suas teorias racistas e xermanitas. Casouse con Eva Wagner, a filla mais pequena de Richard Wagner.

    Na sua obra “ Os fundamentos do século XIX “ resumía a loita entre unha raza superior: a aria en contra unha mais inferior: os xudeus.

  24. Beatriz Castro di:

    Quero expoñer nesta liñas a primeira detonación da historia dun arma nuclear , que se desenvolveu dentro do proxecto Manhattan, e na que participou Enrico Fermi. Este proxecto foi liderado por Estados Unidos con la colaboración do Reino Unido e Canadá.
    O 16 de xullo de 1945 Estados Unidos (sendo presidente Truman) levou a cabo con éxito, no deserto de Nuevo México, a primeira detonación dun arma nuclear na historia: a coñecida como Proba Trinity ou “Trinity Test” como a chamaron os americanos. A bomba, denominada “Gadget” e elaborada con plutonio, foi a antesala da que posteriormente lanzaríase sobre Nagasaki, a segunda –e ata o momento a última- bomba nuclear utilizada polo home para destruir aos seus semellantes. A bomba atómica lanzada sobre Hiroshima estaba composta de Uranio-235, unha rara variedade de uranio.
    Algunhas curiosidades dignas de mención:
    Como curiosidade quero que saibades que o lugar do experimento, foi declarado monumento histórico nacional en 1975. A pesares de que existe radiación residual na zona, un monumento duns aproximadamente tres metros e medio de alto e en forma de obelisco, tamén chamando Trinity, é visitado polo público durante o primeiro sábado de abril e outubro.
    Outra curiosidade é o mensaxe en clave que recibiu Churchill (primeiro ministro inglés) informándolle do resultado da proba Trinity. “Os nenos han nacido como esperábamos”.
    Varios científicos participantes neste proxecto, entre eles Enrico Fermi, opoñeranse despois ao seu uso polo exercito como arma de guerra.¿Quizás ética na ciencia?. Isto tamén pode pasar as veces en descubrimentos que logo son utilizados en distintos fins para os que foron pensados.

  25. Evelin López di:

    Eu quería aportar máis información sobre este científico.
    A última fase da actividade de Enrico Fermi empezou en 1949, comprendendo unha ampla serie de experiencias sobre as propiedades de difusión dos mesóns polos protóns, campo no cal chegou asimismo a numerosos resultados fundamentais.

    FERMI tivo un papel importante nalgunhas investigacions da astrofísica.No campo dos raios cósmicos (Son partículas subatómicas que proceden do espacio exterior e que teñen unha enerxía elevada debido a su gran velocidade, cercana á velocidade da luz.), explicou as altísimas enerxías ás que chegan os compoñentes primarios cun efecto de aceleración por parte dos campos magnéticos existentes no espacio interestelar. Xunto con o astrofísico S. Chandrasekhar (nacido en 1910), desenrolou unha teoría que explica a estabilidade dos brazos en espiral da nosa Galaxia con a acción do campo magnético interestelar. Outro estudo seu considera os mecanismos de emisión da radiación do sincrotrón.En 1953, un ano antes da sua morte, FERMI foi elexido presidente da American Physical Society. Entre as suas numerosas publicacions, recordemos a Introducción á física atómica e Partículas elementais.

  26. Nildes Abella di:

    A min gustaríame profundizar no tema da reacción nuclear en cadea que levou a creación da bomba atómica.É unha reacción nuclear que se produce cando un neutrón fisiona un átomo fisible*, e este libera novos neutróns que causan outras fisións.

    O primeiro en utilizar este concepto foi o científico húngaro Leó Szilárd en 1933. Que planteu tamén un reactor nuclear.
    A teoría da reacción química total en cadea foi postulada polo físico Soviético N.N. Semyonov en 1934.
    Szilárd intenou construír unha reacción en cadea utilizando berilo e indio en 1936, pero non tivo éxito. O faría Enrico Fermi, despois de que se dera a coñecer a multiplicidade de neutróns ó bombardear un átomo de uranio. Desta maneira creou o primeiro reactor nuclear en cadea auto-sostible, chamado Chicago Pile-1.
    Tamén quería aclarar que morreu a causa dun cáncer de estómago con 53 anos,que creo que non se mencionou anteriormente.

    *Un elemento é fisible cando o seu núcleo é capaz de experimentar unha fisión con neutróns de calquera enerxía.

  27. Sabela Escourido di:

    Eu quería falar de Sam Treiman, xa que foi un estudante de Enrico Fermio. Naceu o 27 de maio de 1925 e morreu o 30 de novembro de 1999. Foi un importante físico que produzo importantes investigacións no campo dos raios cósmicos,a física cuántica,a física plástica e a gravidade. Fixo importantes contribucións a interacción débil, a el e a os seus alumnos se lles atribúe o desarroio do chamado Modelo Estándar de física de partículas elementais.Foi profesor de física na Universidade de Princeton,membro da real Academia Nacional das Ciencias e membro do Grupo Consultivo de Defensa JASON.

  28. Diana Pérez di:

    Enrico Fermi En 1941 construiu o primer reactor nuclear en unha pista de squash da Universidade de Chicago. Fermi se enfrentaba a unha serie formidable de problemas interrelacionados: Cal era a masa de uranio necesaria para producir unha reacción en cadea? Cómo aproveitar os neutrones e evitar que escaparan? Cómo controlar a reacción?

    Fermi acabou resolvendo este problema insertando varas de grafito no uranio natural, facendo así que os neutrones frenaran a sua velocidade e éstos volveran a chocar contra os átomos de uranio. Así a reacción en cadea podía continuar dunha maneira controlada.
    Sen embargo, se non se insertaban as barras de uranio de maneira adecuada e precisa, o resultado podía ser unha explosión nuclear incontrolada, devastando unha gran parte de Chicago. Afortuadamente para os desinformados ciudadans da ciudade, Fermi estaba bastante seguro de que sabía o que facía. O 2 de Decembro de 1942 o primero reactor nuclear do mundo produxo a primera reacción nuclear controada e autosostida.

  29. Lema Nuria di:

    Sen ningunha dúbida Enrico Fermi foi un científico moi importate e destacado en parte grazas ao proxecto que na noticia mesmo se nomea ,o proxecto Manhattan, esta investigación foi levada a cabo na segunda guerra mundial polos Estados Unidos coa axuda parcial de Reino Unido e Canadá, coa fin de rematar con perfección a bonba atómica antes que a Alemania Nazi.A investigació foi dirixida polo físico Julius Robert Oppenheimer. Dito proxecto levou a destacar outros grandes científico coma Niels Böhr, Enrico Fermi, Ernest Lawrence…
    Por outra banda, falando do grupo de Roma que se nomea no artigo gustariame nomear algúns dos seus integrantes : Edoardo Amaldi, Oscar D’Agostino, Franco Rasetti, Bruno Pontecorvo, Emilio Segrè.

  30. Lúa Roldán di:

    Vouvos falar un pouco de Niels Böhr.
    Nado o 7 de outubro de 1885 e finado o 18 de novembro de 1962, foi un científico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica.Seu pai, Christian Bohr, devoto luterán, era profesor de fisioloxía na Universidade de Copenhaguen, mentres a súa nai, Ellen Adler Bohr, proviña dunha rica familia de orixe xudía destacada na banca e nos círculos parlamentarios. O seu irmán Harald Bohr, era un matemático e xogador olímpico de fútbol no equipo nacional dinamarqués. Niels Bohr tamén era un apaixoado xogador de fútbol, chegando a xogar os dous irmáns numerosos partidos no Akademisk Boldklub.
    Creou O modelo atómico baseandose no átomo de hidróxeno. Bohr intentaba realizar un modelo atómico capaz de explicar a estabilidade da materia e os espectros de emisión e absorción discretos que se observan nos gases. Describiu o átomo de hidrógeno cun protón no núcleo, e virando ó seu arredor un electrón. O modelo atómico de Bohr partía conceptualmente do modelo atómico de Rutherford e das nacentes ideas sobre cuantización que xurdiran uns anos antes coas investigacións de Max Planck e Albert Einstein. Debido á súa simplicidade, o modelo de Bohr é aínda utilizado como explicativo da estrutura da materia.
    Deixo unha imaxe del:

    http://www.moonmentum.com/blog/wp-content/uploads/2011/10/Niels-Bohr.jpg

Deixa unha resposta