Pale blue dot

              

Un punto azul pálido” é unha fotografía da Terra tomada pola nave espacial Voyager 1 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros.  Carl Sagan inspirado nesta fotografía titulou así un do seus libros.

 Mostra a Terra como unha mota de luz case imperceptible polo fulgor do Sol. A foto foi tomada o 14 de febreiro de 1990. En 2001 foi selecionada como unha das mellores dez  fotos científicas do espazo, na historia.

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Pale blue dot

  1. Naomí Mosquera di:

    Sinceramente este video deixome bastante impresionada. Vendoo daste de conta de que o noso planeta é algo insignificante e iso fainos a nos ainda mais insignificantes. Tamén di que é o unico sitio no que podemos vivir, polo menos de momento, e iso é certo, por iso debemos que coidalo porque non temos outro sitio a onde ir. O noso planeta tan so é un punto azul no espacio.
    Falarei un pouco sobre a nave espacial voyager 1, é unha Sonda espacial robótica de 722 kilogramos. É o obxeto feito por o home máis alonxado da Terra, ainda esta en funcionamento, prosiguiendo a sua misión, que é localizar e estudar os límites do sistema solar, aunque ao principio era visitar Xúpiter e Saturno.

  2. Olalla Manteiga di:

    Este vídeo déixanos claro que, polo menos nun futuro cercano non imos poder poboar ningún outro planeta. Por iso hai que cambiar a forma de pensar e comezar a coidar o noso planeta, porque é o único que temos e ninguén nos vai vir axudar a salvarnos de algo provocado por nós. O noso planeta é tan pequeno, e incluído nun universo sen fronteiras visibles que me fai formular unha pregunta: Estamos sós? Existirán outras formas de vida máis aló?
    A min gustaríame falar un pouco de Carl Sagan, con respecto a este tema.Concebiu a idea de enviar unha mensaxe inalterable ao espazo máis alá do Sistema Solar que poidera ser entendido por unha posible civilización extraterrestre que o interceptara nun futuro. A primeira mensaxe enviada foi unha praca de ouro na sonda Pioneer 2 posteriormente nun disco de ouro nas sondas Voyager e a mensaxe de Arecibo.

  3. Cristina González di:

    A pregunta ¿cal é o noso lugar no universo?, é unha das máis famosas que repetiuse o ser humano na nosa historia.
    Este video nos mostra o insignificantes que somos respecto ao universo, pero tamén a sorte ou gran casualidade que ten o noso lugar nel.
    Deixo información que encontrei:

    Sempre que se mira ao espazo,contémplase o pasado, porque vemos os obxetos celestes tal e como foron fai tempo.
    A luz de alfa Centauro, a estrela brillante máis cercana, tarda catro anos en alcanzarnos. É dicir, a vemos tal e como era fai catro anos.
    Se diriximos a mirada cara as estrelas do Cinturón de Orión estaremos retrocedendo ata a Idade Media.
    Observemos a Vía Láctea, esa banda nebulosa de luz que cruza todo o ceo, e percibiremos unha luz tan antiga como a civilización mesma. Dirixamos a mirada á galaxia de Andrómeda e captaremos luz emitida cuando os primeiros homínidos vagaban polas llanuras de África fai 2.5 millóns de anos.
    E por último o noso sol, cando o miramos, estamos vendo unha luz que emitiu fai 8.3 minutos.

  4. Thiago Echevarría di:

    De todos os planetas do sistema solar, a terra é o unico que pode sustentar a vida humana. Ningún outro planeta ten océanos e unha atmósfera rica en osíxeno; e con isto quero decir que é un planeta único, e por iso debemos cuidalo. O 22 de Abril de cada ano celébrase o día internacional da Terra, este é un gran método para que o ser humano se percate do que significa para nós o planeta Terra.

    Aclarando a pregunta que fixo a miña compañeira Olalla sobre a existencia de outras formas de vida: O presidente da real sociedade da astronomía do Reino Unido, Martin Rees, asegura que para dentro duns 10 anos, o ser humano xa tendrá unha idea mais clara se estamos solos no universo. Según Martin Rees, con a contrucción de novos e máis potentes telescopios, facilitaría moito a súa búsqueda de vida alieníxena.

  5. Carlos García di:

    Vendo este vídeo é sorprendente pensar o insignificante que somos ante o infinito universo.
    Non nos damos conta o privilexio que temos de poder ter un planeta onde vivir. Como dixo o astronauta español, Pedro Duque, desde o espacio non se ven as fronteiras nin os conflictos, só se ve un marabilloso planeta azul polo que hai que recoñecer o verdadeiro valor da vida e que por agora estivemos destruindo o planeta terra e nos somos os que o temos que coidar.
    Cóstame pensar que sendo tan grande o universo como se supón que é, esteamos sós.Se existe vida na terra ¿Por qué non noutros planetas que se atopan a miles de millóns de anos luz?

  6. Mila Mosquera di:

    Parece mentira que con todos os avances teconoloxícos e científicos da actualidade poderamos saber tan pouco do universo e do que nos podemos encontrar nel.
    Gustaríame mencionar a Carl Sagan un astrónomo, exobiólogo e divulgador científico estadounidense que promoveu a procura de Intelixencia Extraterrestre(*).
    “O Cosmos é todo o que é ou o que foi ou o que será algunha vez”, así empeza o primeiro capítulo do seu libro Cosmos onde faise un sin fin de preguntas como: “Que é a vida? Como apareceu a vida na Terra? Que clase de medio pode tolerar a vida? Como podemos determinar se a vida existe noutros planetas?”
    Como recoñecemento ao seu traballo sobre exobiología, ofrecéronlle describir o termo vida para a Enciclopedia Británica.
    A División de Ciencias Planetarias (DPS) da Asociación Astronómica Americana (AAS) outorga cada ano a medalla Sagan ao mérito de divulgación científica en ciencias planetarias. O lugar de amartizaje da misión Mars Pathfinder foi nomeado na súa honra como estación Carl Sagan Memorial. O asteroide 2709 Sagan tamén recibe este nome na súa honra.

  7. Santiago de la Iglesia di:

    A ver se captades a idea que me he plantexado eu:

    Nosa compañeira Cristina deunos algúns datos sobre a distancia dalgunhas estrelas e demais astros. Centrádevos un pouco no que dixo sobre o Cinturón de Orión, que parece ser que se o contemplamos dende a Terra (cuns supermicroscopios) estaremos contemplando o momento que transcurriu espacio/temporalmente a Idade Media. Eu o vexo ao revés, se mirasemos a Terra dende alí neste momento estaríamos vendo romanos loitando con espada e lanza contra os nosos antepasados Celtas, por exemplo. Fai pouco apareceu algunha teoría que ven coñecedes, as dos neutrinos, que fixéronse probas de que iban máis rápido que a luz (tema que quitáronnos da cabeza, xa que aínda agora non temos respotas). Agora pregunto: será o avance da ciencia e descubrimentos o que nos proporcione sabelo todo sobre o noso pasado?, es máis, o que nos permitirá cambiar as nosas formas de vida observando os nosos errores para facer un mundo de paz e prosperidade?

    Quizás o de os neutrinos só é un principio dunha nova era, e os que a están empezando teñen medo de publicalo, por iso non temos respotas claras sobre esas teorías.

    Pero isto é soamente unha teoría pensadora, e non científica.

    Sobre o vídeo o que podo decir é que e un gran vídeo, e que non se sabe o pequenos que somos con só cifras, se non que precisamos de comparativas e imaxes, imaxes coma estas. Todo para darnos conta de que temos a gran sorte de saber o que hai despois de nacer e antes de morrer. Tal vez esa sea a única misión do ser humano, xa que por ahora non podemos facer moito máis.

    • Adela di:

      Ben Santiago pero os científicos non teñen medo a falar dos neutrinos. Queren estar seguros dos datos que obteñen e por iso repiten as medicións da sua velocidade. Pero non son datos fáciles de obter e leva tempo. Xa hai algún post sobre as partículas da materia e por suposto falaremos dos neutrinos.

  8. Sabela Escourido di:

    O vídeo déixome bastante impresiona porque se o planeta e tan pequeno (q mesmo defínese como “unha mouta solitaria”) nós ou mesmo as formigas q vemos tan pequenas ante nós como seremos diante do espazo? practicamente nada.
    E se o noso planeta e o único no que se pode vivir deberiamos de coidalo.Por iso quería agradecer a algunhas asociacións como Centro de enlace Ambiental (fundada en 1975 en Nairobi) ou Greenpeace (fundada en 1971 en Holanda).
    Quería deixaron unha pequena información dos dez países mais ecolóxicos do mundo.http://www.lareserva.com/home/paises_mas_ecologicos_2010

  9. Victoria Rodríguez di:

    Impacta, como xa dixeron a maioría dos meus compañeiros, pensar que o ser humano (que o longo da historia pensou que era superior o resto das especies) é algo tan pequeno en comparación co resto do universo.

    Pero, aínda que somos unha parte del, e pensamos que temos todo baixo control, e que xa temos coñecementos de abondo, hai cousas que nos limitan coma o tempo e o espazo. Xa que estes dous factores, en parte, están ligados entre si. Así que, como dixo Einstein:

    Un ser humano é parte de un todo, chamado por nós universo, unha parte limitada no tempo e no espazo. Experiméntase a si mesmo, os seus pensamentos e sentimentos coma algo separado do resto… algo así coma unha ilusión óptica da súa conciencia. Esta falsa ilusión é para nós coma unha prisión que nos restrinxe os nosos desexos persoais e o afecto que procesamos as poucas persoas que están o noso redor. A nosa tarefa debe ser liberarnos desta prisión ampliando o noso circulo de compaixón para abarcar a tódalas criaturas vivas e a natureza, en conxunto, en toda a súa beleza.

  10. joeltaibo di:

    Non poderia expresarse mellor as virtudes e as contras que temos os humanos, e a nosa terra, lugar que recolleú as características casualmente necesarias para poder vivir en ela, dandonos un clima axeitado, as capas que nos protexen…etc, tamen danos una idea do infinito que é o universo, xa que nos da a entender que somos un grán de area nun enorme areal.
    Este vídeo é obra de Carl Sagan, un gran astrónomo que estudou as microondas que desprendia a atmósfera de venus, afirmando que dicha capa era demasiado gruesa e quente, propoñendo asi o efecto invernadoiro, provocado polo dioxido de carbono, isto alertoú dos peligos da industria humana

  11. Angelina Medvedeva di:

    O ver este vídeo fíxome pensar no erro que estamos a facer ao dedicarnos a ser dominante sobre outros. Isto e algo natural no ser humano. Sempre uns querían seren os mellores en algo. Pero non os damos conta de que deberiamos de estar un pouco mais unidos e pensarmos nos outros algo mais. Isto acabou levándonos as guerras, o sempre querer mais. Canto destruímos por esa idea!
    Agora, temos un problema común a resolver: o facer posible vivir neste planeta para as seguintes xeracións. O axudar uns a outros, o ver todas as ideas posibles que teñamos. Escoitar a todos e proporcionarlles posibilidade de falar, de ser oídos.

    Aquí déixovos unha canción de Scorpions que ben expresan na letra o asunto. (enlace para ver o video por si non se ve: http://youtu.be/DBqDLd2ifXI enlace para ver a letra: http://www.sing365.com/music/lyric.nsf/Humanity-lyrics-Scorpions/E6064D45C9D3FDBA482572E0000E1539 )

  12. Sara Otero di:

    Sen ningunha dúbida Carl Sagan foi un científico dos máis notables e dignos de admirar, pola súa forma de explicar a súas teorías e polas teorías en si mesmas, que nos ofreceron unha visión un pouco máis amplia do que era (malia que esa visión debera ser moito máis grande do que é, porque como ven nos mostra o video, o universo é unha gran masa da que coñecemos un 4% aproximadamente).
    Eu atopei unha páxina na que lle fan unha homenaxe polo que sería o seu 76 aniversario de non ser porque morrera o 20 de decembro de 1996, citando algunhas das súas citas máis famosas. Déixovos algunha:
    ~Afirmacións extraordinarias requiren sempre da evidencia extraordinaria.
    ~Vivimos nunha sociedade profundamente dependente da ciencia e a tecnoloxía na que ninguén sabe nada desos temas. Iso constitúe unha fórmula segura para o desastre.
    ~Nalgún sitio algo incrible espera ser descuberto.
    ~Ás veces creo que hai vida noutros planetas e ás veces creo que non. En calquera dos dous casos a conclusión é asombrosa.
    ~Temos indagado que vivimos nun insignificante planeta dunha triste estrela perdida nunha galaxia metida nunha esquina olvidada dun universo no que existen moitas máis galaxias que persoas. (esta é a máis relacionado con video)

    Esta é a páxina da que falaba http://alt1040.com/2010/11/carl-sagan-citas-frases

  13. Mateo Fdez di:

    Adela comentou hoxe en clase que podíamos hablar do SETI. Como non está morto, non é que me entusiasme o tema, pero menos é nada (obviamente estou bromeando). O SETI (ou, mellor dito, os SETI´s) son diversos proxectos cun fin común: encontrar vida extraterrestre (como diría Fermi, do que hoxe é o aniversario da súa morte: “Si los extraterrestres existen, ¿dónde están?”), e, a poder ser, que sexa intelixente. Hainos de múltiples tipos: análises de señales electromagnéticas capturadas polos telescopios ou enviando diversos tipos de mensaxe ó loco polo espazo adiante. Actualmente ningunha xurdiu efecto, sen contar a señal WOW!, anomalía captada por un telescopio e que non estase moi seguro se ten orixe extraterrestre ou qué é (outro compañeiro pode profundizar máis sobre que é ou que se sabe da señal WOW!).
    A NASA empezou a apadrinar SETI´s na década dos 70s, e hoxe en día é particularmente famoso o SETI@HOME, un programa que permite que cada persoa, a nivel usuario, “done” a capacidade do seu ordenador ó proceso dos datos obtidos polo telescopio de Arecibo (Puerto Rico) mentres non o esté utilizando (así descubriuse a señal WOW!, que de outra forma habría pasado ignorada).

  14. David Lamas di:

    Sorprendiume moitísimo o vídeo, xa que agora realmente un se da conta do insignificantes e sumamente pequenos que somos respecto ao resto do universo; como di no vídeo “un punto branco nun espazo totalmente oscuro” . Somos o único planeta no que se pode habitar e por iso temos que respetalo e coidalo o máximo posible.

    Agora quero falar sobre un fenómeno climático que fai que nos últimos 28 anos a forma do noso planeta fose cambiando, ao igual que o campo de gravidade. Este fenómeno chamase “El niño” e se ven observando dende 1850. O que fixo este fenómeno foi unha gran disminución das aves e peixes mariñas. O seu orixe foi no pacífico, no resto dos océanos no son tan notorios xa que as súas dimensións son máis pequenas.

    ·Aquí vos deixo o enlace da noticia
    http://www.geonoticias.com/noticias/ciencia/el-planeta-tierra-ha-cambiado.html

  15. Eduardo Cagide di:

    Un comentario dunha compañeira chamoume a atención, porque falaba das mensaxes mandadas ao espazo, e de que a Voyager levaba un disco de ouro como mensaxe. E eu quixen indagar un pouco acerca deste disco, e atopei que é un disco de gramófono. O disco contén sonidos e imaxes que reflexan a diversidade da vida e da cultura na Terra, e o seu obxectivo e dar a coñecer a existencia da Terra a outras posibles formas de vida, extraterrestres e intelixentes, que atopasen a Voyager. O contido do disco foi elixido pola NASA e por un comité presidido por Carl Sagan da universidade de Cornell.

    Para que podades ver as cancións seleccionadas deixovos este enlace: http://celestia.albacete.org/celestia/celestia/voyager/10disco.htm

  16. Nerea Pardo di:

    Paréceme unha excelente forma de concienciarnos sobre a importancia de respetar o noso entorno, non só coidando o noso planeta, senón tamén a tódolos seres vivos que habitan nel igual que nos.Debemos darnos conta do afortunados que somos,porque existimos grazas a unha morea de feitos bastantes complexos que tiveron lugar fai 4500 millóns de anos aproximadamente e que se as cousas non acontecesen de ese xeito non estaríamos aquí.Foi un proceso moi lento e complexo e non debemos destruír en poucos séculos algo que tardou tanto en formarse.E imprescindible que sempre recordemos que este é o noso único fogar, e que aínda que o universo é enorme non hai outro planeta con características exactamente iguais que nos permita a vida alí.

  17. Beatriz Castro di:

    Parece mentira que nos nos vexemos tan grandes e formemos parte de algo tan inmenso que acaba facéndonos case insignificantes.
    Aínda, a parte da Terra ai moito mais.
    O noso pequeno planeta, inmenso no espazo, que xira arredor dunha estrela común, encóntrase no brazo (brazo de Orión) dunha enorme galaxia espiral, a Vía Láctea, unha mais das innumerables que se encontran distribuídas polo universo. Cerca da Terra encóntranse outros planetas,planetas ananos, satélites, asteroides e cometas, todos eles orbitando o noso Sol, atrapados pola súa potente forza de atracción gravitatoria, formando o que chamamos o Sistema Solar.

  18. Mateo Fdez di:

    Comentábamos na clase que un dos grandes enemigos de Sagan era a xente dominada polas supersticiones. Curiosamente, o último capítulo de Escépticos trata este tema: http://alt1040.com/2011/11/escepticos-supersticiones

  19. Ana Domínguez di:

    O 7 de xullo de 2009 Voyager 1 estaba a 16.414 millóns de kilómetros do Sol e entrou na Heliopausa, a zona terminal entre o Sistema Solar e o Espacio Interestelar. Se o Voyager é aun funcional cando pase a heliopausa ( e efectivamente convertirse no primer obxecto de fabricación humana que abandone o noso sistema estelar) os científicos obterán as primeiras medicións directas das condicións do espacio interestelar, as cales podrían proveer pistas relevantes da orixen e natureza do universo.

  20. Yannick Afonso di:

    A verdade é que o vídeo e precioso e desde tan arriba o noso planeta parece unha hormiga,pensas ó ver a foto e dis…¿como pode caber ahí tantos millóns de persoas?..A verdade é que este home xa aos seus 20 anos encantáballe a física e por iso se graduou como físico puro e pouco despois obtivo o seu doctorado en Astronomía e Astrofísica. Apareceu na comunidade científica como un xoven, cuxas conxecturas fascinaban e a súa vez ameazaban ó establecido.
    Participou activamente no proxecto Mariner 4, primeira sonda en chegar a Marte, en xunio de 1965.O seu traballo na NASA o combinou como profesor na Universidade de Harvard.

  21. Alexandra Parceiro di:

    Eu estiben aprocurar máis información do que nomea Mateo Fdez sobre a sinal WOW, encontrei esta noticia de abril do ano pasado: http://www.seti.cl/seti-y-la-senal-wow-50-anos-de-historia/

    A sinal WOW foi unha sinal captada a noite do 15 de agosto de 1977 no Observatorio Big Ear da Universidad Estatal de Ohio*.
    Como cada noite, no Observatorio Big Ear buscabase nos ceos unha sinal alieníxena, estas observacions grababasen nunha folla de papel(como indicaba a normativa daquela epoca. Unha larga lista de letras e números era imprimida continuamente, unha larga cadena para cada uno dos 50 canles collidos polo telescopio. Unha serie de caracteres parecían rexistrar unha transmisión inusual na frecuencia “6EQUJ5″ se lee na lista. Aquela noite estaba de voluntario no Big Ear Jerry Ehman, encargado de monitorizar as lecturas, a quen lle sobresaltou esta sinal.Para podelo encontrar máis tarde fixolle un círculo sobre o código e engadiu un único comentario nos márxes “Wow!” O sinal pasou a chamarselle na historia de SETI como o “sinal Wow!”.

    *O Radio Observatorio da Universidad do Estado de Ohio, máis coñecido como Big Ear foi un radiotelescopio ubicado en territorio do Observatorio de Perkins na Ohio Wesleyan University dende 1963 hata 1968. O observatorio foi parte do proxecto “Búsqueda de Intelixencia Extraterrestre” (SETI) da Ohio State University. Converteuse no proxecto SETI máis largo da historia. O observatorio foi desmontado en 1998 cando os desarrolladores compraron o territorio da universidad e o usaron para expandir o terreno nun campo de golf.

  22. Roxana Cadena di:

    Ao ver este video sorprendeume moito e levoume a pesar que eu xa me consideraba pequena pero vendo noso planeta agora me veo aun màs pequena.
    Gústariame falar sobre o espacio, refírese a os espacios relativamente baleiro do universo fora da atmósfera dos corpos celestes. O espazo exterior non esta completamente baleiro de matería e dicir non é un baleiro perfecto , senón que contén unha baixa densidade de partículas, predominan o gas Hidroxeno, así como a radiación electromagnética.
    Non hay límite claro entre a atmósfera terrestre e o espacio, xa que a densidade da atmósfera decrece gradualmente a medida que a altitude aunmenta.Non obstante a Federación Aeronáutica Internacional ha establecido a línea de Kármán a unha altitude de 100 Km como unha definición de traballo para o límite entre a atmósfera a o espacio.

  23. Nildes Abella di:

    Outro satélite que encárgase de observar a Terra é o Polar da NASA.Lanzouse no ano 1996, precisamente no que morre Sagan, as súas principais funcións eran:
    -Estudar e fotografiar o plasma auroral
    -Estudar o fenómeno das tormentas solares
    -Facer medicións dos iones que se escapan da atmsofera e a súa intervencion no vento solar

    E porque son importantes estas investigacións?
    Porque aínda que a distancia media do Sol á Tierra é aproximadamente 149.600.000 de kilómetros os seus raios chegan a nós. Ao non coidar o noso planeta o Efecto Invernadoiro e os problemas na capa de Ozono estánse agravando.Por todo iso é necesario ver como está afectando a radiación solar á Terra.

    Queria mencionar que a nave espacial que se nomea na noticia tivo unha irmá a chamada Voyager 2.Aínda que as dúas pertencían o Programa Mariner, esta última tivo un maior impulso gravitacional no seu vaixe cara Urano e Neptuno.

  24. Diana Pérez di:

    A Terra aparece como un punto azul pálido debido aos efectos da polarización e a dispersión da luz reflexada dende a Tierra. O efecto da polarización do planeta Terra depende de varios factores como a nubosidade, as áreas expostas dos océanos, bosques, desertos e campos de nieve, etc. A contribución de cada tipo de superficie é unha combinación de dispersión de Rayleigh sobre a superficie e a reflexión na superficie. O efecto integrado provocando que a Terra aparece como un punto azul pálido depende da lonxitude de onda , ángulo de dispersión e a nubosidade. O grado de polarización é particularmente forte na rexión azul do espectro visible debido a dispersión de Rayleigh na atmósfera. O grao de polarización da Terra para que apareza como un punto azul pálido en 443 nanómetros e 90 ° ángulo de dispersión, segundo o calculado por medio de observaciones de polarización da Terra por satélite a partir de Polder, se cubren el 23% a 55% (promedio) e a nube ata un 40% por 10% (mínimo) a cobertura de nubes.

  25. Amir Pose di:

    A min gustariame falar un pouco de Carl Sagan, xa que e o narrador deste video.
    Sabiades que non só foi astrónomo? Tamen foi exobiólogo e divulgador científico.
    Era un forte escéptico en contra das pseudociencias e as relixións.
    Doctorouse en 1960 na universidade de Chicago có astrónomo Gerard Kuiper. Sagan foi o primeiro en pronpoñer o efecto invernadoiro causado polo dióxido de carbono.
    O doctor Sagan colaborou no diseño da mision Mariner 2 a Venus e Mariner 9 Viking 1 e Viking 2 a Marte. Tamen axudou na mision Galileo a Xupiter e enviou a estudar Xupiter e Saturno á sonda Pioneer 10.
    En recompensa á súa labor científica e de divulgación otorgáronselle numerosos premios, entre eles: a medalla da NASA, a medalla ao merito publico, o premio Pulitzer pola sua obra “Los dragones del edén”.
    Como reconocimiento polo seu traballo na exobioloxia ofreceronlle describir o término vida para a Enciclopedia Británica. No seu honor otórgase cada ano a medalla Sagan ao merito de divulgacion cientifica nas ciencias planetarias. O lugar de amartizaxe da mision Mars Pathfinder foi nomeado no seu honor como a estacion Carl Sagan memorial e o asteroide 2709 Sagan tamen recibe este nome no seu honor.

  26. Vladislav Babenco di:

    O Voyager 1 é unha sonda espacial robótica lanzada dende o 5 de setembro de 1977 dende Florida.
    Actualmente segue activa. A sonda foi lanzada co fin de que cruzase o Sistema Solar, e actualmente é a sonda que mais lonxe chegou,ainda que non cumpriu aínda co seu propósito.

    Está previsto que o sonda terá capacidade para seguir activa ata o ano 2025 grazas a sua pila de Plutonio a diferencia das demais sondas que son alimentadas de enerxía solar.

  27. Evelin López di:

    Este video impresionoume xa que me aporta unha información que quizais eu descoñecía.
    Móstrame o insignificante que somos en comparación co universo.
    Hoxe en día non coñecemos outro planeta poboado polo que este debe ser coidado, xa que costou millóns de anos formalo.
    A Terra é o tercer planeta do Sistema Solar. Esta situación orbital e as suas características de masa a convirten nun planeta privilexiado, cunha temperatura media duns 15º C, auga en forma líquida e unha atmósfera densa con osíxeno, condicions imprescindibles para o desarrollo da vida.
    Hace uns 4.600 millons de anos a corteza da Terra comenzou a consolidarse e as erupcions dos volcans empezaron a formar a atmosfera, o vapor de auga e os océanos. O progresivo enfriamento da auga e da atmosfera permitiu o nacemento da vida, iniciada no mar en forma de bacterias e algas, das que derivamos todos os seres vivos que habitamos hoxe noso planeta tras un longo proceso de evolución biolóxica.
    Este é o noso hogar nun inmenso universo, do que nos queda moito por descubrir.

  28. Mateo Fdez di:

    Chego un pouco tarde para esta noticia, pero é acabo de recordar certo vídeo dunha película que coñezo.
    E quen millor para recordarnos o insignificante que é o noso punto, o insignificantes que somos nós, que os Monty Python?
    http://www.youtube.com/watch?v=Vcz7uRyeif8

  29. Lúa Roldán di:

    Déixovos outra fermosa imaxe dunha nebulosa tomada en Flagstaff,Arizona(EEUU):

    http://apod.nasa.gov/apod/image/0804/flagstaffsky_usno.jpg

    Os ceos escures desta cidade permiten ós astrónomos locais,non só descifrar o universo senón ver e disfrutar dun ceo que contemplaron anteriormente as xeracións humanas.
    Na distancia podedes ver un plano da Via Láctea emarcada polas constelacions de Casiopea, Cefeo e a do Cisne.

Deixa unha resposta