O Mensaxeiro da Morte

Fai un par de días, na noticia na que se nos preguntaba por algunha científica que coñecéramos e da que queríamos falar, eu falei de Lynn Margullis. Debín completar algún tipo de ritual, ou simplemente sexa mala sorte: Lynn Margullis morreu onte, martes 22 de Novembro.

Autor: Mateo Fdez

Esta entrada foi publicada en 1. Mulleres e ciencia e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to O Mensaxeiro da Morte

  1. Santiago de la Iglesia di:

    Mateo meu… non creo que fose ningún ritual, soamente foi un feito provocado pola casualidade.

    Como moitos científicos falecidos, ela pode estar orgullosa de seu, xa que será recordada sempre polas súas contribucións, sobre todo no ámbito da bioloxía.

    Da coraxe perder a estes personaxes tan sobresaíntes na sociedade pola súa mente e brillantez.

    Lynn Margulis, D.E.P.

  2. Karina Espiñeira di:

    É unha perdida para a ciencia pero isto verase constatemente,eu quero aportar un pouco da súa vida para que dende aquí a recordemos:
    Lynn Margulis naceu no 1938 na ciudad de Chicago.Cursou a secundaria nun instituto publico chamado Hyde Park e máis tarde os seus pais a mandaron a estudar na escola universitaria de Chicago.Ela quixo regresar ao seu antigo colexio cos seus antigos amigos,posto que ela pensaba que era o seu lugar.Ela sempre recordaba con agrado a sua profesora de castelán.Aos 16 anos foi aceptada no programa de adiantados da universidade onde se licenciou con 20 anos,todo un logro,que non o consigue calaqueira.En 1958 continuou a sua formación na universidade de Wisconsin,optando ao master en Bioloxía celular e Xenetica.Sempre tivo interes polas bacterias.As súas aportacións son múltiples: describiu paso a paso á orixe das células eucariotas ,clasificou a vida na terra en cinco reinos agrupados en dous grandes grupos…
    A vida de Lynn foi un éxito no mundo da ciencia e dende aquí,quero que isto este presente nas nosas aulas.

  3. Thiago Echevarría di:

    Solo foi un feito da casualidade.
    Eu quero dar a meu pesame a esta extraordinaria científica. Aqui os deixo un enlace sobre datos do súa morte http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/23/ciencia/1322049824.html
    Lynn Margulis R.I.P

  4. danieltrujillo di:

    A noticia a lín hoxe e o que máis me sorprendeu a parte da súa morte, foron as declaracións do seu fillo Dorion Sagan. Deixovos a noticia para que podades leela. Lynn Margulis, bióloga descubridora da orixe simbiótico da célula eucariota, faleceu a pasada madrugada a idade de 73 anos como consecuencia dun ictus sufrido a semana anterior. Dorion Sagan fillo seu e do seu primeiro marido o astrónomo Carl Sagan, publicou a noticia a través dun cambio de estado no se muro de Facebook. “A miña nai acaba de morrer apaciblemente mentres durmía e rodeada da súa familia”.

  5. Beatriz Castro di:

    É unha pena que esta muller xa non estea connosco.
    Gustaríame dicir que grazas a Lynn Marguilis hoxe en día coñecemos a endosimbiósis seriada a cal describe a aparición das células eucariotas como consecuencia da sucesiva incorporación simbioxenética de diferentes bacterias de vida libre.
    Ela propuxo a endosimbiósis seriada en diferentes artigos e libros: On origen of mitosing cells ,Origins of Eukaryotic Cells y Symbiosis in Cell Evolution.

  6. Alexandra Parceiro di:

    A bióloga norteamericana Lynn Margulis foi unha defensora da Teoría de Gaia, considera o planeta como un organismo vivo no que todo está interconectado.
    Para máis información desta teoría déixovos o seguinte enlace:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Hip%C3%B3tesis_de_Gaia

    Margulis, como di na noticia que fai un enlace Thiago Echevarría
    Morreu tras sufrir un ictus
    O ictus é unha enfermidade cerebrovascular que afecta os vasos sanguíneos que subministran sangue o cerebro. Tamén se lle coñece como Accidente Cerebro Vascular (ACV), embolia ou trombosis. Os dous últimos termos, non obstante, refírense máis ben a distintas causas do ictus. Ocorre cando un vaso sanguíneo que leva sangue o cerebro rompese ou é taponado por un coágulo ou outra partícula. Debido a esta ruptura ou bloqueo, parte do cerebro non consigue o fluxo de sangue que necesita. A consecuencia é que as células nerviosas do área do cerebro afectada non reciben oxíxeno, polo que non poden funcionar e morren transcorridos uns minutos.

  7. Mila Mosquera di:

    Margulis era unha muller que non lle gustaba chamarse directamente nin lamarckista nin neolamarckista pero, valorando a achega de Darwin ao evolucionismo, tamén valora a figura e a teoría de Lamarck. Margulis considera que o propio Darwin chegou a ser lamarckista, referíndose á súa teoría sobre os caracteres adquiridos que él mesmo denominou panxénesis(1).
    Margulis entende a selección natural como unha consecuencia da evolución dos organismos e asegura que nunca o 100 % da descendencia logra sobrevivir e reproducirse. Para Margulis, a selección natural segue sen dar resposta á fonte de novidade evolutiva, defendendo a simbioxénesis(2).
    Margulis defende tamén a herdanza dos caracteres adquiridos postulada por Lamarck, pero a diferenza de este, considera que non son trazos o que se herda, senón xenomas ou conxuntos de xenomas adquiridos en vida polos individuos.

    “Despois de 150 anos, pódese dicir con certeza que Darwin tiña razón, que existe un proceso de evolución e de selección natural. Isto demostrouse grazas a experimentos de bioquímica que non existían na súa época. Agora sabemos que todos os seres vivos temos un pasado común e que procedemos dunha liñaxe, pero aínda non se estableceu cal é a fonte desa innovación que dá lugar ás novas especies” isto declaraba Margulis nunha estrevista que lle fixeron en EEUU no ano 2009.

    (1) Se queredes saber máis sobre a panxénesis: http://es.wikipedia.org/wiki/Pang%C3%A9nesis
    (2) E tamén sobre a simbioxénesis: http://es.wikipedia.org/wiki/Simbiogenesis

  8. Rosalía García di:

    Outra das cousas que lle debemos a Margulis (tamén, o seu primeiro marido, Carl Sagan) é a forma na que presenta a maior parte da súa obra, dun xeito ameno e cun enfoque didáctico, para que todos poidamos entedela (máis ou menos). Penso que esto é tremendamente importante, xa que todos deberiamos de ter determinados conceptos de ciencia asimilados para entender mellor o medio no que nos movemos.

  9. Naomí Mosquera di:

    Lynn Marguilis tamén fui unha pertinaz defensora da Teoría de Gaia, de James Lovelock, que considera ao planeta como un organismo vivo no que todo está interconectado. Esta teoría ten a sua orixe a partir da busqueda de vida en Marte. Lovelock participou como asesor dun equipo co obxetivo de encontrar métodos e sistemas que permitiran a vida Marte e no resto dos planetas. Un dos problemas que tiñan era atopar os criterios que deberían seguirse para lograr detectar cualquiera tipo de vida. O que lle chamou a atención a Lovelock foron as diferenzas que existían entre a Terra e os planetas máis próximos. A singularidad das condicións da Terra foi o que levoulle a formular a primera hipótesis.

  10. Xisela Lema Díaz di:

    Por desgraza, Mateo non puido terminar súa entrada,a sí que púxenme a buscar a biografía desta muller e un pouco sobre a contribución na ciencia, a parte de que vimos algunha contribución que tivo no libro de texto do ano pasado.

    Foi unha destacada bióloga estadounidense considerada unha das principais figuras do evolucionismo. Licenciouse en Ciencias e foi membro da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos dende 1983 e da Academia Rusa das Ciencias. En 2008 recibiu a Medalla Darwin-Wallace. En 2011 foi nombrada profesora distinguida do Departamento de Geociencias da Universidade de Massachusetts Amherst.

    Entre seus numerosos traballos no campo do evolucionismo destaca, por describir un importante hito na evolución, súa teoría sobre a aparición das células eucariotas como consecuencia da incorporación simbiótica de diversas células procariotas (endosimbiose seriada). Tamén, a posible aceptación da súa proposta según a simbioxénese é a principal fonte da novidade biolóxica pondría fin a cen anos de prevalencia do neodarwinismo. Súa importancia no evolucionismo e o alcance das súas teorías están todavía por ver.

    Estivo casada con Carl Sagan do cal divorciose, pero a pesar diso tiveron un fillo, polo cal se soubo da súa morte pola moi coñecidísima red “Facebook”

  11. Ana Domínguez di:

    Lynn Margulis, a máis molesta das “superfiguras” da Ciencia actual, a bióloga que puxo patas arriba a teoría da Evolución, a madre de Gaia, a eterna candidata a un Nobel que nunca recibiu e que merecía, a dona dunha das mentes científicas máis brillantes do último siglo, considerablemente, o mundo da Ciencia extrañará a sua ausencia.

  12. Sara Otero di:

    Mateo, definitivamente eu penso que isto non puido ser froito da casualidade, e que ti fuches a clave para completar algún tipo de ritual.
    Bromas aparte, quería dicirvos que o que máis me sorprendeu foi a temprana idade coa que entrou na Universidade (como ben dixo Karina, aos 16 anos).
    Considéroa unha persoa extraordinaria, por todas as aportacións e esforzos que fixo na súa vida. Por algúns foi recoñecida como unha das pensadoras sintéticas máis prodixiosas da bioloxía moderna.
    A súa teoría queda (de forma moi escueta) resumida ao seguinte: “ela aceptaba as ideas de Darwin; pero defende que os organismos son os verdadeiros protagonistas activos da evolución, mentres que o xenoma é o rexistro que estes organismos encárganse de modificar”.
    Déixovos este enlace para compartir con aquel que estea interesado nunha pequena entrevista que lle fixeron (soamente 3 preguntas), na que ela está a falar en castelán:
    http://campus.almagro.ort.edu.ar/primero/2011-bt1a/ciencias-naturales-1/articulo/172480/entrevista-a-lynn-margulis

  13. Nildes Abella di:

    Quero aportar que grazas a Lynn Margulis xunto con R. V. Schwartz, fíxose a clasificación actual, que todos coñecemos, dos seres vivos en cinco reinos.
    Esta bióloga estadounidense foi nomeada doutora honoris causa por numerosas universidades, entre outras, pola Universidade de Valencia, de Vigo, a de Madrid e a Universidade Autónoma de Barcelona, realizando, en colaboración con esta última, traballos de microbioloxía evolutiva no Delta do Ebro. Alí encontraron unha bacteria do tipo das espiroquetas (Spirosymplokos detaiberi). A innovación biolóxica sería a capacidade de movilidade celular, un fenómeno que nunca se presenciara en bacterias.

    Entrade nesta páxina se queredes saber máis:
    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/CATALUNA/Hallada/delta/Ebro/bacteria/explica/origen/celulas/elpepisoc/19970112elpepisoc_2/Tes

  14. Olalla Manteiga di:

    Sempre da rabia perder a estas persoas que aportan coñecementos e axudan a avanzar no terreo da ciencia. A min chamoume a atención que este ano Margulis dou o seu apoio a novas investigacións sobre o 11-S, concretamente sobre o derrubo do terceiro edificio este fatídico día. Ela argumenta que as explicacións dadas ata agora polo goberno e outros órganos relacionados coa investigación, demostran que non responderon e seguen a ser unha análise científica independente. Lynn Margulis detecta a presenza de microscópicos cristais de cor vermello-gris presentes nos escombros dos edificios que establecen unha sospeita moi forte da presenza de explosivos de alta potencia utilizados o día dos ataques.

  15. David Lamas di:

    Dame pena que científicas e persoas como Margulis morran, xa que a súa aportación a este campo da ciencia era moi grande e valioso.
    Eu queria falar da Teoría da simbiogénesis.
    Nesta Teoría Margulis considerou que, ao igual que as eucariotas xurdiron como consecuencia da interacción simbiogenetica de varias procariotas ( que son as bacterias), moitas das características dos organismos son o resultado de parecidas interaccións simbigenéticas.Ao mesmo tempo esta Teoría se contradicia co neodarvinismo, que era aceptado como válido para explicar a evolución da vida.

    Por se queredes saber máis do tema…
    http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_de_la_simbiog%C3%A9nesis

  16. Vladislav Babenco di:

    Lynn Margulis foi unha das personas en recibir unha medalla Darwin-Wallace pola súa aportación e dedicación a bioloxía.

    A medalla Darwin-Wallace é unha distinción que otorga a Sociedade Linneana de Londres cada cincuenta anos as personas que fan un recoñecemento a bioloxía. Gracias a sua teoría da endosimbiose lle foi concedida.

  17. Angelina Medvedeva di:

    Quero dicir que é unha grande magoa para a ciencia perdela e paréceme incrible que se saiba polo estado no facebook, e que non estiveran “vixiando” dalgunha maneira. Por algo cando morre un cantante enterrámonos enseguida, pero non neste caso. Sen quitarlles os méritos aos artistas, unha científica como ela merecería algo mais que iso.
    De verdade que é unha magoa.

  18. Evelin López di:

    Gracias a Margulis a división dos dos seres vivos é en 5 reinos, que son:
    Moneras: organismos procariontes (a bacterias),
    Protistas: unicelulares eucariontes (protozoos,algas unicelulares, fungos),
    Metafitas: vexetais pluricelulares (autótrofos),
    Fungos: pluricelulares heterótrofos con o sen tecidos pouco especializados,
    Metazoos: animais pluricelulares con tecidos y sistemas orgánicos complexos.
    Tamén grazas a sua teoría da Endosimbiose Seriada encontraron a resposta de como chega una célula procariota a convertirse nunha célula eucariota.
    Os organismos bacterianos como mitocondrias y cloroplastos unironse, etapa a etapa, dentro dun sistema mais complexo que se mantiña mediante a sombiose entre os seus membros: o beneficio do conxunto redundaba no individuo e viceversa. A teoría contradecía en parte as enseñanzas evolutivas enunciadas por Darwin (basadas nas mutacións).
    A pesar das críticas que recaían sobre ela, o final foi validada.

  19. Sabela Escourido di:

    Lynn Margulis foi nomeada profesora distinguida do Departamento de Geociencias da universidade de Massachussetts Amherst.
    No ano 1999 recibiu da mano do presidente Bill Clinton a medalla nacional da ciencia.
    A sido nomeada doutora honoris causa por varias universidades.Este titulo e un titulo honorífico que concede unha universidade a unha persoa eminente.
    Entre os seus numerosos traballos no campo do evolucionismo destaca por descubrir un importante hito na evolución,a súa teoría sobre a aparicion das celulas eucariotas como consecuencia da incorporación simbiótica de diversas células procariotas.

  20. Cristina Frade di:

    Bueno Mateo, malo será que fose un ritual.
    Eu quería falar do reino das moneras, como ben dixo Evelin está formado por todos os organismos procariotas unicelulares que conforman o noso universo. Atopei que estes organimos se organizaban formando colonias, e tamén que tiñan estas características:
    -Carecen de núcleo.
    -O DNA é circular.
    -O citoplasma non está compartimentado.
    -Xeralmente están rodeadas por unha parede protectora.
    -Ao seu arredor pode aparecer unha vaina mucilaxinosa.
    Os principais grupos deste reino son as bacterias e as algas cianofíceas.
    Xa se mencionou en comentarios anteriores que esta clasificación nos cinco reinos coñecémola grazas a esta brillante científica, Lynn Margulis, unha grande pérdida para o mundo científico.
    Déixovos dous enlaces por se queredes saber máis:
    (http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1bachillerato/organis/contenidos5.htm)
    (http://apuntes.infonotas.com/pages/biologia/seres-vivos/reino-monera.php)

  21. Diana Pérez di:

    Margulis considera que a síntesis evolutiva moderna (neodarwinismo) otorga a xenoma a cualidad de entidad fundamental na evolución, cos errores producidos na replicación como a orixen dos cambios que conducen a dicha evolución. Margulis niega a xenoma tal capacidad e otorga o protagonismo os organismos. Mentras que para o neodarwinismo o xenoma é o director do proceso e os organismos se limitan a seguir seus dictados, para Margulis son os organismos, os seres vivos, os que evolucionan e estampan o resultado disa evolución no xenoma. Según ela, os organismos son os verdaderos actores do proceso e o xenoma un rexistro que estes organismos se encargan de emcher e modifica.

  22. Laura González di:

    Yo quería mostraros uno de los libros de Lynn Margulis, ”Peces luminosos: historias de amor y ciencia”.En este libro, la autora muestra que la simbiosis es crucial para los orígenes de las novedades evolutivas. Margulis explica el origen simbiótico de muchas de las más importantes innovaciones de la evolución. Iconoclasta y siempre contracorriente, Lynn Margulis es autora de una revolucionaria teoría sobre el origen de la vida, que según ella se debe a la simbiosis de dos bacterias.

  23. Amir Pose di:

    Eu quería mencionar a Konstantín Merezhkovsky que foi un importante biólogo e botánico ruso responsable da teoria da simbiogénesis desarrollada a partir do seu estudo con líquenes; E.Wallin(EEUU) e Paul Portier(Francia) tamen foron importantes evolucionistas desta teoria. A partir do traballo practicamente olvidado destes homes Lynn Margulis trata de extender a teoria.
    Aqui vos deixo un enlace que fala de Konstantín Merezhkovsky:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Konstant%C3%ADn_Merezhkovski

  24. Yannick Afonso di:

    Me da mucha pena claramente que fallezcan personas y sobre todo personas inteligentes como esta científica estadounidense que fue la autora de la teoría de la simbiogénesis, que desafía las teorías neodarwinistas con el argumento de que las variaciones heredadas no se deben a mutaciones al azar…Hizo muchas más cosas interesantes pero solo digo que D.E.P

  25. Lema Nuria di:

    Por uns motivos ou por outros, poderiase considerar unha perdida moi importante o falecenmento desta gran muller simplemento polo feito dos seus amplos coñecementos e a su parte de interese que a fixo investigar nun campo tan amplo coma o da evolución celular e o da evolución xeral dos organismos e os seus apartados máis pequenos e tamen importantes. Pero ben é certo que o que se extudia e se expón abre novas portas a investigación e a ampliación dos coñecementos, feitos que fixo esta gran muller.

  26. Lúa Roldán di:

    Quero mencionar que unha das persoas que axudou a desarrollar a Teoría da simbiose foi Konstantín Merezhkovski,nacido en San Petesburgo no 1855.En 1926 presenta o seu libro´Simbioxénese e a orixe das especies,onde de forma máis madura presenta as súas teorías evolutivas afirmando a posibilidade de que os cloroplastos das células vexetais son organismos fotosintéticos,cianobacterias,en simbiose.
    Mereschkowsky rexeitou a teoría evolutiva de Darwin, as súas ideas tendían a aceptar que a selección natural non se realiza a través de mutacións aleatorias, senón pola incorporación de simbiontes. Modificadas ao longo do tempo, estas teorías foron retomadas en 1966 pola investigadora estadounidense Lynn Margulis baixo o nome de ´Teoría da Endosimbiose´.
    Foi tamén un importante biólogo e botánico.

Deixa unha resposta