Enfermidade do bico

A mononucleose infecciosa, ou febre glandular, ou enfermidade de Pfeiffer ou a coñecida comunmente como “enfermidade do bico”, é unha enfermidade infecciosa. É causada polo virus Epstein Barr (VEB), un virus moi extendido que pertence á mesma familia do virus herpes, ao cal se expoñen a maioría dos nenos e nenas durante o proceso de crecimento, aínda que os síntomas son moi leves. Aparece con máis frecuencia en adolescentes e adultos novos, e os síntomas que a caracterizan son febre, gorxa inflamada ou dor de gorxa, inchazo dos ganglios linfáticos, fatiga e decadencia. Outros síntomas comúns inclúen calafríos, sudoración, dor de cabeza, dor nos músculos e/ou nas articulacións.

O termo mononucleose infecciosa foi introducido en 1920 por Emil Pfeiffer, cando se describiu unha síndrome caracterizada por febre, linfadenopatia, fatiga e linfocitose en seis pacientes. Pero en 1968, Henle demostrou que VEB era o axente causante do síndrome da mononucleose (MNS) asociada á presenza de anticorpos heterófilas.

Na maioría dos casos, o tratamento basease no descanso, alta inxestión de líquidos e na toma de ibuprofeno, paracetamol ou outros axentes antipiréticos para reducir a febre. O virus é eliminado con fluidez e os síntomas xeralmente desaparecen en catro semanas aínda que o inchazo dos ganglios linfáticos e o engrosamento do bazo pode persistir durante máis tempo.

Unha complicación que ten a mononucleose é que o bazo ínchase, e é moi fácil que rompa, isto provocaría unha hemorraxia interna, febre moi alta, dor abdominal e por suposto cirurxía de urxencia. Para prever isto os expertos recomendan como mínimo treinta días sen exercicio físico.

O virus é eliminado ata 18 meses despois da infección primariae, a continuación  elimnarase de forma intermitente ao longo da vida.

Autora: Mila Mosquera.

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Enfermidade do bico

  1. Yannick Afonso di:

    Paréceme moi interesante este tema,xa que ocorre na nosa vida cotidiá,e pódenos pasar a calquera.
    Ven dado como dí no texto polo virus Epstein-barr que é un virus da familia herpesvirus,e é a maior causa da mononucleósis aguda infecciosa,que como dí no textoeste termo foi introducido por Emil Pfeiffer,médico alemá que decubriu tamén a adenopatía cervical,que se chamou enfermidade de pfeiffer.
    A Adenopatía cervical é o aumento do volume o inflamación dos ganglios linfáticos(estructuras nodulares que axudan ó corpo a recoñecer e combatir xérmenes, infecciós e outras substancias extrañas), acompañado o no da febre. Cando o trastorno se debe a unha infecció,fálase de adenitis e cando a infecció ocupa os canales linfáticos,úsase o termo de linfangitis.

  2. Sara Otero di:

    Eu estiven á procura de máis información sobre esta enfermidade, xa que pode estar máis presente nas nosas vidas do que nos pensamos.
    De feito, actualmente está presente no meu entorno. Por iso preocupeime de buscar sobre o seu contaxio. Como ben dixo Mila, trátase dun virus que permanece de por vida, o cal non significa que sempre será contaxioso. Co tempo haberá moitas menos probabilidades de contaxiala a outra persoa. Unha persoa infectada pode tardar en presentar os síntomas entre 4 e 7 semanas. Pero tamén é posible que unha persoa sexa portadora pero non presente ningún dos síntomas.

  3. Ana Domínguez di:

    Esta enfermidade, a simple vista parécenos case imposible que nos pase a nós, pero non é certo, xa que cada día é mais frecuente na sociedade. É mais frecuente nos xóvenes, xa que eu teño varios amigos que sufriron esta enfermidade, se non se trata ben e a tempo pode ser incluso mortal,aínda que hai moi poucos casos. Hai que ter moita precaución e non beber do mismo vaso, non dar bicos e nada que leve o contacto da saliva. En resume esta enfermidade, é que o bazo inflámaseche y se non se coida ben pode chegar a romperse e desangrarse. Os síntomas soen durar unhas 4 semanas.

  4. Naomí Mosquera di:

    Xa que menciónase o virus herpes farei un pequeno resumo do que se trata, xa que este virus é moi frecuente na nosa vida cotidiá.
    O virus do herpes produce diversos tipos de infecciones,concretamente dase en superficies tales como a zona labial e a zona xenital. A transmisión é entre personas, por ter contacto coa saliva infectada no caso do herpes labial ou por relacións sexuais no caso do herpes xenital. É case imposible que o herpes se transmita por asientos dos inodoros, piscinas, bañeiras, lugares de hidromasaxes ou toallas húmedas. Tamén pode ser que unha madre infectada transmita o virus o seu bebé durante e después do parto. Para tratar isto existen medicamentos que axudan á rápida sanación facendo que os síntomas non sexan tan dolorosos e disminuen a aparición de erupcions mentres se ingieren os medicamentos. Istos remedios non matan o herpes nin impiden que volvan a reaparecer nun futuro, unha vez contraído o virus se ten para sempre, aunque non se teña ningún síntoma.

  5. Thiago Echevarría di:

    A min o que me chamou atención e que o virus pode permanecer de por vida no noso organismo. O virus a acabo dun tempo deixa de ser contaxioso, e é moi pouco probable que unha persoa que tivo mononucleose contaxie a outra persoa.

    Parece mentira que estas enfermidades que hoxe en día ten cura… fai uns anos podía provocar a morte,isto demostra que a ciencia no campo da medicina avanza, pero podía avanzar mais se envirtesemos mais diñeiro…

  6. Yaritza Castillo di:

    el virus de epstein-barr es un virus de la familia herpesvirus. se dise que esta infeccion se da por todo el mundo este virus aparese con mas frecuencia en los adolescente y en los adultos. este virus fue reportado por primera vez en el año 1964

  7. Nahir Roig di:

    Paréceme increible que se incube esta enfermidade entre 4e6 semanas.Do mesmo xeito que e increible como un virus podar durar non noso organismo mais de 18 meses.
    A mononucleosis pódese contaxiar de diferentes formas, a mais normal é por un bico cunha persoa que teña dita enfermeda por iso chámaselle “enfermidade do bico”, pero pódese contaxiar de forma que eu nunca houbese pensando, dede comparti un vaso, un cepillo de dentes ou mesmo unha pinta beizos.
    Pareceme increible o corpo humano e as enfermidades de este.

  8. Karina Espiñeira di:

    Emil Pfeiffer naceu o 1 de marzo de 1846 – e morreu o 13 de xulio de 1921.Foi un bacteriólogo y pediatra alemán. Estudou medicina nas universidades de Bonn, Würzburg, e Berlín. Recibiu o seu doctorado en Berlín en 1869.Como pediatra ocupouse de cuestións relativas á nutrición infantil,e fixo campaña a favor da creación de hogares infantís e garderías.
    É coñecido por describir a mononucleosis infecciosa (tamén coñecida como “mono”, “febre glandular” o “a enfermidade do bico”), e a adenitis febril de Pfeiffer, unha enfermidade infecciosa do texido linfático inducida polo Virus de Epstein-Barr.

    Deixovos este enlace para que vos informedes un pouco máis sobre este tema: http://vidayestilo.excite.es/enfermedad-del-beso-G28507.html

  9. Adela di:

    Que tipo de organismos son os virus? Cantos tipos hai descritos? Como se dividen?

    • Thiago Echevarría di:

      O virus e unha entidade moi pequena que necesita invadir unha célula viva para poder reproducirse. Unha vez no seu interior, o virus toma o control da célula para crear novos virus. A célula estalla e os virus quedan libre.

      Según o comité internacional para la taxonomía dos virus, existen 1938 virus. Isto non quere decir que sexan todos os que existan no mundo.

      Os virus non se poden combatir con antibióticos xa que non lles afecta, so se poder combatir cos anticorpos.

    • Cristina Frade di:

      No referente á bioloxía un virus é unha entidade infecciosa microscópica que soamente se pode multiplicar no interior doutras células.
      Son demasiado pequenos como para que os poidamos observar cun microscopio óptico, polo que tamén se son denominados submicroscópicos. O primeiro virus foi descuberto por Martinus Beijerinck, o denominado virus do mosaico do tabaco.
      Segundo datos que eu atopei, ata o ano 2008, diferéncianse 2083 especies de virus, que se dividen en 307 xéneros, 82 familias e 5 órdenes.

    • Nildes Abella di:

      Os virus son microestructuras sinxelas, compostas de proteínas e ácidos nucleicos (ADN ou ARN).Son capaces de reproducirse mediante división celular só en células vivas espécificas. Son causa de numerosas enfermidades como a sida ou a gripe.

      Hai millóns de diferentes tipos de virus; e unicamente ó redor de 5.000 foron descritos detalladamente.
      Os tipos de virus son:
      Virus que parasitan bacterias: bacteriófagos
      Que parasitan células vexetais: virus do mosaico do tabaco
      Que parasitan células animais: sida, sarampión,

  10. joeltaibo di:

    O virus é un organismo infeccioso e microscópico, esta entidade ataca as celulas do corpo que habita e multiplicase. Os virus afectan a todos os tipos de organismos.
    Son os organismos mais abundantes no mundo, e dende o seu descubrimento en 1899, encontraronse mis de 5000 exemplares diferentes

  11. Santiago de la Iglesia di:

    Os virus son orgánismos biológicos infecciosos e submicroscópicos que soamente se poden multiplicar nas células doutros organismos vivos (animais, plantas, bacterias,etc.). Hoxe en día sábense de 5.000 virus, pero aínda así estímanse millóns. Divídense de forma súbita cunha fisión binaria.

  12. David Lamas di:

    Paréceme sorprendente como podemos contraer esta enfermidade, e as consecuencias que ten para o noso organismo, xa que moita da xente que contrae a enfermidade e non a cura ben o seu organismo reséntese, e aféctalle o dobre as enfermidades que poida contraer despois en comparación con outra persoa.
    Por iso paréceme tan interesante esta noticia, xa que non se nos pasa pola cabeza que poidamos contraer esta enfermidade, e menos ainda as consecuencias que poida ter.

  13. Cristina Frade di:

    Eu querería comentar algunha enfermidade infecciosa, primeiro unha breve introducción:
    As enfermidades infecciosas son aquelas causadas por microorganismos ou microbios patóxenos que penetran nos outros organismos. Son case a metade das enfermidades que existen, ou máis ben, que coñecemos.
    Vou falar do virus da gripe, este virus é causado por un tipo de virus de ARN. Nos humanos afecta ás vías respiratorias, aínda que pode estar acompañado de febre, dor de estómago ou dores musculares, articulares ou de cabeza ademáis de tos. En algúns casos pode derivar nunha neumonía que á súa vez pode resultar mortal, tanto en nenos pequenos coma en anciáns. Desenvolvéronse uns medicamentos para combatir os virus, coñecidos coma antivirais, o encargado de combatir a gripe é o “oseltamivir”, popularmente coñecido como “Tamiflú” que é elaborado polo laboratorio Hoffman La-Roche. Pese a que os medicamentos alivian os síntomas o noso organismo é quen os elimina.

  14. Olalla Manteiga di:

    Eu vou falar da varicela. A varicela é unha enfermidade contaxiosa causada por un virus da familia dos herpesvirus. É unha enfermidade moi usual na infancia, e soe ser leve, pero en adolescentes e adultos pode presentar complicacións. Dura ao redor dunha semana e pode verse en calquera época do ano. Transmítese por contacto directo ou por vía aérea. Os enfermos son contaxiosos dende dous días antes de aparecer a erupción. Recoméndase tomar paracetamol en caso de febre e repouso ata que cesen os síntomas.

  15. Ignacio Pena di:

    Eu queria profundizar no virus de Epstein-Barr é un virus da familia dos herpesvirus. É a mayor causa de la mononucleosis aguda infecciosa, síndrome común caracterizado pola fiebre, gorxea irritada, fatiga extrema y glandulas linfáticas inflamadas. A infección polo virus de Epstein-Barr dase en todo o mundo.

    Deixovos un enlace para profundizar todavia mais sobre este virus:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Virus_de_Epstein_Barr

  16. Sabela Escourido di:

    Eu quería falar da Rubéola,e unha enfermidade de pouca gravidade(xeralmente afecta aos nenos) e provocado polo virus da Rubéola.Só ao ser contraído pola nai no embarazo,supón unha gravidade para o feto,no 20% dos casos hai aborto.
    A Rubéola caracterizase por unha erupción na pel, inflamación de glándulas e especialmente nos adultos dores nas articulacións.Polo xeral a erupción na pel sole durar tres dias e aveces orixina un chisco de febre.

  17. Victoria Zherdeva di:

    Me parece muy bien que hablemos de infecciones ya que hay tantos y no todos son conecidos muy bien y pueden ser mas peligrosas de lo que pensamos, como por ejemplo la enfermedad del beso.
    Los virus varían en su forma, desde simples helicoides o icosaedros hasta estructuras más complejas. El origen evolutivo de los virus aún es incierto, algunos podrían haber evolucionado a partir de plásmidos (fragmentos de ADN que se mueven entre las células), mientras que otros podrían haberse originado desde bacterias. Además, desde el punto de vista de la evolución de otras especies, los virus son un medio importante de transferencia horizontal de genes, la cual incrementa la diversidad genética.
    Los virus se diseminan de muchas maneras diferentes y cada tipo de virus tiene un método distinto de transmisión, lo cual puede dificultar a los médicos, para poder detectarlo y destruirlo.

  18. Himar Garcia di:

    Os virus son axentes infecciosos microscópicos que replican só dentro das células de plantas e animais. Os virus son unhas dez veces mais pequenos que as bacterias e a súa estrutura consiste nun ácido nucleico (DNA ou RNA) envolto nunha fina capa de proteínas. Os virus causan varios tipos de enfermidades coma o arrefriado común, a varicela, polio e Síndrome de inmunodeficiencia Adquirida (SIDA). Algúns tipos de virus do papiloma humano (HPV) poden causar cancro.

  19. Ishaka Osigbemhe di:

    En General no es una enfermedad Grave pero puede haber complicaciones que agraven la enfermedad, algunas dependientes del estado inmunológico y otras sin causa conocida. Las complicaciones del sistema nervioso incluyen meningitis, encefalitis y síndrome de Guillain Barré, (una parálisis progresiva transitoria).
    Excepcionalmente puede producirse la rotura del bazo, el que puede sangrar llevando al Shock al enfermo Puede haber disminución de las plaquetas (sangramientos), glóbulos rojos, glóbulos blancos, inflamación de los testículos (orquitis), y del corazón (miocarditis).
    Los casos graves se pueden deber a alguna de las complicaciones anteriores o al llamado síndrome linfoproliferativo una complicación por la cual el virus se multiplica en los linfocitos B sin que pueda ser inhibido por las defensas naturales produciendo una invasión anormal generalizada del virus o en forma de linfomas o tumores linfáticos.
    Este virus se asocia a las alteraciones de proliferación linfática que se producen en muchas deficiencias inmunológicas, incluidas la producida por el VIH (virus de la inmunodeficiencia humana) y en los estados postransplante en forma de reactivaciones.
    También se ha relacionado este virus con el Síndrome de Fatiga Crónica.

  20. Alexandra Parceiro di:

    Pareceme importante dedidcarlle unha noticia a este tipo de enfermidades, xa que estan moi presente na nosa sociedade e moita xente non lle da ningunha importancia.

    Qería falar un pouco do cientifico que nombrou Cristina Frade, a Martinus Willem Beijerinck. Naceu no 1851 en Ámsterdam e finou no 1931 en Lochem. Foi un naturalista, botánico, e microbiólogo neerlandés.
    É considerado un dos fundadores da viroloxía, e demostrou, empleando filtros extremadamente finos, que o axente patóxeno responsable da enfermidade do mosaico do tabaco* é moito máis pequeno ca unha bacteria. Él os nombra virus.
    Recibe a Medalla Leeuwenhoek en 1905.
    No seu honor, a “Academia Real de Artes e de Ciencia dos Países Baixos”, fundaron 1965 o Premio M.W. Beijerinck”.

    *O virus do mosaico del tabaco, Tobacco mosaic virus ou TMV, é un virus ARN que infecta plantas, especialmente o tabaco e a outros membros da familia Solanaceae. A infección produce manchas características nas follas (de ahí o seu nome).
    Foi o primer virus descuberto. Ainda que dende fins do siglo XIX sabíase que esta enfermidade infecciosa dañaba as cosechas do tabaco, non foi hata 1930 que pudo determinarse que o axente infeccioso era un virus.

  21. Roxana Cadena di:

    Esta entrada sorprendeume moito xa que había escoitado falar de esta enfermidade pero non sabia os seus sintomas, e sorprendéume moito que teña unos sintomas graves é que tarde tanto tempo en recuperarse dela.
    Gùstariame engadir algo máis na informacion de Cristina sobre a gripe:
    Encontrei que a gripe xa existiu desde o antigo Egipto, todo isto o souberon porque encontraron xerogrificos donde explicaban os coidados e as prevencions de aqueles tempos.Tamén en America encontraron esta enfermidade nas sivilizacións dos Aztecas e mayas.
    Para máis información os deixo este enlace :
    http://saludhealthinfo.com/es/salud/Historiadelagripe.html

  22. Laura González di:

    Ya que estamos hablando de la mononucleoisis que consiste en la inflamación de la garganta, quería hablaros de una enfermedad similar, la amigdalitis o anginas:
    La amigdalitis o anginas es la inflamación de una amígdala palatina o ambas (masas de tejido ovales, carnosas, grandes que están en la pared lateral de la orofaringe a cada lado de la garganta). Estas agrupaciones de tejido contienen las células que producen anticuerpos útiles en la lucha contra la infección.
    Hay muchas causas, virus y bacterias altamente contagiosas, para la amigdalitis.
    Amigdalitis aguda
    Es la inflamación de las amígdalas palatinas causada por el EBGA. Si no se trata a largo plazo puede producir infecciones generalizadas y amigdalitis bacteriana crónica y permanente, que puede ocasionar fiebre, dolor de cabeza, y malestar general.
    Amigdalitis crónica bacteriana
    Tiene varias formas de repetición: hipertrofia de amígdalas palatinas, amigdalitis de repetición, y amigdalitis caseosa.

  23. Rebeca Vila di:

    Pois eu quero aclarar que é o estreptococo beta hemolítico. Son un xénero de Bacterias Gram positivas (aquelas bacterias que se tinguen de azul escuro ou violeta pola tinción de Gram). Estas bacterias crecen en cadeas ou pares, onde cada división celular ocorre ao longo dun eixo. As especies de estreptococus que producen enfermidades son os de grupo A, de grupo B, neumococo, streptococcus viridans e streptococcus mutans.
    A do grupo A é a que esta relacionada anginas e que ten os mesmos síntomas ue a mononucleosis.

  24. Evelin López di:

    Eu quería aportar máis información sobre a farinxite estreptococica.
    Os síntomas deste virus inclúen dor de gorxa, febre e dor de estómago, xunto coa inchazón e enroxecemento das amígdalas.
    As bacterias que causan a farinxite estreptocócica tenden a presentarse no nariz e na garganta, polo que esturnudar, toser ou a aperta de mans con alguén son formas fácilmente de estender a infección a outras persoas. Por iso, é importante lavar as mans con frecuencia.
    A maioría dos dores de gargantas son causados por virus. Se ten conxestión nasal, tose, ronquera, e ollos vermellos e llorosos, probablemente é un virus e a afección curará por si soa.
    A farinxite estreptocócica é diferente. Signos de que a tes, inclúen: manchas vermellas e brancas na garganta, dificultade para tragar, ganglios linfáticos inchados, dolores o tocar cada lado do pescozo, amígdalas vermellas e ampliada, dor de cabeza, dor de estómago , febre, debilidade, malestar, perda de apetito e náuseas.
    Ista enfermidade é tratada con unha inxección de antibióticos ou antibióticos para tomar por vía oral, por preto de 10 días. Se toma a vacina, xa completará o tratamento. Comezas a sintirte mellor unhas 24 horas despois do inicio deste.
    Aínda que non te sintas mal, é importante seguir a tomar antibióticos ata o último día. Se o tratamento non é rematado, corre o risco de desenvolver febre reumática, que pode causar danos permanentes ao corazón.

  25. Angelina Medvedeva di:

    Outra das enfermidades transmitidas pola vía oral é a hepatite A, que é unha enfermidade infecciosa do fígado. Os seus síntomas primarios poden ser erroneamente asociados a outra enfermidade infecciosa, e hai xente na que tardan en aparecer.
    Unha vez no corpo, o virus vai ao sangue, e e como chega ao fígado. O que fai é danar as células do fígado. Causa intoxicación, aumento do tamaño do fígado e do bazo, e, nalgúns casos, ictericia.
    O período de reposo adoita ser entre 15 e 50 días e o porcentaxe das mortes a causa da hepatite e bastante baixa.

  26. Nerea Pardo di:

    Gustaríame aportar un pouco mais de información sobre a distribución de este virus. Atópase por todo o mundo, estimándose que ata o 95% dos adultos entre 35 e 40 anos foron infectados.Os nenos son susceptibles tan pronto como desaparece a protección de anticorpos maternos.
    A mononucleose infecciosa é, por regra xeral, unha enfermidade de xente nova.Nos grupos socioeconómicos menos favorecidos e zonas do terceiro mundo, a enfermidades adoita afectar aos nenos, mentres que nas áreas con mellores estándares sanitarios a enfermidade contráese mais tarde.
    É transmitido mediante saliva infectada, normalmente a partir de adultos sintomáticos e adoita ocorrer cando se bican. Con contaxios menos íntimos, o contaxio é menor.
    Nalgún caso produciuse a transmisión do virus mediante transfusións e transplantes de medula.

  27. Mateo Fdez di:

    Querería reseñar que o meu irmán tivo mononuclose o pasado, pero sen embargo non chegou nin de lonxe a estar 4 semanas enfermo, senon a metade. Isto lévame a pensar que, se a duración media é correcta, ou meu irmán é un superhome ou cúmprese aquelo de que cando somos novos o noso sistema inmunolóxico (e o noso corpo en xeral), é capaz de asumir os cambios con maior rapidez (unhas febres altas non son excesivamente extrañas durante a infancia).
    http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/004008.htm

  28. Diana Fernández di:

    Eu tamen quero nomear outro virus que se transmite pola saliva. Chámase citomegavirus:
    É unha infección viral con síntomas e forma de trasmisión similares a mononucleosis: a través da saliva, fluidos e sangue. Os síntomas parecense a dos dunha gripe forte, e,aínda que non soe transformarse nun mal maior, sí trae complicaciones as embarazadas.
    Se queredes saber máis aquí vos deixo un enlace con máis información:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Citomegalovirus

  29. Beatriz Castro di:

    A boca é un órgano moi importante que ten varias funcións, é a vía de entrada dos alimentos, é un órgano de comunicación e de expresión de afecto e conecta cos sistemas dixestivo e respiratorio.
    As enfermidades da boca poden afectar aos dentes e molas, ás enxivas, ás mucosas, á lingua ou aos beizos. As principais e máis frecuentes son infecciosas, é dicir producidas por bacterias, virus ou fungos, aínda que tamén as hai crónicas como o cáncer de boca ou as causadas por accidentes.

    Hai moitas enfermidades que pódennos atacar a través da boca, para evitalo debemos cumprir estes consellos:
    -O cepillado correcto despois de levantarse e de cada comida.
    -Utilizar o cepillo para a lingua axuda a eliminar bacterias, ademais de facer enxaugaduras
    cun antiséptico bucal.
    -A visita ao dentista polo menos unha vez ao ano.
    -Evitar utilizar os dentes como ferramentas para cortar ou outras cousas que podan danalos.
    -Evitar os golpes na boca.
    -Alimentarse ben, comendo froitas e verduras que axudan a previr infeccións.
    -Utilizar fío dental.
    -Evitar fumar.

  30. Xisela Lema Díaz di:

    A verdade é que é unha enfermidade bastante dura para o que a ten que pasar. Busquei información acerca de esta enfermidade e encontrei isto:

    Unha vez que unha persoa contrae mononucleose, o virus permanece no seu corpo de por vida. Esto, non significa que as persoas que unha vez tivieron mononucleose sempre contaxiarán a enfermedade. Co tempo, o virus vólvese menos contaxioso. Á larga, será moi pouco probable que a persoa que tivo mononucleose transmita o virus a outra persoa.

    As persoas con mononucleose poden contaxiar o virus apenas se infecten con él, pero é posible que, nas etapas tempranas, non sepan que o teñen. Isto débese a que a persoa infectada tarda un tempo en presentar os síntomas da mononucleose; de feito, tárdase entre 4 e 7 semanas. Este período denomínase período de incubación.

    Para aumentar todavía máis a confusión, algunhas persoas poden ser portadoras do virus sen ter ningún síntoma de mononucleose, polo que posiblemente non sepan sequiera que teñen a infección.

  31. Nildes Abella di:

    Estiven lendo os comentarios, e case todos falan de enfermidades que afectan ós animais.E as plantas?

    Eu vou falar dun virus habitual nas plantas de pementos (PMMV)*, sobre o que se está investigando por se pode ser o primeiro que afecte ós humanos.
    Un grupo de investigadores da Universidade do Mediterráneo en Marsella, dirixidos por Didier Raoult sosteñen que o PMMV é capaz de causar febres, escozor e dores de cabeza ás persoas.
    Despois de facer un estudio comprobou que as persoas que tiñan este virus nas heces eran máis propensas a sufrir estes trastornos.
    Con todo isto o equipo de Raoult segue traballando para obter evidencias máis directas do que podría ser un dos mayores logros da historia actual da mediciña.

    Aporto un enlace por se estades interesados:
    http://mundoanimalyvegetal.blogspot.com/2010/04/el-primer-virus-de-plantas-que-afecta.html

    *pepper mild mottle virus

  32. Lema Nuria di:

    A chamada enfermedade do bico, tamen coñecida mononucleosis está presente nas mentes de todo los adolescentes a causa do momento da vida no que toca experimentar. Chamame a atención que unha vez pasada a enfermidade aínda permanece no noso organismo. Como unha enfermidade tal como é a mononucleosis pode chegar a ter estas síntomas e solo o reposo e bo? Tamén cabe destacar os sintomas que pola transmisión da saliba na que o virus se contaxia, chagan tales como a fatiga a fiebre, gangleos inflamados etc. Grazas a henle e o seu traballo por investigar a enfermidade nalgúns pacientes descubriu de que se trataba e asi a día de hoxe sabemos con que enfermidade nos atopamos e a sua cura.

  33. Cristina González di:

    O Síndrome de Fatiga Crónica (SFC) que algún compañeiro nomeou é unha enfermidade grave complexa e debilitante caracterizada por unha fatiga intensa, física e mental, que non remite, de forma significativa, tras o reposo e que empeora coa actividade física ou mental.
    A aparición da enfermidade obliga a reducir sustancialmente as actividades da vida cotidiana.
    Algúns pacentes do Síndrome de Fatiga Crónica (SFC) padecen diversos síntomas inespecíficos, como: debilidade moi especial nas pernas, dolores musculares e articulacións, deterioro da memoria ou da concentración, intolerancia aos olores, insomnio e unha moi lenta recuperación, de forma que a fatiga persiste máis de vintecatro horas despois dun esforzo.

    Aínda non se coñece a causa do Síndrome de Fatiga Crónica (SFC), pero a maior parte de grupos de estudiosos pensan que as infeccións (sobre todo as producidas por determinados virus), a resposta autoinmune e os axentes tóxicos ou as sustancias químicas, poden desencadear a enfermidade incluso a dosis consideradas “de seguridade” para a maioría da poboación.

  34. Amir Pose di:

    Por desgraza eu tiven a mononucleosis ai un par de anos e duroume moito tempo, os sintomas mais claros arredor de 3 semanas un mes, pero o cansancio e a infeccion duraronme aproximadamente ano e medio.
    A parte dos problemas no bazo diversos organos poden resultar danados, no meu caso o higado funcionaba mal durante as tres semanas que estiven enfermo; a partir desta enfermidade o meu sistema empeorara bastante xa que collia catarros infeccions de garganta e diversas enfermidades con mais facilidade.
    Aqui aparece todo o que queirades saber a cerca da mononucleosis, por se tedes dubidas:
    http://www.blog-medico.com.ar/noticias-medicina/mononucleosis-infecciosa-enfermedad-del-beso.htm

  35. Vladislav Babenco di:

    Gustariame aportar información sobre a enfermidade de Hodgkin.

    A enfermidade de Hodghkin ou linfoma de Hodgkin é un cáncer que se orixina no texido linfático e que comprende dende os ganglios linfáticos ata o sistema inmunolóxico e productor de sangue ( sistema cardiovascular ).

    Esta enfermidade podese orixinar case en calquera parte do corpo xa que o sistema linfático esta distribuido por todo o corpo, aunque normalmente se orixina na parte superior do corpo, sendo o tórax , as axilas , etc…

    Ao desenvolverse esta enfermidade, o tamaño do tecido linfático aumenta de tamaño,presionando sobre partes importantes do corpo como poden ser o corazón ou os pulmóns.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Enfermedad_de_Hodgkin

  36. Carlos García di:

    Paréceme moi interesante falar desta enfermidade porque eu vivína de cerca. O meu irmán padeceu a “mononucleose infecciosa”. Atopábase moi canso, tiña as anxinas inchadas e moita febre e aínda tomando os antibióticos non melloraba. Foi ó médico dúas ou tres veces e seguía igual, ata que acudiu a urxencias e cunha análise dixéronlle que tiña a enfermidade. É moi fácil confundir a mononucleose cunha infección bacteriana pero na enfermidade do bico non se debe administrar antibióticos porque pode empeorar. Ó ser unha enfermidade de tipo vírico o tratamento é con medicamentos só para baixar a febre ou a dor.
    Cando non estaba diagnosticada, e sendo unha enfermidade que se transmite por medio de vía oral, eu estaba en contacto co meu irmán e non ma transmitiu.

  37. Jesús López di:

    Xa que estamos falando dos virus eu queria falar un pouco sobre a gripe A, chamada tamén a gripe porcina.
    A gripe porcina é unha doenza infecciosa provocada por un virus gripal, coñecido como virus da gripe porcina que é endémico nos porcos. Os virus gripais porcinos máis frecuentes pertencen ó subtipo H1N1 pero tamén se encontran outros subtipos: H1N2, H3N1, H3N2 e H2N3. Aínda que a gripe porcina non afecta polo xeral a persoas, existen casos esporádicos de infeccións, xeralmente en individuos con contacto intenso con porcos e aves de curral, pero non sempre é así e os síntomas son semellantes aos da gripe humana normal, é dicir da toda a vida : febre, calabríos, dor de gorxa e musculares, tos, malestar xeral e nalgúns casos náuseas, vómitos e diarrea. Estos síntomas en alguns casos ata poden ser mortales.

Deixa unha resposta