Os homínidos, as nosas orixes

Calcúlase que hai 180 millóns de anos, cando aínda dominaban os réptiles o planeta, apareceron os primeiros mamíferos sobre a Terra. A multitud de especies de mamíferos que comezaron a desarrollarse eran moi diferentes as que coñecemos actualmente e moitas delas desapareceron por completo. Os seres humanos pertencemos ao grupo dos primates.

Para os paleontólogos, o punto de inicio da historia da humanidade empeza coa aparición dos primates, fai uns 65 millóns de anos. Os primeiros eran uns pequenos seres que comezaron a vivir nos árboles. Entre as especies que pertencen aos primates encontramos ao ser humano, o simio, o mono e as musarañas.

Estas especies, debido a procedencia da mesma familia, guardan similitud co ser humano. Según estudios o noso último ancestro entre humano e chimpancé existiu fai 6 ou 7 millóns de anos. Despois de esta separación aparece o primer homínido, chamado Australopithecus, posteriormente Homo habilis, o primeiro especímen do xénero Homo ao que pertencemos os humanos modernos.

Aquí deixovos un enlace moi interesante sobre a nosa evolución : http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/historia/histdeltiempo/mundo/prehis/t_evolu.htm

Autora: Ana Domínguez

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Os Homínidos. Garda o enlace permanente.

43 Responses to Os homínidos, as nosas orixes

  1. Paula Manteiga di:

    Sorprendeume moito pensar que fai máis de 180 millóns de anos xa houbera mamíferos na Terra; os mamíferos orixináronse a finais do Triásico, probablemente a partir dos réptiles Terápsidos, evolucionaron lentamente durante o Xurásico e o Cretácico e debido a extinción de moitos reptiles se expansionaron polo Terciario.
    Se sabe máis ou menos como eran os primeiros mamíferos debido os seus fósiles.

    Os deixo un enlace de “Wikipedia” que fala da evolución dos mamíferos.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Evoluci%C3%B3n_de_los_mam%C3%ADferos

  2. Olalla Manteiga di:

    Este paréceme un tema moi interesante e sempre me chamou a atención. Un homínido é un descendente do primate capaz de manterse erguido bípedamente. O primeiro que se atopou data de 10 millóns de anos atrás, aparecido no continente de África. A min sobre todo despértame interese o “Homo erectus”. A súa orixe atópase fai 1,8 millóns de anos. Era omnívoro. Fabricou ferramentas máis elaboradas que o seu antecesor, o “Homo habilis”, básicamente feitas de pedra e óso. Foi o descubridor do lume, un gran avance que lle permitiu aumentar a dieta e habilitar novos territorios, xa que proporcionaba calor, luz e seguridade. Ademais, este descubrimento foi moi útil porque perdurou ao longo dos séculos e seguirao facendo. En canto ao seu físico, era moi robusto e cun talle elevado. Tiña un cráneo baixo e redondeado e unha capacidade craneana dúas veces superior á dos seus antecesores. O seu corpo podía soportar fortes movementos debido ás súas prominentes masas musculares.

  3. joeltaibo di:

    O rasgo que mais me gusta da evolución humana é o periodo de bipedestación, pois por cambios no entorno dos primates, estes sentíronse na obriga de deixar os lugares altos para buscar comida e novos fogares, a sua posición desde o solo viuse afectada pois tiñan una visivilidade muy reducida o que deu lugar a que os primates foran unha presa facil, comezaron erguéndose de vez en cando para aumentar a sua visión e co paso do tempo isto provocóu que os primates comezaran a camiñar con duas das suas patas, realmente isto é unha ventaxa, xa que a marcha bípeda gasta menos enerxia, tamen facilita o transporte de materiais, e fai que o ser vivo este menos exposto a o sol, ademais disto e mais lenta que a dos outros animais pero cansa moito menos o que da lugar a que se poidan facer largos traxectos, tamen destacar, que de todos os animais da sabana os homínidos foron os unicos que desenrrolaron a bipedestación

  4. Karina Espiñeira di:

    Facendo referencia ao desarrollo dos mamíferos levanos a pensar na teoría de evolución de Darwin é a unha, ainda que pareza imposible e increible, orixe común. Esta primeira teoría da teoría da evolución de Darwin fala de que todos os humáns e animais procedemos de un antepasado común e a súa segunda teoría,a tendencia a diversidade é co que Darwin explica as diferentes razas e especies. Sabendo estos datos e comparando as diferentes especies, ¿ cal é o motivo de que sexamos tan diferentes,provindo dun mesmo antepasado?

    • Santiago de la Iglesia di:

      O motivo de que seamos diferentes, aínda que tendo un antepasado común, son principalmente, e a máis importante, as condicións na que vivían as diferentes familias de cada especie. Por exemplo: unha familia de homínidos que viva cerca do mar terá que adaptarse a él e adoptar máis técnicas de pesca, recollida de agua dulce, etc. Mentres que unha familia de homínidios que viva na montaña terá que idear técnicas para cazar corzos ou para mellorar o procedimiento de obtención de lume xa que fai máis frío (por por un exemplo). Nestes casos ó máis aptos para cada condición sobrevirán, o que quere decir reproducirse e ter máis descendentes, e os máis capaces de cada ámbito eran bastante diferentes. Así co paso de moitas e moitas xeracións (estoy falando de moitos miles de anos) podería cambiar a especie, por exemplo no color da pel ou a menor/maior cantidade de lanuxe (pelo).

      Para o que queira unha resposta máis científica, exacta e completa: http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptaci%C3%B3n_biol%C3%B3gica

  5. Thiago Echevarría di:

    A evolución é un feito mais que probado grazas a un dos mais grandes… Charles Darwin, o que fixo a teoría da evolución mais precisa e rigurosa na obra de “O orixe das especies por medio da selección natural”. Aquí os deixo mais información sobre Darwin: http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Darwin

    Observando as aportacións dos meus compañeiros sobre a bipedestación, tamén hai unha gran desventaxa: o cambio anatómico nas cadeiras facendo mais doloroso e mais dificíl o parto.

    Tamén quero falar sobre o Home neandertal, que conviviu con os nosos antepasados, se adaptaba moi ben o frío, e se decía que tinha unhas capacidades ao nivel dos actuais homos sapiens, e por iso hai moitas preguntas e dudas porque se extinguiron, hay teorías que decían que se extinguiu por non adaptar a sus prendas ao frío. Aqui mais información http://es.wikipedia.org/wiki/Homo_neanderthalensis

  6. Rosalía García di:

    Para formular teorías que permitan construír árbores evolutivas (dende o inicio da nosa especie ata o Homo Sapiens)emprégase entre outros, o estudio do ADN mitocondrial.
    Esto débese as súas características diferenciais, tales como que nunha soa célula, atópanse grandes cantidades de mitocondrias polo que se requiren menos mostras a estudar,por outro lado, as mitocondrias so se herdan da nai, polo tanto, trázanse lineas xenéticas directas. Tamén, compre mencionar que o ADN mitocondrial non sofre recombinación(*) e, por iso, resulta unha historia máis doada de reconstruír.

    (*)Déixovos aquí un enlace coa definición da recombinación xenética.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Recombinaci%C3%B3n_gen%C3%A9tica

  7. Mateo Fdez di:

    Querería salientar a confusión existente (aínda que pareza incrible, ata nos nosos días) entre que o que sobrevive o máis forte, cando en realidade é o máis apto o que pode superar mellor os cambios bruscos no seu entorno. Por exemplo, na extinción citada na noticia, a dos 65 millóns (que pese a non ser a máis catastrófica, probablemente sexa a máis mediática) foron os dinosarios, animais moito máis fortes cá os demais, pero que non lograron subsistir ós cambios que lles aconteceron.
    Esta confusión leva traídas tráxicas consecuencias para a especie humana ó longo da historia, xa que o darwinismo utilizábase, de esa forma, como falso escudo para os intereses dunha minoría autodenominada forte, xa que o apoio nunha declaración dunha persoa reputada mundialmente e de transcendencia histórica, aínda que non teña nada que ver, só con facer unha pequena alusión parece que o que se dice é máis certo. Como exemplo da confusión aínda existente entre os termos forte e apto, dase unha circunstancia semellante nunha escea de Star Wars: Episodio I A Ameaza Fantasma.

  8. Ignacio Pena di:

    Leveime unha gran sopresa ao descrubir a tardanza de o paso de mamiferos a primates tardase tanto tempo en ocorrer pero como en todo as evolucions son moi lentas. Como xa citou Thiago, a evolucion segun Darwin dí “O orixe das especies por medio da selección natural” polo tanto os primeiros hominidos tiveron que descender duns primates moito mais avanzados cos primeiros, e o caso do chamado Australopithecus, este hominido apareceu fai uns 6 millons de anos e é o predecesor do homo habilis, este é considerado o primeiro hominido e polo tanto o “pai” de todos os seres humanos.

  9. Victoria Rodríguez di:

    Parece mentira que o pobre Darwin fose ridiculizado e caricaturizado na súa época por mor das súas teorías evolucionistas. Menos mal que grazas ao desenrrolo da ciencia, hoxe en día dáselle a importancia que lle foi negada no pasado.

    Esta é unha das caricaturas que atopei sobre a figura de Darwin e a súa teoría: http://www.irabia.org/web/sociales1eso/img%20prehistoria/darwincaricatura.jpg

    E como non todo vai ser rexeitamento, gustaríame facer mención de Gregor Mendel, un monxe agostiño, autor das coñecidas “Leis de Mendel” coas diferentes variedades dos chícharos, e contemporáneo de Darwin que defendía as súas ideas. Aqui deixo este link por se queredes saber máis da sua vida e labor: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gregor_Mendel

  10. Beatriz Castro di:

    Eu quería destacar que todos estes coñecementos que hoxe en día posuímos sobre os homínidos é unicamente grazas a antropoloxía e aos antropólogos.
    A antropoloxía é unha ciencia multidisciplinar, que ten como obxecto de estudo ao home , incluíndo os aspectos biolóxicos, socioculturais e filosóficos como parte integral de calquera grupo e/ou sociedade.
    Dentro da antropoloxía existen 4 ramas dentro das cales existen outras e cada unha dedícase a un estudo diferente sobre os nosos antepasados e a súa evolución.
    Un antropólogo estadounidense moi famoso foi Marvin Harris conocido por ser o creador e figura principal do materialismo cultural.
    Aquí podedes atopar máis información sobre este destacado home:
    http://www.filosofia.org/ave/001/a114.htm

    • Adela di:

      Beatriz, os coñecementos proceden de equipos multidisciplinares. Por exemplo nun dos equipos de traballo das excavacións de Atapuerca (Burgos) estan a traballar: 10 xeólogos (paleontólogos), 15 biólogos, 2 xeógrafos, 2 antropólogos e 1 veterinario.

  11. Naomí Mosquera di:

    É moi interensante a nosa evolución. Foi bastante lenta e iso dame a pensar se agora mesmo nos seguimos en evolución.
    Gustariame mencionar algunhas diferenzas que distinguen aos Australopithecus do Homo habilis. Entre as características que podemos atopar que separa o Homo Habilis do xénero Australopithecus é el tamaño del cráneo e, ainda mais importante, aa capacidade de crear ferramentas. Tamén caracterizabanse porque podían fablar e os outros non.

    • Santiago de la Iglesia di:

      Á resposta a túa pregunta, sí, seguimos en evolución. E mentres siga avanzando a historia da humanidade, e ésta non se extinga, continuaremos neste proceso nós e todas as especies do mundo. Algunhas desaparecen por non adaptarse (referíndome aos animais, plantas e demáis seres vivos diferentes do ser humano) principalmente por causa do home (contaminación, tala de bosques…). Ademáis agora máis que nunca, xa que estamos sufrindo uns cambios climáticos importantes aos que o home vaise ter que adaptar co transcurso das décadas. E moi importante tamén a influencia que ten en nós a sociedade, xa que a forma de vivir nos últimos 10.000 anos ha cambiado radicalmente (xa non temos que cazar para comer, por exemplo, o que nos inhibe dalguns instintos). Aínda así nós non o notaremos, terán que pasar xeracións e xeracións, e eles casi non o notarán tampouco, debido a que este proceso vai moi lento.

    • Sara Otero di:

      Aludindo á túa pregunta, eu comparto a opinión dela e mais de Santi: o home vai seguir evolucionando en un proceso de adaptación ao medio que nos rodea (como ben apuntou na súa teoría da evolución).
      Persoalmente, non descarto a posibilidade, que nun intento de adaptación, os seres humanos desenrolemos unha capacidade para soportar a calor. Penso isto baseándome no quecemento global que ten lugar dende que nós comezamos a facer uso da nosa intelixencia. Este (o quecemento global) é un proceso xa moi avanzando, malia que non sexa moi recoñecido, e posto que é difícil de remediar, penso que sería un dos posibles cambios que se levaran a cabo ao longo da nosa vida.

    • Nildes Abella di:

      Respeto do teu comentario hai unha línea de pensamento que asegura que a especie humana deixou de evolucionar.A razón podría ser que os avances na ciencia permiten sobrevivir a persoas que doutra forma morrerían.
      En oposición, outra proposta considera que son os propios avances os que impulsan a evolución humana. Alegan, por exemplo, que o entorno actual favorece a reprodución das persoas.Por outra banda é posible que a inxeniería xenética humana permita seleccionar as características xenéticas da descendencia, tamén propúxose que no futuro a tecnoloxia faga posible a vida das persoas como seres dixitais dentro de corpos artificiais.
      Algunas hipóteses de cambios na especie serían:a pérdida dos dedos meñiques tanto en pes como mans(comentada xa nunha noticia anterior), a mezcla de etnias será tal que habrá unha raza uniforme e por último os intelixentes teñen máis posibilidad de reproducirse, polo que tamén aumentará a capacidade intelectual.

  12. Yannick Afonso di:

    É moi interesante o tema do evolucionismo, dos homínidos,nos que falan dos nosos antepasados,de donde vimos,cómo,cándo..nas que hai teorías e persoaxes que estudaron sobre todo isto como Darwin ou Lamark.
    Darwin,naturalista inglés,defendeu que tóda-las especies de seres vivos han evolucionado có paso do tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural.A súa teoría chamouse Darwinismo.
    Lamarck, naturalista francés, formulou a primeira teoría da evolución biolóxica (que é o conxunto de transformacións ou cambios a través do tempo que ha orixinado a diversidade de formas de vida que existen sobre a Terra a partir dun antepasado común). Creou o término bioloxía para designar a ciencia dos seres vivos e foi o fundador da paleontoloxía dos invertebrados.
    Falando do texto,a maioría dos científicos aceptan que hai dous grandes grupos, o xéneros, de homínidos nos últimos 4 millóns de anos. Un de eles é o xénero Homo, que apareceu hace 2.5 millóns de anos e que inclúe polo menos tres especies: Homo habilis, Homo erectus, Homo sapiens. Un dos grandes misterios dos estudos da prehistoria é cándo, cómo e dónde o xénero Homo remplazou ós Australopithecus.

  13. Mila Mosquera di:

    Sorpréndeme que aínda que pasasen 6 millóns de anos tiñamos restos de esos homínidos que sírvanos para recoñecerlles. Salientaría a información sobre o Australopithecus afarensis “Lucy”, chamada así pola canción “Lucy in the sky with diamonds” do conxunto musical The Beatles.
    Trátase dunha femia cun esqueleto arredor dun metro de altura, de aproximadamente 27 kg, cuns 20 anos de idade.
    Su fama débese en gran parte ao descubrimiento dun esqueleto nun 40%, o que é excepcional na paleontoloxía.
    Ten uns 3,2 millóns de anos, seus osos foron descubertos en 1974 debido a unha fisura no solo da rexión de Hadar, Etiopía. Os descubridores de Lucy foron Yves Coppens, Donald Johanson, John Kaiba e Maurice Taieb.
    Dotada cun cráneo menor ao dun chimpacé, Lucy andaba sobre seus membros posteriores, signo formal dunha evolución á hominización.
    Lucy caminaba erguida, e podría incluso correr. Sen embargo, conservou toda súa axilidade para trepar as árbores. Suponse que os utilizaría como refuxio para escapar dos depredadores e, tal vez para durmir.

  14. David Lamas di:

    Verdadeiramente teño que decir que este tema interésame, xa que sorpréndeme moito como cos pasos dos anos fomos evolucionando ata o que somos agora.
    Pareceume curioso como co paso dos anos o tamaño do craneo foi aumentando, permitíndolles así desarrollar a súa capacidade intelectual para crear y perfecionar armas que posteriormente utilizarian para cazar.

    Queria mencionar a Teoría de Lamarck aqui deixovos o enlace por se queredes miralo.
    http://www.molwick.com/es/evolucion/195-teorias-origen-del-hombre.html#Lamarck

  15. Nerea Pardo di:

    É moi importante coñecelo noso pasado para poder predicir o noso futuro.Aínda nos quedan moitas cousas por coñecer pero de cando en cando aparecen novos descubrimentos tan interesantes como un estudo que demostra que aínda que o Homo sapiens e o Neandertal non pertencían á mesmas especies tiveron descendencia.Esta nova aportación á historia da evolución ten moito que ver cos fósiles asturianos atopados na cova Sidrón.
    Estas conclusións supoñen toda unha novidade no terreo da evolución xa que ata agora só se podía comparar o xenoma humano co do chimpancé ou orangután(especies das que nos separan millóns de anos)polo que o feito de poder incluír un liñaxe mais próximo fai que a comparación ofreza un panorama mais amplo para o estudo da nosa identidade.

  16. Eduardo Cagide di:

    A min sorprendeume moito a información que deu Thiago sobre a extinción dos Neandertais,el dicía que había hipoteses de que se extinguiran por non adaptar as súas prendas ao frío.Pero eu quixen indagar un pouco máis acerca das hipoteses da súa extinción,e atopei algunhas:
    A primeira,e para min a máis interesante,di que os Neandertais vivían no sur europeo,e polo tanto estaban acostumados a unha paisaxe muy rico en arbustos,arboles… que empregaban para esconderse e poder cazar as suas presas,pero esta paisaxe volveuse muy arida e aberta,polo que o Neandertal non puido empregar as súas técnicas de caza,e ao non dar adaptado as vellas técnicas a nova paisaxe,non deron conseguido alimento e esto levariaos a extinción.
    A segunda hipotese di que se extinguiron porque non daban competido cos Homosapiens polos recursos,e esto levounos a buscar outras zonas nas que non estiveran os sapiens,pero estas zonas tiñan moitos menos recursos e polo tanto pouco a pouco foise extinguindo esta especie.
    E o resto das hipotesis,baséanse en que os Homo sapiens lles contaxiaron enfermidades para as que os Neandertais non estaban preparados,ou mesmo que os Homosapiens os exterminaron en combate.
    Fose a causa que fose,este tipo de extincións avisannos de que ainda que nos pareza que levamos moito tempo na Terra e que estamos moi adaptados nunca se sabe o que pode pasar,e incluso nós podemos extinguirnos por moitos factores que non podemos controlar,por isto seguimos a estudar posibles hipoteses da extinción dos Neandertais,para que non nos pase a nós o que lles pasou a eles.

  17. Paula Franco di:

    Segúns investigacións realizadas fai pouco demostras que a causa da extinción do Homo neanderthalensis é, en realidade, o frio e non o Homo sapiens como se creía. Homo sapiens cruzó de África a Europa hace unos 30.000 años. Unos 5.000 años después, el Homo neanderthalensis desaparecía.

    Según un estudio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Granada (UGR),as poboacións de neanderthalensis sufrían variacións por culpa de causas climáticas antes de que os primeiros homo sapiens chegaran á Península Ibérica.

    As épocas menos propicias para a comunidade neanderthalensis eran as de clima frío, árido e de alta variedad climática, e as condicións que tivieron que afrontar no sur da Península fai 24.000 anos foron as mais difíciles dos últimos 250.000 anos.

  18. Evelin López di:

    A noticia gústame xa que debemos saber de onde vimos.
    Coma dixo Ana,os primates eran seres pequenos, comezaron a vivir nas árbores en lugar de permanecer no solo, como a maioría dos mamíferos.
    Mais tarde están os homínidos.Todos eles comparten algunhas características básicas:
    -Poden estar en liña recta e camiñar sobre dous pés.
    -Eles teñen un cerebro relativamente grande en relación aos monos.
    -A súa man ten un polgar desenvolvido que lles permite manipular obxectos.
    *Outro é o Australopithecus, é o máis antigo homínido coñecido.
    Os seus restos mortais amosan que tiñan 1m de alto e que a súa cadeira, pernas e pés pareceu máis semellantes aos dos seres humanos que os monos.Se asemellaba ao cerebro destes animais e tiña un tamaño similar ao gorila.A mandíbula grande e queixo foi afundido. Andaban eretos e podía correr.
    *Homo habilis, a súa altura chegou a 1´55m. Era áxiles, andaban eretos e desenvolveran a capacidade prénsil das suas mans. Saben como utilizar o lume, pero non producir-lo, e estaba protexida en cavernas. El viviu para recolectar sementes, raíces, froitas e comer carne (non sempre).
    *A diferenza fundamental do Homo erectus e homínidos que o precederon está no tamaño, en especial o cerebro. Era máis alto, máis fino, capaz de moverse rapidamente sobre dous pés, tiña o polgar máis separado da man. Tamén produciu ferramentas como machado de pedra.
    *Os neandertais eran máis adestrados e estaban mentalmente máis avanzado do que calquera outro ser que vivira na Terra. A especie humana viviu a última era glacial, e foi adaptado para a construción de vivendas escavadas na terra ou en covas e mantendo o lume dentro deles, dispoñían de mellores ferramentas.
    Despois de Neanderthal chegou Homo sapiens sapiens, que é a especie á que pertencen os seres humanos modernos. Os restos atopados dos primeiros membros foron en Oriente Medio e nos Balcáns. Para os biólogos, os seres humanos forman parte da mesma especie (Homo sapiens sapiens), aínda que existan diferentes razas.
    O home moderno non asumiu o control sobre a terra polo seu físico, senon pola súa capacidade de aproveitar e transmitir aos seus descendentes información cultural a través da súa intelixencia.

  19. Jesús López di:

    Este artículo pareceme moi interesante, porque creo que todos deberíamos saber de onde provimos e como avanzamos dende o primeiro Australopithecus afarensis ata Homo sapiens sapiens.
    Unha línea do pensamento asegura que a especie humana deixou de evolucionar. A razón que plantea e que os avances na ciencia agora permiten sobrevivir a personas que de outra forma habrían morto, e tambén permiten unha movilidade a nivel global, mesturando calquera novedade xenética nunha poboación tan grande.
    Sen embargo, existen outras posturas que consideran que son precisamente os adelantos tecnolóxicos os que impulsan actualmente a evolución humana. Por unha parte, propuxéronse que o entorno actual favorece a reproducción das personas intelixentes, independentemente da súa forza física o do seu estado de saúde. Ademais, e posible que a inxeniería xenética humana permita seleccionar as características xenéticas da descendencia. Por outra parte, tamén propúsose que no futuro a tecnoloxía posibilite ás persoas vivir como seres dixitales dentro de corpos artificias.

  20. Sara Otero di:

    Gustaríame compartir con vós un artigo que atopei namentres estaba mirando ligazóns sobre os homínidos, e sorprendeume bastante.
    Como dixen, estou sorprendida, porque eu (o mellor outra xente non compartía o meu pensar) pensaba que o esqueleto máis antigo dun homínido coñecido era o de Lucy, pero foi atopado outro todavía máis. Chámase Ardi, e é unha femia de 120 cm e 50 kg, que viviu en Etiopía fai 4,4 millóns de anos. Trátase do exemplar mñais completo atopado do antepasado máis antigo dos seres humanos.
    Este é o artigo do que vos falaba:
    http://www.cienciaysociedad.info/2009/10/ardi-el-esqueleto-mas-antiguo-de-un-hominido/

  21. Victoria Zherdeva di:

    Este artículo me parece muy interesante y también quiero decir que estoy de acuerdo con lo que ha dicho Jesús, porque es verdad que hemos avanzado muchísimo hasta hoy en día en todos los campos.Y también con Mila porque es importante saber que ya en tiempos anteriores sabíamos andar como lo ha hecho Lucy, que es la primera que dio el primer paso, es decir se levantó de pie.

  22. Alexandra Parceiro di:

    Desta noticia quería destacar que paréceme incrible xa os Homo sapiens neanderthalis enterrasen os seus mortos con gran, non só eran enterrados coidadosamente, se non que tamén o morto era provisto de utensilios e comida. E que tal vez crían xa nunha especie de continuación da vida despois da morte.

    Respecto o que xa dixeron algúns dos meus compañeiros sobre a teoría da evolución por selección natural que constituíu o gran aporte Charles Darwin, quería recalcar eses comentarios, e dicir que independentemente Alfred Russel Wallace tamén aportou na teoría da evolución por selección natural, xa que Alfred Russel Wallace fixo numerosas excursións en busca de exemplares novos para a elaboración do seu herbario.
    Nos seus anos de investigación fixo unha distribución xeográfica dos animais e observou que existían diferencias zoolóxicas fundamentais entre as especies asiáticas e as australianas, co resultado de establecer o concepto de liña divisoria de Wallace, una liña imaxinaria entre as islas malaias de Borneo e as Célebes, que sirve para separar os animais de orixe australiano de os de orixe asiático. Esta investigación permitiu a Wallace elaborar de forma independente seu propia teoría da evolución, que comunicou a Charles Darwin en 1858; as ideas de ambos foron publicadas de forma conxunta pola Sociedade Linneana de Londres en 1860.

    Déixovos un enlace onde fala mais de Alfred Russel Wallace:
    http://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/wallace.htm

    Como curiosidade, quero mencionar que atopei unha especie recentemente descrita do xénero Homo que nunca oirá falar dela: O Home de Flores (Homo floresiensis), apodado Hobbit, ten un tamaño do seu corpo e do seu cerebro menor respecto os Homo sapiens sapiens, e a súa recente supervivencia, pois foron contemporánea dos humanos modernos (Homo sapiens), que habitou na isla indonesa de Flores.
    Descubriuse un esqueleto subfósil, datado en 18.000 anos moi completo excepto por os osos do brazo no xacementos na cova de Liang Bua en 2003 e despois atoparon nesa isla ferramentas de pedras igualmente pequenas de estratos comprendidos de entre 90.000 a 13.000 anos de antigüidade.
    Para explicar esta diferenza de tamaño, esta hipóteses postularía que o Homo erectus o crecer nun entorno de limitado alimento da isla de Flores, haberían sufrido un forte ananismo isleño (una forma de adaptación evolutiva tamén presente na isla en diversas especies).

  23. Amir Pose di:

    Gustaríame dicir algo sobre os primeiros homo sapiens.
    Os humanos xa comezaran a sair de Africa fai uns 90.000 anos. Os primeiros destinos de migracion dos Homo sapiens foron: Australia e Nova Guinea, Europa (40.000 anos), Ámerica (hace 15-20.000 anos), Oceanía (50.000 anos) e Antartida.
    Os parentes mais cercanos a nosa especie son o gorila, o chimpance o bonobo e o orangután; como é evidente a caracteristica mais distintiva nosa é que somos completamente bípedos, pero como chegamos ata aquí?
    Houbo 3 modificacións:
    .O craneo: o foramen magnun (orificio polo cal a medula espinal pasa do cráneo ao raquis) pasou da parte posterior á base do craneo.
    .Columna vertebral: pasa de ser rectilinea nos simios a adrquirir curvas para aguantar mellor o peso nos homo sapiens. Outro detalle: ás vertebras humanas son mas circulares cá os dos simios.
    .Ensanchamiento da pelve.
    .Membros inferiores robustecense e ao mesmo tempo gañase flexibilidad no xeonllo.
    .Os pes do Homo sapiens alarganse, reducindose os dedods e deixando de ser oponible o dedo polgar.
    A marcha bipeda é mais lenta ca cuadrupeda pero menos custosa enerxeticamente, é dicir maior resistencia.

  24. Cristina González di:

    A inxeniería xenética humana da que algúns compañeiros falan estuda a alteración do xenotipo dun individuo co propósito de elexir o fenotipo antes da concepción, o cambiando o fenotipo xa existente.

    Isto promete curar enfermidades xenéticas como a fibrosis quística e incrementar a resistencia das persoas cara ós virus.

    Especúlase que a inxeniería xenética podería ser utilizada para cambiar a apariencia física, o metabolismo, e incluso mellorar as facultades mentais como a memoria e a intelixencia, ainda que por agora, estos usos limítanse á ciencia ficción.

  25. Laura González di:

    Me gustaría enseñaros una nueva teoría sobre la evolución del hombre, El objetivo de la investigación realizada por el japonés Asao Fujiyama, es comparar el cromosoma 22 del chimpancé con su equivalente humano, el cromosoma 21. Asao Fujiyama obtiene indicaciones sobre los cambios genéticos implicados en la adquisición de las características propiamente humanas, como las funciones cognitivas altamente desarrolladas, la bipedación o la utilización de un lenguaje complejo.
    Aquí os dejo un enlace con mas información sobre la investigación de Asao Fujiyama.

    http://www.venelogia.com/archivos/114/

  26. Nildes Abella di:

    Estiven indagando sobre o interesante tema e encontrei a seguinte curiosidade:
    Andalucía podería ser a cuna do home euroasiático.
    Durante os oitenta atopouse en Orce (Granada) a parte posterior do cráneo dun homínido cunha antigüedade entre os novecentos mil e un millón seiscentos mil anos. Pode considerarse o descubrimento máis importante da Paleontoloxía mundial dos anos oitenta. Este homínido sitúase científicamente entre o “Homo hábilis” e o “Homo erectus”.
    Estes restos determinan que no sudeste de España econtrábanse os primeiros europeos. É necesario mencionar que a colonización de Europa fíxose a través do Estreito de Xibraltar.

    Quero compartir este vídeo no que se mostra a evolución humana e menciónanse algunhas especies anteriores ós hominidos.É algo longo pero a min pareceume entretido!
    http://www.youtube.com/watch?v=IDRwsP6hhVY

  27. Xisela Lema Díaz di:

    Ao ler a noticia mailos comentarios, vin información abondo e sobre todo de Dawrin e dos homínidos, así que encontrei esta pequena información sobre as femias deles.

    As femias dos Australopithecus tendían a abandonar o grupo no que nacían para unirse a outro mentres que os machos permanecían no seu lugar de nacemento orixinal, según un estudo sobre os primeiros homínidos que vivían nas covas de Sterkfontein e Swartkrans, en Sudáfrica.

    A investigación, publicada no último número da revista ‘Nature’, apunta a que as femias homínidas eran máis propensas que os machos a saír do seu grupo natural, un comportamento característico dos chimpancés e moitos grupos humanos modernos, pero non dos gorilas e a maioría do resto de primates.

  28. Adrián Miraz di:

    pareceume un tema moi interesante xa que grazas a ciencia temos a oportunidade de saber cal foi o noso proceso evolutivo. Un dos temas que pareceume interesante de compartir aparte de todos os que veñen aqui e os rasgos en conxunto que temos todos os primates, estes rasgos son:
    Mans e pes con cinco dedos
    Pes plantígrados
    Pulgar opoñible en mans e pes, ainda que algunhas especies coma o ser humano perderon a capacidade de opoñer o pulgar do pé
    Dedos da man con capacidad de flexión e converxencia
    Osos da man como o escafoides,semilunar,piramidal..sempre presentes e discretos
    Clavículas presentes
    Unha denticion pouco especializada con 4 incisivos,2 caninos, 4 premolares e 6 molares en cada mandibula
    Uñas planas en vez de garras
    Visión en color
    articulacions de hombro e codo ben desarrolladas
    Hemisferios cerebrales ben desarrolados
    Visión binocular( en diferentes grados)
    e orbitas oculares rodeadas de oso

  29. Ayoub Elghotiss di:

    É asombroso que nós proveñamos dos primeiros mamiferos que existiron no planeta fai máis de 180 millons de anos, e que sufrindo tantos cambios o resultado fosemos nós, cunha intelixencia coa cal descubrimos de donde vimos.
    O mais incrible de todo é que polo feito de vivir cada especimen da nosa familia teña características diferentes pola determinada epoca historica que nos tocou vivir no mundo.
    Por outro lado sorprendeme que os simios, os mono e as musarañas non desenrolasen novas capacidades, xa que son da nosa familia.
    A cuestion é: ¿a que se debe este feito?

  30. Sabela Escourido di:

    Eu sobre esta noticia quería destacar que hai varios tipos de Australopitecos (Boisei, Robustus e Africanos) pero cos que estamos emparentados os humanos e o Afaransis.
    Tamén hai varios tipos de Homo; o habilis, o erectus, o sapiens e o neardental. O úlltimo non ten nada que ver cos seres humanos.
    ( http://www.portalciencia.net/antroevonean.html )
    Por iso hai dúas teorías:Que habían varias especies convivindo, ou que descenderon unhas doutras.
    Outra cousa que gustaríame comentar, e que o gran aumento da capacidade craneal produciuse polo feito de que comezaron a comer carne a cal lles proporcionaba mais nutrientes.

  31. mateogarcia di:

    Chamoume a atención o que comentou Adela na clase de que hai non moito tempo atopouse en Siberia un resto fósil dun dedo dun homínido descoñecido ata agora. Deste homínido sábese que viviu en Asia central hai aproximadamente uns 40.000 anos. Ao analizalo descubriron que compartía ancestro cos neandertais e co ser humano moderno hai 1 millón de anos aproximadamente. Este óso pertencía a un neno duns seis anos de idade, que pola súa antigüidade pódese saber que coexistiu cos neandertais e o home moderno, no mesmo lugar tamén se atoparon ferramentas moito mais modernas. E tras investigar sábese con certeza que este tipo de homínido non corresponde ao homo erectus.

  32. Diana Pérez di:

    As nosas orixes é un dos temas máis interesantes que podemos falar.
    Ardipithecus ramidus distinguese doutras especies de homínidos, incluindo A. afarensis en:
    -Caninos grandes en relación coa dentición postcanina (premolares y molares). Máis grandes cos de cualquier homínido pero menos grandes cós de un chimpancé.
    – Primer molar inferior deciduo estreito e oblicuamente alargado, con unha soa cúspide.
    -Caninos molares con esmalte dental fino. O resto dos homínidos presenta o esmalte dental groso.O espesor do esmalte dos dentes parece estar fortemente relacionado co tipo de dieta.
    -Tercer premolar inferior e superior máis pronunciadamente asimétrico, prácticamente con unha soa cúspide. La “hominización” dos dentes se supón que está relacionada có aumento no número e tamaño das cúspides especialmente nos premolares.

  33. Lema Nuria di:

    Penso, que todas as persoas temos moitas curiosidades que nos levan a facer preguntas de distintos apartados,bloques etc. Unha das preguntas máis interesantes dende hai miles de anos penso que é a de a nosa evolución, o paso polos diferentes cambios. Nesta noticia podese leer e ver, amplamente no seu contido todo o relacionado ca pregunta e as duvidas.. relacionado co contido do tema atopei un enlace do national geographic no que se pode ver explicada a evoluvion dos mesmos..http://www.youtube.com/watch?v=5tRXxWU8Lp0
    http://www.youtube.com/watch?v=j2_V4R8gKNA
    http://www.youtube.com/watch?v=wIlFqsS4_o0
    http://www.youtube.com/watch?v=LMp95BGO-Ss

  34. Pingback: Sobre homínidos nos blogs de Climántica | Blog Guia

  35. Pingback: Gregory Smith

Deixa unha resposta