Darmstadtium, roentgenium e copernicium son os nomes dos tres novos elementos químicos sintéticos engadidos á táboa périódica dos elementos (desinada polo químico ruso Dmitri Mendeléyev), cos números atómicos 110, 111 e 112. Os elementos sintéticos son aqueles que son fabricados nun laboratorio mediante aceleradores de partículas e grazas a fisión do núcleo.
O darmstadtium foi descuberto en 1994 en Darmstadt, Alemania, de aquí o seu nome. Non foi un descubrimento natural, senón que foi un elemento producido no laboratorio, bombardeando un átomo de chumbo (Pb 208) con ións de níquel (Ni 62). Hasta 2001 non se confirmou a súa existencia debido aos poucos átomos que puideran fabricar.
O roentgenium foi descuberto tamén no ano 1994 no mesmo lugar que o anterior, ao só conseguir tres átomos deste elemento non o consideraron suficiente para ser considerado como elemento. Anos máis tarde conseguíronse outros tres átomos e considerouse suficiente para ser aceptado. Este nome establécese na honra de Wilhelm Conrad Roentgen, físico alemán y premio Nobel de esta disciplina.
O copernicium é un elemento altamente radiactivo e tamén creado en Darmsdadt no ano 1996, descubriuse ao bombardear un átomo de zinc (Zn 70) contra outro de chumbo (Pb 208). Nomeouse así na honra de Nicolás Copérnico, astrónomo e científico polaco.
Estes novos elementos xa están aceptados pola IUPAC, autoridade encargada do desenvolvemento duns principios para a denominación dos compostos químicos.
Autora: Cristina Frade
A noticia en sí esta ben para informarse pero penso que tanto a creadora da noticia como Adela deberiase de preocupar de que ademais de aportar informacion teña un puntiño de… curiosidade por dicilo de algunha maneira. Esta noticia unicamente plantexame a posibilidade de facer algunhas preguntas como.. ¿Co paso do tempo e o avance da tecnoloxia, que elementos novos poderemos fabricar , e que utilidades terian?
Aporto tamen este link do periodico El Pais que aporta informacion moi interesante como que o Copernicium é extremadamente radiactivo. Tamen di que na Asamblea Xeral da IUPAP estrenase a primeira muller que ten un cargo nesta institucion.
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/nuevos/elementos/quimicos/darmstadtium/roentgenium/copernicium/elpepusoc/20111104elpepusoc_14/Tes
É curioso que o universo esté composto únicamente por cento e poucos elementos, aunque ao ritmo que vamos poden chegar a ser moitos máis.
Ata 1940 o uranio era o elemento máis pesado que se coñecía. Dende entón, descubríronse máis de vinte elementos con un número atómico maior.
Moita xente pensa que a tabla periódica é un feito inmutable, que non cambia pero o certo é que constantemente debido a natureza poden surxir novos elementos, aínda que solo sexa por uns poucos segundos e incluso menos.
Cómpre falar e destacar ao ruso Mendeléyev, que tal e como citou Cris, publica en 1869 a sua primeira Tabla Periódica en Alemaña. O ano seguinte Julius Lothar Meyer basou a sua clasificación periódica na periocidade dos volúmenes atómicos en función da masa atómica dos elementos.
Por esta fecha xa eran coñecidos 63 elementos. Despois de varias modificacións Mendeléyev publica no ano 1872 unha nova Tabla Periódica con 8 columnas desdobladas en dous grupos A e B. Deixou casillas libres para elementos por descubrir, esta tabla no século XIX foi completada con un grupo máis, o grupo cero, constituído polo gas noble. Mendeléyev incluso pronosticou alguns elementos novos como: o galio (Ga), xermanio (Ge), o escandio(Sc) e o tecnecio (Tc).
Respecto a esta noticia, gustaríame falar dos elementos posteriores a estes tres.
Os elementos seguintes foron descubertos gracias á colaboración do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore de California e o equipo de investigación do instituto de Dubna(situado cerca de Moscú).
Os elementos 113 e 115, aínda non foron aceptados debido á falta de probas segundo a IUPAC.
Os experimentos comezaron o 14 de xullo en 2003 e remataron o 10 de agosto do mesmo ano. Os catro átomos obtidos do elemento 115 deterioraron no tempo esperado (30-80 microsegundos), dando lugar ós isótopos(http://gl.wikipedia.org/wiki/Is%C3%B3topo) do elemento 113, que acabou deteriorando tamén, aínda que durou aproximadamente 10 veces máis.
Aínda teñen que ser recoñecidos pola IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada), e é cando poderán recibir o seu nome. Ata que iso pase, levarán os nomes asignados pola citada autoridade: 113 – ununtrio (Uut)e ununpentio (Uup) para o elemento 115.
Os elementos 114 e 116 foron aprobados e engadidos á táboa periódica e levan os nomes dados pola IUPAC, ununquadio(Uuq) e ununhexio(Uuh), ata que se aproben os nomes que lles queiran dar os seus descubridores.
Pareceme un gran invento o de clasificar os elementos nunha táboa, e chámame a atención ver como moitos elementos son descubertos en laboratorios.
Eu quero dar a coñecer que aínda que elementos como ouro (Ag), mercurio (Hg) ou cobre (Cu) eran xa conocidos na antigüedade o primeiro descubrimento científico dun elemento ocorreu no s.XVII cando o alquimista Henning Brand descubríu o fósforo (P).
A verdade é que o traballo dos científicos do século XX foi extraordinario, destacando o traballo de físicos como Böhr, Rutherford, Einstein, Planck… Concretamente referíndome polo motivo da Segunda Guerra Mundial,aquela situación merecía que os cientificos daquela época traballasen para que a banda dos Aliados ou do Eixe puxesen fin a aquela guerra tan mortífera. Polo anteriomente estudado é unha pena que a Lise Meitner lle desen o nome da “ nai da bomba atómica “ mecería algo mais que iso…
Moita xente non pode imaxinar o traballo tan duro que tiveron os científicos nas suas épocas,
xa que en ditas épocas había uns impedimentos moi grandes, e aínda peor comezaba a Segunda Guerra Mundial.
Paréceme sorprendente que hoxe en día e despois de tantos descubrimentos aínda poidan descubrir máis elementos.
Por último quería mencionar a lei das octavas de Newlands na que se mostraba unha serie de ordenacións dos elementos en familias con propiedades moi parecidas entre si.
Por se queredes saber mais sobre a lei de Newlands…
http://quimica.laguia2000.com/general/ley-de-las-octavas-de-newlands
Paréceme unha noticia moi interesante, xa que cada día estase a descubrir novos elementos, pero como di a noticia, ten que fabricarse varios átomos dos elementos descubertos para considerarse un elemento, non vale con fabricar un só átomo.
Os novos elementos que estanse a descubrir na actualidade debese o emprego do acelerador de partículas.Co cal os científicos descubriron seis elementos químicos cales números atómicos van do 107 o 112. Os nomes oficiais destes elementos son: 107 bohrio, 108 hassio, 109 meitnerio, 110 darmstadtio, 111 roentgenio e 112 copernico.
Un acelerador de partículas é un dispositivo que utiliza campos electromagnéticos para acelerar partículas cargadas ata altas velocidades, e así, colisionalas con outras partículas. Desta maneira, xenáronse multitude de novas partículas que xeralmente son moi inestables e duran menos dun segundo.
O tubo de raios catódicos dun televisor é unha forma simple de acelerador de partículas
Os aceleradores prestan un entorno moito máis controlado para estudar estas partículas xeradas, e o seu proceso de desintegración.
Ese estudo de partículas, tanto inestables como estables, pode ser nun futuro útil para o desarrolo da medicina, a exploración espacial, tecnoloxía electrónica, etc.
O Darmstadtio foi anteriormente chamado ununnilio e tivo o símbolo Uun. Agora ten o símbolo Ds.
Debido a súa presencia no grupo 10 crese que este elemento pode ser un metal sólido brillante.
Algúns científicos suxeriron o nome policium para o novo elemento posto, xa que 110 é o número telefónico de emerxencias da policía Alemaña.
O Copernicio ten o símbolo Cn e a súa vida media é duns 0,24 milisegundos.
Antes chamábase ununbio e o seu símbolo era Uub.
O xefe do equipo de científicos que descubriu o novo elemento, Sigurd Hofmann, sinalou que ca súa proposta queren honrar a “un científico extraordinario, que cambiou nosa visión do mundo”.
Copérnico foi o primeiro en afirmar que os planetas xiran sobre si mesmos e o redor do Sol, polo que é considerado como o pai da astronomía actual.
Estes tres elementos son considerados os elementos químicos máis pesados.
Esta ben saber que grazas a fision do nucleo(decuberta por lise meitner) poideranse crear outros elementos mais na taboa periodica como son o caso do darmstadtium, roentgenium e copernicium .
penso que si lise metiner non houbera descuberto a fision do nucleo oxe en dia non existirian elemtos como o plutonio eo neptunio e outros elementos mais como o caso destes tres ultimos creados.
É moi interesante e me conmove o traballo que fan tódo-los científicos que tamén axuda cada científico a dar un bo estatus ao seu país que dan moi boa impresión e sobre todo intelixencia.
Falando dos elementos da tabla periódica teño que engadir que Mendeléyev fixo modificacións moi importantes na tabla periódica.
Ordenou os elementos según a súa masa atómica,xuntou os elementos que tiñan algo en común e os ordenou tamén según as súas propiedades e atreveuse a deixar ocos,defendendo a existencia de elementos descoñecidos.
Resúltame interesante como co paso do tempo, pouco a pouco vaise encontrando moitas cousas en diferentes aspectos, sobre todo no avance científico grazas tamén á tecnoloxía, que tamén parece non ter prisa no seu desenvolvemento.
Na información dada, a maiores, encontrei que, as persoas que descubriron estes tres elementos formaban parte dun equipo da Compañía para a Investigación de Iones Pesados(GSI Helmholtz).
O darmstadtio foi hallado en 1994 e recibiu o nome a partir da cidade alemana de Darmstadt, onde encóntrase o GSI. Ese mesmo ano descúbrese o roentgenio, que obtivo seu nome do físico alemán Wilhelm Conrad Roentgen (gañador do Premio Nóbel e o primeiro en producir e detectar os raios X en 1895). O copernicio foi logrado en 1996, ao mezclar zinc e plomo, resultando neste pesado e radiactivo elemento. Seu nombre é debido ao astrónomo prusiano Nicolás Copérnico (o primeiro en suxerir que a Terra xira en torno ao sol).
Os elementos da vida, pequenas partículas que forman grandes organismos, tan xigantescos como un planeta enteiro tal como a terra. Este mundo é tan increible que, na miña opinión, está fora do noso alcance. Como podemos saber de que estamos feitos verdaderamente? Pois ese é traballo, e sobre todo pasión por descubrilo, destes científicos tan sorprendetes.
Outra pregunta que fai pensar: como é que poidan existir estes elementos de vida tan corta, se na natureza é moi difícil que se den? Dende a ignorancia pódese dicir que en realidade, se non existieran, non cambiaría nada, xa que teñen moi corta vida. O certo é que, remontándonos 4’6 mil millóns de anos atrás, a Terra púidose formar e desenrolar grazas a eles para despóis desintegrarse.
Esto chega a plantexarnos que haxan moitos máis elementos (noutros planetas) que descoñecemos, ademáis dos que nos quedan por descubrir. Quizáis noutros lugares do universo sexan fundamentais como o é o carbono (“elemento da vida”) ou o hidróxeno… Aínda así, e volvendo á realidade, din que o helio e mailo hidróxeno son o 95% da materia total existente.
Neste enlace poderedes encontrar moitas cousas interesantes e un pouquiño de historia para a cultura xeral: http://www.librosmaravillosos.com/labusquedadeloselementos/capitulo16.html
So quería apotar mais información.
Soe atribuirse a tabla a Dmitri Mendeléyev, quen ordenou os elementos basándose na variación manual das propiedades químicas, ben Julius Lothar Meyer, traballando por separado, levou a cabo un ordenamento a partir das propiedades físicas dos átomos. A forma actual é unha versión modificada da de Mendeléyev; foi diseñada por Alfred Werner.
Na nova tabla de Mendeléyev consigna as fórmulas xenerais dos hidruros e óxidos de cada grupo e polo tanto,as valencias de esos elementos.
Esta tabla foi completada a finales do século XIX con un grupo mais,o grupo cero, constituido polos gases nobles descubertos durante esos anos no aire.O químico ruso non aceptó en principio tal descubrimento,xa que esos elementos non tiñan cabida na súa tabla. Mais tarde o asignarselle o grupo cero, a Tabla Periódica quedou mais completa.
O gran mérito de Mendeléyev consistiu en pronosticar a existencia de elementos. Deixou casillas vacías para situar nelas os elementos cuxo descubrimento se realizaría anos despois. Incluso pronosticou as propiedades dalguns deles: o galio (Ga),o que chamou eka–aluminio por estar situado debaixo do aluminio; o xermanio (Ge),o que chamou eka–silicio; o escandio (Sc); e o tecnecio (Tc), que, aislado químicamente a partir de restos dun sincrotrón en 1937, se convertiu no primer elemento producido de forma predominantemente artificial.
O descubrimento de novos elementos nos nosos días, lévame a pensar no avance que experimenta a ciencia. Malia que é un terreo pouco coñecido, científicos de todo o mundo traballan día a día para proporcionarnos a nós unha mellora na calidade de vida e unha explicación da nosa orixe. É fascinante o labor que realizan, xa que, como todos sabemos, os nosos principios remóntase a milleiros de anos atrás, pero eles, por medio das novas tecnoloxías, son capaces de facer unha hipótese pouco a pouco máis sólida.
Centrándome na noticia, o descubrimento destes novos elementos levoume a pensar tamén noutros temas, e por iso quería facervos unhas cuestións: coñécense algunhas das aplicacións destes elementos? É posible que formen parte de compostos xa coñecidos, ou formarán novos compostos que supoñan un avance para á ciencia? Eu estiven á procura, pero non atopei resposta.
Pareceme interesante iso de poder crear unha gran variedade de novos elementos a partir doutros xa existentes, o problema disto é que a inmensa maioría destes elementos non existen nin sequera un segundo, o cal impide que poidan ter unha aplicación útil. De todos modos espero que co paso do tempo atopen o método de que perduren e así poder utilizalos nalgún ámbito.
Falando da táboa periódica eu particularmente quería falar do fósforo porque paréceme curioso como se descubriu.
Durante o século XVII, a un alquimista alemán Henning Brand, ocurríuselle a idea de que para atopar a pedra filosofal debía fabricar ouro a partir da urina humana. Xuntou 5 litros de urina e quentouna ata a ebulición, logo de deixala reposar durante dúas semanas. Ao final, despois de eliminar toda a auga, lle quedou un residuo sólido. Brand mesturou ese residuo con area, quentouno fortemente e recolleu os vapores que saían nun recipiente baleiro. Ao enfrearse o vapor, sobre as paredes do recipiente formouse un sólido branco: aquela sustancia brillaba na escuridade.
Brand había illado o fósforo.
Paréceme moi interesante que cada vez mais rápido vaia aumentando o número de elementos coñecidos.Cada elemento pode ser o comezo dun cambio da tecnoloxía tal e como a coñecemos na actualidade como foi o xermanio que permitiu grandes melloras no mundo da informática.
Basándonos nisto,pode que o descubrimento do Copernicum por exemplo, nos permita grandes vantaxes grazas a súa alta radioactividade.
Aínda que por outra parte polo momento pódese considerar que está en fase de proba por dicilo de algunha maneira xa que só pode sintetizarse por pouco tempo e, sería necesario unha gran inversión económica para poder explotar o seu posible potencial.
Enlazando có comentario de Mateo García, sobre a vida dos elementos radioactivos gustaríame aportar que algúns destes elemento artificiais de vida corta, (como o flúor-18 e o tecnecio-99 metaestable*) son empregados na realización de probas diagnósticas (gammagrafía, e PET, respetivamente).
Precisamente é esta característica (vida corta), a que permite o seu uso na medicina, polo tanto, considero, que o descubrimento destes elementos (nun principio, sen moita utilidade) son un gran avance para a mellora na sanidade.f
(*) Un elemento metaestable é aquel que mantén a súa condición de inestabilidade o tempo suficiente para ser detectado.
Encantame ver que a estas alturas da vida ainda sigamos descubrindo novos elementos quimicos e iso danos a pensar que queda moito por coñecer.
Paréceme admirable o traballo dos cientificos que axudan a evolucion da ciencia con estes novos descubrimentos.
Gustariame facer mención a un elemento que sempre chamou a miña atención debido o seu nome e tomeime a molestia de buscar algo sobre el.
O wolframio, tamen coñecido como tungsteno descubriuse no 1783 polos irmans Fausto e Juan José de Elhuyar, dous científicos españois. Antes disto en 1779, Peter Woulfe estudou o mineral wolframita e chegou a conclusión de que dito mineral atopábase unha nova substancia e así era. En 1781, Scheele encontrou que podíase obter un novo ácido (denominado tungsténico) a partir do mineral scheelita. Scheele e Berman suxiren a posibilidade de obter un novo metal por reducción de este ácido.Finalmente en 1783, os irmans Elhuyar encontraron que o ácido obtido da wolframita era idéntico ao de Scheele, e nese mesmo ano obtiveron o elemento por reducción do ácido co carbón. Así foi como se chegou o descubrimento do wolframio. Dito elemento hoxe en día é moi importante, sen el non se podería producir dunha forma económica todas as máquinas que rodeanos e as cosas que se poden producir con elas.
Ami gustaríame aclarar que é a PET, nomeada no comentario de Rosalia. A PET, ou tamén coñecida como tomografía por emisión de positrones, é unha tecnoloxía sanitaria propia dunha especialidade médica chamada medicamento nuclear. A PET baséase en detectar e analizar a distribución tridimensional que adopta no interior do corpo un radiofármaco de vida media ultracorta administrado a través dunha inxección intravenosa. Así, a PET permítenos apreciar os focos de crecemento celular anormal en todo o organismo.
Aquí déixovos un artigo do xornal El País:
http://www.elpais.com/articulo/salud/PET/prueba/vez/solicitada/oncologia/limitada/alto/precio/elpsalpor/20030218elpepisal_7/Tes
Queria continuar o comentario de Alexandra, polo motivo do acelerador de partículas.
A Organización Europea para a Investigación Nuclear, tamén coñecida polas siglas CERN, é o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial.Está na fronteira entre Francia e Suiza.
A CERN foi fundada en 1954 por 12 países europeos, ( http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:CERN_member_states.svg ) actualmente conta con 20 estados membros.
O primero gran éxito científico do CERN produciuse en 1984 cuando Carlo Rubbia y Simon van der Meer obtiveron o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos bosones W y Z. En 1992 tocoulle o turno a Georges Charpak “pola invención e o desarrollo de detectores de partículas, en particular a cámara proporcional multicables”.
O CERN a desenrrolado aceleradores cada vez mais potentes, como foron: o Sincrotrón de Protones (PS) inaugurado en 1959, os primeiros anillos de colisión do mundo (os Intersecting Storage Rings), de 1971, o Supersincrotrón de Protones (SPS) que comenzou en 1977, o Colisionador Protón Antiprotón (LEP) de 1983 e, o Gran Colisionador Hadrones (LHC), iniciado no ano 2007 e que compartirá co LEP o seu túnel de 27 km.
A mencionada arriba IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) é a Unión Internacional de Química Pura y Aplicada. Foi fundada en 1919 por químicos tanto de industria como de universidades. O fín de esta creación era establecer estandares básicos e globais,e dicir, a normalización de masas,medidas,nomes e simbolos. Esto supuxo un avance na química e un mellor entendemento global.
A IUPAC está dividida en grupos,que en total suman casi un millar de químicos ó longo do todo o mundo.A IUPAC tamén colabora en varios proyectos medioambientais como son: A química analítica medioambiental,As partículas medioambientais,Reciclaxe de polímeros e vario máis.
É algo desconcertante non poder saber a cantidade de elementos que quedan por descubrir. Aínda que pouco a pouco vamos coñecendo novos “inquilinos” para a táboa periódica, non temos ningún tipo de problema a hora de acomodalos nela, xa que é moi flexible a hora de engadir novos compoñentes.
Respeto o modelo da táboa, gustaríame falar do modelo curvado, xa que chamoume bastante a atención. Neste tipo de táboa, os elementos ubícanse de forma continuada respetando os períodos e os grupos da táboa convencional, tratando do mesmo xeito os bloques ca na táboa convencional. Esta sería a táboa do futuro se non fora tan difícil de trazar, polo que hai que conformarse coa táboa de Mendéleyeb.
Aquí podedes ver unha imaxe do modelo da táboa: http://www.google.es/imgres?q=tabla+periodica+curva&hl=gl&sa=G&gbv=2&tbm=isch&tbnid=oKIkgUy6YbeoLM:&imgrefurl=http://es.wikipedia.org/wiki/Tabla_peri%25C3%25B3dica_de_los_elementos_curvada&docid=8BtEq_ToD5pOwM&imgurl=http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/55/Periodic_system_Loop_format-es.svg/625px-Periodic_system_Loop_format-es.svg.png&w=625&h=858&ei=h4jCTu_cJa_T4QTGm9jDDQ&zoom=1&iact=hc&vpx=99&vpy=116&dur=644&hovh=263&hovw=192&tx=135&ty=162&sig=114153373319312639774&page=1&tbnh=150&tbnw=109&start=0&ndsp=16&ved=1t:429,r:0,s:0&biw=1024&bih=647
Quería reseñar o papel que pode chegar a desempeñar unha cidade da metade de poboación que ten A Coruña no ámbito científico incluso a nivel internacional, xa que os tres foron descubertos alí, como ben apunta Cris. É posible que o feito de recibir bastante investimento da UE (na cidade encóntrase a Sede do Centro Europeo de Operaciones Especiales da Axencia Espacial Europea) poida chegar a ser determinante, pero non a escala tan grande. Reseñar que, ademais, é unha das cidades alemanas que quedou destruída case por completo, e das que máis temprano sufriu os efectos antisemitas do Tercer Reich. Incluso chégase a denominarse “Cidade das Ciencias”, e é a terceira máis tecnolóxicamente avanzada de Alemania (supoño que só detrás de Berlín e Múnich, aínda que non o sei con seguridade). Ademais, Goethe viviu un tempo na cidade.
Esto debería plantearnos se son tan distintos os alemáns como para visualizar a ciencia dunha maneira tan “radical” (alumnos de Bioloxía collerán o chiste) comparada ca que dase no noso país, onde o desenvolso de PIB en I+D+I case non alcanza o 1 %, sendo a de Alemania do 3,5 %. Como remarcaba Adela hai algún días, por desgraza vivimos nun país de paletos.
Sobre este novo achado gustaríame salientar, entre outros , o que en 1898, o químico escocés Ramsay investigou. Ferveu cuidadosamente aire líquido buscando mostras de gases inertes, que el esperaba burbullasen primeiro. Atopou tres, que chamou neón («novo»), criptón («oculto») e xenón («estranxeiro»).
Os gases inertes foron considerados ao principio como mera curiosidade, de interese só para químicos pechados na súa torre de marfil. Pero en investigacións que comenzaron en 1910, o químico francés Georges Claude (1870-1960) mostrou que unha corrente eléctrica forzada a través de certos gases coma o neón producía unha luz suave e de cor.
Os tubos cheos co devandito gas podían moldearse formando as letras do alfabeto, palabras ou debuxos. Na década de 1940, as lámpadas de luz incandescente da coñecida Great White Way e outros centros de diversión semellantes da cidade de Nova York, foron reemprazadas por luces de neón.
Ben Himar. Poderíades explicar o significado da expresión “torre de marfil” aplicado á ciencia?
Con esa expresión refírome a que normalmente os científicos que se adican á investigación, acostuman pasar moito tempo da súa vida pechados nos seus laboratorios.
“Torre de marfil” é unha expresión utilizada como símbolo de aislamento total e voluntario dun investigador que se aparta da realidade para adicarse por enteiro á súa obra científica.
Gústariame decir o significado das siglas IUPAC é o sistema de nomenclatura dos compostos químicos e da descripción da ciencia e a química en xeral. As regras que teñes para nombrar os compotos organicos e inorganicos estan conteñidas en duas publicacions, coñecidas como o Libro Azul e o Libro vermello ,repectivamente. Unha terceira publicación, coñecida como o libro verde describe as recomendacións para o uso dos símbolos para as cantidades fisicas (en asociación con a IUPAP), mentras que o cuarto Libro Dorado,conteñe as definicións dun gran numero de termos técnicos usados na química.
Como se di na noticia os elementos sintéticos son aqueles elementos quimicos que a humanidade non coñecia ata que os sintetizou. Estes elementos teñen que ser sintetizados xa que a sua vida dentro do planeta é moi curta e non se encontran en cantidades apreciables.
Aqui vois deixo alguns deles:
http://es.wikipedia.org/wiki/Elemento_sint%C3%A9tico
Chamoume moito a atención que se tardase tanto en meterse estes 3 elementos na tabla periodica dado que xa fan 17 anos que se descubriu o primeiro. Dous destes 3 elementos descubrironse en Darmstadt, se queredes saber mais sobre esta cidade deixovos un enlace:
http://es.wikipedia.org/wiki/Darmstadt
O descubrimento distos 3 elemntos é un gran avance para a física e o Mundo enteiro,xa que según pasa o tempo cada vez decubriranse máis elementos.
Gustaríame destacar tamén que “dos 118 elementos que compoñen a tabla periódica só tres foron descubertos por españois”. O platino foi descuberto por Antonio Ulloa en 1748, O wolframio polos irmáns Elhuyar en 1783, e o vanadio por Andrés Manuel del Río en 1801.
http://www.rtve.es/noticias/20111116/curiosidades-tabla-periodica-118-elementos-solo-tres-espanoles/475799.shtml
Gustaría salientar o significado da IUPAC :
– IUPAC é un sistema de nomenclatura de compostos químicos e de descripción da ciencia e da química en xeral.
Está desarrollado e actualizado baixo o patrocinio da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada.
As regras para nomear compostos orgánicos e inorgánicos están contidas nas publicaciones, coñecidas como o Libro Azul e o Libro Vermello, respectivamente. Unha terceira publicación, conñecida como o Libro Verde, describe as recomendacions para o uso de símbolos para cantidades físicas (en asociación co IUPAP), mentres que o cuarto, o Libro Dorado, contén as definicions dun gran número de términos técnicos usados en química. Unha compilación similar existe para a bioquímica (en asociación con IUBMB), o análise químico e a química macromolecular. Estos libros están complementados por unhas cortas recomendacions para circunstancias específicas as cales son publicadas de cando en vez na Revista de Química Pura e Aplicada.
A función principal da nomenclatura química é asegurar que a persona que oiga ou lea un nome químico non albergue ningunha duda sobre o composto químico en cuestión, e dicir, cada nome debería refirirse a unha soa substancia. Considerase menos importante asegurar que cada substancia teña un sé nome, aunque o número de nomes aceptables é limitado.
Gustaríame añadir a seguinte información:
A táboa periódica soe atribuíse a Dmitri Mendeléyev, quen ordenou os elementos basándose na variación manual das propiedades químicas, se ben Julius Lothar Meyer, traballando por separado, levou a cabo un ordenamento a partir das propiedades físicas dos átomos. A forma actual é unha versión modificada da de Mendeléyev; foi diseñada por Alfred Werner.
– Dmitri Ivánovich Mendeléiev , nado en Tobolsk o 8 de febreiro de 1834 e finado en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1907, foi un químico ruso, deseñador da Táboa periódica dos elementos.
– Julius Lothar von Meyer ( Varel, 19 de agosto de 1830 – Tübingen, 11 de abril de 1895) foi un químico alemán e contemporáneo competidor de Dmitri Mendeléyev que se deu á tarea de crear a primeira Táboa periódica dos elementos químicos.
– Alfred Werner nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919) foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Me parece un artículo interesante porque es importante saber que hoy en día aun aparecen nuevos elementos, pero también estoy de acuerdo con lo que ha dicho Sergio,y antes de hacer todas estas preguntas deberíamos saber lo que es la tabla periódica y que es lo que contiene:
La tabla periódica es una tabla de los elementos químicos que están ordenados por el número atómico: nºp=nºé
La tabla periódica tiene 18 grupos diferentes que contienen una determinada cantidad de elementos cada uno. Los que están en el mismo grupo tienen el mismo número de electrones en la última capa, por lo tanto van a tener todos la misma valencia, a no se r que haya alguna excepción. Los elementos en vertical son los grupos y los de horizontal son los períodos, los que nos indican los niveles energéticos.
Despois de tantos elementos descubertos, non me sorprende que se descubran máis, o que me chama a atencion é que
estes novos elementos que se estan a descubrir sexan descubertos nos laboratorios. E o máis importante de todo isto
é que no CERN seguen a indagar na procura de novos elementos, como o que nos dixeron na saida á Facultade de Física de Santiago
O elemento que andan a buscar dinominase Higgs.
No CERN pensan que si atopan o Higgs poderian determinar de onde sae toda a materia do universo.
http://labellateoria.blogspot.com/2007/01/el-mecanismo-de-higgs-la-creacin-de-la.html
Ben Ayoub. Do CERN e do Higgs falaremos neste blog algo mais adiante.
É muy interesante este artigo polos elementos que se descubriron e que se encontraron en laboratorios.
E levoume a pensar que a ciencia sempre vai cambiando, grazas aos cientificos que traballan moi duro para encontrar cousas novas e así nos aprender mais cousas sobre iso.
Tamen sorprendeume o traballo de Dmitri Mendeléyev en orgnizar a tabla periódica, e un traballo exitoso xa que seguimos utilizando nestes tempos .Pero cuhna versión modificada que o fixo Alfred Werner.