XVII semana da ciencia

 

A partir do  7 de novembro e coincidindo co 144 aniversario de Marie Curie celébrase a XVIII semana da ciencia. Este ano  adicada ao Ano Internacional da Química.

Marie Curie foi unha química e física de orixe polaco que viviu durante o século XIX.  Descubriu elementos radiactivos  como o polonio e o radio. Foi a primeira muller que ensinou na Universidade da Sorbona. É foi unha das poucas personas que recibiu dous Premios Nobel en campos distintos ( física e química ). O Nobel de Física recibiuno en 1903 ( co seu marido ) e o de Química en 1911 ( cando xa estaba viuva).

 

Dende Galicia homenaxéase ademais á matemática galega María Wonenburger.  Que outras mulleres destacariades polo seu traballo científico?

 Autora: Diana Fernández

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. Mulleres e ciencia e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to XVII semana da ciencia

  1. Victoria Zherdeva di:

    Me gusto bastante ese artículo, ya que hoy en día hay pocas mujeres que se dedican a la ciencia, entonces lo mínimo que podemos hacer y es lo que hizo Diana es recordarlas un poco estando en la semana de la ciencia, teniendo en cuenta que una de ellas es una paisana nuestra, aun que fue reconocida un poco tarde.

  2. Mateo Fernández di:

    Eu mencionaría (deixando de lado a, claramente, OBVIA mención a Lise Meitner que todos poderíamos facer a día de hoxe), a Lynn Margullis (http://es.wikipedia.org/wiki/Lynn_Margulis), reputada figura internacional no campo da Bioloxía especializada no campo do evolucionismo, no que apadriña a hipótesis da simbioxénese, na que as primeiras bacterias no noso mundo, presentes na “sopa” planetaria primitiva, adquiriron mitocondrias e cloroplastos ó “fusionarse” con outros organismos que realizaban as mesmos funcións que estes orgánulos, dando lugar ás primeiras células eucariotas e á fotosíntese, que iniciaría un aumento progresivo na cantidade de osíxeno presente no auga e, posteriormente, na atmosfera, permitiendo a vida na superficie.

  3. Adela di:

    Cal é o significado da expresión “teito de cristal” aplicado ás científicas?

    • Xisela Lema di:

      ‘Teito de Cristal’, denomínase ao freno que teñen as mulleres para avanzar laboralmente nas institucións e empresas, e non permite o avance dese sector da poboación hacia posicións de máis responsabilidade na toma de decisións, que aínda no século 21, encóntrase connosco.
      A maiores, das científicas que máis han destacado, tamén deixo os nomes dalgunhas coma Susana López Carretón recompensada co premio Nóbel de medicina por haber identificado o modo de acción dos rotavirus, responsables cada ano de 600 mil muortes de nenos.
      No 2010 foi recoñecida Alejandra Bravo, Investigadora do Instituto de Microbioloxía Molecular da UNAM, e este ano, Silvia Torres Peimbert, profesora do Instituto de Astronomía da UNAM.

  4. Sara Otero di:

    É certo que as mulleres non foron ben recoñecidas ao longo la historia. Por iso, gustaríame ofrecervos un dato que remarcan este suceso: no tempo que se levan repartido os Premios Nobeis ata o 2010, en 41 ocasións foron as mulleres quen o recibiron, fronte as 776 nas que foron os homes.
    Eu quero mencionar a Marie-Anne Pierette Paulze, máis recoñecia como Madame Lavoisier (http://es.wikipedia.org/wiki/Marie-Anne_Pierette_Paulze). Malia que non foi unha das mulleres que recibiu o Nobel, considérana a “nai da química moderna”. Ela traballaba co seu marido, e xuntos puideron facer os seus estudos sobre a combustión e descubrimento do gas osíxeno, renegando a hipótese do floxisto. Foi ela quen traducira diferentes traballos de dita hipótese, grazas a dominio que tiña de idiomas, e quen criticara os erros químicos que contiñan. Isto foi o que fixo posible o seu descubrimento.

  5. Mateo Fernández di:

    É a barreira que encontran as mulleres para seguir ascendendo no seu campo, traballo ou ámbito e acadar posicións de certa importancia ou renombre. Un enlace con algúns datos interesantes: http://www.stecyl.es/Mujer/el_techo_de_cristal.htm

  6. Joel Taibo di:

    Esta noticia gústame porlo feito de que as protagonistas son mulleres adicadas a ciencia. Marie Curie, paréceme un exemplo de superación tendo en conta que a épocas na que viviron estas mulleres de prestixio indudable, foron difíciles polo seu sexo ou incluso polo contexto político da época. É abraiante a entrega destas mulleres pois Marie Curie foi autodidacta, e iso di moito dela. Realmente gustame o esforzo das mulleres nestes terreos científicos que finalmente seran tidos en conta e recoñecidos.
    En canto a o termo “teito de cristal´´ está relacionado co intento de fracaso da muller no terreo científico, asi como noutros moitos terreos, penso que é un acto de inmadurez e de atraso socio-cultural, vin alguns enlaces pero este e o que mais me gustou
    http://www.elmundo.es/elmundo/2008/03/09/ciencia/1205080773.html

  7. Antía Navajas di:

    Paréceme importante o feito de destacar ás mulleres que fixeron historia no ámbito científico, pois son poucas as que foron recoñecidas e recibiron o Premio Nobel polos seus descubrimentos.
    Xa que é o ano internacional da química, unha das mulleres que máis importante me pareceu, a parte das xa nomeadas, foi Dorothy Crowfoot Hodgkin (http://es.wikipedia.org/wiki/Dorothy_Crowfoot_Hodgkin)recibiu o Premio Nobel por determinar a estructura dos compostos bioquímicos esenciais para combatir a anemia perniciosa. Tamén é coñecida pola utilización da difracción dos raios X no estudio da estructura das macromoléculas.

  8. Nerea Pardo di:

    Paréceme moi ben que se recorde a todas ás mulleres que loitaron para poder facerse un oco no mundo da ciencia. Gracias a elas hai razóns mais que suficientes para demostrar que as mulleres non solo poden dedicarse aos estudos humanitarios como as linguas ou a xeografía, senón que poden ser excelente físicas,químicas ou matemáticas como demostraron estas dúas mulleres.Tamén creo que foron moi afortunadas porque non todas tiveron o apoio dos seus pais que as animaron a estudar.
    Persoalmente opino que é moi boa idea dedicarlle a semana da ciencia tamén a María Wonenburger porque ademais de ser unha excelente matemática tamén é unha excelente persoa.
    Outra muller que podería destacar é Rosalind Franklin que despois de graduarse na universidade de Cambridge(non sen antes salvala oposición paterna) é recordada principalmente pola chamada Fotografía 51,a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X, que serviu como fundamento para a hipóteses da estrutura dobre helicoidal do ADN.

  9. Santiago de la Iglesia di:

    Xa é hora de que se lle de a máxima importancia aos traballos das mulleres no mundo da ciencia, non como se fixo ata agora, anos e anos para conseguir o que un home obteñía, sen mudar o semblante cara elas, e moitas veces a costa delas. É sensacional que se lle homenaxee a esta muller que tivo que sufrir estes antigos prexuízos que aún aínda nos rodean, pero en proporción exigua e que dan de sí actualmente unha imaxen ridícula, afortunadamente, para a maioría das maneiras de pensar. Grandes esforzos e desigualdades tiveron que sobrelevar. Por iso hoxe aclamo a todas estas personaxes, como tamén o pode ser a Alemana Emmy Noether, que foi unha gran matemática especializada na álxebra e xeometría e que aportou grandes avances. Ela nunca tivo un salario digno…

  10. Cristina González di:

    As Universidades forman miles de futuras científicas, pero á hora de ocupar altos cargos o certo é que a nosa sociedade as relega.
    A continuación citarei algunhas mulleres das máis importantes na ciencia como pode ser:
    .Hipatia: era una neoplatónica destacada en matemáticas e astronomía.
    .Ada Lovelace. Pionera en programación informática.
    .Sophie Germain. Matemática francesa destacada no seu aporte á teoría de números.
    .Rachel Carson. Figura clave en ecoloxía e a xeración de conciencia ambiental.
    .Jane Goodall. Primatóloga que estudiou o uso de ferramentas en chimpancés.

  11. Adela di:

    Rosalía e David ben, pero fixádevos e lede antes os comentarios dos vosos compañeiros. Emmy Noether e Dorothy Mary Crowfoot xa mencionáronas.

  12. Rosalía García di:

    A aportación da muller na ciencia, paréceme un tema moi importante sobre o que reflexionar, xa que, aínda hoxe en día, a muller atópase con obstáculos a hora de ser recoñecida (pola súa capacidade e valía) dunha maneira igualitaria ó home.
    Pese a todo, moitas mulleres conseguiron (e conseguen) superar estos impedimentos, e desenvolver traballos que supoñen importantes avances para a sociedade.
    Eu quería nombrar a unha matemática alemá, coñecida polas súas aportacións tanto no ámbito das matemáticas como na física.
    O seu nome era Emmy Noether e foi recoñecida (entre outros) por Albert Einstein quen a considerou o xenio máis significativo producido dende o comenzo da educación superior das mulleres.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Emmy_Noether

  13. David Lamas di:

    Por fin e despois de moitos anos recoñécese en toda medida o traballo realizado polas mulleres no ámbito da ciencia. Paréceme excepcional que se reconmemore o seu esforzo , xa que as mulleres contribuiron no mundo da ciencia dende un principio, e tiveron que pasar moitas situacións difíciles e desagradables para chegar a este punto.Onde que para que o seu traballo fose aceptado, tiveron que utilizar moitas estratexias e soportar unha vida chea de obstáculos.
    Por iso tamén quero mencionar a Dorothy Mary Crowfoot Hodgkin que foi unha química pionera na aplicación dos rayos X a bioquímica , e no ano 1964 sería galardonada co Premio Nobel de Química.
    Por se queredes saber algo máis.
    http://www.cimacnoticias.com.mx/noticias/06jun/s06060605.html

  14. roxanacadena di:

    Esta entrada pareceme interesante e me gusta moito porque foron tanta as mulleres que non foron recoñecidas por o seu traballo que morreron e non poideron verlo recoñecido.Xa sea por os prexuizos de aqueles anos o porque moitas delas non foron nombradas por os seus compañeiros xa que non querian que pasasen deles.
    Tamèn gustariame aportar este articulo que me pareceu moi interesante.
    http://www.elpais.com/articulo/futuro/Mujeres/ciencia/discriminacion/excelencia/elpepusocfut/20070321elpepifut_7/Tes

  15. Isabel Escourido di:

    Alégrame ver que hoxe en dia lembramos a mulleres como Marie Curie ou Hipatia de Alejandría xa que elas foron unhas das poucas mulleres que atrevéronse a facer cambios nas vidas doutras,na época de antes. http://noticias.terra.es/2011/ciencia-y-tecnologia/0912/actualidad/mujeres-que-cambiaron-la-historia.aspx
    Pese a que hoxe en dia no mundo da ciencia os homes seguen ocupando una importantísima parte,tamén se poden ver mulleres.Por iso as mulleres de hoxe deberíamos fixarnos en estas pioneiras que loitaron nun mundo de homes,e a pesar de moitas veces aver sufrido, elas continuaron facendo o que lles gustaba a pesar de que “non fose para elas”.
    Polo tanto temos que seguir loitando para que o dia de maña haxa unha igualdade en homes e mulleres traballando neste mundo tan profundo e que ten moitas cousas por investigar.

  16. Beatriz Castro di:

    Gustaríame compartir unha noticia en relación con Marie Curie:
    O Museo da Ciencia e o Cosmos estrenou este xoves unha obra titulada ‘Rosalind & Marie’, coa que o Museo rinde homenaxe a dúas grandes mulleres do século XX.
    Son mulleres emblemáticas da Ciencia do século XX- Marie Curie e Rosalind Franklin-, que darán moito xogo. É, sen dúbida, un homenaxe apropiado para celebrar o Ano Internacional da Química.
    Trátase de dúas vidas marcadas polos signos contrapostos e afíns. Basta lembrar o humilde orixe de Marie fronte ao aristocrático de Rosalind. O final de Marie, como celebridade mundial, fronte a soidade final de Rosalind. Ambas sucumbiron por enfermidades causadas pola radiacion e polos raios X; Rosalind aos 37 e Marie aos 64. Enfrontáronse aos prexuízos da súa época e afrontaron a súa vocación científica con valentía e coraxe.
    Marie gañou dous premios Nobel mentres Rosalin ningún, aínda que a posteridade faríalle xustiza.
    Falando de Rosalind Franklin ela logrou fotografar, mediante difracción de raios X, a dobre hélice do ADN. Estableceu a estrutura do carbono e foi pioneira no estudo dos virus. A súa figura foi marxinada ata que, trala súa morte, diversas historiadoras da ciencia rescatárona para lembrar ao mundo que foi a madre de xenética actual.
    Máis información de Rosalin Franklin: http://es.wikipedia.org/wiki/Rosalind_Franklin

  17. Lema Nuria di:

    Esta noticia paréceme unha boa maneira de facer saber ao mundo a importancia que poden chegar a ter as mulleres nun sector tan amplo como é o da ciencia.Hoxe en día, os homes podería dicirse que superan en número as mulleres no cambio tanto da física coma da química, pero non por isto teñen menos coñecementos as mulleres. Unha gran representación é o de Marie Curie, que como ven se ve no contido da noticia foi unha gran muller adicada a ciencia e recompensada polos seus esforzos, unha entre moitas outras.

    http://www.cienciaescolar.com/CIENCIA%20FEMENINO/Ellas_Premios_Nobel.htm

  18. Ayoub Elghotiss di:

    Na miña opinion esta moi ben que se recorde as mulleres nos ambitos cientificos, ainda que foran poucas e fosen recoñecidas algo tarde. E máis se unha das mellores matemáticas é galega.

  19. Nildes Abella di:

    Marie Curie paréceme un bo exemplo para nomear na Semana da Ciencia xa que o estudio, xunto co seu marido, dos elementos radiactivos contribuíu á comprensión dos átomos nos que se basa a física nuclear moderna.
    A min gustaríame destacar a Gertrude Belle Elion, bioquímica americana. Debido ás dificultades da época fíxose asistente de G.H Hitchings. Desenvolveu cantidade de fármacos para tratar enfermidades como a leucemia, sida (AZT), meninxitis e malaria.Ó igual que moitas científicas da época non se casou nin tivo fillos. Recibiu un Nobel en Fisioloxía e Mediciña. ( http://es.wikipedia.org/wiki/Gertrude_Belle_Elion )
    Na miña opinión a muller foi desprestixiada durante moito tempo, e na actualidade aínda moitos prexuízos manteñense e as mulleres non teñen o recoñecemento e a igualdade que merecen. Por exemplo, pouca xente sabe que a precursora da telefonía 3G así como as conexións inalámbricas como o WIFI e o Bluetooth, tan comúns hoxe en día, básanse no cambio aleatorio de canal descuberto por unha muller, Hedy Lamarr.

    Sobre a expresión <> deixo está páxina onde o explica detalladamente: http://www.buenastareas.com/ensayos/Techo-De-Cristal/1529297.html

  20. Eduardo Cagide di:

    Eu queriavos dar uns datos que considero interesantes e facervos unha pregunta referida a eles.
    Estos datos informannos de que dentro dos matriculados en carreiras de ciencias o 54,2% son homes,pero malia este dato que non parece moi positivo aparentemenete para as mulleres,é moi positivo xa que esta porcentaxe,cada ano aumenta a favor das mulleres aun ritmo máis que considerable. Agora fágovos a seguinte pregunta: credes cos prexuizos contra as mulleres no campo da ciencia e o chamado teito de cristal,van seguir presentes na nosa sociedade?
    Eu, se mo permitides, aparte de facer a pregunta tamen vou a dar a miña resposta ou opinión: creo que con que só a metade destas mulleres,demostren a metade de coraxe e valentia que as mulleres cientificas das anteriores xeracións demostraron,(para intentar abrir un oco as mulleres no campo da ciencia) estes prexuizos teñen as horas contadas. Non sei si compartides a miña oinión.

    • Rosalía García di:

      Contestando a túa pregunta, gustaríame dicir que este problema co que se atopa a sociedade, aínda que pode ter una próxima solución, penso que non experimentará un cambio inmediato, pois considero que hai moito traballo por facer tanto no campo de educación coma nas politicas de igualdade.

  21. Alexandra Parceiro di:

    Eu creo que todas as científicas merecen ser recordadas, xa que loitaron moito, primeiro loitaron para facer os descubrimentos que fixeron, e despois tiveron que loitar para ser recoñecidas, para que se lles deixara estudar e investigar.

    Do enlace que fai Joel Taibo sobre unha noticia do periódico el mundo paréceme incrible o que di: “aínda hai laboratorios onde teñen que lavar as probetas as becarias e non un dos seus compañeiros.” e tamén me chama a atención de que en España non haxa unha soa catedrática de xinecoloxía e obstetricia, o cal é unha área relacionada ca muller.

    Tamén resúltame sorprendente que non se recorde a grandes científicas que aportaron grandes descubrimentos, en cambio se o descubrise un home estaría constantemente recordando. Os exemplos desas grandes científicas que aportaron grandes descubrimentos e quedan no olvido, xa foron mencionadas, e son:
    Rosalind Franklin que foi unha biofísica e cristalógrafa inglesa autora de importantes contribucións a comprensión das estruturas do ADN, os virus, o carbón e o grafito. Mencionada por Nerea Pardo.
    Ada Lovelace foi a primeira programadora de computadora.
    Menciónana por Cristina González.
    Rachel Carson que contribuíu a posta en marcha da moderna conciencia ambiental.
    Tamén mencionada por Cristina González.
    E desta científica quería mencionar, como curiosidade, que ten unha estatua na fachada do Museo Rocsen. Déixovos a foto da estatua:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:RachelCarson.JPG

    O museo Rocsen é un museo ubicado na provincia de Córdoba (Arxentina), e na súa fachada ten 49 estatuas que corresponden a un personaxe distinto, que haxa aportado algún coñecemento o mundo, ademais de haber sido pacifista e humanista. Algúns exemplos das estatuas que impoñen a fachada son: Da Vinci, Martin Luther King, Kepler, Teresa de Calcuta, Durero, etc.
    Déixovos o enlace da páxina web do propio museo por se querede saber máis del: http://www.museorocsen.org/rocsen/
    Gertrude Belle Elion que fixo diversos descubrimentos:
    -6-mercaptopurina (Purinetol), o primeiro tratamento contra a leucemia.
    -Azatioprina (Imuran), o primeiro axente inmunosupresor, usado nos trasplante de órganos.
    -Alopurinol (Zyloprim), contra a gota.
    -Pirimetamina (Daraprim), contra a malaria.
    -Trimetoprim (Septra), eficaz fronte as meningitis bacterianas e algúns tipos de septicemia, e infeccións bacterianas do tracto urinario e respiratorio.
    -Aciclovir (Zovirax), contra virus Herpes.
    Mencionada por Nildes Abella.
    Hedy Lamarr foi unha actriz, inventora e enxeñeira en telecomunicacións austríaca.
    Ademais inventou da primeira versión do espectro ensanchado. Desta científica chamoume a atención que fose actriz e inventora.
    Tamén mencionada por Nildes Abella.
    -Etc.
    O que máis me impresionou de todas as científicas mencionadas polos meus compañeiros foi que Dorothy dende os 24 anos sufría de artrites reumática, a cal lle deformou as mans e lle producía continuo dolor, pero a pesar disto, ela non deixou os seus proxectos.

    A científica que eu quero aportar nesta noticia é:
    María de los Ángeles Alvariño naceu en Ferrol e xa con tres anos lía libros aprendía solfeo e piano.Conseguiu o título de Bachiller pola Universidade de Santiago con sobresalente e matrícula de honor. Logo enfilaría os seus estudos pola carreira de Ciencias Naturais. As súas primeiras investigacións as levou a cabo no Instituto Español de Oceanografía de Vigo, especializándose no estudio del zooplancton.
    En 1956, trasladouse a Massachusetts, realizando investigacións no “Instituto Oceanográfico Woods Hole”; y logo en el “Instituto Scripps de Oceanografía”, en California, e no “Servicio Nacional (estadounidense) de Pesca Marítima”. Foi a primeiro muller científica, en un barco de investigación británico. Descubriu 22 especies de organismos mariños.
    Deixo un enlace da voz de Galicia do 06 de xuño do 2005 onde fala dela.
    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/06/3794955.shtml

    • Adela di:

      Alexandra, é un comemtario demasiado extenso.
      Como resumilo?
      Por exemplo, limitandote a nomear as cientifícas (xa nos deron información sobre elas), ademais poderías suprimir o listado de fármacos de G. B. Elion.
      Destacarias así a interesante información que aportas de M. Angeles Alvariño.

  22. Cristina Frade di:

    Estou moi contenta persoalmente de que na semana da ciencia se lembre a esta muller.
    Penso que tamén é destacable a labor que realizou a súa filla, Irene Joliot-Curie, que grazas á investigación que fixo, co seu marido, sobre a estructura e a proxección do átomo descubriu o neutrón, isto lles facilitou a producción sintética de átomos.
    por outro lado quero mencionar a labor de Rita Levi Montalcini, italiana con ascendencias sefarditas. Non tivo unha infancia fácil, pois o seu pai non quería que estudase, pese a isto doctorouse en neurocirurxía. En 1942 descubriu como crecen e se desenvolven as células do cerebro, ata 1986 considerábase só unha hipótese. Este foi o ano en que se recoñeceu e recibiu o premio Nobel de Fisioloxía. Durante o fascismo trataron de asasinala, pero agochouse. Mentres tanto seguiu investigando e descubriu a apoptosis, morte programada das células.
    Entre os anos 1961 e 1969 dirixiu o Centro de Investigación Neurobiolóxica de Roma, e dende 1969 ata 1978 o laboratorio de bioloxía celular.
    Foi nombrada Emabaxadora de Boa Voluntad pola FAO no ano 1999.
    No 2001 o daquelas presidente da República Italiana, Carlo Azeglio Ciampi noméaa senadora vitalicia, e hai escasos dous anos confirmou a súa tese de que o hemisferio dereito do cerebro está menos desenvolvido que o esquerdo.

  23. Evelin López di:

    Paréceme moi interesante este tema, no que se fala da importancia da muller na ciencia, moitos anos atrás os seus méritos no eran recoñecidos debido a situación.
    As mulleres conseguiron destacar neste ámbito polos descubrimentos que fixeron, demostrando que tiñan a mesma capacidade que o home, e loitaron para que o seu traballo fose recoñecido.
    Gutaríame nombrar a dous mulleres:
    Florence Nightingale(http://es.wikipedia.org/wiki/Florence_Nightingale),destacou desde moi xoven nas matemáticas, e aplicou os seus coñecementos de estadística da epidemoloxía.
    Jocelyn Bell Burnell (http://es.wikipedia.org/wiki/Jocelyn_Bell_Burnell) foi una astrofísica que descubriu a primera radioseñal dunha estrela de neutrons que emite radiación periódica (púlsar).

  24. Amir Pose di:

    Alegrame este recoñecemento as mulleres, xa que non se lle da a importancia que deberia e iso que o traballo das mulleres no mundo da ciencia remontase moito tempo atrás.
    A primeira muller mencionada na historia da medicina e tamen na historia da ciencia remontase ao 2700 a.C e se chamaba Merit Ptah. Seu fillo que era sumo sacerdote describiuna como “a medica xefe”.
    No seu honor, a unión astronómica Internacional bautizou un cráter de impacto en Venus como Merit Ptah.

  25. Mila Mosquera di:

    Paréceme importante destacar ésta expresión :
    “Por natureza, as mulleres temos a mesma capacidade de comprensión que os homes, sempre que se nos críe en colexios onde poidamos madurar os nosos cerebros”, dicía Margaret Cavendish, poetisa e científica inglesa que viviu no século XVII.
    Catro séculos despois, a situación educativa mellorou, sobre todo no primeiro mundo. Pero, ¿desapareceu o machismo de tódalas esferas da vida?

    O caso de Curie é excepcional: primeira muller Nobel, primeira en gañar dous veces o galardón, única persoa que o ten en dúas categorías científicas… E, encima é nai de outra premiada.
    A o seu lado figuran outras investigadoras cuyas aportacions á ciencia foron igualmente importantes como Barbara McClintock, que en 1951 realizou o descubrimento máis importante en xenética dende Mendel. Esta bióloga, naceu en 1902 en EEUU, observou por primeira vez a existencia dos ‘xenes saltarins’ o transposones, cuya importancia só se valorou moitos anos despois. En 1983, déronlle o Nobel de Fisioloxía.
    McClintock é unha afortunada. En 110 anos de historia, 43 mulleres recibiron 44 veces este honor. Se nos fixamos só nas categorías científicas, as cifras redúcense a 14 investigadoras e 15 mencions.
    Unha das grandes inxusticias históricas pode que sea a de Lise Meitner, cuyo nome é algo máis coñecido pola ‘publicidade’ que lle deu Albert Einstein que dixo de ela que a súa cabeza é aún mellor que a de madame Curie. Meitner e Otto Hahn descubriron a fisión nuclear. Lamentablemente, él foi o único que recibiu o prestixioso galardón, en 1945.
    Xunto ela, tamén figura na lista de científicas olvidadas a astrofísica Jocelyn Bell, que elaborou a teoría da existencia dos púlsares (un tipo de astros) mentres que estudiaba o doctorado no laboratorio de Anthony Hewish na Universidad de Cambridge (EEUU). Unha vez máis, o Nobel esquivou a muller e recaeu sobre o supervisor da súa tesis.

Deixa unha resposta