“Barbie, cortamos. Non saio con mozas que deforestan”. É unha mensaxe de Ken, e o lema da campaña co que Greenpeace vincula ao fabricante de xoguetes Mattel coa destrución das selvas tropicais de Indonesia.
A empresa que fabrica estas bonecas emprega “madeira de selva tropical para empaquetarlas cun envoltorio máis barato”. A denuncia chega durante a celebración do Ano Internacional dos Bosques cunha campaña que comezou este mércores, en máis de 40 países, e na que se habilitou unha páxina na que os usuarios poden enviar unha mensaxe a Robert Eckert, CEO da empresa fabricante de xoguetes, e expresar a súa protesta.
Greenpeace solicita, a Mattel en particular e ao sector en xeral, que “rompan as súas relacións coa empresa Asia Pulp & Paper (APP), quen lles abastece de papel e pasta de papel para fabricar as caixas dos seus xoguetes, porque estándirectamente vinculados coa deforestación da selva. A empresa papeleira, APP, está sinalada por múltiples ONG´s de todo o mundo por fornecer madeira de árbores tropicais”.
Autora: Carolina Rodríguez