Unha droga máis

imagen

Segundo un estudo, os videoxogos crean adicción e actúan no cerebro de igual maneira que a marihuana ou o alcol. A investigación, presentada no V Foro Europeo de Investigadores de Neurociencia en Viena, é o resultado de probas realizadas a máis de sete mil persoas. Os científicos descubriron que máis dun 10% tiña  “memoria da adicción” gravada no cerebro. “As reaccións cerebrais das persoas que xogan con videoxogos en exceso son similares ás dos alcohólicos ou os adictos ao cannabis”, dixo Ralf Thalemann, do Instituto de Medicamento Psicolóxico da Universidade Charité de Berlín logo de probar esta afirmación con electroencefalogramas.

Se os xogadores de videoxogos someten ao cerebro de forma continua a certos estímulos de recompensa que causan a liberación de cantidades crecentes do neuro-transmisor chamado dopamina, créase “unha memoria da adicción” que ten efecto na actividade cerebral. O científico suxeriu que os pais que sospeiten que os seus fillos son adictos aos videoxogos deberían buscarlles outras actividades alternativas que cumpran a mesma función de “elevar o amor propio” dos mozos.

Os investigadores tamén aseguran que ao contrario que o alcol ou as drogas, os videoxogos non crean dependencia física, pero débese ensinar aos menores a xogar de forma controlada.

Que medidas creedes que sería bo adoptar ante estos casos?

Autora: Vera Lopez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta