Voando vou, voando veño.

imagen

As aves están a empezar a cambiar as súas fechas de migracións. Estes atrasos nas viaxes que están a sufrir é resultado das difíciles condicións climáticas da etapa final da súa viaxe ao longo de Europa.

 

As aves migratorias manteñen as súas datas de viaxe flexibles pero no caso dos cazamoscas moteados (na imaxe) polo menos unha saída máis precoz non necesariamente significa que cheguen antes ao seu destino, segundo un estudo da Universidade de Groningen nos Países Baixos que se publica na revista “Current Biology”.

 

Os autores do estudo sinalan que o descubrimento podería ser en certo sentido un bo sinal de que as aves poden afrontar o cambio climático pero tamén subliña a súa vulnerabilidade ante as condicións ambientais en xeral.

Segundo explica Christian Both, responsable do estudo, “Estivemos afirmando durante algún tempo que as aves migratorias teñen dificultades para adaptarse ao cambio climático polos seus tempos ríxidos e inflexibles da migración primaveral; en África e Sudamérica non poden saber cando comeza a primavera nos territorios de apareamiento do norte”.

Para Both, o estudo mostra que o momento da migración primaveral é flexible e que as aves responden ó cambio climático, aínda que de maneira  indirecta. As datas de apareamento adiantáronse e as aves nacen antes na primavera e o momento de migración avanzou durante os últimos 25 anos. “A razón de que as aves non avanzasen a súa chegada non se debe a un fallo no inicio máis temperá da migración senón que as circunstancias do paso polo sur de Europa non melloraron”, afirma Both.

 

Credes que isto poderá afectar cada vez máis ás aves  e co tempo  chegar  a se  estinguir algunhas especies? Isto das aves tamén lles podería pasar a outros animais migradores? O cambio climático pode chegar a ser tan forte que nos ocasione a nós un mal parecido o das aves?

Autora: Laura García Rueda

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta