O mal de Steve Jobs

imagenO fundador de Apple, Steve Jobs padece  cancro de páncreas, un tipo de cancro que aínda é un gran crebacabezas, difícil de compoñer, que mantén en xaque a científicos e clínicos. En España ten unha taxa de incidencia preto de oito casos por 100.000 habitantes ó ano.Como  xorde?
As causas do cancro de páncreas aínda son un gran descoñecido. O tabaco é o único factor ambiental coñecido que aumentaría o risco, pero apenas o dobra. Tamén especúlase que o consumo de alcohol, café e uso continuo de aspirina pode axudar, aínda que os datos non son consistentes. Trastornos coma a enfermidade hepática crónica ou unha dieta rica en graxa, aumentan o risco. Tamén hai especulacións do papel do tipo de sangue: as persoas co tipo A, B ou AB terían máis posibilidades ca os do grupo 0.

En canto a nova vacina:
Máis de cincuenta hospitais do Reino Unido xa comezaron a fase de probas en humanos dunha vacina para o cancro de páncreas, que ten a menor taxa de supervivencia. Preto de mil pacientes coa enfermidade en estado avanzado uníronse ao proxecto de proba chamado TeloVac.
Cancer Research UK, resalta que a vacina que comezou a ser probada en seres humanos, non chgará a representar unha cura, pero se funciona, podería servir
para prolongar a vida do paciente.
Aínda que as vacinas son comunmente asociadas coa prevención de infeccións, no caso de TeloVac busca  unha estratexia diferente: estimular o sistema inmunitario para enfrentarse ás células cancerosas. A proba consiste na inoculacón da vacina en doses regulares ao mesmo tempo que continúa a quimioterapia. Os resultados serán comparados cos obtidos en pacientes que só reciben tratamento de quimioterapia. A vacina contén pequenas seccións da proteína telomerasa que as células cancerosas producen en grandes cantidades. O obxectivo é estimular o sistema inmunitario para que recoñeza a telomerasa presente na superficie das células cancerosas e así atacar o tumor.

Autora: Soledad Muiño

Esta entrada foi publicada en 3. Inmunoloxía e farmacoloxía, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta