Querido cambio climático…

 

imagen

Basándonos nos datos recollidos ata  agora, de seguir  así poderíamos  perder as tres cuartas partes das especies que hai no noso planeta nuns cantos siglos.

A pesar de todo, algúns paises e o seu goberno xa ven necesaria a intervención e, por exemplo, os EE.UU. invertíron na investigación uns  3’5 millóns de dolares  anno. Tamén aumentou de forma significativa a cantidade de información con respecto ao cambio climático e a perda de especies.

Segundo as Nacións Unidas, o Sol, o vento, a auga e a biomasa serán as principais fontes de enerxía no 2050. Realmente, coa política adecuada poderíamos cubir un 77% da demanda, pero só se cubriu un 12’9% da demanda global no 2008, repartíndose entre biomasa (10’2%), hidráulica (2’3%), eólica (0’2%), xeotérmica e solar (0’1%).

A NASA danos máis información sobre o desxeo nos polos.  A principal consecuencia será o incremento do nivel do mar, que no 2050 pode pór en perigo moitas zonas costeiras da Terra.

Ángel Rivera,  do Instituto Nacional de Meteorología (INM), declarou que o cambio climático, no sentido global,  tamén está repercutindo no noso país do mesmo modo. O máis probable é que haia un aumento das temperaturas que volva a España máis árida. Xa  o 2005 foi o ano máis seco dende que empezou o estudo. E por esta causa o cambio climático encendeu tódalas alarmas no noso país. Según o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a fauna verase afectada neste século e suponse que máis do 5o% das especies animais deberán tér un control para a súa viabilidade e conservación.

Aquí tedes a primeira parte dun documental no que os explicará mellor este tema: http://www.youtube.com/watch?v=gqzmQjN3EXg&feature=player_embedded

Autora: María Iglesias

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Querido cambio climático…

  1. María Iglesias García di:

    Espero que co tempo tódolos países, os seus gobernos, poñan da súa parte para darlle unha “oportunidade” á investigación científica. Os que queremos traballar nela temos que loitar coste o que coste polos nosos dereitos. Nunca amedrentarnos. Non é unha misión imposible.

  2. dante varela di:

    España é un dos paises que mais utiliza as enerxias renovables, pero ainda poderia utilizalas mais. No caso de Galicia xa podemos ver a gran cantidade de muiños de vento que hai sobre todo na provincia de Lugo.

    Por outra parte que digan que os EE.UU. invertíron na investigación uns 3′5 millóns de dolares paréceme lamentable xa que é un cantidade miserable, xa que estamos a falar dun dos paises que mais contaminan, e a primeira potencia mundial economicamente falando

Deixa unha resposta