Por que ás mulleres dóelles máis a cabeza?

imagen

Un equipo internacional de científicos identificou tres xenes asociados coa hemicrania, un trastorno neurológico común, heteroxéneo e hereditario que afecta a preto do 20% das persoas e é máis común entre a poboación feminina .Os expertos analizaron as doenzas de 23.230 mulleres, procedentes do Estudo Sanitario do Xenoma da Muller realizado en EE UU. Delas, 5.122 padecían hemicrania. Os resultados, publicados en Nature Genetics, mostran como un dos xenes identificados (TRPM8), que se expresa en neuronas e codifica un sensor para a dor, exprésase soamente nas mulleres. Pola súa banda, o segundo xene (LRP1) está involucrado na detección do ambiente extracelular e as vías neurotransmisoras.

Autora: Claudia Valiña

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta