Neste artigo os vou falar dunha enfermidade pouco coñecida, da que a xente sabe moi pouco pero que é moi importante. Esta enfermidade é a fibromialxia.
A fibromialxia é un síndrome no que as persoas experimentan dor prolongada en todo o corpo e puntos de sensibilidade nas articulacións, os musculos, os tendóns e outros texidos blandos. A fibromialxia está tamén relacionada coa fatiga, problemas do sono, dores de cabeza, depresión, ansiedade e outros síntomas.
O seu síntoma principal é a dor. A fibromialxia é unha enfermidade recoñecida por todalas organizacións médicas internacionais e pola OMS dende 1992. Aínda que a súa causa, é descoñecida, cada vez detéctanse máis evidencias ao respecto dunha base xenética da fibromialxia que se expresa ante determinadas circunstancias e que condiciona unha resposta anómala do Sistema Nervioso e unha facilidade específica para incrementar os procesos de sensibilización á dor, polo menos naqueles casos que cursan cunha extraordinaria sensibilidade dolorosa ante o tacto, o rozamento ou os estímulos térmicos mínimos (alodinia). A dor e outros síntomas da fibromialxia aumentan co paso do tempo, o que fai especialmente importante un diagnóstico precoz. Os enfermos quéixanse de que lles doe todo o corpo e moitas veces a dor vai acompañada dunha sensación de fatiga muscular.
Na actualidade non existe ningunha análise de laboratorio para o diagnóstico da fibromialxia. Un diagnóstico correcto debería incluír unha historia clínica detallada que inclúa a vida laboral e familiar, avaliación psicolóxica, exame físico completo, analítica básica e algunhas probas de imaxe para descartar outras enfermidades.
Esta enfermidade non conleva perigo para a vida, aínda que é persistente, e que, nestes momentos, non ten un tratamento curativo.
Vós que opinades acerca de esta enfermidade?.
Creedes que se deberia de ter máis en conta?
Autora: Judit Pousada