Mosquitos, o pesadelo de moitos.

imagen

Ahora que se acerca o verán a actividade dos mosquitos se dispara e  nos comezamos a sentilos.  Os mosquitos, teñen unha temperatura corporal que depende da temperatura do ambiente, son animais ectotermos.  Pero sabíades que cando un mosquito nos pica, a sua temperatura varia uns 10 ºC en menos de medio minuto? Por exemplo, se a temperatura ambiente é de 20 graos e nos pica un mosquito, a sua temperatura subirá ata os 30 graos.  Con estos cambios tan bruscos, sería de esperar que os mosquitos tiveran algunhas consecuencias negativas, pero esto non é  asi grazas a que eles mesmos fabrican unhas proteinas de choque térmico. Teñen algunhas que outras dificultades para sobrevivir, porque para poder picarlle a alguén, primeiro teñen que evitar ser vistos, sobre todo cando estan en plena faena. Segundo, teñen que perforarnos a pel (que non lles é doado) e por último, deben  evitar a acción do seu sistema inmune. Agora vos deixo un enlace para que vexades como podemos curar unha picadura de insecto. enlace 

Autor: Juanjo Regaldie

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

6 Responses to Mosquitos, o pesadelo de moitos.

  1. raquel blanco di:

    Sempre me preguntei como e porque os mosquitos pican a unas persoas e a outras non, pero buscando información en internet, me enterei de que os mosquitos usan o seu sentido do olfacto para detectar dióxido de carbono da respiración humana e o ácido láctico que segregamos coa suor. Na escuridade, acuden a fontes de calor e poden notar diferenzas de ata medio grao de temperatur.
    Recentes investigacións aclaran que, fronte ao que pensamos, non é que existan individuos máis apetecibles que outros, senón que algúns de nós posuímos un cheiro natural de “camuflaxe” que nos protexe de que nos piquen. Son as femias as que nos pican en busca das proteínas do noso sangue para producir os ovos (os machos prefiren as flores). Pero o seu sangue preferido é a dos paxaros e os mamíferos pequenos.

  2. andrei lee di:

    Os mosquitos, un dos insectos que a mi parecer o humano máis odia, e non só hai que acordarse dos mosquitos que temos polas noites que nos pican e non nos deixan durmir senón dun dos mosquitos que transmite unha das enfermidades máis graves que pode haber como a malaria ou paludismo.
    Este mosquito que transmite esta enfermidade chámase Anopheles da familia Culicidae que habia en practicamente todo o mundo, habendo deste mismo case 400 especies das cales de 30 a 40 transmiten diferentes parásitos do xénero Plasmodium, que é o parásito que produce a enfermidade da malaria.
    En rexións onde a malaria é altamente endémica, as persoas son tan a menudo infectadas que desarrollan unha “imunidade adquirida”, é dicir que son portadores máis ou menos asintomáticos do parásito.
    Os síntomas son moi variados, empezando con febre, escalofríos, sudoración e dor de cabeza. Ademais pódense presentar náuseas, vómitos, tos, feces con sangre, dores musculares, ictericia, defectos de la coagulación sanguínea, shock, insuficiencia renal o hepática, trastornos do sistema nervioso central e coma.
    Aínda non hai unha vacina que sexa totalmente eficaz pero si hai vacinas que poden axudar a primeira foi desarrollada por Manuel Elkin Patarroyo, e ten unha efectividade do 40 ao 50% en adultos e do 77% en nenos.

  3. roberto fernandez di:

    E interesante isto dos mosquitos xa que eu descoñecia esa caracteristica de que adaptaban a sua temperatura corporal segundo o ambiente e menos que lles aumenta 10 grados a temperatura cando nos pican.
    E tamen chamame a atención o que puxo raquel sobre que algunhas persoas temos unha especie de repelente natural contra eles, desde logo a natureza eche moi sabia.

  4. paula manteiga di:

    O Aedes albopictus, denominado vulgarmente “mosquito tigre” e o máis coñecido, e tamén o máis común.
    Este pequeno bicho, a cal o seu hábitat natural son as selvas húmedas asiáticas, ten un aspecto característico e unha picadura dolorosa, que se inflama e persiste moito mais que as que provocan os mosquitos autóctonos (Aedes albopictus é capaz de atravesar a ropa).

    Deixovos un video que fala de este tpo de mosquito.
    http://www.youtube.com/watch?v=nVnqoCoKGB8&feature=player_embedded

  5. raquel gomez di:

    Eu odio os mosquitos!sempre me pican a min na miña casa e non soporto o picor!e o son que fan…creo que incluso teñolles fobia.O mosquito é o único insecto que mais odio neste mundo!Pero teñen dereito a vivir asique…tendremos que aguantarnos!

  6. jorge suarez di:

    Deixo un enlace sobre a ectotermia xa que vin que non viña explicado:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Ectotermia
    A verdade é que os mosquitos son un dos animais mas molestos sobretodo o son que fan por eso non me gustan

Deixa unha resposta