Melanoma

Melanoma é o nome xenérico dos tumores melánicos  ou pigmentados, ou unha grave variedade de cancro de pel, causante da maioría das mortes relacionadas co cancro de pel. Trátase dun tumor xeralmente cutáneo, pero tamén do intestino e o ollo (melanoma uvealé altamente invasivo pola súa capacidade de xerar metástase. A pesar de varios anos de investigacións extensivas, o único tratamento efectivo é a resección cirúrxica do tumor primario antes de que logre un grosor maior de 1 mm.

Preto de 160.000 casos novos de melanoma diagnostícanse cada ano ao redor do mundo e resulta máis frecuente en homes e persoas de raza branca que habitan rexións con climas asollados. De acordo co reporte da Organización Mundial da Saúde, ocorren preto de 48.000 mortes relacionados coa melanoma cada ano. Estímase que a melanoma maligno produce un 75% das mortes asociadas ao cancro de pel.

A maioría deles estan a ser  provocados por queimaduras feitas antes dos dezaoito anos, por iso é moi importante utilizar unha protección solar adecuada repetidamente, recordádeo ben agora que chega o verán.

Autora: Carolina Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Melanoma

  1. raquel blanco di:

    Sempre temos que protexernos das radiacións. As radiacións ultravioleta do sol pódense combater utilizando pezas de vestir adecuadas, con gorras, e sobre todo, aplicando adecuadamente cremas de protección solar sobre a pel.

    Para protexer os ollos cando nos expomos ao sol, é necesario utilizar lentes con cristais que absorban a radiación ultravioleta.

    Cando non se dispoña doutros medios de protección, é aconsellable utilizar cremas de protección solar, e reducir o tempo de exposición ao sol. A aplicación tópica das cremas de protección solar é a máis utilizada para absorber os raios UVA, pero algúns produtos non absorben eficazmente as radiacións UVA, de lonxitude de onda máis longa. Se se utiliza unha crema de protección solar, convén escoller un factor de protección elevado, e ser consciente de que se utiliza para protexerse do sol, e non para broncearse.

    As propiedades reflectoras da superficie do chan inciden na exposición UV. A herba, a terra e a auga reflicten menos dun 10% da radiación UV incidente. No entanto, a neve fresca reflicte case un 80%, e a area entre un 10% e un 25%, o que indica que a exposición dos bañistas e os esquiadores aos raios UV é máis intensa.

  2. Soledad Muiño di:

    1)O melanoma é o tipo máis grave de cancro de pel. Moitas veces o primeiro sinal de melanoma é un cambio no tamaño, forma, cor ou textura dun lunar. A maioría dos melanomas teñen unha área negra ou negra azulada. O melanoma pode aparecer tamén coma un novo lunar. Polo que se atopamos un lunar onde antes non o tiñamos ou outro de aspecto anormal, debemos ir ao médico e non pasar do asunto, xa que pode ter maior importancia da que nos cremos, e neste caso, un diagnóstico a tempo é imprescindible (antes de que se propaguen as células canceríxenas por todo o
    corpo).

    2) Temos que aprender a vivir co sol e aprender a protexernos das radiacións malignas.
    Poño os principais consellos que da un douctor nesta reportaxe:
    ( http://www.adn.es/lavida/20110611/NWS-0181-Aprender-protegerse-melanoma-vivir-sol.html )

    – As cremas non protexen de todo o espectro da radiación solar, pero sí evitan as quemaduras.

    -Hai que evitar as horas nas que o noso corpo non faga sombra sobre o chan, porque iso significa que o sol está directamente sobre a nosa cabeza. Ese momento sitúase nas horas centrais do día.

    -No é o mesmo situarse ao lado dunha zona con árbores, onde as follas absorben boa parte da luz ultravioleta ao tempo que producen osíxeno, que nunha praia urbana pegado a un muro de formigón.

    – O doctor Vázquez advirte de que non hai que tomar o sol con ropa mollada, xa que “as gotas de auga que se quedan atrapadas no texido actúan coma prismas e magnifican a luz solar, puidendo chegar a producir quemaduras.

    Asique a xente que pasa de poñerse crema ou que toma o sol nas horas centrais do día sen facer caso as recomendacións, está a correr un gran risco, e sobretodo os xóvenes, xa que o cancro de pel é o tumor máis frecuente nos xóvenes de entre 25 e 29 anos e o segundo en prevalencia nos que teñen entre 15 e 24 anos.

    Tamén existe outro problema, unha opción nada saudable, a xente que acude aos centros que dispoñen de cabinas de raios UVA, o uso de ditas cabinas, incrementa nun 75 % o risco de padecer un melanoma. Polo que a xente que acudiu o tiña en mente acudir a estes centros, quizais debería replanteárselo.

  3. Soledad Muiño di:

    Esquecéuseme ver o vídeo; e despois de velo impactáronme as cicatrices que deixan (as operacións)dalgúns dos “tumores” nas persoas, tendo que extirpar as veces unha gran parte de texido.A verdade é que o vídeo conmoveume e creo que debería ser difundido a xente xoven, e mais por estas datas nas que se acerca o verán.

  4. francisco_lopez di:

    Esta é unha enfermidade a que todos estamos expostos xa que a radacións dos sol aparte de ser neceserias poden ser tamen perxudicias para a saude, pero temos que mentalizarnos de que por unha simple cuestión de “esteti” podemos estar perxudicando gravemente a nosa saude.
    Pero o mais probable e que a xente que se “tosta” o sol ou vai o solario con regularidade non teña nin idea do dano que se pode estar facendo.

  5. aida rodriguez di:

    Eu xa tiña constancia do perigoso que é tomar o sol a certas horas do día, na franxa horaria entre as 12 e as 16 horas a mellor protección é estar coa roupa posta debido a que son as horas de máis radiación.

    A melanoma, que presenta formas, volumes e cores variables, pode desenvolverse en calquera superficie da pel. Nos homes aparece xeralmente no tronco, desde as costas ata a cadeira, na cabeza ou no pescozo. En cambio, nas mulleres desenvólvese principalmente nas pernas ou no tronco. Non se deben excluír outras partes do corpo, xa que tamén pode desenvolverse debaixo das unllas, nas palmas das mans ou nas plantas dos pés.

    Existen 4 tipos de melanomas: melanoma de extensión superficial,melanoma nodular, melanoma lentigo maligno,melanoma lentiginoso acral. Deixo aquí un enlace no que define os diferentes tipos é máis información sobre os melanomas: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000850.htm

    Cando se sospeita da presenza dunha melanoma, realízase unha biopsia. Os tumores pequenos extírpanse enteiramente, pero cando son grandes obtense só unha pequena porción. En calquera caso, un anatomopatólogo examina o tecido ao microscopio para determinar se o tumor corresponde a unha melanoma.

    As persoas que nalgún momento da súa vida víronse afectadas por unha melanoma corren o risco de recaer ou de desenvolver novos melanomas. Por este motivo é moi importante o seguimento médico e o mantemento de medidas de prevención.

    En relación co video, decir que comparto a mesma opinión que a miña compañeira Soledad Muiño, é moi impactante ver as cicatrices e por isto débese de ter coidado co sol.

    Desviándonos un pouco do tema, pero ainda así deixando constancia do perigoso que é o sol gostaríame deixar aquí o aviso de tomar o sol con fotodepilación pode chegar a queimarnos a pel e sufrir graves consecuencias. Deixo aquí un enlace que fala disto: http://www.telecinco.es/informativos/reporteros/noticia/100038521/Las+cicatrices+del+laser

  6. tatiana barbosa di:

    O melanoma é o tipo de cancer cutaneo máis perigoso que hai e a principal causa de morte por enfermidades da pel.

    O melanoma afecta ás células chamadas melanocitos, que son as que producen a melanina, responsable da cor de pel e cabelo. Existen catro tipos de melanoma:
    -Melanoma de extensión superficial: este é o máis común. xeralmente é de forma irregular e cor entre marróen e negro. Pode ocurrir a calquera idade, en calquera parte do corpo e afecta máis ás persoas de tez branca.
    -Melanoma nodular: comeza como unha área elevada azul-negro ou vermello-azulado ainda que tamén podo ser que non teña ningúnha cor.
    -Melanoma léntigo maligno: este é máis común en persoas de idade avanzada. É máis frecuente en zonas máis afectadas polo sol como a cara, cuello ou brazos. Estas zonas adoitan ser grandes e der cor marrón.
    -Melanoma lentiginoso acral: é o menos común. Xeralmente aperece nas palmas das máns, na planta dos pés ou debaixo das uñas. É a máis común en persoas de cor.

    O risco de sufrir melanoma aumenta coa idade, ainda que tamén o padecen persoas xovenes, isto é porque no desarrollo dun melanoma tamén influe:
    -Vivir en climas moi soleados ou vivir a grandes alturas.
    -A exposición a grandes alturas da luz do solar intensa.
    -Unha ou máis quemaduras causadas polo sol na nenez.
    -O uso de dispositivos de bronceado.
    -Familiares cercanos con antecedentes de melanoma.
    -A exposición a quimicos canceríxenos.
    -Presenza de certos tipos de lunares ou marcas de nacemento.
    -Sistema inmunitario debilitado debido a medicamentos, enfermidades ou transplantes.

  7. marta rodriguez di:

    Paréceme que está moi ben o video, sobre todo para concienciar a toda esa xente que vai á praia e túmbase todo o día ó sol sen protector solar, porque quere porse morena máis rápido ou porque non é consciente do perigo; aínda que os médicos sempre o informan, e é que o sol é cada vez máis perxudicial.

    Os síntomas que se manifestan sobre un lunar co melanoma son:
    •cambio no tamaño, forma ou color.
    •exudación ou sangrado.
    •picor.
    •dolor ó tacto.
    •abultamento ou aparición de protuberancias sobre o lunar.

  8. adriana jimenez di:

    Eu xa oíra falar sobre o melanoma e bueno, como outro tipo de cancro, paréceme unha enfermidade moi dificil de tratar e de soportar, para o que a padece e para os que o rodean.

    Atopei varias opcións de tratamento para o melanoma, como: a radiación, a ciruxía, a terapia, a quimioterapia e a terapia experimental.
    O tratamento tamén depende da idade, da saúde dos pacentes e da etapa da enfermidade. Se aínda estase na primeira etapa do melanoma e preséntanse tumores pequenos que non se separaron a outras partes do corpo, a ciruxía é suficiente. Se pola contra encóntrase máis avanzado, é necesaria a ciruxía así como a terapia adicional como a radioterapia. A vacina de Melanoma, foi un desenvolvemento importante, permite ao sistema inmune do pacente eliminar as células do tumor antes de que se reproduzan.

    Déixovos un enlace con máis información sobre o tema:
    http://www.cancer.gov/espanol/pdq/tratamiento/melanoma/Patient/page1

  9. lizeth viancha di:

    O vídeo eu xa o coñecía xa que se difundiu moito pola rede (en casos coma este sirve de moito internet) e a verdade é que antes de velo eu xa coñecía os perigos do sol na pel pero despois de velo concienceime máis, paréceme unha moi boa forma de tratar o tema.

    Todos sabemos que o cancro é unha enfermidade horribel, tanto se che touca vivila en primeira persoa ou se te afecta por familiares, aínda que sexa benigno ou maligno sempre afectará o mesmo. Non coñecía o tipo de cancro nos ollos e indagando sobre el atopei que con el non só podes perder a vista (nos dous ollos xa que ocorre curiosamente simultaneamente) senón tamén a vida, é bastante sorprendente. Desarróllase máis en persoas coa pel branca que negra e sempre son malignos. Déixovos unha páxina na que vos falan das diferencias entre tumor benigno e maligno:
    http://www.indalia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=157&Itemid=7

    En resumo, ao tomar ó sol perdemos menos de cinco minutos botándonos crema protectora no corpo e ao non botala perdemos toda unha vida por melanomas.

  10. judit pousada di:

    Este problema é algo que esta ahí e debemos de ser máis conscientes de él xa que ás veces só nos preocupamos por estas moi bronceados e iso ao final é o de menos o que sempre está por diante é a nosa saúde e iso non ten precio.Con respecto ao video emocionoume bastante porque con historias reais as cousas chegan máis ás persoas e esperemos que con esta campaña nos concienciemos máis e teñamos un pouco máis de cabeza con respecto ao sol e a protección que debemos de usar.Xa que non é ningunha tontería e pode convertirse nun problema que se non é collido a tempo volvese de complexa solución

  11. cristina gonzalez di:

    Este pareceme un tema importante ao que non lle damos moita importancia as veces.
    O melanoma é unha enfermidade pola cal se forman células cancerosas nas células da pel chamadas melanocitos (células que dan coloración á pel).
    Os melanocitos encontranse na parte inferior da epidermis. Elaboran melanina, o pigmento que confiere á pel a sua cor natural. Cando a pel exponse ao sol, os melanocitos elaboran máis pigmento, co o cal a pel se broncea ou oscurece.

  12. Diego Lousa Pazos di:

    A pesar de varios anos de investigacións, o único tratamento efectivo é a resección quirúrxica do tumor primario antes de que logre un grosos maior de 1mm. Soa preocupante un tamaño tan pequeno e por riba a incidencia do melanoma en Europa, coma no resto do mundo, triplicóuse nas últimas décadas.
    Ademáis supón o 75% das mortes asociadas ao cancro de pel.

    Por todo o anterior penso que o mellor é a prevención, e para saber cando a apariencia é sospechosa existe unha regla denominada A, B, C e D. Cando un nervus é asimétrico (A), ten uns bordes irregulares (B), toma unha coloración moi escura ou irregular (C) e o seu diámetro aumenta (D), son indicios de melanoma, polo que se debe acudir ao médico.

  13. sabela rey di:

    Interesante vídeo de concienciación que, ao meu ver, cumpre con creces o seu cometido: dar a coñecer as causas e os efectos do melanoma. Saber del e saber velo. O importante é ter precaución, poñendo sempre protección solar.

    O Programa Ambiental das Nacións Unidas estimou que no mundo ocorren anualmente 200000 melanomas malignos (información xa na propia noticia), e máis de 2 millóns de outros cancros de pel. En Estados Unidos o risco de padecelo aumentou considerablemente ao longo da vida desde 1/1500 en 1930 ata 1/87 no 1996 (ano do que data a fonte de información, onde se pensaba que polo 2000 sería de 1/75). Australia é o país con máis taxas de cancro de pel do mundo.

    En xeral, hai unha relación inversa entre a incidencia do melanoma e a latitude do lugar de residencia. En Europa a incidencia é máis alta nos países escandinavos que nos mediterráneos, debido ás diferenzas na sensibilidade da pel e por exposicións intensas ao sol en vacacións nos países soleados. Observouse tamén que as persoas nacidas en Europa que emigraron a países soleados tras a infancia teñen un risco máis baixos que as persoas descendentes de europeos nados xa neses países. É importante coñecer e saber que a infancia é un período crítico de vulnerabilidade ás radiacións solares.

  14. adriana rey di:

    Unha detención precoz permite a extirpación quirúrxica practicamente da totalidad dos melanomas. Actualmente utilízanse técnicas de diagnosis non cruentas tales como a dermatoscopia que permiten detectar calquer alteración precoz dos nevus e sua posible malignidade. Tras a ciruxía só os pacentes de alto riesgo necesitan inmunoterapia adicional. Se en un periodo de 3 a 5 anos non produciuse o melanoma, as posibilidades de recaida son mínimas.

  15. alexandra di:

    Alguns dos consellos para protexerse contra o cancer de pel son:
    •Busca a sombra, especialmente entre as 10:00 am e as 4:00pm.
    •Evite a quemaduras solais.
    •Utilice un protector solar con factor de protección solar (FPS) 15 ou maior.
    •Aplique uns 30 gramos (dous cucharadas) de protector solar por todas as partes espostas do seu corpo 30 minutos antes de cada exposición o sol. Reaplíqueo cada 2 horas.
    •Se te expos o sol, vistete con prendas que protexante, incluso sombreiros de ala ancha e gafas de sol con proteccion UV.
    •Alexe do sol os nenos recen nados. Os protectores solares deben utilizarse en bebes maiores de seis meses.
    •Examine a sua pel dende a cabeza hata os pes o menos unha vez o mes.
    •Visite o seu médico cada ano para realizar un examen completo da sua pel.
    •Non utilice equipos de bronceado artificiais, e evite asistir os salons de bronceado.

    En wikipedia atopei unhas imaxes de melanomas e lunares normais deixovola para que veades a diferenza:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Melanoma_vs_normal_mole_ABCD_rule_NCI_Visuals_Online.jpg
    As imaxenes da esquerda son melanomas e as da dereita son lunares normais.

    As complicacions dun melanoma incluen as seguintes:
    -Dano do texido profundo.
    -Efectos secundarios do tratamento:
    fatiga
    pérdida do cabelo
    náuseas
    dor.
    -Diseminación a outros órganos.

  16. carolina rodriguez di:

    A verdade, facer esta noticia pareceume importante pola moda que hai últimamente por poñerse moreno, sen importar o perigo que teña. Só en España existen máis de 25.000 centros de bronceado. Afírmase que o 16% da poboación acude a estas sesións. A luz ultravioleta que produce provoca a liberación de endorfinas que producen á súa vez unha sensación de pracer e benestar pero á mesma vez este tipo de luz provoca danos ao ADN das células polo que as sesións de bronceado poden terminar danando algo máis que a pel.No ano 2009 a Organización Mundial da Saúde clasificou as sesións de bronceado que emiten raios ultravioletas como canceríxenas para os humanos. As persoas que se expoñen a sesións de bronceado teñen un 74% máis de probabilidades de desenvolver unha melanoma. Aqueles que se expoñen a máis de 50 horas de bronceado triplicarían este risco. Chegouse a acuñar un novo termo para a adicción ao bronceado: a tanorexia.

  17. laura montes di:

    A verdade é que o vídeo impactoume. Non sabía que o cancro e pel afectaba a xente tan xoven non sabía que era tan agresivo. O certo é que sempre asocio este tipo de cancro cun tipo de cancro “menos perigoso” que os tumores internos, pero agora comprendo que é tan arriesgado coma calquera outro tipo de cancro se non o detectamos pronto.

    Penso que a grande ventaxe deste cancro é que se manifieste na nosa pel, pois é a parte do noso corpo que máis facilmente podemos vixiar.
    Aínda así, penso que a xente non é consciente do perigo que pode constituír un lunar raro ou novo, porque pensan que é unha nimiedade acudir ao médico por algo tan insignificante.

    Tamén é certo que os nenos son os menos conscientes do perigo que traen consigo as quemaduras solares e é verdade que poñer a crema solar é bastante cansino, especialmente pra eles.

    Penso, sin embargo, que é unha medida moi sinxela para evitar unha enfermidade así.

  18. jorge suarez di:

    Estou moi de acordo co que hai que usar crema protectora no veran para previr este tipo de enfermidades que poden chegar a ser mortais.
    A melanoma é un tipo de cancro de pel que aparece cando as células chamadas melanocitos convértense en malignas.As principais causas son:
    Entre eles cabe destacar:
    -Ter a pel ou o pelo claro
    -Presenza de nevus atípicos
    -Presenza de nevus nunha cantidade superior a 40.
    -Presenza de nevus congénitos
    -Ter antecedentes familiares de nevus atípicos, de melanoma ou de ambas as cousas.
    -Sufrir unha ou máis queimaduras severas polo sol, especialmente se se produciron na infancia, pois o efecto da irradiación solar é acumulativo.
    -Estar exposto moitas horas a raios ultravioleta (sol, UVB, UVA) aínda que teña a pel totalmente bronceada.
    Deixo o enlace para ver o resto da informacion:
    http://www.dmedicina.com/enfermedades/cancer/melanoma

  19. roberto fernandez di:

    Siceiramente a maioria de nos non usa proteccinon solar xa que temos a idea de que como somos novos non nos afecta nada pero cos anos todo chega e mais vale prever que curar, xa que logon chegan os lamentos.

  20. claudia valina di:

    Este é un tema acertado nesta epoca xa que todos queremos lucir un bronceado no verán, apoio que este ano esten moi enriba de establecimientos xa expostos como o solarium facendo firmar clausuras e poñendo mais rixida ca nunca a maioria de idade.
    Porque segun as estadisticas da Academia Norteamericana de Dermatoloxia a idade de 18 anos xa se tomou o sol que debe ser distribuído en 50 anos de vida e absorbeuse porque e un factor acumulativo, o 80% das radiacions que son permitidas.
    Deixovos enlazada esta paxina ,na que econtrei informacion moi interesante como que o solarium favorece o cancro de ollos ademais do de pel e normas vixentes en diferentes paises acerca do solarium.

    http://bloglegal.bcn.cl/content/view/707104/Restringir-los-solarium-por-ley-o-con-campanas-de-sensibilizacion.html

  21. dante varela di:

    Eu estiven buscando informacion sobre o melanoma ocular:
    O melanoma ocular é o cáncer ocular primario maís común en adultos. Esta enfermidade é curable, e é posible preservar toda a visión gracias as técnicas actuais de tratamento con tumores pequenos. Aínda que no caso de pacientes con ocular posterior, non se sabe se se debe extraer o ollo ou utilizar un tratamentoáis conservador.
    Influen moitos factores no pronóstico, os máis importantes son: o tamaño, a ubicación, e o tipo de células e extension extraocular.
    A selección do tratamento depende do sitio de orixe da melanoma, a idade , o tamaño e se ocurriu unha invasion extraocular.

    En xeral a tasa de mortalidade é do 46% despois dos 15 anos. A maioria dos investigadores informan de unha tasa de recidiva de enfermidades sistemáticas de aproximadamente un 25% a 5 anos despos do tratamento. Ainda que para a maioria dos pacientes non se coñece a mellor opcion do tratamento.

  22. alicia lopez di:

    É certo o risco que supón exporse ó sol a horas comprendidas entre as 12 e 4 da tarde, pero seguirémolo a facer cos conseguintes riscos, hoxe en día case tódalas rutinas na nosa vida fannos dano: o simple feito de pasear respirando a contaminación das cidades xa nos está a facer dano. Pero o problema dos riscos do sol xa vén de atrás e penso que se nos tivesemos que preocupar de cada cousa que nos pode matar, directamente non viviriamos tranquilos.

  23. gabriela lopez di:

    Os carcinomas de células basais aparecen en forma de áreas de cor vermella, planas e escamosas, ou de pequenas áreas cerosas, brillantes e translúcidas ao relevo, que poden sangrar cunha lesión menor. Pode haber un ou máis vasos sanguíneos irregulares visibles, ou mostrar áreas de cor azul, café ou negro.

    Os carcinomas de células escamosas poden aparecer en forma de protuberancias crecentes, a miúdo de superficie áspera, ou planos como manchas avermelladas da pel que crecen lentamente. Estes dous tipos de cancro da pel non melanoma poden desenvolverse en forma de área plana que só mostra leves cambios con respecto á pel normal.

    O sarcoma de Kaposi adoita empezar como unha pequena área similar a un morado que se converte nun tumor.

    A micse fungoide empeza como unha erupción, a miúdo nos glúteos, as cadeiras ou a parte inferior do abdome. Pode parecer unha alerxia da pel ou outro tipo de irritación desta.
    Os tumores dos anexos preséntanse como protuberancias dentro da pel.

    Os sarcomaes da pel maniféstanse como grandes masas debaixo da superficie desta. Os tumores de células de Merkel adoitan aparecer en forma de nódulos de cor vermella púrpura, ou de úlceras (chagas) localizadas na cara, ou, con menos frecuencia, nos brazos ou as pernas.

  24. Diana fernandez di:

    Esta noticia e moi interesante. Con esto debemos concienciarnos de hai que protexerse contra o sol e non estar tan preocupados de poñerse morenos. Con poñerse unha gorra, poñer crena …

Deixa unha resposta