Aparentemente vagos.

imagen

Determinado tipo de neurotransmisores, a través dunha serie de reaccións químicas, xeran impulsos eléctricos por medio dos cales se producen as conexións neuronais. Se estes neurotransmisores non actúan de forma adecuada, prodúcese unha alteración na rede neuronal, que se ve traducida en dificultades no procesamiento da información. Este desaxuste é a orixe do TDA/H (Trastorno de atención con o sen hiperactividade). A memoria de traballo vese altamente afectada.

As causas do TDA/H non están completamente claras, algúns estudos realizados mediante avanzadas técnicas de diagnóstico por imaxe do cerebro, tamén chamadas PET, mostran suficiente evidencia de certa anormalidade da función cerebral en individuos con TDA/H quedando claramente demostrado por tanto a súa orixe orgánica.

O TDA/H pode deberse a un estado bioquímico herdado, a un desenvolvemento fetal anormal que afecte as áreas do cerebro que controlan a atención e o movemento, a toxinas, a fallos de desenvolvemento e á dieta. Ademais, unha ferida cranial que dea lugar a un dano cerebral tamén pode contribuír ao desenvolvemento do TDA/H.

O TDA/H tamén adoita darse nalgunhas familias, o que suxire que os xenes poden xogar un importante papel. Hai probas sólidas extraídas de estudos realizados con xemelgos, en casos de adopción e con familias que confirman a implicación xenética no TDA/H. Nestes estudos, aproximadamente a metade dos proxenitores con TDAH ten un descendente coa enfermidade. Entre o 10 e o 35 por cento dos nenos con TDA/H ten un familiar en primeiro grao coa enfermidade.

Cales son os tratamentos que se deben seguir? Con eles estaría xa arranxado o problema? 

Autora: Aida Rodríguez Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Aparentemente vagos.

  1. Diego Lousa Pazos di:

    A psicoloxía actual sostén que todos padecemos todas as psicopatoloxías… Únicamente as temos desarrolladas en mayor ou menos medida.
    Por isto penso que hai que ter precaución á hora de diagnosticar a unha persoa, e máis de TDAH, pois é un trastorno moi prevalente que afecta a un 5-10% da población infanto-xuvenil e moitas veces non é necesario tratamento pois non empeora a calidade de vida do suxeito aínda que teña dificultades a nivel académico.

    Eu considérome un defensor do termo concebido pola comunidade autista neurodiversidade*, tamén aplicable para describir o TDAH, a dislexia, etc…
    * http://es.wikipedia.org/wiki/Neurodiversidad

    Thomas Armstrong dixo que a etiqueta de “TDAH” pode erosionar gravemente as posibilidades de ver o mellor de cada neno, posto que a comunidade médica só se centra nos aspectos deficitarios do TDAH.

    Por outra banda tampouco hai correlación entre este trastorno e un desarrollo intelectual inferior á media e parece unánimamente aceptado que, combinado cun alto cociente inteleectual, o TDAH favorece a unha alta capacidade creativa e de innovación, estimulando os instintos de experimentación. Isto explicaría que de feito persoas cun alto CI e TDAH rindan notablemente máis ca media e se asocien a ideas e conductas que poseen un alto valor de diferenciación e orixinalidade. Isto sería aplicable a numerosos personaxes da Historia considerados xenios.

  2. María Iglesias García di:

    Hai múltiples tratamentos e dependen según dos casos. Un deles son os psicoestimulantes, os máis utilizados pola súa eficacia e boa tolerabilidade. Despois, estarían os antidepresivos e os agonista alfa-adrenéxicos, sóense utilizar cando os anteriores non son efectivos. Un novedoso fármaco que se desarrollou é a atomoxetina especificamente para esta patoloxía, ofrece unha boa eficacia con poucos efectos adversos.

  3. Soledad Muiño di:

    A) TDAH (Trastorno do Déficit de Atención con Hiperatividade) maniféstase coma un aumento da actividade física, impulsividade, e dificultade para manter a atención.
    Os nenos con TDAH poden mellorar con tratamento, pero non hai cura.

    Existen tres tipos básicos de tratamento:

    1. Medicamentos. Varios medicamentos poden axudar. Os máis comúns son chamados estimulantes. Os medicamentos axudan aos nenos a concentrarse, aprender e estar tranquilos.

    Ás veces os medicamentos poden causar efectos secundarios, coma dificultade para durmir ou dores de estómago.

    2. Terapia. Existen diferentes tipos de terapia. A terapia conductual pode axudar a ensinar aos nenos a controlar o seu comportamento para que poidan ter un mellor desenvolvemento na escola e na casa.

    3. A terapia combinada e medicación. Moitos nenos melloran coa medicación e terapia.

    B) Atopei unha entrevista a unha muller que con TDAH. A entrevista céntrase nun premio que recibiu por salvarlle a vida a unha persoa, pero tamén fala acerca do trastorno que ela tamén padece:

    -El TDAH casi no se oye en adultos.
    -No es un trastorno de moda, yo lo padezco desde que nací. Tengo la espinita clavada de que se me ha tratado siempre de tonta sin serlo. Yo quería estudiar, pero no me concentraba. Sacaba unos ceros… Lo único que hacían en el cole era castigarme, y así te cargas la autoestima de un crío.

    -¿Y con sus compañeras?
    -No entendía por qué me daban de lado: no soy mala persona. Me sigue pasando de mayor: la gente piensa que estoy loca. Eres una persona normal, pero no controlas los impulsos de tu cabeza y vas acelerada.

    -Debió crecer con mucha rabia.
    -Me he sentido rechazada por la sociedad toda mi vida.

    ( Noticia: http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/gloria-vicente-pararia-otra-vez-puedo-dejar-tirada-una-persona-1039233 )

    C) Tamén atopei un blogue no que se amosa unha lista de peticións ( escrita coma se fose por parte dunha persoa con TDAH ) co que se debe ou non debe facer para axudar a unha persoa que o padeza:
    http://teresis.blogspot.com/2011/01/como-ayudar-un-tdah.html

    D) Por ignorancia dos maestros e incluso dos propios pais moitos nenos que padecen este trastorno sufren un rexeitamento da sociedade ao non comprender a orixe do comportamento do neno e o califican coma “conflictivo”. Creo que deberian poñer mais atención para poder identificar este problema,as veces, por ignorancia, a xente cataloga a estes nenos e os deixa de lado directamente sen darse conta de que eles non teñen a culpa de non poder controlar os seus impulsos, e este mesmo rexeitamento agrava o problema. Creo que necesitarían ser mais valorados, axudados , que os demais lles mostren o seu apoio (o de os seus pais, sobretodo). Pero, sinceramente, eu penso que para que isto ocorra, a xente ten que superar os seus prexuizos…

  4. adriana rey di:

    Os científicos han comprobado que certos fármacos son útiles para controlar os síntomas do TDAH. Estos fármacos permiten que as persoas con TDAH se concentren millor. As medicinas de metilfenidato modifican as señais químicas do sistema nervioso central.
    Outros medicamentos poden ser a atomoxetina e algúns antidepresivos.

  5. tatiana barbosa di:

    Hai moitos tratamentos para tratar o TDAH pero a medicación non me parece un dos mellores se temos en conta que a maior parte da xente que padece esta enfermidade son nenos ou adolescentes. Aparentemente a medicación contra o TDAH é moi eficaz porque ademáis de axudar á persoa afectada coa sua enfermidade, reduce o número de fumadores, o consumo de drogas, melloras as relacións no fogar…
    Pero o abuso destes fármacos pode causar probleas graves de saude. Os efectos secundarios do tratamento para o TDAH a largo prazo ou en dosis elevadas son, o aumento do ritmo cardiaco e a presión arterial, temblores incontrolables, cambios de humor, confusión, paranoia, alucinacións e incluso o delirio.
    E a sobredosis pola inxestión destes medicamentos pode causar arritmias cardiacas, convulsións, espasmos, movementos incontrolables graves, sudor, sequedade dos ollos e a boca e vómitos.
    E non é dificil que se den estes casos posto que estos medicamentos son potencialmente adictivo.

  6. marta rodriguez di:

    Buscando información atopei que algúns estudos revelan que o 30/80% dos nenos con TDA/H continúan cos síntomas na adolescencia, e máis do 50% ata a idade adulta.

    Os diagnósticos que soen ser atopados xunto ao TDA/H nalgún momento da vida do pacente son:
    • Trastorno Negativista-Desafiante (TND): 50-75%
    • Trastorno Disocial (TD) 20-50%
    • Trastornos por abuso de drogas: 12-24%
    • Trastornos de ansiedad: 25%
    • Trastornos afectivos: 20-30%
    • Trastornos de sono.
    • Trastorno de Tics.
    • Trastornos da coordinación motora.
    • Trastornos específicos da aprendizaxe.: 20%
    • Problemas intelectuais.
    • Lesións e accidentes.

    O tratamento do TDA/H exixe na maior parte dos casos, tratamento farmacolóxico, psicoeduación e entrenamento de pais, intervencións psicoloxicas conductales ou cognitivo-contuctales e intervencións escolares e psicopedagóxicas.

    Por último, deixo un enlace coa páxina de onde saquei a información, que ten uns videos informativos: http://www.trastornohiperactividad.com/videos-tdah

  7. carolina rodriguez di:

    É unha pena que estas enfermidades a menudo confúndanse coa simple rebeldia, coma moitos hiperactivos.
    A Hiperactividade infantil é un trastorno de conduta de orixe neurológico. A súa incidencia é dun 3% a un 5% da poboación infantil.
    Sucede máis en nenos que en nenas. Un 25% dos nenos hiperactivos incorren en actos delituosos, abusan do alcol, drogas…
    O principal trastorno dos nenos hiperactivos é o “Déficit de atención” e non o “Exceso de actividade motora”. O “Déficit de atención” habitualmente persiste e o “Exceso de actividade motora” desaparece.
    A información sobre o porqué o trastorno do déficit de atención é escasa.
    Os científicos están a atopar cada vez máis evidencia de que devandito trastorno non xorde do ambiente do fogar senón a raiz das cusas biolóxicas.

  8. judit pousada di:

    Busquei información con respecto a este problema e apareceume que hai diferentes tipos de TDAH deixovos aqui os que me apareceron :

    Según los criterios del DSM-IV (manual de Diagnóstico y Estadística de la Asociación de Psiquiatría Americana, 1994) los tipos de TDAH son:

    Inatento: predomina la dificultad de atención.
    Impulsivo-hiperactivo: predomina la dificultad en el autocontrol.
    Combinado: presenta síntomas de inatención, de impulsividad y de hiperactivitad.

  9. raquel blanco di:

    Os nenos con TDAH comezan a camiñar precozmente, pero máis que camiñar o que fan é correr “coma se tivesen un motor dentro”. Algunhas das actuacións que se asocian co TDAH derivan da inatención, impulsividade e hiperactividade. Ao chegar á idade adulta, o individuo puido acomodar o TDAH á vida real. Aínda que as características do TDAH foron plenamente referenciadas respecto de menores de idade. Non obstante algunhas destas características en adultos serían:
    – Diminución do rendemento académico e profesional.
    – Dificultades no desenvolvemento social e emocional: Amigos pouco estables, relacións pouco duradeiras.
    – Comportamentos conflitivos.
    – Adicción a sustancias tóxicas: Segundo publicou o psiquiatra Néstor Szerman, un 20% dos adultos que sofren adiccións á cocaína, cannabis e outras sustancias, padecen TDAH e este índice chega a un 50% no caso de persoas con dependencia alcólica engadindo que dita drogadicción suprimiríase actuando máis sobre o TDAH que sobre a propia drogadicción.
    – Síntomas depresivos: debidos ás carencias emocionais, laborais e educativas antes citadas e á sensación de fracaso escolar ou profesional.

  10. vera lopez di:

    Eu tamén indagei neste tema e unha das preguntas que moitas mulleres se fan é como afecta o sobrepeso antes do embarazo ó TDA/H.

    A pesar dalgunhas probas que demostran o contrario, o sobrepeso antes do embarazo non estaría asociado con ter bebés con mais risco de desarrollar problemas conductuales e intelectuales.

    Nos últimos anos, alguns estudios acharon que os bebés de mulleres con sobrepeso eran mais propicios a ter máis problemas de conducta, como o trastorno de déficit de atención con hiperactividad (TDAH), que os fillos de mulleres que tiñan un peso normal antes de quedar embarazadas.
    Existen probas que tamén asocian o sobrepeso materno con problemas leves de aprendizaxe nos fillos.Pero no novo estudo sobre uns 7.500 nenos de Reino Unido e de Holanda, os autores non acharon unha correlación consistente entre o peso materno previo ó embarazo e o desarrollo intelectual dos seus fillos, ou o risco de que desarrollen TDAH e outros problemas de conducta.Outros factores pareceron expricar esa relación, como o feito de que as madres máis obesas tenderan a ter menos educación formal e ingresos que as mulleres que tiñan un peso normal.Os resultados suxeren que o peso materno extra non afectaría directamente o desarrollo fetal como para dañar as habilidades cognitivas ou a conducta dos fillos, publica o equipo na revista Pediatrics.

  11. sabela rey di:

    Ademais dos tratamentos farmacolóxicos existen os chamados condutuais, estes teñen como obxecto modificar a conduta. Empréganse técnicas como o desenvolvemento de habilidades organizativas e sociais, e tamén a educación especializada e individualizada, no caso de que sexa necesario. Os pais xogan un importante papel, moitos destes tratamentos comezan cun compoñente educativo por parte dos pais, quenes, primeiro, deben entender que o TDAH produce un deterioro nos nenos (chegando a illalos) e deben axustar as súas expectativas. Existen moitos métodos, algúns son básicos como proveer instruccións claras e concisas ou recompensar a correcta conduta. É moi útil organizar o tempo. En España, son poucas as escolas que apoian o uso de intervencións na clase. O médico determinará se usar este tipo de tratamentos condutuais, e se debe combinarse con farmacolóxico. Co tratamento, búscase que o individuo mellore nos seguintes aspectos, que son os que se evaluarán cando se compare o grao de melloría: o rendemento académico, o comportamento na clase, as interaccións dentro da familia, a autoestima e as súas relacións cos compañeiros. O castigo sistemático destas persoas é perxudicial. É interesante ler a entrevista que puxo Soledad para ver de que maneira afecta á persoa que a padece.

    É importante saber de que maneira se manifesta o TDAH para que a xente achegada ao rapaz en cuestión poida saber de que se trata e actuar en consecuencia. No Estado, un 75% dos rapaces que sofren este trastorno están sen diagnosticar. Noutra páxina atopei este interesante apartado sobre cousas que non causan o TDAH, de xeito que están escritas porque en algún momento chegou a pensarse que era por iso, aquí as transcribo: unha mala crianza (aínda que un entorno desorganizado empeora os síntomas), moito azucre, pouco azucre, alerxias aos alimentos, falla de vitaminas, ver moita televisión, luces fluorescentes ou os xogos de vídeo.

  12. alicia lopez di:

    Eu penso, a diferencia de Diego, que o TDA/H sí ocasiona problemas nos individuos afectados, pero tamén penso que os medicamentos, aínda que freen os síntomas, non son a solución; buscando información dinme conta de que éstos están estreitamente relacionados con drogas hoxe ilegales como son a cocaína ou as anfetaminas, poden crear adicción e predispoñen ós pacientes que as consomen a que nun futuro sexan adictos ás drogas.
    Ademáis a maioría dos que as padecen son nenos, polo que o efecto destas drogas no seu organismo é maior.

    Déixovos un video no que explican mellor do que vos estou a falar, agregando ademáis probas tales como subministrarlle medicamentos contra o TDA/H a adictos á cocaína, ó cabo duns días os cocainómanos deixan de lado completamente a cocaína porque a nova droga camuflada trala palabra de medicamento cáusalle as mesmas sensacións.
    http://www.youtube.com/watch?v=jJxqb-hpY5g

  13. laura garcia rueda di:

    El TDA/A Trastorno de atención con o sen hiperactividade) é un máis dos moitos trastornos que existen.

    Estiven buscando máis información sobre él, concretamente sobre como actúa o trastorno nos adolescentes, é dicir, nós.

    Poderíamos explicar moi sinxelamente en que consiste este trastorno dicindo que é coma se estiveses a ver a televisón mentres alguén cambia continuamente de canal.
    Un río constante de imaxes, sons e pensamentos que cambian. Non podes centrarte nunha cousa, porque sempre hai algo novo distraéndote.

    Non sa sabe exactamente de donde provén pero sí que se saben certas cousas feitas por estudos:

    -O TDAH xeralmente dáse en varios membros dunha familia.

    -O cerebro das persoas con TDAH é diferente do doutras persoas. Áreas específicas do cerebro mostran diferenzas estruturais e de funcionamento.

    -Unha de cada vinte persoas poden ter este trastorno e que aínda non foron diagnosticádas.

    -Hai 4 veces máis homes que mulleres con TDAH

    – Non todos os que teñen trastorno por déficit de atención teñen hiperactividade. Algúns so teñen coma “una parte” do trastorno. Tamén terán problemas, pero simplemente parecen soñadores a maior parte do tempo e sempre están “a voar”. Isto non se debe a que sexan faltos, senón a que non poden concentrarse polo que xeralmente non ouven o que se di e entón non saben o que deben facer.

    Algunhas das cousas que se poden facer para mantelo a raia son estas:

    1 Tratar de adoptar una rutina ya sea para las tareas escolares, la vida en tu hogar, etc.
    2 No tener miedo de pedirle a la gente que repita las instrucciones, es mejor que inventarlas cuando no las puedes recordar.
    3 Escribir una lista con todo lo que se debe hacer cada día. Planificar en qué orden se harán las cosas. Escribir un horario para cada cosa.
    4 Usar un pequeño cuaderno o agenda para anotar las citas, tareas, números de teléfono, etc.
    5 Escríbirse notitas para recordarse lo que se debe hacer.

    Entre outras cousas máis…

    Así, pódese ver que ter TDAH non é o fin do mundo. Non son haraganes, tolos, parvos, unha perda de espazo e tempo, ou malos. Hai moita xente que ten TDAH que logrou gran éxito na súa vida: Robin Williams, Winston Churchill, Einstein, e moitos outros.

  14. dante varela di:

    Estiven buscando información se di que ainda que durante moitos anos dixose que o TDAH desaparecia na adolescencia, na realidade non é así. Según algunos estudos ata un 30-80% dos nenos que sofren o TDAH siguen tendo os sintomas na adolescencia, e un 50% cando son adultos. Pero os sintomas que trascienden na adolescencia e na idade adulta non son os sintomas de hiperactividade, se non que son os relacionados coa impulsividade e o deficit de atención.

  15. Laura Solano di:

    Este é un trastorno curioso do que nunca oíra falar.
    Hai diversas probas e encustas para evaluar o diferntes niveis dos sintomas de este trastorno que provoca nos pacentes.
    Por exemplo a unha muller se lle fixo un test para comprobar o nivel de TDAH que tiña.
    Concluida o test acudio a unha consulta. Ao largo da entrevista que realizaron foron discurrendo as características anancásticas da sua personalidade que a levaban a dilatar ao máximo a finalización os seus que haceres por temor de enfrentarse á temida imperfección, ou mesmo podía aplicarse á ansiedade ante tareas que lle forzaban pensar moito, de modo que ela solía incumprir coa sabia máxima de ‘non deixes para mañana o que podes facer hoxe’. Padecía ,ademáis, a sintomatoloxía depresiva -previsible no producto da sua ansiedade, además de afectar a sua capacidade intelectual e amnésica.

    Todos estos sintomas recordanme a outra trastorno psicolóxico chamado abulia.
    Déixovos o enlace do que significa este término:

    http://definicion.de/abulia/

  16. lizeth viancha di:

    Lendo a noticia decateime de que moitos compañeiros, según o que contan do seu día a día, poderían ter este transtorno. Os tratamentos poden ser dende terapias con asesoramento, pasando pola temida medicación á cal non lle teriamos que ter medo xa que según centos de estudos realizados demostran que son seguros e aficaces neste tratamento. Polo que o único malo que lle vexo á medicación é que dura moi pouco (entre 3 ou 4 horas) e iso implica tomalos ata tres veces ao día co fin de manter controlados os síntomas.

    Cabe dicir que a inxesta de medicamentos varias veces ao día pode dar lugar a “altos e baixos” do seu nivel no torrente sanguíneo. Por isto xa existen novos medicamentos que só se teñen que tomar unha vez ao día (como no caso do metilfenidato que dura a xornada escolar completa mentres que outros o fan 12 horas).

  17. carolina lopez di:

    Estudios afirman que a exposición a certas sustancias química pode estar asociada co Trastorno de Déficit de Antención en niños.
    Os niños expostos no vientre a químicos nos cosméticos e as fragancias son máis propensos a desarrollar problemas conductuais comúnmente encontrados en niños en edade escolar con trastorno de déficit de atención.
    Unha das sustancias quimicas son os ftalatos; ainda que a conexión foi só encontrada para o tipo de ftalatos usados en perfumes, champús, esmaltes de uñas, lociones, desodorantes, spray para o cabello e outros productos de cuidado personal. Non se encontraron efectos conductuales para os ftalatos usados en xoguetes de vinilo e outros plásticos suaves.
    Unha lei federal que se hizo efectiva en E.U. fai un ano prohibe os ftalatos en xoguetes de vinilo para niños e outros productos. Pero non hai restriccions en E.U. de ftalatos en cosméticos e outros artículos de cuidado personal.
    Sen embargo, estos son prohibidos en cosméticos usados en Europa. Fabricantes delos sosten que os químicos son seguros tras haber sido ampliamente usados por 50 anos.

    Aqui os deixo unha paxina onde fala dos ftalatos:
    http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2009/12/09/189750.php

  18. cristina gonzalez di:

    Estudos actuais afirman que o TDAH/TDA é o trastorno con maior incidencia na infancia. Podese afirmar que ao menos 1 neno de cada aula pode presentar TDAH, independentemente do entorno e lugar do mundo no que se encontre.

    Cando nenos con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) logran pasar horas dándolle cos pulgares a sua Nintendo e mostranse en cambio incapaces de completar un examen con dez problemas, os adultos soen alarmarse.
    Soamente son inatentos coas mates, co traballo, cos deberes? A chave para entender esta disparidade non parece estar na voluntade ou na mala educación, senon nos confines do cerebro.
    Máis concretamente no núcleo accumbens, unha peza esencial do estriado ventral, a rexión do cerebro relacionada co pracer e a recompensa.

    Ao final é unha cuestión de dopamina. Ese núcleo situado nas profundidades cerebrais está alterado nos nenos con TDAH. Así o han demostrado investigadores da Universidad Autónoma de Barcelona e do Vall d’Hebron.
    “A través dunha resonancia maxnética nuclear a 42 nenos entre 6 e 18 anos con TDAH, e outros 42 coa mesma idade e sexo e sen ningunha anomalía cognitiva ou de conducta, hemos comprobado que o volumen do estriado ventral, está reducido nos nenos que teñen TDAH”, explica Sussanna Carmona, investigadora da unidad de Neurociencia cognitiva.

  19. alexandra di:

    Atopei un video que explica a diference entre un neeno con TDAH e un neno normal:
    http://www.youtube.com/watch?v=h1QL_SjeXMo&feature=related

    Bill Gates,Winston Churchill, Albert Einstein crese que tiveron TDAH.

    As seguintes pautas son algunhas suxerencias para que os maestros podan manter o control do ambente do aula, prestando unha atención específica o alumno que presenta TDAH:

    – Controlar o ambente na clase. O ambente máis efectivo para axudar os nenos e adolescentes con TDAH é o que manten un orden, unha rutina e unha previsión; aquél en que as normas son claras, argumentadas e consistentes.

    – Organizar a clase. É preferible o aula cerrada a os espacios abertos, xa que conven reducir as distraccions. O neno debe situarse preferentemente na primeira fila, e hai que dirixirse a él con frecuencia para poder manter a sua atención. Conven organizar tambén o tema dos deberes: anotalos sempre no mesmo lugar e asegurarse de que o alumno posee unha copia dos mesmos. É importante que o alumno con TDAH poda estar o lado de alumnos que lle aporten modelos positivos de conducta, lexos de calquera distracción. E é moi recomendable dispoñer dunha zona de traballo aislada e tranquila, que podan utilizar os alumnos con semexantes condicione.

    – Planificar os horarios. Conven que as asignaturas académicamente máis “fortes” se den en horario matutino, intercalar espacios para o traballo práctico e facer pausas entre as distintas clases. Sole ser útil cos alumnos reconozcan as señais que indican o inicio dunha clase. O maestro deberá dispoñer de distintos recursos para centrar a atención dos alumnos, establecendo un “código” ou “señal secreto” para o alumno con TDAH que se poda utilizar cada vez que se lle vea inatento.

    – Adaptar as normas. O alumno con TDAH pode beneficiarse da adaptación dalgunhas das normas que habitualmente utilizanse na aula. Por exemplo, pode ser útil reducir a cantidade de tareas asignadas, deixar máis tempo para completar os traballos ou os exámes, mezclar adecuadamente as tareas máis motivadoras cas que o son menos, autorizar o uso do ordenador a alumnos con poca habilidad motora, incluir prácticas organizadas sobre técnicas de estudo, utilizar reforzos visuales na instrucción oral e alternar as actividades para evitar o aburrimento.

    – Inventar novas estratexias. Desde organizar pequenos grupos de traballo no que o alumno con TDAH vease arropado por outros alumnos máis tranquilos, hasta programar para cada un unha tarea diaria que lle sea posible de terminar con éxito. Son moi útiles as estratexias destinadas a mellorar a atención: establecer contacto visual antes de verbalizar instrucciones mediante preguntas faciles, non preguntarlle cando se lle ve ausente, utilizar o seu nome de pila, etc.

    – Intervir na modificación de conductas, ofrecendo reforzos positivos ante a conducta adecuada e reforzos negativos ante a conducta inapropiada. Ante unha conducta disruptiva na clase se lle pode facer repetir deberes, enviarlle a unha clase vecina a levar algo ou dar un recado; é mellor aislalo durante uns minutos, fora da aula. Nno son útiles as regañinas, os sermons nin as reflexiones morales.

  20. jose luis lopez di:

    Os medicamentos que axudan a mellorar a capacidade intelectual son coñecidos como‘drogas intelixentes’(smart drugs) ou nootrópicosy a maioría destas sustancias non son ilegais.
    Moitos estudiantes, opositores e traballadores recurren habitualmente a algún
    tipo de medicamento que lles axuden a concentrarse mellor. A veces, estas sustancias conten propiedades adictivas, e cando deixan de tomalas vense incapaces de estudiar ou traballar a pleno rendimento.
    Os estimulantes son as sustancias preferidas polos estudiantes, pola súa capacidade para aumentar a vixilia, a euforia, dan a sensación de reducir a fatiga, consiguen relaxar a musculatura bronquial,ademáis de proporcionar un maior aporte sanguíneo do músculo.

    Lamentablemente, o seu uso ten outros tantos efectos negativos: taquicardia, arritmia, crean dependencia, o seu uso continuado obriga a aumentar as dosis para obter o mesmo efecto, alteran a temperatura corporal, fan traballar máis ao corazón, o que podería causar un colapso circulatorio, fallos respiratorios,perda de apetito, ansiedade, etc..

Deixa unha resposta