Contaminación acústica

Vivimos rodeados de contaminación, unha á que non damos moita importancia é a contaminación acústica, sendo moi importante evitala o máis posible. Aínda que é certo que o ruído non se acumula, non se traslada e non se mantén no tempo, de todos os xeitos xera nas persoas danos e molestias.

Pero non só os humanos estamos expostos a este  aumento de decibeis , aos animais tamén aféctalles o ruído:

O Laboratorio de Aplicacións Bioacústicas (LAB) da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), desenvolveu un estudo que demostra que o son de baixa frecuencia, producido a gran escala polas actividades humanas en alta mar, provoca lesións severas nas estruturas auditivas dos cefalópodos como sepias, luras e polbos.

No estudo, expúxose a 87 cefalópodos de catro especies diferentes (Loligo vulgaris, Sepia officinalis, Octopus vulgaris e Illex coindeti), a sons de baixa frecuencia, de entre 50 e 400 hertz. Os investigadores analizaron os estatocistos dos animais, é dicir, as estruturas con forma de globo que axudan aos invertebrados a manter o equilibrio e a posición. Estes órganos, que están cheos de líquido, son similares aos aparellos vestibulares dos mamíferos e, como se demostra neste estudo, son importantes na percepción de sons de baixa frecuencia nos cefalópodos. E atoparon que, inmediatamente despois da exposición á baixa frecuencia de son, tiñan danadas as células ciliadas dos estatocistos, que son células sensoriais do sistema auditivo destes animais. Co tempo, as fibras nerviosas se inflamaban e aparecían buracos. Estas lesións eran máis graves a medida que pasaba o tempo desde a exposición aos sons. Así pois, o dano nos cefalópodos aparecía xusto despois da exposición de baixa intensidade aos sons de baixa frecuencia e todos os animais expostos aos sons mostraron evidencias de trauma acústico.

Desta maneira, se o estatocisto é o responsable do equilibrio e a orientación espacial dos cefalópodos, o dano provocado polo son neste órgano probablemente afectará as súas habilidades para cazar, evadir depredadores e mesmo reproducirse. Noutras palabras non lles permitiría sobrevivir. Asi  a contaminación acústica nos océanos provoca un impacto relevante nos golfiños e as baleas porque utilizan a información acústica para sobrevivir. Con todo, este estudo é a primeira análise que demostra o impacto severo nos invertebrados.

Como poderíamos controlar o problema da contaminacion acústica?, Que consecuencias ten expoñerse a ela? 

Autora: Carolina López

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida, 4. Contaminación e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Contaminación acústica

  1. claudia valina di:

    O exceso de ruído no ambiente produce importantes alteracións nos seres humanos e, aínda que non se note, as persoas están expostas cada día a unha importante cantidade de niveis de ruído no ambiente, moito máis do recomendable para a saúde.

    Con base nas investigacións máis serias e de maior rigor científico, sábese que son varios os efectos na saúde humana atribuíbles ao ruído, sendo os máis comúns ou recorrentes algunhas afeccións fisiológicas como a perda progresiva da audición, cefaleas crónicas, trastornos da presión arterial e do ritmo cardíaco, a posibilidade de sufrir infartos, a interferencia na comunicación oral, alteracións do soño, tensión e irritabilidad, así como danos psicofisiológicos sobre a saúde mental como alteracións na conduta e diminución da capacidade de concentración, aprendizaxe e rendemento.

  2. carolina rodriguez di:

    Eu non sabía que a contaminación acústica podía causar ese danos no ecosistema mariño, pero é bastante lóxico que alí teña máis impacto xa que a velocidade coa que as ondas do son viaxan pola auga é maior.
    Hai evidencia científica desde hai moito tempo da influencia grave que ten a polución de ruído no descanso da persoa. A Organización Mundial da Saúde (OMS) considera a contaminación sonora, como a terceira en importancia, detrás da contaminación do aire e da auga.
    O ruído produce trastornos primarios durante as horas de soño e efectos secundarios ao día seguinte; os efectos primarios preséntanse como dificultade ou imposibilidade para conciliar o soño, interrupción do soño e alteración na profundidade do soño; e como consecuencia do sinalado, pódense producir cambios na presión arterial e arritmia cardíaca, vasoconstricción, variación no ritmo respiratorio, e sobresaltos corporais.
    Os efectos secundarios ou posteriores preséntanse á mañá seguinte ou mesmo pode prolongarse por varios días en persoas hipersensibles; son por exemplo, fatiga, depresión e redución do rendemento. Se estas situacións prolónganse por días, o equilibrio físio-psicolóxico verase seriamente perturbado.

  3. jorge suarez di:

    A contaminación sonora é todo aquel exceso de son que supere o limite soportable de audición que actualmente é de 50 db_(a).

    Por tanto todo aquel son superior a ese límite é considerado ruído e pode provocar distintos tipos de consecuencias en acódelas pero todas de efecto negativo, por tanto é denominado contaminación acústica ou sonora.
    Hoxe en día a contaminación sonora é algo co que lidamos día a día, sen darnos conta recibimos miles de sons de gran magnitude que moitas veces poden causarnos dor sen darnos conta que o dano que provoca en nós pode chegar a ser irreversible.
    Esta contaminación pode e debe ser reducida xa que depende pura e exclusivamente de nós mesmos, para iso algunhas das opcións poderían ser:
    Control en automóbiles e motocicletas de caños de escape.
    Controlando eficientemente ás industrias ou construcións, limitando o uso das súas maquinarias ou colocando estratéxicos paneis acústicos.
    Controlando eficientemente o transporte público, tanto vehicular como de trens, tranvías ou subtes.
    Evitando as conversacións da moitas persoas onde todos falen á vez, aínda que pareza estraño a contaminación acústica tamén se pode dar pola fala, se 20 persoas á vez combinan os seus distintos tons de voz, terminarán provocando ruído, que é o factor principal da contaminación sonora.

  4. juanjo di:

    Estiven intentando investigar acerca da pregunta que fai Carolina,pero en todalas páxinas que consultei non din unha forma de reducir esta contaminacion, senon que otorgan un sitio para cada industria ou edificacion.
    Explicome,non intentan buscar a maneira de facer menos ruido,senon que buscan a forma de facer que ese ruido esté escondido,pero que non desapareza.Por exemplo facendo as fabricas industriais nun lugar apartado da sociedade.

  5. lizeth viancha di:

    Dende logo a contaminación acústica sempre supuxo un grave problema xa que causa diversas enfermidades entre as que se encontra o estres, a pérdida do sono e as migrañas. Déixovos unha páxina onde se vos falan da contaminación acústica con máis detalle:
    http://www.familia.cl/naturaleza/contaminacion_acustica/acustica.htm

    Buscando información atopei unha páxina onde se fala do que relatou Carolina, nela podedes escoitar en directo os sons, bos e non tan bos, dos océanos:
    http://www.ecoticias.com/naturaleza/38215/Un-proyecto-para-controlar-la-contaminacion-acustica-marina

  6. aida rodriguez di:

    Existe unha crecente preocupación da comunidade internacional sobre as potenciais ameazas do ruído intenso submarino sobre especies de mamíferos mariños, peces e outras formas de vida mariña.

    A comunidade científica concorda, e unha crecente evidencia científica confirma, que o ruído intenso producido por estas fontes pode ocasionar diversos impactos negativos sobre mamíferos mariños. Entre eles inclúense a morte e feridas serias producidas por hemorraxias cerebrais ou outros traumas sobre os tecidos; varamientos; perda temporal ou permanente do oído; cambio de hábitat e cambios na conduta de alimentación, reprodución, crianza, comunicación, navegación e outras condutas esenciais para a supervivencia da especie.

    O ruído de alta intensidade tamén produce efectos negativos sobre outras especies mariñas. Diversas investigacións
    demostran que os fusís de aire comprimido teñen o potencial de ocasionar feridas e reducir significativamente a taxa de captura de especies de peixes, mesmo a distancias considerables. Por tanto, a proliferación de fontes de ruído submarino de alta intensidade constitúe unha ameaza aos xa devastados stocks
    de peces.

    Ata o momento, o único sistema posible para medir a sensibilidade auditiva dos cetáceos consistía en trasladalos a un laboratorio pero, dado o tamaño destes animais e a súa precaria condición de saúde cando aparecen varados nas praias, este procedemento levaba riscos considerables para a súa supervivencia.

  7. Diego Lousa Pazos di:

    Todos coñecemos e entendemos a contaminación acústica como o ruido excesivo e molesto causado pola actividade humana, masi non sempre temos presentes os efectos perxudiciais que esta nos pode causar.
    Os efectos máis evidentes son directamente sobre o sistema auditivo, que se resinte incluso por unha fonte de ruido de baixo nivel cando a exposición a esta é prolongada.

    Mais os efectos non auditivos tamén son cuantiosos. Entre eles están os efectos psicopatolóxicos tales como:

    (A máis de 60 dB a)
    -Dilatación ads pupilas e parpadeo acelerado.
    -Axitación rspiratoria, aceleración do pulso e taquicardia.
    -Aumento da presión arterial e dolor de cabeza
    -Menos irrigación sanguínea e maior actividade muscular que se poñen tensos e dolorosos.

    (A máis de 85 dB a)
    -Diminución da secreción gástrica, gastritis ou colitis.
    -Aumento do colesterol e dos triglicéridos, con consiguiente riesgo cardiovascular.
    -Aumento da glicosa en sangue.

    Máis efectos perxudiciais de caracter psicolóxico como insomnio, fatiga, estrés, irritabilidade e agresividade, histeria e neurose, aislamento social, falta de desexo sexual…
    E noutros aspectos como no sono, na memoria, na conduta, na atención, no embarazo…

    Entre os planes de solución son moi usados os tapóns auditivos por operarios e traballadores de diferentes sectores.

    Deixo un enlace onde de maneira clara e esquemática apórtanse datos a ter en conta sobre a contaminación acústica: http://intececologico.wordpress.com/2008/09/30/contaminacion-acustica-locos-por-el-ruido/

  8. María Iglesias García di:

    Primeiro temos que saber que a magnitude que se utiliza para evaluar o sonido é a presión sonora, que é a variación por encima e por debaixo da presión atmosférica. Os niveis de presión sonoros exprésanse en decibelios (dB). Calquera sonido que percibimos habitualmente móvese nun nivel de presión sonora entre 0 dB e 120 dB.

    Os humanos estamos hoxe expostos a unha gran variedade de sonidos intensos e próximos, pero o ruido non afecta a todos por igual, pois non depende das carácterísticas do mesmo, senón tamén do estado físico e psíquico de cada persoa no momento da audición.

    As causas perxudiciales que poderiamos ter sería, sen dúbida, dende un principio a pérdida de audición, que está inducida polo ruido e é irreversible pola capacidade de rexeneración das células ciliares. Podería aparecer en casos de soportar niveis superiores a 90 db e de forma continuada. Ademais, o ruido pode causar efectos sobre o sistema cardiovascular (alteracións do ritmo cardíaco, riesgo coronario, hipertensión arterial,…); sobre as glándulas endocrinas (alteracións hiposiarias e aumento da secreción de adrenalina) e no aparato dixestivo (incremento das enfermidades).

    Os expertos indican que a mellor solución contra este modo de contaminación sería incorporar un estudo de niveis acústicos á planificación urbanística, co fin de crear “illas sonoras” ou insonorizar os edificios próximos aos “puntos negros” de ruido, pero isto conleva un coste moi elevado. É máis eficaz adoptar medidas preventivas, xa que, económica y socialmente, son máis rentables. Hai que potenciar campañas de educación medio ambiental, para que todos participen i esixan a disminución dos niveis de ruido.

  9. judit pousada di:

    É moi dificil controlar toda esta contaminación acústica xa que somos millons de persoas é estamos tan acostumadas a este tipo de ruidos que xa nin reparamos en eles deixo aqui un enlace con exemplos de ruidos e o efecto que provocan nos nosos oídos.

    http://www.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/10CAtm1/320CoSon.htm

  10. tatiana barbosa di:

    A contaminación acústica é o exceso de ruido nunha determinada zona, que pode chegar a alterar as condicións normais do ambiente, e causar danos nas persoas que habitan nestas zonas.

    Como xa dixo María, os niveis de presión sonoros expresase en decibelios xeralmente entre 0 e 120, pero o nivel de confort acústico está moi lonxe de eses 120 dB.
    Ninguén debería superar aproximadamente os 50 dB que son máis ou menos os que hai nunha conversación nun ton normal xa que podería ser perxudicial para a sua saude.
    Pero entre que uns fan oidos sordos a estas recomendacións e outros non poden evitar a sua situación de exposición a ruido constante aproximadamente 80 millóns de europeos están expostos a un nivel de ruido superior aos 65 dB, o que tarde ou temprano repercutirá na sua saude.

  11. laura montes di:

    É ben certo que o noso ruido nos provoca molestias a nos mesmo, pero nunca se me había ocorrido pensar no feito de que os animais tamén podían verse afectados pola nosa contaminación acústica.

    Cada vez queda máis claro que facemos daño áos animais de case tódalas maneiras posibles.

    De feito, segundo a O.C.D.E., (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) máis de 130.000.000 de habitantes dos seus países membros atópanse vivindo cun nivel sonoro superior ao recomendado pola Organización Mundial da Saúde (65 dB). (os países membros atópanse aquí http://www.oecd.org/document/21/0,3746,es_36288966_36288120_36441429_1_1_1_1,00.html)

    Respecto do dano que se lle fai aos cetáceos coa nosa contaminación acústica, un dos motivos directos da morte destes animais está nos sónares empregados polos submarinos militares. O son destes sónares, desorienta ás baléas, que senten que deben ascender rápidamente cara a superficie. Este ascenso provoca o mesmo síndrome de descompresión que afecta aos buzos cando ascenden demasiado rápido.

    Coma di o director dunha organización ecoloxista no Reino Unido, todavía se descoñece qué tipo de consecuencias ten o exceso de ruido en cada un dos animais pero é necesario frenar canto antes esta situación porque do contrario “a humanidade vai descubrir demasiado tarde o terrible dano que estamos a causar. Estamos, literalmente, afogando aos mamíferos marinos”.

  12. alexandra di:

    En España para loitar contra a contaminación acústica fixeron:
    -A directiva 2003/10/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de febreiro de 2003, sobre as disposicions mínimas de seguridade e de saude relativas a exposición dos traballadores os resgos derivados dos axentes físicos (ruido).
    -A Ley 37/2003, do 17 de novembro, do Ruido,
    -O Real Decreto 286/2006, o 10 de marzo, sobre a protección da saude e a seguridade dos traballadores contra os resgos relacionados ca exposición o ruido.

    Eu creo que haberia que controlar a contaminación acústica tanto no mar como na terra, xa que non só nos fai dano a nos senon tamén os animais.

  13. marta rodriguez di:

    Buscando información sobre este tipo de contaminación, atopei algúns niveis de ruidos; déixovos a continuación:

    – Paxaros trinando: 10 db
    – Claxon automóvil: 90 db
    – Rumor de follas de árbores: 20 db
    – Claxon autobús: 100 db
    – Zoas residenciais 40 db
    – Interior discotecas: 110 db
    – Conversación normal: 50 db
    – Motocicletas sen silenciador: 115 db
    – Ambiente oficina: 70 db
    – Taladradores: 120 db
    – Interior fábrica: 80 db
    – Avión sobre a cidade: 130 db
    – Tráfico rodado: 85 db
    – Umbral de dor: 140 db

    O máximo de ruido permitido en diferentes lugares públicos:

    – Hospitais: 25 db
    – Bibliotecas e museos: 30 db
    – Cines, teatros e salas de conferencias: 40 db
    – Centros docentes e hoteis: 40 db
    – Oficinas e despachos públicos: 45 db
    – Grandes almacéns, restaurantes e bares: 55 db

    Finalmente, deixo un gráfico das fontes principais dos niveis de ruido urbano:
    http://www.mundosinruido.es/wp-content/uploads/2010/06/contaminacion_acustica.gif

  14. paula manteiga di:

    Como di Judi, a contaminación acustica e moi dificil de controlala, a principal causa da contaminación acústica é a humán, a cal especialmente se deriva no transporte, na construcción de edificios, na cercanía a un aeroporto ou a unha línea de trenes, ou a industria.
    Pero tambén existe un tipo determinado de contaminación acústica que pode chegar a afectar gravemente, e incluso a propia convivencia nunha comunidade de veciños: la música alta.

    Existen moitas consecuencias ó expoñerse a ela, como por exemplo; a perda da audición, anomalías na atención, alteracións do sono, dor de cabeza..

    http://www.youtube.com/watch?v=VeghPw90vfw&feature=related

  15. adriana rey di:

    A contaminación acústica ten varios efectos perxudiciais para a salud da persoa, que ten que ver con unha serie de efectos fisiolóxicos e psicolóxicos.

    Entre os efectos fisiolóxicos, encontramos:
    -Efectos auditivos.
    -Afeccións no riego cerebral,alteracións do proceso dixestivo, transtornos instestinais e cólicos, aumento da presión arteria, etc.

    Entre os efectos psicolóxicos, encontramos:
    -Efectos sobre a conducta.
    -Efectos sobre o sono.
    -Efectos sobre a memoria.
    -Efectos no embarazo.
    -Efectos na atención.
    -Efectos sobre os nenos.

    Eu persoalmente creo que non se pode facer nada ao respecto, como di Judit somos moitos no mundo e non podemos facer menos ruido.

  16. laura garcia rueda di:

    Contestando á primeira pregunta que nos propób Carolina, na miña opinión xa non hai volta atrás. Xa vivimos nun mundo cheo de contaminación acústica (e doutros tipos) e agora non podemos arranxar nada. O que quizás poderíamos facxer é diminúirlo e poder ralentizar as consecuencias que tra en nós e os demáis seres vivos.

    Aínda así, buscando en internet encontrei una lista de cousas que poderíamos facer para “evitar” (aínda que eu non utilizaría esa palabra concretamente) o ruido:

    -Realizar un bó mantenemento do vehículo, concretamente no silenciador. Ademáis, unha boa presión nas rodas pode evitar vibracións e ruidos.
    – A maior velocidad, máis ruido. Polo que hai que respetar os límites e non “animarse” tanto como normalmente se fai.
    – Evitar aceleracións e freados bruscos nos semáforos.
    -Utilizar tan só o claxon en momentos de emerxencia cando é estritamente necesario.
    -Apagar o motor en atascos.
    -Usar os transportes públicos sempre que se poida.
    E ¿por qué non? Ide en bicicleta (coma o noso compañeiro Antón) ou sinxelamente andando, é máis sano e non contamina nada.

    Os efectos sobre a saúde son moi variados. Normalmente relaciónase co medo e a presión seguindo cun aumento de pulsaciones, modificación do ritmo respiratorio, tensión muscular, presión arterial, agudeza de visión…
    Estes efectos non son permanentes, desparecen ao cesar o ruído, aínda que poden presentar estados de nerviosismo. A perda de audición inducida polo ruído é irreversible pola incapacidade de rexeneración das células ciliares da audición. A xordeira podería aparecer en casos de soportar niveis superiores a 90 db e de forma continuada. Ademais, o ruído pode causar efectos sobre o sistema cardiovascular, con alteracións do ritmo cardíaco, risco coronario, hipertensión arterial… Sobre as glándulas endocrinas, con alteracións hipofisiarias e aumento da secreción de adrenalina. Tamén é asociado co insomnio.
    En xeral pode ser negativo para outras afeccións, coma aumento de alteracións mentais, tendencia a actitudes agresivas, dificultades de observación, concentración, rendemento e facilita os accidentes.

    Para finalizar enlázovos esta imaxe na que podemos ver as fontes principais dos niveis de ruido urbano:
    http://www.monografias.com/trabajos/contamacus/Image1228.gif

  17. adriana jimenez di:

    Ruido: Sensación auditiva inarticulada xeralmente desagradable. No medio, defínese como todo o molesto para o oído. Pero, a estas alturas a nós, que nos parece ruido? porque segundo isto e como expón o cadro que deixou Judit, unha conversa na aula, unha televisión ou aspiradora xa é algo molesto, pero é que nós estamos tan acostumados a estes sons diarios que nin de conta nos damos. Dese cadro o que me deixou moi abraiada foi que o despegue dun avión pode producir a rotura do tímpano, xa que a iso estamos expostos cada vez máis habitualmente.

    Algúns efectos do ruído sobre a salud:
    1.Enfermidades fisiolóxicas: pódense producir no traballo ou ambientes sonoros en torno aos 100 decibelios, algunhas tan importantes como a perda parcial ou total da audición.
    2.Enfermidades psíquicas: producidas por exceso de ruído, pódense citar o estrés, as alteracións do sono, diminución da atención, depresión, falta de rendemento ou agresividade.
    3.Enfermidades sociolóxicas: alteracións na comunicación, o rendemento, etc…

    O estudo que explicou Carolina dos cefalópodos deixoume moi abraiada xa que non sabía que no océano tamén puidese haber contaminación acústica, e que a sofrisen desa maneira.

    Déixovos un video sobre este tipo de contaminación dun canal televisivo doutro país, no que xa chegaron ao punto de crear unha campaña contra o ruido, penalizando con sancións. http://www.youtube.com/watch?v=ZPEp6SJrN9o&feature=related

  18. alicia lopez di:

    A única contaminación acústica non é a que probén de fóra; ás veces causámola nós mesmos. É típico levar a música do mp3 alta pegada ós oídos. Certo é que ás veces hai que poñela alta polo ruído das cidades, pero outras, pasando por unha rúa silenciosa, seguímola a levar alta porque ¡se vive mellor! pero realmente esto tamén causa problemas auditivos.

    Respecto a contaminación acústica externa aquí hai algo que non se ten en conta; os gatos, o nervio auditivo dos gatos posúe 40.000 fibras cocleares nerviosas, mentres que no ser humano ten 10.000 menos, polo que a estes animais lles fai moito máis dano o ruído que a calquera de nós, porque son moi sensibles. As ambulancias por exemplo son moi sonoras, demasiado, enxordan,se como di Marta o claxon dun bus emite 100 db non quero imaxinar os que emite unha ambulancia.

  19. Cristina González di:

    Para evitar a contaminación acustica se deberían realizar dous accions independentes lexislativamente:

    1.- Lei do ruido e codigo técnico acustico na edificación.

    2.- Lei de apertura de novos negocios para garantizar a non contaminación acustica aos veciños.

    A continuación, diferentes estudos sobre as consecuencias do ruido nas persoas:

    .A pooación exposta a un nivel de ruido por encima dos 65 decibelios desarrolla a corto plazo un índice superior nun 20% de ataques cardíacos.

    .Os nenos e os ancians son máis sensibles aos ruidos que perturban o seu sono, ainda que a sua reacción non é a mesma.

    .Con niveles de ruido altos, a tendencia natural da xente hacia a axuda mutua disminue ou desaparece, reaparecendo no momento en que se suprime a presión sonora.

    .En experimentos de laboratorio con animais demostrouse que nun ambiente con ruido superior a 110 decibelios (claxon de automóvil a un metro, sirena de ambulancia á mesma distancia, discoteca, concerto de rock, moto a escape libre, trueno…), os procesos cancerosos aparecen e se desarrollan con maior rapidez.

    .Os nenos cuxos colexios lindan con zonas ruidosas (industrias, aeroportos, carreteiras con moito tráfico…), aprenden a ler máis tarde, presentan maior agresividade, fatiga, axitación, peleas e riñas frecuentes, maior tendencia ao aislamiento.O CSIC afirma a este respecto que a contaminación acústica conleva efectos negativos nas xeracións futuras, como deterioro do aprendizaxe e do desarrollo humano.

    deixo un enlace con informacion sobre os efectos da contaminacion acustica en alguns animais mariños.
    http://www.madrimasd.org/blogs/ciencia_marina/2008/12/07/108855

  20. adrian ballesteros di:

    Podese controlar poñendo nas paredes das casas aislantes bos e uns muro mais anchos , poñendo cristales dobles nas casas, baixando o tono de voz, usando coches electricos ou outros medios de transporte comoas bicicletas e fancendo miles de cousas mais e penalizando aos alcaldes das cidades que non cumplan as normas.Non que cambien como en madrid o lugar de medicion de contaminacion de unha rotonda o pasen o medio dun parque para que non axa tanta contaminacion.
    As consecuencias son moi varias: xente que se queda sorda xoven ou sen casi audicion e que o oido de todos resintese porque todos a sufrimos.

  21. gabriela lopez di:

    As cidades de máis contaminación sonora. Esta contaminación é producida por un conxunto de sons ambientais nocivos que recibe o oído. O seu principal causante é a actividade humana, como o ruído do tráfico, as obras públicas, alarmas, serea e a crecente proliferación de botellones (macrofestas) en áreas.

    Xapón é o principal país con maior índice de poboación exposta a altos niveis de contaminación sonora. Ao redor de 130 millóns de persoas están expostas a un nivel sonoro superior a 65 decibelios, o límite marcado.

    España é o segundo país que máis contaminación acústica soporta, o 25% dos cidadáns europeos están expostos a sons molestos, mentres que en España se duplica. O 50% da poboación viven a niveis de ruído superiores a 65 decibelios.

    Países de América Latina tamén están cada vez máis expostos aos ruídos excesivos, a cal provoca estrés, enfermidades cardíacas e miles de mortes por ano.

    México ademais de estar entre as cidades con maior contaminación industrial e visual, tamén é outro que contén unha elevada contaminación sonora, o máximo de ruído é de 85 decibelios en discotecas, restaurantes e outros sitios.

  22. sabela rey di:

    É certo que existe a opción de illar o son, mais unha das principais fontes deste tipo de contaminación provén da rúa e, concretamente, do ruído procedente de medios de locomoción como os coches ou as motos. As consecuencias de expoñerse a esta contaminación creo que xa as estamos vivindo. Principalmente, nun aula, cando alguén está estudando e os compañeiros falando se lles pide que baixen a voz, porque molestan. Polo tanto, por unha banda existen as consecuencias psíquicas que, na miña opinión, dunha ou outra maneira vivimos todos nós hoxe en día; ou as fisiolóxicas como a perda de audición. Por outra banda, atopamos na contaminación acústica outra maneira de causarlle problemas aos animais do redor.

  23. jose luis lopez di:

    Outro efecto que ocasionara o ruido nos animais é o que nos mostra este siguente estudio:
    Un grupo de investigadores do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), han descuberto que os paxaros da
    ciudade dedican máis tempo a cantar para compensar o ruido ambiente, prestando menos atención a outras tareas como a defensa ante posibles depredadores.

    Ademáis, os investigadores han podido comprobar como estos paxaros modifican o seu comportamiento en función dos días da semana, concretamente entre os días laborables e festivos. Todo ello ha sido publicado na revista especializada Behavioral Ecology.

  24. alejandro_lopez di:

    Esiven a buscar información sobre este tema e, de verdade paréceme algo preocupante porque co tempo pódese convertir o ruido, en problema grave para a humanidade.
    Déixovos este link onde conta de onde proven o ruido, os contróis de dito ruído etc :

    http://revista.consumer.es/web/es/19990401/medioambiente/31427.php

  25. ana dominguez di:

    Esta noticia pareceme increible non me imaxinaba que os cefalopodos lles afectara os sons de baixa frecuencia e que sobre todo este lles afectase posteriormente a orientacio, e que poidan chegar a morrer.

  26. vera lopez di:

    Este tema interésame moito e busquei información que estivera relacionada con España.

    España é un dos países que máis contaminación acústica soporta xa que según un estudio da Unión Europea indica que o 25% dos ciudadans europeos están expostos a niveis de “sons molestos”, mentras que no noso país este porcentaxe duplícase. “A situación non mellora en España”, onde o cincuenta por cento da poboación vive exposta a niveis de ruído superiores a 65 decibelios, según Isabel López Barrio, psicóloga ambiental do Instituto de Acústica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC.
    A xuicio de López Barrio, é importante adquirir bos hábitos a idades tempranas y concienciar ós escolares sobre a contaminación acústica. Na sua opinión, tamén na escola hay ruido, n so procedente do exterior, senón do interior, debido ó ton que utilizan os alumnos ó falar nas aulas ou nos pasillos. Non obstante, esta especialista insiste en que o principal causante do problema actual de ruido é o “tráfico, tanto aéreo como rodado”, “que non decrece”. Por este motivo, aposta por crear espacios peatonales e pequenos xardíns nas ciudades para facer “compatible” o uso do vehículo coa vida das personas”.
    Ademáis, exprica López Barrio, que nas cidades españolas “o ocio nocturno” agrava a situación, porque, ademáis de provocar trastornos no sono das persoas, está despoboando o centro das cidades, como Madrid, onde por esta causa producese unha “depreciación económica” das vivendas e locales comerciais.

Deixa unha resposta