As enfermidades de Darwin

imagen

Cada ano celebrase na Universidade de Maryland, en Baltimore unha conferencia para diagnosticar os problemas médicos que tiveron no seu tempo figuras históricas como: Herodes, que morreu de gangrena de Fournier ou Edgar Allan Poe, que morreu por ter a rabia. Este ano a figura histórica escollida para a conferencia foi, Charles Darwin.

Despois de cumplir vinte anos, Darwin viaxou por todo o mundo estudando a natureza e tivo moitisimos problemas de saude. Os médicos aos que vistou durante toda a sua vida diagnosticaronlle máis de unha ducia de enfermidades, entre elas: esquizofrenia, apendicite e intolerancia á lactosa. Hoxe en día analizando as fontes de información das que dipoñemos, como por exemplo cartas que él mesmo escribía facendo referencia á sua saude e a como se atopaba, sabemos case con toda seguridade que Darwin contraxo a enfermidade de Chagas durante a sua viaxe a bordo do HMS Beagle. Esta enfermidade parasitaria tropical explica os seus problemas cardíacos que sufriu case ata a sua morte en 1882. Ainda que Sidney Cohen, un gastroenterólogo da Universidade Thomas Jefferson, sospeita que Darwin puido sufrir ademais unha infección por Helicobacter pylori, que é unha bacteria estomacal causante de úlcera e que xeralmente acompaña á enfermidade de Chagas.

Autora: Tatiana Barbosa

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to As enfermidades de Darwin

  1. alexandra di:

    Eu non sabia que cada ano na Universidade de Maryland faciase unha conferencia para diagnosticar os problemas médicos que tiveron no seu tempo as figuras historicas. Eu creo que estas conferencias deben ser moi interesantes.

    Investiguei un pouco sobre a enfermidade de Chagas e atopei un video no que cantando explican todo de forma moi resumida, na duracion dunha cancion normal, sobre esta enfermidade.
    Deixovos o enlace: http://www.youtube.com/watch?v=Xx8jiSs6OCw
    E tamen atopei unha noticia do pais de hay 2 anos, 15-06-09, onde conta que a enfermidade de Chagas estaba a afectar tamen en españa. Eu isto si que non o sabia, que a enfermidade afectaba en españa, pero non so afectaba que se non que afectaba a un elevado número de persoas.
    O que me parece mal e que como sole afectar nos paises pobres de sudamerica, non se investigue, ademais de que a OMS tenna considerada coma unha enfermidade olvidada.
    Deixovos o enlace da noticia: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/enfermedad/Chagas/afianza/Espana/elpepusoc/20090615elpepusoc_17/Tes

  2. lizeth viancha di:

    Pois eu pola contra vexo estas conferencias algo egocéntricas xa que só investigan estas enfermidades porque cienctíficos as tiveron, qué pasa? que non se poden investigar outras sen motivo aparente?

    Sorprendeume o feito de que Darwin padecese de esquizofrenia xa que é unha enfermidade que te afecta na falla da presta de atención, déixovos unha páxina onde vos falan da esquizofrenia e a intelixencia:
    http://www.quo.es/ciencia/consultas/son_mas_listos_los_esquizofrenicos

  3. María Iglesias García di:

    Estou moi de acordo con Lizeth, non me parece ben que se estudan unha enfermidade o fagan polo simple feito de que a tivese unha persoa recoñecida. Se a estudan que o fagan por razóns máis importantes. É interesante saber que estas persoas as tivesen, pero parece que é como a razón prioritaria para estudala. Polo menos, dame esa sensación, aínda que non sexa así en realidade.

    E na noticia que puxo de enlace Alexandra, non me extrañaría que a xente racista de este país utilizase esa escusa para intentar que teña “mala fama” os inmigrantes, aínda que esta xente con esas ideas non se dan de conta que moitos españois tamén tiñan certas enfermidades que as transmitiron a Sudamérica, cando alí non existían.

    Herodes tivo a Gangrena Fournier e ésta é unha infección necrotizante (dexeneración do tecido pola morte das súas células) dende o ano ata o periné. É pouco común, pero letal.

    En canto a Darwin, por exemplo, diagnosticáronlle intolerancia á lactosa que é debida a que o organismo produce pouca ou ningunha cantidade da enzima lactasa, xa o di o propio nome, algo que sofre moitísimas persoas hoxe en día.

    Tamén penso que a Darwin lle debeu afectar bastante o feito de non poder expresar os seus pensamentos, os seus descubrimentos, xa que iso pode afectar no ánimo e, en consecuencia,puido levar de mala maneira estas enfermidades no día a día.

  4. marta rodriguez di:

    Eu busquei máis información sobre a Gangrena de Fournier. Ésta é unha fascitis necrotizante sinérxica, multimicrobiana, de orixe infeccioso, que produce gangrena de pel de rexión xenital, perineal, ou perianal.

    A súa maior frecuencia obsérvase en pacentes de 20 a 50 anos, os varóns aféctanse máis cas femias en proporción 10:1 e a tasa de mortalidade é alta.

    O manexo clínico debe ser rápido e oportuno, coa aplicación intravenosa de líquidos, electrolitos e antibióticos de amplo espectro; a fin de lograr a estabilización hemodinámica do pacente antes da intervención quirúrxica. A ciruxía precoz con debridamento extenso de texidos desvitalizados, constitúe a base principal do mesmo.

  5. dante varela di:

    Xa que din que Darwin morreu a causa dunha enfermidade parasitaria, estiven buscando información sobre estas enfermidades e poden clasificarse segun o seu causante:
    -Parasitosis protozoois: Causada polos protozos. E o caso da malaria, a giardiasis…
    -Parasitosis helmintiasis: Causada por vermes, e estas clasificanse en:
    Trematodiasis: Causada por vermes planos do filo platelmintos; e o caso da esquistosomiasis.
    Cestodiasis: Causada por vermes planos do filo platelmintos; e o caso da teniasis.
    Nematodiasis: Causada por vermes cilindricos; e o caso elefantiasis.
    -Parasitosis ectoparasitosis: Causada por artrópodos que infestan a superficie corporal; caso da miasis.

  6. alicia lopez di:

    Eu tamen enfoco o tema dende o mesmo punto de vista que o fan Lizeth e María, non me parece interesante o asunto xa que simplemente porque estas enfermidades foron contraídas por persoas notables, xa as fan máis importantes que as que hoxe en día matan a miles de persoas.

    Penso que a esquizofrenia de Darwin foi causa en gran medida da presión que sentía por gardar en secreto o seu descubrimento novidoso que non sería aceptado socialmente.
    En canto á Helicobacter pylori, aínda que a páxina da wikipedia aumenta a información, eu busquei na enciclopedia médica online e me gustou máis a maneira de estructurar o tema: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000229.htm

  7. andrei lee di:

    Darwin padeceu moitas enfermidades, pero a que máis o incapacitou foi a mesma que leva o seu nome “Enfermedad de Darwin” isto coñécese como unha agrupación de síntomas onde destacan a fatiga extrema, palpitacións, dor no peito e problemas estomacales.
    Esta enfermidade mantiña a Darwin incapacitado durante largos períodos de tempo, incapacitáballe tanto na vida normal como na producción intelectual, chegaba a tal extremo de ter que estar na cama frecuentemente.
    Na súa época ninguén puido diagnosticar esta enfermidade e tamén probou todo tipo de tratamentos pero sin ningún éxito.

    E con respecto o que din as miñas compañeiras eu por un lado estou dacordo pero tamén se pode enfocar doutra maneira, esa xente en su tempo axudou moito ao coñecemento humano e isto podía ser unha especie de homenaxe a eles aparte que esas enfermidades as poden padecer os demais como no caso da enfermidade de Chagas.

  8. jorge suarez di:

    Penso mesmo que Alicia xa que seria mellor investigar novas enfermidades para poder curar que buskar enfermidades de persoas que xa estan mortas.
    Nunca oira falar destas enfermidades pero sen duda resulta impresionante como poden saber o que pacedia só leendo os seus relatos

  9. laura garcia rueda di:

    A verdad que eu tampouco sabía este estudo que se está a relalizar ano tras ano, pero resultáme moi interesante.

    Buscando información achei que tras coñecer todos os tipos de enfermedades que tivo Darwin, “creouse” un novo término para estás: “A enfermidade de Darwin”. Esta enfermidade consiste nunha conbinación das enfermidades que o biólogo tivera.

    Segundo a OMS Mal de Chagas é unha que afecta a máis de 16 millóns de persoas todos os anos.

    Nesta noticia fala sobre avances que se están a ter sobre o estudo desta enfermidade:
    http://terranoticias.terra.es/sociedad/articulo/enfermedad_chagas_estados_unidos_2418879.htm

    Nela, en síntese, dinos que a enfermidade de Chagas é endémica en moitas áreas de México, Centroamérica e Suramérica, onde se calcula que pode haber uns 11 millóns de infectados, moitos deles sen sabelo, xa que pode ser asintomática por anos até causar a morte.

    “A enfermidade de Chagas foi unha enfermidade orfa e non houbo ningún desenvolvemento de ningún medicamento novo no últimos corenta anos e tampouco de estudos grandes con enfermos como o que estamos a conducir agora”, dixo a Efe o cardiólogo colombiano Carlos A. Trasfogueiro.

    Un estudo da Universidade de Xeorxia (EE.UU.) divulgado esta semana identificou por primeira vez un método para probar e demostrar a eficacia dos medicamentos para tratar o Chagas, que podería contribuír ao desenvolvemento de novos tratamentos en pacientes que padeceron a enfermidade por moito tempo.

  10. judit pousada di:

    Non sabia que existia esta reunión para tratar de averiguar de que morreron estos importantes antepasados que non foron ben diagnosticados entre outras cousas pola falta de coñecemento e os avances de hoxe en día.Pareceme unha cousa moi interesante e peculiar.
    Déixovos un enlace donde fala da posible causa real da morte de Simón Bolivar.
    http://venezuela-us.org/es/2010/04/30/historica-conferencia-medica-descubre-que-bolivar-pudo-haber-muerto-envenenado/

  11. alejandro_lopez di:

    Cada día oio o nome de enfermidades novas e cada vez máis raras.
    E tamén, como a Lizeth, sorpréndeme que Darwin padecera esquizofrenia pero, a estas alturas, todo pode pasar.
    Déixovos aquí un enlace onde fala das enfermidades que tivo Darwin ao longo da súa vida:

    http://www.muyinteresante.es/las-enfermedades-de-charles-darwin

  12. juanjo di:

    Non coñecia a enfermidade que nomeou lee:”enfermadad de Darwin”
    Ésta enfermidade pode ser diagnosticada con ese nome por un medico? Nunca oira decir a ninguen que tivese a enfermidade de Darwin,o que si que é frecuente é padecer algun dos síntomas que a compoñen, como a dor de peito.

  13. carolina rodriguez di:

    A verdade é que Darwin contraxo moitas enfermidades derivadas da súa viaxe, e moi raras. Como o de que vomitaba ácido despois de cada comida. Na Universidade de Maryland tamén dedicuose outros anos a atopar a casa da morte doutros persoaxes como Mozart, que din que morreu dunhas febres reumáticas, e tamén de Alexandro Magno, que morreu aos 33 anos, probablemente dunha febre tifoidea.

  14. aida rodriguez di:

    Coma moitos dos meus compañeiros, penso que non é nada razoable investigar sobre as enfermidades que desenvolveron ao longo da súa vida. Ainda así, ensínanos coma era o medio na que as desenrolaron.

  15. claudia valina di:

    Eu tamen me asombrei da denominada “enfermidade de Darwin” e da conferencia anual, que pola contra pareceme xenial que polo menos unha vez o ano sean recordados; non creo que por averiguar o mellor de casualidade as enfermidades padecidas por certos personaxes historicos interrompan os avances medicos.

  16. luis ogea di:

    Penso que esta conferencia é algo bastante interesante, coma Lee eu creo que é unha maneira de recordar a un persoaxe relevante na historia, coma o Día das Letras Galegas e de coñecer a causa da morte dos persoaxes máis importantes da historia.
    Con respecto ao que di Lizeth, xa hay moitos investigadores traballando na busqueda de enfermidades e penso que isto é unha unha investigación con un caracter máis histórico que médico, non ten a intención de investigar sobre unha enfermidade senon de buscar a causa da morte de persoaxes relevantes.

  17. gabriela lopez di:

    É sorprendente que descubran as doenzas das persoas unha vez xa falecida.

    Adolf Hitler padeceu, moi probablemente, unha enfermidade de Parkinson. Os primeiros síntomas desta comézanse a apreciar en 1937/1938. É probable que a súa aparición, e o temor que lle provoca acerca da súa supervivencia, leve a Hitler a adiantar os seus proxectos iniciais de expansión militar da grande Alemaña a partir de 1943. Así, a Segunda Guerra Mundial, se desencadea en 1939, quizais bastante antes do momento no que Alemaña estaría ben preparada.

    Así que non só coñecemos a doenza da persoa en cuestión, senón tamén o motivo dos seus proxectos, plans, etc.. que tiña en mente e o porque os realiza nun momento ou noutro.

  18. sabela rey di:

    Atopo este tipo de conferencias bastante interesantes, o modo de desenvolverse e o obxecto de estudo parécenme, en certo modo, “divertidos”. Por outra banda, Darwin me resulta unha persoa do máis interesante, en todos os aspectos da súa vida; e a súa biografía é verdadeiramente atraínte, a maneira de ocultar o secreto, a devoción pola súa muller, etc. Dito isto quería mencionar que hai pouco se fixo unha película sobre a vida deste señor, chamada “Creation”, non teño claro que sexa boa pois non se estreou (nin se estreará), sen embargo, sería interesante vela.

    Buscando en Internet sobre o tema cheguei a unha páxina que mencionaba o nome dunha muller que, ata este momento, era descoñecida para min. E descubrín unha biografía que, desde xa, me apaixoa. Trátase de Florence Nightingale, pioneira na enfermería moderna. Adxunto aquí o seu enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Florence_Nightingale

  19. laura montes di:

    Paréceme que estas conferencias son moi curiosas, pero interesantes. Nunca se me ocorrería semexante idea.

    Pero Lizeth ten razón. Estudar as enfermidades só polo feito de que algún científico as tivera no pasado é bastante egoísta.
    Se ben son figuras importantes con moita relevancia na historia, penso que existen, hoxe en día, enfermidades raras que nadie investiga e que merecerían unha cura. Tal vez teñamos que esperar a que algún famoso as padezca para comezar a estudialas.

    Coñécese co nome de “enfermidades orfas” a estas enfermidades raras que ningún laboratorio estuda porque non ten interés nin beneficios que obter. No pasado, posiblemente moitas das enfermidades destas figuras importantes do pasado foron “enfermidades orfas”.
    Na miña opinión, a pesar de que poida haber un interés e unha curiosidade por estudar estas enfermidades antiguas para comprender a vida destas persoas, penso que tería máis sentido tratar de curar as enfermidades raras das persoas que todavía viven e ás que non se lles da ningunha solución por ser, iso, raras.

    Déixovos un breve artículo sobre o Día Mundial das Enfermidades Raras, no que se fala da situación destes enfermos dos que ninguén se ocupa:
    http://www.vanguardia.com/historico/22180-hoy-es-el-dia-de-las-enfermedades-huerfanas

  20. ana dominguez di:

    Darwin tubo a enfermidade de intolerancia lactosa que consiste en que non hai suficiente lactosa no intestino delgado para romper toda a lactosa consumida.A lactosa dixerida parcialmente pasa o intestino groso e provoca sintomas como dores,hinchazon abdominal,diarrea e etc.
    Deixovos a paxina da que saquei informacion e a cal esta moi completa.
    http://www.lactosa.org/saber.html

  21. Soledad Muiño di:

    Creo que Lizeth e María teñen parte de razón, aínda así creo que a conferencía vai un pouco adicada a que a pesar de ter certas enfermidades (algunhas graves) moitos lograron os seus obxetivos, facer grandes descubrimentos e contribuír á ciencia.

    Entre as grandes figuras da ciencia de hoxe en día, Stephen Hawking padece Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA), o que non lle impide manter a súa alta actividade científica e pública. Os médicos prognosticaron que non viviría máis de 2 ou 3 anos, pero sorprendéntemente, por motivos descoñecidos está a sobrevivir moitos anos máis.

  22. carolina lopez di:

    Darwin, que viaxou por todo o mundo tras cumplir os veinte anos agrupando datos e observando a vida salvaxe para publicar máis tarde “O Orixen das Especies” (1859), tivo moitos problemas de saude, incluindo frecuentes vómitos de ácido despois de cada comida. Os médicos aos que visitou Darwin durante a sua vida diagnosticaronlle cerca dunha docena de enfermedades, incluindo esquizofrenia, apendicitis e intolerancia á lactosa.

    Comparto a idea que plantea moitos dos meus compañeiros no cal di que investigar enfermedades de persoas so porque sexa
    famoso é un pouco egoista, xa que no mundo actual indudablemente no faltará traballo para quen quera axudar na investigacion das chamadas enfermedades orfas que nos nomea Laura Montes. Ainda con todo isto non cabe duda que coñecer a vida dunha persoa como Darwin non é un desperdicio.

  23. Diana fernandez di:

    Pareceme moi interesante esta noticia,aunque creo que hai máis cousas nas que gastar o diñeiro. Porque se esto lle pasase a unha persoa “normal” non andarían buscando as causas. E mentres se dedican a perder o tempo nesto moitas outras enfermidades non lles buscan cura porque non lles sale rentable.

Deixa unha resposta