Provoca cancro o móbil?

termografia_15m_jpg.jpg

“Utilizar teléfonos móbiles pode incrementar o resgo de sufrir certos tipos de cancro cerebral en humanos” esta foi a conclusión á que chegaron os expertos na investigación de cancro da Organización Mundial da Saúde ( OMS ).

Durante unha semana os expertos analizaron os diversos estudos que existen sobre a influenza dos campos electromagnéticos na saúde. Ademáis o uso dos móbiles,  analizáronse os efectos da exposición aos radares e microondas, e ás señais de radio e televisión e as telecomunicaciones inalámbricas.

Ainda que xa se sospeitaba acerca do tema, a noticia causou un grande impacto xa que é a primeira vez que é recoñecido pola OMS.

Os estudos non son concluintes e obteñen moitas críticas , sobre todo da industria telefónica. Só hai que ver que actualmente hai ao redor de 5000 millóns de móbiles, e que se se prohibise ou desaconsexase o seu uso, sería a ruina para moitas empresas.

Autora: Carolina Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Provoca cancro o móbil?

  1. adriana jimenez di:

    Curiosamente eu acababa de facer o outro día unha noticia sobre isto, xa que me pareceu un tema moi interesante porque nestes tempos, quen non ten un teléfono móbil? e temos que saber os perigos que conleva o seu emprego.

    Déixovos o video no que conta a situación : http://www.youtube.com/watch?v=mUnQAr0tY9s

    É certo que estamos rodeados de cousas dañinas para a nosa saúde, moitos aparellos inalámbricos cotiás producen tamén cancro, aquí se informa disto: http://lasaludylamedicina.blogspot.com/2010/04/equipos-inalambricos-producen-cancer.html

  2. lizeth viancha di:

    Ao ver a imaxe da noticia recordoume ás veces que falo polo mobil e noto como aumenta a temperatura da zona da imaxe, é realmente incómodo. Eu xa coñecía estos efectos incluso os dos microondas xa que cando unha persoa sofre cancro o persoal sanitario aconséxalle que se teñen este electrodoméstico no fogar o cambie ou tire.
    Paréceme incríble que ata agora a OMS non o recoñecese porque xa hai que se ten en conta isto. Dende logo pedir que non se use o móbil é un disparate xa que vivimos nun mundo tecnolóxico sen contar con aquela xente que esta “enganchada” ás novas tecnoloxías.

    Déixovos un enlace moi curioso que atopei no que vos falan das enfermidades tecnolóxicas máis frecuentes nestos tempos, nela gustaríame destacar unha chamada “Adicción CrackBerry” a cal refírese ao uso incontrolado das BlackBerry que tan de moda se puxeron agora (seguro que moitos de vós vos indentificades con ela):

    http://ciberprensa.com/nuevas-enfermedades-tecnologicas/

  3. carolina rodriguez di:

    Estou moi dacordo con Lizeth en canto a adicción que crea na xente comprarse ese tipo de móbiles, e máis na xente da nosa idade.
    É tamen teño que engadir o perigosas que poden ser as redes como o Wi-Fi, xa que ainda que non o teñas contratado en casa, chéganche as redes dos veciños ou empresas de arredor, ven sendo parecido a estar nunha habitación con xente fumando, ainda que ti non o fagas, a comtaminación afectate igual.
    Para reducir o efecto das ondas electromagnéticas recoméndase utilizalo altavoz do móbil sempre que sexa posible e senon, afastalo da cabeza polo menos un centímetro. E tampouco vela televisión moi cerca da pantalla, canto mais afastados mellor.

  4. dante varela di:

    Eu sempre escoitei a xente falar de isto pero nunca pareime a pensar a que afectaba, estiven a buscar e encontrei a gran cantidade de transtornos producidos pola tecnoloxia na nosa sociedade e sinceramente asombrame xa que a moitos de nos ocurrenos isto.
    -Sindrome da vibracion fantasma: Neste caso pensamos que o telefono está vibrando e o sacamos pero en realidade non a vibrado.

    -Insonmio: Xa que moita xente dorme co telefono pegado a almofada e esta contestando durante todo a noite os sms ou as chamadas interrumpindo o sono.

    -Problemas de oido: Debido ao volume dos cascos.

    -Wiititis: Producese dolores no codo, hombros e muñecas debido a xogar durante un gran numero de horas a wii

  5. laura garcia rueda di:

    Dende sempre eu xa escoitara que estar moi cerca do teléfono móbil podería ser prexurdicial para a nosa saúde.

    Estiven buscando en internet algúns dos efectos que isto pode chegar a producir e en síntese isto é o que encontrei:

    Os efectos biolóxicos dependen do tempo de exposición aos microondas. Se se ten unha exposición continuad co uso do móbil, moitos científicos atopan danos na membrana celular, efectos sobre o sistema inmunitario con perda de defensas, e mesmo alteración do ADN, con destrución de cromosomas, e rotura de ligazóns simples e dobres.

    Outro efecto que ralaciona as radiación do teléfono mobil e nós é a o cancro de pel ou tumores cerebrais. Tamén únese o risco de padecer Parkinson ou de acelerar a aparición de Alzheimer.

    Os efectos neurofisiológicos son: incremento da tensión, perdas de memoria, mente en branco, dor de cabeza, insomnio e trastornos do soño, ruídos e zumbidos de oídos, mareos e vertixe, palpitaciones e alteracións do ritmo cardíaco. Tamén se lle atribúe algúns problemas ralacionado cos ouvidos e a posible aparición de cataratas. Todo isto a curto plazo.

    Alguns consellos que podemos seguir para poder evitar isto son os seguintes:
    -Débese usar o teléfono móbil o menos posible. No caso de que non haxa máis remedio que usalo, os analóxicos son máis aconsellables que os dixitais.
    -Débese elixir un modelo de baixa radiación.
    -É aconsellable o uso de mensaxes escritas, pola súa breve emisión radioeléctrica e pola distancia de lectura.
    -Cando non se usa hai que manter o teléfono afastado do corpo, e evitar levalo permanentemente preto dos xenitais, riles, corazón, ollos ou cerebro.

    Na miña opinión está moi ben tomar as máximas precaucións posibles, pero tal e como é o mundo no que só dependemos de este tipo de aparatos, estamos destinados a ter algúns deses problemas xa que normalmente non podemos levar unha vida normal sen ningún aparato igual ou similar (que irradie tamén ese tipo de ondas).

  6. sabela rey di:

    É certo que desde hai un tempo xa se vén alertando á xente sobre este tipo de riscos, está ben que agora a OMS recoñeza estes efectos, porque desa maneira pode adquirir un carácter máis global. Curiosamente, buscando por internet información sobre este asunto cheguei a unha noticia de xullo do 2007 publicada en El País, esta titúlase “o móbil produce cancro… e outros mitos”. Fala sobre as lendas e falsedades que existen arredor das novas tecnoloxías, e nela cítase á propia Organización Mundial da Saúde: “As evidencias científicas actuais indican que é improbable que a exposición a campos de RF, como os emitidos polos teléfonos móbiles e as súas estacións base, induza ou produza cancro”. Hai que ver o rápido que cambian as cousas! Aquí adxunto o enlace para o artigo: http://www.elpais.com/articulo/internet/movil/produce/cancer/otros/mitos/tecnologicos/elpeputec/20070709elpepunet_1/Tes

    Atopei despois a antítese desta noticia, na que a OMS xa fala sobre o tema. A frase, tres catro anos despois, cambiou e agora reza o seguinte: “a evidencia acumulada é o suficientemente forte como para apoiar unha clasificación destas ondas no grupo 2B [de compostos posiblemente canceríxenos]”. A OMS clasifica os compostos en diferentes categorías segundo o seu nivel de virulencia, no enlace explícase todo de maneira bastante clara: http://primeran.com/actualidad/salud/4139-el-movil-produce-cancer

  7. marta rodriguez di:

    Ademais dos problemas nomeados polos meus compañeiros anteriormente, eu xa escoitara que o uso do teléfono móbil crea complicacións no sono, se dormes preto del ou se o utilizas antes de dormir.

    Buscando información, atopei que o uso do teléfono móbil (e de outros aparellos que emitan radiaccións; coma ordenadores, televisores…) durante o embarazo pode crear problemas de comportamento no neno.

  8. alexandra di:

    Eu xa tiña oido que os aparatos tecnoloxicos producen enfermidades, tales como a adicción CrackBerry ou cancro, pero dende a primeira vez que o oin ata agora xa hai moito tempo; e dende a primeira vez que o oin non volvin oir nada mais do tema ata agora; ademais como cando o oin non tiña móvil, a penas usaba o ordenador… non lle din moita importancia, xa que teria 10 anos.

    Ainda que xa tiña oido falar das enfermidades que produce a tecnoloxia, das que mencionan os meus compañeiros sorprendenme o sindrome da vibracion fantasma, xa sei que non é un sindrome raro e pouco frecuente, pero o que me extraña e que eu non o tiña considerado como un sindrome.
    Tamen extrañoume o que comentou Sabela sobre a noticia das OMS no 2007, como no 2007 afirmaba que os aparatos electronicos non era frecuente que producise cancro e como agora uns poucos anos despois cambia de opinion dicindo que os productos electrodomesticos si poden producir cancer.

    Andiben mirando un pouco por intenet as enfermidades que poden probocar a tecnoloxia, ademais das que mencionaron os meus compañeiros atopei:
    Según un estudio da Clínica de Cleveland en Ohio, a tecnoloxía “mans libre”, como “bluetooth”, podría danar os testículos e os espermatozoides do home. Ainda que non afectaría o ADN do esperma, degradaría a movilidad e reduciría a capacidad de inseminar o óvulo.
    Varias persoas sufriron quemaduras na cara ou nas mans o calentar auga no microondas. Según explica a FDA, “recalentar auga nunha taza pode producir co agua calentese tanto que supere a temperatura de hervor e non parezca que está hervendo”. Esto sucede principalmente cando calentase auga nunha taza limpa. En cambio, o resgo reducese se o agua está mezclada con café instantáneo ou azúcar.
    Síndrome de pel tostada: laptop
    Persoas que pasan moito tempo cas computadoras portátiles nas pernas podrían desarrolar este mal. Tratase dun descoloramento oscuro e unha enfermidade que ocurre cando a pel esta directamente exposta o calor que producen as máquinas. A pel podese convertir esponxosa, e oscura permanentemente e hata podría desarrolarse en cáncer da piel, según o reporte da publicación pediátrica: Pediatrics.
    Un estudo da Academia Americana de Pediatría demostrou que o 10% dos nenos que os 3 anos ou antes veron televisión, sufren problemas de atención o cumplir os 7 años. Por iso, recomendase que os nenos vean un máximo de dous horas diarias de programas de televisión de calidad.
    Un grupo de investigadores da Sony Brook University de Nova York, encontraron que o uso excesivo de Facebook pode provocar unha predisposición a desarrolar un trastorno de ansiedad e depresión nos adolescentes, xa que pasar largas horas falando dos problemas non contribue a resolvelos. A este fenómeno o denominan “Depresión Facebook”.

  9. francisco_lopez di:

    Esta noticia paréceme demasiado alarmante xa que
    Organización Mundial da Saúde ( OMS ) non prentendia mandar unha mensaxe tan alarmante como parece nesta noticia.
    Se non que simplemente se desmostrou que os moviles podian ser perxudiciales para a saude como tamen o pode ser un coche,una moto e non por eso se vai plantear prohibir ningunha desas cousas.

  10. victor martinez di:

    Xusto tras leer esta entrada, topeime no blogue Amazings unha noticia sobre o tema (http://amazings.es/2011/06/03/las-radiaciones-de-ese-movil-que-lleva-usted-en-el-bolsillo/#more-2828). Nela especifica que nestos estudios da OMS só se atoparon efectos perxudiciais nos casos da xente cun maior uso de estes aparellos, así que eu, persoalmente, non me preocuparía, xa que, como moitas outras cousas, será cousa de non abusar.

  11. ana dominguez di:

    Todo o mundo sabe o malo que son as ondas que o mobil transmite,pero naide se da conta das consecuencias que despois o largo de tempo eso trae porque todo o mundo ten un mobil e hay moita xente que ten dous e estamos todo o dia con el.
    O enlace que deixou Lizeth ten moita razon xa que ahora todo o mundo ten un blackberry e esta todo o dia pendente dela.O que me sorprendeu moito e que se pode chegar a ter unha paralisis no dedo pulgar.
    Penso que deberiamos sobre todo os xovenes ser mais independentes do mobil onque en certos casos e imposible pasar del.

  12. María Iglesias García di:

    Este tema, como dixeron anteriormente, está moito en boca da xente, aínda que cada un toma as súas propias conclusións.

    A Organización Mundial da Saúde clasificalos obxetos estudiados que poden ser perigosos para a nosa saúde desta maneira:

    – GRUPO 1. Para aqueles productos que son carcinoxénicos e que hai probas evidentes disto.

    – GRUPO 2. Ten relación con aqueles que hai certa evidencia sobre o seu potencial carcinoxénico, por probas en humanos e, senón, en animais. Divídese en 2A -probablemente carcinoxénico- e 2B -“posiblemente” carcinoxénico, por exemplo, os móbiles-.

    – GRUPO 3. Son aqueles que non son clasificables como tal para os humanos porque non hai suficientes probas.

    – GRUPO 4. Axentes non carcinoxénicos e hai evidencias de que non o son.

  13. paula manteiga di:

    Eu xa oira falar de moitas cousas que “provocaba” o uso do teléfono mobil, pero non sabía que podería crear un cáncro.
    Esto prodúcese pola culpa dos campos electromagnéticos asociados os teléfonos móbiles, como posibles causantes do glioma, un tipo de cáncro que se produce no cerebro ou na médula espiñal.
    Ainda asi, todo o que lin sobre este caso tamén reflexa que non é de todo seguro, e que ainda van facer mais probas.

    Tamén encontrei esta información nunha páxina sobre a saúde.

    “O RNCNIRP presenta os siguientes consexos sobre o uso seguro dos teléfonos móbiles. Estas recomendacions están basadas no principio da precaución da Organización Mundial da Saúde (OMS – WHO), estudios científicos e médicos, revisados e recomendados polos científicos e as expertas opiniones dos membros del RNCNIRP.

    1. Os nenos de menos de 16 anos non deberían usar teléfonos móbiles.
    2. As mulleres embarazadas non deberían usar teléfonos móbiles.
    3. Os que padecen as determinadas enfermedades e desordenes que se indican non deberían usar teléfonos móbiles: enfermedades neurológicas como neurastenia, psicopatía, psychosteny e todas as neurosis con asthenic, desordenes obsesivos, histéricos e reducción da actividade mental, física, pérdida de memoria, alteraciones do sueno, epilepsia e síndrome epiléptico, predisposición epiléptica.
    4. A duración das chamadas debería estar limitada o máximo de tres minutos, e despois de hacer unha chaamada o usuario debería esperar como mínimo 15 minutos antes de realizar otra chamada. Se recomienda o uso de auriculares e mans libres.”

  14. ivan garcia di:

    Eu xa tiña oido falar de que o uso continuo do teléfono podia causar, a largo prazo, cancro. A verdade e que se demostran que isto e realmente certo podería afectar a un monton de xente xa que por exemplo en España se calcula que cada habitante teria almenos un terminal. Mirando en internet descubrin un informe no que se indica, según un estudo en Reino Unido, que 4 de cada 5 xóvenes mostran malestar físico e mental cando son privados de dispositivos tecnolóxicos. Os responsables deste estudo aseguran que se trata dunha adicción similar a das drogas.
    Outros malestares que derivan do uso de teléfonos, como se pode ver no enlace que pon Lizeth no seu comentario, e dolores nos dedos.
    Deixo o enlace onde mostra o estudo que comento:
    http://deia.com/2011/04/08/ocio-y-cultura/internet/cuatro-de-cada-cinco-estudiantes-tienen-sindrome-de-abstinencia-si-no-usan-el-movil

  15. aida rodriguez di:

    Dende que o uso do teléfono móbil aumentou repítense constantemente en moitos lugares e mesmo nos xornais que é un aparato dos máis dañinos para a saude debido as súas ondas (coma xa citaron os meus compañeiros anteriormente).

    Finalmente, deixo aquí un enlace dun video no que explica este posible feito: http://www.dailymotion.com/video/xj1p9t_la-telefonia-movil-podria-causar-cancer_news

  16. aida rodriguez di:

    Sinto, volver aquí noutro comentario, pero é que encontrei un video bastante interesante das ondas que nos rodean e sobre das ondas dos móbiles: http://www.dailymotion.com/video/xayfqg_telefono-movil-efectos-biologicos_school

  17. juanjo di:

    O que non estamos moi acostumados é a ver nas noticias casos de xente que teña cancro ou outras enfermidades por culpa dos telefonos mobiles, por eso non lle damos maior importancia.
    En realidade,como moitos dos meus compañeiros sinalan,podes padecer por culpa dos telefonos moitisimas anomalias no teu rendemento,na tua saúde… o que mais me chamou a atencion é o que di marta que pode afectar na etapa de embarazo ó neno, e que pode causar estropicios no seu comportamento.

  18. Diego Lousa Pazos di:

    Francamente non penso que sexa algo moi preocupante. Maiores preocupacións deberían ter aquelas persoas que abusan do teléfono móbil e que sofren dependencia deste a un aparente leve aumento das posibilidades de contraer cancro. E tamén estamos expostos a fontes máis perigosas para á saúde ás que non lle damos tanta importancia… Mesmo ás partículas de metais pesados no aire, etc.
    Por outra banda nin sequera a OMS asegura esta hipótese e os científicos recomendan seguir investigando.

    O anuncio é unha señal de alerta dos científicos e, de momento, só iso, porque a revisión feita non dice nin que si nin que non e tampouco da pautas sobre cánto tempo e cómo debe usarse o móbil para evitar ese posible efecto pois aducen que ese non é o seu papel.

    O que os científicos din é que o aumento de dous tipos de cáncer cerebral, os gliomas e os neuromas acústicos, pódense atribuir a un uso continuado dos teléfonos, mais recoñecen que a evidencia científica en humanos, de momento, é reducida. Os 31 científicos de 14 países distintos din que sería inadecuado sacar conclusións sobre os eventuais efectos das radiacións dos móbiles en outros tipos de cancro (tampouco sobre as emitidas por radares, microondas, señais de radio, antenas analizadas…)

    Por último sorprendeume atopar que, a pesar de non haber motivo de alarma, o goberno francés estuda limitar o uso do móbil entre escolares guiado por un principio de precaución sanitario.

  19. roberto fernandez di:

    Xa que non son estudos concluintes deberian deixarse a un lado ata coñecer datos con mais exactitud ainda que por isto a xente non creo que vaia a deixar de usar ostelefonos mobiles nin tan sequera creo o teñan en conta nun futuro.

  20. breixo gonzalez di:

    O das radiacións dos móviles non é nada novo e o que podan producir za se leva falando delas.
    Vivimos rodeados de aparellos que producen radiacións que pdoen causar dolores de espalda, incomodidades, problemas de sono…

    O que di diego dos metais pesados no aire recordame a auqela noticia da que falaramos xa hai tempo dun home que vivia en Madrid e víase afectado por estos problemas e contestaba de modo pesimista ás preguntas que a xente lle facia.

  21. alejandro_lopez di:

    Non tiña nin idea disto pero agora non sei se seguir utlizando normalmente o móbil ou sentir algo de medo.
    Teño un enlace bastante curioso:

    http://www.diariodealcala.es/articulo_c/general/2248/los-moviles-provocan-cancer-iexcl-y-los-pepinillos-tambien

  22. adriana rey di:

    É considerada unha lenda urbana, sem embargo temos un caso parecido en como na industria tabaqueira tardou 50 anos en aceptar a relación entre o tabaco e o cancro de pulmón.

    En 2002, Gro Harlem Brundtland, por entonces responsable da OMS, lle dixo a un xornalista noruego que os teléfonos celulares foron prohibidos na súa oficina en Ginebra porque ela persoalmente sufría malestar cada vez que un se acercaba a menos de catro metros. Esta noticia publicada o 9 de marzo do 2002 en Dagbladet foi ignorada por todos os xornáis do mundo.

  23. cristina gonzalez di:

    creo que hai que ter precaucion ainda que sen exaxerar, xa que hoxe en dia case todo o mundo usa o movil,pero non é necesario dormir con el debaixo da almohada por exemplo como algunha xente fai.

  24. adrian ballesteros di:

    Eu creo que o dano xa esta feito e que o tiñan que haber pansado antes porque aora hay gente que no puede estar por el movil tanto por comodidad como por trabajo porque hay gente que ya no tiene ni telefono fijo en casa y otras que dependen mucho del mobil para su vida cotidiana para comunicarse con su familia y con la gente.
    E o de que as empresas podrian decader dudoo supoño que farian algo para seguir vendendo.
    E o da television e radio si nos afecta quen o dano xa esta feito e sera imposible sacr a televison e a radio da vida cotidia de moitas persoas.

  25. luis ogea di:

    Eu creo que se pode usar o móvil sen medo, pero o que non se pode é abusar del como fan algúns.
    Tamén é certo como din varios comentarios, que estamos rodeados de electrodemésticos que emiten radiación e non por iso deixamos de usalos.
    Eu creo que hay que mirar as vantaxes que os móviles nos ofrecen e non usalos todo o rato. Por exemplo: cando estemos na casa usar o fixo para chamar e deixar o móvil a certa distancia (con sonido por se te chaman).

  26. carolina lopez di:

    Por anos se escoitara que levar o teléfono celular cerca ao corazón aumenta os riscos de sufrir un infarto, que usar moito tempo o computador portátil nas pernas afecta o desempeño sexual nos homes, que contestar
    unha chamada nunha estación de gasolina pode ocasionar un incendio ou que a mellor maneira de evitar ou polo menos reducir as radiaciones que xenera un PC é ponendo un cacto sobre o escritorio.
    Estas afirmaciones, se han convertido en verdaderas leyendas urbanas que moitos atenden ou desestiman sen saber en realidad qué tan certas son. Os investigadores e expertos tampoco se pon de acordo en desmentir ou non estas versions.

    Eu opino que se debe usar o movil con moderacion, non pasarse o dia ao lado do movil como se fose unha extremidade mais. Asi lograr evitar problemas maiores se é que os provoca.
    Aqui os deixo un video sobre este tema:
    http://blogs.elcorreo.com/magonia/2011/6/3/-el-telefono-movil-provoca-cancer-digo-elcorreo-tv

  27. gabriela lopez di:

    E pensar que eu me paso horas de horas pegado ao teléfono..
    Ao igual que Adriana pensaba que isto non era máis que unha lenda urbana inventada polos pais para que deixemos o móbil, teléfono en paz.

    “Interphone” efectuou estudos en 13 países e entrevistou a 12 mil 800 persoas (entre eles xente sa e enfermos de tumores) co fin de descubrir se a exposición aos moviles está vinculada a tres clases de tumores cerebrais e un tumor da glándula salival.

    Anteriores investigacións sobre os efectos dos móbiles na saúde foron pouco concluíntes, aínda que o proxecto supervisado pola OMS indica, por exemplo, que seis de oito estudos de “Interphone” revelan un maior risco de padecer glioma (o tumor cerebral máis común).

  28. laura montes di:

    No meu caso non é tan grave, porque apenas emprego o teléfono para falar.

    Esta noticia xa a coñecía de antes, que as microondas emitidas polos aparellos de comunicación a distancia podían causar danos no corpo humano. Aínda así, penso que se non hai exceso de uso ou unha adicción ás conversacións telefónicas sería extraño que o problema derivase nun cancro, ¿non?
    Moitos dos meus compañeiros pensan o mesmo.

    Interesoume o cometario de Carolina con respecto ás lendas urbanas que corren advertindo dos supostos riscos do emprego de aparellos electrónicos.
    Déixovos algúns bulos que atopei do mesmo estilo, pero citando productos que “poderían” causar cancro:
    -Desodorantes: dise que o aluminio contido nos desodorantes agravaba a enfermidade.
    -Productos de beleza: que duplicaban a posibilidade de sufrir cancro de mama.
    -Edulcorantes artificiais.
    -Tintes para o cabelo.
    Incluso díxose que os suxetadores podían causar cancro.

    Ningunha destas causas está demostrada científicamente. Aínda que a do móvil si esté avalada pola opinión científica, é moi posible que a xente siga pensando que non é certo.

  29. vera lopez di:

    Aqui vos deixo un comentario do que opina un home sobre este tema, e que coma el hay moitos máis:

    O pasado martes, 31 de mayo do ano 2011, a O.M.S. (Organización Mundial da Saude), anunciou a posibilidade de que os teléfonos móviles estiveran relacionados con alguns tipos de cancro.
    Se un vai a sua páxina web, poderá ver o anuncio dun estudio que levou a cabo, no cal – dunha maneira que non sei se definir como inocente ou intencionada – exponse que os efectos máis notorios sobre o organismo human é o calentamiento de texidos que provoca a exposición a tales artefactos.
    Este calor, ó proceder da escasa potencia de artiluxio (que móvese en rangos de entre 0 e 2 Watts), é absorbido e disipado polo organismo non sendo significativa a sua incidencia sobre el mesmo.
    Por outra parte, non vin que se teñan en consideración os experimentos realizados polo Instituto Nacional da Saude de Estados Unidos, nos que se demostra que tras unha exposición a dito inxenio, producese un aumento no consumo de glucosa (un promedio do 7%) nas zonas cerebrais adxacentes á ubicación do armatoste, que se ben non son motivo de formación dun cancro, sí que son exemplo dos efectos por incidencia do aparato tal sobre o organismo human.
    Claro, que o asunto da posible vinculación dos móviles con certos tipos de tumoracións cerebrais ou de gorxa, efectos “carcinoxénicos” radica nas conclusións ás que arrivou a Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (I.A.R.C., en inglés), que é un organismo dependente da O.M.S. e que pouco ten que ver coas opinións desta con respecto a esos “calores” que produce dita tecnoloxía.

  30. jose luis lopez di:

    O Centro Internacional de Investigación sobre o Cáncer (CIRC), axencia especializada da
    Organización Mundial da Sáude (OMS), anunciou que catalogaba os campos electromagnéticos de radiofrecuencia, que incluen aos teléfonos móviles, como “posiblemente canceríxenos para o ser humano”.

    “As probas, que continúan acumulándose, son moi fortes para xustificar unha clasificación a nivel 2b” (un dos cincos niveis de clasificación que define productos “tal vez cancerígenos para o ser humano”)considerou Jonathan Samet, presidente do grupo de traballo, tras unha reunión de oito horas en Lyon (centro de Francia) duns treinta expertos de 14 países baixo patrocinio do CIRC.”O grupo de traballo basou esta clasificación en estudios epidemiolóxicos que mostran un risco crecente de glioma, tipo de cáncer do cerebro relacionado co uso de teléfono inalámbrico”, dixo Jonathan Samet en conferencia de prensa telefónica.

  31. anton perez di:

    A min isto nin me vai nin me ven por que case nunca uso o teléfono, pero creo que xente que o ten que usar por negocios póde verse afectada. O certo é que as ondas magnéticas aféctanlles a moita xente e mesmo causan insomnio. Aínda non creo que se podan sacar resultados moi concluíntes xa que non ha tantísimos anos que hai móbiles. O da termografía tamén depende de con quen fales, xa que se falas con algún que outro telefonista podes acabar coa cabeza moi quente.

  32. Diana fernandez di:

    Eu tamén escoitara miles de veces falar de que o uso excesivo do móvil podía chegar a producir cáncer. Pero iso e como todo , todo en exceso se pode convertir en algo malo hasta o máis saludable.

Deixa unha resposta