Un don ou unha maldición

sin limites

 Hipermnesia: Fenómeno de exaltación da memoria, producido no estado de trance e por persoas hipermnésicas con facultades de agudizar o psiquismo, hasta lembrar cos máis precisos detalles feitos e conocimentos perdidos na memoria do tempo. 

  Seguro que algunha vez desexaches ter unha “super memoria” para lograr estudar ese exame tan complicado que tes mañá, ou lembrar onde deixaches as chaves de casa,  ou recordarte datas importantes como aniversarios. Pero non sempre o que desexamos é o mellor para nós… A hipermnesia é unha enfermidade que tortura ao paciente con lembrar o máis mínimo detalle da sua vida, mesmo datas concretas a pesar de que pasasen 30 anos. O término hipermnesia, provén do grego hiper (exceso) e mnesia (recordo), fai referencia ao exceso de recordo. O  9 de Maio de 2008, os neurocentíficos James McGaugh e Larry Cahill da Universidad Californiana de Ivirne (UCI) publicaron un importante e premiado estudo no  que  profundizaban  no síndrome  e daban claros exemplos de probas realizadas a persoas que actualmente padecen  hipermnesia. De feito son moi poucos os individuos que padecen esta enfermidade no mundo.

Un deles é  Solomón Shereshevski, un home ruso (1886-1958?) que sufriu esta rara enfermidade o que  supusolle unha serie de problemas como as perdas do fio nas conversacións ao evadirse con cada cousa que escoitaba, a causa do lembrar  algo do pasado que tiña almacenado na sua mente. Pero ainda que este é un tema  raro… hace poucos meses realizouse unha película basada no tema da  “memoria prodixiosa”, ainda que  neste caso é producida por unha pastilla… Non vos soa a película “SEN LIMITES”? Pois si, efectivamente esta película acercanos un pouco a esta realidade, (pero o final da película non ten que ver) que ainda que pasa inadvertida, é importante coñecer… xa que  é tan importante lembrarse das cousas como tamén poder olvidalas.

Deixovos un video do individuo portador dista enfermidade

E vos que pensades sobre esta enfermidade? Seguides querendo ter esa memoria tan perfecta que todos nalgun momento desexamos?

Autora: Raquel Gómez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Un don ou unha maldición

  1. adriana jimenez di:

    Ata agora non sabía que existise esta enfermidade e paréceme moi sorprendente, algún queixámonos moitas veces de falta de memoria, pero penso que se padecésemos esto tampouco o agradeceriamos moito. Pero nin é bo un extremo nin o outro porque isto tamén me recorda ao alzheimer, do que xa houbo unha noticia anteriormente, é pareceme moito máis dura que a hipermnesia.

    Aquí vos deixo dous enlaces con máis información sobre Solomón Shereshevski e con outros casos máis, o de Jill Price, Brad Williams e Marilu Henner:
    http://informe21.com/actualidad/existe-mujer-memoria-perfecta-al-parecer-si
    http://naufrablogs.blogspot.com/2011/03/hipermnesia-el-maldito-don-de-recordar.html

  2. lizeth viancha di:

    Debe de ser moi duro o de recordar todo en todo momento (como lle ocorría a Shereshevski), non hai nin un minuto de concentración e buscando información atopei que esta memoria non só sucede con datos senón tamén con olores, cores, etc. É incrible a cantidade de sorpresas que ocorren no corpo humano, uns sufrindo por perder a memoria, como os que sofren de Alzheimer, e outros por ter demasiada, no caso da hipermnesia.

    Esta noticia recordoume ao caso do británico Stephen Wiltshire, un home ao que se lle pediu que dibuxara un mapa de Roma despois de sobrevolala durante 45 minutos en helicóptero. Sen ter ningunha foto ou vídeo a dibuxou nun lienzo de casi cinco metros con exactitude (pintou incluso o número de ventanas ou columnas de certos edificios). É un dos casos de gran memoria, neste caso fotográfica. Déixovos un vídeo del:
    http://www.youtube.com/watch?v=a8YXZTlwTAU&feature=player_embedded

  3. Soledad Muiño di:

    Unha persoa que sofre de hipermnesia ten unha memoria perfecta . Non hai moitos casos documentados, pero os pacientes con esta enfermidade son capaces de lembrar cada detalle de calqueira día da súa vida, mesmo o máis insignificante como a hora exacta e todos os eventos que tiveron lugar a cada minuto. Un cerebro normal rexistra só a longo prazo, os eventos que son importantes. A memoria a curto prazo está vai “borradose” constantemente, e só alguns poucos recordos son almaceados permanentemente na memoria a longo prazo. A maioría de nós so podemos lembrar unha ducia de eventos significativos por cada ano da nosa vida, o resto só “aparece”, se son estimulados por unha imaxe ou un reencontro cunha persoa ou dun obxecto relacionado.

    Pero ter unha memoria prodixiosa, onde todo o que van vivindo vaise almaceando no disco duro do seu cerebro non é sinónimo de sexan máis intelixentes cas outras persoas. A capacidade de lembrar todo o vivido en multitude de ocasións aportalles serios problemas. Outro exemplo: se lle pedimos que pense nun coche nese momento, pola súa mente pasan imaxes e datos de todos os coches, modelos, cores e matrículas que viu ao longo da súa vida. O mesmo acontece ao falar de flores, árbores, televisores, etc … Noutras palabras, terían dificultade para entender o concepto “árbore”, que identifica como obxecto semellante a todas as árbores do mundo, porque lembran un por un todas as árbores que viu na súa vida, asúa ubicación, as súas ramas, o momento, as persoas que os acompañaban… teñen tan individualizada cada observación que lles custa establecer cales son os detalles accesorios e cal é a esencia común en cada caso.

    Ao saber todo isto, creo que a persoa que padeza hipermnesia non é tan afortunada, xa que a parte dos problemas xa mencionados, quizais poida ter problemas psicolóxicos, ao recordar todas as súas malas experiencias ao longo da súa vida… que a todos nos gustaría olvidar e que as persoas con este “trastorno” nunca poderán facer.

  4. Diego Lousa Pazos di:

    Pois despois de ver o vídeo non parece unha enfermidade nada desexable. Unha boa memoria resulta útil en distintos aspecto da vida cotiá, mais eu considero incluso máis importante a capacidade de olvidar.
    Como ben di unha famosa frase de Nietzsche:

    “Sen capacidade de olvido non pode haber ningunha felicidade, tranquilidade, xovialidade, ningún PRESENTE.´´

    Compadézome dos que sofren hipermnesia…

    Por outra banda existen outras alteracións da memoria máis comunes; algunhas coñecidas por todos como a amnesia ou fenómenos como o deja vu e o jamais vu. Incluso a que se podería considerar a oposta da hipermnesia: A hipomnesia, que consiste na diminución da capacidade da memoria debido a unha dificultade tanto na fixación como na evocación, tamén observada en personas psiquiátricamente sanas con preocupacións profundas que acaparan a ateción.

    Á hora de estudar resultan frecuentes e útiles os procedementos nemotécnicos. Deixo un enlace con algúns exemplos: http://es.wikipedia.org/wiki/Mnemotecnia#Ejemplos_de_Nemotecnia

  5. marta rodriguez di:

    A min tamén me parece moi sorprendente esta enfermidade, nunca oíra falar dela.

    Buscando información, atopei que un cerebro normal só rexistra a largo prazo os eventos que resultan importantes para a persoa. A maioría de nós só podemos recordar unha decea de feitos relevantes por cada ano da nosa vida; o resto só o recordamos se é estimulado por unha fotografía ou o reencontro con algunha persona ou obxecto relaccionado.

  6. aida rodriguez di:

    Parece mentira que a xente poda chegar a trastornarse por culpa de almacenar os datos, mais se tes un montón de información pero non chegas a entender do que te está a falar debido aos datos que non merecían a pena aprenderse.

  7. laura montes di:

    Paréceme que esta enfermidade é moi difícil de levar. Sen embargo persoalmente sigo preferéndoa ao Alzheimer.

    O olvido non é desexáble, pero tampouco é totalmente inútil. Hay cousas que é conveniente olvidar (recordos desagradables, por exemplo).
    Existen varios motivos polos que olvidamos as cousas: accidentales (causados pola morte de neuronas) ou intencionadas (causadas, por exemplo, polo aquel de “deixar para logo” algunha tarea e despois olvidarse de facela).

    Con respecto á memoria. ¿Qué é exactamente? A memoria é a capacidade do cerebro de codificar, almacenar e recuperar información. Prodúcese por conexións neuronais que crean redes neuronais. Os recordos son a mostra de que existiu unha aprendizaxe.
    Déixovos un enlace a unha páxina que fala da memoria. Está bastante completo e non demasiado complexo:
    http://www.monografias.com/trabajos61/memoria/memoria.shtml

  8. Laura Solano di:

    O tema que trata a noticia máis a pelicula son moi interesantes.

    De feito os conceptos evaluados na pelicula son tanto educativos coma instructivos.

    Temos que saber tamén que estas non son as únicas causas que derivan a unha
    intelixencia superdotada.

    Outro caso que poderíamos nomear sería o chamado síndrome de Asperger. A persoa que posee este síndrome, na sua mairoría nenos,presenta una intelixencia nata da que non ten ningunha adquisición da fala.A sua linguaxe so vese alterada cando é utilizada con fins comunicativos.Sen embargo presenta dificultades para relacionarse cos demáis e soen fixar a sua antención nun tema en concreto.Aprende a leer por si mesmo, como tamén a sumar e restar e demáis.

    Déixovos un enlace para saber un pouco sobre esta enfermidade:
    http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_de_Asperger

    Póñovos un video de un de un neno que padee este síndrome:
    http://www.youtube.com/watch?v=LYNB1iiN4hQ

    Ben é certo que sería toda unha vantaxe ter una mente prodixiosa pero en moitos casos isto derían acausas perxudicias nas que
    veríase afectada o estilo de vida que levemos.

  9. raquel blanco di:

    Williams é unha das tres únicas persoas no mundo que foron identificados con esta memoria fóra do común.
    No caso de Brad Williams, foi conscientede que a súa memoria tiña un nome ata que un día o seu irmán Eric faloulle sobre un artigo publicado hai dous anos no xornal Neurocase, onde el dixo que un caso semellante ao seu, unha muller identificada polas iniciais AJ
    “O meu irmán leeuno en California e decatouse que o caso era igual ao meu. William anima a Brad a dar a coñecer a súa enfermidade. Xa en Irvine, os investigadores descubriron que en realidade hipermnesis foi outro caso dunha persoa lembraba absolutamente todo, eventos, datas e descricións que pasaron pola súa vida en todos os seus anos de existencia.
    Ao parecer, estas persoas teñen mellor rendemento en probas de intelixencia que as outras persoas, e posúen tamén déficits noutras áreas.

  10. alicia lopez di:

    Lendo os longos parágrafos cos que a nosa compañeira Soledad nos deleita acordeime da famosa frase “ver cada unha das follas pero non ver a árbore”. Toda a información que aparece nesta entrada parece indicar que as persoas que padecen esta enfermidade viven dúas realidades: a realidade da vida e conversacións con persoas e a realidade da vida cerebral, na que o cerebro se evade e comeza a pensar noutras cousas.

    Por outro lado cabe dicir que lin en internet que este síndrome está íntimamente relacionado coa chamada memoria eidética, a cal é moi común en persoas con síndrome de Asperger (por se non sabedes o que é déixovos un enlace http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_de_Asperger)

  11. carolina rodriguez di:

    É impresionante a capacidade do cerebelo humano. Eu non sabia acerca desta enfermidade, a agora que o sei, non o desexo para ninguén. Os extremos nunca son bos, nin pouca memoria nin moita. Ainda que non me importaria nada ter a memoria de Stephen Wiltshire, no video que puxo Lizeth, xa que pode resultar moi útil na vida do estudiante.
    Os recordos serven para traer momentos do pasado ao presente, pero aferrarse a eles pode causar depresión e ruptura coa realidade. Para os enfermos de Alzhéimer, a fundación Reina Sofia creou fai pouco o “Banco de recordos” ( http://www.bancoderecuerdos.es ), unha maneira de que a xente garde os seus recordos en internet e poda lelos e revivilos sempre que queiran, pareceume unha gran idea e unha mostra do bo uso que se lle pode dar a internet.

  12. gabriela lopez di:

    Creo que a capacidade de esquecer é tan importante como a de recordar.

    Resúltame persoalmente aterrador poñerme no corpo dunha persoa que sufra hipermnesia e verme obrigada a recordar cada feito que aconteceu ao longo da miña vida.
    É realmente estraña a enfermidade, e nunca escoitei falar dela, xa que non ten moitos casos coñecidos.

    Paréceme irónico a ver pensando nesa memoria perfecta que quixen para algún examen e encontrarme con isto, que puede dificultar a túa vida en gran parte, e sobretodo a túa vida social xa que non podes manter o fío dunha conversación con alguén sin relacionar cada palabra que escoites con algún suceso do pasado.

  13. María Iglesias García di:

    É algo impresionante, é máis, no caso de Jill Prace, que naciu en decembro de 1965, a súa memoria é tan “de outro mundo” que os seus primeiros recordos foron cando tiña uns 18 meses, no que recorda estar tumbada na cama e oír o can do seu tío ladrar.

    Na actualidad, censáronse a 6 persoas dotadas de prodixiosa memoria autobiográfica.

    A hipermnesia é unha alteración cuantitativa da memoria, xunto a amnesia (ausencia de recordos dun período determinado da vida), hipomnesia (disminución da memoria debido a unha dificultade tanto na fixación como na evocación) e a dismnesia (disminución da memoria, imposibilita evocar un recordo nun momento dado i evoca outros en forma borrosa ou pouco nítida). Tamén hai alteracións cualitativas, denominadas paramnesias, é dicir, falsos recoñecementos ou recordos inexactos que non se axustan a realidade.

  14. judit pousada di:

    Pareceume unha enfermidade bastante curiosa,a película non sabia que tratara dunha enfermidade real.Debe de ser moi dificil levar esta enfermidade con normalidade.Claro que todos queremos ter unha boa memoria pero non hasta o extremo de que esta poda trastornar a tua vida diaria.Eu persoalmente prefiro seguir coa que teño actualmente.

  15. sabela rey di:

    Estamos ante outra desas historias que de lonxe poden parecer ser unha virtude ou un don, pero cando rachas un pouco máis aló da superficie daste de conta de que non todo o que brila é ouro, e que o que pode parecer así de bo chega a ser unha maldición. Visto o vídeo, parece que esa enfermidade acaba illándote do teu redor, e da maneira máis rara posible. Nunha persoa sen ningún tipo de trastorno da memoria os recordos antigos acaban por borrarse e reacomódanse con certa frecuencia, conseguindo eliminar recordos que resultan perturbadores. Para alguén con hipermnesia o seu pasado perségueos ao longo da súa vida, en todo momento, os recordos malos e os bos. A pesar desta memoria, os estudos din que estas persoas non mostran mellores resultados que a media nos cuestionarios de intelixencia. A hipermnesia pode aparecer, ademais, en situacións de perigo e polo efecto de diversas drogas, como o LSD.
    Deixo a continuación a páxina da que conseguín esta información: http://www.solopsicologia.com/hipermnesia/

    Por outra banda entrei na páxina da Fundación Reina Sofía para os enfermos de alzheimer, que adxunta a compañeira Carolina Rodríguez; e pareceume verdadeiramente fermosa a maneira na que doas diñeiro, a maneira de compartir os recordos…

  16. francisco_lopez di:

    Esta noticia sorprendeume moito xa que nunca escoitara falar desta enfermidade tan poco corrente.
    O que pode sacar en claro dela e que se poidesemos recordar todo, teriamos grandes problemas a medida que pasa o tempo para realizar outras cousas mais relacionadas coa concentración y la atención, xa que os recordos se apiñan no noso pensamento, causándonos graves trastornos, como lle acorriu o individuo do video.
    É por isto a “gravedade” desta enfermidade.

  17. ana dominguez di:

    Para o meu pensar e unha maldicion xa que como ven din por ai si estas nunha conversa e estas recordando o que pasou noutro momento fai un tempo non segues o fio e estaste a perder continuamente.Debe de ser algo horroroso estar de seguido a recordar cousas,olores..en realidade eu penso que non te das concentrado en ningun momento,sempre estas pensando nos recordos.
    Como ven di algun compañeiro por ai esta ven ter unha boa memoria pero non tanta como esta nin tanto nin tan pouco.

  18. Cristina González di:

    Apenas hai referencias na historia sobre este síndrome e as persoas que o padeceron. Un dos casos más documentados es el de Solomon Shereshevsky, un ciudadano ruso que viviu na primeira mitade do siglo XX e que a sua hipermnesia o levou a exercer de “Nmemorista” por locais e tabernas de Moscú, nos que realizaba un espectáculo como si de un ilusionista se tratase.

    O neuropsicólogo Alexander Romanovich Luria estudio durante tres décadas o caso de Shereshevsky, deixando importantes escritos sobre o síndrome.

  19. alexandra di:

    Eu coma a maioria dos meus compañeiros nunca oira falar desta enfermidade, nin da que menciona Lizeth,síndrome de Asperger. E coma todos desexei ter unha gran memoria para recordar un tema para un examen, e con esta entrada doume de conta que en realidade esta enfermidade non é un don senon unha desgracia, porque coma din alguns compañeiros, tamen é importante olvidar, xa que tamen temos malos recordos e se non os olvidamos estaran a torturarnos toda a vida.

    Nunca oira falar destes casos tan asombrosos, como o que sae no video que deixa Lizeth, o home que ten unha gran memoria fotografica, ou o caso do neno de 12 anos, do video que deixou Laura Solano.

  20. roberto fernandez di:

    Esto da hipernesia e algo fantastico xa ke sugun a pelicula gozariamos de exito, diñeiro,etc… eu non o vexo para nada como unha maldicion, senon ke o vexo como unha vida perfecta, o calquera desexaria.

  21. alejandro_lopez di:

    Acabo de quedar impresinado con esta noticia porque non a coñecía e isto da perda da memoria tamén me recorda a máis enfermedades distintas a esta pero non sei cal será peor.
    Enfermidades como a Amnesia, Alzheimer etc. son similares á Himpermnesia pero como ven dixen non sei cal delas ten maior grado de gravidade.
    Aquí vos deixo información sobre a hipermnesia e os tipos que hai:

    http://red-ouroboros.foroactivo.com/t500-la-hipermnesia

  22. claudia valina di:

    Eu teño moi claro que nalguns momentos dexexariamolo todos pero en todo momento , en calquera lugar?
    Creo que hay episodios na vida das persoas que vale a pena olvidar como se mostra nesta pelicula “Eterno resplandor de una mente sin recuerdos”

    Onde ambos os progatonistas sométense a un complexo procedemento experimental no que se encargan de borrar selectivamente da súa memoria alguns episodios vividos.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Eternal_Sunshine_of_the_Spotless_Mind

    Esta tese obviamente non é nova. Non só os cineastas ou guionistas expuxeron a posibilidade de que a tecnoloxía poida ofrecernos a facultade de borrar da nosa memoria de forma illada, os episodios máis dolorosos da nosa vida; mesmo, a ciencia mesma experimentou o complexo labirinto da mente humana durante décadas tentando paliar traumas psicolóxicos severos.

    E quero dicir que estou totalmente de acordo con carolina cando menciona a Fundación Reina Sofia contra o Alzeheimer.

  23. carolina lopez di:

    Increible que haxa persoas con esta enfermedade, debe ser dificil vivir recordando cada detalle ao longo da tua vida
    e máis cando queres olvidar esos detalles que abren feridas de situacions dolorosas ou desagradables.
    Os investigadores pretenden con estudios descifrar o funcionamento da mente de persoas con esta enfermidade para atopar un camiño de axuda a aquelas persoas con problemas de memoria, e quizais algun dia aos enfermos de alzheimer.
    Outras enfermedades relacionadas coa memoria son a amnesia, hipomnesia e a dismnesia,sendo a amnesia a perda da memoria.
    Aqui os deixo un video sobre unha persoa que ten unha memoria de só 7 segundos, o que mais me sorprende é que a pesar de todo aun manten o talento musical: http://www.dailymotion.com/video/x7gom0_amnesia-severa-clive-wearing_school

  24. adriana rey di:

    Según he leido sobre esta condición, na realidade non é que o cerebro sexa nás grande ou máis potente, é só que a memoria está estructurada dunha forma diferente a do resto. Cada segmento funciona como un depósito que almacena a información por datas. Hai casos similares que só almacenan certo tipo de información, por exemplo por orde alfabetico.

  25. anton perez di:

    Eu teño visto documentais sobre este tema. Sobre “savants”, xente con discapacidades mentais, que lles activan outras partes do cerebro. Un dos máis famosos é Kim Peek. Aínda que é autista e ten certo retraso para algunhas cousas recorda todo o que lé cun 98% de precisión e nunca se lle vai da mente. Este home é capaz de ler unha páxina en 4 segundos.
    Neste documental saía que “desactivando” magneticamente certas zonas do cerebro aumentan as capacidades doutras, polo que ao mellor nun futuro podemos aprender certas cousas máis facilmente e en menos tempo.

  26. Diana fernandez di:

    Eu tamén como moitos de eles quedei moi sorprendida con esta noticia. Xa que non tiña nin idea de que esto existira.
    E como di Gabriela a min tamén me parece tan importante recordar como esquecer.
    As veces podes desexar eso como di na noticia porque tes un examen complicado e non te queres esquecer, por unha cita … pero tamén todo o malo o recordarás toda a vida e aínda por riba con detalles.

Deixa unha resposta