Espermatozoides

imagen

Investigadores da Universidade  de Yokohama (Xapón) conseguiron crear espermatozoides de ratos a partir de tecido testicular de especímenes novos. O motivo de ter que ser  novos é  porque a produción de células precursoras de espermatozoides iníciase poucos días despois de nacer e os investigadores querían asegurarse de que podían realizar todo o proceso no laboratorio.

Situaron o tecido extirpado nun medio de cultivo a 34ºC, a temperatura óptima para o crecemento de espermatozoides de rato. Colocaron o tecido de maneira que unha parte estivese en contacto cun medio de cultivo líquido e outra parte, en contacto co aire; o líquido achegoulle os nutrientes necesarios para que vivisen as células e o aire permitiulle o intercambio de gases necesario para a espermatoxénese. Os investigadores mantiveron o experimento en curso durante unhas semanas máis para pescudar se o tecido que utilizaran esgotábase tras producir a súa primeira fornada de espermatozoides ou ben seguía producindo células sen cesar como ocorre nun ser vivo. Cos espermatozoides obtidos, tentaron fertilizar 58 óvulos in vitro  para comprobar se o experimento tivera éxito.

E conseguírono, naceron 4 machos e 8 femias. Ningún deles tivo algunha enfermidade durante o seu crecemento. Para comprobar que estes exemplares eran fértiles deixaron que se aparearan entre eles, e resultaron que todos eles eran fértiles. A partir destes resultados, os científicos esperan que algunha vez sexa posible desenvolver un método que permita a homes infértiles ter a súa propia descendencia ou que mozas con tratamento contra o cancro teñan a posibilidade de preservar a súa fertilidade.

Autora: Martina Foglia

Esta entrada foi publicada en 3. Novas técnicas médicas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Espermatozoides

  1. vera lopez di:

    Paréceme xenial este novo descubrimento, posto que grazas a él pode ser que nun futuro homes infértiles poidan ter fillos por descendencia natural e tamén as mozas que teñen cancro, seguir sendo fértiles despois de todo o tratamento.

    A espermatoxénese lévase a cabo no epitelio dos túbulos seminiferos do testículo.
    O epitelio do túbulo seminífero chámase: Epitelio seminífero ou xerminal. Está composto por:
    •Células espermatoxénicas ou xerminais.
    •Células de sostén ou de Sertoli.
    As células espermatoxénicas forman ós espermatozoides seguindo a seguinte secuencia:
    • Espermatogonia
    • Espermatocito I
    • Espermatocito II
    • Espermátide y
    • Espermatozoide

    A célula de sostén axuda ás células espermatoxénicas en sus funcións básicas como:nutrición, sostén, protección, defensa, etc.

  2. aida rodriguez di:

    Outro avance da ciencia fai que a fertilidade dos homes non sexa un dos factores que inflúan para non ter fillos.

    Deixo aquí un artigo que fala sobre isto: http://mexico.cnn.com/salud/2011/03/25/un-estudio-con-ratones-ofrece-esperanza-a-los-hombres-infertiles

  3. Soledad Muiño di:

    a) A infertilidade é a imposibilidade de concebir un fillo naturalmente ou de embarazo despoos dun ano de vida sexual activa. Hai moitas razóns polas que unha parella pode non ser capaz de concebir, ou non ser capaz de facelo sen asistencia médica.

    – Algúns factores que se relacionan coa infertilidade feminina son:
    Diabetes mellitus, problemas tiroideos, enfermedades suprarrenais
    Problemas hepáticos, enfermidades renais
    Factores psicolóxicos

    – E outros factores que se relacionan coa infertilidade masculina:
    Problemas endocrinos, coma diabetes mellitus ou problemas de tiroides
    Defectos xenéticos no cromosoma Y
    Obstrucción de conductos deferentes

    Tamén añadir que o consumo de drogas (drogas ilegais, tabaco, alcohol..) son factores que axudan á incrementar a infertilidade.

    Nesta páxina, mais información acerca da infertilidade, as súas causas, tratamentos…etc
    http://www.drgdiaz.com/eco/infertilidad.shtml

    b) Hoxe en día as técnicas de conxelación permiten conxelar esperma aos varóns diagnosticados cun tumor antes de comezar a quimioterapia e a radioterapia, pero nos nenos que aínda non acadaron a pubertade non existe esa posibilidade. Se a nova técnica funciona en varóns cabría a posibilidade de facer unha biopsia do testículo e conxelar o texido dos nenos antes de comezar o tratamiento oncolóxico para preservar a fertilidade.
    Asique isto será unha gran vantaxe, xa que os pacientes poderán ter descendencia se o desexaran nun futuro, a pesar de ser infértiles nese momento da súa vida.

    c) Tendo en conta que a infertilidade afecta aproximadamente ao 15% das parellas, este descubrimento beneficiará as futuras “xeneracións de parellas infértiles” e seguramente contribuirá a incrementar o seu benestar, xa que eu creo que as parellas que queren ter fillos e non poden biolóxicamente, deben sentirse un tanto frustradas. Só espero que se o tratamento resulta viable en humanos, non teña un precio estelar, e so acadable para os privilexiados económicamente.

  4. andrei lee di:

    Algo moi interesante de saber é que este mismo experimento fíxose para solucionar os problemas de fertilidade das mulleres e que tamén en ratos, e isto se debe a que só un 2 por cento de xenes son diferentes aos nosos.

    Este experimento foi elaborado por científicos chinos dirixidos por Ji Wu da escola de Ciencias da vida e Biotecnoloxía da Universidade de Jiao Tong en Shangai, os cales explicaron o método pola cal conseguiron aislar “células madre” de línea xerminal feminina de ratones hembras que tiñan 5 días de vida e adultas.
    Este experimento consiste en que con esas “células madre”, as cultivan durante 6 meses para logo ser transplantadas aos ovarios de ratones infértiles. O resultado foi que o 80% pudo procrear de maneira natural.
    Un dato importante é o que mostra que existen células madres nos óvulos e que estas poden ser implantadas nos óvulos estériles para que así sexan viables.
    Eu creo que isto é un gran paso porque que te digan que non podes ter fillos nunca é precisamente bonito e o do ter estas alternativas a parte da adopción e outras é un claro avance.
    Deixo un video no que nos deixa moi claro o caso dos espermatozoides.
    http://www.youtube.com/watch?v=ys762792DKg

  5. laura garcia rueda di:

    Paréceme realmente interesante todo o traballo que se está a levar relacionado coa obtención de espermatozoides artificiais para que nun futuro homes e mulleres que non son fértiles poidan chegar a ter “artificialmente” un fillo propio.

    Estiven buscando máis información relaciona con todo isto e encontrei que tamén conseguiron algo parecido en Gran Bretaña:

    Científicos da Universidade de Newcastle fixeron historia médica mediante o uso da investigación con células nai para crear esperma humano.
    O Profesor Karim Nayernia creou unha sustancia que converte células nai humanas en espermatozoides.

    O que permitiría a miles de homes xestar aos nenos que son xeneticamente identicos , posiblemente a partir dunha acha da súa pel.

    El Biólogo Karim Nayernia creou un cóctel de produtos químicos e as vitaminas que converteron células nai humanas nos espermatozoides, as células nai utilizadas foron tomadas de embrións nos primeiros días de vida, pero o profesor espera repetir o seu éxito coas células da pel tomadas dun home no brazo.

    Nayernia dixo: “Este é un acontecemento importante xa que permitirá aos investigadores a estudar en detalle como se formas os espermatozoides e conducir a unha mellor comprensión da infertilidade no home”.

    Deíxovos máis información sobre os intentos dos Británicos:
    http://millenio.wordpress.com/2009/07/08/2090/
    http://www.youtube.com/watch?v=ys762792DKg
    Este vídeo incluye na zona de descripción máis información sobre o traballo dos británicos.

  6. alexandra di:

    Pareceme un gran avance para todas aquelas persoas que quedan infertiles, desta maneira poderan ter fillos.
    As fases da espermatoxenisis son 3:
    -Fase proliferativa:dase a multiplicación e renovación espermatogonial. Os espermatozoides mediante divisions mitoticas orixinan espermatogonias, éstas dan orixen os espermatocitos primarios.

    Pouco antes da pubertade as células xerminais primordiais dan orixen as espermatoxonios, que son dos tipos A e de tipo B.

    As células de tipo A abandonan a población da célula madre e dan orixen a xeneracions sucesivas de espermatoxonios, cada unha de elas máis direfenciada ca anterior. Unha vez que se completou a ultima division das células de tipo A formanse os espermatoxonios de tipo B; cando máis tarde estas células experimentan mitosis formanse os espermatocitos primarios.
    -Meiosis:é unha das formas da reproducción celular. Este proceso realizase nas glandulas sexuais para a produccion de gametos.
    -A serie de cambios que experimentan as espermátides para a sua transformacion en espermatozoide recibe o nome de espermioxénesis. Estos cambios son:

    a) Condensación do núcleo. O núcleo cambia de tamaño, faciéndose máIs pequeno e denso, e de forma, adquiriendo un aspecto aplanado con unha forma oval si se observa desde arriba e piriforme si se observa desde o lateral.

    b) Formación de acrosoma. O acrosoma se dispone no extremo apical e está rodeado por dous membranas, unha externa e unha interna. O interior do acrosoma está composto por vesículas que son xeneradas polo aparato de Golgi as cales agrupanse e xeneran esta caperuza apical tras xirar o núcleo.O acrosoma é por tanto un lisosoma especializado que conten principalmente hialuronidasa, un enzima que hidroliza o ácido hialurónico e que axuda o espermatozoide a penetrar no óvulo durante a fecundación.

    c) Desarrolo do flagelo. O flagelo desarrolase a partir do centriolo distal da espermátide e está composto por un cilindro de nove microtúbulos que rodean a dous únicos centrais. Esta estructura situase na base da cabeza (formada polo núcleo e o acrosoma) durantela rotación do núcleo. O flagelo completo estaría composto por catro partes: cuello, peza media, peza principal e peza final.

    d) Eliminación da maior parte do citoplasma. O citoplasma é reducido na sua maior parte, ben porque é fagocitado polas células de Sertoli ou porque é abandonado no interior dos túbulos. Pode permanecer unido o espermatozoide durante un tempo.

    No ser humano o tempo necesario para que o espermatogonio se converta en espermatozoide maduro é de 64 días, aproximadamente.

    Os espermatozoides completamente formados chegan a luz dos túbulos seminíferos, desde onde son empuxados hacia os tubos rectos, logo hacia a red de testis, posteriormente hacia os conos eferentes, logo hacia os canais epididimarios, logo polos canais deferentes chegan a vesícula seminal, onde son almacenados, no momento da exaculación a vesícula seminal contraese e os espermatozoides son exectados polo canal exaculador hacia a uretra e logo hacia a parte exterior do pene.Ainda que nun principio son pouco móviles, os espermatozoides alcanzan a sua movilidad completa no epidídimo.

  7. laura sanjurjo di:

    Se isto fose posible de facer en seres humanos, sería un enorme avance para a ciencia. Fai tempo isto era impensable, e agora, moita xente frustrada por non poder ter fillos poderá aspirar a unha oportunidade se isto chega a desenvolverse positivamente nas persoas. Espero que chegue pronto o día en que poida oir que un infértil ou unha moza con cancro puideron ter descendencia.

  8. lizeth viancha di:

    Esta noticia é realmente esperanzadora para os homes/mulleres que sofren ou sufriron cancro xa que co afecto da quimioterapia quedan prácticamente infértiles (aínda que antes de iniciar dito tratamento se lles conxela óvulos e espermatozoides, dependendo do sexo, para que nun futuro, se quixesen, podan ter descendencia). Suporía outra alternativa á conxelación.

    Feito isto aínda queda o máis complicado: que se logre facer cos humans xa que non é igual. ¿Sabemos a temperatura óptima para o crecemento dos espermatozoides do home?, ¿qué cantidade de nutrientes se lles tería que dar para que se desenrrolasen optimamente? Para saber todo isto aínda queda un camino longo que, espero, cheguemos a facer sen problemas.

    Déixovos unha páxina onde resumen a reprodución e crecemento humano:
    http://www.biologia.edu.ar/reproduccion/reprod.htm

  9. María Iglesias García di:

    Según o investigación que fixo o profesor Karim Nayernia (como comentou Laura García):

    Se a técnica depurara, non sería extraño que nun futuro próximo unha parella, de calquera orientación sexual, podería ter fillos biolóxicos cos óvulos da muller e o esperma (fabricado) da outra persoa. No caso de unha parella de dúas mulleres, sería unha descendencia exclusivamente feminina, xa que o cromosoma Y, responsable do feto masculino, so pode proceder de esperma de varón.

    Unha forma de evitar esta dificultade sería añadir “cromosomas artificiales” que contiveran xenes do cromosoma Y, según suxire Greg Aharonian, un popular analista de patentes de San Francisco. Aharonian decidiu patentar as tecnoloxías que permitirían levar a cabo un embrión fruto de dúas lesbianas, por exemplo, ou dous homosexuales, incluso antes de que se descubrise a maneira.

  10. Laura Solano di:

    Este é un tema moi ineteresante. Estos avances proporcionan moitas vantaxas tanta para homes e mulleres con dexeso de ser padres.
    Pero ultimamente a causa da infertilidade, tanto en homes e como en mulleres vai en aumento.
    Según un estudo do Congreso da Sociedad Española de Fertilidad a tasa de infertilidad aunmentó nos ultimos dez anos e falase de que as causas podían chegar a concretarse polo medio de vida que utilizamos.
    A maioría dos casos pola esterilidad o orixen do problema soe ser os homes( xa sexa o escaso número de espermatozoides a baixa movilidade dos mismos ou o porcentaxe alto de espermatozoides anormais). Por outro lado as mulleres só abarcan un 22,3% , mentres que o 16% son por causas mixtas.

    Cada vez é máis frecuenta os diferentes tipos de infertildad pero estes son algun dos casos máis recentes:
    1.Métodos anticonceptivos de tipo implante.
    2.Empleo de medios anticonceptivos sen as debidas precaución.
    3.Empleo de sustancias tóxicas que perxudican tanto a muller coma o home no momento de intentar o embarazo.
    4.Enfermidades metabólicas de recente aparicón, causada polas costumes alimenticias.
    5.As deficiencias hormonais e metabólicas orixinadas por dietas perxudiciais da moda actualmente para cumprir estándares sociais irreais.

    Todo esto provocou que o número de parexas infértiles aumente dramáticamente.
    Ben é certo que sempre e ben recibida estas investigacións pero temos que ter en conta tamén as cousas a ultimamente as provoca.

  11. adriana jimenez di:

    Isto é un avance moi importante para as nosas vidas, a partir de agora xa ata as persoas non fértiles poderán ter fillos algún dia. Aínda que eu teño dúbidas en canto se isto será tan posible e dará tan bos resultados en humáns como os deu nos ratos. Nun principio todo pinta moi ben, e as esperanzas están postas, pero a realidade é a realidade, e hai moitas cuestións aínda por descubrir, como tamén di Lizeth.

    Buscando información sobre isto atopei outra maneira de obtención de espermatozoides:

    http://www.electronicafacil.net/archivo-noticias/ciencia/Article8547.html
    http://www.youtube.com/watch?v=jpzhl7ZHRkQ

  12. alicia lopez di:

    Os espermatozoides, esas células de forma simpática. Alexandra e outros compañeiros explican como é a orixe dos espermatozoides, pero contrastando a información lida no blogue coa buscada en internet din en pensar que hay unha incongruencia nos datos da temperatura de producción de espermatozoides; según lin debe ser máis baixa ca media do organismo (2 °C menos do normal en humanos)

    Hoxe en día coa fecundación in vitro non penso que haxa tantos problemas para as persoas estériles, malia isto, as posibilidades de ter éxito nestes métodos é dun 30-40%. Pero.. ¿qué sabemos sobre a fecundación in vitro? Déixovos unha páxina na que Armando Hernández responde 20 preguntas sobre este tipo de método http://mujer.terra.es/muj/articulo/html/mu25667.htm

  13. sabela rey di:

    Precisamente no presente mes de xuño “celébrase” o Mes Mundial da Esterilidade. Un mes para concienciar sobre o problema e axudar con outros métodos, como a reprodución asistida. Unha vez máis, a ciencia sorpréndenos cun paso de xigante. Pois, por exemplo, as persoas que quedaron infértiles por un tratamento do cáncer terían a posibilidade de ter unha descendencia biolóxica; porque, aínda que hai outras maneiras de conseguir ter fillos hoxe en día, hai xente á que lle parece importante ter un fillo biolóxico, e con isto brindaselles esa oportunidade. Sen embargo, aínda non está todo o peixe vendido, quedan cuestións por resolver e vai ser un longo camiño. A dúbida que me surxe, algo tonta e puramente económica, é canto podería custar un tratamento deste tipo. Busquei canto era a fecundación in vitro e a conclusión que saco é que, polo menos, esa xente gastará uns 5000 euros.
    http://www.lainfertilidad.com/noticias/se-conmemora-el-mes-mundial-de-la-esterilidad.html

  14. carolina rodriguez di:

    Realmente paréceme un gran avance, como di Sabela, e espero que sexa posible aplicalo con seres humanos, pero tamén hai que concenciarse dos nenos orfos ou simplemente en adopción que hai no mundo, e isa tamén é unha moi boa opción para as parellas que non poder ter fillos dunha forma natural. Xa soamente os orfos por culpa do sida son 25 millóns no mundo enteiro.
    É curioso como pode a mente causar esterilidade na muller, fatores como estrés emocional, tensión, depresión mental, ansiedade e medo poden resultar nunha esterilidade psicomática, que é temporal e pode ser tratada.

  15. adrian ballesteros di:

    Isto que parece unha tonteria pode salvar a moita xente de depresion porque pode pasar unha persona de non poder ter fillos a poder telos . E pode axudar a que xente que ten agora mesmo ten que recurrir a fecundacion in vitro que con isto podan ter os fillos por eles mesmo sin crearlle un trauma nin o pai nin a nai .Cousa que agora si que pasa coa fecundacion invitro . Ademais que os tratamentos son moi caros e non sempre saen ben .

  16. carolina lopez di:

    Este é un gran avance para as persoas con infertilidade, unha pareja tene problemas de fertilidade cando non logra o embarazo tras un ano de manter relacions sexuais sen
    usar métodos anticonceptivos. Esta dificultade para concebir pode deberse a problemas na muller, no home ou en ambos,
    e estas complicacions poden ser de tipo física ou psicológica.
    Actualmente máis do 10% das parejas sofren de infertilidade, polo cal continua aumentando a demanda das diversas técnicas de reproducción asistida.

    Cientificos explicaron que o conteo de esperma, que indica a concentración de espermatozoides no semen dun home, caeu fortemente nos últimos 50 anos. Actualmente, o semen dun de cada cinco caballeros de 18 a 25 anos é dunha calidade menor á adecuada.
    A sua vez, o nivel da hormona testosterona está baixando e por ese motivo observase un crecente número de cáncer de testículos e certas anormalidades que afectan á fertilidade.
    Por outro lado, certos factores do estilo de vida como a obesidade e o fumar tamén afectan a calidade do semen.
    A sua vez, cando unha mujer embarazada fuma a fertilidade do seu bebé corre o risco de verse afectada cando crezca e transformese nun adulto.
    Os cientificos afirman: “Necesitamos unha estrategia de investigación para lidiar co pobre estado da salud reproductiva masculina.
    Este problema creceu tanto en tan so unhas décadas que podemos inferir que se debe a factores ambientais e de estilo
    de vida máis que a cuestiones xenéticas”

  17. cristina gonzalez di:

    Este avance serve para dar esperanza aos homes infértiles e aos que foron tratados con quimioterapia e queran ter fillos.

    A intención de crear esperma artificial non é nova, se ben houbo estrepitosos fracasos, xa que na maioría dos mamíferos o proceso de producción é moi longo (cerca dun mes). Non obstante, os científicos utilizaron, en lugar de células, pequenas porcions do texido dos testículos do rato.

    Previamente, os científicos habían comprobado a idoneidade de estas pequenas porcions de célula e as usaron para fertilizar in vitro a doce ratos que lograron, despois, procrear. Outro dos éxitos da investigación é o feito de que consiguironse recuperar partes sanas de texido cultivado despois de habelo conxelado durante case un mes.

  18. Diana fernandez di:

    Paréceme moi interesante esta entrada. A ciencia avanza moi rápido e seguro que dentro de pouco o que se fixo nestes animais tamén se poderá facer coas persoas. Porque aunque poidan adoptar para moita xente non é o mesmo que ter un fillo da tua propia sangue.

Deixa unha resposta