O doutor “Sífilis”

imagen

A profesora Susan Reverby descubriu un experimento feito hai case 64 anos con  700 guatemaltecos utilizados, pola saúde pública norteamericana, como cobaias humanos. John Cutler infectou de sífilis a presos, soldados, prostitutas e pacentes psiquiátricos no nome da ciencia. Esta  investigación de Reverby publicouse no Journal of Policy History obtendo como resultado unha desculpa directa do presidente  Obama.
John Cutler foi un  prestixioso científico que escribiu máis de 50 artigos sobre enfermidades de transmisión sexual e foi venerado na Universidade de Pittsburg, onde deu clases. Realizou outros experimentos polémicos con cidadáns negros  de Alabama e presos de Sing Sing  e de Indiana. Por colaborar os seus pacentes recibían cigarros ou unhas monedas. Cutler o vía como unha guerra contra a sífilis e pensaba que os infectados pola  bacteria ían morir, como os soldados nas guerras.
As espiroquetas Treponema pallidumforman bastóns que enredan uns cos outros. Cutler centrifugaba ás espiroquetas nunha especie de potaxe caseiro feito co corazón de terneira e despois preparaba os viales para inxectalas, pois as bacterias non duraban máis de 90 minutos fora do seu anfitrión.
En 1994, o Servizo Público da Saúde realizou experimentos sobre a prevención da gonorrea na cárcere de Terre Haute, Estados Unidos. Cutler participou neles. A cambio da colaboración dos funcionarios guatemaltecos, os investigadores estadounidenses donarían material de laboratorio e adestrarían aos seus médicos. John obtivo a autorización para experimentos nos cales inxectábase a bacteria ás prostitutas sás no cuello uterino antes das visitas sexuais pagándolles con fondos da investigación. Como os análisis de sangue resultaban pouco fiables Guatemala permitiu utilizar a 438 nenos dun orfanato nun experimento para mellorar a fiabilidade das probas, neste caso non se lles inoculou a sífilis.
Outros experimentos parecidos foron realizados por médicos dos Estados Unidos nos que inocularon células canceríxenas a xudeos  e doses de plutonio a outros pacientes para comprobar os efectos da radioactividade.

Máis información

Autora: Antía Navajas

Esta entrada foi publicada en 9. Etica e ciencia e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.