Bioloxía e política

 

darwin.jpg

Darwin foi o autor da teoría sobre a orixe das especies pola selección natural. Esta teoría afirma que, individuos dunha certa especie cunha serie de caracteres, teñen máis posibilidades de sobrevivir que outros. Este concepto foi trasladado anos máis tarde ás relacións sociais (darwinismo social). Un claro exemplo do darwinismo social encóntase no imperialismo. O seu obxectivo era xustificar o predomio dos máis adaptados (colonizadores) sobre os menos adaptados (colonizados). Por conseguinte, na mitade do século XIX producíase o auxe do imperialismo. Deste modo Inglaterra e Francia, principalmente, emprenderon camiño ó Sur de Asia, África e parte de América Latina, onde mataron a todos os indíxenas. Deste modo atoparon unha  xustificación para  esta masacre. O Darwinismo ofreciu unha gran oportunidade coa súa teoría da selección natural. Como se explica nesta teoría,  había unhas especies máis favorecidas pola naturaleza, por eso os indíxenas eran considerados incivilizados. Outro exemplo de esto podémolo encontrar no nazismo. Os nazis querían tomar o control reproductivo do pobo alemán xa que querían crear unha sociedade totalmente aria. Esto provocou medidas como o antisemitismo xudeo, xa que os alemáns os vian coma unha raza inferior que contamiñaba a nación. A causa desto só no gueto de Varsovia morreron máis de 300.000 xudeos. Esto vese perfectamente reflexado en películas ou libros como O Pianista  O diario de Ana Frank .Autora: Diana Fernández

Esta entrada foi publicada en 9. Etica e ciencia e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.