Darwin tiña razón…

imagen

Christian de Duve é un nonaxenario bioquímico inglés que foi galardoado co Nóbel de medicina no ano 1974. Nunha entrevista no New Scientist, este home, un pouco pesimista sobre o futuro da nosa especie, afirmou que a selección natural acabará por destruirnos. Somos unha especie exitosa, a que máis altas cotas alcanzou no noso planeta, pero a costa de finiquitar os seus recursos naturales. Isto estanos levando a unha crise enerxética, ó cambio climático e á contaminación e destrucción do noso hábitat. Duve afirma que de seguir nesta dirección, a humanidade terá que enfrontarse a probas terribeis, cando non á extinción. Cando en New Scientist preguntáronlle como é posibel que a selección natural actúe na nosa contra, isto foi o que respondeu:

” A selección natural deu como resultado trazos codificados nos nosos  xenes, como o egoismo grupal, que foron de utilidade ós nosos devanceiros baixo as condicións nas que eles  viviron, pero que esta a ser  algo perxudicial para nos na actualidade. Para que a selección natural nos poidera axudar a preservar os nosos contornos naturais, deberíamos ter desenrrolado trazos que nos permitiran sacrificar o presente polo  ben  futuro. Fai falla sabidoría para sacrificar algo que supoñe unha vantaxe inmediata, a cambio de algo que será importante no futuro, e a selección natural no fai eso. Só “ve” o que está a suceder na actualidade. Non se preocupa polos  teus netos, o polos netos dos teus netos.”

Pensades que ten razón?  A selección natural acabará con nos?

Autora: Vera López Spadorcia

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Darwin tiña razón…

  1. aida rodriguez di:

    Christian Duve dende o ano 1980 investiga a orixe biolóxica da vida. O seu traballo está contribuindo a aceptación de que a teoría endosimbiótica é acertada. Esta teoría consiste en que: idea de que as mitocondrias, cloroplastos e quizais outros orgánulos das células eucariotas orixináronse como endosimbiontes procariotas que se asociaron con células eucariotas primitivas.

    Penso que os seres humáns chegaremos a desaparecer pode ser debido a unha acción externa,un asteroide, tamén pode ser debido o mal uso dos recursos naturais. O aumento da contaminación, lévanos de maneira cada vez máis clara a un desastre que parece inminente. Temperaturas medias que se incrementan cada ano, casquetes polares que empezan a desaparecer, glaciares que retroceden máis rápido do normal…

    Este bioquímico inglés o meu parecer ten razón posto que soamente miramos polos beneficios que podamos obter agora, non coidamos o medio onde habitamos e desequilibramos os ecosistemas. Neste enlace pódense ver os cambios que o home produce: http://s-animales.blogspot.com/2009/10/desequilibrio-en-los-ecosistemas-ii.html

  2. victor martinez di:

    Eu xa oíra o dito por Duve, pero non estou de acordo con iso de que “a selección natural rematará por destruirnos”. Penso máis ben que rematará por destruír os nosos sistemas de producción por falta de recursos, o que nos relegaría a unha “segunda idade de pedra”.

    Sen embargo, non creo que isto chegue a pasar, porque, pese a non ter “xenes para sacrificarnos polo ben futuro “, temos, por sorte, a capacidade de razoar , cousa que penso (ou gustaríame pensar) permítenos romper coas pautas de comportamento establecidas polos nosos xenes.

  3. adriana rey di:

    Estou de acordo co que di, só nos preocupamos pola nosa vida e polo que necesitamos nese momento, non nos paramos a pensar se vamos a deixarlles un futuro bon a nosos fillos ou netos.
    Somos bastante egoistas e o queremos todo para nós, deixando ao lado as necesidades da natureza e explotandoa para conseguir o que queremos.
    Creo que deveríamos pensar un pouco a onde queremos ir a parar, e pensar en que todo ten un fin e se seguimos asi acabaremos coa terra en pouco tempo.

  4. laura garcia rueda di:

    En certa maneira estoy dacordo con Duve. Na miña opinión aínda que esteamos avanzando en moitos campos, pero a verdade é que nos estámos esquecendo do campo máis importante, nós. Estámos dándolle demasiada importancia ao do noso arredor e non nos damos conta do mal que nos estámos a facer. Cada día temos máis adiantos científico-tecnolóxico pero con cada adianto deses atrásamonos en algo referido a nós, a nosa forma de ser, a nosas crenzas, a noso pensamentos e as nosas accións, a nosa razón…O noso compañeiro Victo di que isto é unha razón importante pola que non nos imos extinguir…Sí, teñe razón pero eu moi pesimistamente penso que a razón a estamos a usar mal e que por iso vai ser un gran problema.

    Por todo iso penso que se algunha vez nos extinguimos, será todo pola actitude que teñamos naquel día.

  5. francisco_lopez di:

    O nose final inda non esta escrito e agora e imposible que nadie o coñeza…
    Pero o que di Duve e bastanta factible xa que co noso comportamente seguimos a contaminar sen epnsar nas consecuencias e seguramente por iso nos mesmos seamos os nosos propios asesinos.
    Claro esta como di Aida que un asteroide poderianos extinguir pero se eso ocurre non teriamos nada que facer, polo menos de momento.

  6. marta rodriguez di:

    A selección natural é o proceso polo cal os organismos mellor adaptados desplazan lentamente a organismos peor adaptados. Isto conduce á acumulación lenta de cambios xenéticos favorables nunha poboación.

    Eu estou totalmente dacordo con Víctor. Penso que o que di Duve de que só vemos o que está a suceder na actualidade, é verdade; pero por outra parte, a capacidade de razoar, converteunos nunha especie moi ben adaptada. Pode que algún día cheguemos a extinguirnos, pero creo que vai pasar bastante tempo ata ese momento.

  7. tatiana barbosa di:

    Eu penso igual que Victor, non acabará por destruirnos, pero si acabará por destruir os nosos recursos. E penso que o que di Duve e certo, non somos capaces de sacrificarnos nin un pouco no presente polo ben do futuro, somos uns egoistas nese aspecto e os nosos actos agora van ter unhas consecuencias catastróficas no futuro.

  8. dante varela di:

    Eu estou totalmente de acordo co que din a maioria da xente, pero non hai que preocuparse polos nosos netos, se non que xa estamos a matar a centos de persoas dos paises menos favorecidos. Non so non nos preocupamos do futuro se non que tamén dedicámonos a destruir o presente doutras persoas.
    Como di Aida podemos extinguirnos porque un meteorito impacte coa Terra, ou por causas naturais ou pola contaminación, pero o importante é non acabar extinguidos por unha causa creada por ti mesmo, porque pouco a pouco a xente estase a dar conta de que a culpa de todo o que pasa con medio ambiente é culpa nosa.

  9. andrei lee di:

    Con respecto o que di Laura, eu non creo do todo así eu creo que mais ben non é nós o que non nos preocupa, é a terra, ese é o problema, que no vemos que estamos a deteriorar o noso redor, e nos perxudiciamos a nos mesmos. Agotamos os recursos, extinguimos especies, destruimos o natural para convertilo en artificial é asi como funcionamos, creamos e creamos e non nos damos conta de que temos que empezar a arreglar.

  10. vera lopez di:

    O proceso da selección natural é a base de todo cambio evolutivo. Baséase nos conceptos da supervivencia do máis apto e reprodución diferenciada. A supervivencia dos máis aptos declara que eses organismos adaptados o mellor posible ao seu ambiente teñen mais probabilidade de sobrevivir; a reprodución diferenciada indica que os organismos mellor adaptados deixan máis descendentes en promedio.

    A selección natural é o proceso polo cal os organismos mellor adaptados desprazan lentamente organismos peor adaptados. Conduce á acumulación lenta de cambios xenéticos favorables nunha poboación. A selección natural na operación sobre moitas xeracións pode cambiar os atributos básicos da poboación orixinal de organismos. Esas adaptacións que consultan as vantaxes da supervivencia aos seus propietarios – e así conducen á reprodución crecente en promedio- tenden a dominar o charco de xenes debido á selección natural. Cando a selección natural funciona sobre un número extremadamente grande de xeracións, pode dar lugar á formación da nova especie.

    Víctor, por unha parte tes razón, pero pola outra ¿Non crees que se destruimos os nosos sistemas de producción por falta de recursos, nos estamos destruindo a nos mesmos?
    Somos persoas egoistas que unicamente nos preocupamos polo presente (e coa cantidade de desigualdade que hai no mundo, ven se ve que as nosas preocupacións non valen de moito).

  11. alejandro_lopez di:

    Os humáns somos moi egoístas porque so pensamos en nos mesmos.
    Non temos presente na cabeza pensar en deixarlles un mundo sano aos seres que que veñan no futuro.
    O que non pensamos é que en parte tamén nos perxudicamos a nos porque co tempo haberá menos vida no planeta e sobre todo nos seres posteriores.

  12. jorge suarez di:

    Para min ten moitisima razón pero non creo que sea a seleccion natural o que acabe con nós senon que seremos nos mismos por non pensar no futuro e ter unha actitude egoista como di Christian de Duve.A unica maneira que temos de salvarnos e aprender a controlar os recursos e descubrir novas cousas que nos axuden sobrevivir

  13. juanjo di:

    Encontrei esta noticia tamén na páxina web de amazings.es e os comentarios que fai a xente nela son moi interesantes. Creo,Vera, que poderias explicalo mellor coas tuas palabaras a noticia.

    Con relación a la noticia,non creo eu tampouco que a seleccion natural acabe con nosco,se non acabaremos nos co noso planeta.

  14. victor martinez di:

    Respondendo a pregunta de Vera: Nunha palabra, non. A imposibilidade de continuar cos nosos sistemas de producción por falta de recursos non implica a nosa desparición: implica non poder seguir vivindo como ata agora.

    Se, por exemplo, esgotásemos o petróleo, o coltán, ect., ou se perdésemos toda a nosa tecnoloxía moderna, perderíamos moitas cousas, pero non as necesarias para subsistir (principalmente, alimento).

    Sí que é certo que, posiblemente, nun caso similar ó anterior, non se podería manter a toda a población mundial actual, pero paréceme que hai unha diferencia importante entre a extinción total e a perda de gran parte da poboación.

  15. breixo gonzalez di:

    O que victor di é acertado, se se esgotasen os recursos que agora usamos, so perderiamos a nosa forma de vida, poderíase decir que involucionaríamos, ao mellor volveriamos a vivir coma as primeiras culturas cazadoras recolectoras.

    Non creo que ”a selección natural” acabe con nos, poderia ser que evolucionaramos debido a outro estilo de vida ou que so quedaran certos humanos con determinadas caracteristicas.

  16. ana dominguez di:

    Na miña opinion penso que non acabara con nos pero que axudamos a que esto pase.
    Eu estou con alguns dos meus compañeiros cando dicen que somos egoistas teñen moita razon xa que pensamos en vivir ahora ven e o que veña despois xa o afrontaremos.Esto non deberia de ser asi deberiamos de pensar de diferente maneira pero reflexionamos un minuto e decimos si farei o posible pero logo a hora dos feitos nada de esto e certo.

  17. luis ogea di:

    Na miña opinión,creo que seremos nos mesmos os que terminemos por extingirnos se se da o caso,pero se só se agotan os recursos,como di Víctor,será a nosa forma de vida a que cambie,aínda así todavía temos tempo de cambiar as cousas e existe xente traballando en busca de novas fontes enerxéticas.
    Respecto ao do egoísmo eu penso que é como a canción do anuncio de Coca Cola,por cada persoa egoista existen outras que non o son,é como xeneralizar o comportamento da sociedade por só uns cantos,xa que en cada catástrofe nada máis ocorrer xa hay miles de persoas enviando axudas o buscando maneiras de axudar.

  18. sabela rey di:

    Eu estou de acordo coa maioría dos meus compañeiros. Non creo que a selección natural chegue a acabar con todos nós, pois no momento en que teña que pasar a especie evolucionará, algúns con algo que os faga diferentes sobrevivirán e o número de seres humanos veríase diminuído nese caso. Forma parte do ciclo da selección natural. Coincido con Víctor, pois foi o primeiro en expoñelo, en que en casos extremos o ser humano se parará, razoará e pensara: “que facer agora?”. Sen embargo, co camiño que levamos, deberíamos facernos esa pregunta desde xa.

  19. María Iglesias García di:

    Si o ser humano desaparece é un factor natural, xa que moitas especies xa non existen neste planeta, fora polo que fora.

    O pensamento dese científico foi máis unha opinión persoal que unha “hipótese” científica.

    A nosa especie chegou a un punto que está destruíndo o seu habitat, xa que a ambición e o egoísmo é algo que sempre estivo na nosa personalidade, antes era pola supervivencia, agora é por outro tipo de cousas que esta sociedade creou. Poderíamos vivir con moito menos e iso non significa vivir peor.

    Non somos unha especie superior, somos intelixentes, pero iso non quere dicir que sobrevivamos moito máis que outras especies.

  20. lizeth viancha di:

    Se especies moito máis áxiles desapareceron por qué non o imos facer nós se non temos ningunha capacidade para a supervivencia? Pero tamén quén sabe o que pasará coa Terra (universo, etc)? Podes ser unha super especie (coma os dinosaurios) e extinguirte por razón axeas aos teus actos. O que citou Vera na noticia sobre a sobreexplotación dos recursos naturais polo home recordoume a unha imaxe que nos ensinou Adela en clase do blogue de amazings que representa bastante ben esta idea, é esta:
    http://amazings.es/2011/05/19/y-el-planeta-de-repuesto/repuesto/

  21. carolina lopez di:

    Comparto a opinión dalguns dos meus compañeiro, a cal di que asi como o ser humano debido ao seu afan polo ben individual en vez do ben común(do grupo) e de non preservar os recursos para os descendentes pode ocasionar graves problemas pero ainda asi nese momento o ser humano tendrá a suficiente intelixencia para resolver o problema.
    Con todo isto creo que nos pon a reflexionar de como estamos facendo as cousas, xa que non sería mellor prevenir que lamentar?

  22. Martina Foglia di:

    Estou de acordo co comentario de Christian de Duve, movémonos nun mundo onde o que importa é a produción, os resultados rápidos e positivos sen mirar moito ás consecuencias, ao mañá. Pensar que os recursos son ilimitados, que o medio ambiente non se altera, que o cambio climático non nos afecta tanto, foi o comezo dos problemas actuais, e agora algúns tomamos conciencia do serio do tema. Pero somos nós os que debemos deixar aos nosos netos un mundo polo menos tan san como o recibimos e esforzarnos para que mesmo sexa mellor.

  23. anton perez di:

    Non creo que nos extingamos na totalidade da especie pero si que penso que nos estamos pasando en moitos sentidos. Estamos sobrepoboando o planeta, destruíndo ecosistemas, emitindo polución á atmosfera e ao mar, talando selvas… e un longo etc. Eu non sei se vai ser a selección natural a que nos destrúa pero creo que en menos de 30 anos imos comezar a notar un cambio moi grande no que vai haber escaseza de alimentos, enerxía ou espazo onde vivir. Moitas das noticias que se subiron aquí son causa disto, por dicir un, a obsolescencia programada, que fai que enchamos de lixo o planeta. Temos que cambiar de sistema de comercio e non incitar á xente a consumir en cantidades enormes nin crear necesidades inexistentes para que se compre máis, estámos xogando co noso futuro.

  24. alicia lopez di:

    A maioría pensamos como Víctor respecto a este tema, e a verdade é que todos estamos a dicir o mesmo: que somos tontos. Que miramos polo presente pero non ó futuro e que sairemos mal parados con todo o dano que lle estamos a facer á Terra.

    Paréceme ben a iniciativa de Vera de concienciar un pouco sobre estos temas, pero tamén penso que, lamentablemente, pensaremos nisto un rato e logo seguiremos coa nosa vida porque, sí, todos din que podemos cambiar as cousas pero é mentira, que imos facer? manifestarnos e que a policía nos dea palos? o poder non está nas nosas mans, senón nas sucias mans das persoas con poder que tentan solucionar problemas presentes e non os problemas grandes que vimos tendo dende hai anos como son os comentados nesta noticia. Soamente nos queda a conciencia individual da reciclaxe e de evitar as accións máis contaminantes.

Deixa unha resposta